Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Robert Francis Prevost, coñecido como León XIV (en latín, Leo XIV), nado en Chicago o 14 de setembro de 1955, é o 267º papa da Igrexa Católica, bispo de Roma, matemático e xefe de Estado do Vaticano. Foi elixido o 8 de maio de 2025, no segundo día do conclave. Aínda que estadounidense de nacemento, dende 2015 posúe tamén a nacionalidade peruana polos moitos anos vividos no país.
O voo 801 de Korean Air (KE801/KAL801) foi un Boeing 747-3B5 que se estrelou o 6 de agosto de 1997 nunha aproximación ao Aeroporto Internacional Antonio B. Won Pat, no territorio estadounidense de Guam, matando a 228 das 254 persoas a bordo. O avión esnafrouse en Nimitz Hill, en Asan, mentres se aproximaba ao aeroporto.
Galería de imaxes sobre o Día das Letras Galegas
Galería de imaxes sobre o Día das Letras Galegas. O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
O tesouro de Caldas de Reis é un conxunto de 36 pezas por un total de 14,9 kg de ouro de máis de 20 quilates pertencente á Idade de Bronce galaica e con concomitancias coas Illas Británicas, Irlanda, Bretaña e Centroeuropa. A súa datación oscilou dende o Bronce Final ata os que defenden que se inclúa no Bronce Inicial (cronoloxicamente cara ao 1900-1800 a.C.). O tesouro de Caldas fai pensar nunha certa comunidade cultural coas fisterras europeas e dunha sociedade estruturada de xeito xerárquico baixo elites que comezaban a monopolizar as relacións comerciais e a acumulación de riqueza.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2026, 72 autores (14 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 64 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Xoán de Cangas e Mendiño (tres trobadores ligados á ría de Vigo) e en 2025 escolléronse sete mulleres en representación das cantareiras (Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar).
O Bacharelato é un título ou unha etapa educativa moi diferente en distintos países e épocas. No sistema educativo español actual, que foi deseñado na LOXSE, o bacharelato é a derradeira etapa do ensino secundario. Ten carácter voluntario e unha duración de dous cursos, que se cursan normalmente entre os 16 e os 18 anos.
O dubstep é un xénero musical dentro da música dance e electrónica que xurdiu en South London, Inglaterra. Xurdiu a finais da década de 1990 como unha evolución doutros estilos como o 2-step garage, broken beat, drum and bass, jungle, dub e reggae. No Reino Unido, as súas orixes atópanse no crecemento do son xamaicano na escena musical a comezos de 1980.
Ivan Sergeevich Turgenev ou Iván Sergéyevich Turguiéñef (en cirílico Иван Сергеевич Тургенев), nado en Oriol o 9 de novembro de 1818 e finado en Bougival o 3 de setembro de 1883, foi un escritor, novelista e dramaturgo ruso, considerado o máis europeísta dos narradores dese país no século XIX. É autor dunha das grandes obras de narrativa rusa, a novela Ottsy i deti, que viría sendo Pais e fillos en lingua galega, se ben non se dispón aínda de tradución.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Belgrado (en serbio: Београд ou Beograd) ten unha poboación de 1,2 millóns de habitantes (1 717 800 na área metropolitana). É a capital de Serbia (desde 1817), e foi tamén a capital de Iugoslavia (1918-2003) e de Serbia e Montenegro (2003-2006). Limita ao norte coa provincia autónoma de Voivodina (distritos de Srem, Central Banat e Sur Banat), ao E co distrito de Podunavlje, ao SE co distrito de Šumadija, ao SO co distrito de Kolubara, e ao O co distrito de Mačva.
O Instituto de Ensino Secundario Perdouro é un centro educativo público situado en Burela que imparte ensino de educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior, e Formación Profesional Básica de Fabricación e Montaxe e de Administración e Servizos. Para o curso 2022-23, ofertan o Ciclo Superior de Mecatrónica industrial. Ademais, desenvolve o programa CUALE para a formación complementaria en linguas estranxeiras, co que obter o nivel B1 de portugués.
Cuac FM é unha radio comunitaria que emite desde 1996 no 103.4 FM da Coruña e a través de Internet. Está xestionada pola asociación cultural Colectivo de Universitarios Activos, que dá nome á emisora; esta asociación foi declarada no ano 2021 de utilidade pública pola Xunta de Galicia. A radio está situada nun edificio do Campus da Zapateira, da Universidade da Coruña, onde se atopa o estudio José Couso (ou estudio 1) e a redacción da emisora.
