Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Groenlandia ou Grenlandia (en groenlandés: Kalaallit Nunaat, "Terra dos Groenlandeses"; en dinamarqués: Grønland) é un territorio de Dinamarca, situado xunto ao océano Ártico e ao norte do océano Atlántico. É a illa máis grande do mundo, estando case o 84% da súa superficie cuberta por xeo, ademais de ser o país cunha menor densidade de poboación. Aínda que fisicamente é parte do continente norteamericano, Groenlandia atópase politicamente ligado a Europa dende hai máis dun milenio, pertencendo ata 1814 a Noruega pasando, ese mesmo ano, ao dominio de Dinamarca.
O dubstep é un xénero musical dentro da música dance e electrónica que xurdiu en South London, Inglaterra. Xurdiu a finais da década de 1990 como unha evolución doutros estilos como o 2-step garage, broken beat, drum and bass, jungle, dub e reggae. No Reino Unido, as súas orixes atópanse no crecemento do son xamaicano na escena musical a comezos de 1980.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Valladolid é unha cidade española situada no cuadrante noroeste da Península Ibérica, no centro de Castela e León, na confluencia dos ríos Pisuerga e Esgueva. É a capital da provincia de Valladolid e sede das Cortes e da Xunta de Castela e León. Así mesmo foi sede da corte castelá e posteriormente, entre 1601 e 1606, capital do Imperio Español.
Kosovo (en albanés, Kosova ou Kosovë; en serbio, Косово), oficialmente República de Kosovo (en albanés, Republika e Kosovës; en serbio, Република Косово), é un estado parcialmente recoñecido situado no centro da península dos Balcáns, ao sueste de Europa. Kosovo declarou unilateralmente a súa independencia de Serbia o 17 de febreiro de 2008, e dende entón, obtivo o recoñecemento diplomático como estado soberano por parte de 101 estados membros da ONU. Limita con Serbia ao norte e ao leste, con Macedonia do Norte ao sueste, con Albania ao suroeste e con Montenegro ao noroeste. Abrangue unha superficie de 10 980 km2 e posúe unha poboación estimada de 1 806 279 (2022).
As plantaxináceas (Plantaginaceae) son unha familia de dicotiledóneas que comprende preto de 2000 especies nuns 90 xéneros dentro da orde Lamiales. Nunha clasificación anterior había unha soa familia da orde Plantaginales, pero este nome non se usa actualmente. Son esencialmente plantas herbáceas, anuais ou perennes, das rexións frías e tropicais.
Este artigo trata sobre a cantante, para a representación artística da Virxe María, véxase Madonna (arte). Madonna Louise Ciccone, nada en Bay City (Míchigan) o 16 de agosto de 1958, é unha cantante, compositora e produtora estadounidense, máis coñecida como Madonna. De ascendencia italiana e francocanadense, o seu estilo musical abrangue a música disco, pop, dance e electrónica.
Busan (/buˈsan/; en coreano: 부산 [pusʰa̠n]), oficialmente Cidade Metropolitana de Busan, é, despois de Seúl, a segunda cidade máis poboada de Corea do Sur, cunha poboación de máis de 3,3 millóns de habitantes segundo datos de 2024. Antigamente romanizada coma Pusan, é o centro económico, cultural e educativo do sueste do país, sendo o seu porto o máis activo de Corea do Sur, así coma o sexto máis activo do mundo. Sitúase no extremo sueste da península coreana a beira do Mar do Xapón na entrada norte do Estreito de Corea.
Roraima (que en pemón, unha das linguas indíxenas do Brasil, significa monte verde) é un estado do Brasil situado na Rexión Norte. A máis setentrional das unidades da federación brasileira ten como límites Venezuela ao norte e noroeste, Güiana ao leste, Pará ao sueste e o Estado do Amazonas ao sur e ao oeste. Ocupa unha área de 225.116,1 km² e a súa capital é Boa Vista.
Para o sistema operativo libre composto principalmente polo kernel Linux e GNU, véxase GNU/Linux. Linux é un kernel, ou núcleo, monolítico libre, inspirado en Unix, e que empregan os sistemas operativos GNU/Linux. Linux é un exemplo paradigmático de software libre no que contribúen centos de desenvolvedores e que ten soporte a longo prazo, de ata seis anos.
Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, con filiais en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts) nos Estados Unidos. Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, mais está baixo a xurisdición de Delaware dende o 2007. Dende que Jack Dorsey creou Twitter en marzo de 2006, lanzado en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundial; estímase que ten máis de 500 millóns de usuarios, xerando 65 millóns de chíos ao día e manexa máis de 800 000 peticións de buscas diarias. Foi denominado como o «SMS de Internet». A rede permite enviar mensaxes de texto plano de curta lonxitude, cun máximo de 280 caracteres (orixinalmente 140), chamados chíos ou tweets, que se mostran na páxina principal do usuario.
Karate (en xaponés: 空手), ou karatedo (空手道), é unha arte marcial xaponesa e un deporte de combate orixinario de Okinawa, que se desenvolveu con base na arte marcial nativa da rexión baixo as influencias do chuan fa, de orixe chinesa, e das escolas xaponesas tradicionais de arte marcial, chamadas koryu, que practicaban loita desarmada e armada, principalmente con espadas. Neste proceso, cando a influencia xaponesa se tornou preponderante, fóronse incorporando máis características do código de conduta dos samurais, o Budo. A influencia chinesa foi maior nun primeiro estadio de desenvolvemento, cambiando un paradigma primitivo dunha loita simple con agarramento e proxeccións, con máis énfase nos golpes traumáticos, e fíxose sentir nas técnicas dos estilos máis fluídos e pragmáticos da China meridional.
Ronda é unha cidade pertencente á comunidade autónoma de Andalucía, situada no noroeste da provincia de Málaga (España). É a cabeza do partido xudicial homónimo e a capital da comarca da Serranía de Ronda. No ano 2008 contaba con 36.532 habitantes, que a converten no segundo municipio máis poboado do interior da provincia tras Antequera.
O sonar (do inglés SONAR, acrónimo de Sound Navigation And Ranging, ‘navegación por son‘) é unha técnica que usa a propagación do son baixo a auga (principalmente) para navegar, comunicarse ou detectar outros buques. Dous tipos de tecnoloxía comparten o nome "sonar": o sonar pasivo esencialmente escoita o son feito por outros navíos e o sonar "activo" que emite os pulsos de sons para a escoita dos ecos. O sonar pode usarse como medio de localización acústica, funcionando de forma similar ao Radar, coa diferenza de que en lugar de emitir sinais de radio empréganse impulsos sonoros e magnéticos.
A música soul é unha fusión de gospel e rhythm and blues aparecida nos anos cincuenta. Polo que parece todo comezou un día de 1954 en que Ray Charles e a súa banda ían nun autobús e comezaron a cantar unha letra profana sobre unha canción gospel que soaba na radio, gustoulles como quedaba e naceu "I Got a Woman" a primeira canción soul. O estilo axiña se converteu no máis popular entre a xuventude negra.
A diplomacia é a arte de conducir as relacións internacionais ou os negocios estranxeiros dun determinado Estado ou outro suxeito de dereito internacional. Xeralmente é emprendida por medio de diplomáticos de carreira e implica asuntos de guerra e paz, comercio exterior, promoción cultural, coordinación de organizacións internacionais e outros. Convén distinguir entre diplomacia e política exterior - aquela é unha dimensión desta última.
Un transistor é un dispositivo semicondutor usado para amplificar, conmutar, oscilar, rectificar ou modular os sinais electrónicos. O transistor é o compoñente principal de toda a electrónica moderna e permitiu o desenvolvemento da informática. Nos circuítos analóxicos os transistores úsanse como amplificadores, exemplos son os amplificadores de son, as fontes de alimentación estabilizadas e os amplificadores de frecuencia.
A das sapindales (Sapindales) é unha orde de plantas anxiospermas ou Magnoliophyta (plantas con flores), dicotiledóneas (ou Magnoliopsida), xeneticamente próxima á orde das rosales que, nas clasificacións actuais, inclúe, entre as familias máis coñecidas, a das rutáceas, que comprende, entre outras especies, ás dos cítricos.
Malta ( pronunciación ) (en maltés: Malta, [ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglés: Malta, [ˈmɔːl.tə] (AFI), escoitar), oficialmente República de Malta ( pronunciación ) (en maltés: Repubblika ta' Malta, [rɛˈpʊbb.lɪ.kɐ ˈtɐ ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglés: Republic of Malta) é un pequeno país europeo, que consta dun arquipélago de tres illas moi próximas unhas das outras. Atópase 80 km ao sur de Sicilia (Italia), 284 km ao leste de Tunisia, e 333 km ao norte de Libia. As linguas oficiais son o maltés e inglés, e o 66% da poboación actual de Malta polo menos conversa en lingua italiana.
