Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    María Jamardo

    María Jamardo

    María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.

    634 visitas (↑518 de onte)87,27,24,0,116, 634

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    Maternidade

    Maternidade

    A maternidade é a condición de nai, o feito de traer un bebé ao mundo. Por extensión o termo designa tamén o estabelecemento hospitalario onde se atende as mulleres durante o embarazo, parto e puerperio, así como os lactantes. É un concepto que abrangue moitos puntos de vista e o uso en plural.

    579 visitas (↑527 de onte)0,0,0,0,52, 579

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    Julio Nieto López

    Julio Nieto López

    Julio Nieto López, coñecido como Chevol ou Nardo, nado en Almería cara a 1907 e finado na Coruña o 21 de setembro de 1946, foi un militar e guerrilleiro antifranquista andaluz.

    481 visitas (↑481 de onte)0,0,0,0,0, 481

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    Patti Smith

    Patti Smith

    Patricia Lee Smith, nada en Chicago (Illinois) o 30 de decembro de 1946, é unha cantautora e poeta estadounidense, máis coñecida como Patti Smith.

    174 visitas (↑118 de onte)0,0,23,0,56, 174

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    Lingua náhuatl

    Lingua náhuatl

    A lingua náhuatl (que deriva de nāwatl; pronunciación náhuatl: [ˈnaːwat͡ɬ] ( )), nāwa, «son claro ou agradable» e tlahtōl-li, «lingua ou linguaxe»), coñecida tamén historicamente como lingua azteca ou lingua mexicana, é unha lingua, ou segundo algunhas definicións, un conxunto de linguas, que pertencen á familia de linguas uto-aztecas e son faladas polo pobo náhuatl. As variedades do náhuatl teñen 1,7 millóns de falantes, a maioría dos cales viven principalmente no centro de México e tamén algunhas poboacións máis pequenas nos Estados Unidos. O náhuatl fálase no centro de México dende cando menos o século VII. Era a lingua dos mexicas, que dominaron o que hoxe é o centro de México durante o período posclásico tardío da historia mesoamericana.

    122 visitas (↑54 de onte)0,18,24,44,68, 122

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    Ordes, Ordes

    Ordes, Ordes

    Santa María de Ordes é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Ordes. Segundo o IGE en 2013 tiña 7.542 habitantes (3.681 mulleres e 3.681 homes) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 5.966 habitantes.

    120 visitas (↓48 de onte)51,50,59,67,168, 120

    5+ días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Avia Veira

    Avia Veira

    Avia Veira González, nada na Coruña o 6 de setembro de 1986, é unha filóloga e política galega do BNG.

    96 visitas (↓191 de onte)0,0,0,584,287, 96

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    94 visitas (↓17 de onte)28,23,33,23,111, 94

    5+ días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    María José Pardo

    María José Pardo

    María José Pardo Pumar, "Pepa Pardo", nada en Santiago de Compostela o 26 de novembro de 1977, é unha política galega do Partido Popular de Galicia.

    93 visitas (↑93 de onte)0,0,0,0,0, 93

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    A.C. Ordes

    A.C. Ordes

    O AC Ordes é un equipo de hóckey a patíns da localidade de Ordes, que na tempada 2026/26 competirá na OK Liga Prata. O AC Ordes é o continuador do antigo Club Patín Ordes (desaparecido no 2003 ao pasar a formar parte do novo club), un club que competira varios anos na segunda categoría do hóckey a patíns español, a Primeira División Estatal, e que conseguira importantes logros en boa parte das súas categorías. En abril de 2011 o AC Ordes conseguiu o ascenso á Primeira División, segunda categoría do hóckey a patíns español logo de superar na fase de ascenso do sector norte a FM Roller Oviedo (12-5), Real Club Josaleta (2-5) e San Antonio (7-3), e deixou practicamente asegurado o ascenso logo da dobre xornada disputada o sábado 29 de abril.

    92 visitas (↓26 de onte)28,30,39,36,118, 92

    5+ días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    Xade

    Xade

    O xade é unha rocha ornamental. O termo xade é aplicado a dúas rochas metamórficas distintas compostas de diferentes minerais silicatados: A nefrita consiste nun agregado de fibras entrelazadas microcristalinas de calcio, mineral anfíbolo rico en magnesio-ferro da serie da tremolita (calcio-magnesio)-ferroactinolita (calcio-magnesio-ferro). O membro medio desta serie cunha composición intermedia é chamado actinolita (a forma mineral fibrosa sedosa é unha das formas do asbesto).

