Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Joaquín Ramón Martínez Sabina, nado en Úbeda (Xaén) o 12 de febreiro de 1949, coñecido artisticamente como Joaquín Sabina, é un cantautor e poeta español. Publicou catorce discos de estudio, catro en directo e tres recompilatorios, ademais, ten colaborado con distintos artistas cantando dúos e realizando outras colaboracións. Tamén compón para outros artistas como Ana Belén ou Miguel Ríos.
O dubstep é un xénero musical dentro da música dance e electrónica que xurdiu en South London, Inglaterra. Xurdiu a finais da década de 1990 como unha evolución doutros estilos como o 2-step garage, broken beat, drum and bass, jungle, dub e reggae. No Reino Unido, as súas orixes atópanse no crecemento do son xamaicano na escena musical a comezos de 1980.
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a franxa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do estado e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea.
Minnesota é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, situado na rexión do Medio Oeste (Midwest). É o duodécimo (12º) maior estado dos Estados Unidos, cunha superficie de 225.365 km². O estado de Minnesota foi constituído a partir da metade oriental do territorio de Minnesota, e foi o 32º estado en ser admitido na Unión, en 1858.
O arXiv (pronunciado como a palabra inglesa "archive" /ˈɑːkaɪv/) é un repositorio de prepublicacións electrónicas, coñecidas como e-prints, de literatura científica nos campos das matemáticas, física, astronomía, ciencias da computación, bioloxía cuantitativa, estatística e finanzas, que poden ser consultadas en liña. En moitos campos das matemáticas e da física, a maioría das publicacións científicas son auto-arquivadas no repositorio de arXiv. Comezou o 14 de agosto de 1991, e arXiv.org superou o medio millón de artigos o 3 de outubro de 2008, e acadou o millón a finais de 2014.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Manama (árabe: المنامة al-Manāma) é a capital e cidade máis grande de Bahrain, cunha poboación aproximada de 157.000 habitantes, case un terzo da total de Bahrain. Durante moito tempo un importante centro comercial no Golfo Pérsico, Manama alberga unha poboación moi diversa. Despois de períodos de dominio portugués e persa e invasións das dinastías gobernantes de Arabia Saudita e Omán, Bahrain estableceuse como nación independente durante o período do século XIX de hexemonía británica.
Cork (en inglés) ou Corcaigh (en gaélico irlandés) é a segunda cidade máis importante da República de Irlanda. A cidade máis importante e o centro administrativo do Condado de Cork e a cidade máis grande da provincia de Munster. O río Lee pasa polo medio da cidade, formando unha pequena illa onde se atopa o centro da cidade antes de que o Lee desemboque no lago Mahon e este no dique de Cork, un dos diques naturais máis longos do mundo.
Microsoft Corporation é unha compañía de software fundada por Bill Gates e Paul Allen en 1975 en Albuquerque, Novo México. Ten a súa sede actual en Redmond, Washington. É a maior compañía de software do mundo con máis de 50.000 empregados en total en varíos países[cando?] e é coñecida principalmente polas diferentes versións dos seus sistemas operativos Windows e MS-DOS, así como polo paquete de aplicacións ofimáticas Microsoft Office, da que fan parte programas como Word, Excel, Access ou FrontPage.