Atlanta é a capital e cidade máis extensa e poboada do estado de Xeorxia e a trixésimo terceira nos Estados Unidos en cantidade de habitantes en 2008. Ten unha poboación estimada de 537.958 habitantes. A súa área metropolitana, cuxo nome oficial é Atlanta-Sandy Springs-Marietta, GA MSA (coñecida comunmente como Atlanta Metropolitana), é a novena área metropolitana con maior poboación do país, con aproximadamente 5,5 millóns de habitantes.
José Luis Ábalos Meco, nado en Torrent (provincia de Valencia) o 9 de decembro de 1959, é un político español, membro do PSOE, deputado por Valencia deste partido nas IX, X, XI, XII, XIII e XIV lexislaturas. Tamén foi ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (2020-2021) e ministro de Fomento (2018-2020) do Goberno de España.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
As aves son animais vertebrados, de sangue quente, que camiñan, saltan ou se manteñen só sobre as extremidades posteriores, mentres que as extremidades anteriores evolucionaron até converterse en ás que, do mesmo xeito que moitas outras características anatómicas únicas, permítenlles, na maioría dos casos, voar, aínda que non todas voan. Teñen o corpo cuberto de plumas e, as aves stricto sensu, un bico córneo sen dentes. Para reproducírense poñen ovos que incuban até a súa eclosión.
Hades (/ˈades/; en grego antigo: ᾍδης, romanizado: Hā́idēs [háːi̯dεːs], máis tarde [háːdεːs]), na mitoloxía e relixión da Grecia antiga, é o deus dos finados e rei do inframundo, do cal o seu nome se tornou sinónimo. A palabra facía referencia en Homero só ao deus; sendo o xenitivo ᾍιδού Haidou un elisión para designar localización: ‘[a casa/dominio] de Hades’. Finalmente tamén o nominativo chegou a designar a morada dos mortos.
Uxmal era unha antiga cidade maia localizada a 78 Km ao sur de Mérida, capital do estado do Iucatán en México. Sobresae pola súa monumentalidade, sendo a segunda máis visitada do estado, despois de Chichén Itzá. O nome Uxmal ao parecer é o topónimo do maia iucateco ox, que quere dicir "tres veces", facendo referencia a un labor que se repite.
Internet é o sistema global de redes informáticas interconectadas que usa o conxunto de protocolos de Internet (TCP/IP) para comunicarse entre redes e dispositivos. É unha rede de redes que consiste en redes privadas, públicas, académicas, empresariais e gobernamentais de ámbito local e global, unidas por unha ampla gama de tecnoloxías de redes electrónicas, sen fíos e ópticas. Internet ofrece unha ampla gama de recursos e servizos de información, como os documentos de hipertexto interconectados e as aplicacións da World Wide Web (WWW), correo electrónico, telefonía e intercambio de ficheiros.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a franxa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
Para a función nutritiva dos minerais, ver Minerais na alimentación Un mineral é un corpo producido por procesos de natureza inorgánica, xeralmente cunha composición química definida e, se se forma en condicións favorables (espazo, tempo e repouso axeitados), unha estrutura atómica definida pola súa cela unidade que se expresa na súa forma cristalina e outras propiedades físicas características. Adoita presentarse en estado sólido á temperatura media da Terra, aínda que algúns, como a auga e o mercurio, preséntanse en estado líquido. É diferente dunha rocha, que pode ser un agregado de minerais ou non minerais e que non ten unha composición química específica.
Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez.
O nitróxeno, tamén chamado de xeito popular azote, é un elemento químico de número atómico 7, con símbolo N e de masa atómica 14,00674 u. En condicións normais forma un gas diatómico, incoloro, inodoro, insípido e principalmente inerte, que constitúe o 78,08% do ar atmosférico. Pertence á familia das pnicóxenos.
François-Marie Arouet, nado en París o 21 de novembro de 1694 e finado na mesma cidade o 30 de maio de 1778, foi un poeta, ensaísta, dramaturgo, filósofo e historiador ilustrado francés, máis coñecido co pseudónimo de Voltaire. Voltaire destacou no século XVIII e ocupou un lugar particular na memoria colectiva dos franceses. Con el, iníciase a figura do intelectual comprometido ao servizo da verdade, da xustiza e da liberdade de pensamento.
