Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Os mamíferos acuáticos e os semiacuáticos son un diverso grupo de mamíferos que viven parcial ou enteiramente nun corpo de auga. Entre eles están varios mamíferos mariños que habitan no océano, e diversas especies de auga doce, como a lontra. Non constitúen un taxon e non están unificados en ningún agrupamento biolóxico distintivo, que non sexa a súa dependencia ou relación integral cos ecosistemas acuáticos.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
As mil e unha noites (en árabe: كتاب ألف ليلة وليلة, Alf layla wa-layla ou en persa: هزار و یک شب) é unha compilación de historias e contos populares orixinarios de Oriente Medio e Asia Meridional, compilados en lingua árabe a partir do século IX. A obra foi recompilada durante moitos séculos por varios autories, tradutores e estudosos de Asia occidental, central e meridional e do norte de África. Algúns contos teñen as súas raíces no folclore e nas literaturas árabe, persa, india, grega, xudía e turca. En particular, moitos dos relatos foron contos orixinais das eras abbásida e mamluk, mentres que outros, especialmente a historia marco, probablemente proceden da obra persa pahlavi Hezār Afsān (persa: هزار افسان, literalmente Mil Contos), que en cambio teñen en parte elementos indios.
Andrés Lapique do Barro, máis coñecido como Andrés do Barro, tamén coñecido como Andrés Dobarro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego. Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo. Malia os atrancos para a expresión musical en galego, varias cancións súas foron número un nas principais cadeas radiofónicas estatais.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Allan Stewart Koningsberg, coñecido como Woody Allen, nado o 30 de novembro do ano 1935 en Nova York, é un director de cine, guionista, actor, músico e cómico estadounidense. Ao longo da súa carreira gañou varios Óscars. O seu elevado número de traballos e o seu peculiar estilo convérteno nun dos directores de cine máis respectados e prolíficos dos últimos tempos.
Asunta Yong Fang Basterra Porto, nada como Fang Yong o 30 de setembro de 2000 e finada o 21 de setembro de 2013, era unha nena galega de orixe chinesa cuxo cadáver apareceu nunha pista forestal do concello de Teo o 22 de setembro de 2013, pouco antes de que cumprise trece anos. O forense determinou que morreu por asfixia e que consumira unha dose alta de Lorazepam o día da súa morte, máis de nove veces a dose máis alta para un adulto. A investigación sobre o seu asasinato coñeceuse como Caso Asunta Basterra, ou simplemente Caso Asunta.
NAZA é un filme documental británico de 2026 dirixido e escrito polos cineastas israelís Yuval Abraham e Rachel Szor e producido por The Guardian e JW Films. A película parte das investigacións xornalísticas que o propio Abraham desenvolveu sobre as operacións de intelixencia israelís na Franxa de Gaza durante a guerra de Gaza, e constrúe o seu relato arredor dos testemuños de 24 militares e integrantes dos servizos de intelixencia israelís que manteñen as súas identidades ocultas. O filme trata os sistemas de vixilancia e análise de datos, a identificación de obxectivos e os procedementos empregados para determinar o dano civil previsto nos ataques aéreos.
Kaliningrado (en ruso: Калининград, tr. "Kaliningrad", [kəlʲɪnʲɪnˈgrat] (AFI)), Królewiec en polaco, Karaliaučius en lituano, antigamente chamada Königsberg (pronuncia en alemán [ˈkøːnɪçsˌbɛʁk] (AFI)), é a capital da provincia rusa de Kaliningrad, enclave ruso entre Polonia e Lituania, na beira do Mar Báltico. A cidade tamén é célebre polo problema topolóxico das Sete pontes de Königsberg, resolvido por Euler no 1736.
Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada. Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz. Membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), é considerado o poeta español máis lido de tódolos tempos.
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
O Movemento 15-M, tamén chamado movemento dos indignados, é un movemento cidadán formado após a manifestación do 15 de maio de 2011 (convocada por diversos colectivos), onde despois de que 40 persoas decidisen acampar na Porta do Sol esa noite de xeito espontáneo, produciuse unha serie de protestas pacíficas en España co obxectivo de promover unha democracia máis participativa arredada do bipartidismo PSOE - PP e do dominio de bancos e corporacións, así como unha "auténtica división de poderes" e outras medidas coa intención de mellorar o sistema democrático. Aglutinou diversos colectivos cidadáns con diferentes lemas, como o da manifestación do 15 de maio: «Non somos monicreques en mans de políticos e banqueiros» ou «Democracia real XA! Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros ».