Austria ( pronunciación ) (en alemán: Österreich, [ˈøːstɐˌʁaɪç] ), oficialmente República de Austria ( pronunciación ) (en alemán: Republik Österreich, [Republik Österreich] )), é un estado da Europa central sen saída cara ao mar, con máis de 9,0 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Donato di Niccolò di Betto Bardi, nado en Florencia en 1386 e finado na mesma cidade o 13 de decembro de 1466, foi un famoso artista e escultor renacentista, coñecido co nome de Donatello, un dos pais do período xunta Leon Battista Alberti, Brunelleschi e Masaccio. Donatello converteuse nunha forza innovadora no campo da escultura monumental e no tratamento dos relevos, onde logrou representar unha gran profundidade dentro dun mínimo plano, o que recibe o nome de stiacciato, é dicir, relevo aplanado ou esmagado. O David de mármore para a catedral de Santa María del Fiore en Florencia foi a súa primeira obra documentada entre 1444 e 1446.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Xangai, ás veces escrito como Shanghai, (en chinés: 上海; pinyin: Shànghǎi; tradución: “Sobre o mar”), é unha das maiores cidades da República Popular da China e do mundo por poboación. É un dos catro municipios directamente controlados da China, cunha poboación total de 23 millóns de persoas. É un importante centro financeiro, e un centro do transporte por abeirar o meirande porto de contedores do mundo.
Svalbard, tamén chamado Spitzberg ou Spitsberg é un arquipélago situado no océano Glacial Ártico, ao norte do continente europeo, que forma parte do Reino de Noruega. Consiste nun grupo de illas que abarcan desde os 74º a 81º norte e dos 10º aos 35º leste; forman a parte máis setentrional de Noruega. Tres das illas están habitadas: Spitsbergen, Bjørnøya e Hopen.
O blues é un estilo musical vocal e instrumental que evolucionou dos espirituais, cánticos e cancións de traballo afroamericanos e ten a súa raíz estilística na África Occidental. O blues foi a maior influencia da música popular occidental e americana, con expresión no ragtime, jazz, nas big bands, rhythm and blues, rock and roll e na música country, como tamén na música pop convencional e ata na música clásica moderna. Este xénero desenvolveuse a través das espirituais, cancións de oración, cancións de traballo, rimas inglesas, baladas escocesas e irlandesas narradas e berros de campo.
A cidade de Berna (en alemán e oficialmente: Bern) é o Bundesstadt (cidade federal, de facto capital) de Suíza. Con 142.479 habitantes (390.000 na súa aglomeración e 660.000 na súa área metropolitana) é a quinta cidade máis poboada da Confederación (despois de Zürich, Xenebra, Basilea e Lausana). O idioma oficial da cidade é o alemán, e o dialecto local alemán é o alemán bernés, falado pola maioría dos habitantes.
A Corporación Espacial Estatal "Roscosmos" (ruso: Государственная корпорация по космической деятельности «Роскосмос»), coñecida de xeito sinxelo como Roscosmos (ruso: Роскосмос), é unha empresa estatal da Federación Rusa responsable dos voos espaciais, incluíndo o programa de cosmonáutica e a investigación aeroespacial. A sede de Roscosmos atópase en Moscova, mentres que o centro espacial principal de Control da Misión está en Koroliov. O Centro de Adestramento de Cosmonautas Gagarin está na Cidade das Estrelas, tamén no óblast de Moscova.
DeepSeek (en chinés simplificado: 深度求索; pinyin: Shēndù qiúsuǒ) é unha empresa chinesa de intelixencia artificial que desenvolve modelos de linguaxe estendido de código aberto. A empresa está financiada exclusivamente polo fondo de investimento chinés High-Flyer. Tanto DeepSeek como High-Flyer teñen a súa sede en Hangzhou.
Sevilla é unha cidade española situada ao suroeste da Península Ibérica, capital de Andalucía e da provincia homónima. Sevilla é a cuarta cidade de España e cuarta área metropolitana por número de habitantes. Ten 696.676 habitantes en 2014, 1.317.098 na área metropolitana, 1.813.908 en total na provincia (datos de 2005).
Polaris, designada Alfa Ursae Minoris (α Ursae Minoris), e comunmente referida como Estrela do Norte ou a Estrela Polar por antonomasia (no hemisferio norte), é a estrela máis brillante na constelación da Osa Menor. Está moi próxima ao polo celeste setentrional, o que a converte na Estrela Polar setentrional contemporánea. Sitúase a 433 anos luz (133 parsecs).
