Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O socialismo é unha corrente filosófica política, social e económica, e unha ideoloxía, que abarca unha gama de sistemas socioeconómicos caracterizados pola propiedade social dos medios de produción, e a autoxestión de empresas por parte dos traballadores. Inclúe teorías políticas e os movementos asociados con tales sistemas. A propiedade social pode ser pública, colectiva ou cooperativa.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A India (hindi: भारत), oficialmente a República da India (hindi: भारत गणराज्य), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
Netflix, Inc. é unha empresa comercial estadounidense de contidos multimedia que proporciona mediante unha tarifa plana mensual, series e filmes en streaming, baixo demanda por Internet e DVD-por-correo, onde os DVD se envían mediante Permit Reply Mail. A compañía foi fundada en 1997 e ten a súa sede en Los Gatos, California.
Ohio (pronunciado [oʊˈhaɪoʊ]) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, situado na zona dos Grandes Lagos, e un dos seus principais centros industriais. Localizado na Rexión Medio Oeste dos Estados Unidos —a rexión máis industrializada do país— Ohio ten á industria como a súa principal fonte de ingresos. Outras fontes de ingresos importantes son as finanzas, a minería do carbón —que axudou a facer de Ohio unha das principais potencias industriais do país— a agricultura e o turismo.
En epistemoloxía un axioma é unha "verdade evidente" que non admite demostración, mediante a intuición racional; sobre a cal descansa o resto do coñecemento ou sobre a cal constrúense outros coñecementos. Non todos os epistemólogos están de acordo en que os axiomas existan dese xeito. En matemáticas un axioma non é necesariamente unha verdade evidente, senón unha expresión lóxica utilizada nunha dedución para chegar a unha conclusión.
Mallorca (do latín medieval Maiorica, 'a maior'; en latín clásico insula maior, 'illa maior') é unha illa española, a maior das Illas Baleares, situada no mar Mediterráneo. Do mesmo xeito que Menorca e Eivissa, Mallorca é un destino turístico importante. Ten 3.625'75 km² e 790.763 habitantes (2006) (densidade: 218,09 hab./km²).
Para a outra cidade chamada Frankfurt vexa Frankfurt do Oder. Frankfurt (en alemán: Frankfurt am Main; para a distinguir de Frankfurt do Oder) é a cidade máis importante do Estado federado de Hessen (Alemaña), aínda que a capital administrativa é Wiesbaden. Frankfurt forma o núcleo urbano da rexión Rin-Meno.
A Honda Motor Co., Ltd. (本田技研工業株式会社, Honda Giken Kogyo Kabushiki Kaisha) é unha das máis importantes corporación multinacional xaponesa coñecida principalmente como un fabricante de automóbiles e motocicletas do mundo. Fundada por Soichiro Honda, un rapaz soñador e realizador que dende a infancia mostrábase un visionario de seu tempo.
Laos (en laosiano: ລາວ Lāw), oficialmente República Democrática Popular Lao,(en Lao: ສາທາລະນະລັດ ປະຊາທິປະໄຕ ປະຊາຊົນລາວ, Sathalanalat Paxathipatai Paxaxon Lao) é un país sen saída ó mar do Sueste asiático. Limita ó norte con China e Myanmar, ó leste con Vietnam, ó oeste con Tailandia e ó sur con Camboxa.
Tennessee é un estado dos Estados Unidos de América, localizado na rexión Sur do país. En 1796, converteuse no décimo sexto estado que se adheriu á Unión. É denominado o "Volunteer State" (o estado dos voluntarios), porque durante a Guerra de 1812, soldados voluntarios procedentes dese estado, tiveron un papel salientábel durante a batalla de Nova Orleáns.
TikTok, tamén coñecida como Douyin (en chinés: 抖音短视频; pinyin: Dǒuyīn duǎnshìpín; literalmente "vibrato vídeo curto") na China, é unha aplicación de medios sociais para crear e compartir vídeos, así como para retransmitir en vivo. Lanzada en setembro de 2016 por ByteDance, é unha plataforma líder de vídeos curtos en Asia e que se estendeu a outras partes do mundo, converténdose nunha das aplicacións de máis rápido crecemento cunha gran comunidade en varios países. A aplicación permite crear vídeos de baile, música, beleza, tendencias, comida, mascotas e sincronización, que poden durar até 3 segundos.
