Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    Adolfo Prego de Oliver Domínguez

    Adolfo Prego de Oliver Domínguez

    Adolfo Prego de Oliver Domínguez, nado en Ourense o 1 de xaneiro de 1913 e finado en Madrid o 15 de outubro de 2000, foi un xornalista, escritor e crítico teatral galego.

    449 visitas (↑449 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 449

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    Moinante

    Moinante

    Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.

    136 visitas (↓133 de onte)0,39,0,0,0,0,270,643,269, 136

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    Fátima Iglesias

    Fátima Iglesias

    María Fátima Iglesias Ferreira, nada na Guarda o 22 de agosto de 1971, é unha política galega.

    112 visitas (↓26 de onte)169,0,0,0,147,22,129,120,138, 112

    6 días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    Vera Zasulich

    Vera Zasulich

    Vera Ivanovna Zasulich (en ruso: Ве́ра Ива́новна Засу́лич), nada en Mikhailovka (provincia de Smolensk) o 27 de xulloxul./ 8 de agosto de 1849greg. e finada en Petrogrado o 8 de maio de 1919, foi unha escritora e revolucionaria marxista, membro fundador do Grupo para a Emancipación do Traballo. Nada nunha familia nobre empobrecida, frecuentou durante os seus estudos en Petrogrado os ambientes revolucionarios estudantís.

    102 visitas (↑30 de onte)0,0,0,0,0,0,0,45,72, 102

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    Caminando Juntos

    Caminando Juntos

    Caminando Juntos (CJ) é un partido político español fundado pola antiga deputada de Vox Macarena Olona.

    87 visitas (↑46 de onte)33,35,0,0,28,36,25,62,41, 87

    6 días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    Teresa García-Sabell

    Teresa García-Sabell

    Teresa García-Sabell Tormo, nada en Santiago de Compostela o 11 de marzo de 1942, é unha filóloga e profesora galega. É filla do médico, escritor, político e académico Domingo García-Sabell.

    72 visitas (↓41 de onte)0,0,3477,2548,1482,513,678,243,113, 72

    8 días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Bradicardia

    Bradicardia

    A bradicardia (do grego βραδύς, bradús, 'lento' e καρδία, kardía, 'corazón'), tamén chamada bradiarritmia, é unha frecuencia cardíaca en repouso por debaixo de 60 latexos por minuto (LPM). Aínda que a bradicardia pode ser o resultado de varios procesos patolóxicos, normalmente é unha resposta fisiolóxica a condicións cardiovasculares ou debida a un bloqueo auriculoventricular de tipo 1 asintomático. Unha frecuencia cardíaca de menos de 50 LPM é normal durante o sono en xoves e adultos sans e en atletas.

    70 visitas (↑70 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 70

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    Aurichu Pereira

    Aurichu Pereira

    Aurora Pereira Carballo, máis coñecida como Aurichu Pereira, nada o 15 de xaneiro de 1940 en Santiago de Compostela e finada na mesma cidade o 1 de novembro de 2023, foi unha pintora galega.

    68 visitas (↓67 de onte)0,0,1940,1297,1151,474,336,159,135, 68

    8 días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    Gerardo Pardo de Vera

    Gerardo Pardo de Vera

    Gerardo Manuel Pardo de Vera Díaz, nado na Coruña o 18 de outubro de 1942, é un avogado, escritor e político galego.

    58 visitas (↓161 de onte)0,0,0,0,0,39,39,0,219, 58

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    Ordes, Ordes

    Ordes, Ordes

    Santa María de Ordes é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Ordes. Segundo o IGE en 2013 tiña 7.542 habitantes (3.681 mulleres e 3.681 homes) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 5.966 habitantes.

    57 visitas (↓25 de onte)26,120,150,117,54,0,123,87,82, 57

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    La bola negra

    La bola negra

    La bola negra é un filme dramático de 2026 dirixido por Javier Calvo e Javier Ambrossi, que escribiron o guión xunto con Alberto Conejero. É unha coprodución de España e Francia inspirada na obra teatral inacabada homónima de Federico García Lorca e en La piedra oscura, de Conejero. O elenco principal está formado por Guitarricadelafuente, Miguel Bernardeau, Carlos González e Milo Quifes, coa participación de Lola Dueñas, Penélope Cruz e Glenn Close.