Tailandia (en tailandés: ประเทศไทย, Prathet Thai) oficialmente Reino de Tailandia (en tailandés: ราชอาณาจักรไทย, Ratcha Anachak Thai; [râːt.tɕʰā ʔāːnāːtɕàk tʰāj] ), antigamente coñecido como Siam (en tailandés: สยาม, Sayam), é un país situado no centro da península Indochina no Sueste asiático. Comparte fronteiras ao norte con Myanmar e Laos, ao leste con Laos e Camboxa, ao sur co Golfo de Tailandia e Malaisia, e ao oeste co Mar de Andaman e o extremo meridional birmano. As súas fronteiras marítimas inclúen Vietnam no Golfo de Tailandia ao sueste, e Indonesia e a India no Mar de Andaman ao suroeste.
Winterthur é unha cidade suíza situada no cantón de Zürich, ao norte do país. Con 109.775 habitantes, é a sexta cidade da Confederación por volume de poboación. Chamada abreviadamente polos seus habitantes Winti, hoxe Winterthur é unha cidade de servizos e un importante centro da industria de alta tecnoloxía.
Benevento (italiano Benevento, latín Beneventum, grego Benebentos) é unha cidade de Italia na Campania, capital da provincia de Benevento. Está na confluencia dos ríos Sabato e Calore Irpino, e tiña 63.026 habitantes o 2005. A comuna de Benevento esténdese por unha área de 129 km² e ten lindes cos concellos de Apollosa, Castelpoto, Foglianise, Fragneto Monforte, Paduli, Pesco Sannita, Pietrelcina, San Leucio del Sannio, San Nicola Manfredi, Sant'Angelo a Cupolo e Torrecuso.
Sirio, ou Sirius na súa denominación latina, é o nome propio da estrela Alpha Canis Maioris (α CMa, tamén Alpha Canis Majoris), a máis rutilante de todo o ceo nocturno da Terra, situada na constelación do hemisferio celeste sur Canis Maior. Esta estrela tan notable, que é realmente unha estrela binaria, é ben coñecida desde a antigüidade; por exemplo, no antigo Exipto, a saída helíaca de Sirio marcaba a época das inundacións do Nilo, e estivo presente en civilizacións tan dispares como a grega e a polinesia. En ocasións, e coloquialmente, Sirio é chamada «Estrela Can» a raíz da constelación á que pertence.
Mayotte é unha posesión de Francia entre o océano Índico e a canle de Mozambique no arquipélago das Comores, do cal é a illa máis oriental. Está formado pola illa Mayotte, tamén coñecida como Grand Terre e dúas illas máis pequenas: a illa de Pamanzi, o Petit Terre e a illa Chisimoi M'Zamboro. Os países veciños máis próximos son as Comores ao noroeste, Madagascar ao sueste, as illas Seychelles e as Illas Gloriosas (dependentes de Reunión) ao nordeste, e Mozambique ao oeste.
O burgo real de Dundee (en gaélico: Dùn Dèagh, en escocés Dundee) é a cuarta cidade por número de habitantes de Escocia, cun censo de poboación de aproximadamente 190.000 habitantes e é igualmente unha das 32 subdivisións escocesas. A cidade sitúase na costa leste, na parte norte da baía do río Tay, preto da súa desembocadura no mar do Norte.
Ceuta é unha cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos. Separada da Península Ibérica polo estreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto con Melilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África.
Leipzig ( son ; IPA: [ˈlaɪpt͡siç]) é unha Kreisfreie Stadt (cidade independente) no noroeste de Saxonia (Alemaña) na confluencia dos ríos Pleiße, Weiße Elster e Parthe e ten 297.60 km². Os seus 520.838 habitantes fana a cidade máis poboada de Saxonia. A corporación municipal está composta por 19 concelleiros do SPD, 19 do PDS, 19 do CDU, 7 dos Verdes, 3 do FDP, 1 do DSU, 1 do FORUM e 1 outros.