Instagram é unha rede social e aplicación para partillar fotos e vídeos. Permite aos usuarios aplicar efectos fotográficos como filtros, marcos, cores retro e vintage, e posteriormente partillalas en diferentes redes sociais como Facebook, Tumblr, Flickr, Twitter ou Vkontakte. Unha característica distintiva da aplicación é que da unha forma cadrada ás fotrografías en honor á Kodak Instamatic e as cámaras Polaroid, contrastando coa relación de aspecto 16:9 que na actualidade usan a maioría das cámaras dos teléfonos móbiles.
Biblioteca (do grego βιβλιοθήκη, composto de βιβλίον, "libro", e θήκη "caixa, depósito"), na definición tradicional do termo, é un espazo físico en que se gardan libros. Por extensión, o termo biblioteca aplícase tamén a un conxunto de libros, ou ao moble onde se colocan libros. De maneira mais ampla, biblioteca é todo espazo (concreto, virtual ou híbrido) destinado a unha colección de informacións de calquera tipo, sexan escritas en papel (novelas, monografías, enciclopedias, dicionarios, manuais etc) ou dixitalizadas e almacenadas noutros tipos de soportes físicos, tales como CD, VHS, DVD ou bases de dados informatizadas.
Estado de agregación da materia
En física, un estado de agregación da materia é cada unha das diferentes formas en que a materia pode existir. Hai catro estados observables da materia na vida cotiá: sólido, líquido, gas e plasma. Sábese que existen moitos estados intermedios, como o cristal líquido, e algún deses estados estados só existen baixo condicións extremas, como o condensado de Bose-Einstein.
A India (hindi: भारत), oficialmente a República da India (hindi: भारत गणराज्य), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
Ahmadabad ou Ahmedabad[Cómpre referencia] (en gujarati: અમદાવાદ, coñecida tamén como Karnavati) é a cidade máis grande do Gujarat e a sexta da India, capital do distrito de Ahmedabad e primeira capital do estado de Gujarat entre 1960 e 1970. Ten 3 724 300 habitantes. Despois dunha batalla co rei dos Bhils Ashapall, o rei Karandev I de Anhilwara no século XI fundou a cidade co nome de Karnavati nas beiras do río Sabarmati.
Albania (en albanés, Shqipëri ou Shqipëria), oficialmente República de Albania (en albanés, Republika e Shqipërisë), é un país balcánico, situado nas costas do mar Adriático e do mar Xónico, no Mediterráneo. Comparte fronteiras con Montenegro ao noroeste, con Kosovo ao nordeste, coa Macedonia do Norte ao leste e con Grecia ao sur. Tirana é a súa capital e cidade máis poboada, seguida de Durrës, Vlorë e Shkodër.
Chongqing (en chinés tradicional: 重慶; en chinés simplificado: 重庆; pinyin: Chóngqìng; Wade-Giles: Chʻung2-chʻing4) ou Chunquin é unha das catro municipalidades controladas directamente polo goberno central da República Popular da China, con estatuto de provincia. En 2020 tiña 32.054.159 habitantes. Gran parte do concello, que ocupa unha superficie de arredor de 80.000 km² (máis de 2,6 veces a área de Galicia), é rural.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, o Brasil ó sueste, o Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; a República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte.
Minecraft é un videoxogo de mundo aberto tipo sandbox creado orixinalmente polo deseñador e programador sueco Markus "Notch" Persson e desenvolvido e publicado posteriormente pola empresa fundada por el, Mojang. Os aspectos creativos e de construción de Minecraft permítenlles ós xogadores construír elementos a partir de cubos con diversas texturas nun mundo en tres dimensións xerado por procedementos. Outras actividades do xogo inclúen a exploración, a recolección de recursos, a confección de obxectos e o combate.
Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa[Cómpre clarificar].
Asturias, oficialmente Principado de Asturias (en asturiano: Principáu d'Asturies, en galego eonaviego: Principao d'Asturias), é unha comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica. Limita con Galiza ao oeste, con Cantabria ao leste, con Castela e León ao sur, e co Mar Cantábrico ao norte. Coincide coa antiga provincia de Oviedo e recibe o nome de Principado por razóns históricas, ao ostentar o herdeiro da Coroa de España o título de Príncipe de Asturias.
Apolo (en grego antigo: Ἀπόλλωνος; Apóllōnos) é un dos deuses olímpicos na relixión grega clásica e na Roma antiga, presente nas mitoloxías grega e romana. Apolo é a divindade nacional dos gregos, e foi recoñecido como o deus do tiro con arco, a música e a danza, a verdade e a profecía, a curación e as enfermidades, o Sol e a luz, a poesía e moito atributos máis. Un dos deuses gregos máis importantes e complexos, era fillo de Zeus e de Leto, e irmán xemelgo de Artemisa, deusa da caza.
O jazz (dʒæz; AFI: [/ʝas/] en galego) é un xénero musical nacido a finais do século XIX nas comunidades afroamericanas de Nova Orleáns (Luisiana) que se expandiu de forma global ao longo do século XX. A identidade musical do jazz é complexa e non pode ser delimitada con facilidade. En primeiro lugar, aínda que a miúdo o termo úsese para facer referencia a un idioma musical (tal como faise, por exemplo, cando se fala da música clásica), o jazz é en realidade unha familia de xéneros musicais que comparten características comúns, pero non representan individualmente a complexidade de xénero como un todo; en segundo lugar, as súas diversas "funcións sociais" (o jazz pode servir como música de fondo para reunións ou como música de baile, pero certos tipos de jazz esixen unha escoita atenta e concentrada) requiren un ángulo de estudo diferente; e en terceiro lugar, o tema racial sempre xerou un profundo debate sobre o jazz, moldeando a súa recepción por parte do público. Aínda que o jazz é un produto da cultura afroamericana, sempre estivo aberto a influencias doutras tradicións musicais variando coa mestura de culturas, e xa desde a década de 1920 foi executado por músicos de diversas partes do mundo cun trasfondo moi diferente.
Viterbo é unha cidade de 60.459 habitantes, capital da provincia homónima, situada na rexión do Lacio, en Italia. Coñecida en todo o mundo como a "cidade dos Papas", está situada no centro da provincia, rodeada dos montes Cimini e preto dos lagos de Vico e Bolsena. Hai unha clara diferenza urbanística entre o centro histórico da cidade, cunha estrutura típica medieval, e a periferia caracterizada por edificios máis modernos.
Salamanca é unha cidade española, capital da provincia homónima, na Comunidade Autónoma de Castela e León. Está situada na comarca do Campo de Salamanca, xunto ao río Tormes, e forma parte da rexión histórica do Reino de León. Tiña unha poboación de 154.462 habitantes, e a súa área metropolitana acadaba os 213.399 (datos de 2010), sendo a segunda área máis poboada da comunidade, tras Valladolid.
Sonny John Moore, nado no barrio de Highland Park, na cidade dos Ánxeles, o 15 de xaneiro de 1988, é un DJ, cantante e produtor musical estadounidense coñecido polo seu nome artístico Skrillex. Sonny Moore uniuse á banda post-hardcore From First to Last como o seu cantante en 2004, e gravou dous álbums con eles Dear Diary, My Teen Angst Has a Body Count (2004) e Heroine, (2006). Deixou a banda para comezar a súa carreira en solitario en 2007.
Irlanda ( pronunciación ) ou Eire (en irlandés: Éire, [ˈeː.ɾʲə] (AFI), escoitar; en inglés: Ireland, [ˈaɪərlənd] ou [ˈɑrlənd] (AFI), escoitar), oficialmente República de Irlanda ( pronunciación ) (en irlandés: Poblacht na hÉireann; en inglés: Republic of Ireland) é un país do noroeste de Europa que forma parte da Unión Europea (UE). A súa capital é Dublín (en irlandés: Baile Átha Cliath e en inglés: Dublin). No ano 1949 declarouse o estado irlandés como a República de Irlanda (en inglés Republic of Ireland, en irlandés: Poblacht na hÉireann).
Edubuntu é unha distribución de GNU/Linux baseada en Ubuntu deseñada para o seu emprego en ambientes escolares. A primeira versión (5.10), foi lanzada o 13 de outubro de 2005, en paralelo con Ubuntu 5.10 e Kubuntu 5.10. A súa lista de paquetes está máis orientada a tal fin, incorporando o servidor de Terminal, e aplicacións educativas como GCompris e a KDE Edutainment Suite.
Greenpeace (do inglés green: verde, e peace: paz) é unha organización ecoloxista fundada no Canadá en 1971, de ámbito internacional, independente económica e politicamente, que non acepta doazóns nin presións de gobernos, partidos políticos ou empresas, e que se autofinancia polas achegas dos socios e doadores (95% dos seus fondos[Cómpre referencia]), así como a través da venda de produtos co nome de Greenpeace.
Para o sistema operativo libre composto principalmente polo kernel Linux e GNU, véxase GNU/Linux. Linux é un kernel, ou núcleo, monolítico libre, inspirado en Unix, e que empregan os sistemas operativos GNU/Linux. Linux é un exemplo paradigmático de software libre no que contribúen centos de desenvolvedores e que ten soporte a longo prazo, de ata seis anos.
Para a outra cidade chamada Frankfurt vexa Frankfurt do Oder. Frankfurt (en alemán: Frankfurt am Main; para a distinguir de Frankfurt do Oder) é a cidade máis importante do Estado federado de Hessen (Alemaña), aínda que a capital administrativa é Wiesbaden. Frankfurt forma o núcleo urbano da rexión Rin-Meno.
O Uruguai, oficialmente a República Oriental do Uruguai (en castelán: República Oriental del Uruguay escoitar ), é un país de América do Sur. Limita ao norte e nordeste co estado de Río Grande do Sur (Brasil), ao oeste co río Uruguai coas provincias arxentinas de Entre Ríos e Corrientes, ao suroeste co esteiro do Río da Prata o cal o separa de Buenos Aires (Arxentina) e ao sueste co océano Atlántico. O seu territorio, cunha superficie de máis de 176.000 km², é o segundo máis pequeno do subcontinente detrás de Suriname e áchase dividido administrativamente en 19 departamentos.
Xangai, ás veces escrito como Shanghai, (en chinés: 上海; pinyin: Shànghǎi; tradución: “Sobre o mar”), é unha das maiores cidades da República Popular da China e do mundo por poboación. É un dos catro municipios directamente controlados da China, cunha poboación total de 23 millóns de persoas. É un importante centro financeiro, e un centro do transporte por abeirar o meirande porto de contedores do mundo.
Dortmund (en baixo alemán: Düörpm) é unha cidade do estado (Bundesland) de Renania do Norte-Westfalia, na área do Ruhr. A súa poboación a 31 de decembro de 2010 era de 580.444 habitantes, facéndoa a sétima cidade máis poboada de Alemaña e a trixésimo cuarta da Unión Europea. O río Ruhr flúe cara ao sur da cidade, e o regato Emscher a través da área municipal.
Cosworth é unha compañía inglesa de enxeñería automotriz, fundada en Londres en 1958, especializada na fabricación de motor de combustión interna, unidades de potencia e electrónica de alto rendemento para as carreiras de automóbiles (deportes de motor), incluíndo Champ Car e o Campionato do Mundo de Rally e as industrias principais da automoción. Cosworth ten a súa sede en Northampton, Inglaterra, con instalacións en Cottenham, Inglaterra, Silverstone, Inglaterra, e Indianapolis, IN, EUA. Cosworth conseguiu 176 vitorias na Fórmula 1 (F1) como provedor de motores, ocupando o terceiro lugar con máis vitorias, detrás de Ferrari e Mercedes.
Lituania ( pronunciación ) (en lituano: Lietuva, [ˈliɛtʊvaː] (AFI)), oficialmente República de Lituania ( pronunciación ) (en lituano: Lietuvos Respublika), é un país da Europa do norte localizado na rexión dos chamados países bálticos. Lituania atópase na beira sueste do mar Báltico, comparte fronteira con Letonia (453 km) polo norte, Belarús (502 km) polo sueste, Polonia (91 km), e o enclave ruso de Kaliningrado (227 km) polo suroeste. Lituania é membro da OTAN e da Unión Europea dende o 2004, ten unha poboación aproximada de 3,4 millóns de habitantes, a súa capital e cidade maior é Vilnius.
A moda é un termo aplicado a maioría das veces a unha corrente de expresión predominante, aínda que tamén se usa como modo de expresión que pode -ou non- ser seguido polos demais. Ligada ao termo vai a idea de que a moda cambia máis axiña cá cultura na súa totalidade. A moda pódese definir como o uso pasaxeiro que regula o xeito de vestirse, de construír, de vivir etc., segundo o gusto do momento ou como o uso social que condiciona a indumentaria segundo unhas normas preestablecidas que varían de acordo coa época e a civilización.
Marshall Bruce Mathers III, nado en St. Joseph, Missouri o 17 de outubro de 1972, coñecido profesionalmente coma Eminem (estilizado EMINƎM), é un cantante de hip hop estadounidense, ademais de produtor musical e actor. Durante a súa carreira musical 10 dos seus álbums acadaron o número un na lista Billboard 200 e cinco dos seus sinxelos estiveron no primeiro posto da lista Billboard Hot 100.