Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O dubstep é un xénero musical dentro da música dance e electrónica que xurdiu en South London, Inglaterra. Xurdiu a finais da década de 1990 como unha evolución doutros estilos como o 2-step garage, broken beat, drum and bass, jungle, dub e reggae. No Reino Unido, as súas orixes atópanse no crecemento do son xamaicano na escena musical a comezos de 1980.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Minnesota é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, situado na rexión do Medio Oeste (Midwest). É o duodécimo (12º) maior estado dos Estados Unidos, cunha superficie de 225.365 km². O estado de Minnesota foi constituído a partir da metade oriental do territorio de Minnesota, e foi o 32º estado en ser admitido na Unión, en 1858.
Atlanta é a capital e cidade máis extensa e poboada do estado de Xeorxia e a trixésimo terceira nos Estados Unidos en cantidade de habitantes en 2008. Ten unha poboación estimada de 537.958 habitantes. A súa área metropolitana, cuxo nome oficial é Atlanta-Sandy Springs-Marietta, GA MSA (coñecida comunmente como Atlanta Metropolitana), é a novena área metropolitana con maior poboación do país, con aproximadamente 5,5 millóns de habitantes.
Robyn Rihanna Fenty, máis coñecida como Rihanna, nada o 20 de febreiro de 1988, é unha cantante, actriz, modelo e deseñadora barbadense. Nada en Barbados, a súa carreira comezou despois de coñecer ó produtor musical Evan Rogers a finais de 2003. Canda el gravou cancións demo, e o seu traballo foi enviado a varios selos musicais.
Honduras é un país de América Central, limitado ó norte polo Golfo de Honduras, ó norte e ó leste polo mar Caribe (por onde posúe fronteira marítima co territorio colombiano de San Andrés e Providencia), ó sur por Nicaragua, polo Golfo de Fonseca e polo Salvador e ó oeste por Guatemala. A súa capital é Tegucigalpa. A República de Honduras é un país centroamericano cun goberno republicano presidencialista.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Somalia (somalí: Soomaaliya, árabe: الصومال, As-Sumal) é un país africano do Corno de África, limitado ao norte por Djibuti e polo Golfo de Adén, do outro lado do cal se atopa o Iemen, ao leste e ao sur polo océano Índico, por onde fai fronteira cun arquipélago iemení dominado pola illa de Socotorá e ao oeste por Kenya e por Etiopía. A súa capital é Mogadixo. Somalia é un dos poucos países africanos lingüisticamente homoxéneo, no que case toda a poboación fala soamente unha lingua, o somalí.
Shrewsbury é unha cidade, a capital do condado de Shropshire na rexión de Midlands do Oeste en Inglaterra, situada á beira do río Severn. A súa poboación é de aproximadamente 72.000, a segunda cidade do condado tras Telford. Localizada a 14 km ao leste do límite con Gales, Shrewsbury serve como o centro comercial de Shropshire e rexións galesas próximas.
Kuwait (/kʊˈweɪt/; árabe: الكويت al-Kuwayt, oficialmente Estado de Kuwait (árabe: دولة الكويت Dawlat al-Kuwayt), é un país de Asia Occidental. Está situado no extremo norte de Arabia Oriental na punta do Golfo Pérsico, limitando con Iraq ao norte e Arabia Saudita ao sur. Kuwait tamén comparte fronteira marítima con Irán.
Vorarlberg é o máis occidental dos estados (Länder) austríacos; a súa capital, Bregenz, é unha das cinco cidades do Estado (as outras son Dornbirn, Hohenems, Feldkirch e Bludenz). Vorarlberg é o oitavo Estado tanto en área (2.601 km²) como en poboación (372.791 habitantes no 2001). O estado fai fronteira co Tirol ao leste, cos estados alemáns de Baden-Württemberg e Baviera ao noroeste e norte; polo sur cos cantóns suízos de Grisóns e Sankt Gallen, separadas polo principado de Liechtenstein.
