Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O dubstep é un xénero musical dentro da música dance e electrónica que xurdiu en South London, Inglaterra. Xurdiu a finais da década de 1990 como unha evolución doutros estilos como o 2-step garage, broken beat, drum and bass, jungle, dub e reggae. No Reino Unido, as súas orixes atópanse no crecemento do son xamaicano na escena musical a comezos de 1980.
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do estado e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea.
Szeged é, tras Budapest e Debrecen, a terceira cidade en tamaño de Hungría, capital rexional do sueste do país e capital do condado de Csongrád. Ten 161.921 habitantes (2014), o 93.5% etnicamente húngaros, 0.7% xitanos e 0.6% alemáns. Situada preto da fronteira sur de Hungría, a cidade está na ribeira do río Tisza.
Dougga ou Thugga ou TBGG foi un asentamento bérber, púnico e romano preto do actual Téboursouk no norte de Tunisia. O actual sitio arqueolóxico abrangue 65 ha. a UNESCO cualificou a Dougga como Patrimonio da Humanidade en 1997, ao considerar que representa "a pequena cidade romana mellor conservada do norte de África".
Terni é unha cidade italiana de 112.735 habitantes (2009), capital da provincia de Terni, na rexión de Umbría. É unha antiga cidade de Italia localizada na provincia de Umbría meridional, atópase no chan do río Nera. A 104 quilómetros ao norte de Roma, a 36 quilómetros ao noroeste de Rieti, e a 29 quilómetros ao sur de Spoleto.
Skopje (en macedonio: Скопје ou Skopje; en albanés: Shkup) é a capital e a maior cidade de Macedonia do Norte. No período romano era coñecida baixo o nome de Skupi. A cidade desenvolveuse rapidamente trala fin da segunda guerra mundial, aínda que esta tendencia rematou en 1963, ano no que foi esnaquizada por un gran tremor de terra.
Un tsunami (do xaponés 津波: tsu, "porto" e nami, "onda") é unha serie de ondas xeradas cando a auga de superficie, por exemplo dun lago ou océano, se despraza rapidamente a escala masiva. Os derrubamentos (de xeo nos glaciares ou de terra na beiramar), as erupcións volcánicas (terrestres ou submarinas) ou un meteorito grande teñen o potencial de xerar un tsunami pero o 90 % deles son provocados por terremotos, e nese caso reciben o nome de tsunamis tectónicos. Este tipo de ondas desprazan unha cantidade de auga moi superior ás ondas superficiais producidas polo vento.
En Vigo celébrase con nome de Reconquista de Vigo unha sublevación popular que se encadra na Guerra da Independencia española. A Reconquista é o nome co que se coñece tradicionalmente ao proceso histórico por medio do cal os reinos cristiáns do norte da Península Ibérica van conquistar progresivamente o Al-Andalus. Considérase que comeza no 722 coa resistencia das sociedades montañesas ó avance dos musulmáns coa Batalla de Covadonga e vai finalizar no 1492 coa conquista do Reino de Granada.
Somalia (somalí: Soomaaliya, árabe: الصومال, As-Sumal) é un país africano do Corno de África, limitado ao norte por Djibuti e polo Golfo de Adén, do outro lado do cal se atopa o Iemen, ao leste e ao sur polo océano Índico, por onde fai fronteira cun arquipélago iemení dominado pola illa de Socotorá e ao oeste por Kenya e por Etiopía. A súa capital é Mogadixo. Somalia é un dos poucos países africanos lingüisticamente homoxéneo, no que case toda a poboación fala soamente unha lingua, o somalí.
Apartheid é unha palabra da lingua afrikaans que significa vida separada e que foi adoptada legalmente en 1948 en Suráfrica para designar un réxime segundo o cal os brancos tiñan o poder e os pobos restantes eran obrigados a vivir separadamente, de acordo con regras que lles impedían ser verdadeiros cidadáns. A tradución máis común ao galego sería segregación racial, ou aínda política de segregación racial. A ideoloxía do apartheid tamén se aplicou en África do Suroeste, administrada por Suráfrica como mandato da Liga de Nacións (revogado en 1966 pola Resolución das Nacións Unidas 2145), e que estivo en vigor ata que logrou a súa independencia en 1990.
