Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Música para piano de Gabriel Fauré
A obra do compositor francés Gabriel Fauré (1845-1924) abrangue varios xéneros musicais, como cancións, música de cámara, pezas orquestrais e corais. As súas obras para piano, escritas entre as décadas de 1860 e 1920, contan con algunhas das súas composicións máis coñecidas. As obras para piano de Fauré máis significativas son os seus trece nocturnos, trece barcarolas, seis impromptus e catro valses-caprichos.
O dubstep é un xénero musical dentro da música dance e electrónica que xurdiu en South London, Inglaterra. Xurdiu a finais da década de 1990 como unha evolución doutros estilos como o 2-step garage, broken beat, drum and bass, jungle, dub e reggae. No Reino Unido, as súas orixes atópanse no crecemento do son xamaicano na escena musical a comezos de 1980.
Un lector de libro electrónico, dispositivo de lectura para libros electrónicos ou eReader é un dispositivo que permite ler a versión electrónica ou dixital dun libro. Na ficción unha das mostras máis coñecidas que se coñecen é no filme 2001: Unha odisea do espazo de 1968, no que aparecen dous astronautas lendo un xornal nun dispositivo de lectura portátil. Os primeiros dispositivos reais apareceron a mediados dos anos 80 coa popularización da informática, xa que un libro electrónico se pode ler nun PC, unha PDA, nun portátil ou en calquera outro dispositivo que teña unha pantalla.
As clorofílidas son os precursores das clorofilas. A clorofílida a e a clorofílida b son os precursores biosintéticos da clorofila a e a clorofila b, respectivamente. Os seus grupos de ácido propiónico son convertidos en fitil ésteres polo encima clorofila sintase no paso final da súa ruta de síntese.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Irlanda ( pronunciación ) ou Eire (en irlandés: Éire, [ˈeː.ɾʲə] (AFI), escoitar; en inglés: Ireland, [ˈaɪərlənd] ou [ˈɑrlənd] (AFI), escoitar), oficialmente República de Irlanda ( pronunciación ) (en irlandés: Poblacht na hÉireann; en inglés: Republic of Ireland) é un país do noroeste de Europa que forma parte da Unión Europea (UE). A súa capital é Dublín (en irlandés: Baile Átha Cliath e en inglés: Dublin). No ano 1949 declarouse o estado irlandés como a República de Irlanda (en inglés Republic of Ireland, en irlandés: Poblacht na hÉireann).
Georg Philipp Friedrich von Hardenberg, máis coñecido polo seu pseudónimo Novalis, nado en Wiederstedt (Electorado de Saxonia) o 2 de maio de 1772 e finado en Weißenfels o 25 de marzo de 1801, foi un escritor e filósofo alemán, representante do romanticismo alemán temperán. Ademais dos Himnos á noite e os conxuntos de fragmentos Blüthenstaub e Glauben und Liebe (o núcleo da súa obra publicada en vida), a súa produción inclúe dúas novelas inconclusas (Die Lehrlinge zu Sais e Heinrich von Ofterdingen), un poemario de temática relixiosa (Cantos espirituais) xunto a varias poesías soltas, dous ensaios (Die Christenheit oder Europa e o Monólogo) e diversos grupos de fragmentos e apuntamentos, como os “Fragmentos logolóxicos”, os temperáns Fichte-Studien ou o máis tardío Das allgemeine Brouillon, máis coñecido como Enciclopedia. A súa figura asociouse tradicionalmente ao tópico literario da “flor azul”, á súa historia de amor con Sophie von Kühn, á súa cosmovisión coñecida como “idealismo máxico”, ao pensamento místico e á súa pertenza ao grupo dos primeiros románticos alemáns, entre os cales se contaban os seus amigos e responsables da primeira edición das súas obras Friedrich Schlegel e Ludwig Tieck.
Charles-Louis de Secondat, señor de La Bredé e Barón de Montesquieu, nado o 18 de xaneiro de 1689 preto de Bordeos e finado o 10 de febreiro de 1755, foi un aristócrata, político, filósofo e escritor francés, fillo dunha familia nobre, debe a súa fama teoría da separación dos poderes, actualmente consagrada en moitas das modernas constitucións nacionais. Tivo formación ilustrada cos padres oratorianos, de xeito que se mostrou axiña como un crítico severo e irónico da monarquía absolutista decadente, así como do clero.