Europa ( pronunciación ) é un dos continentes que conforman o supercontinente eurasiático, situado entre os paralelos 35º 30’ e 70º 30’ de latitude norte. Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. De forma convencional e por motivos histórico-culturais é considerada un continente, tras a delimitación realizada polo xeógrafo ruso Vasili Tatíshchev quen desexaba sinalar a pertenza de Rusia a Europa e a Asia.
Mallorca (do latín medieval Maiorica, 'a maior'; en latín clásico insula maior, 'illa maior') é unha illa española, a maior das Illas Baleares, situada no mar Mediterráneo. Do mesmo xeito que Menorca e Eivissa, Mallorca é un destino turístico importante. Ten 3.625'75 km² e 790.763 habitantes (2006) (densidade: 218,09 hab./km²).
A India (hindi: भारत), oficialmente a República da India (hindi: भारत गणराज्य), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
Zagreb é a capital de Croacia, nela viven 779.145 habitantes (2001), 1.200.000 contando a área metropolitana que inclúe Samobor, Velika Gorica e Zaprešić. A cidade localízase na aba do macizo Medvednica, nas beiras do río Sava. A Universidade de Zabreg que se fundou en 1669 é a máis importante do país.
Solanum L. é un xénero de plantas da familia Solanaceae, descrito por vez primeira por Carl von Linné en 1753. O grupo inclúei moitas especies de plantas perennes arbustivas ou rubideiras. A maioría das especies de Solanum son velenosas, mais o grupo inclúe algúns dos vexetais máis esenciais da alimentación humana como a pataca, o tomate ou a berinxela.
Georg Philipp Friedrich von Hardenberg, máis coñecido polo seu pseudónimo Novalis, nado en Wiederstedt (Electorado de Saxonia) o 2 de maio de 1772 e finado en Weißenfels o 25 de marzo de 1801, foi un escritor e filósofo alemán, representante do romanticismo alemán temperán. Ademais dos Himnos á noite e os conxuntos de fragmentos Blüthenstaub e Glauben und Liebe (o núcleo da súa obra publicada en vida), a súa produción inclúe dúas novelas inconclusas (Die Lehrlinge zu Sais e Heinrich von Ofterdingen), un poemario de temática relixiosa (Cantos espirituais) xunto a varias poesías soltas, dous ensaios (Die Christenheit oder Europa e o Monólogo) e diversos grupos de fragmentos e apuntamentos, como os “Fragmentos logolóxicos”, os temperáns Fichte-Studien ou o máis tardío Das allgemeine Brouillon, máis coñecido como Enciclopedia. A súa figura asociouse tradicionalmente ao tópico literario da “flor azul”, á súa historia de amor con Sophie von Kühn, á súa cosmovisión coñecida como “idealismo máxico”, ao pensamento místico e á súa pertenza ao grupo dos primeiros románticos alemáns, entre os cales se contaban os seus amigos e responsables da primeira edición das súas obras Friedrich Schlegel e Ludwig Tieck.
Qatar (/ˈkætɑːr/,) (en árabe: قطر), oficialmente o Estado de Qatar (en árabe: دولة قطر, Dawlat Qatar) é un país soberano localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar na costa noroeste da Península Arábiga. Ten fronteira terrestre con Arabia Saudita no sur, co resto do seu territorio rodeado polo Golfo Pérsico. Un estreito no Golfo Pérsico separa Qatar do seu veciño Bahrain, tamén compartindo fronteiras marítimas cos Emiratos Árabes Unidos e Irán.
En epistemoloxía un axioma é unha "verdade evidente" que non admite demostración, mediante a intuición racional; sobre a cal descansa o resto do coñecemento ou sobre a cal constrúense outros coñecementos. Non todos os epistemólogos están de acordo en que os axiomas existan dese xeito. En matemáticas un axioma non é necesariamente unha verdade evidente, senón unha expresión lóxica utilizada nunha dedución para chegar a unha conclusión.
O termo kamikaze (神風, literalmente "vento divino") de orixe xaponesa, foi utilizado orixinalmente polos tradutores estadounidenses para referirse aos ataques suicidas efectuados por pilotos dunha unidade especial pertencente á Armada Imperial Xaponesa contra embarcacións da frota dos Aliados a finais da segunda guerra mundial. Estes ataques pretendían deter o avance dos aliados no océano Pacífico e evitar que chegasen ás costas xaponesas. Con esta finalidade, avións cargados con bombas de 250 quilogramos impactaban deliberadamente contra os seus obxectivos co afán de afundilos ou averialos tan gravemente que non puidesen regresar á batalla.
Rafael Sanzio (en italiano Raffaello Sanzio), Rafael de Urbino ou simplemente Rafael, nado en Urbino o 6 de abril de 1483 e finado o día do seu aniversario de 1520 en Roma, foi un pintor e arquitecto italiano da época do renacemento italiano. Ademais da súa labor pictórica, que sería admirada e imitada durante séculos, realizou importantes achegas na arquitectura e, como inspector de antigüidades, interesouse no estudo e conservación dos vestixios grecorromanos. Morreu o día en que facía os trinta e sete anos, dándose a coincidencia de que naceu e morreu en Venres Santo.
Fuefuki (笛吹市, ふえふきし, Fuefuki-shi) é un concello xaponés da prefectura de Yamanashi. Está situado ó sueste da rexión de Chūbu e ó nordés da prefectura, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 201,92 km², a poboación é de 70.975 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 352 hab./km².
O esperanto é unha lingua auxiliar artificial elaborada para servir como lingua internacional para toda a poboación mundial sen substituír as linguas naturais. O esperanto é, actualmente, a lingua artificial máis falada. O esperanto é un idioma auxiliar internacional, concibido como segunda lingua de comunicación (despois da lingua nai).
Hades (/ˈades/; en grego antigo: ᾍδης, romanizado: Hā́idēs [háːi̯dεːs], máis tarde [háːdεːs]), na mitoloxía e relixión da Grecia antiga, é o deus dos finados e rei do inframundo, do cal o seu nome se tornou sinónimo. A palabra facía referencia en Homero só ao deus; sendo o xenitivo ᾍιδού Haidou un elisión para designar localización: ‘[a casa/dominio] de Hades’. Finalmente tamén o nominativo chegou a designar a morada dos mortos.
Stellantis NV é un fabricante multinacional automobilístico con sede en Ámsterdam, Países Baixos, formado pola fusión da empresa italo-americana Fiat Chrysler Automobiles e da empresa francesa Groupe PSA en 2021 sobre a base dun 50%-50% cun acordo de fusión transfronteiriza. O grupo ten unha ampla carteira de marcas de automóbiles: Abarth, Alfa Romeo, Chrysler, Citroën, Dodge, DS Automóbiles (escisión de Citröen), Fiat, Fiat Profesional, Jeep, Lancia, Maserati, Opel, Peugeot, Ram Trucks e Vauxhall Motors. O nome "Stellantis" úsase exclusivamente para identificar a entidade corporativa, mentres que as marcas e os logotipos do grupo permanecen inalterados.
O golf é un deporte de precisión, que ten como obxectivo introducir unha bóla nos buracos que están distribuídos no campo co menor número de golpes, empregando para cada tipo de golpe un pau dun conxunto de paus lixeiramente diferentes entre eles, xa que a cabeza do pau ten graos distintos, igual que as varas teñen lonxitudes distintas. A menor número de graos maior lonxitude da vara e polo tanto máis distancia. Como máximo poden levarse 14 paus.
Minecraft é un videoxogo de mundo aberto tipo sandbox creado orixinalmente polo deseñador e programador sueco Markus "Notch" Persson e desenvolvido e publicado posteriormente pola empresa fundada por el, Mojang. Os aspectos creativos e de construción de Minecraft permítenlles ós xogadores construír elementos a partir de cubos con diversas texturas nun mundo en tres dimensións xerado por procedementos. Outras actividades do xogo inclúen a exploración, a recolección de recursos, a confección de obxectos e o combate.
