Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Groenlandia ou Grenlandia (en groenlandés: Kalaallit Nunaat, "Terra dos Groenlandeses"; en dinamarqués: Grønland) é un territorio de Dinamarca, situado xunto ao océano Ártico e ao norte do océano Atlántico. É a illa máis grande do mundo, estando case o 84% da súa superficie cuberta por xeo, ademais de ser o país cunha menor densidade de poboación. Aínda que fisicamente é parte do continente norteamericano, Groenlandia atópase politicamente ligado a Europa dende hai máis dun milenio, pertencendo ata 1814 a Noruega pasando, ese mesmo ano, ao dominio de Dinamarca.
O dubstep é un xénero musical dentro da música dance e electrónica que xurdiu en South London, Inglaterra. Xurdiu a finais da década de 1990 como unha evolución doutros estilos como o 2-step garage, broken beat, drum and bass, jungle, dub e reggae. No Reino Unido, as súas orixes atópanse no crecemento do son xamaicano na escena musical a comezos de 1980.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Belize é un pequeno país en América Central, ribeirego do mar Caribe, que linda con México ao norte e Guatemala ao oeste e ao sur. Está separada de Honduras polo golfo do mesmo nome ao leste, cunha distancia de 75 quilómetros no punto máis próximo entre as dúas nacións. Belize era anteriormente coñecida como Honduras Británica e o nome coloquial procede da Cidade de Belize (Belize City) e do río Belize.
Manama (árabe: المنامة al-Manāma) é a capital e cidade máis grande de Bahrain, cunha poboación aproximada de 157.000 habitantes, case un terzo da total de Bahrain. Durante moito tempo un importante centro comercial no Golfo Pérsico, Manama alberga unha poboación moi diversa. Despois de períodos de dominio portugués e persa e invasións das dinastías gobernantes de Arabia Saudita e Omán, Bahrain estableceuse como nación independente durante o período do século XIX de hexemonía británica.
Bangkok, coñecida oficialmente en tailandés como Krung Thep Maha Nakhon e coloquialmente como Krung Thep, é a capital e meirande cidade de Tailandia. A cidade abrangue 1.568,7 km2 e está localizada na ribeira leste do río Chao Phraya, preto do Golfo de Tailandia. Posúe unha poboación de 10 millóns de habitantes segundo datos de 2024, é dicir, o 13% da poboación do país.
Tailandia (en tailandés: ประเทศไทย, Prathet Thai) oficialmente Reino de Tailandia (en tailandés: ราชอาณาจักรไทย, Ratcha Anachak Thai; [râːt.tɕʰā ʔāːnāːtɕàk tʰāj] ), antigamente coñecido como Siam (en tailandés: สยาม, Sayam), é un país situado no centro da península Indochina no Sueste asiático. Comparte fronteiras ao norte con Myanmar e Laos, ao leste con Laos e Camboxa, ao sur co Golfo de Tailandia e Malaisia, e ao oeste co Mar de Andaman e o extremo meridional birmano. As súas fronteiras marítimas inclúen Vietnam no Golfo de Tailandia ao sueste, e Indonesia e a India no Mar de Andaman ao suroeste.
Vorarlberg é o máis occidental dos estados (Länder) austríacos; a súa capital, Bregenz, é unha das cinco cidades do Estado (as outras son Dornbirn, Hohenems, Feldkirch e Bludenz). Vorarlberg é o oitavo Estado tanto en área (2.601 km²) como en poboación (372.791 habitantes no 2001). O estado fai fronteira co Tirol ao leste, cos estados alemáns de Baden-Württemberg e Baviera ao noroeste e norte; polo sur cos cantóns suízos de Grisóns e Sankt Gallen, separadas polo principado de Liechtenstein.
O burgo real de Dundee (en gaélico: Dùn Dèagh, en escocés Dundee) é a cuarta cidade por número de habitantes de Escocia, cun censo de poboación de aproximadamente 190.000 habitantes e é igualmente unha das 32 subdivisións escocesas. A cidade sitúase na costa leste, na parte norte da baía do río Tay, preto da súa desembocadura no mar do Norte.