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Patrimonio da Humanidade en Uzbekistán
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) designa como Patrimonio da Humanidade aqueles bens de valor universal excepcional —xa sexan de patrimonio cultural ou patrimonio natural— que foron propostos polos estados asinantes da Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO de 1972. O patrimonio cultural comprende monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), conxuntos de edificios e sitios (incluíndo xacementos arqueolóxicos). O patrimonio natural comprende elementos naturais (formacións físicas e biolóxicas), formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo hábitats de especies animais e vexetais ameazadas) e sitios naturais que son importantes desde o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural.
Arctocephalus gazella é unha especie de otárido que vive nas illas e zona mariña ao norte da Antártida, e forma colonias principalmente en Xeorxia do Sur e as illas veciñas. Como todas as demais especies de otáridos con pelame valioso, as focas antárticas foron dezmadas por cazadores de focas desde finais do século XVIII e considerábanse extintas xa na década de 1830. Porén, pequenas poboacións residuais permitiron que as poboacións se recuperasen, e as estritas leis de protección fixeron que crecesen ata termáis de 1,6 millóns de exemplares en Xeorxia do Sur e uns 500.000 noutras rexións a principios nos anos 90.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Diego Luna Alexander, nado en Cidade de México o 29 de decembro de 1979, é un actor, director e produtor mexicano. É coñecido polo seu traballo como actor infantil en telenovelas, por protagonizar Y tu mamá también e polos seus papeis secundarios en filmes como Rudo y Cursi, The Terminal, Elysium e Milk. Tamén protagonizou a carón de Romola Garai o filme Dirty Dancing: Havana Nights e proporcionou a narración en lingua española do documental de National Geographic Great Migrations.
A masturbación é a estimulación dos órganos xenitais e das zonas eróxenas co obxecto da obtención de pracer sexual, podendo alcanzar, ou non, o orgasmo. Pode ir acompañada de fantasías de natureza erótica. Xeralmente a masturbación considérase unha práctica sexual solitaria, se ben tamén se pode realizar sobre os xenitais doutra persoa, como ocorre na masturbación mutua.
Édouard Philippe, nado en Ruán o 28 de novembro de 1970, é un político francés. Ocupou o cargo de primeiro ministro de Francia dende o 15 de maio de 2017 ata o 3 de xullo de 2020. Formado do Instituto de Estudos Políticos de París e na Escola Nacional de Administración (ENA), apoiou nos anos 90 ao Partido Socialista de Michel Rocard, dando máis tarde un xiro á dereita.
Phi Chaidai Kha (en tailandés: ผีใช้ได้ค่ะ) é un filme tailandés de 2025 dirixido e escrito por Ratchapoom Boonbunchachoke, no seu debut como director. Está protagonizado por Davika Hoorne, Witsarut Himmarat, Apasiri Nitibhon, Wanlop Rungkumjad e Wisarut Homhuan. É unha coprodución de Tailandia, Francia, Singapur e Alemaña.
Alternativa dos Veciños é un partido político que actuou ao longo da súa historia no concello de Oleiros. A partir das eleccións de 2015 iniciou un proceso de ampliación coa presentación de candidaturas nos concellos da Coruña, Arteixo e Culleredo o que lle permitu entrar na Deputación da Coruña. Nos anos seguintes o partido aumentou as agrupacións locais, e así tras as eleccións de 2019 fíxose coa alcaldía do concello de Carral e entrou nos gobernos locais de Bergondo e Sada.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
David Roy Lithgow, nado en Toowoomba o 20 de novembro de 1928 e finado en Brisbane o 26 de outubro de 1994, foi un médico, lingüista, tradutor bíblico e misioneiro protestante australiano vencellado ao Summer Institute of Linguistics (SIL) e á Wycliffe Bible Translators (WBT) . Desenvolveu durante máis de tres décadas o seu traballo principalmente na provincia de Milne Bay, en Papúa Nova Guinea, onde, en moitos casos en colaboración doa súa muller Daphne Lithgow, participou na tradución da Biblia, na descrición de varias linguas austronesias e en actividades médicas e educativas. Foi director rexional do SIL en Milne Bay dende a década de 1970 e coordinador de traducións do SIL en Papúa Nova Guinea de 1991 a 1993 .