O Juche (en coreano: 주체, pronunciado /tɕutɕʰe/), oficialmente designado como a idea Juche é a base ideolóxica do estado de Corea do Norte. Unha frase atribuída ó líder norcoreano Kim Il Sung define o jucheísmo do seguinte xeito: "En poucas palabras, a idea Juche significa que os propietarios únicos da revolución e da construción posterior son as masas".
Tennessee é un estado dos Estados Unidos de América, localizado na rexión Sur do país. En 1796, converteuse no décimo sexto estado que se adheriu á Unión. É denominado o "Volunteer State" (o estado dos voluntarios), porque durante a Guerra de 1812, soldados voluntarios procedentes dese estado, tiveron un papel salientábel durante a batalla de Nova Orleáns.
Os amish (en alemán de Pensilvania, amisch) son seguidores de igrexas tradicionalistas cristiáns que comparte cos menonitas unha herdanza común anabaptista, son popularmente coñecidos polo seu estilo de vida sinxela, a súa modesta vestimenta tradicional e o seu rexeitamento a adoptaren tecnoloxía do mundo moderno.
Valencia (en valenciano e oficialmente: València, pronunciado [vaˈlensia]) é unha cidade española situada na costa do mar Mediterráneo, capital da Comunidade Valenciana, da provincia de Valencia e da comarca homónima. Ten 807.200 habitantes, sendo a terceira cidade máis poboada de España por detrás de Barcelona e Madrid, que aumentan até 1.738.690 coa área metropolitana, chamada L'Horta de València. A cidade tamén é coñecida como Cap i Casal ou Capital do Turia.
O Gulag ou GULAG (en ruso Главное управление исправительно-трудовых лагерей и колоний, ГУЛАГ; Glávnoie upravlenie ispravítelno-trudovyj lageréi i koloniy), escoitar , Dirección Xeral de Campos de Traballo) era a rama do NKVD que dirixía o sistema penal de campos de traballos forzados e moitas outras funcións de policía na Unión Soviética. A pesar de que este sistema albergaba tamén criminais de todo tipo, o GULAG é coñecido principalmente tamén por acoller prisioneiros que poderían selo por cuestións políticas (antigos ministros, sacerdotes, cidadáns deportados...) e como un mecanismo de represión á suposta oposición ao Estado Comunista. Non obstante, ao non existir unha categoría específica de presos "políticos", estes tiñan que soportar unha dobre presión tanto por parte dos carceleiros coma dos delincuentes comúns.
Palau (en palauano: Belau), oficialmente a República de Palau e historicamente Belau, Palaos ou Pelew, é un país insular no oeste do Pacífico. A nación ten aproximadamente 26 illas e 340 illotes e conecta a cadea occidental das Illas Carolinas con partes dos Estados Federados de Micronesia. Ten unha superficie total de 466 kilometros cadrados (180 sq mi).
Nauru (/nɑːˈuːruː/ ou /ˈnaʊruː/; nauruano: Naoero), oficialmente República de Nauru (nauruano: Repubrikin Naoero) e antes coñecida como Pleasant Island, é un país insular e un microestado en Oceanía, no Pacífico Central que comprende unha soa illa xusto ao sur do ecuador. O seu veciño máis próximo é a illa Banaba en Kiribati, a 300 km (190 mi) ao leste. Atópase máis ao noroeste de Tuvalu, 1 300 km (810 mi) ao nordeste das Illas Salomón, ao leste-nordeste de Papúa-Nova Guinea, ao sueste dos Estados Federados de Micronesia e ao sur das Illas Marshall.
Rotterdam (en neerlandés: Rotterdam, [ɾɔtər'dɑm] (AFI), escoitar) é unha cidade do oeste dos Países Baixos, situada na provincia de Holanda Meridional, preto da Haia e a uns 30 km do mar. É a segunda cidade máis poboada do país despois de Ámsterdam, cunha poboación de 635 389 habitantes. Forma xunto a cidade da Haia unha área metropolitana que acada os 2,3 millóns de habitantes.