    55 visitas (↓21 de onte)137,153,110,116,124,158,107,58,76, 55

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    Abel Losada

    Abel Losada

    Abel Fermín Losada Álvarez, nado en Ourense o 2 de xuño de 1964, é un economista e político galego do PSdeG-PSOE.

    55 visitas (0 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,55, 55

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    María Jamardo

    María Jamardo

    María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.

    54 visitas (↑22 de onte)565,121,132,480,70,62,117,100,32, 54

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    Obdulia Taboadela

    Obdulia Taboadela

    Obdulia Taboadela Álvarez, nada en Madrid o 22 de novembro de 1964, é unha profesora universitaria e política coruñesa.

    52 visitas (↑15 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,37, 52

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Xosé Manuel Beiras

    Xosé Manuel Beiras

    Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, máis coñecido como Xosé Manuel Beiras, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936 e finado en Brión o 8 de outubro de 2026, foi un político e economista galego de ideoloxía nacionalista galega e de esquerdas. Foi membro fundador e líder do Partido Socialista Galego (PSG), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova). Impulsou coalicións electorais con representación parlamentaria como Galeusca, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ou En Marea.

    51 visitas (↓26 de onte)0,18,2278,1122,679,278,214,143,77, 51

    9 días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    Irene García

    Irene García

    45 visitas (↑45 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 45

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Victoria Prego

    Victoria Prego

    María Victoria Prego de Oliver y Tolívar, nada en Madrid o 11 de novembro de 1948 e finada no mesmo lugar o 1 de maio de 2024, foi unha xornalista española, presidenta da Asociación da Prensa de Madrid entre 2015 e 2019.

    45 visitas (↑45 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 45

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    CeibaRimas

    CeibaRimas

    O CeibaRimas é un certame de rap improvisado (freestyle) integramente en galego e de carácter anual, creado en 2020 pola Asociación Merenda Creativa, con sede en Santiago de Compostela.

    45 visitas (↑45 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 45

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    43 visitas (↑5 de onte)41,48,39,48,48,49,46,69,38, 43

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    Orde

    Orde

    O termo orde pode referirse a: Arquitectura Orde arquitectónica, conxunto de trazos e estilos propios dunha época, que se aplican fundamentalmente aos cinco estilos clásicos: orde dórica, orde xónica, orde corintia, orde toscana e orde composta. Bioloxía Orde, determinado nivel de clasificación taxonómica. Dereito Orde ministerial, resolución administrativa de carácter xeral ditada por un Ministro; Tribunal de Orde Pública, institución xudicial española xa desaparecida.

    42 visitas (↓32 de onte)0,0,31,38,32,0,46,55,74, 42

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    Partido Comunista dos Traballadores de España

    Partido Comunista dos Traballadores de España

    O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).

    41 visitas (↑6 de onte)59,35,39,31,29,23,26,27,35, 41

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    40 visitas (↑18 de onte)27,30,34,39,30,27,42,35,22, 40

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    Carmen Rodríguez Dacosta

    Carmen Rodríguez Dacosta

    María del Carmen Rodríguez Dacosta, nada en 1969 en Ourense, é unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE.

    39 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,22, 39

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    Charlie Sheen

    Charlie Sheen

    Carlos Irwin Estévez, coñecido como Charlie Sheen, nado en Nova York o 3 de setembro de 1965, é un actor estadounidense de orixe galega e irlandesa.

    35 visitas (↑5 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,30, 35

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    Eduardo Soutullo

    Eduardo Soutullo

    Eduardo Soutullo, nado en Vigo o 16 de maio de 1968, é un compositor de música galego. Foi Premio Nacional de Música 2023, do Ministerio de Cultura, polo "unánime recoñecemento internacional da súa música, especialmente a súa produción orquestral destacando a estrea en San Petersburgo da súa cantata contra a guerra "O lamento dos xirasoles".

    35 visitas (↑35 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 35

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    Emilio Gutiérrez Caba

    Emilio Gutiérrez Caba

    Emilio Gutiérrez Caba, nado en Valladolid o 26 de setembro de 1942, é un actor español.