Zwolle é unha cidade neerlandesa de 105.801 habitantes, capital da provincia de Overijssel, sita na orilla dereita do río Ijssel, no punto de cruzamento de numerosas canles, por medio das cales está unida ao Zuiderzee e á rexión industrial de Twente. É un importante mercado de gando, de manteiga e de ovos, ademais dun centro industrial.
Kiribati, oficialmente a República de Kiribati (pronunciado "Kíribas", ['kiribas]) é un arquipélago situado na zona central oeste do océano Pacífico, ao nordeste de Australia. Esténdese a ambos os lados do ecuador e do meridiano 180, aínda que a Liña internacional de cambio de data rodea Kiribati e xira moito cara ao leste, chegando case ao meridiano 150° W. Isto leva as illas máis orientais de Kiribati, as Illas Line ao sur de Hawai, ao mesmo día que as Illas Gilbert e sitúaas na zona horaria máis avanzada da Terra: UTC+14. Kiribati é o único país do mundo que está situado nos catro hemisferios cardinais.
Cali, oficialmente, Santiago de Cali, é a capital do departamento de Valle del Cauca, e a terceira cidade máis poboada de Colombia. Está situada na rexión Sur del Valle del Cauca, entre a cordilleira occidental e a cordilleira central dos Andes. A cidade forma parte da Área Metropolitana de Cali, xunto cos concellos achegados a esta.
Chile é un país de América do Sur, limitado ó norte polo Perú, ó leste por Bolivia e a Arxentina, cun total de 6.339 km de fronteiras terrestres, ó sur polo Estreito de Drake e ó oeste polo océano Pacífico. O seu nome oficial é República de Chile e a súa capital é a cidade de Santiago de Chile. Chile descríbese normalmente como constituído de tres distintas zonas.
Zermatt, antigamente en francés, Praborgne, é unha comuna do distrito de Visp, situada no cantón de Valais en Suíza. Ten unha poboación durante todo o ano duns 5.800 habitantes e está clasificada coma cidade pola Oficina Federal de Estatística de Suíza (FSO). Atópase no extremo superior do val de Mattertal a unha altura de 1.620 metros, ao pé dos picos máis altos de Suíza.
Tournai (en alemán Dornick; en latín Tornacum; en neerlandés Doornik) é unha cidade francófona de Bélxica situada na rexión valoa, cabeceira de distrito na provincia de Hainaut e sede de bispado. Tournai é unha das cidades máis antigas de Bélxica, xunto con Arlon e Tongres. Tivo un papel histórico, económico e cultural importante no Condado de Flandres durante a Idade Media e o Renacemento.
Batumi (en xeorxiano: ბათუმი, tamén coñecido como Batum) é unha cidade costeira e capital da República Autónoma de Axaria, no sur de Xeorxia. Cunha poboación de 152 839 habitantes (2014), é a terceira cidade máis grande e unha das cidades portuarias e comerciais máis importantes de Xeorxia. Está situada nunha zona subtropical, rica en agricultura, cultivos de froitas cítricas e té.
Litecoin (LTC ou Ł, moeda leve) é unha criptomoeda do tipo par con par, que é ó mesmo tempo unha moeda e un sistema de pagos baseada nunha rede de datos totalmente descentralizada, xa que non posúe ningunha autoridade ou control principal. O seu proxecto foi inspirado no proxecto bitcoin, co cal comparte varios aspectos, diferenciándose no xeito en como se procesan os bloques de datos, que, no caso da moeda litecoin, faise de maneira máis sinxela e con menor consumo de recursos.
Gifu (岐阜市, ぎふし; Gifu-shi; en galegoportugués: Guifu) é un concello xaponés da prefectura de Gifu, capital da súa prefectura. Está situado ao oeste da rexión de Chūbu, ao norte da rexión de Tōkai e ao sur da prefectura, no centro da illa de Honshū. Ten 202,89 km² de superficie, unha poboación de 411.662 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 2.030 hab./km².