Magma é un volume de rocha fundida, localizado normalmente dentro dunha cámara de magma, debaixo da superficie da Terra. Esa complexa solución de silicatos a alta temperatura, entre 650 e 1200 graos Celsius, é orixe de todas as rochas ígneas, tanto das intrusivas como das extrusivas. O magma permanece baixo alta presión e, algunhas veces, emerxe a través das fendas volcánicas, na forma de lava fluente e fluxos piroclásticos.
A illa de Martinica (en francés Martinique) é un departamento de ultramar francés. Localizado ao norte de Trinidad e Tobago, en augas do mar Caribe, constitúe unha rexión ultraperiférica da Unión Europea. A illa pertence ás Pequenas Antillas Francesas do leste do mar Caribe, unha das illas de Barlovento.
A Wicca é unha relixión neopagá influenciada por crenzas precristiás e prácticas de Europa occidental que afirma a existencia dun poder sobrenatural, como a maxia, e os principios físicos e espirituais masculinos e femeninos que se integran coa natureza, e que celebra os ciclos da vida e os festivais estacionais, coñecidos como Sabbats, os cales ocorren, polo normal, oito veces por ano. A Wicca é unha relixión politeísta, de culto basicamente dualista, que cre tradicionalmente na Mai Tripla e no Deus con Cornos. Estas dúas deidades vense moitas veces como as caras dunha divindade panteísta maior, ou que se manifestan como varias divindades politeístas.
Os Palaeognathae (paleognatos) constitúen un dos dous clados viventes en que se dividen as aves (o outro é o dos Neognathae). Xuntos, estes dous clados forman o clado dos Neornithes. Os Palaeognathae conteñen cinco ramas de aves non voadoras hoxe existentes e outros dous clados extintos, denominados ratites, e unha liñaxe voadora neotropical, os tinamús.
Shandong é unha provincia costeira da República Popular da China, situada no leste do país, ó sur do río Amarelo, e bañada polas augas do mar Amarelo. O seu nome significa literalmente leste das montañas, pola presenza das montañas Taihang no oeste da provincia. Trátase da provincia chinesa máis poboada, con máis de 95 millóns de habitantes.
Biafra foi o nome que tomou a rexión sueste da Nixeria ao proclamar a súa independencia o 30 de maio de 1967. A rexión foi novamente incorporada a Nixeria o 15 de xaneiro de 1970. No intre da súa constitución, o estado biafreño ocupaba uns 76.400 km² e estaba habitado por uns 13 millóns de persoas, a metade deles pertencentes á etnia ibo (tamén coñecidos como igbos e iboleses).
Stepanakert (armenio: Ստեփանակերտ Step'anakert) ou Khankendi (azerí: Xankəndi), é unha cidade da rexión de Nagorno-Karabakh, en Azerbaidján. A cidade foi a capital da República de Artsakh até a ofensiva azerí de 2023 na rexión. A cidade atópase nun val das ladeiras orientais da cordilleira de Karabakh, na marxe esquerda do río Qarqarçay (Karkar).
Lucasfilm (nome completo en inglés: Lucasfilm Limited ou Lucasfilm Ltd.) é unha produtora de películas fundada por George Lucas en 1971, localizada no condado de Marin (California). É internacionalmente coñecida por producir sagas como Star Wars ou Indiana Jones entre outros proxectos recoñecidos. A compañía é líder en desenvolver nova tecnoloxía en canto a efectos especiais, son e animación computarizada.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Marrakech ou Marraquex (Murakush en tamazight; مراكش , Marrākuš ou Marrākiš, en lingua árabe), é unha cidade de Marrocos coñecida co alcume da Cidade Vermella e que foi capital de diversas dinastías islámicas, o que lle valeu o recoñecemento de Cidade Imperial de Marrocos, distinción que tamén posúen Meknes, Fez e Rabat. Segundo datos do ano 2004 ten 1 070 838 habitantes distribuídos nunha área de 6'2 quilómetros cadrados. A cidade vella, coñecida como Medina de Marrakech, foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 1985.
O yaoi (en xaponés: やおい), abreviatura de yama-nashi ochi-nashi imi-nashi (sen clímax, sen resolución, sen sentido), é un subxénero do manga e anime. A característica principal dun manga ou serie yaoi é o amor entre personaxes masculinos. O xénero adoita estar englobado dentro do shōjo, manga orientado a rapazas, por estar enfocado principalmente a un público feminino.