    34 visitas (↑34 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    Vari Caramés

    Vari Caramés

    Evaristo Caramés Medín, nado en Ferrol en 1953, é un fotógrafo galego.

    34 visitas (↓61 de onte)0,0,0,0,0,0,0,149,95, 34

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    Isabel Allende

    Isabel Allende

    Isabel Allende Llona ( pronunciación ), nada en Lima (Perú) o 2 de agosto de 1942, é unha escritora chilena. Actualmente reside nos Estados Unidos. Unha das escritoras máis destacadas do mundo, con vendas por riba de 35 millóns de exemplares e traducida en 27 linguas.

    34 visitas (↑34 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    Ricardo Beiras

    Ricardo Beiras

    Ricardo Beiras García-Sabell, nado en Santiago de Compostela en 1965, é un escritor e biólogo galego.

    33 visitas (↓20 de onte)0,0,1501,1177,664,204,484,183,53, 33

    8 días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    Bloque Nacionalista Galego

    Bloque Nacionalista Galego

    O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é un partido político de esquerda da comunidade autónoma de Galicia, fundado en 1982 como unha fronte unitaria integrada por diversas organizacións nacionalistas galegas co obxectivo de promover a soberanía e a autodeterminación da nación galega. O partido xurdiu da unión de pequenos grupos nacionalistas durante a transición española á democracia. Nun primeiro momento obtivo resultados electorais modestos, pero foi incrementando progresivamente o seu apoio grazas á súa defensa dos intereses de Galicia fronte ao que consideraba unha explotación económica e unha marxinación cultural por parte do Estado español.

    33 visitas (↑2 de onte)23,0,96,60,42,25,23,29,31, 33

    8 días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    Anxo Gómez Sánchez

    Anxo Gómez Sánchez

    Anxo Gómez Sánchez, nado na Grela (A Coruña) en 1969, é un filólogo, escritor e profesor galego.

    33 visitas (↑33 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    Elena Amaya León

    Elena Amaya León

    María Elena Amaya León (Valladolid, 1972) é unha política española do PSOE, que foi alcaldesa de Puerto Real de 2019 a 2023.

    32 visitas (↑32 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 32

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    Diego Sánchez Rojo

    Diego Sánchez Rojo

    Diego Sánchez Rojo, nado na Coruña o 26 de setembro de 1992, é un árbitro asistente de fútbol galego. É internacional dende 2023.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    Patricia Otero Rodríguez

    Patricia Otero Rodríguez

    Patricia Otero Rodríguez, nada en Monforte de Lemos o 15 de abril de 1979, é unha avogada e política galega do PSdG-PSOE, deputada no Parlamento de Galicia pola Circunscrición electoral de Lugo.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    Anna's Archive

    Anna's Archive

    Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.

    29 visitas (↑4 de onte)31,32,40,0,20,28,24,21,25, 29

    6 días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias Miguéns, nada o 1 de novembro de 1987 en Rianxo, é unha cantante e actriz galega.

    28 visitas (↓23 de onte)64,44,112,31,32,61,43,28,51, 28

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    Érica Esmorís

    Érica Esmorís

    Érica Esmorís, nada na Coruña en xullo de 1977, é unha escritora galega.

    28 visitas (↓39 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,67, 28

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Marsias (sátiro)

    Marsias (sátiro)

    Marsias (en grego antigo Μαρσύας Marsyas) era un sátiro que naceu en Celea (Frixia), na fonte principal do río Meandro. O seu pai sería Olimpo,, ou quizais Eagro ou o divino Hiagnis; da súa nai só se sabe que foi unha ninfa. Tivo un irmán chamado Babis, fillo de Meandro, que tamén tocaba a frauta, pero, debido á súa falta de habilidade, non foi castigado por Apolo como o foi Marsias.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    Galipedia

    Galipedia

    A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 240.187.

    27 visitas (↑4 de onte)0,27,0,0,0,26,0,22,23, 27

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    Manuel Prego de Oliver

    Manuel Prego de Oliver

    Manuel Prego de Oliver, nado en Ourense o 1 de abril de 1915 e finado na mesma cidade o 28 de abril de 1986, foi un mestre e pintor galego próximo ó expresionismo.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    Elxokas

    Elxokas

    Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.