O blues é un estilo musical vocal e instrumental que evolucionou dos espirituais, cánticos e cancións de traballo afroamericanos e ten a súa raíz estilística na África Occidental. O blues foi a maior influencia da música popular occidental e americana, con expresión no ragtime, jazz, nas big bands, rhythm and blues, rock and roll e na música country, como tamén na música pop convencional e ata na música clásica moderna. Este xénero desenvolveuse a través das espirituais, cancións de oración, cancións de traballo, rimas inglesas, baladas escocesas e irlandesas narradas e berros de campo.
Verona é unha moi antiga cidade italiana, sita na rexión de Venecia (chaira do Po), na beiras do río Adige, e a uns 30 km do lago de Garda. Fundada no século I a.C., a histórica cidade de Verona coñeceu un período de expansión nos séculos XIII e XIV e so a República de Venecia. Conserva un gran número de notábeis monumentos da Antigüidade, da época medieval e do Renacemento.
O euro (EUR ou €) é a moeda usada polas institucións da Unión Europea (UE), así como a moeda oficial da eurozona, formada por 20 dos 27 Estados membros da UE: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal. Ademais, 4 microestados europeos teñen acordos coa Unión Europea para o uso do euro como moeda: Andorra, Cidade do Vaticano, Mónaco e San Marino. Por outra banda, o euro foi adoptado de maneira unilateral por Montenegro e Kosovo.
Nairobi é a capital e a maior cidade de Kenya. O nome deriva da frase en lingua masai Enkare Nairobi, que significa 'lugar de augas frías', en referencia ao río Nairobi, que discorre pola cidade. Segundo o censo de 2019, tiña unha poboación de 4 397 073 habitantes, mentres que a área metropolitana contaba cunha poboación estimada en 2022 de 10,8 millóns de persoas.
O Uruguai, oficialmente a República Oriental do Uruguai (en castelán: República Oriental del Uruguay escoitar ), é un país de América do Sur. Limita ao norte e nordeste co estado de Río Grande do Sur (Brasil), ao oeste co río Uruguai coas provincias arxentinas de Entre Ríos e Corrientes, ao suroeste co esteiro do Río da Prata o cal o separa de Buenos Aires (Arxentina) e ao sueste co océano Atlántico. O seu territorio, cunha superficie de máis de 176.000 km², é o segundo máis pequeno do subcontinente detrás de Suriname e áchase dividido administrativamente en 19 departamentos.
Idaho é un estado localizado no noroeste dos Estados Unidos, con capital en Boise. Ten unha superficie de 216.632 km² e, de acordo co United States Census Bureau, no 2020 tiña unha poboación de 1 839 106 habitantes. É o 43º estados dos Estados Unidos, admitido o 3 de xullo de 1890, aínda que en 1863 xa fora creado o Territorio de Idaho.
Manchester é unha cidade do Reino Unido situada na rexión do Noroeste de Inglaterra, nunha chaira aos pés da ladeira occidental dos Peninos. Segundo estimacións feitas no 2011 ten 498.800 habitantes, mentres que a área metropolitana, o Gran Manchester, ten 2 600 000, sendo a terceira aglomeración urbana máis grande do Reino Unido. É un importante centro artístico, financeiro, de medios de comunicación e de educación superior.
Víctor Manuel San José Sánchez, máis coñecido como Víctor Manuel, nado o 7 de xullo de 1947 en Mieres del Camino (Mieres del Camín (en asturiano)) (Mieres), é un cantautor asturiano, considerado xunto á súa muller Ana Belén como un dos artistas simbólicos da Transición Española. En decembro de 2022 foi Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Goberno de España.