O Uruguai, oficialmente a República Oriental do Uruguai (en castelán: República Oriental del Uruguay escoitar ), é un país de América do Sur. Limita ao norte e nordeste co estado de Río Grande do Sur (Brasil), ao oeste co río Uruguai coas provincias arxentinas de Entre Ríos e Corrientes, ao suroeste co esteiro do Río da Prata o cal o separa de Buenos Aires (Arxentina) e ao sueste co océano Atlántico. O seu territorio, cunha superficie de máis de 176.000 km², é o segundo máis pequeno do subcontinente detrás de Suriname e áchase dividido administrativamente en 19 departamentos.
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do estado e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea.
Glottolog é un proxecto da base de datos bibliográfica das linguas do mundo, en particular, das menos coñecidas. Creado polo Instituto Max Planck de Leipzig, Alemaña, é un intento de acadar unha fonte bibliográfica completa para as linguas do mundo (95% da diversidade lingüística do mundo) e para achegar unha forte base empírica para as definicións de linguas e as clasificacións da linguaxe. Está composto dun catálogo de linguas e familias de linguas do mundo chamado "Languoid" e a súa bibliografía " Langdoc ".
Tuvalu (/tuˈvɑːluː/ ou /ˈtuːvəˌluː/, antigamente Illas Ellice, é un arquipélago pertencente á rexión da Polinesia, localizada no océano Pacífico, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Australia. Os países máis próximos a Tuvalu son Kiribati, Samoa e Fiji. Consta de 4 arrecifes de coral e 5 atois, cunha área total de 25 quilómetros cadrados.
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país ten 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie a metade do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 213 317 639 (2021), así como en territorio.
Casablanca (en amazigh: ⴰⵏⴼⴰ "Anfa" ou "Taddart Tamellalt", e en árabe: الدار البيضاء, ad-Dar al-Baïdaa, en darija: Casa, كازا) é a maior cidade de Marrocos, o seu principal porto e centro económico e comercial do país. A súa poboación segundo o censo do 2004 é de 3 111 977 de habitantes. Sitúase na beira do océano Atlántico, a 80 quilómetros ao suroeste de Rabat.
Shinjuku (新宿区, しんじゅくく, Shinjuku-ku) é un barrio especial da prefectura de Tokyo, no Xapón. Está situado ó sur da rexión de Kanto e ó leste da prefectura, na parte leste da illa de Honshu. A súa superficie é de 18,23 km², a poboación é de 318.172 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 17.450 hab./km².
A fondue é unha comida de Suíza, Francia e Italia, que consiste nun prato de queixo fundido servido nunha pota común (caquelon) sobre un forno portátil (rechaud), e para comelo úsase un garfo longo co que agarrar o pan que se molla no queixo. Foi promovido como prato nacional suízo pola Unión do Queixo Suízo (Schweizerische Käseunion) na década de 1930, pero as súas orixes proveñen da zona que abarca Suíza, Francia (Ródano-Alpes) e Italia (Piemonte e Val de Aosta). Desde 1950, o nome de fondue xeneralizouse a outros pratos nos que se mergulla un alimento nunha pota comunal de líquido quente: fondue de chocolate, no que se usan pezas de froita como amorodos, e fondue Bourguignonne, no que se cociñan anacos de carne en aceite quente.
A República de Madagascar, ou simplemente Madagascar, é unha illa e nación no océano Índico, afastada da costa sueste da África, separada pola canle de Mozambique. A illa principal, tamén chamada Madagascar, é a cuarta maior illa do mundo, e a maior de África. No pasado, a illa estaba unida ao continente africano, do cal se separou, por iso é lar do 5 % das plantas e animais do mundo, 80 % deles endémicos.