    27 visitas (↓34 de onte)0,0,22,0,0,19,21,63,61, 27

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Ramón Cabanillas

    Ramón Cabanillas

    Ramón Cabanillas Enríquez, tamén chamado O Poeta da Raza, nado en Fefiñáns (Cambados) o 3 de xuño de 1876 e finado en Cambados o 9 de novembro de 1959, foi un escritor galego. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1976, coincidindo co centenario do seu nacemento.

    27 visitas (↑6 de onte)22,0,0,0,0,0,0,73,21, 27

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    Anna Freixas

    Anna Freixas

    Anna Freixas Farré, nada en Barcelona o 21 de xullo de 1946, é unha escritora feminista e profesora de universidade catalá, xa xubilada.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    A.C. Ordes

    A.C. Ordes

    O AC Ordes é un equipo de hóckey a patíns da localidade de Ordes, que na tempada 2026/26 competirá na OK Liga Prata. O AC Ordes é o continuador do antigo Club Patín Ordes (desaparecido no 2003 ao pasar a formar parte do novo club), un club que competira varios anos na segunda categoría do hóckey a patíns español, a Primeira División Estatal, e que conseguira importantes logros en boa parte das súas categorías. En abril de 2011 o AC Ordes conseguiu o ascenso á Primeira División, segunda categoría do hóckey a patíns español logo de superar na fase de ascenso do sector norte a FM Roller Oviedo (12-5), Real Club Josaleta (2-5) e San Antonio (7-3), e deixou practicamente asegurado o ascenso logo da dobre xornada disputada o sábado 29 de abril.

    26 visitas (↓33 de onte)23,68,98,84,38,22,94,59,59, 26

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    O Sisto, Sísamo, Carballo

    O Sisto, Sísamo, Carballo

    O Sisto é un lugar da parroquia de Sísamo no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 233 habitantes no ano 2019 segundo datos do IGE, dos cales eran 117 homes e 116 mulleres.

    26 visitas (↓17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,56,43, 26

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    José María Sasián Marroquí

    José María Sasián Marroquí

    José María Sasián Marroquí, nado en Puerto Real en 1943 e finado o 8 de maio de 2024, foi un político e banqueiro español, e alcalde da vila de Puerto Real durante os primeiros anos da Transición española á democracia, de 1974 a 1978.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    Oliver Twist

    Oliver Twist

    Oliver Twist ou o progreso dun neno de hospicio, coñecida popularmente coa forma abreviada Oliver Twist, é a segunda novela do autor inglés Charles Dickens. Publicouse orixinalmente como novela por entregas de aparición mensual na revista Bentley's Miscellany, entre febreiro de 1837 e abril de 1839. A obra traduciuna do inglés Moisés Barcia para Rinoceronte en 2021, ISBN: 978-84-17388-54-6.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    Salvador Sobral

    Salvador Sobral

    Salvador Vilar Braamcamp Sobral, nado o 28 de decembro de 1989 en Lisboa, é un cantante portugués. Representou ao seu país no Festival de Eurovisión 2017 e gañou con 785 puntos, converténdose no primeiro gañador de Portugal no festival dende que comezou a participar no ano 1964. Presentouse coa canción "Amar pelos dois" ("Amar polos dous"), escrita pola súa irmá Luísa.

    26 visitas (↓65 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,91, 26

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    Ada Colau

    Ada Colau

    Ada Colau Ballano, nada en Barcelona o 3 de marzo de 1974, é unha activista social e política catalá, alcaldesa da cidade de Barcelona dende o 13 de xuño de 2015 ata o 17 de xuño de 2023 Foi unha das fundadoras da Plataforma de Afectados por la Hipoteca en Barcelona no 2009 e a súa portavoz ata 2014. Foi cabeza de lista nas eleccións municipais de 2015 da coalición electoral Barcelona en Comú, formación que conseguiu ser a máis votada na cidade de Barcelona.