Maryland é un dos 50 estados dos Estados Unidos. Foi unha das Trece Colonias que se rebelaron contra o dominio británico na rexión. O cognome do estado é Old Line State, en homenaxe ás súas "tropas de liña" (troops of the line), que foron por varias veces eloxiadas por George Washington pola súa excelente actuación na Revolución Americana de 1776.
Xubuntu (IPA: /ˈzùbúntú/) é unha rama oficial derivada do sistema operativo de código aberto Ubuntu. Xubuntu emprega o contorno de escritorio Xfce, o cal está optimizado para ser máis lixeiro e rápido que outros contornos de escritorios (como GNOME ou KDE), conseguindo desta maneira facilitar a súa utilización nunha maior variedade de equipos. A primeira versión final de Xubuntu (Xubuntu 6.06) foi lanzada con Dapper Drake (nome en clave de Ubuntu 6.06 LTS).
Bangkok, coñecida oficialmente en tailandés como Krung Thep Maha Nakhon e coloquialmente como Krung Thep, é a capital e meirande cidade de Tailandia. A cidade abrangue 1.568,7 km2 e está localizada na ribeira leste do río Chao Phraya, preto do Golfo de Tailandia. Posúe unha poboación de 10 millóns de habitantes segundo datos de 2024, é dicir, o 13% da poboación do país.
Marshall Bruce Mathers III, nado en St. Joseph, Missouri o 17 de outubro de 1972, coñecido profesionalmente coma Eminem (estilizado EMINƎM), é un cantante de hip hop estadounidense, ademais de produtor musical e actor. Durante a súa carreira musical 10 dos seus álbums acadaron o número un na lista Billboard 200 e cinco dos seus sinxelos estiveron no primeiro posto da lista Billboard Hot 100.
As plantas (tamén chamadas nalgunhas clasificacións Viridiplantae ou plantas verdes) son organismos multicelulares eucariotas do reino Plantae. Forman un clado que inclúe as plantas con flor (anxiospermas), as coníferas e outras ximnospermas, fentos, licopodios, antocerotas, hepáticas, musgos e, nas clasificacións recentes, as algas verdes. Están excluídos das plantas as algas vermellas e pardas, os fungos, os animais, as arqueas e as bacterias.
Xfce (pronunciado como letras individuais) é un contorno de escritorio para Unix e outros sistemas operativos baseadas nela como Linux, Solaris ou BSD. Está configurado para utilizarse co rato e os ficheiros de configuración normalmente están ocultos para o usuario normal. Xfce pretende ser rápido e lixeiro, atractivo desde o punto de vista visual e fácil de usar. Xfce encarna a filosofía tradicional de Unix de modularidade e reutilización.
Bonn, ás veces escrito en galego Bon, é unha cidade do oeste de Alemaña, situada no Land do Renania do Norte-Westfalia. Ten unha poboación de 331.885 habitantes (estimación de 2021). Foi capital da Alemaña do Oeste desde 1949 a 1990, logo foi sede do goberno alemán ata o 1998, cando se iniciou a transferencia de parte das oficinas administrativas para Berlín.
Okazaki (岡崎市, おかざきし, Okazaki-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte de Tōkai da rexión de Chūbu, e no centro-leste da prefectura, na zona de provincia histórica de Mikawa, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 387,24 km², a poboación é de 373.274 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 964 h/km².
Wine (acrónimo recursivo en inglés para Wine Is Not an Emulator, que significa «Wine non é un emulador») é unha reimplementación da interface de programación de aplicacións de Win16 e Win32 para sistemas operativos baseados en Unix. Permite a execución de programas deseñados pra MS-DOS, e as versións de Microsoft Windows 3.11, 95, 98, Me, NT, 2000, XP, Vista, 7 e MacOS. O nome Wine inicialmente foi un acrónimo para WINdows Emulator. Este significado foi cambiado posteriormente ao acrónimo recursivo actual.
Falun é unha cidade sueca capital do municipio de Falun e do condado de Dalarna. No ano 2017 tiña 58 340 habitantes.Falun forma, xunto con Borlänge, unha área metropolitana con preto de 100 000 habitantes. Falun foi orixinalmente famosa pola súa mina de cobre, e no presente é unha importante cidade industrial e de servizos aínda que a mina está pechada dende o ano 1992.
Sichuan é unha provincia do suroeste da República Popular da China. A súa capital é Chengdu; e con outras poboacións importantes como son Zigong (tamén coñecida como Tzu-kung), Kangding e Litang. Ten unha extensión de 487.000 quilómetros cadrados e unha poboación, en crecemento, duns 85.600.000 habitantes no (2009), sendo a cuarta provincia máis poboada da China, detrás de Guangdong (Kwangtung), Henan (Honan) e Shandong (Shantung).