Sevilla é unha cidade española situada ao suroeste da Península Ibérica, capital de Andalucía e da provincia homónima. Sevilla é a cuarta cidade de España e cuarta área metropolitana por número de habitantes. Ten 696.676 habitantes en 2014, 1.317.098 na área metropolitana, 1.813.908 en total na provincia (datos de 2005).
Este artigo trata sobre a cantante, para a representación artística da Virxe María, véxase Madonna (arte). Madonna Louise Ciccone, nada en Bay City (Míchigan) o 16 de agosto de 1958, é unha cantante, compositora e produtora estadounidense, máis coñecida como Madonna. De ascendencia italiana e francocanadense, o seu estilo musical abrangue a música disco, pop, dance e electrónica.
Katowice [katɔˈvʲit͡sɛ]: (checo: Katovice, alemán: Kattowitz) é unha cidade da rexión de Silesia, no sur de Polonia, sobre os ríos Kłodnica e Rawa (os afluentes do Oder e do Vístula). Katowice está situado nas terras da alta Silesia, aproximadamente a 50 quilómetros do Silesian Beskids (a parte dos Cárpatos) e aproximadamente a 100 quilómetros do sistema montañoso dos Sudetes (Chequia). Katowice foi a capital do Voivodato de Silesia dende a súa formación en 1999.
Instagram é unha rede social e aplicación para partillar fotos e vídeos. Permite aos usuarios aplicar efectos fotográficos como filtros, marcos, cores retro e vintage, e posteriormente partillalas en diferentes redes sociais como Facebook, Tumblr, Flickr, Twitter ou Vkontakte. Unha característica distintiva da aplicación é que da unha forma cadrada ás fotrografías en honor á Kodak Instamatic e as cámaras Polaroid, contrastando coa relación de aspecto 16:9 que na actualidade usan a maioría das cámaras dos teléfonos móbiles.
Arizona (/aɾiˈθona/; en lingua inglesa: Arizona [ˌærɪˈzoʊnə]; en lingua navagho: Hoozdo Hahoodzo [hoː˥z̥to˩ ha˩hoː˩tso˩]; en lingua o'odham: Alĭ ṣonak [ˈaɭi̥ ˈʂɔnak]) é un estado situado ao suroeste dos Estados Unidos de América. Linda co estado de Utah ao norte, co de Colorado ao nordés, co de Novo México ao leste, co de California ao oeste, e co de Nevada ao noroeste, amais de lindar ao sur cos estados mexicanos de Sonora e de Baixa California. É o 6o estado máis grande por área, así como o 14o máis poboado do país, cunha poboación de máis de 7 millóns de habitantes segundo datos de 2020.
Uttarakhand, tamén chamado Uttaranchal, é un dos vinte e nove estados que, xunto cos sete territorios da Unión, forman a República da India. A súa capital e cidade máis poboada é Dehradun. Está situado ao norte do país, limitando ao norte coa República Popular China, ao leste con Nepal, ao sur con Uttar Pradesh, ao suroeste con Haryana e ao oeste con Himachal Pradesh.
Gambia, oficialmente República de Gambia é unha nación en África occidental. É o país máis pequeno de África continental atópase rodeada na súa totalidade polo Senegal, agás onde o río Gambia desemboca no océano Atlántico. Gambia está situada a ambos os dous lados do curso inferior do río Gambia, o homónimo da nación, que atravesa o centro de Gambia e desemboca no océano Atlántico, polo que a forma longa do país.