Para a función nutritiva dos minerais, ver Minerais na alimentación Un mineral é un corpo producido por procesos de natureza inorgánica, xeralmente cunha composición química definida e, se se forma en condicións favorables (espazo, tempo e repouso axeitados), unha estrutura atómica definida pola súa cela unidade que se expresa na súa forma cristalina e outras propiedades físicas características. Adoita presentarse en estado sólido á temperatura media da Terra, aínda que algúns, como a auga e o mercurio, preséntanse en estado líquido. É diferente dunha rocha, que pode ser un agregado de minerais ou non minerais e que non ten unha composición química específica.
Valladolid, coñecida historicamente en galego como Valedolide, é unha cidade española situada no cuadrante noroeste da Península Ibérica, no centro de Castela e León, na confluencia dos ríos Pisuerga e Esgueva. É a capital da provincia de Valladolid e sede das Cortes e da Xunta de Castela e León. Así mesmo foi sede da corte castelá e posteriormente, entre 1601 e 1606, capital do Imperio Español.
Vorarlberg é o máis occidental dos estados (Länder) austríacos; a súa capital, Bregenz, é unha das cinco cidades do Estado (as outras son Dornbirn, Hohenems, Feldkirch e Bludenz). Vorarlberg é o oitavo Estado tanto en área (2.601 km²) como en poboación (372.791 habitantes no 2001). O estado fai fronteira co Tirol ao leste, cos estados alemáns de Baden-Württemberg e Baviera ao noroeste e norte; polo sur cos cantóns suízos de Grisóns e Sankt Gallen, separadas polo principado de Liechtenstein.
Verona é unha moi antiga cidade italiana, sita na rexión de Venecia (chaira do Po), na beiras do río Adige, e a uns 30 km do lago de Garda. Fundada no século I a.C., a histórica cidade de Verona coñeceu un período de expansión nos séculos XIII e XIV e so a República de Venecia. Conserva un gran número de notábeis monumentos da Antigüidade, da época medieval e do Renacemento.
Utah é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na rexión das Montañas Rochosas. É un dos máis importantes centros de transporte e de telecomunicacións do Oeste americano. A capital e maior cidade de Utah é Salt Lake City e na súa rexión metropolitana vive máis do 60% da poboación do Estado.
Mesopotamia (do grego antigo Μεσοποταμία; composto de μέσος, "meio", e ποταμός, "río", ou sexa "[terra] entre dous ríos") é a zona do sistema fluvial Tigris-Éufrates, que na actualidade abarca aproximadamente á maior parte dos actuais Iraq e Kuwait, así como partes orientais de Siria e rexións ao longo das fronteiras entre Turquía-Siria e entre Irán-Iraq. Considerada amplamente como un dos berces da civilización polo mundo occidental, a Mesopotâmia da Idade de Bronce abarcaba a Sumeria, alén dos imperios acadiano, o babilônico e o asírio, todos nativos ao territorio do actual Iraq. Na Idade de Ferro foi controlada polos imperios neoasirio e neobabilónico.
Non confundir con "néboda", de nome científico Potentilla erecta A nébeda ou calaminta (Calamintha nepeta (L.) Savi 1798) é unha especie botánica herbácea perenne. É un membro da familia das mentas, e é usada en Galicia para cocer coas castañas e facelas máis dixestíbeis. Tamén é común na cociña italiana onde lle chaman mentuccia, nipitella ou nepitella.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes. Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis. É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede.
O Celsius (°C) é unha unidade de temperatura, así denominada en homenaxe ao astrónomo sueco Anders Celsius (1701–1744), que foi o primeiro a propola en 1742. A escala de temperatura Celsius foi concibida de tal forma que o punto de conxelación da auga corresponde a 0 graos, e o punto de ebulición a 100 graos a unha presión atmosférica patrón. Como existen cen graduacións entre eses dous puntos de referencia, o termo orixinal para este sistema foi centígrado (100 partes) ou centésimos.
A illa de Palawan é a illa máis grande da provincia de Palawan, Filipinas e a quinta illa máis grande do país. A costa noroeste da illa está ao longo do Mar da China meridional, mentres que a costa do sueste forma parte do límite norte do Mar de Sulu. Gran parte da illa segue sendo tradicional e é considerada por algúns como subdesenvolvida.