    85 visitas (↓15 de onte)0,48,79,105,100, 85

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    La bola negra

    La bola negra

    La bola negra é un filme dramático de 2026 dirixido por Javier Calvo e Javier Ambrossi, que escribiron o guión xunto con Alberto Conejero. É unha coprodución de España e Francia inspirada na obra teatral inacabada homónima de Federico García Lorca e en La piedra oscura, de Conejero. O elenco principal está formado por Guitarricadelafuente, Miguel Bernardeau, Carlos González e Milo Quifes, coa participación de Lola Dueñas, Penélope Cruz e Glenn Close.

    71 visitas (↓14 de onte)93,60,46,76,85, 71

    5+ días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    Teresa García-Sabell

    Teresa García-Sabell

    Teresa García-Sabell Tormo, nada en Santiago de Compostela o 11 de marzo de 1942, é unha filóloga e profesora galega. É filla do médico, escritor, político e académico Domingo García-Sabell.

    70 visitas (↑40 de onte)53,37,25,0,30, 70

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    Xoanqui Ameixeiras

    Xoanqui Ameixeiras

    Xoanqui Ameixeiras, nado en Fene en 1971, é un cociñeiro e presentador de televisión galego. Reside en Vilagarcía de Arousa.

    65 visitas (↑65 de onte)0,0,0,0,0, 65

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Lugares de Poio

    Lugares de Poio

    Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Poio

    57 visitas (↑57 de onte)0,0,0,0,0, 57

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    Javier Rodríguez Galiano

    Javier Rodríguez Galiano

    Javier Rodríguez Galiano, coñecido como Javi Rodríguez, nado en Poio o 26 de xuño de 2003, é un futbolista galego, que xoga como defensa central ou lateral dereito no Celta de Vigo, da Primeira División Española.

    57 visitas (↓26 de onte)171,19,0,0,83, 57

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Carlos Muñiz Muñoz

    Carlos Muñiz Muñoz

    Carlos Muñiz Muñoz, nado en Zaragoza o 21 de decembro de 1995, é un árbitro de fútbol español, que milita na Segunda División.

    55 visitas (↑55 de onte)0,0,0,0,0, 55

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    Reino de Galicia

    Reino de Galicia

    O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

    53 visitas (↑53 de onte)0,0,0,0,0, 53

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    Federación Galega de Montañismo

    Federación Galega de Montañismo

    A Federación Galega de Montañismo (F.G.M.) é o órgano oficial galego de control e organización dos deportes de montaña, como o sendeirismo, a escalada, o barranquismo, a marcha nórdica ou as carreiras por montaña. Creada o 23 de outubro de 1963, a súa sede está en Vigo e o súa presidenta é Josefina Maestu Almeida. Na actualidade (datos do 2022) ten 7.508 deportistas.

    49 visitas (↑49 de onte)0,0,0,0,0, 49

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    48 visitas (↑18 de onte)52,47,36,28,30, 48

    5+ días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    Julio García Comesaña

    Julio García Comesaña

    Julio García Comesaña, nado en Vigo en 1968, é un xestor e político galego, que foi conselleiro de Sanidade entre 2020 e 2024.

    48 visitas (↓1 de onte)0,0,142,192,49, 48

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    Píllara do gando

    Píllara do gando

    A pillara do gando (Anarhynchus pecuarius, antes Charadrius pecuarius) é unha pequena ave limícola (de 35–40 g) da familia Charadriidae que se reproduce preto da costa e en marisma salinas internas, ribeiras de ríos areentas ou lamacentas ou prados alcalinos con vexetación curta. É nativa de gran parte da África subsahariana, o delta do Nilo e Madagascar. Pénsase que é principalmente polígama e ten plumaxe monomórfica.

    45 visitas (↓13 de onte)0,0,0,0,58, 45

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    Eleccións municipais en Ordes

    Eleccións municipais en Ordes

    Estes foron os resultados das eleccións municipais no concello de Ordes dende 1979.