O monte Kilimanjaro (Kilima Njaro, que significa 'montaña brillante' en kiswahili ou Oldoinyo Oibor, 'montaña branca' en masai) localizado no norte de Tanzania, xunto á fronteira con Kenya, é o punto máis alto de África, cunha altitude de 5 895 m. Este antigo volcán, co cume cuberto de neves eternas, érguese no medio dunha planicie de sabana, ofrecendo un espectáculo único. O monte e as selvas circundantes, cunha área de 75 353 ha, posúen unha fauna rica, incluíndo moitas especies ameazadas de extinción e constitúen un parque nacional que foi inscrito pola UNESCO en 1987 na lista dos lugares que son Patrimonio da Humanidade.
McLaren Racing Limited (/məˈklærən/) é un equipo británico de carreiras de motor con sede no McLaren Technology Centre en Woking, Surrey, Inglaterra. McLaren é máis coñecido como construtor de Fórmula Un, e o segundo equipo máis antigo en activo e o segundo equipo de Fórmula Un máis exitoso despois da Ferrari, gañou 188 carreiras, 12 Campionatos de Pilotos e 8 Campionatos de Construtores. McLaren tamén competiu nas 500 millas de Indianápolis, e as 24 Horas de Le Mans, tanto como participante como como construtor de chasis, e gañou a Canadian-American Challenge Cup (Can-Am) campionato de carreiras de coches deportivos.
Embraer, a Empresa Brasileira de Aeronaútica, é unha compañía brasileira fabricante de avións. Fundouse en 1969 e é a terceira produtora de avións do mundo, comerciais e militares, tras Boeing e Airbus. A empresa ten a súa sede no municipio de São José dos Campos, no interior do estado de São Paulo, e ten diversas unidades no Brasil e no exterior, incluídas joint ventures na China e Portugal.
Victorious, estilizado como VICTORiOUS, é unha comedia de situación estadounidense creada por Dan Schneider para Nickelodeon. A serie xira en torno á aspirante a cantante Tori Vega, interpretada por Victoria Justice, quen frecuenta unha escola de artes de alto nivel chamada Hollywood Arts. A serie estreouse o 27 de marzo de 2010.
Alabama, ou Estado de Alabama, é un estado da rexión sueste dos Estados Unidos de América. Linda ao norte co estado de Tennessee, ao leste co estado de Xeorxia, ao sur co estado de Florida e co Golfo de México e, ao oeste, co estado de Mississippi. Alabama ocupa o posto 30o en canto a superficie se refire, así coma o 24o en termos de poboación do país, posuíndo ao redor de 5,1 millóns de habitantes, segundo datos de 2023.
Bath é unha cidade do suroeste de Inglaterra, no condado de Somerset, coñecida polos seus balnearios termais alimentados por tres mananciais. Os primeiros documentos históricos en relación coa cidade, datan de época romana e fan referencia aos seus mananciais. O primeiro templo levantado no manancial das augas termais construírono os celtas.
O floorball é un deporte de equipo no que se enfrontan dous equipos de seis xogadores cada un (cinco xogadores de campo e un porteiro). Os xogadores empregan uns paus de plástico ou sticks para conducir e golpear unha pelota de plástico oca e furada de 72 mm de diámetro. Este deporte practícase nunha pista pechada por un pequeno valo e dúas pequenas porterías.
O curling é un deporte de precisión similar ós birlos ingleses ou á petanca, que se practica nunha pista de xeo, loitando entre si dous equipos de catro participantes cada un. O obxectivo é lanzar 8 pedras de granito cun peso de 20 kg sobre a deslizante superficie a través dun corredor de 45,5 metros de lonxitude e 4,32 metros de anchura. E unha vez realizados todos os lanzamentos, puntúase en función da proximidade destas pedras á diana marcada ao final do corredor.
Transnistria (nalgúns casos escrito como "Transdniéster", "Transdniestria" ou "Cisdniéster") é un territorio separatista de Moldova situado principalmente entre o río Dnister e a fronteira oriental da República Moldova con Ucraína. Desde a súa declaración de independencia en 1990 e, especialmente despois da Guerra de Transnistria en 1992, é gobernada como a República Moldova Pridnestroviana (RMP), tamén coñecida como "Pridnestrovia"), un Estado non recoñecido que reclama o territorio ao leste do río Dnister, a cidade de Bender e as súas localidades circundantes situadas na beira oeste deste río. Moldova non recoñece a secesión e considera que os territorios controlados poa RMP son parte da rexión autónoma moldova de Stînga Nistrului (literalmente, "a ribeira esquerda do Dnister"), oficialmente denominada Unidade Territorial Autónoma Transistria, cun status xurídico especial.