Savate, tamén coñecido como boxe française (boxeo francés) ou kickboxing francés, é unha arte marcial francesa que usa tanto as mans como os pés como armas e inclúe elementos do boxeo occidental, técnicas de apreixe e técnicas de perna (só cos pés: nin xeonllo, nin tibia). Os practicantes de savate son chamados savateurs ou "tireurs" no caso dos homes, e savateuses no das mulleres. Savate toma o seu nome da palabra francesa para bota vella (calzado pesado que se adoitaba usar durante os combates) e é actualmente unha amálgama para as técnicas francesas de loita de principios do século XIX. Nesa época, savate era un tipo de loita común en París e no norte de Francia; e no sur, especialmente no porto de Marsella, os mariñeiros desenvolveran outro estilo coñecido como jeu marseillais (xogo marsellés), que foi renomeado a chausson (zapatilla, que era o calzado que usaban os mariñeiros).
Nintendo (en xaponés: 任天堂, にんてんどう) é unha compañía de videoxogos, fundada no século XIX en Kyoto no Xapón. Comezou facendo xogos de cartas, de entre elas as chamadas Hanafuda (carta de flor) que tiveron grande éxito. Máis tarde entraría no mercado dos xoguetes electrónicos, para ser unha das pioneiras do videoxogo a finais dos anos setenta.
Armenia (en armenio: Հայաստան, Hayastan), oficialmente República de Armenia (en armenio: Հայաստանի Հանրապետություն, Hayastani Hanrapetut’yun), é un estado montañoso sen litoral localizado na rexión eurasiática de Transcaucasia. Localizado no cruzamento de camiños entre Europa oriental e Asia occidental, está rodeado por Turquía ao leste, Xeorxia ao norte, Azerbaidján ao leste, e Irán e o enclave acerbaixaní de Nakhichevan ao sur. A súa capital e cidade máis poboada é Iereván.
Villeurbanne é un concello e unha cidade de Francia, na rexión de Ródano-Alpes, departamento de Ródano, no distrito de Lión. Está situada directamente ao nordés de Lión, co cal forma o corazón da segunda conurbación máis grande de Francia despois de París. A comuna forma a totalidade de tres cantóns: Villeurbanne-Centre, Villeurbanne-Nord e Villeurbanne-Sud.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O burgo real de Dundee (en gaélico: Dùn Dèagh, en escocés Dundee) é a cuarta cidade por número de habitantes de Escocia, cun censo de poboación de aproximadamente 190.000 habitantes e é igualmente unha das 32 subdivisións escocesas. A cidade sitúase na costa leste, na parte norte da baía do río Tay, preto da súa desembocadura no mar do Norte.
Un cowboy (en galego vaqueiro) é o encargado das tarefas relacionadas coa gandaría en gran parte de América do Norte, tradicionalmente a cabalo, e que moitas veces realiza outras moitas tarefas relacionadas co rancho. O histórico cowboy estadounidense de finais do século XIX xurdiu das tradicións de vaqueiros do norte de México e converteuse nunha figura de especial significado e lenda. Ademais do traballo do rancho, algúns cowboys traballan ou participan en rodeos.
Chicago é a cidade máis poboada do estado estadounidense de Illinois, así como dos estados da rexión xeográfica do Medio Oeste. Cunha poboación de 2 746 388 habitantes, segundo datos de 2020, é a terceira cidade máis poboada dos Estados Unidos de América, despois de Nova York e Os Ánxeles. A súa área metropolitana posúe máis de 9 millóns de habitantes.
Honduras é un país de América Central, limitado ó norte polo Golfo de Honduras, ó norte e ó leste polo mar Caribe (por onde posúe fronteira marítima co territorio colombiano de San Andrés e Providencia), ó sur por Nicaragua, polo Golfo de Fonseca e polo Salvador e ó oeste por Guatemala. A súa capital é Tegucigalpa. A República de Honduras é un país centroamericano cun goberno republicano presidencialista.