    45 visitas (↓23 de onte)0,0,0,0,68, 45

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    44 visitas (0 de onte)57,47,56,57,44, 44

    5+ días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    Pintarroxo caseiro

    Pintarroxo caseiro

    O pintarroxo caseiro (Haemorhous mexicanus, antes Carpodacus mexicanus) é un paxaro de América do Norte da familia dos frinxílidos. É nativo de México e do suroeste dos Estados Unidos, pero desde entón foi introducido na parte leste de América do Norte e Hawai, e atópase durante todo o ano en case todas as partes dos Estados Unidos e na maior parte de México, con terreos de reprodución no Canadá chegando ata o norte de Alberta. Conseguiu establecer poboacións en Murcia, España, como especie invasora a partir de exemplares en catividade escapados.

    39 visitas (↑39 de onte)0,0,0,0,0, 39

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    Pedro Sánchez

    Pedro Sánchez

    Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.

    39 visitas (↓40 de onte)0,0,0,0,79, 39

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    Moinante

    Moinante

    Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.

    37 visitas (↓21 de onte)69,32,42,102,58, 37

    5+ días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    Laura Boado

    Laura Boado

    Laura Boado, nada en Santiago de Compostela en 1998, é unha presentadora de televisión galega.

    36 visitas (↑36 de onte)0,0,21,21,0, 36

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    Carlos Nuevo Cal

    Carlos Nuevo Cal

    Carlos Nuevo Cal, nado en Viveiro o 17 de novembro de 1958, é un historiador e escritor galego. É cronista oficial de Viveiro dende o ano 2005.

    36 visitas (↑36 de onte)0,0,0,0,0, 36

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    Reino de Asturias

    Reino de Asturias

    O Reino de Asturias ou Reino dos ástures (en latín: Regnum Asturorum) dise fundado no 718 polo nobre visigodo Paio de Asturias. É considerado por algúns a primeira entidade política cristiá establecida trala invasión musulmá no 718 ou 722. Segundo a lenda, ese ano, Paio derrotou ao exército Omeia na batalla de Covadonga, o que tradicionalmente se considerou como o comezo da Reconquista.

    36 visitas (↑36 de onte)0,0,0,0,0, 36

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    Kuolleet lehdet

    Kuolleet lehdet

    Kuolleet lehdet é un filme finés-alemán de 2023 dirixido e escrito por Aki Kaurismäki. É a vixésimo longametraxe de Kaurismäki e unha continuación da súa serie Proletariado, que orixinalmente estaba prevista como unha triloxía e que inclúe Varjoja paratiisissa ( 1986), Ariel (1988) e Tulitikkutehtaan tyttö (1990). Alma Pöysti e Jussi Vatanen son os protagonistas deste filme.

    35 visitas (↑35 de onte)0,0,0,0,0, 35

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    Cayetana Álvarez de Toledo

    Cayetana Álvarez de Toledo

    Cayetana Álvarez de Toledo y Peralta-Ramos, XIII marquesa de Casa Fuerte, nada en Madrid o 15 de outubro de 1974, é unha xornalista, historiadora e política española. Tamén posúe as nacionalidades arxentina e francesa. Militante do Partido Popular, foi deputada no Congreso por Madrid entre 2008 e 2015 e dende 2019 é deputada.

    35 visitas (↓47 de onte)0,0,0,0,82, 35

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    Julian Barnes

    Julian Barnes

    Julian Patrick Barnes, nado en Leicester o 19 de xaneiro de 1946, é un escritor contemporáneo inglés. As súas novelas e relatos foron vistos como exemplos de literatura posmoderna. Gañou o Premio Booker - un dos máis prestixiosos en lingua inglesa- no ano 2011 por The Sense of An Ending e foi tres veces finalista dese mesmo premio con Flaubert's Parrot (1984), England, England (1998), e Arthur & George (2005).

    33 visitas (↑33 de onte)0,0,0,0,0, 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    Xunta de Galicia

    Xunta de Galicia

    A Xunta de Galicia é o órgano colexiado de goberno de Galicia, tal e como aparece definido no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais os conselleiros. As vicepresidencias e os conselleiros noméanse desde a presidencia.

    33 visitas (↓10 de onte)0,26,44,37,43, 33

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    Bloque Nacionalista Galego

    Bloque Nacionalista Galego

    O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é un partido político de esquerda da comunidade autónoma de Galicia, fundado en 1982 como unha fronte unitaria integrada por diversas organizacións nacionalistas galegas co obxectivo de promover a soberanía e a autodeterminación da nación galega. O partido xurdiu da unión de pequenos grupos nacionalistas durante a transición española á democracia. Nun primeiro momento obtivo resultados electorais modestos, pero foi incrementando progresivamente o seu apoio grazas á súa defensa dos intereses de Galicia fronte ao que consideraba unha explotación económica e unha marxinación cultural por parte do Estado español.