O Wikidata é unha base de datos editada de forma colaborativa, parte da Fundación Wikimedia, co obxectivo de proporcionar unha fonte común para certos tipos de datos, como datas de nacemento, que poden utilizar proxectos da Wikimedia como a Wikipedia. Isto é semellante á forma na que a Wikimedia Commons proporciona almacenamento para ficheiros multimedia e acceso a estes ficheiros en tódolos proxectos da Wikimedia.
Arduino é unha plataforma de hardware e software libre, baseada nunha placa cun microcontrolador e un contorno de desenvolvemento (IDE), deseñada para facilitar o uso da electrónica en proxectos multidisciplinares. O hardware consiste nunha placa cun microcontrolador Atmel AVR e portos de entrada/saída. Os microcontroladores máis usados son o Atmega168, Atmega328, Atmega1280, ATmega8 pola súa sinxeleza e baixo custo que permiten o desenvolvemento de múltiples deseños.
Casablanca (en amazigh: ⴰⵏⴼⴰ "Anfa" ou "Taddart Tamellalt", e en árabe: الدار البيضاء, ad-Dar al-Baïdaa, en darija: Casa, كازا) é a maior cidade de Marrocos, o seu principal porto e centro económico e comercial do país. A súa poboación segundo o censo do 2004 é de 3 111 977 de habitantes. Sitúase na beira do océano Atlántico, a 80 quilómetros ao suroeste de Rabat.
Siberia (en ruso: Сиби́рь, Sibir), tamén coñecida como Asia do norte, Norte de Asia ou Asia Setentrional é unha vasta rexión da Rusia e do norte de Kazakhstán, integralmente no norte da Asia, espallándose dende os Urais até o océano Pacífico, e cara ao sur desde o océano Ártico ata os montes do centro-norte de Kazakhstán e ata a fronteira con Mongolia e a China. O xentilicio é siberiano/siberiana.
O islam (en árabe: الإسلام, al-Islām ) ou islamismo é unha relixión monoteísta abrahámica cuxo dogma baséase no libro do Corán, o cal establece como premisa fundamental para os seus crentes que «Non hai máis deus que Alá e que Mahoma é o último mensaxeiro de Alá». A palabra árabe Allah, galeguizada como Alá, significa Deus e a súa etimoloxía é a mesma da palabra semítica El (אל), coa que se nomea a Deus na Biblia. Os eruditos islámicos definen ao islam como: «A submisión a Deus o Altísimo a través do monoteísmo, a obediencia e o abandono da idolatría».
Uxmal era unha antiga cidade maia localizada a 78 Km ao sur de Mérida, capital do estado do Iucatán en México. Sobresae pola súa monumentalidade, sendo a segunda máis visitada do estado, despois de Chichén Itzá. O nome Uxmal ao parecer é o topónimo do maia iucateco ox, que quere dicir "tres veces", facendo referencia a un labor que se repite.
Dalian (大连 en chinés simplificado; 大連 en chinés tradicional; Dàlián en pinyin) é unha cidade do nordeste da China situada no extremo meridional da Península de Liaodong pertencente a provincia de Liaoning no sur de Manchuria. A súa poboación urbana é de 3 120 000 habitantes, chegando ós 6 200 000 coa interurbana. Posúe o máis importante porto desta parte da China, sitúase na beira do Mar Amarelo entre a Baía de Corea e o golfo de Bohai.
Arequipa é unha cidade situada no extremo suroeste do Perú a unha altura de 2.335 msnm e situada nun fértil val entre a área costeira do deserto de Atacama e os contrafortes da Cordilleira dos Andes Occidentais. A cidade é a capital tanto da provincia de Arequipa, onde está situada, como da Rexión Arequipa onde se localiza a provincia.
A Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería ou simplemente Hogwarts é un internado ficticio de maxia para meigos e meigas de entre once e dezasete anos no Reino Unido e Irlanda. Trátase do escenario principal dos primeiros seis libros da serie Harry Potter escrita por J. K. Rowling; as novelas duran o equivalente a un ano escolar. En Harry Potter e as reliquias da morte, porén, a meirande parte do libro sitúase fóra de Hogwarts, xa que os protagonistas, Harry Potter, Ron Weasley e Hermione Granger, non asisten ao seu último ano na escola.