Auckland (en maorí: Tāmaki-makau-rau) é a área metropolita máis grande de Nova Zelandia e o maior núcleo de poboación do sur do Pacífico. Aínda que Wellington é a capital de Nova Zelandia, Auckland é a cidade máis importante, poboada e a capital económica do país. A 37 graos de latitude sur, na illa Norte, a cidade de Auckland está situada sobre un estreito istmo que separa dous portos naturais: o porto de Manukau, aberto ao Mar de Tasmania, ao oeste e o de Waitemata, que se abre ao golfo de Hauraki do océano Pacífico, ao leste.
Bath é unha cidade do suroeste de Inglaterra, no condado de Somerset, coñecida polos seus balnearios termais alimentados por tres mananciais. Os primeiros documentos históricos en relación coa cidade, datan de época romana e fan referencia aos seus mananciais. O primeiro templo levantado no manancial das augas termais construírono os celtas.
Prizren (en albanés: Prizren / Prizreni; bosníaco: Prizren; serbio: Призрен; turco: Prizren, Pürzeyn, Perzerrin) é unha cidade histórica de Kosovo. É a capital administrativa do concello e do distrito de Prizren. A cidade ten unha poboación de 178,000 (censo de 2011), facendo a segunda cidade máis grande de Kosovo.
Tuvalu (/tuˈvɑːluː/ ou /ˈtuːvəˌluː/, antigamente Illas Ellice, é un arquipélago pertencente á rexión da Polinesia, localizada no océano Pacífico, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Australia. Os países máis próximos a Tuvalu son Kiribati, Samoa e Fiji. Consta de 4 arrecifes de coral e 5 atois, cunha área total de 25 quilómetros cadrados.
Spotify é un servizo, fundado por Daniel Ek e Martin Lorentzon, para a reprodución de música vía streaming dispoñible nos sistemas operativos Microsoft Windows, Mac OS X e Linux (para este último, só nas súas versións de pago) e nos sistemas operativos de dispositivos móbiles Symbian, iPhone e Android. Permite escoitar temas musicais buscando por artista, álbum ou listas de reprodución creadas polos propios usuarios. O programa foi lanzado o 7 de outubro de 2008 ao mercado europeo, mentres que a súa implantación noutros países realizouse ao longo de 2009.
A pizza (voz it. [ˈpittsa] ) é unha torta chá de trigo con queixo mozzarella, salsa de tomate e outros ingredientes, cocida ó forno, típica da cociña napolitana. Aínda que se considera que a súa orixe está na gastronomía italiana, particularmente a napolitana, o seu consumo está estendido a case todos os países do mundo con diversas variantes locais que incorporan distintos ingredientes para cubrir a masa.
Singapur, oficialmente República de Singapur (en chinés: 新加坡共和国, Xīnjīapō Gònghéguó; en inglés: Republic of Singapore; en malaio: Republik Singapura; en támil: சிங்கப்பூர் குடியரசு, Siṅkappūr Kuṭiyarasu), é unha cidade-estado insular situada na Península Malaia no Sueste asiático, a 137 km ao norte do ecuador terrestre. O país está composto por 63 illas, separadas de Malaisia polo estreito de Johor no norte e das illas indonesias de Riau polo estreito de Singapur no sur. A República está altamente urbanizada, con moi poucas zonas boscosas restantes, aínda que se está gañando terra ao mar.
Missouri é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Missouri é o estado americano que limita con máis estados no país. Son en total oito estados cos cales Missouri fai límite: con Iowa ao norte, Illinois, Kentucky e Tennessee ó leste (separados polo río Mississippi), ao sur con Arcansas e ó oeste con Oklahoma, Kansas e Nebraska.
O Uruguai, oficialmente a República Oriental do Uruguai (en castelán: República Oriental del Uruguay escoitar ), é un país de América do Sur. Limita ao norte e nordeste co estado de Río Grande do Sur (Brasil), ao oeste co río Uruguai coas provincias arxentinas de Entre Ríos e Corrientes, ao suroeste co esteiro do Río da Prata o cal o separa de Buenos Aires (Arxentina) e ao sueste co océano Atlántico. O seu territorio, cunha superficie de máis de 176.000 km², é o segundo máis pequeno do subcontinente detrás de Suriname e áchase dividido administrativamente en 19 departamentos.