    31 visitas (↑5 de onte)19,21,22,0,26, 31

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    Alberto Núñez Feijóo

    Alberto Núñez Feijóo

    Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.

    30 visitas (↑30 de onte)18,40,17,19,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    Pobo galego

    Pobo galego

    Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.

    30 visitas (↑12 de onte)28,18,29,22,18, 30

    5+ días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    29 visitas (↓7 de onte)34,48,51,30,36, 29

    5+ días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    Christina Koch

    Christina Koch

    Christina Hammock Koch, nada en Grand Rapids, Míchigan (Estados Unidos) o 29 de xaneiro de 1979, é unha astronauta estadounidense da promoción do 2013 de astronautas da NASA.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    Emilio Ínsua

    Emilio Ínsua

    Emilio Xosé Ínsua López, nado en Viveiro en 1967, é un escritor e profesor galego.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    Ramón Vivero Geada

    Ramón Vivero Geada

    Ramón Vivero Geada, coñecido como Novolitos, nado en Xerdiz (Ourol) en 1909 e finado na Coruña o 21 de setembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Dolores Castro Ochoa

    Dolores Castro Ochoa

    Dolores Castro Ochoa, nada en Moreda (Seoane do Courel) o 5 de maio de 1977, é unha política galega do PPdeG.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    Lingua galega

    Lingua galega

    O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

    27 visitas (↓6 de onte)20,0,28,25,33, 27

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    Xosé Manuel Beiras

    Xosé Manuel Beiras

    Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, máis coñecido como Xosé Manuel Beiras, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936 e finado en Brión o 8 de outubro de 2026, foi un político e economista galego de ideoloxía nacionalista galega e de esquerdas. Foi membro fundador e líder do Partido Socialista Galego (PSG), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova). Impulsou coalicións electorais con representación parlamentaria como Galeusca, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ou En Marea.

    27 visitas (↑27 de onte)36,29,20,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    Candela Peña

    Candela Peña

    María del Pilar Peña Sánchez, nada en Gavà (provincia de Barcelona) o 14 de xullo de 1973, é unha actriz catalá, máis coñecida polo seu nome artístico de Candela Peña.

    26 visitas (↓14 de onte)0,0,0,0,40, 26

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    Zahar Zaharevic

    Zahar Zaharevic

    Zahar Zaharevich, nado en San Petersburgo, Rusia, o 28 de outubro de 1995, máis coñecido artisticamente como OcularNebula, é un músico, compositor e produtor musical ruso, de xénero electrónico. Gañou notoriedade en 2013 despois de compor «Stay Inside Me», o tema do modo de práctica para a franquía de videoxogos Geometry Dash.

    26 visitas (↓10 de onte)0,0,0,0,36, 26

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    Eduardo Sanjurjo de Carricarte

    Eduardo Sanjurjo de Carricarte

    Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.

    26 visitas (↑5 de onte)26,226,373,76,21, 26

    5+ días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    Anna's Archive

    Anna's Archive

    Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.

    26 visitas (↓4 de onte)17,0,19,18,30, 26

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    A morte na literatura popular galega

    A morte na literatura popular galega

    A morte ocupa un lugar central na cultura popular galega, reflectida nunha rica tradición oral que abarca centos de locucións, refráns e cantigas. Este conxunto de expresións tradicionais manifesta a relación profunda e ambivalente que o pobo galego mantivo historicamente coa morte, entendida como fenómeno universal e inevitable que iguala a todas as persoas. O refraneiro galego aborda a morte desde múltiples perspectivas: como destino ineludible (a morte a ninguén perdoa), como acontecemento que require resignación (contra a morte non hai home forte), e como elemento que debe afrontarse con dignidade (antes morte que vergonza).

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive

    Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive

    O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo terrorista galego operativo en Galicia entre 1986 e 1991 cuxo obxectivo era a independencia de Galicia e a instauración dun réxime socialista. Foi fundado por membros de Galiza Ceive-OLN e do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN). O EGPGC estivo operativo entre 1986 e 1991, tempo durante o cal levaron a cabo arredor de 90 atentados, a maioría dos cales contra torres de alta tensión de Unión Fenosa en zonas deshabitadas.

