Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Junts per Catalunya (partido político)
Junts per Catalunya (abreviado Junts ou JxCat) é un partido político de ideoloxía independentista catalá e apostas transversais mediante o enfrontamento unilateral coa España democrática e a internacionalización do conflito catalán. A fundación deste partido foi a iniciativa do expresidente catalán Carles Puigdemont xunto con varios membros da coalición homónima Junts per Catalunya (tanto de CNxR -por exemplo, Jordi Sánchez e Elsa Artadi- como do PDeCAT -Jordi Turull, Josep Rull, Joaquim Forn, entre outros— e exmembros de ERC —Toni Comín, Josep Costa, Eusebi Campdepadrós, entre outros) co fin de reestruturar este espazo baixo un partido político unificado, que aspira a ser a "corrente central do catalanismo" baixo un claro "liderado". O seu proceso congresual comezou en xullo de 2020 (a pesar de ter sido rexistrado no Rexistro de partidos políticos do Ministerio do Interior en xullo de 2018) e non debe confundirse coa coalición Junts per Catalunya.
Arctocephalus gazella é unha especie de otárido que vive nas illas e zona mariña ao norte da Antártida, e forma colonias principalmente en Xeorxia do Sur e as illas veciñas. Como todas as demais especies de otáridos con pelame valioso, estes animais antárticos foron dezmados por cazadores de focas desde finais do século XVIII e considerábanse extintas xa na década de 1830. Porén, pequenas poboacións residuais permitiron que as poboacións se recuperasen, e as estritas leis de protección fixeron que crecesen ata ter máis de 1,6 millóns de exemplares en Xeorxia do Sur e uns 500.000 noutras rexións a principios nos anos 90.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Francisco del Valle-Inclán de los Santos, nado en Sobrán (Vilagarcía de Arousa) o 29 de febreiro de 1736 e morto en Santiago de Compostela en 1804, foi un persoeiro da Universidade de Santiago de Compostela. Colexial do Colexio de San Clemente e membro do seu Claustro, xogou un importante papel nas reformas universitarias postas en marcha polos Borbóns.
O Movemento 15-M, tamén chamado movemento dos indignados, é un movemento cidadán formado após a manifestación do 15 de maio de 2011 (convocada por diversos colectivos), onde despois de que 40 persoas decidisen acampar na Porta do Sol esa noite de xeito espontáneo, produciuse unha serie de protestas pacíficas en España co obxectivo de promover unha democracia máis participativa arredada do bipartidismo PSOE - PP e do dominio de bancos e corporacións, así como unha "auténtica división de poderes" e outras medidas coa intención de mellorar o sistema democrático. Aglutinou diversos colectivos cidadáns con diferentes lemas, como o da manifestación do 15 de maio: «Non somos monicreques en mans de políticos e banqueiros» ou «Democracia real XA! Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros ».
Miguel Antonio de Montes y Piñeyro
Miguel Antonio de Montes y Piñeyro, nado en Vigo en 1715, e finado en Santiago de Compostela en 1781, foi un ilustrador, calígrafo e eclesiástico galego do século XVIII, vinculado á Universidade de Santiago de Compostela. Formouse no ámbito académico compostelán, onde destacou pola súa habilidade gráfica e pola caligrafía ornamental.
O Cancioneiro popular galego é un traballo de investigación realizado por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina e promovido pola Fundación Barrié, que recolle unha amplísima recompilación das cancións populares do país. Esta obra supón a máxima achega realizada até o momento na área de coñecemento e conservación do folclore musical de Galicia. Cada un dos sete volumes divídese nun tomo de melodías e partituras e outro de letras.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
María Ángeles Amador Millán, nada o 10 de outubro de 1949 en Madrid, é unha política española. Estudou dereito, militante do PSOE foi secretaria xeral técnica do Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo (1986), foi ministra de Sanidade e Consumo (1993-1996) e deputada no Congreso dos Deputados por Segovia (1996-2002).
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
NAZA é un filme documental británico de 2026 dirixido e escrito polos cineastas israelís Yuval Abraham e Rachel Szor e producido por The Guardian e JW Films. A película parte das investigacións xornalísticas que o propio Abraham desenvolveu sobre as operacións de intelixencia israelís na Franxa de Gaza durante a guerra de Gaza, e constrúe o seu relato arredor dos testemuños de 24 militares e integrantes dos servizos de intelixencia israelís que manteñen as súas identidades ocultas. O filme trata os sistemas de vixilancia e análise de datos, a identificación de obxectivos e os procedementos empregados para determinar o dano civil previsto nos ataques aéreos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Gabriel Rufián Romero, nado en Barcelona o 8 de febreiro de 1982, é un activista social e político catalán vinculado con movementos sociais de esquerdas e independentistas. Presentouse nas eleccións xerais españolas de 2015, 2016, abril de 2019 e novembro de 2019 como cabeza de lista de ERC e foi elixido membro do Congreso dos Deputados español.
Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada. Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz. Membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), é considerado o poeta español máis lido de tódolos tempos.