Adidas é unha compañía multinacional alemá de artigos deportivos, cuxa sede central se atopa en Herzogenaurach, Baviera. As tres liñas paralelas son o selo distintivo da compañía de vestiario e calzado. Os produtos de perfumaría e de coidado persoal de adidas, son manufacturados por Coty, Inc., baixo licenza mundial.
Peanuts é unha historieta de banda deseñada diaria e dominical estadounidense escrita e ilustrada por Charles M. Schulz que se publicou dende o 2 de outubro de 1950 até o 13 de febreiro de 2000. Peanuts é unha das historietas de banda deseñada máis populares e influentes da historia, con 17 897 tiras publicadas en total, o que o converte na "historia máis longa xamais contada por un único ser humano". No momento da morte de Schulz no ano 2000, Peanuts imprimíase en 2 600 xornais, con arredor de 355 millóns de lectores en 75 países, e foi traducido a 21 linguas.
Hacker (do inglés hack, recurtar), tamén coñecido como sombreiro branco (white hat), é o neoloxismo utilizado para referirse a un experto en varios campos relacionados coa computación e as telecomunicacións: programación, redes de comunicacións, sistemas operativos, hardware de rede/voz etc. O seu entendemento adoita estar centrado nos sistemas informáticos, xa sexa de tipo hardware ou software. Chámase normalmente hackeo e hackear ás obras propias dun hacker.
Valencia (en valenciano e oficialmente: València, pronunciado [vaˈlensia]) é unha cidade española situada na costa do mar Mediterráneo, capital da Comunidade Valenciana, da provincia de Valencia e da comarca homónima. Ten 807.200 habitantes, sendo a terceira cidade máis poboada de España por detrás de Barcelona e Madrid, que aumentan até 1.738.690 coa área metropolitana, chamada L'Horta de València. A cidade tamén é coñecida como Cap i Casal ou Capital do Turia.
Para a función nutritiva dos minerais, ver Minerais na alimentación Un mineral é un corpo producido por procesos de natureza inorgánica, xeralmente cunha composición química definida e, se se forma en condicións favorables (espazo, tempo e repouso axeitados), unha estrutura atómica definida pola súa cela unidade que se expresa na súa forma cristalina e outras propiedades físicas características. Adoita presentarse en estado sólido á temperatura media da Terra, aínda que algúns, como a auga e o mercurio, preséntanse en estado líquido. É diferente dunha rocha, que pode ser un agregado de minerais ou non minerais e que non ten unha composición química específica.
Tuvalu (/tuˈvɑːluː/ ou /ˈtuːvəˌluː/, antigamente Illas Ellice, é un arquipélago pertencente á rexión da Polinesia, localizada no océano Pacífico, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Australia. Os países máis próximos a Tuvalu son Kiribati, Samoa e Fiji. Consta de 4 arrecifes de coral e 5 atois, cunha área total de 25 quilómetros cadrados.
Nagasaki ou Nagasaqui (長崎市, ながさきし, Nagasaki-shi) é unha cidade xaponesa, capital e a maior poboación da prefectura de Nagasaki, situada sobre a costa suroeste da illa de Kyūshū. Cara ao ano 2009 a cidade tiña unha poboación estimada de 444.271 habitantes e unha densidade de 1.090 persoas por km². A superficie total do concello de Nagasaki é de 406,40 km²; limita cos concellos de Saikai, Togitsu, Nagayo e Isahaya.
Asturias, oficialmente Principado de Asturias (en asturiano: Principáu d'Asturies, en galego eonaviego: Principao d'Asturias), é unha comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica. Limita con Galiza ao oeste, con Cantabria ao leste, con Castela e León ao sur, e co Mar Cantábrico ao norte. Coincide coa antiga provincia de Oviedo e recibe o nome de Principado por razóns históricas, ao ostentar o herdeiro da Coroa de España o título de Príncipe de Asturias.