    25 visitas (↑4 de onte)0,0,22,18,21, 25

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    Lista de comunidades autónomas españolas por poboación

    Lista de comunidades autónomas españolas por poboación

    Lista das comunidades autónomas españolas ordenadas por poboación segundo padrón municipal, a 1 de xaneiro do 2018.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    Frente Amplio (España)

    Frente Amplio (España)

    Frente Amplio é un proxecto de coalición electoral española de esquerdas impulsado polas formacións Movemento Sumar, Izquierda Unida, Más Madrid e Catalunya en Comú co fin de presentarse conxuntamente ás eleccións xerais do 29 de novembro de 2026. Entre febreiro e setembro de 2026, antes da constitución desta coalición, os seus partidos promotores celebraron varios actos e eventos públicos preparativos baixo o slogan Un Paso al Frente. Logo diso, a inicios de outubro dese ano foi publicado que o nome da nova coalición sería Frente Amplio, anunciándose que o seu acto de presentación oficial será celebrado o 17 de outubro de 2026.

    25 visitas (↓11 de onte)35,33,28,20,36, 25

    5+ días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    Chuza!

    Chuza!

    Chuza! foi unha rede social de promoción de novas, que funciona maioritariamente nun ámbito galego. Foi creada por Berto Yáñez e comezou a funcionar o 20 de febreiro de 2006 e o 25 de xullo de 2010 foi pechada temporalmente polo seu autor, quen alegou esgotamento.

    25 visitas (↑2 de onte)0,30,30,19,23, 25

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Samaín

    Samaín

    O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.

    25 visitas (↓53 de onte)0,28,28,55,78, 25

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    Mundial de Fútbol de 2014 - Final

    Mundial de Fútbol de 2014 - Final

    A Final do Mundial de Fútbol de 2014 foi o partido final da 20ª edición da Copa do Mundo da FIFA. Disputuse o 13 de xullo de 2014 no estadio do Maracanã do Río de Xaneiro entre as seleccións de Alemaña e a Arxentina, resultando vencedor por 1-0 o equipo europeo, que conquistou así o seu cuarto título mundial. O autor do único gol do partido foi Mario Götze.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,21,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Cemiterio de Santo Amaro da Coruña

    Cemiterio de Santo Amaro da Coruña

    O cemiterio de Santo Amaro é un camposanto situado na Coruña, inaugurado en 1812. A superficie do cemiterio é de máis de 26 000 m² e está composto por tres áreas, a relixiosa, a civil e a británica. Esta última está pechada e é propiedade do Reino Unido.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    Galipedia

    Galipedia

    A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 244.967.

    23 visitas (↑23 de onte)21,0,24,18,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    Premios Princesa de Asturias

    Premios Princesa de Asturias

    Os Premios Princesa de Asturias (Premios Príncipe de Asturias ata o 2014) nacen en 1981, convocados pola Fundación Princesa de Asturias que foi creada o 24 de setembro de 1980. Son entregados anualmente en Oviedo, capital do Principado de Asturias. Dende o inicio o presidente de honor foi Filipe de Borbón en calidade de príncipe de Asturias mais, en outubro de 2014, o padroado da Fundación Príncipe de Asturias aprobou que tanto a institución como os premios pasasen a denominarse «Princesa de Asturias» por mor da proclamación de Filipe de Borbón como rei, Filipe VI, polo que a súa herdeira, a infanta Lionor, pasou a ser Princesa de Asturias e herdeira da Coroa de España e Presidenta de Honor da Fundación Princesa de Asturias.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    Catarina de Lancaster

    Catarina de Lancaster

    Catarina de Lancaster, ou Catarina de Lencastre, nada o 31 de marzo de 1373 no castelo de Hertford (Reino de Inglaterra) e finada o 2 de xuño de 1418 en Valladolid, filla de Xoán de Gante, I duque de Lancaster, e da súa segunda esposa Costanza de Castela, foi raíña consorte de Castela e León polo seu matrimonio co rei Henrique III de Castela.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    Daniel Castro García

    Daniel Castro García

    Daniel Castro García, nado en Ribadeo o 6 de xaneiro de 1996, é un político galego do Bloque Nacionalista Galego.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,30,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    Javián Antón

    Javián Antón

    Francisco Javier Antón Díaz, nado en Dos Hermanas (Sevilla) o 18 de setembro de 1974 e máis coñecido como Javián, é un cantante e enxeñeiro técnico industrial español que saltou á fama como concursante da primeira edición de Operación Triunfo.