    26 visitas (↓12 de onte)0,43,32,0,0,0,25,39,38, 26

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    Aturuxo (folclore)

    Aturuxo (folclore)

    Un aturuxo, agrúo, aturulo, grixido ou ufido é un berro agudo e prolongado característico do folclore galego. Consérvase na actualidade como un berro de alegría emitido polo público, ou os intérpretes, no decurso dunha peza musical. É moi típico de seráns, romarías, foliadas, e prolifera o seu uso a medida que se quenta o ambiente, podéndose tomar a súa frecuencia e intensidade como indicador do espírito festeiro dos presentes.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    Colocación do pronome átono en galego

    Colocación do pronome átono en galego

    Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    Guitarricadelafuente

    Guitarricadelafuente

    Álvaro Lafuente Calvo, nado en Benicàssim o 27 de agosto de 1997, coñecido coma Guitarricadelafuente, é un cantautor, compositor, músico e actor español.

    25 visitas (0 de onte)35,40,35,26,23,61,40,0,25, 25

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    Urco

    Urco

    O can do Urco ou can do mar é unha figura mitolóxica galega. Trátase dun animal fantástico que adoita adoptar a forma dun enorme can negro ou branco con cornos e orellas longas. que sae do mar arrastrando cadeas e regresa ó mar tras percorrer camiños e congostras.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Carlos Ares

    Carlos Ares

    Carlos Ares, nado en 1997 na Coruña, é un músico, cantautor e produtor galego. A súa música foi definida como pop, folk e alternativa.

    24 visitas (↓10 de onte)27,23,30,39,73,81,37,66,34, 24

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    Mercedes Queixas

    Mercedes Queixas

    Mercedes Queixas Zas, nada na Coruña o 22 de xullo de 1968, é unha profesora, escritora e política galega, deputada no Parlamento de Galicia.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Tam

    Tam

    Tam é un manga da debuxante galega Aldara Álvarez García, coñecida como Anémona de Río, publicado por Retranca Editora en 2018. Foi presentado como o primeiro manga orixinal en galego.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    Easy On Me

    Easy On Me

    «Easy On Me» é unha canción composta e interpretada pola cantautora británica Adele para o seu cuarto álbum de estudo, 30 (2021). O tema foi lanzado ao mercado musical o 15 de outubro de 2021 a través de Columbia Records como o sinxelo principal de dito disco. O tema marca o seu retorno á industria musical despois de máis de cinco anos de inactividade.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    23 visitas (↓5 de onte)37,18,171,166,69,66,48,36,28, 23

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    23 visitas (↑2 de onte)36,43,41,84,37,34,19,24,21, 23

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    Santiago de Compostela

    Santiago de Compostela

    Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE, en 2025 o concello tiña 100.965 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».

    22 visitas (↑22 de onte)17,21,28,0,29,31,26,20,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

    Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

    22 visitas (↑2 de onte)0,18,0,32,38,23,28,0,20, 22

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    The Male Gaze: The Heat of the Night

    The Male Gaze: The Heat of the Night

    The Male Gaze: The Heat of the Night é un filme de antoloxía de 2019 distribuído por NQV Media. Reúne seis curtametraxes de temática homosexual procedentes do Reino Unido, España, Israel, Suecia e Bélxica, dirixidas por Eoin Maher, Osama Chami, Enrique Gimeno, Moshe Rosenthal, Valentina Chamorro Westergårdh, Anthony Schatteman e Guido Verelst. É a segunda entrega da colección The Male Gaze, iniciada con The Male Gaze: First Kiss.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Lingua galega

    Lingua galega

    O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

    22 visitas (↑1 de onte)23,34,37,0,29,0,20,26,21, 22

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    Frente Amplio (España)

    Frente Amplio (España)

    Frente Amplio é un proxecto de coalición electoral española de esquerdas impulsado polas formacións Movemento Sumar, Izquierda Unida, Más Madrid e Catalunya en Comú co fin de presentarse conxuntamente ás eleccións xerais do 29 de novembro de 2026. Entre febreiro e setembro de 2026, antes da constitución desta coalición, os seus partidos promotores celebraron varios actos e eventos públicos preparativos baixo o slogan Un Paso al Frente. Logo diso, a inicios de outubro dese ano foi publicado que o nome da nova coalición sería Frente Amplio, anunciándose que o seu acto de presentación oficial será celebrado o 17 de outubro de 2026.