Timor é unha illa ao sur do Arquipélago Malaio, ao norte do mar de Timor. Está dividida entre o Estado independente de Timor Leste, e Timor Occidental, que forma parte da provincia indonesia de Nusa Tenggara Leste. Dentro de Timor Occidental atópase un exclave de Timor Leste chamado Distrito de Oecusse.
Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, o Brasil ó sueste, o Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; a República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte.
Qinghai (en chinés: 青海; pinyin: Qīnghǎi; Wade-Giles: Ch'ing1-hai3) é unha provincia interior da República Popular da China, situada entre o centro e o oeste do país. O seu nome provén do lago Qinghai, o máis extenso do país, con 4.635 km², cuxo nome significa mar azul en lingua chinesa. Trátase dunha das provincias chinesas cunha menor densidade de poboación, pois cunha extensión 1'4 veces superior á de España, nela viven pouco máis de 5 millóns de persoas, a maioría na capital Xining ou nos seus arredores.
Moraleja é un municipio estremeño, pertencente á provincia de Cáceres. En 2008 tiña 7.983 habitantes. Limita ao norte con Perales del Puerto, ao nordés con Gata, ao suroeste con Zarza la Mayor, ao sueste con Cachorrilla e Pescueza, ao oeste con Cilleros, e ao leste con Huélaga, Casas de Don Gómez e Casillas de Coria.
Harbin (chinés simplificado: 哈尔滨; chinés tradicional: 哈爾濱; pinyin: Hā'ĕrbīn) é unha cidade chinesa, capital da provincia de Heilongjiang, no norte de Manchuria, na beira sur do río Songhua, afluente do Amur. Ten unha poboación de máis de nove millóns de habitantes (2003) nunha área de 53.775 Km². A cidade moderna de Harbin naceu en 1898 coa construción do ferrocarril que unía a cidade rusa de Vladivostok con Dalian.
O Parque Nacional Uluṟu-Kata Tjuṯa é unha área protexida no Territorio do Norte de Australia. O parque é a localización tanto de Uluru (en pitjantjatjara: Uluṟu) tamén coñecido como Ayers Rock, como de Kata Tjuta. Uluru é unha gran formación rochosa de arenito na parte sur do Territorio do Norte, no centro de Australia.
Chile é un país de América do Sur, limitado ó norte polo Perú, ó leste por Bolivia e a Arxentina, cun total de 6.339 km de fronteiras terrestres, ó sur polo Estreito de Drake e ó oeste polo océano Pacífico. O seu nome oficial é República de Chile e a súa capital é a cidade de Santiago de Chile. Chile descríbese normalmente como constituído de tres distintas zonas.
Kagoshima (鹿児島市, かごしまし, Kagoshima-shi) é un concello da prefectura de Kagoshima no Xapón, e capital da súa prefectura. Está situado na parte leste da rexión de Kyūshū e ao sueste da prefectura, na illa de Kyūshū. Ata o 31 de xullo de 2024, a cidade tiña unha poboación estimada de 583.966 en 285.992 fogares, e unha densidade de poboación de 1.100 persoas por km².
Unha bicicleta ( pronunciación ) (do francés bicyclette, e este do latín bis, "dúas veces", e do grego κύκλος, kúklos, "círculo") é un vehículo sen motor de dúas rodas dispostas en liña e fixadas a un cadro. Serve para o transporte de persoas e mercancías. Móvese grazas á forza que o ciclista exerce sobre os pedais, que é transmitida ás rodas.
O bikini (do inglés "bikini") é unha peza feminina de baño composta de dous triángulos de tea na parte superior similar a un apertador que cobre os seos e dous triángulos de tea na parte inferior, a frontal que cobre a pelve, pero que expón o embigo, e a parte de atrás que cobre as nádegas. O tamaño da parte superior e inferior pode variar desde a cobertura completa dos seos, pelve, e nádegas, ata os deseños máis atrevidos como o tanga que cobren só a aréola e o monte de Venus, pero expoñen as nádegas. O deseñador de moda Jacques Heim presentou en París un deseño de traxe de baño de dúas pezas en 1946 ao que chamou Atome.