    22 visitas (↓21 de onte)0,0,25,0,43, 22

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    Carlos Ares

    Carlos Ares

    Carlos Ares, nado en 1997 na Coruña, é un músico, cantautor e produtor galego. A súa música foi definida como pop, folk e alternativa.

    22 visitas (↑4 de onte)36,32,19,26,18, 22

    5+ días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Flora invasora de Galicia

    Flora invasora de Galicia

    A flora invasora de Galicia é o conxunto de especies de plantas que foi transportado e introducido polo ser humano en Galicia, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecolóxica e/ou paisaxisticamente. Que unha especie vexetal invasora resulta daniña significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, pondo en perigo a diversidade biolóxica nativa (en diversidade de especies, diversidade dentro das poboacións ou diversidade de ecosistemas).

    21 visitas (↑21 de onte)0,47,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    Partido Comunista dos Traballadores de España

    Partido Comunista dos Traballadores de España

    O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).

    21 visitas (↓41 de onte)47,22,17,26,62, 21

    5+ días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Miguel Suárez Arca

    Miguel Suárez Arca

    Miguel Suárez Arca, nado en Mieres en xaneiro de 1993, é un político berciano que é procurador nas Cortes de Castela e León por Vox.

    21 visitas (↓16 de onte)0,0,0,22,37, 21

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    David Broncano

    David Broncano

    David Broncano Aguilera, nado en Rianxo o 30 de decembro de 1985, é un cómico e presentador de televisión español. Gañador de dous Premios Ondas, un por A vivir que son dos días en 2015 e outro en 2018 polo programa de radio La vida moderna.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,19,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    Máquina comecartos

    Máquina comecartos

    Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    Mareas vivas

    Mareas vivas

    Mareas vivas é unha serie da Televisión de Galicia, creada por Antón Reixa e producida por Voz Audiovisual e Zopilote, que foi emitida entre 1999 e 2003. Foi o maior éxito da TVG e os personaxes das primeiras tempadas fixéronse moi populares entre a poboación galega. A teleserie fixo historia por empregar unha lingua popular, dialectalmente propia do galego da Costa da Morte.

    21 visitas (↓7 de onte)0,0,0,35,28, 21

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    Asunción Morgade

    Asunción Morgade

    Josefa Asunción Morgade Rúa, nada en Rairiz de Veiga en 1986, é unha política e xestora sanitaria galega, alcaldesa de Rairiz de Veiga.

    21 visitas (↓30 de onte)0,0,0,38,51, 21

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    Criptomeria

    Criptomeria

    A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).

    20 visitas (↓4 de onte)0,30,33,32,24, 20

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    Fred "Sonic" Smith

    Fred "Sonic" Smith

    Frederick Dewey Smith (14 de setembro de 1948 - 4 de novembro de 1994), coñecido profesionalmente como Fred "Sonic" Smith, foi un guitarrista estadounidense e membro da banda de rock MC5. Casou e criou dous fillos coa poeta e tamén música de rock Patti Smith. A parella tamén colaborou musicalmente.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    Tesh Sidi

    Tesh Sidi

    Teslem Andala Ubbi, nada nos campos de refuxiados de Tindouf, Alxeria, o 30 de maio de 1994, máis coñecida como Tesh Sidi (en árabe: تسلم سيدي‎), é unha enxeñeira informática e política saharauí, que tras ser activista anticolonialista e pola independencia do pobo saharauí, foi elixida deputada no Congreso, onde é vicepresidenta segunda da comisión de Economía, Comercio e Dixitalización.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,68,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias Miguéns, nada o 1 de novembro de 1987 en Rianxo, é unha cantante e actriz galega.

    20 visitas (↑1 de onte)190,67,35,37,19, 20

    5+ días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    A castaña na cultura popular galega

    A castaña na cultura popular galega

    A seguir recóllese a pegada da castaña e do castiñeiro na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Tamén, por similitude, se inclúe algunha información sobre o castiñeiro de Indias (Aesculus hippocastanum). O castiñeiro recibe en Galicia os nomes de castañeira, castañeiro, castiñeira, castiro e restre; existen castiñeiros bravos, que se denominan rebolos, bravádegos ou castiñeiróns.

    20 visitas (↑20 de onte)19,32,37,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    Guitarricadelafuente

    Guitarricadelafuente

    Álvaro Lafuente Calvo, nado en Benicàssim o 27 de agosto de 1997, coñecido coma Guitarricadelafuente, é un cantautor, compositor, músico e actor español.