    21 visitas (↓35 de onte)0,0,37,40,40,65,57,55,56, 21

    8 días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Laura Boado

    Laura Boado

    Laura Boado, nada en Santiago de Compostela en 1998, é unha presentadora de televisión galega.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,34,0,0,32,32,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    Paula Prado del Río

    Paula Prado del Río

    Paula Prado del Río, nada en Santiago de Compostela en 1971, é unha avogada e política galega do PPdeG.

    21 visitas (↓10 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,31, 21

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    Ariccia

    Ariccia

    Ariccia é un comuna de Italia na cidade metropolitana de Roma Capital, na rexión do Lacio, nos Colli Albani. Está a uns 25 quilómetros ao sueste de Roma e forma parte dos Castelli Romani. Segundo datos do Istat, tiña 17 938 habitantes o 1 de xaneiro de 2026.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    Criptomeria

    Criptomeria

    A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).

    21 visitas (↓4 de onte)27,72,25,46,26,23,47,0,25, 21

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    Senén Barro

    Senén Barro

    Senén Barro Ameneiro, nado o 21 de novembro de 1962 nas Pontes de García Rodríguez é un físico e profesor universitario galego.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    Pornografía

    Pornografía

    A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".

    20 visitas (↑1 de onte)0,19,22,20,23,0,20,19,19, 20

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    Mates

    Mates

    Mates é un filme independente británico de drama romántico de 2023, escrito e dirixido por Arno Crous e producido por Arcturus Pictures. Está protagonizado por James Wiles, Jonathan Cobb, Rafe Bird e Sam Law. A historia segue a un mozo que, durante unha excursión cos seus amigos, coñece un home cuxos intentos de sedución o levan a cuestionar a súa sexualidade e a súa idea da masculinidade.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    Frank Germain Jonathan Miller

    Frank Germain Jonathan Miller

    Frank Germain Jonathan Miller, nado en Neuchâtel (Suíza) o 24 de maio de 2006, é un xogador de fútbol helvético-camerunés. xoga como central no Celta de Vigo Fortuna, de Primeira Federación.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Teresa de Ávila

    Teresa de Ávila

    Teresa de Ávila, tamén chamada Tareixa de Ávila ou Tareixa de Xesús, nada como Teresa de Cepeda y Ahumada, naceu en Ávila o 28 de marzo de 1515 e finou en Alba de Tormes o 4 de outubro de 1582. Foi unha relixiosa, doutora da Igrexa católica, mística e escritora española. Fundou a Orde dos Carmelitas Descalzos.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    Antonio Romero Alfaro

    Antonio Romero Alfaro

    Antonio Javier Romero Alfaro, nado en Puerto Real en 1975, é un político español que foi o líder do partido político Sí Se Puede Puerto Real, afiliado a Podemos, desde a súa fundación ata a súa dimisión en 2021. Tamén foi alcalde da súa cidade natal de 2015 a 2019. Durante a súa xuventude, Antonio Romero participou en movementos políticos como manifestacións en defensa dos Estaleiros de Puerto Real.

    20 visitas (↓4 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,24, 20

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    Femme (filme)

    Femme (filme)

    Femme é un filme de suspense británico de 2023 escrito e dirixido por Sam H. Freeman e Ng Choon Ping, no seu debut en longametraxes. É a adaptación da súa curtametraxe homónima de 2021, nomeada aos premios BAFTA. Está protagonizado por Nathan Stewart-Jarrett, George MacKay, Aaron Heffernan, John McCrea e Asha Reid.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    Rusia

    Rusia

    Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    A Coruña

    A Coruña

    A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

    19 visitas (↑19 de onte)0,26,0,25,0,0,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    Cruz de Borgoña

    Cruz de Borgoña

    A Cruz de Borgoña ou Aspa de Borgoña é unha representación da Cruz de Santo André na que os troncos que forman a cruz aparecen cos seus nós nos lugares onde se cortan as ramas. Este emblema foi incluído nos escudos de armas e nas bandeiras de España, tanto de terra como de mar, desde 1506, época da súa introdución coa Garda borgoñoa de Filipe o Fermoso, até Xoán Carlos I. A Cruz de Borgoña desapareceu do escudo de armas do rei de España, e do seu estandarte, no reinado de Filipe VI, así como nos estandartes, bandeiras, bandeirolas, guións, pendóns e confalóns das Forzas Armadas de España. Esta cruz tamén é a orixe do símbolo distintivo que marca as colas dos avións do Exército do Aire de España.