Bonn, ás veces escrito en galego Bon, é unha cidade do oeste de Alemaña, situada no Land do Renania do Norte-Westfalia. Ten unha poboación de 331.885 habitantes (estimación de 2021). Foi capital da Alemaña do Oeste desde 1949 a 1990, logo foi sede do goberno alemán ata o 1998, cando se iniciou a transferencia de parte das oficinas administrativas para Berlín.
A diplomacia é a arte de conducir as relacións internacionais ou os negocios estranxeiros dun determinado Estado ou outro suxeito de dereito internacional. Xeralmente é emprendida por medio de diplomáticos de carreira e implica asuntos de guerra e paz, comercio exterior, promoción cultural, coordinación de organizacións internacionais e outros. Convén distinguir entre diplomacia e política exterior - aquela é unha dimensión desta última.
Navalacruz é unha localidade e un concello da provincia de Ávila, na comunidade autónoma de Castela e León. Atópase situado na vertente norte da serra da Paramera e na vertente sur da serra de Gredos. O termo municipal, que pertence ao partido xudicial de Ávila e ás comarcas de Valle del Alberche e de Tierra de Pinares, ten unha poboación de 204 habitantes, segundo o INE de 2024.
Lenovo Group Ltd. ou Lenovo PC International, tamén acurtado como Lenovo (en chinés: 联想集团, pinyin: Liánxiǎng jítuán); anteriormente estilizado como lenovo) é unha multinacional chinesa de tecnoloxía con sedes en Beijing, e en Morrisville, Carolina do Norte. Deseña, desenvolve, manufactura e vende ordenadores persoais, tabletas, teléfonos intelixentes, estacións de traballo, servidores, dispositivos de almacenamento de datos, software IT e televisións intelixentes.
A Gestapo, (pronunciado Guestapo ) foi a policía secreta oficial da Alemaña Nazi. O termo vén da contracción de Geheime Staatspolizei: "policía secreta do Estado". Baixo a total administración de Schutzstaffel (SS), foi administrada pola Reichssicherheitshauptamt (RSHA) (servizo oficial da oficina central do Reich) e considerada como unha organización dual do Sicherheitsdienst (SD) (servizo de seguridade) e tamén unha Suboficina da Sicherheitspolizei (SIPO) (policía de seguridade).
Dnipro (en ucraíno: Дніпро) é unha cidade de Ucraína situada ás beiras do río Dniéper, capital do óblast de Dnipro. Pola súa extensión, trátase da terceira cidade do país, e é un importante centro comercial, industrial e económico de Ucraína. Posúe un gran desenvolvemento tecnolóxico no sector da metalurxia, do armamento e da construción de maquinaria.
Cornus é un xénero que abrangue un grupo de entre 30 a 60 especies de plantas de follas caedizas e poden ser árbores ou arbustos na familia das Cornáceas, divididas dun a nove xéneros ou subxéneros (dependendo da interpretación botánica). En galego o termo preferido para estas plantas é sangomiño, sendo sinónimos ou variantes noutros dicionarios sambuguino, sangubín, sangume, sangubino, sangumín, ou corneira. Catro subxéneros enuméranse aquí.
BioWare é unha empresa canadense fundada en 1995 dedicada ao desenvolvemento de videoxogos. É famosa por desenvolver videoxogos de rol occidental para PC moi exitosos como as sagas Neverwinter Nights, Baldur's Gate, Dragon Age, Star Wars: Knights of the Old Republic e Mass Effect. A compañía foi fundada por Casey Hudson, David Gaider, Ray Muzyka e Greg Zeschuk.
Afrodita é a deusa grega do amor e da beleza. Nacida da escuma do mar de Chipre, segundo Hesíodo, ó ser fecundado polos xenitais do Ceo/Urano, botados polo seu fillo Crono/Saturno despois de castralo. Durante o xuízo de Paris, nada puido a maxestade da deusa Hera nin a belicosidade de Atenea fronte á súa sedutora beleza, e Paris concedeulle a mazá de ouro como premio á fermosura.