As Bahamas (/bəˈhɑːməz/), oficialmente a Commonwealth das Bahamas (Mancomunidade das Bahamas), é un país independente dentro do Arquipélago das Lucaias das Indias Occidentais no Atlántico. Ocupa o 97% da superficie terrestre do arquipélago Lucayan e alberga o 88% da poboación do arquipélago. O estado arquipeláxico está formado por máis de 3.000 illas, caios e illotes (24 illas habitadas, 600 deshabitadas e máis de 2.000 penedas e escollos) no océano Atlántico, está situado ao norte de Cuba e ao noroeste da illa de Hispaniola (dividida entre Haití e a República Dominicana) e as Illas Turcas e Caicos, ao sueste do Estado norteamericano de Florida, e ao leste dos Caios de Florida.
Cosworth é unha compañía inglesa de enxeñería automotriz, fundada en Londres en 1958, especializada na fabricación de motor de combustión interna, unidades de potencia e electrónica de alto rendemento para as carreiras de automóbiles (deportes de motor), incluíndo Champ Car e o Campionato do Mundo de Rally e as industrias principais da automoción. Cosworth ten a súa sede en Northampton, Inglaterra, con instalacións en Cottenham, Inglaterra, Silverstone, Inglaterra, e Indianapolis, IN, EUA. Cosworth conseguiu 176 vitorias na Fórmula 1 (F1) como provedor de motores, ocupando o terceiro lugar con máis vitorias, detrás de Ferrari e Mercedes.
Maryland é un dos 50 estados dos Estados Unidos. Foi unha das Trece Colonias que se rebelaron contra o dominio británico na rexión. O cognome do estado é Old Line State, en homenaxe ás súas "tropas de liña" (troops of the line), que foron por varias veces eloxiadas por George Washington pola súa excelente actuación na Revolución Americana de 1776.
Biarritz (en francés: Biarritz, en éuscaro: Biarritz ou Miarritze, en gascón, Biàrritz) é unha cidade e comuna francesa situada no departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania. É unha das principais localidades do territorio vascofrancés de Labort, e forma xunto con Baiona o Anglet a Comunidade de aglomeración do País Vasco, a área urbana máis importante da rexión. Bañada polo mar Cantábrico (golfo de Biscaia), atópase moi preto de Baiona e de Anglet e a 20 quilómetros da fronteira con España.
Este artigo fala sobre a primeira consola da serie de videoconsolas de Sony; para o artigo sobre a serie enteira, vexa o artigo PlayStation (serie). A PlayStation é a primeira dunha serie de consolas de videoxogos. Esta primeira versión foi concibida e lanzada no mercado por Sony o 3 de decembro de 1994 no Xapón e no 9 de setembro de 1995 nos Estados Unidos.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis. É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede.
Os Alpes (alemán: Alpen; italiano: Alpi; francés: Alpes; grego: Αλπεις; occitano: Aups/Alps; romanés: Alps; eslovaco. Alpe) son o sistema de montañas máis altas e extensas situadas totalmente en Europa. Exténdense dende Francia ó oeste ata Austria e Eslovenia ó leste, e dende Alemaña o norte ata Italia e Mónaco no sur así mesmo tamén atravesa a meirande parte de Suíza e Liechtenstein.
A República de Madagascar, ou simplemente Madagascar, é unha illa e nación no océano Índico, afastada da costa sueste da África, separada pola canle de Mozambique. A illa principal, tamén chamada Madagascar, é a cuarta maior illa do mundo, e a maior de África. No pasado, a illa estaba unida ao continente africano, do cal se separou, por iso é lar do 5 % das plantas e animais do mundo, 80 % deles endémicos.