WhatsApp (denominación curta de WhatsApp Messenger) é un servizo de mensaxería instantánea, de balde dende 2016 (anteriormente tiña un período de proba de 365 días, despois dese período esixía o pago de 1 USD ao ano) para dispositivos móbiles mediante Internet. Permite a creación de grupos e o envío de texto, imaxe, son e vídeo. A aplicación está dispoñible para diversos sistemas operativos iOS, Android, BlackBerry OS, Windows Phone e algúns dos dispositivos que utilizan Symbian de Nokia.
Solanum L. é un xénero de plantas da familia Solanaceae, descrito por vez primeira por Carl von Linné en 1753. O grupo inclúei moitas especies de plantas perennes arbustivas ou rubideiras. A maioría das especies de Solanum son velenosas, mais o grupo inclúe algúns dos vexetais máis esenciais da alimentación humana como a pataca, o tomate ou a berinxela.
Lucasfilm (nome completo en inglés: Lucasfilm Limited ou Lucasfilm Ltd.) é unha produtora de películas fundada por George Lucas en 1971, localizada no condado de Marin (California). É internacionalmente coñecida por producir sagas como Star Wars ou Indiana Jones entre outros proxectos recoñecidos. A compañía é líder en desenvolver nova tecnoloxía en canto a efectos especiais, son e animación computarizada.
Leicester é unha cidade de Inglaterra, capital do condado de Leicestershire, e unha das cidades máis importantes da provincia das Midlands do Leste. A súa poboación é de 305.700 habitantes (441.213 no total da súa área urbana), o que significa que é a 10ª cidade máis grande do Reino Unido. Conserva salientables ruínas da época romana, cando o pobo se chamaba Ratae Corieltauvorum.
Olius é un concello da provincia de Lleida, en Cataluña, pertencente á comarca do Solsonès. Tiña en 2014 unha poboación de 902 habitantes agrupados en 4 entidades de poboación: Brics, el Castellvell, Olius e a capital municipal, el Pi de Sant Just. Destacan a igrexa de Sant Esteve e a súa cripta, e o cemiterio municipal.
A Commonwealth de Massachusetts (en inglés, Commonwealth of Massachusetts) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Localízase ao nordés do país, a uns cantos quilómetros da fronteira co Canadá. Massachusetts é o sexto menor estado dos Estados Unidos pero, a pesar do seu pequeno tamaño, é o décimo terceiro en poboación.
Montpellier (en occitano: Montpelhièr) é unha cidade francesa con máis de mil anos de historia e cunha arquitectura que mestura o antigo e o moderno. É a capital do departamento Hérault e da rexión francesa do Languedoc-Rosellón. O nome Montpellier provén de mont pelé, o monte pelado, en función da súa escasa vexetación.
A India (hindi: भारत), oficialmente a República da India (hindi: भारत गणराज्य), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
Birmingham é unha cidade inglesa situada no condado metropolitano de Midlands do Oeste, pertencente á rexión inglesa homónima, terra ondulada pobre para o cultivo pero rica en xacementos de carbón e ferro, ao sur dos Peninos. Segundo estimacións do 2008 ten 1 016 800 habitantes, que ascenden a 2 284 093 se temos en conta a súa área metropolitana (censo 2001). Tradicionalmente é considerada a segunda cidade de Inglaterra e o Reino Unido en termos de poboación, aínda que Manchester dispútalle ese posto en canto a representatividade.
Dubai (en árabe: دبيّ, transliterado Dubayy) é unha metrópole que ocupa aproximadamente o 20% do territorio do Emirato de Dubai, un dos sete que integran os Emiratos Árabes Unidos dende 1971. Está localizada ao longo da franxa costeira do emirato e é a cabeceira da área metropolitana Dubai-Sharjah-Ajman. A súa poboación en 2010 ascendía a 1.905.000 habitantes que a converten na cidade máis populosa dos Emiratos.
O modelo TCP/IP ou modelo de referencia de Internet é unha descrición abstracta para un deseño de protocolo de rede de comunicación entre ordenadores. Ten unha estrutura moito menos definida que a do modelo OSI, e que se axusta mellor para o seu uso nas redes de comunicación de ordenadores actual. Non existe un documento que especifique o modelo de xeito oficial, pero habitualmente especificase nun modelo de 4 capas (aínda que existen outros que definen 5 capas).