As plantaxináceas (Plantaginaceae) son unha familia de dicotiledóneas que comprende preto de 2000 especies nuns 90 xéneros dentro da orde Lamiales. Nunha clasificación anterior había unha soa familia da orde Plantaginales, pero este nome non se usa actualmente. Son esencialmente plantas herbáceas, anuais ou perennes, das rexións frías e tropicais.
Twitch é un servizo de streaming estadounidense que permite realizar retransmisións en directo, especialmente de videoxogos, incluíndo os directos dos deportes electrónicos, ademais de música, contido creativo, debates e directos da vida dos influencers. Twitch é operado por Twith Interactive propiedade de Amazon sendo rival directo de YouTube. A súa orixe vén do ano 2007 cando Justin Kan e Emmet Shear fundaron Justin.tv.
O antigo Imperio Elamita, تمدن عیلام en fārsi, situábase ao leste de Sumeria e Acad, no actual suroeste de Irán. Os elamitas chamábanlle ao seu país Haltamti (en elamita tardío, Atamti), do cal os seus veciños acadios adaptaron como Elam. O alto Elam foi posteriormente cada vez máis identificado pola súa capital, Susa, e xeógrafos posteriores a Tolomeo chamaron a todo ese territorio Susiana.
Auckland (en maorí: Tāmaki-makau-rau) é a área metropolita máis grande de Nova Zelandia e o maior núcleo de poboación do sur do Pacífico. Aínda que Wellington é a capital de Nova Zelandia, Auckland é a cidade máis importante, poboada e a capital económica do país. A 37 graos de latitude sur, na illa Norte, a cidade de Auckland está situada sobre un estreito istmo que separa dous portos naturais: o porto de Manukau, aberto ao Mar de Tasmania, ao oeste e o de Waitemata, que se abre ao golfo de Hauraki do océano Pacífico, ao leste.
Volt, ou menos recomendable voltio, é a unidade do SI da tensión eléctrica, derivada a partir do ampere e mais do watt. O seu nome vénlle polo físico italiano Alessandro Volta, e o seu símbolo é V. Volt, no sistema métrico decimal, é unha unidade de medida de diferenza de potencial eléctrico. Un volt é igual á diferenza de potencial existente entre dúas secións transversais dun condutor percorrido por unha corrente eléctrica variable de 1 A, cando a potencia disipada entre as dúas seccións é igual a 1 watt.
Coñécese como Bauhaus ( pronunciación en alemán ) á Staatliches Bauhaus (literalmente, casa estatal de construción), unha escola de arte e arquitectura de vangarda que funcionou entre 1919 e 1933 na Alemaña. A Bauhaus foi unha das maiores e máis orixinais expresións do que se chama Modernismo na arquitectura moderna, sendo unha das primeiras escolas de deseño do mundo.
Dresden ou Dresde (en alemán: Dresden) é unha cidade alemá á beira do Elba e capital do estado federado de Saxonia. Conta con 512.234 habitantes (2008) e está altamente industrializada (por exemplo, hai fábricas de Volkswagen, Airbus etc.). Limita ao noroeste co distrito de Meißen, ao nordés co de Bautzen e ao sur co de Sächsische Schweiz-Osterzgebirge.
O yaoi (en xaponés: やおい), abreviatura de yama-nashi ochi-nashi imi-nashi (sen clímax, sen resolución, sen sentido), é un subxénero do manga e anime. A característica principal dun manga ou serie yaoi é o amor entre personaxes masculinos. O xénero adoita estar englobado dentro do shōjo, manga orientado a rapazas, por estar enfocado principalmente a un público feminino.
Okazaki (岡崎市, おかざきし, Okazaki-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte de Tōkai da rexión de Chūbu, e no centro-leste da prefectura, na zona de provincia histórica de Mikawa, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 387,24 km², a poboación é de 373.274 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 964 h/km².
Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, o Brasil ó sueste, o Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; a República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte.