Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    Moinante

    Moinante

    Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.

    269 visitas (↓374 de onte)0,0,39,0,0,0,0,270,643, 269

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    Gerardo Pardo de Vera

    Gerardo Pardo de Vera

    Gerardo Manuel Pardo de Vera Díaz, nado na Coruña o 18 de outubro de 1942, é un avogado, escritor e político galego.

    219 visitas (↑219 de onte)0,0,0,0,0,0,39,39,0, 219

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    Fátima Iglesias

    Fátima Iglesias

    María Fátima Iglesias Ferreira, nada na Guarda o 22 de agosto de 1971, é unha política galega.

    138 visitas (↑18 de onte)87,169,0,0,0,147,22,129,120, 138

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    Aurichu Pereira

    Aurichu Pereira

    Aurora Pereira Carballo, máis coñecida como Aurichu Pereira, nada o 15 de xaneiro de 1940 en Santiago de Compostela e finada na mesma cidade o 1 de novembro de 2023, foi unha pintora galega.

    135 visitas (↓24 de onte)0,0,0,1940,1297,1151,474,336,159, 135

    7 días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    Teresa García-Sabell

    Teresa García-Sabell

    Teresa García-Sabell Tormo, nada en Santiago de Compostela o 11 de marzo de 1942, é unha filóloga e profesora galega. É filla do médico, escritor, político e académico Domingo García-Sabell.

    113 visitas (↓130 de onte)0,0,0,3477,2548,1482,513,678,243, 113

    7 días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    Vari Caramés

    Vari Caramés

    Evaristo Caramés Medín, nado en Ferrol en 1953, é un fotógrafo galego.

    95 visitas (↓54 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,149, 95

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Salvador Sobral

    Salvador Sobral

    Salvador Vilar Braamcamp Sobral, nado o 28 de decembro de 1989 en Lisboa, é un cantante portugués. Representou ao seu país no Festival de Eurovisión 2017 e gañou con 785 puntos, converténdose no primeiro gañador de Portugal no festival dende que comezou a participar no ano 1964. Presentouse coa canción "Amar pelos dois" ("Amar polos dous"), escrita pola súa irmá Luísa.

    91 visitas (↑91 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 91

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    Ordes, Ordes

    Ordes, Ordes

    Santa María de Ordes é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Ordes. Segundo o IGE en 2013 tiña 7.542 habitantes (3.681 mulleres e 3.681 homes) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 5.966 habitantes.

    82 visitas (↓5 de onte)0,26,120,150,117,54,0,123,87, 82

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    Xosé Manuel Beiras

    Xosé Manuel Beiras

    Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, máis coñecido como Xosé Manuel Beiras, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936 e finado en Brión o 8 de outubro de 2026, foi un político e economista galego de ideoloxía nacionalista galega e de esquerdas. Foi membro fundador e líder do Partido Socialista Galego (PSG), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova). Impulsou coalicións electorais con representación parlamentaria como Galeusca, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ou En Marea.

    77 visitas (↓66 de onte)0,0,18,2278,1122,679,278,214,143, 77

    8 días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    La bola negra

    La bola negra

    La bola negra é un filme dramático de 2026 dirixido por Javier Calvo e Javier Ambrossi, que escribiron o guión xunto con Alberto Conejero. É unha coprodución de España e Francia inspirada na obra teatral inacabada homónima de Federico García Lorca e en La piedra oscura, de Conejero. O elenco principal está formado por Guitarricadelafuente, Miguel Bernardeau, Carlos González e Milo Quifes, coa participación de Lola Dueñas, Penélope Cruz e Glenn Close.

    76 visitas (↑18 de onte)113,137,153,110,116,124,158,107,58, 76

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    Orde

    Orde

    O termo orde pode referirse a: Arquitectura Orde arquitectónica, conxunto de trazos e estilos propios dunha época, que se aplican fundamentalmente aos cinco estilos clásicos: orde dórica, orde xónica, orde corintia, orde toscana e orde composta. Bioloxía Orde, determinado nivel de clasificación taxonómica. Dereito Orde ministerial, resolución administrativa de carácter xeral ditada por un Ministro; Tribunal de Orde Pública, institución xudicial española xa desaparecida.

    74 visitas (↑19 de onte)0,0,0,31,38,32,0,46,55, 74

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    Vera Zasulich

    Vera Zasulich

    Vera Ivanovna Zasulich (en ruso: Ве́ра Ива́новна Засу́лич), nada en Mikhailovka (provincia de Smolensk) o 27 de xulloxul./ 8 de agosto de 1849greg. e finada en Petrogrado o 8 de maio de 1919, foi unha escritora e revolucionaria marxista, membro fundador do Grupo para a Emancipación do Traballo. Nada nunha familia nobre empobrecida, frecuentou durante os seus estudos en Petrogrado os ambientes revolucionarios estudantís.

    72 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,45, 72

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    Érica Esmorís

    Érica Esmorís

    Érica Esmorís, nada na Coruña en xullo de 1977, é unha escritora galega.

    67 visitas (↑67 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 67

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    Vampyroteuthis infernalis

    Vampyroteuthis infernalis

    Vampyroteuthis infernalis, xeralmente chamado lura vampiro, é un pequeno cefalópodo atopado nos océanos tropicais, subtropicais e temperados nas condicións extremas do mar profundo. A lura vampiro usa os seus órganos bioluminescentes e o seu metabolismo especial do oxíxeno para poder prosperar nas zonas do océano coas menores concentracións de oxíxeno. Ten dous longos filamentos retráctiles, localizados entre os primeiros dous pares de tentáculos na súa parte dorsal, o cal o distingue dos polbos e das luras verdadeiras, aínda que os seus parentes máis próximos son os polbos.

    67 visitas (↑13 de onte)0,0,0,0,0,0,0,48,54, 67

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Elxokas

    Elxokas

    Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.

    61 visitas (↓2 de onte)23,0,0,22,0,0,19,21,63, 61

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    A.C. Ordes

    A.C. Ordes

    O AC Ordes é un equipo de hóckey a patíns da localidade de Ordes, que na tempada 2026/26 competirá na OK Liga Prata. O AC Ordes é o continuador do antigo Club Patín Ordes (desaparecido no 2003 ao pasar a formar parte do novo club), un club que competira varios anos na segunda categoría do hóckey a patíns español, a Primeira División Estatal, e que conseguira importantes logros en boa parte das súas categorías. En abril de 2011 o AC Ordes conseguiu o ascenso á Primeira División, segunda categoría do hóckey a patíns español logo de superar na fase de ascenso do sector norte a FM Roller Oviedo (12-5), Real Club Josaleta (2-5) e San Antonio (7-3), e deixou practicamente asegurado o ascenso logo da dobre xornada disputada o sábado 29 de abril.

    59 visitas (0 de onte)0,23,68,98,84,38,22,94,59, 59

    9 días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Technofeudalism: What Killed Capitalism

    Technofeudalism: What Killed Capitalism

    Technofeudalism: What Killed Capitalism é un ensaio do economista de extrema esquerda grego Yanis Varoufakis, publicado en outubro de 2023. O autor explica como o capitalismo foi e está a ser substituído polo que denomina tecnofeudalismo e non por unha fase superior do modelo económico capitalista. Na obra Varoufakis explica como os cambios técnolóxicos e as propias dinámicas do capitalismo fixeron que aparecese unha nova clase social, os "Nubelistas" aos que considera como a nova clase social revolucionaria que posúe o poder político, económico e social.

    59 visitas (↓114 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,173, 59

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    Frente Amplio (España)

    Frente Amplio (España)

    Frente Amplio é un proxecto de coalición electoral española de esquerdas impulsado polas formacións Movemento Sumar, Izquierda Unida, Más Madrid e Catalunya en Comú co fin de presentarse conxuntamente ás eleccións xerais do 29 de novembro de 2026. Entre febreiro e setembro de 2026, antes da constitución desta coalición, os seus partidos promotores celebraron varios actos e eventos públicos preparativos baixo o slogan Un Paso al Frente. Logo diso, a inicios de outubro dese ano foi publicado que o nome da nova coalición sería Frente Amplio, anunciándose que o seu acto de presentación oficial será celebrado o 17 de outubro de 2026.

    56 visitas (↑1 de onte)44,0,0,37,40,40,65,57,55, 56

    7 días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    Manuel Villanueva

    Manuel Villanueva

    Manuel Villanueva de Castro, nado en Marín en 1957, é un xornalista galego.

    56 visitas (↓15 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,71, 56

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    Abel Losada

    Abel Losada

    Abel Fermín Losada Álvarez, nado en Ourense o 2 de xuño de 1964, é un economista e político galego do PSdeG-PSOE.

    55 visitas (↑55 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 55

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    Ricardo Beiras

    Ricardo Beiras

    Ricardo Beiras García-Sabell, nado en Santiago de Compostela en 1965, é un escritor e biólogo galego.

    53 visitas (↓130 de onte)0,0,0,1501,1177,664,204,484,183, 53

    7 días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    Saleta Chao

    Saleta Chao

    Saleta Chao Rivas, nada en Cuntis en 1990, é unha política galega do BNG.

    53 visitas (↓133 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,186, 53

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    Xosé Fortes

    Xosé Fortes

    Xosé Fortes Bouzán, nado en Caroi (Cerdedo Cotobade) o 28 de decembro de 1934, é un exmilitar e historiador galego. Durante o franquismo, foi un dos fundadores da Unión Militar Democrática, organización contraria á ditadura de Franco e que buscaba democratizar as Forzas Armadas, motivo polo que foi sometido a un consello de guerra e condenado a catro anos de prisión.

    52 visitas (↑52 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 52

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias Miguéns, nada o 1 de novembro de 1987 en Rianxo, é unha cantante e actriz galega.

    51 visitas (↑23 de onte)34,64,44,112,31,32,61,43,28, 51

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    Salvador García-Bodaño

    Salvador García-Bodaño

    Salvador García-Bodaño Zunzunegui, nado en Teis (Vigo) o 17 de xullo de 1935 e finado en Veitureira (Lampai, Teo) o 7 de marzo de 2023, foi un escritor galego, membro do plenario da Real Academia Galega dende 1992 e vicesecretario desa institución no período 2001-2009. Cultivou exclusivamente a poesía en lingua galega e está considerado como membro da Xeración das Festas Minervais. Foi procurador dos tribunais e dedicouse a diversas actividades mercantís.

    50 visitas (↑4 de onte)0,0,0,480,383,331,159,77,46, 50

    7 días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    Maribel Peinado

    Maribel Peinado

    María Isabel Peinado Pérez, nada en Cádiz o 6 de setembro de 1966, máis coñecida como Maribel Peinado, é unha política e profesora española. Foi alcaldesa de Puerto Real de 2011 a 2015.

    46 visitas (↑46 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 46

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    O Sisto, Sísamo, Carballo

    O Sisto, Sísamo, Carballo

    O Sisto é un lugar da parroquia de Sísamo no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 233 habitantes no ano 2019 segundo datos do IGE, dos cales eran 117 homes e 116 mulleres.

    43 visitas (↓13 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,56, 43

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    Caminando Juntos

    Caminando Juntos

    Caminando Juntos (CJ) é un partido político español fundado pola antiga deputada de Vox Macarena Olona.

    41 visitas (↓21 de onte)43,33,35,0,0,28,36,25,62, 41

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    38 visitas (↓31 de onte)33,41,48,39,48,48,49,46,69, 38

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    Eleccións municipais en Ordes

    Eleccións municipais en Ordes

    Estes foron os resultados das eleccións municipais no concello de Ordes dende 1979.

    38 visitas (↑38 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 38

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    Ada Colau

    Ada Colau

    Ada Colau Ballano, nada en Barcelona o 3 de marzo de 1974, é unha activista social e política catalá, alcaldesa da cidade de Barcelona dende o 13 de xuño de 2015 ata o 17 de xuño de 2023 Foi unha das fundadoras da Plataforma de Afectados por la Hipoteca en Barcelona no 2009 e a súa portavoz ata 2014. Foi cabeza de lista nas eleccións municipais de 2015 da coalición electoral Barcelona en Comú, formación que conseguiu ser a máis votada na cidade de Barcelona.

    38 visitas (↓1 de onte)0,0,43,32,0,0,0,25,39, 38

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    Obdulia Taboadela

    Obdulia Taboadela

    Obdulia Taboadela Álvarez, nada en Madrid o 22 de novembro de 1964, é unha profesora universitaria e política coruñesa.

    37 visitas (↑37 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 37

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    León XIV, papa

    León XIV, papa

    Robert Francis Prevost, coñecido como León XIV (en latín: Leo XIV), nado en Chicago o 14 de setembro de 1955, é o 267º papa da Igrexa Católica, bispo de Roma, matemático e xefe de Estado do Vaticano. Foi elixido o 8 de maio de 2025, no segundo día do conclave. Aínda que estadounidense de nacemento, dende 2015 posúe tamén a nacionalidade peruana polos moitos anos vividos no país.

    35 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,17, 35

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    Lista de voces dos animais

    Lista de voces dos animais

    Esta é unha lista das voces dos animais no idioma galego. A maioría destas palabras poden usarse como verbo ou substantivo, e boa parte delas é de orixe onomatopeica.

    35 visitas (↑35 de onte)0,0,19,25,31,0,0,21,0, 35

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    Partido Comunista dos Traballadores de España

    Partido Comunista dos Traballadores de España

    O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).

    35 visitas (↑8 de onte)114,59,35,39,31,29,23,26,27, 35

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    Carlos Ares

    Carlos Ares

    Carlos Ares, nado en 1997 na Coruña, é un músico, cantautor e produtor galego. A súa música foi definida como pop, folk e alternativa.

    34 visitas (↓32 de onte)21,27,23,30,39,73,81,37,66, 34

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    Facendo Camiño

    Facendo Camiño

    Facendo Camiño é unha asociación deportiva e de lecer LGBTIQ+ creada en Vigo en 2022. Promove a práctica deportiva e as actividades na natureza en espazos inclusivos e libres de LGBTfobia.

    34 visitas (↑34 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Cidrás, Marín (San Xián), Marín

    Cidrás, Marín (San Xián), Marín

    Cidrás é un lugar da parroquia de San Xián de Marín no concello pontevedrés de Marín, na comarca do Morrazo. Tiña 77 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 35 eran homes e 42 mulleres.

    34 visitas (↑34 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    Rodrigo Lanza

    Rodrigo Lanza

    Rodrigo Andrés Lanza Huidobro, nado en Viña del Mar o 8 de novembro de 1984 é un activista antisistema chileno-italiano. Lanza é coñecido pola súa participación no filme documental Ciutat Morta (2013) que recolle os sucesos do caso 4F, no cal Lanza foi un dos acusados.

    32 visitas (↓30 de onte)0,0,0,0,0,22,318,156,62, 32

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    María Jamardo

    María Jamardo

    María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.

    32 visitas (↓68 de onte)42,565,121,132,480,70,62,117,100, 32

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    Domingo García-Sabell

    Domingo García-Sabell

    Domingo García-Sabell Rivas, nado en Santiago de Compostela o 8 de outubro de 1909 e finado na Coruña o 5 de agosto de 2003, foi un médico, escritor, político e académico galego, presidente da Real Academia Galega.

    31 visitas (↓24 de onte)0,0,0,772,477,301,78,153,55, 31

    7 días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Paula Prado del Río

    Paula Prado del Río

    Paula Prado del Río, nada en Santiago de Compostela en 1971, é unha avogada e política galega do PPdeG.

    31 visitas (↑31 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    Bloque Nacionalista Galego

    Bloque Nacionalista Galego

    O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é un partido político de esquerda da comunidade autónoma de Galicia, fundado en 1982 como unha fronte unitaria integrada por diversas organizacións nacionalistas galegas co obxectivo de promover a soberanía e a autodeterminación da nación galega. O partido xurdiu da unión de pequenos grupos nacionalistas durante a transición española á democracia. Nun primeiro momento obtivo resultados electorais modestos, pero foi incrementando progresivamente o seu apoio grazas á súa defensa dos intereses de Galicia fronte ao que consideraba unha explotación económica e unha marxinación cultural por parte do Estado español.

    31 visitas (↑2 de onte)27,23,0,96,60,42,25,23,29, 31

    7 días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    Charlie Sheen

    Charlie Sheen

    Carlos Irwin Estévez, coñecido como Charlie Sheen, nado en Nova York o 3 de setembro de 1965, é un actor estadounidense de orixe galega e irlandesa.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    Antonio Romero Varo

    Antonio Romero Varo

    Antonio Romero Varo, nado en Conil de la Frontera, posiblemente en 1890 e falecido no século XX, foi un político español.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    Cruz de Borgoña

    Cruz de Borgoña

    A Cruz de Borgoña ou Aspa de Borgoña é unha representación da Cruz de Santo André na que os troncos que forman a cruz aparecen cos seus nós nos lugares onde se cortan as ramas. Este emblema foi incluído nos escudos de armas e nas bandeiras de España, tanto de terra como de mar, desde 1506, época da súa introdución coa Garda borgoñoa de Filipe o Fermoso, até Xoán Carlos I. A Cruz de Borgoña desapareceu do escudo de armas do rei de España, e do seu estandarte, no reinado de Filipe VI, así como nos estandartes, bandeiras, bandeirolas, guións, pendóns e confalóns das Forzas Armadas de España. Esta cruz tamén é a orixe do símbolo distintivo que marca as colas dos avións do Exército do Aire de España.

    30 visitas (↓51 de onte)0,0,0,0,0,0,0,80,81, 30

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    Jordi Mollà

    Jordi Mollà

    Jordi Mollà i Perales, nado en L'Hospitalet de Llobregat o 1 de xullo de 1968, é un actor e director de cinema catalán.

    30 visitas (↓78 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,108, 30

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    Relación sexual humana

    Relación sexual humana

    No ser humano chámanse actos sexuais ou relacións sexuais a calquera acto íntimo de carácter sexual celebrados por persoas, en número e xénero variables co obxectivo de dar ou recibir pracer sexual. Neles interveñen aspectos fisiolóxicos, psíquicos, sociais e morais do individuo, entre outros.

    30 visitas (↑6 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,24, 30

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    Lista de xentilicios de concellos galegos

    Lista de xentilicios de concellos galegos

    Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:

    29 visitas (↓4 de onte)69,68,18,37,0,0,0,0,33, 29

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    José Mourinho

    José Mourinho

    José Mário dos Santos Mourinho Félix, OIH, nado en Setúbal o 26 de xaneiro de 1963, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol portugués. Xogaba de centrocampista. Durante dous anos consecutivos (2004 e 2005), Mourinho foi nomeado o mellor adestrador de fútbol do mundo pola Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).

    29 visitas (↑29 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    Rosalía de Castro

    Rosalía de Castro

    Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,28,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    28 visitas (↓8 de onte)36,37,18,171,166,69,66,48,36, 28

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    Gatipedro

    Gatipedro

    O gatipedro é unha figura mitolóxica de Galicia que fai mexar ós nenos na cama. Ten forma de gato branco cun corno mouro na cabeza. Vai ás casas polas noites, para nos cuartos nos que hai nenos durmindo, e entón ponse a verter auga polo seu corno.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Domingo Catoira

    Domingo Catoira

    Domingo Catoira Mosquera, nado en Évian-les-Bains o 9 de setembro de 1972, é un exfutbolista e dirixente deportivo galego. Como futbolista xogaba de defensa e a súa carreira transcorreu principalmente na Segunda División B, categoría na que disputou un total de 330 partidos repartidos entre o Fabril, o Lugo, o Novelda e o Benidorm. Trala súa retirada traballou nos despachos técnicos do propio Benidorm, o Valencia, o Valladolid e o Espanyol.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    Pablo Fernández Barba

    Pablo Fernández Barba

    Pablo Fernandez Barba, nado en Madrid no ano 1976, é un profesor de secundaria e escritor en lingua galega.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Melilla

    Melilla

    Melilla (مليلة en árabe; Mritch ou Mrič en bérber) é unha cidade autónoma española, situada na rexión do Rif, no norte de África, a beiras do mar Mediterráneo, fronte á costa meridional da Península Ibérica, limítrofe con Marrocos e próxima a Alxeria. A cidade e os seus territorios esténdense sobre 12,5 km² de superficie na parte oriental do cabo de Tres Forcas. Alberga unha poboación de máis de 78.000 habitantes e presenta diversas particularidades froito da súa posición xeográfica e historia, tanto na composición da súa poboación e as súas actividades económicas, como na súa cultura (froito da exemplar convivencia de cristiáns, musulmáns, xudeus e hindús).

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    Pobo galego

    Pobo galego

    Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.

    28 visitas (↓2 de onte)23,19,0,80,36,46,22,32,30, 28

    7 días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    Brooke Shields

    Brooke Shields

    Brooke Christa Camille Shields, nada o 31 de maio de 1965 en Nova York, é unha actriz estadounidense de cinema, televisión e teatro, ademais de modelo e escritora.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    Raphael

    Raphael

    Miguel Rafael Martos Sánchez, nado en Linares (Xaén) o 5 de maio de 1943, coñecido internacionalmente como Raphael, é un dos cantantes máis relevantes do tardofranquismo e dos comezos democráticos do Estado Español. Malia que cun ritmo menor, a día de hoxe segue en activo e ten grande aceptación nos países de fala hispana.

    27 visitas (↑6 de onte)0,0,0,0,0,0,20,25,21, 27

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    Primo (grafiteiro)

    Primo (grafiteiro)

    Primo, nos inicios Primobanksy ou Primo Banksy, é o pseudónimo dun grafiteiro galego nado en Lugo.

    26 visitas (0 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,26, 26

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    Guitarricadelafuente

    Guitarricadelafuente

    Álvaro Lafuente Calvo, nado en Benicàssim o 27 de agosto de 1997, coñecido coma Guitarricadelafuente, é un cantautor, compositor, músico e actor español.

    25 visitas (↑25 de onte)35,35,40,35,26,23,61,40,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    Anna's Archive

    Anna's Archive

    Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.

    25 visitas (↑4 de onte)17,31,32,40,0,20,28,24,21, 25

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Tonhito de Poi

    Tonhito de Poi

    Antón Axeitos Ares, máis coñecido como Tonhito de Poi, nado en Castiñeiras (Ribeira) o 27 de novembro de 1969, é un artista polifacético galego.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,55,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    Criptomeria

    Criptomeria

    A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).

    25 visitas (↑25 de onte)24,27,72,25,46,26,23,47,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Antonio Ureba Muñoz

    Antonio Ureba Muñoz

    Antonio Ureba Muñoz, nado en Conil de la Frontera en 1890 e finado no século XX, foi un político español.

    24 visitas (0 de onte)0,0,0,0,0,0,0,75,24, 24

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    Antonio Romero Alfaro

    Antonio Romero Alfaro

    Antonio Javier Romero Alfaro (Puerto Real, 1975) é un político español que foi o líder do partido político Sí Se Puede Puerto Real, afiliado a Podemos, desde a súa fundación ata a súa dimisión en 2021. Tamén foi alcalde da súa cidade natal de 2015 a 2019. Durante a súa xuventude, Antonio Romero participou en movementos políticos como manifestacións en defensa dos Estaleiros de Puerto Real.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    Lamine Yamal

    Lamine Yamal

    Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).

    23 visitas (↑23 de onte)19,0,18,28,29,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    Sexo anal

    Sexo anal

    O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.

    23 visitas (↑23 de onte)0,16,0,0,0,0,0,28,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    Galipedia

    Galipedia

    A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 240.187.

    23 visitas (↑1 de onte)22,0,27,0,0,0,26,0,22, 23

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    Peppa Pig

    Peppa Pig

    Peppa Pig é unha serie de televisión británica de animación infantil dirixida e producida por Astley Baker Davies, que foi emitida orixinalmente o 6 de maio de 2004, e é distribuída por E1 Kids. Tivo un hiato de dous anos e volveu emitirse o 14 de febreiro de 2015. No presente, foron emitidas catro tempadas, estando a quinta aínda en emisión.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    John Sanford Saltus

    John Sanford Saltus

    John Sanford Saltus, nado en New Haven o 9 de marzo de 1853 e finado en Londres o 23 de xuño de 1922, foi un artista, filántropo e numismático estadounidense.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    Problema da parada

    Problema da parada

    O problema da parada ou problema da detención para máquinas de Turing foi formulado polo célebre matemático e informático Alan Turing no ano 1935. No seu artigo On Computable Numbers, with an Application to the Entscheidungsproblem (1936), Turing demostrou que o problema era indecidible (non computable ou non recursivo), no sentido de que ningunha máquina de Turing podía resolvelo.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    22 visitas (↓13 de onte)27,27,30,34,39,30,27,42,35, 22

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    Cynthia Menéndez

    Cynthia Menéndez

    Cynthia Menéndez, nada no Calvario (Vigo) en 1993, é unha libreira e escritora galega.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    Miguel Bernardeau

    Miguel Bernardeau

    Miguel Ángel Bernardeau Duato, nado en Valencia o 12 de decembro de 1996, é un actor español, principalmente coñecido polo seu papel de Guzmán na serie de Netflix Élite.

    22 visitas (↑5 de onte)17,66,30,0,23,24,29,25,17, 22

    6 días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    Carmen Rodríguez Dacosta

    Carmen Rodríguez Dacosta

    María del Carmen Rodríguez Dacosta, nada en 1969 en Ourense, é unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    Lingua galega

    Lingua galega

    O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

    21 visitas (↓5 de onte)33,23,34,37,0,29,0,20,26, 21

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    Ramón Cabanillas

    Ramón Cabanillas

    Ramón Cabanillas Enríquez, tamén chamado O Poeta da Raza, nado en Fefiñáns (Cambados) o 3 de xuño de 1876 e finado en Cambados o 9 de novembro de 1959, foi un escritor galego. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1976, coincidindo co centenario do seu nacemento.

    21 visitas (↓52 de onte)18,22,0,0,0,0,0,0,73, 21

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    Gregorio Malpica Borrego

    Gregorio Malpica Borrego

    Gregorio Malpica Borrego, nado en Conil de la Frontera, arredor de 1880, e finado no século XX, foi un político español.

    21 visitas (↑3 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,18, 21

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    Saint-Denis-lès-Bourg

    Saint-Denis-lès-Bourg

    Saint-Denis-lès-Bourg é unha vila francesa do departamento do Ain, na rexión de Ródano-Alpes.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    Esopo

    Esopo

    Esopo (en grego antigo Αἴσωπος, Aísōpos; en latín, Aesopus) foi, segundo a tradición grega, un fabulista e narrador situado no século VI a. C., a quen se atribuíu un amplo repertorio de relatos coñecidos como as fábulas de Esopo. O seu nome converteuse nunha referencia fundamental da fábula e da literatura clásica, aínda que a súa existencia histórica e numerosos aspectos da súa vida seguen sendo incertos.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    21 visitas (↓3 de onte)33,36,43,41,84,37,34,19,24, 21

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    Alba Carballal

    Alba Carballal

    Alba Carballal Gandoy, coñecida como Alba Carballal, nada en Lugo o 23 de setembro de 1992, é unha arquitecta e escritora galega en lingua castelá.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Xosé Neira Vilas

    Xosé Neira Vilas

    Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.

    21 visitas (↑4 de onte)0,0,16,0,0,0,0,0,17, 21

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    Manuel Curros Enríquez

    Manuel Curros Enríquez

    Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    Esponxa

    Esponxa

    O termo esponxa pode referirse a: A esponxa, en bioloxía é un animal acuático; A esponxa é un material absorbente usado para o baño ou para limpar.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

    Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

    20 visitas (↑20 de onte)17,0,18,0,32,38,23,28,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Posición do misioneiro invertida

    Posición do misioneiro invertida

    A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.

    20 visitas (↑20 de onte)0,17,0,0,0,20,23,23,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    Claudio Tolomeo

    Claudio Tolomeo

    Claudio Tolomeo, ou Claudio Ptolomeo (en grego antigo: Κλαύδιος Πτολεμαῖος, Klaúdios Ptolemaîos; en latín: Claudius Ptolemaeus), nado cara ao ano 100 e finado probablemente arredor do 170, foi un astrónomo, matemático, xeógrafo, astrólogo e teórico da música de lingua e cultura gregas que viviu no Exipto romano durante o século II. Desenvolveu a súa actividade científica en Alexandría, un dos principais centros intelectuais do mundo antigo, e foi autor de numerosos tratados sobre astronomía, xeografía, matemáticas, óptica e outras disciplinas. Tolomeo é coñecido principalmente polo Almaxesto, unha extensa síntese da astronomía matemática antiga organizada en trece libros, na que desenvolveu modelos xeométricos destinados a describir e predicir os movementos aparentes dos corpos celestes. A súa concepción xeocéntrica do universo, coñecida posteriormente como sistema tolemaico, situaba a Terra inmóbil no centro do cosmos e explicaba os movementos do Sol, da Lúa e dos planetas mediante combinacións de movementos circulares.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Marcial Mouzo

    Marcial Mouzo

    Marcial Mouzo Vidal, máis coñecido como Marcial Mouzo, nado en Camariñas o 20 de abril de 1961, é un xornalista e comunicador galego.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,33,0,0,0,0,24,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    Jeff Bergman

    Jeff Bergman

    Jeffrey Allen "Jeff" Bergman, nado o 10 de xullo de 1960, é un actor estadounidense.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    Xabier Fortes

    Xabier Fortes

    Xabier Fortes López, nado en Pontevedra o 7 de febreiro de 1966, é un xornalista galego.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    Mitoloxía galega

    Mitoloxía galega

    A mitoloxía galega é o conxunto de mitos máis ou menos relacionados (ou mesmo sen conexións entre si): relatos que forman parte da cultura tradicional do pobo galego. Poden vir a través de discursos, narracións ou expresións culturais de orixe sagrada e que posteriormente foron secularizados, ou ben ser de orixe pagá que posteriormente foron sacralizados. En todo caso, os relatos mitolóxicos están tratados como discursos relativos a esta cultura, a unha época concreta ou indeterminada ou a unha serie de crenzas de carácter imaxinario.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    José Antonio Barroso Toledo

    José Antonio Barroso Toledo

    José Antonio Barroso Toledo, nado en Puerto Real o 14 de abril de 1952, é un político español que foi alcalde de Puerto Real dúas veces, de 1979 a 1995 e de novo de 1999 a 2011. Entre 1986 e 1989, foi deputado no Parlamento de Andalucía representando a circunscrición de Cádiz. É o único alcalde da vila que foi reelixido e que serviu no parlamento.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    Illa de Jersey

    Illa de Jersey

    A Illa de Jersey forma parte do arquipélago das Illas da Canle, é unha bailía (bailiwick en inglés) ou pequeno territorio británico na Canle da Mancha. Ten unha poboación de 84.082 persoas e a capital é Saint Helier. No ano 933, a illa foi tomada polo Ducado de Normandía no norte de Francia.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    Ramón Otero Pedrayo

    Ramón Otero Pedrayo

    Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas.

    19 visitas (↑19 de onte)0,19,0,0,44,22,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    Pornografía

    Pornografía

    A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".

    19 visitas (0 de onte)19,0,19,22,20,23,0,20,19, 19

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    Ceuta

    Ceuta

    Ceuta é unha cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos. Separada da Península Ibérica polo estreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto con Melilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África.

    18 visitas (↓9 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,27, 18

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    Se Acabó la Fiesta

    Se Acabó la Fiesta

    Se Acabó la Fiesta (SALF) é unha agrupación de electores española fundada pola personalidade das redes sociais Alvise Pérez, antigo militante de Cidadáns e UPyD, así como delegado internacional da á xuvenil dos Liberal Demócratas no Reino Unido. Politicamente, SALF describiuse a si mesma como unha forza política anticorrupción, antisistema e liberal. Varios analistas políticos e medios de comunicación considérana unha agrupación populista de extrema dereita que compite con Vox.

    18 visitas (↑18 de onte)0,18,21,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    Manuel Beiras

    Manuel Beiras

    Manuel Beiras García, nado en Santiago de Compostela o 10 de abril de 1904 e finado na mesma cidade o 28 de xullo de 1996, foi un intelectual galego e político galeguista. Pai do dirixente nacionalista galego Xosé Manuel Beiras.

    18 visitas (↓15 de onte)0,0,0,232,172,88,41,32,33, 18

    7 días na lista

    🔍 🗞️

Estes datos son de .