    20 visitas (↓13 de onte)18,22,18,0,33, 20

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    Maite Pérez Larumbe

    Maite Pérez Larumbe

    Maite Pérez Larumbe, nada en Pamplona, Navarra o 11 de abril de 1962, é unha poeta española.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    Pier Gerlofs Donia

    Pier Gerlofs Donia

    Pier Gerlofs Donia, nado contra 1480 en Kimswert e finado en 1520 en Snits, foi un guerreiro, rebelde e pirata frisón que se converteu nun heroe popular, máis coñecido polo alcume "Grutte Pier" (o "Gran Pedro" na antiga ortografía do frisón) polo seu gran tamaño.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    Ketty Garat

    Ketty Garat

    Enriqueta Garat Loureiro, nada en Ferrol en 1982, máis coñecida como Ketty Garat, é unha xornalista de investigación especializada no ámbito político, concretamente no Partido Socialista Obrero Español.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    Xosé Manuel Piñeiro

    Xosé Manuel Piñeiro

    Xosé Manuel Piñeiro Borrajo, máis coñecido como Piñeiro ou Superpiñeiro, nado en Vilaboa (Allariz) o 1 de decembro de 1957 e falecido en Santiago de Compostela o 22 de xaneiro de 2025, foi un presentador de televisión e cantante galego.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    Cristina Teniente

    Cristina Teniente

    Cristina Elena Teniente Sánchez, nada en Cáceres o 9 de maio de 1967, é unha avogada e política estremeña que foi vicepresidenta e voceira da Xunta de Estremadura entre 2011 e 2015 e conselleira de Emprego, Empresa e Innovación de 2011 a 2014 e de Economía, Competitividade e Innovación de 2014 a 2015.

    19 visitas (↓16 de onte)0,0,0,0,35, 19

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    Gerardo Pardo de Vera

    Gerardo Pardo de Vera

    Gerardo Manuel Pardo de Vera Díaz, nado na Coruña o 18 de outubro de 1942, é un avogado, escritor e político galego.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    Aeródromo de Godos

    Aeródromo de Godos

    O aeródromo de Godos é un aeródromo situado no concello de Caldas de Reis. Existe desde 2005. Nos seus inicios foi clausurado por protestas dos veciños, na actualidade está en funcionamento.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    Pornografía

    Pornografía

    A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".

    18 visitas (↑18 de onte)23,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Mika

    Mika

    Michael Holbrook Penniman, nado o 18 de agosto de 1983, e coñecido como Mika é un cantante británico de orixe libanesa. Actualmente vive en Inglaterra, país no que cultivou un grande éxito.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    Elvira Fernández Balboa

    Elvira Fernández Balboa

    Elvira Fernández Balboa, chamada Viri, nada en Pontevedra en 1965, é unha empresaria galega, famosa por ser a muller de Mariano Rajoy, expresidente do Goberno de España.

    18 visitas (↑18 de onte)50,198,32,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    Movemento Socialista

    Movemento Socialista

    O Movemento Socialista (MS) (orixinalmente, e en éuscaro: «Mugimendu Sozialista») ou corrente socialista («ildo sozialista») é un movemento político e social con orixe no País Vasco de ideoloxía comunista formado a finais da década de 2010. Está formado por distintas organizacións relacionadas entre si, cada unha cun espazo de acción definido. En Galiza, a organización correspondente do MS é a Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS).

    18 visitas (↓13 de onte)0,0,0,0,31, 18

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    Ruta da pentosa fosfato

    Ruta da pentosa fosfato

    A ruta da pentosa fosfato ou ruta do fosfato de pentosa, tamén chamada ruta do fosfogliconato ou lanzadeira de fosfatos de pentosas, é unha vía metabólica moi relacionada coa glicólise durante a cal se utiliza a glicosa para xerar a ribosa necesaria para a biosíntese de nucleótidos e ácidos nucleicos, e tamén para obter poder redutor (moléculas con capacidade redutora) en forma de NADPH, que se utilizará como coencima en reaccións encimáticas do anabolismo. Esta ruta ten lugar no citosol na maioría dos organismos, pero nas plantas a maioría das reaccións teñen lugar nos plastos. A ruta serve de ponte entre as rutas anabólicas e catabólicas do metabolismo da glicosa, que está regulado pola insulina.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,17,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Chlamydomonas