A República de Ruanda, ou simplemente Ruanda, é un país de África Central. Limita con Uganda, Burundi, a República Democrática do Congo e Tanzania. É un pequeno país situado na rexión dos Grandes Lagos de África; coñecido como as "néboas de África", tamén pola súa fauna salvaxe, principalmente polos seus gorilas de montañas, polas súas cidades típicas e polos parques nacionais e paraxes naturais que ofrece a súa paisaxe montañosa.
Wisconsin (en inglés [wɪsˈkɒnsən] (AFI), escoitar) é un dos estados que conforma os Estados Unidos de América, localizándose no Medio Oeste. Limita ao sur con Illinois, ao oeste con Iowa e Minnesota, ao norte co lago Superior e a península setentrional do estado de Míchigan, e ao leste co lago Michigan. Wisconsin é o vixésimo terceiro estado máis extenso e o vixésimo máis poboado.
Incheon (en coreano : 인천; 仁川 ), Inchon ou Inch'on é unha cidade e porto principal de Corea do Sur situado na costa oeste do país, ao oeste da capital Seúl (서울; Seúl ). Constitúe unha "cidade metropolitana" (ver Subdivisións de Corea do Sur ), polo que o seu nome oficial completo é Cidade Metropolitana de Incheon (인천광역시; 仁川廣域市; Incheon Gwangyeoksi ). O nome Inchon ou Inch'on provén da transliteración anterior (sistema de romanización McCune-Reischauer): Inch'ŏn Kwang'yŏksi.
Rennes (en bretón: Roazhon, en galó: Resnn) é un concello francés, cabeza do departamento de Ille e Vilaine e da rexión da Bretaña en Francia, así como unha das capitais históricas do ducado da Bretaña. Sitúase ao leste da Bretaña na confluencia do río Ille e do río Vilaine, no Arco Atlántico, a 50 km da canle da Mancha e a 80 km do océano Atlántico. Rennes xorde entre o II e o primeiro século antes de Cristo como capital da tribo gala dos redóns.
Zermatt, antigamente en francés, Praborgne, é unha comuna do distrito de Visp, situada no cantón de Valais en Suíza. Ten unha poboación durante todo o ano duns 5.800 habitantes e está clasificada coma cidade pola Oficina Federal de Estatística de Suíza (FSO). Atópase no extremo superior do val de Mattertal a unha altura de 1.620 metros, ao pé dos picos máis altos de Suíza.
O hiragana (ひらがな, 平仮名, literalmente "kana liso") é un silabario xaponés, un dos catro sistemas de escrita xaponesa (os outros son katakana, kanji e rōmaji).Utilízase para: Palabras xaponesas para as que non hai signos kanji, por exemplo partículas como kara から e sufixos como ~san さん. Cando o que escribe non coñece o kanji dunha palabra, ou a maioría dos lectores non o coñece, ou a palabra en kanji queda moi formal. Verbos e inflexións do adxectivo, por exemplo: tabemashita, 食べました (neste uso, o hiragana denomínase okurigana 送り仮名).
Burgenland (húngaro Várvidék, Őrvidék ou Felsőőrvidék, croata Gradišće, esloveno Gradiščansko) é o estado austríaco menos poboado (O estado posuía unha poboación de 277.569 habitantes no censo do 2001) e situado máis o leste de Austria. O estado está composto por dous ¨Statutarstadt¨ (vilas autónomas) e 7 distritos con 171 concellos. O estado ten 166 km de longo e chega ós 5 km de estreito.
O lied (plural lieder) é en alemán canción pero na tradición musical europea pasou a denominar un tipo de canto de orixe alemá desenvolvido no romanticismo alemán para un cantante só e piano, dunha fonda e íntima sensibilidade, sen pretensión ningunha, de virtuosismo vocal baseado no clima poético dun texto polo xeral de gran calidade, Goethe, Schiller ou Heine etc. Preténdese que a música vaia máis alá do poema explorando a zona sentimental de misterio, querenza do romanticismo alemán. O piano, máis que acompañando á voz, dialoga con ela en forma de comentario sonoro paralelo que acentúa o carácter irreal e máxico da composición.