O sexo oral refírese á práctica sexual consistente na estimulación erótica dos xenitais por medio da boca, lingua, dentes ou gorxa. O cunnilingus é o practicado nunha muller mentres a felación é nun home, o anilingus é a estimulación do ano. A excitación doutras partes do corpo, como bicar ou lamber non se considera sexo oral como tampouco a inxesta de líquidos xenitais, seme ou fluxo vaxinal sen contacto físico boca-vexitalia.
A maioría das linguas de Europa pertencen á familia de linguas indoeuropeas. Esta familia está dividida en numerosas pólas, incluíndo a itálica, a xermánica, a báltica, a eslava, a albanesa, a céltica, a armenia e a helénica (grego). As linguas urálicas, que inclúen o húngaro, o finés e o estoniano, tamén teñen unha presenza significativa en Europa.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurado con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981, estaba formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
O contador Geiger, tamén coñecido como detector Geiger ou contador Geiger-Müller, é un dos primeiros e máis simples instrumentos electrónicos capaces de detectar e medir radiación ionizante. A detección desta radiación realízase mediante o efecto de ionización producido nun tubo Geiger-Müller, que lle da nome a este detector de partículas. É usado en ámbitos como a protección radiolóxica, a física experimental, a industria nuclear e a dosimetría radioactiva.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 235.359.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Denomínase arquitectura vernácula, arquitectura tradicional ou arquitectura popular a todo tipo de arquitectura no que se empregan materiais e recursos da propia contorna na que a edificación é construída. Dese xeito, presenta carácter local ou rexional. É a arquitectura das clases populares, sen arquitectos nin planos, realizada polos propios usuarios ou por artesáns con escasa instrución, que constrúen diversos tipos de edificios, basicamente as vivendas das áreas rurais, así coma diversos tipos de edificacións ou elementos auxiliares (muros, estradas, pontes, muíños, lavadoiros, fontes, hórreos, pozos, eiras, palleiras, pendellos etc.) Normalmente se relaciona co mundo rural agrícola.
Eleccións municipais en Oleiros
Estes foron os resultados das eleccións municipais no concello de Oleiros dende 1979.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Sasuke Uchiha (うちはサスケ, Uchiha Sasuke) é un personaxe do manga e anime Naruto. O seu nome provén dun lendario ninja chamado Sarutobi Sasuke e o seu apelido é outra forma de pronunciar "uchiwa", ou abano de papel, que é, de feito, o símbolo do clan Uchiha. Sasuke procede do famoso clan Uchiha, o cal é un dos máis antigos e poderosos da aldea de Konoha.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
A lingua rusa ou ruso (antigamente coñecido como gran ruso, para diferenciala do ucraíno ou "pequeno ruso") (ruso: русский язык , romanizado: russkij jazyk ) ruso: [ˈruskʲɪj jɪˈzɨk] é unha lingua eslava oriental que se fala principalmente en Rusia. É a lingua nativa dos rusos, e pertence á familia das linguas indoeuropeas. É unha das catro linguas eslavas orientais vivas, e tamén forma parte das linguas baltoeslavas.
Félix Rubén García Sarmiento, coñecido como Rubén Darío, nado en Metapa (actual Ciudad Darío, Matagalpa), o 18 de xaneiro de 1867 e finado en León (Nicaragua) o 6 de febreiro de 1916, foi un poeta nicaraguano, iniciador e máximo representante do Modernismo literario en lingua castelá. É posiblemente o poeta que tivo unha maior e máis duradeira influencia na poesía do século XX no ámbito hispánico. É chamado príncipe das letras castelás.
Bueu é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Morrazo. O concello ten unha poboación de 12.189 habitantes (2016), unha superficie de 30,8 km² (26,3 km² continentais e 4,5 km² insulares) e unha densidade de poboación de 401,04 hab./km². O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bueués.
Este artigo trata sobre a exaculación dos machos en diversas especies de mamíferos, para a exaculación das femias humanas véxase exaculación feminina. A exaculación é a expulsión de líquido seminal a través do pene desde a vesícula seminal, causada pola contracción dos músculos na base do pene ou do epidídimo despois dun orgasmo.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués, que xoga como extremo no Al-Nassr FC, da Liga Profesional Saudita. É o máximo goleador da historia do fútbol e está considerado como un dos mellores futbolistas de todos os tempos. Foi distinguido co premio ao Mellor xogador da Premier League en 2007 e 2008, así como Deportista Portugués do Ano neses mesmos anos.