Tailandia (en tailandés: ประเทศไทย, Prathet Thai) oficialmente Reino de Tailandia (en tailandés: ราชอาณาจักรไทย, Ratcha Anachak Thai; [râːt.tɕʰā ʔāːnāːtɕàk tʰāj] ), antigamente coñecido como Siam (en tailandés: สยาม, Sayam), é un país situado no centro da península Indochina no Sueste asiático. Comparte fronteiras ao norte con Myanmar e Laos, ao leste con Laos e Camboxa, ao sur co Golfo de Tailandia e Malaisia, e ao oeste co Mar de Andaman e o extremo meridional birmano. As súas fronteiras marítimas inclúen Vietnam no Golfo de Tailandia ao sueste, e Indonesia e a India no Mar de Andaman ao suroeste.
Marshall Bruce Mathers III, nado en St. Joseph, Missouri o 17 de outubro de 1972, coñecido profesionalmente coma Eminem (estilizado EMINƎM), é un cantante de hip hop estadounidense, ademais de produtor musical e actor. Durante a súa carreira musical 10 dos seus álbums acadaron o número un na lista Billboard 200 e cinco dos seus sinxelos estiveron no primeiro posto da lista Billboard Hot 100.
Timor é unha illa ao sur do Arquipélago Malaio, ao norte do mar de Timor. Está dividida entre o Estado independente de Timor Leste, e Timor Occidental, que forma parte da provincia indonesia de Nusa Tenggara Leste. Dentro de Timor Occidental atópase un exclave de Timor Leste chamado Distrito de Oecusse.
O karaoke (カラオケ) é unha forma de cantar con pistas de cancións seguindo a letra da mesma impresa sobre unha pantalla e tendo todo o acompañamento musical respectivo. Etimoloxicamente, provén da palabra xaponesa kara (空), que significa baleiro; e oke, abreviatura xaponesa da palabra ōkesutora (オーケストラ), orquestra. O que significa que a orquestra toca "en baleiro", sen cantante.
Roma (AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é o municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istanbul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.
Tupolev (ruso: Ту́полев) é unha compañía rusa de defensa e aeronáutica coa súa sede no distrito de Basmanny en Moscova. Coñecida oficialmente como Joint Stock Company Tupolev, é a sucesora de Tupolev OKB (Opytno Konstruktórskoye Biuró, oficina de construción e deseño), fundada e liderada polo enxeñeiro aeroespacial soviético Andréi Túpolev en 1922. A compañía celebrou o seu 90 aniversario o 22 de outubro do ano 2012.
Xangai, ás veces escrito como Shanghai, (en chinés: 上海; pinyin: Shànghǎi; tradución: “Sobre o mar”), é unha das maiores cidades da República Popular da China e do mundo por poboación. É un dos catro municipios directamente controlados da China, cunha poboación total de 23 millóns de persoas. É un importante centro financeiro, e un centro do transporte por abeirar o meirande porto de contedores do mundo.
Chámaselles alcaloides (de álcali, co sufixo -oide, masculino) a aqueles metabolitos secundarios de plantas sintetizados a partir da vía do ácido shikímico, ou da vía do acetato. Os alcaloides verdadeiros derivan dun aminoácido, e son polo tanto nitroxenados. Son básicos (excepto colchicina), e posúen acción fisiolóxica intensa nos animais aínda a baixas doses, polo que son moi empregados en medicina.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Laos (en laosiano: ລາວ Lāw), oficialmente República Democrática Popular Lao,(en Lao: ສາທາລະນະລັດ ປະຊາທິປະໄຕ ປະຊາຊົນລາວ, Sathalanalat Paxathipatai Paxaxon Lao) é un país sen saída ó mar do Sueste asiático. Limita ó norte con China e Myanmar, ó leste con Vietnam, ó oeste con Tailandia e ó sur con Camboxa.
Parma é unha cidade e comuna da rexión de Emilia-Romaña, capital da provincia de Parma, con cerca de 178.718 habitantes (31-12-2007). Ten unha área de 260 km2. Ten lindes cos concellos de Collecchio, Felino, Fontanellato, Fontevivo, Gattatico (RE), Langhirano, Lesignano de' Bagni, Mezzani, Montechiarugolo, Noceto, Sala Baganza, Sant'Ilario d'Enza (RE), Sorbolo, Torrile, Traversetolo, Trecasali.