A maioría das linguas de Europa pertencen á familia de linguas indoeuropeas. Esta familia está dividida en numerosas pólas, incluíndo a itálica, a xermánica, a báltica, a eslava, a albanesa, a céltica, a armenia e a helénica (grego). As linguas urálicas, que inclúen o húngaro, o finés e o estoniano, tamén teñen unha presenza significativa en Europa.
Kaliningrado (en ruso: Калининград, tr. "Kaliningrad", [kəlʲɪnʲɪnˈgrat] (AFI)), Królewiec en polaco, Karaliaučius en lituano, antigamente chamada Königsberg (pronuncia en alemán [ˈkøːnɪçsˌbɛʁk] (AFI)), é a capital da provincia rusa de Kaliningrad, enclave ruso entre Polonia e Lituania, na beira do Mar Báltico. A cidade tamén é célebre polo problema topolóxico das Sete pontes de Königsberg, resolvido por Euler no 1736.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 235.374.
Mundial de Fútbol de 2014 - Final
A Final do Mundial de Fútbol de 2014 foi o partido final da 20ª edición da Copa do Mundo da FIFA. Disputuse o 13 de xullo de 2014 no estadio do Maracanã do Río de Xaneiro entre as seleccións de Alemaña e a Arxentina, resultando vencedor por 1-0 o equipo europeo, que conquistou así o seu cuarto título mundial. O autor do único gol do partido foi Mario Götze.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
George Soros, nado en Budapest o 12 de agosto de 1930, é un financeiro, investidor e ecoloxista político, de orixe húngara e nacionalidade canadense. Actualmente, é presidente do Soros Fund Management LLC e do Open Society Institute. Soros fíxose famoso como a persoa que "comeu o Banco de Inglaterra" o Mércores Negro (16 de setembro de 1992).
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
Isabel Rodríguez García, nada en Abenójar, provincia de Cidade Real, o 5 de xuño de 1981, é unha avogada e política española, deputada no Congreso dos Deputados polo PSOE e que dende xullo de 2017, presidiu a Comisión de Xustiza. En xullo de 2021, foi nomeada ministra de Política Territorial por Pedro Sánchez e, tamén, voceira do seu goberno. En novembro de 2023 foi nomeada ministra de Vivenda e Axenda Urbana.
Lizzie Andrew Borden, nada en Fall River, Massachusetts o 19 de xullo de 1860 e finada no mesmo lugar o 1 de xuño de 1927, coñecida como Lizzie Borden, foi unha muller solteira de Nova Inglaterra e a única sospeitosa dos asasinatos do seu pai e da súa madrasta, que tiveron lugar na súa casa o 4 de agosto de 1892. A crueldade do dobre asasinato, levado a cabo a machadas, así como o posterior xuízo e o feito de que ninguén fose finalmente condenado polas mortes, converteu o caso nunha cause celébre en Norteamérica e segue sendo un episodio cheo de dúbidas no mundo da criminoloxía. Aínda que Lizzie Borden foi absolta dos crimes, si que quedou ela como a autora deles, converténdose nunha figura mítica do folclore estadounidense, que aparece en numerosas pezas de teatro ou ópera, así como en filmes.
Teslem Andala Ubbi, nada nos campos de refuxiados de Tindouf, Alxeria, o 30 de maio de 1994, máis coñecida como Tesh Sidi (en árabe: تسلم سيدي), é unha enxeñeira informática e política saharauí, que tras ser activista anticolonialista e pola independencia do pobo saharauí, foi elixida deputada no Congreso, onde é vicepresidenta segunda da comisión de Economía, Comercio e Dixitalización.
Olivier Martinez, nado en París o 12 de xaneiro de 1966, é un actor de cinema francés. Acadou a fama grazas a varios filmes franceses como Un, deux, trois, soleil (1993), o cal lle valeu o Premio César ó actor máis prometedor, Le hussard sur le toit (1995), e La camarera del Titanic (1997). Tamén apareceu en filmes producidos en Hollywood, incluíndo Before Night Falls (2000), o filme de suspense erótico Unfaithful (2002) e S.W.A.T. (2003).
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
A Currie Cup é o campionato nacional de liga de rugby en Suráfrica. A competición está dividida en dúas categorías, a Premier Division cos 8 mellores equipos, e a First Division cos outros 6 equipos. A tempada regular do torneo comeza en xullo e remata en outubro despois de 14 xornadas, para deixar paso ás semifinais e á final polo campionato.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil da TVG que comezou a emitirse o 18 de abril de 1994. O protagonista do programa é o personaxe animado do "Xabarín", un xabaril antropomorfo deseñado por Miguelanxo Prado e ao cal dá voz Juanillo Esteban. O "Xabarín" realiza a función de presentador do programa, o cal inclúe un club de socios, a emisión de series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia, como Xabarín News ou Os vixilantes do Camiño, a primeira serie animada de produción galega que emitiu o Xabarín Club.