    Chlamydomonas

    Para a especie principal do xénero ver Chlamydomonas reinhardtii. Chlamydomonas é un xénero de algas verdes formado por especies unicelulares flaxeladas, que viven en augas doces encoradas ou non, no solo húmido, e unhas poucas especies son de augas mariñas, e mesmo algunha vive na neve ("algas da neve"). Entre elas está a especie Chlamydomonas reinhardtii, que é a especie tipo do xénero, e utilízase como organismo modelo en bioloxía, en estudos de bioloxía molecular, e especialmente estudos da motilidade flaxelar e dinámica dos cloroplastos, bioxénese e xenética.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    José Sanjurjo Sacanell

    José Sanjurjo Sacanell

    José Sanjurjo Sacanell, nado en Pamplona o 28 de marzo de 1872 e finado en Estoril, Portugal, o 20 de xullo de 1936, foi un militar español. Destacou na guerra de Marrocos e, xa durante a II República, como líder militar da oposición monárquica e conservadora que pretendía derrubar a República pola forza. Tras varios desacordos co goberno republicano, capitaneou en agosto de 1932 o primeiro golpe de Estado executado contra a República (a "Sanjurjada").

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Guerra civil española

    Guerra civil española

    A guerra civil española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista e con trazos propios coñecida como franquismo, debido ó apelido do ditador Francisco Franco Bahamonde. Este decretaría a fin do estado de guerra no ano 1948. O alzamento contra o goberno lexítimo estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo Sacanell e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    Lingua gala

    Lingua gala

    Galo ou gálico é o nome que se lle dá á lingua de orixes celtas falada en gran parte da Galia antes de que o latín vulgar de finais do Imperio romano se impuxese nesas terras.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    Stewart Lyon

    Stewart Lyon

    C. Stewart S. Lyon, nado en Liverpool o 22 de novembro de 1926 e finado o 18 de marzo de 2021, foi un coleccionista de moedas e estudoso numismático británico, especializado na moeda inglesa da alta Idade Media.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    A Coruña

    A Coruña

    A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

    17 visitas (0 de onte)0,17,15,29,17, 17

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    Artai Gabiás

    Artai Gabiás

    Artai Gabiás Vilar, nado en San Cibrao das Viñas en 2001, é un político galego que, dende novembro de 2025, é Secretario Xeral de Galiza Nova.

    17 visitas (↓23 de onte)0,0,0,56,40, 17

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    Domingo García-Sabell

    Domingo García-Sabell

    Domingo García-Sabell Rivas, nado en Santiago de Compostela o 8 de outubro de 1909 e finado na Coruña o 5 de agosto de 2003, foi un médico, escritor, político e académico galego, presidente da Real Academia Galega.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    Programador, programadora

    Programador, programadora

    Un programador ou programadora é unha persoa que se dedica á programación ou que escribe un código ou programa, xeralmente enténdese no campo da informática e dos ordenadores. Ada Lovelace considérase a primeira persoa que empregou un algoritmo co propósito de ser introducido nunha computadora en outubro de 1842 e, polo tanto, a primeira programadora da historia.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    Torsión alar

    Torsión alar

    Torsión alar (en inglés wing twist) é unha característica xeométrica dunha á ou ala que consiste na variación do seu ángulo de incidencia ao longo da envergadura. Emprégase para modificar a distribución da sustentación ao longo da á.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    Áreas lingüísticas do galego

    Áreas lingüísticas do galego

    Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    Mela Casal

    Mela Casal

    Dolores de los Milagros Casal Devesa, artisticamente coñecida como "Mela Casal", nada en Rodiño Grande (Sergude, Boqueixón) en 1948, é unha actriz galega.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    Pataca de Galicia

    Pataca de Galicia

    A pataca de Galicia é unha indicación xeográfica protexida creada para destaca-la excelencia da pataca obtida en Galicia que, reunindo as características definidas no seu regulamento, cumpre con tódolos requisitos esixidos neste. O tubérculo definido como Pataca de Galicia correspóndese coa especie Solanum tuberosum L., das variedades cultivadas "Kennebec", "Agria" e "Fina de Carballo", destinada ao consumo humano. Esta denominación de orixe abrangue unha superficie agrícola situada anualmente en torno ás 1.500 a 1.800 hectáreas de cultivo.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️

Estes datos son de .