Deneb (α Cygni, Alpha Cygni) é unha estrela superxigante branca variable, a estrela máis brillante da constelación do Cisne e a décimo novena estrela máis brillante do ceo (magnitude aparente 1.25). Con Vega e Altair, Deneb forma o triángulo de verán, unha formación de estrelas moi brillante, ben visibles no verán no ceo nocturno. A nebulosa da América do Norte sitúase nas proximidades.
Os Palaeognathae (paleognatos) constitúen un dos dous clados viventes en que se dividen as aves (o outro é o dos Neognathae). Xuntos, estes dous clados forman o clado dos Neornithes. Os Palaeognathae conteñen cinco ramas de aves non voadoras hoxe existentes e outros dous clados extintos, denominados ratites, e unha liñaxe voadora neotropical, os tinamús.
Managua é a capital do estado de Nicaragua e así mesmo do departamento do mesmo nome, situado relativamente preto do océano Pacífico, a 12° 09' de latitude norte e 86°16' de lonxitude oeste. Calcúlase que ten unha poboación de 1 680 100 habitantes (2006), composta predominantemente de crioulos (caucásicos puros), brancos e mestizos.
Zermatt, antigamente en francés, Praborgne, é unha comuna do distrito de Visp, situada no cantón de Valais en Suíza. Ten unha poboación durante todo o ano duns 5.800 habitantes e está clasificada coma cidade pola Oficina Federal de Estatística de Suíza (FSO). Atópase no extremo superior do val de Mattertal a unha altura de 1.620 metros, ao pé dos picos máis altos de Suíza.
Birmingham é unha cidade inglesa situada no condado metropolitano de Midlands do Oeste, pertencente á rexión inglesa homónima, terra ondulada pobre para o cultivo pero rica en xacementos de carbón e ferro, ao sur dos Peninos. Segundo estimacións do 2008 ten 1 016 800 habitantes, que ascenden a 2 284 093 se temos en conta a súa área metropolitana (censo 2001). Tradicionalmente é considerada a segunda cidade de Inglaterra e o Reino Unido en termos de poboación, aínda que Manchester dispútalle ese posto en canto a representatividade.
Belfast (/ˈbɛlfɑːst/ en irlandés: Béal Feirste) é a capital e cidade máis grande de Irlanda do Norte e da provincia do Ulster, situada na foz do río Lagan entre montañas, na costa leste de Irlanda do Norte. É a décimo segunda cidade máis grande do Reino Unido e a segundo maior da illa de Irlanda. Tiña unha poboación de 333.871 habitantes en 2015 e de 671.559 (2011) na área metropolitana.
Sony Corporation (ソニー株式会社 ,Sonī Kabushiki Gaisha) é unha empresa multinacional orixinaria do Xapón e con sede en Minato, Tokyo. É unha das maiores empresas de electrónica cuns ingresos superiores aos 90 mil millóns de dólares (datos de 2008). Forma parte das empresas líderes na fabricación de manufacturas eléctricas coma vídeo, telecomunicacións, videoconsolas e tecnoloxías da información.
Edirne (nome romano: Adrianopolis; grego: Adrianoupolis ou Ἁδριανούπολις; tamén coñecida como Andrinopla ou Adrianópole), é unha cidade histórica, capital da provincia turca do mesmo nome, limítrofe con Bulgaria e Grecia. A cidade ten ao redor de cen mil habitantes. Está á beira do río Maritza (Meriç en turco).
Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.
A das sapindales (Sapindales) é unha orde de plantas anxiospermas ou Magnoliophyta (plantas con flores), dicotiledóneas (ou Magnoliopsida), xeneticamente próxima á orde das rosales que, nas clasificacións actuais, inclúe, entre as familias máis coñecidas, a das rutáceas, que comprende, entre outras especies, ás dos cítricos.