    19 visitas (↓11 de onte)0,0,0,0,0,0,80,81,30, 19

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    José Antonio Barroso Toledo

    José Antonio Barroso Toledo

    José Antonio Barroso Toledo, nado en Puerto Real o 14 de abril de 1952, é un político español que foi alcalde de Puerto Real dúas veces, de 1979 a 1995 e de novo de 1999 a 2011. Entre 1986 e 1989, foi deputado no Parlamento de Andalucía representando a circunscrición de Cádiz. É o único alcalde da vila que foi reelixido e que serviu no parlamento.

    19 visitas (↓1 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,20, 19

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    Aser Álvarez

    Aser Álvarez

    Aser Álvarez González, nado en Bande o 20 de xuño de 1976, é un cineasta e xornalista galego.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    Domingo García-Sabell

    Domingo García-Sabell

    Domingo García-Sabell Rivas, nado en Santiago de Compostela o 8 de outubro de 1909 e finado na Coruña o 5 de agosto de 2003, foi un médico, escritor, político e académico galego, presidente da Real Academia Galega.

    19 visitas (↓12 de onte)0,0,772,477,301,78,153,55,31, 19

    8 días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    Xunta de Galicia

    Xunta de Galicia

    A Xunta de Galicia é o órgano colexiado de goberno de Galicia, tal e como aparece definido no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais os conselleiros. As vicepresidencias e os conselleiros noméanse desde a presidencia.

    19 visitas (↑19 de onte)22,22,32,23,0,0,21,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    Carme da Silva

    Carme da Silva

    María Carme da Silva Méndez, nada en Pontevedra o 26 de decembro de 1966, é unha política galega do Bloque Nacionalista Galego.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0,0,0,0,19,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Carlos Cuerpo

    Carlos Cuerpo

    Carlos Cuerpo Caballero, nado en Badaxoz o 26 de setembro de 1980, e un economista español, ministro de Economía, Comercio e Empresa dende decembro de 2023.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    Cayetana Álvarez de Toledo

    Cayetana Álvarez de Toledo

    Cayetana Álvarez de Toledo y Peralta-Ramos, XIII marquesa de Casa Fuerte, nada en Madrid o 15 de outubro de 1974, é unha xornalista, historiadora e política española. Tamén posúe as nacionalidades arxentina e francesa. Militante do Partido Popular, foi deputada no Congreso por Madrid entre 2008 e 2015 e dende 2019 é deputada.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    Pobo galego

    Pobo galego

    Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.

    18 visitas (↓10 de onte)19,0,80,36,46,22,32,30,28, 18

    8 días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    Relación sexual humana

    Relación sexual humana

    No ser humano chámanse actos sexuais ou relacións sexuais a calquera acto íntimo de carácter sexual celebrados por persoas, en número e xénero variables co obxectivo de dar ou recibir pracer sexual. Neles interveñen aspectos fisiolóxicos, psíquicos, sociais e morais do individuo, entre outros.

    18 visitas (↓12 de onte)0,0,0,0,0,0,0,24,30, 18

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Antonio Posse Roybanes

    Antonio Posse Roybanes

    Vicente Antonio Posse Roybanes, nado en Betanzos en 1753 e finado na Coruña en 1809, foi un médico galego.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    Marcial Mouzo

    Marcial Mouzo

    Marcial Mouzo Vidal, máis coñecido como Marcial Mouzo, nado en Camariñas o 20 de abril de 1961, é un xornalista e comunicador galego.

    18 visitas (↓2 de onte)0,33,0,0,0,0,24,0,20, 18

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Eleccións municipais en Ordes

    Eleccións municipais en Ordes

    Estes foron os resultados das eleccións municipais no concello de Ordes dende 1979.