Angola, oficialmente República de Angola (en portugués: República de Angola; en quicongo, kimbundu, umbundu e chócue: Repubilika ya Ngola), é un país da costa occidental de África, limitado ao norte e ao leste pola República Democrática do Congo, ao leste por Zambia, ao sur por Namibia e ao oeste polo océano Atlántico. Angola inclúe tamén o turbulento enclave de Cabinda, ao norte, que está constituído como unha das súas 18 provincias. A súa capital é Luanda.
Kiss é un grupo musical estadounidense formado no ano 1973. A súa primeira formación foi Gene Simmons (voz e baixo), Paul Stanley (voz e guitarra rítmica), Ace Frehley (voz e guitarra) e Peter Criss (voz e batería). Na actualidade está formado por Paul Stanley, Gene Simmons, Tommy Thayer e Eric Singer.
Xangai, ás veces escrito como Shanghai, (en chinés: 上海; pinyin: Shànghǎi; tradución: “Sobre o mar”), é unha das maiores cidades da República Popular da China e do mundo por poboación. É un dos catro municipios directamente controlados da China, cunha poboación total de 23 millóns de persoas. É un importante centro financeiro, e un centro do transporte por abeirar o meirande porto de contedores do mundo.
As verduras son hortalizas nas que a parte comestible son os órganos verdes da planta, tal e como poden ser os talos, as follas etc. e que forman parte da alimentación humana. Case todas elas son de baixo contido en graxas e calorías, representando ademais fontes de vitaminas, minerais, fibra e hidratos de carbono.
O blues é un estilo musical vocal e instrumental que evolucionou dos espirituais, cánticos e cancións de traballo afroamericanos e ten a súa raíz estilística na África Occidental. O blues foi a maior influencia da música popular occidental e americana, con expresión no ragtime, jazz, nas big bands, rhythm and blues, rock and roll e na música country, como tamén na música pop convencional e ata na música clásica moderna. Este xénero desenvolveuse a través das espirituais, cancións de oración, cancións de traballo, rimas inglesas, baladas escocesas e irlandesas narradas e berros de campo.
Reims (/riːmz/, Francés: [ʁɛ̃s] ( )) é a cidade máis poboada da rexión de Gran Leste, aínda que non é capital do seu departamento, Marne. A cidade atópase 129 km (80 mi) ao nordés de París no río Vesle, un afluente do Aisne. Está situada nunha chaira na ribeira dereita do Vesla, afluente do Aisne, e sobre a canle que conduce o Aisne ao Marne.
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a franxa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
Na mitoloxía grega Medea era a filla de Eetes, rei da Cólquide e da ninfa Idia. Era sacerdotisa de Hécate, que algúns consideran a súa nai e de quen se supón que aprendeu os principios da feitizaría xunto coa súa tía, a maga Circe. Así, Medea é o arquetipo de bruxa ou feiticeira, con certos trazos de xamanismo.
Microsoft Corporation é unha compañía de software fundada por Bill Gates e Paul Allen en 1975 en Albuquerque, Novo México. Ten a súa sede actual en Redmond, Washington. É a maior compañía de software do mundo con máis de 50.000 empregados en total en varíos países[cando?] e é coñecida principalmente polas diferentes versións dos seus sistemas operativos Windows e MS-DOS, así como polo paquete de aplicacións ofimáticas Microsoft Office, da que fan parte programas como Word, Excel, Access ou FrontPage.
Qatar (/ˈkætɑːr/,) (en árabe: قطر), oficialmente o Estado de Qatar (en árabe: دولة قطر, Dawlat Qatar) é un país soberano localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar na costa noroeste da Península Arábiga. Ten fronteira terrestre con Arabia Saudita no sur, co resto do seu territorio rodeado polo Golfo Pérsico. Un estreito no Golfo Pérsico separa Qatar do seu veciño Bahrain, tamén compartindo fronteiras marítimas cos Emiratos Árabes Unidos e Irán.