Tokelau é un pequeno territorio da Polinesia, baixo administración da Nova Zelandia, que corresponde ás illas do mesmo nome, tamén coñecidas como Illas da Unión. Os veciños máis próximos son Kiribati ao norte, as Illas Cook ao leste, Samoa e a Samoa Americana ao sur e Tuvalu ao oeste. Consta de tres illas, Atafu, Nukunono e Fakaofo.
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da Península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.
Serbia, oficialmente República de Serbia, é un país sen litoral situado na Península dos Balcáns, ao centro e sueste de Europa. Linda ao norte con Hungría, ao nordés con Romanía, ao sueste con Bulgaria, ao sur con Macedonia do Norte, ao suroeste con Montenegro e ao oeste con Bosnia e Hercegovina e Croacia. Serbia reclama, amais, unha fronteira con Albania a través do territorio disputado de Kosovo.
O Eifel (AFI:ˈaɪ̯fl̩), (en luxemburgués Äifel) é unha cadea montañosa de escasa altitude e orixe volcánica situada, en case a súa totalidade, no oeste de Alemaña, ao sur de Colonia. Ocupa partes dos Länder de Renania do Norte-Westfalia (o suroeste) e de Renania-Palatinado (o noroeste), e tamén o leste de Bélxica (onde están as comunidades de fala alemá deste país) e o leste de Luxemburgo. Forma parte do Macizo Xistoso Renano, e na súa parte norte se encontra o Parque Nacional Eifel.
Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa[Cómpre clarificar].
Lithocarpus é un xénero de plantas pertencente á familia das fagáceas. A lista de Kew acepta que o xénro conta con 334 especies, aínda que algúns autores atribúenlle só 100, todas elas nativas do suroeste de Asia, coa única excepción de Lithocarpus densiflorus, que é propia do oeste de Norteamérica (Oregón e California). Na bibliografía internacional estas especies son coñecidas co nome vulgar de carballos de pedra.
O radar ( pronunciación ), do inglés Radio Detection And Ranging (Detección e Telemetría por Radio), é un dispositivo que permite detectar obxectos a longas distancias. O radar emite ondas electromagnéticas que son reflectidas por obxectos distantes. A detección das ondas reflectidas, permite determinar a localización do obxecto.
A Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería ou simplemente Hogwarts é un internado ficticio de maxia para meigos e meigas de entre once e dezasete anos no Reino Unido e Irlanda. Trátase do escenario principal dos primeiros seis libros da serie Harry Potter escrita por J. K. Rowling; as novelas duran o equivalente a un ano escolar. En Harry Potter e as reliquias da morte, porén, a meirande parte do libro sitúase fóra de Hogwarts, xa que os protagonistas, Harry Potter, Ron Weasley e Hermione Granger, non asisten ao seu último ano na escola.
Dalian (大连 en chinés simplificado; 大連 en chinés tradicional; Dàlián en pinyin) é unha cidade do nordeste da China situada no extremo meridional da Península de Liaodong pertencente a provincia de Liaoning no sur de Manchuria. A súa poboación urbana é de 3 120 000 habitantes, chegando ós 6 200 000 coa interurbana. Posúe o máis importante porto desta parte da China, sitúase na beira do Mar Amarelo entre a Baía de Corea e o golfo de Bohai.
Texas é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, o segundo maior estado e o maior estado norteamericano dos Estados Unidos continental. Tamén é o segundo estado máis populoso do país (por detrás de California); con aproximadamente 22 millóns de habitantes, e unha poboación crecendo rapidamente debido á inmigración. Chámaselle Lone Star State, por causa da estrela solitaria na bandeira.
O judo (en xaponés: 柔道) é unha arte marcial, un deporte e unha filosofía con orixe no Xapón. O judo foi creado a partir dalgunhas escolas clásicas de jujutsu por Jigoro Kano (嘉納治五郎) en 1882. O termo xaponés pode ser traducido como "Camiño da flexibilidade", influíndo no desenvolvemento físico, mental e emocional a través da práctica.