    18 visitas (↓20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,38, 18

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    Margarita Robles

    Margarita Robles

    María Margarita Robles Fernández, nada en León o 10 de novembro de 1956, é unha xuíza e política española, actual ministra de Defensa do Goberno de España.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    Alba de Evan Freijedo

    Alba de Evan Freijedo

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    PDF

    PDF

    PDF (Portable Document Format, Formato de Documento Portábel) é un formato de ficheiro aberto creado por Adobe para crear documentos impresos como se se tratase dunha imaxe electrónica que o usuario pode observala no PC, imprimila etc empregando un programa lector apropiado. O fundamental deste formato é que o aspecto dos documentos é independente do dispositivo electrónico no que se visualice. O lector máis coñecido é o Adobe Reader.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    Juventus F.C.

    Juventus F.C.

    A Juventus Football Club S.p.A. é un club italiano de fútbol con sede en Turín. Fundouse o 1 de novembro de 1897 e compite na Lega Calcio Serie A. É tamén coñecida como "Juve" ou "La Vecchia Signora (A Vella Señora)". Os seus maiores rivais son: Torino FC, AS Roma, AC Milan e Inter de Milán.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    Irene García Macías

    Irene García Macías

    Irene García Macías, nada en Sanlúcar de Barrameda o 8 de marzo de 1980, é unha política española do PSOE, que foi deputada no Parlamento de Andalucía de 2022 a 2026 e alcaldesa do concello andaluz de Sanlúcar de Barrameda de 2007 a 2023. É nai dun fillo.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    Manuel Lourenzo

    Manuel Lourenzo

    Este artigo trata sobre o actor e autor teatral, para o narrador galego véxase Manuel Lourenzo González. Manuel María Lourenzo Pérez, nado en Ferreira do Valadouro o 15 de abril de 1943, e finado na Coruña o 10 de agosto de 2025, foi un actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, tradutor galego, e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    Khmer vermellos

    Khmer vermellos

    Khmer vermellos (en francés Khmers Rouges, en camboxano ខ្មែរក្រហម, Khmae Krɑ-hɑɑm) é o nome co que foi coñecida a organización guerrilleira camboxana que, tras a Guerra de Vietnam, a saída dos Estados Unidos e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomaron o poder o 17 de abril de 1975 (a «Caída de Phnom Penh»). Os Khmer vermellos fundaron Kampuchea Democrática, un sistema de goberno de características autoritarias que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración maoísta, consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consigna da evacuación das cidades e destrución da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura khmer ancestral baixo a dirección de Pol Pot, o seu principal líder. Ademais dun férreo control militar sobre a poboación civil, sometida en boa parte a un réxime de traballos forzados, desenvolveron extensos métodos de detención, tortura e asasinatos selectivos en masa, baixo a consigna da chamada «procura do inimigo interno».

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    Se Acabó la Fiesta

    Se Acabó la Fiesta

    Se Acabó la Fiesta (SALF) é unha agrupación de electores española fundada pola personalidade das redes sociais Alvise Pérez, antigo militante de Cidadáns e UPyD, así como delegado internacional da á xuvenil dos Liberal Demócratas no Reino Unido. Politicamente, SALF describiuse a si mesma como unha forza política anticorrupción, antisistema e liberal. Varios analistas políticos e medios de comunicación considérana unha agrupación populista de extrema dereita que compite con Vox.

    16 visitas (↓2 de onte)18,21,0,0,0,0,0,0,18, 16

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    César Carballeira

    César Carballeira

    César Carballeira Domínguez, nado na Coruña o 10 de febreiro de 1996 é un xogador galego de hóckey a patíns, que xoga na posición de defensa no FC Porto, da Primeira División de Portugal, Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Liceo da Coruña, co que gañou oito títulos. Internacional coa selección española, conquistou con esta o Campionato do Mundo de 2024 e os Campionatos de Europa de 2021 e 2023.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,25,19,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    Rodrigo Costoya

    Rodrigo Costoya

    Rodrigo Costoya Santos, nado en Torrelavega en 1977, é un docente e escritor galego.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️

Estes datos son de .