Patrimonio da Humanidade en Vietnam
Os sitios do Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) son lugares de importancia para o patrimonio cultural ou o patrimonio natural, tal e como se describe na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, establecida en 1972. Vietnam aceptou a convención o 19 de outubro de 1987, o que permitiu que os seus sitios naturais e culturais puidesen ser incluídos na lista. A data de 2025, hai nove sitios do Patrimonio da Humanidade en Vietnam, incluíndo seis sitios culturais, dous naturais e un mixto.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Cabalgar en solitario (en inglés: Ride Lonesome) é un filme estadounidense de 1959 dirixido por Budd Boetticher e protagonizado por Randolph Scott, Karen Steele, Pernell Roberts, Lee Van Cleef e James Coburn, no seu debut cinematográfico. Este filme en Eastmancolor é un dos chamados do "ciclo Ranown" de Boetticher, feitos xunto a Randolph Scott, o produtor executivo Harry Joe Brown e o guionista Burt Kennedy, o cal comezou con Seven Men from Now.
Cristina Ortiz Rodríguez, nada o 19 de marzo de 1964 en Adra e finada o 9 de novembro de 2016 en Madrid, máis coñecida polo alcume de La Veneno ("A Veleno"), foi unha vedete, cantante e colaboradora de televisión española, famosa por intervir nos programas de entrevistas nocturnos Esta noche cruzamos el Mississippi e La sonrisa del pelícano, emitidos en España entre 1996 e 1997, ámbolos dous programas presentados polo xornalista Pepe Navarro. La Veneno foi unhas das primeiras mulleres transxénero en visibilizar a realidade do colectivo transxénero, e é recoñecida como unha das iconas LGBT máis atrevidas de España.
Julio Alonso Llamazares, nado en Vegamián (León) o 28 de marzo de 1955, é un novelista, escritor de viaxes, poeta e guionista español. Foi dúas veces finalista do premio Nacional de Literatura de España polas súas novelas Luna de lobos (1985) e La lluvia amarilla (1988), que finalmente gañou en 2026 con El viaje de mi padre.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Hair, subtitulada The American Tribal Love/Rock Musical, é unha ópera beat sobre a cultura hippy dos anos 1960 nos Estados Unidos, que trata de temas como o amor, a paz, a liberdade sexual ou o uso de drogas, polo que produciu certo impacto na época, xa que incluía, ademais, os espidos integrais de todos os actores e actrices nalgunhas escenas. Máis alá de todo isto, o musical Hair deixou algunhas das cancións máis coñecidas en todo o mundo até hoxe en día, como Aquarius ou Let the Sunshine in. A obra foi orixinalmente escrita por James Rado e Gerome Ragni (letra), e Galt MacDermot (música).
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é un partido político de esquerda da comunidade autónoma de Galicia, fundado en 1982 como unha fronte unitaria integrada por diversas organizacións nacionalistas galegas co obxectivo de promover a soberanía e a autodeterminación da nación galega. O partido xurdiu da unión de pequenos grupos nacionalistas durante a transición española á democracia. Nun primeiro momento obtivo resultados electorais modestos, pero foi incrementando progresivamente o seu apoio grazas á súa defensa dos intereses de Galicia fronte ao que consideraba unha explotación económica e unha marxinación cultural por parte do Estado español.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Luar é un programa da Televisión de Galicia. Trátase dun dos grandes éxitos da TVG, sendo líder de audiencia na súa franxa horaria e cunha especial relevancia na audiencia entre os galegos emigrados a través de Galicia TV. Mantense no aire desde o 30 de setembro de 1992, presentado dende os seus inicios por Xosé Ramón Gayoso. É o segundo programa máis lonxevo da Televisión de Galicia, só por detrás do En xogo.
A dobre penetración (ás veces chamada DP para abreviar) é unha práctica sexual que consiste en que unha persoa é penetrada simultaneamente por múltiples orificios ou nun único orificio por dous penes ou outros obxectos. Comunmente, no caso de que a persoa penetrada sexa unha muller, o habitual é que a dobre penetración se realice a través do orificio vaxinal e o ano ao mesmo tempo.
Sasuke Uchiha (うちはサスケ, Uchiha Sasuke) é un personaxe do manga e anime Naruto. O seu nome provén dun lendario ninja chamado Sarutobi Sasuke e o seu apelido é outra forma de pronunciar "uchiwa", ou abano de papel, que é, de feito, o símbolo do clan Uchiha. Sasuke procede do famoso clan Uchiha, o cal é un dos máis antigos e poderosos da aldea de Konoha.
Isabel Zendal Gómez, nada na Grela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.
O fingering refírese ao uso dos dedos ou das mans para estimular sexualmente a vulva (incluíndo o clítoris), a vaxina ou o ano. O uso dos dedos pódese realizar sobre un mesmo (masturbación) ou por ou cunha compañeira sexual. Cando se realiza na vulva ou na vaxina por parte dunha parella sexual, é unha forma de masturbación mutua, e é análoga a unha palla (a estimulación manual do pene).