Dacca ou Daca (bengalí: ঢাকা, transcrito Ḍhākā; pronunciado: [ɖʱaka]) é a capital e a maior cidade de Bangladesh. Tamén é a sexta cidade por número de poboación e a sétima por densidade de poboación do mundo. Dacca é unha megacidade e tiña unha poboación de 10,2 millóns de persoas en 2022, chegando a 22,4 millóns de residentes na súa área metropolitana.
O lied (plural lieder) é en alemán canción pero na tradición musical europea pasou a denominar un tipo de canto de orixe alemá desenvolvido no romanticismo alemán para un cantante só e piano, dunha fonda e íntima sensibilidade, sen pretensión ningunha, de virtuosismo vocal baseado no clima poético dun texto polo xeral de gran calidade, Goethe, Schiller ou Heine etc. Preténdese que a música vaia máis alá do poema explorando a zona sentimental de misterio, querenza do romanticismo alemán. O piano, máis que acompañando á voz, dialoga con ela en forma de comentario sonoro paralelo que acentúa o carácter irreal e máxico da composición.
Vercelli (Vërsèj en piemontés) é unha cidade de Italia da rexión do Piemonte, capital da provincia homónima. Ten uns 60.000 habitantes e está situada na ribeira dereita do río Sesia. Encóntrase no medio dunha gran chaira, entre Milán e Turín, con numerosos campos de arroz, produto que exporta a todo o mundo e do que é un dos maiores mercados europeos.
Tamaulipas, oficialmente Estado Libre e Soberano de Tamaulipas, é un dos 31 estados, que xunto coa Cidade de México, conforman as entidades federais de México. O estado está dividido en 43 concellos e a súa cidade capital é Ciudad Victoria. Atópase no nordeste de México e limita cos estados de Nuevo León ao oeste, San Luis Potosí ao suroeste e Veracruz ao sueste.
O Parque Nacional Uluṟu-Kata Tjuṯa é unha área protexida no Territorio do Norte de Australia. O parque é a localización tanto de Uluru (en pitjantjatjara: Uluṟu) tamén coñecido como Ayers Rock, como de Kata Tjuta. Uluru é unha gran formación rochosa de arenito na parte sur do Territorio do Norte, no centro de Australia.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes. Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).
Viena (en alemán: Wien ( [viːn] ; en bavarés: Wean)) é unha cidade situada en Europa Central, capital de Austria, ademais dun dos nove Bundesländer ou Estados austríacos. Situada á beira do río Danubio e ao pé dos primeiros cordais dos Alpes é, cunha poboación de arredor de 1,9 millóns habitantes (2,8 millóns coa área metropolitana), a maior cidade e centro político e cultural do país. Rodeada polo estado de Baixa Austria, a súa área metropolitana acada os 2 419 000 habitantes, poboación semellante á que tiña no ano 1914.
Casablanca (en amazigh: ⴰⵏⴼⴰ "Anfa" ou "Taddart Tamellalt", e en árabe: الدار البيضاء, ad-Dar al-Baïdaa, en darija: Casa, كازا) é a maior cidade de Marrocos, o seu principal porto e centro económico e comercial do país. A súa poboación segundo o censo do 2004 é de 3 111 977 de habitantes. Sitúase na beira do océano Atlántico, a 80 quilómetros ao suroeste de Rabat.
A Organización Internacional de Policía Criminal, mundialmente coñecida pola súa sigla Interpol (en inglés: International criminal Police Organization), é unha Organización Internacional que axuda na cooperación de policías de distintos países. Foi creada en Viena, en Austria, o ano de 1923, polo xefe da policía vienense Johannes Schober, coa designación de Comisión Internacional de Policía Criminal. Entre 1938 e 1945 despois da anexión de Austria polo Terceiro Reich, a organización foi comandada por catro diferentes oficiais nazis da SS: Otto Steinhäusl, Reinhard Heydrich, Arthur Nebe e Ernst Kaltenbrunner, todos mortos durante a segunda guerra mundial ou executados como criminais de guerra ao fin do conflito.