Guinea, oficialmente República de Guinea (en francés: République de Guinée), é un país da África Occidental, limitado ao norte por Guinea-Bissau e polo Senegal, ao norte e leste por Malí, ao leste pola Costa do Marfil, ao sur por Liberia e Serra Leoa e ao oeste polo océano Atlántico. A súa capital é Conakry.
O anime (アニメ, en xaponés) é o nome co que se coñece a animación xaponesa. Sería algo como a extrapolación dos mangas (bandas deseñadas xaponesas) para as pantallas de televisión. Entre a manga e anime adoita haber moita interacción, posto que os mangas que teñen éxito son posteriormente adaptados ó anime.
Un cowboy (en galego vaqueiro) é o encargado das tarefas relacionadas coa gandaría en gran parte de América do Norte, tradicionalmente a cabalo, e que moitas veces realiza outras moitas tarefas relacionadas co rancho. O histórico cowboy estadounidense de finais do século XIX xurdiu das tradicións de vaqueiros do norte de México e converteuse nunha figura de especial significado e lenda. Ademais do traballo do rancho, algúns cowboys traballan ou participan en rodeos.
Dieppe é un concello francés situada no departamento de Seine-Maritime da rexión de Normandía. A súa superficie é de 11.67 km2 e a poboación de 29.080 habitantes. A localidade, coñecida popularmente como a "vila dos catro portos" (Transmanche, o porto do comercio, o porto da pesca e o porto do pracer) está na costa da Mancha, a 60 km ao norte de Ruán e a 170 de París, na foz do Arques no profundo val que separa a chaira de Pays de Caux do Petit-Caux.
Apache Subversion (SVN) é un sistema de control de versións (VCS) que traza os cambios en ficheiros e permite a coordinación de traballo de moitas persoas para o desenvolvemento de software, páxinas web ou documentación. Distribúese como software libre coa licenza de Apache Creouno CollabNet Inc. en 2000, co liderádego de Karl Fogel e Ben Collins-Sussman e coa finalidade de ser compatible con Concurrent Versions System (CVS), o naquela hora sistema de control de versións máis usado, e ser o seu sucesor.
Toleman Motorsport foi un construtor de Fórmula Un con base no Reino Unido. Estivo activo entre 1981 e 1985 e participou en 70 Grandes Premios. Ata que no inverno de 1985 a escudaría vendeuse ao seu principal patrocinador United Colors of Benetton, pasando o equipo a chamarse a partir de entón Benetton Formula.
Robyn Rihanna Fenty, máis coñecida como Rihanna, nada o 20 de febreiro de 1988, é unha cantante, actriz, modelo e deseñadora barbadense. Nada en Barbados, a súa carreira comezou despois de coñecer ó produtor musical Evan Rogers a finais de 2003. Canda el gravou cancións demo, e o seu traballo foi enviado a varios selos musicais.
Volvo é unha marca de automóbiles de orixe sueca, coñecida pola súa alta seguridade ante accidentes. Ademais de automóbiles de turismo, fabrica vehículos industriais, incluíndo camións, autobuses, tractores e equipamento de construción. Foi fundada en Gotemburgo en 1927 polo enxeñeiro Gustav Larson e o economista Assar Gabrielsson.
Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]) é unha cidade situada no nordés da Península Ibérica, capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a segunda cidade maior de España. Situada á beira do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da "Cidade Condal" (Ciutat Comtal), por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.
Internet é o sistema global de redes informáticas interconectadas que usa o conxunto de protocolos de Internet (TCP/IP) para comunicarse entre redes e dispositivos. É unha rede de redes que consiste en redes privadas, públicas, académicas, empresariais e gobernamentais de ámbito local e global, unidas por unha ampla gama de tecnoloxías de redes electrónicas, sen fíos e ópticas. Internet ofrece unha ampla gama de recursos e servizos de información, como os documentos de hipertexto interconectados e as aplicacións da World Wide Web (WWW), correo electrónico, telefonía e intercambio de ficheiros.