Alabama, ou Estado de Alabama, é un estado da rexión sueste dos Estados Unidos de América. Linda ao norte co estado de Tennessee, ao leste co estado de Xeorxia, ao sur co estado de Florida e co Golfo de México e, ao oeste, co estado de Mississippi. Alabama ocupa o posto 30o en canto a superficie se refire, así coma o 24o en termos de poboación do país, posuíndo ao redor de 5,1 millóns de habitantes, segundo datos de 2023.
Arizona (/aɾiˈθona/; en lingua inglesa: Arizona [ˌærɪˈzoʊnə]; en lingua navagho: Hoozdo Hahoodzo [hoː˥z̥to˩ ha˩hoː˩tso˩]; en lingua o'odham: Alĭ ṣonak [ˈaɭi̥ ˈʂɔnak]) é un estado situado ao suroeste dos Estados Unidos de América. Linda co estado de Utah ao norte, co de Colorado ao nordés, co de Novo México ao leste, co de California ao oeste, e co de Nevada ao noroeste, amais de lindar ao sur cos estados mexicanos de Sonora e de Baixa California. É o 6o estado máis grande por área, así como o 14o máis poboado do país, cunha poboación de máis de 7 millóns de habitantes segundo datos de 2020.
Europa ( pronunciación ) é un dos continentes que conforman o supercontinente eurasiático, situado entre os paralelos 35º 30’ e 70º 30’ de latitude norte. Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. De forma convencional e por motivos histórico-culturais é considerada un continente, tras a delimitación realizada polo xeógrafo ruso Vasili Tatíshchev quen desexaba sinalar a pertenza de Rusia a Europa e a Asia.
O turismo é o acto de viaxar por pracer e as actividades que se realizan durante as viaxes e nun lugar de permanencia distinto do que se vive. Un turista é alguén que viaxa cando menos oitenta quilómetros dende a súa residencia por lecer por un período superior a 24 horas e inferior a un ano, tal como o define a Organización Mundial do Turismo. O turismo deu nacemento a unha verdadeira industria para a provisión do turista, dende o sistema de transportes ata hostaleiros, tanto de provisión e restauración como de aloxamento.
PayPal é unha empresa estadounidense pertencente o sector do comercio electrónico por Internet que permite a transferencia de diñeiro entre usuarios que teñan correo electrónico, unha alternativa ao tradicional método en papel como os cheques ou xiros postais. PayPal tamén procesa peticións de pago en comercio electrónico e outros servizos web, polos que cobra unha porcentaxe. A maior parte da súa clientela provén da web eBay.
Gantz (en xaponés: ガンツ, Hepburn: Gantsu) é unha serie manga xaponesa escrita e debuxada por Hiroya Oku. Gantz conta a historia de Kei Kurono e Masaru Kato, que morren nun accidente de tren e se converten en parte dun xogo no que outras persoas recentemente finadas son obrigadas a cazar e matar aliens. Para logralo están equipados con armas e dispositivos futuristas.
Pescara (/peˈskaːra/, Pescàrë en dialecto abruzo, Piscàrë en pescarese) é unha cidade italiana de 120 286 habitantes, capital da provincia de Pescara, na rexión dos Abruzos, no centro de Italia. Esténdese por unha área de 34 km², é a cidade máis poboada dos Abruzos, con 125 717 habitantes (2017) (e aproximadamente 450 000 incluíndo a área metropolitana circundante). Situada na costa do Adriático na desembocadura do río Aterno-Pescara, o municipio actual formouse en 1927, uníndose ao municipio de Pescara, a parte da cidade ao sur do río (pertencente á provincia de Chieti), e Castellamare Adriatico (da provincia de Teramo), a parte da cidade ao norte do río.
Rondallas (en galego Tunas) é unha película española de comedia dramática de 2025, escrita e dirixida por Daniel Sánchez Arévalo. Está protagonizada por Javier Gutiérrez, María Vázquez, Judith Fernández, Tamar Novas, Carlos Blanco, Fer Fraga, Xosé A. Touriñán e Marta Larralde. Estreouse fóra de competición no Festival Internacional de Cine de San Sebastián o 22 de setembro de 2025, e estreouse en cines españois o 1 de xaneiro de 2026 nunhas 150 pantallas, con distribución de Beta Fiction Spain.
Gmail, tamén coñecido como Google Mail, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
O flamenco é un estilo de música e danza propio de Andalucía, Estremadura e Murcia. As súas principais facetas son o cante, o toque e o baile, contando tamén coas súas propias tradicións e normas. Tal e como o coñecemos hoxe en día data do século XVIII, e existe controversia sobre a súa orixe, xa que aínda que hai distintas opinións e vertentes ningunha delas pode ser comprobada de forma histórica.