As plantaxináceas (Plantaginaceae) son unha familia de dicotiledóneas que comprende preto de 2000 especies nuns 90 xéneros dentro da orde Lamiales. Nunha clasificación anterior había unha soa familia da orde Plantaginales, pero este nome non se usa actualmente. Son esencialmente plantas herbáceas, anuais ou perennes, das rexións frías e tropicais.
Para a función nutritiva dos minerais, ver Minerais na alimentación Un mineral é un corpo producido por procesos de natureza inorgánica, xeralmente cunha composición química definida e, se se forma en condicións favorables (espazo, tempo e repouso axeitados), unha estrutura atómica definida pola súa cela unidade que se expresa na súa forma cristalina e outras propiedades físicas características. Adoita presentarse en estado sólido á temperatura media da Terra, aínda que algúns, como a auga e o mercurio, preséntanse en estado líquido. É diferente dunha rocha, que pode ser un agregado de minerais ou non minerais e que non ten unha composición química específica.
Meddle e o nome do sexto álbum de estudio da banda británica de música rock Pink Floyd, editado en 1971. Foi gravado en varios estudos de Londres, entre os que se encontraban os Abbey Road Studios. Sen ter unha idea da dirección que querían que tomase o álbum, a banda creou unha serie de experimentos sonoros que posteriormente incluiríanse na pista máis famosa e longa do álbum, Echoes, de 23 minutos.
A República de Ruanda, ou simplemente Ruanda, é un país de África Central. Limita con Uganda, Burundi, a República Democrática do Congo e Tanzania. É un pequeno país situado na rexión dos Grandes Lagos de África; coñecido como as "néboas de África", tamén pola súa fauna salvaxe, principalmente polos seus gorilas de montañas, polas súas cidades típicas e polos parques nacionais e paraxes naturais que ofrece a súa paisaxe montañosa.
O islam (en árabe: الإسلام, al-Islām ) ou islamismo é unha relixión monoteísta abrahámica cuxo dogma baséase no libro do Corán, o cal establece como premisa fundamental para os seus crentes que «Non hai máis deus que Alá e que Mahoma é o último mensaxeiro de Alá». A palabra árabe Allah, galeguizada como Alá, significa Deus e a súa etimoloxía é a mesma da palabra semítica El (אל), coa que se nomea a Deus na Biblia. Os eruditos islámicos definen ao islam como: «A submisión a Deus o Altísimo a través do monoteísmo, a obediencia e o abandono da idolatría».
Avezzano é un concello italiano da provincia de L'Aquila, na rexión dos Abruzos. Ten 40.651 habitantes (en 2007) e esténdese por unha área de 104,05 km², cunha densidade de poboación de 390,7 hab/km². Fai fronteira cos concellos de Capistrello, Celano, Luco dei Marsi, Massa d'Albe, Ovindoli, Scurcola Marsicana e Trasacco.
Venezuela, oficialmente República Bolivariana de Venezuela, é un país federal suramericano, limitado ao norte polo mar Caribe, ao leste polo océano Atlántico e pola Güiana, ao sur polo Brasil e ao oeste por Colombia. O país, alén da porción continental, inclúe tamén un número elevado de illas nas Pequenas Antillas que constitúen dúas divisións administrativas diferentes: o estado de Nova Esparta e as Dependencias Federais. Ten fronteira marítima cos territorios autónomos neerlandeses de Aruba, e das Antillas Neerlandesas, e tamén con Trinidad e Tobago.
easyJet (nome oficial: easyJet Airline Company Limited) é unha aeroliña de baixo custo británica con sede no Aeroporto de Londres-Luton, no Reino Unido. Ten bases (hubs) en 24 aeroportos europeos e está composta por unha frota con máis de 200 avións. easyJet é a aeroliña máis grande do Reino Unido en número de pasaxeiros transportados.
Montpellier (en occitano: Montpelhièr) é unha cidade francesa con máis de mil anos de historia e cunha arquitectura que mestura o antigo e o moderno. É a capital do departamento Hérault e da rexión francesa do Languedoc-Rosellón. O nome Montpellier provén de mont pelé, o monte pelado, en función da súa escasa vexetación.