O euro (EUR ou €) é a moeda usada polas institucións da Unión Europea (UE), así como a moeda oficial da eurozona, formada por 20 dos 27 Estados membros da UE: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal. Ademais, 4 microestados europeos teñen acordos coa Unión Europea para o uso do euro como moeda: Andorra, Cidade do Vaticano, Mónaco e San Marino. Por outra banda, o euro foi adoptado de maneira unilateral por Montenegro e Kosovo.
Hikikomori (ひきこもり o 引き篭り, literalmente "apartarse, estar recluído", i.e., "illamento social agudo") é un termo xaponés para referirse ao fenómeno de xente solitaria que escolleu abandonar a vida social; a miúdo buscando graos extremos de illamento e confinamento, debido a varios factores persoais e sociais nas súas vidas. O termo hikikomori refírese ao fenómeno sociolóxico, como tamén ás persoas que pertencen a este grupo social. Na terminoloxía occidental, este grupo pode incluír individuos que sofren de fobia social ou problemas de ansiedade social.
Crimea, que abrangue a República Autónoma de Crimea, (ucraíno: Автономна Республіка Крим - Avtonomna Respublika Krym, ruso: Автономная Республика Крым - Avtonomnaia Respublika Krym, tártaro de Crimea: Qırım Muhtar Cumhuriyeti) e a cidade de Sebastopol, é unha península e república autónoma situada na costa setentrional do Mar Negro que foi anexionada por Rusia no ano 2014. Crimea estivo baixo o control ruso dende 1783 até 1954, cando foi transferida dentro Unión Soviética, dende a República Soviética Federativa Socialista de Rusia á República Socialista Soviética de Ucraína. Posteriormente, despois do referendo do 20 de xaneiro de 1991, conseguiu o status de república autónoma dentro da República Socialista Soviética de Ucraína.
Bornholm (bɒːnˈhʌlˀm; nórdico antigo: Burgundaholmr) é unha illa dinamarquesa situada no Mar Báltico, ao leste de Dinamarca entre a costa sur de Suecia e Polonia. A illa de Bornholm, xunto a pequena illa de Ertholmene situada 18 quilómetros ao noroeste, conforman un concello rexional pertencente á Rexión Hovedstaden, unha das cinco rexións nas que se atopa dividido o país. No ano 2017 a illa tiña unha poboación de 39.664 habitantes e unha superficie de 588,53 quilómetros cadrados.
Chicago é a cidade máis poboada do estado estadounidense de Illinois, así como dos estados da rexión xeográfica do Medio Oeste. Cunha poboación de 2 746 388 habitantes, segundo datos de 2020, é a terceira cidade máis poboada dos Estados Unidos de América, despois de Nova York e Os Ánxeles. A súa área metropolitana posúe máis de 9 millóns de habitantes.
Hirohito (裕仁) ou Hiro-Hito, coñecido no Xapón co seu nome de reinado póstumo Shōwa Tennō (昭和天皇) ou Emperador Shōwa, nado en Tokyo o 29 de abril de 1901 e finado na mesma cidade o 7 de xaneiro de 1989, foi emperador do Xapón desde o 25 de decembro de 1926 ata a súa morte. Fillo do emperador Taishō e irmán dos príncipes Chichibu, Takamatsu e Mikasa, foi o 124º emperador segundo a tradición shinto. O seu reino coincide exactamente coa Showa (昭和), de onde tira o seu nome póstumo.
Nauru (/nɑːˈuːruː/ ou /ˈnaʊruː/; nauruano: Naoero), oficialmente República de Nauru (nauruano: Repubrikin Naoero) e antes coñecida como Pleasant Island, é un país insular e un microestado en Oceanía, no Pacífico Central que comprende unha soa illa xusto ao sur do ecuador. O seu veciño máis próximo é a illa Banaba en Kiribati, a 300 km (190 mi) ao leste. Atópase máis ao noroeste de Tuvalu, 1 300 km (810 mi) ao nordeste das Illas Salomón, ao leste-nordeste de Papúa-Nova Guinea, ao sueste dos Estados Federados de Micronesia e ao sur das Illas Marshall.