Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
La bola negra é un filme dramático de 2026 dirixido por Javier Calvo e Javier Ambrossi, que escribiron o guión xunto con Alberto Conejero. É unha coprodución de España e Francia inspirada na obra teatral inacabada homónima de Federico García Lorca e en La piedra oscura, de Conejero. O elenco principal está formado por Guitarricadelafuente, Miguel Bernardeau, Carlos González e Milo Quifes, coa participación de Lola Dueñas, Penélope Cruz e Glenn Close.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O AC Ordes é un equipo de hóckey a patíns da localidade de Ordes, que na tempada 2026/26 competirá na OK Liga Prata. O AC Ordes é o continuador do antigo Club Patín Ordes (desaparecido no 2003 ao pasar a formar parte do novo club), un club que competira varios anos na segunda categoría do hóckey a patíns español, a Primeira División Estatal, e que conseguira importantes logros en boa parte das súas categorías. En abril de 2011 o AC Ordes conseguiu o ascenso á Primeira División, segunda categoría do hóckey a patíns español logo de superar na fase de ascenso do sector norte a FM Roller Oviedo (12-5), Real Club Josaleta (2-5) e San Antonio (7-3), e deixou practicamente asegurado o ascenso logo da dobre xornada disputada o sábado 29 de abril.
David Tamayo Orden, nado en Conil de la Frontera, o 7 de abril de 1984, é un profesor, político e actor de dobraxe español. Licenciado en Ciencias da Educación e diplomado en Educación Física pola Universidade de Cádiz, é o terceiro candidato na lista de Izquierda Unida (IU) á alcaldía da súa cidade natal desde o 9 de outubro de 2026. O seu pai é José Tamayo Sánchez e el ten unha irmá, Pepi Tamayo Orden.
A lotaría ou lotería é un xogo de azar que consiste en acertar os números dun billete previamente comprado cos números extraídos dunha tómbola ou un recipiente que garanta que sexan extraídos ao chou. Os números do devandito billete poden xa estar preimprimidos ou ben ser elixidos polas propias persoas. O número de acertos poden ser todos ou parte dos número do billete.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
O pintarroxo caseiro (Haemorhous mexicanus, antes Carpodacus mexicanus) é un paxaro de América do Norte da familia dos frinxílidos. É nativo de México e do suroeste dos Estados Unidos, pero desde entón foi introducido na parte leste de América do Norte e Hawai, e atópase durante todo o ano en case todas as partes dos Estados Unidos e na maior parte de México, con terreos de reprodución no Canadá chegando ata o norte de Alberta. Conseguiu establecer poboacións en Murcia, España, como especie invasora a partir de exemplares en catividade escapados.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Frente Amplio é un proxecto de coalición electoral española de esquerdas impulsado polas formacións Movemento Sumar, Izquierda Unida, Más Madrid e Catalunya en Comú co fin de presentarse conxuntamente ás eleccións xerais do 29 de novembro de 2026. Entre febreiro e setembro de 2026, antes da constitución desta coalición, os seus partidos promotores celebraron varios actos e eventos públicos preparativos baixo o slogan Un Paso al Frente. Logo diso, a inicios de outubro dese ano foi publicado que o nome da nova coalición sería Frente Amplio, anunciándose que o seu acto de presentación oficial será celebrado o 17 de outubro de 2026.
A lingua náhuatl (que deriva de nāwatl; pronunciación náhuatl: [ˈnaːwat͡ɬ] ( )), nāwa, «son claro ou agradable» e tlahtōl-li, «lingua ou linguaxe»), coñecida tamén historicamente como lingua azteca ou lingua mexicana, é unha lingua, ou segundo algunhas definicións, un conxunto de linguas, que pertencen á familia de linguas uto-aztecas e son faladas polo pobo náhuatl. As variedades do náhuatl teñen 1,7 millóns de falantes, a maioría dos cales viven principalmente no centro de México e tamén algunhas poboacións máis pequenas nos Estados Unidos. O náhuatl fálase no centro de México dende cando menos o século VII. Era a lingua dos mexicas, que dominaron o que hoxe é o centro de México durante o período posclásico tardío da historia mesoamericana.
Teslem Andala Ubbi, nada nos campos de refuxiados de Tindouf, Alxeria, o 30 de maio de 1994, máis coñecida como Tesh Sidi (en árabe: تسلم سيدي), é unha enxeñeira informática e política saharauí, que tras ser activista anticolonialista e pola independencia do pobo saharauí, foi elixida deputada no Congreso, onde é vicepresidenta segunda da comisión de Economía, Comercio e Dixitalización.
Jesús Ángel Simal Lozano, nado o 22 de xuño de 1938 en Daimiel (Cidade Real), é un científico galego, catedrático universitario especializado en química analítica e nos estudos sobre a contaminación dos alimentos, Pese súa nacenza manchega pode considerarse como galego, porque desde que chegou a Santiago de Compostela a cursar a carreira de Farmacia quedou a vivir nesta cidade até o día de hoxe, xa xubilado da súa cátedra.
Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada. Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz. Membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), é considerado o poeta español máis lido de tódolos tempos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Iago Suárez Fernández, alcumado Iagueiro, nado na Tapada, en Carballedo o 28 de agosto de 1997, é un cantante e político galego. É un dos membros fundadores do grupo de rap galego TIAM Gz e forma parte do BNG. Actualmente é o secretario xeral da Unión da Mocidade Galega e exerce como deputado no Parlamento de Galicia.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
A Quiet Place é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por John Krasinski, que tamén é o protagonista a carón da súa muller na vida real, Emily Blunt. O filme foi producido por Platinum Dunes. Scott Beck e Bryan Woods comezaron a traballar na historia en 2014, e Paramount Pictures mercou o seu guión en 2017.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Tskhinvali (en xeorxiano: ცხინვალი, pronunciado /t͡sʰχinʷali/; en oseto: Цхинвал, Tskhinval, ou Чъреба, Chreba; en ruso: Цхинвали) é a capital da disputada República de Osetia do Sur, independente de facto, que a maioría da comunidade internacional considera parte de Shida Kartli, en Xeorxia. A rexión de Tskhinvali era coñecida historicamente polos xeorxianos como Samachablo. Está situada na marxe do río Gran Liakhvi, aproximadamente a 100 km ao noroeste da capital xeorxiana, Tbilisi.
Este artigo trata sobre a bebida, para a planta véxase o artigo: Cafeeira; para o establecemento onde se serve café véxase o artigo: Cafetaría. Denomínase café a unha bebida (infusión) que se elabora co gran torrado e posteriormente moído da cafeeira (Coffea) ou planta do café. De cor escura, amargo e lixeiramente ácido, o café ten un efecto estimulante nos humanos, principalmente debido ao seu contido en cafeína, pero tamén se atopa dispoñible comercialmente café descafeinado.
Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.
Colexio de San Clemente de Pasantes
O Colexio de San Clemente de Pasantes é un edificio civil de inicios do século XVII, localizado en Santiago de Compostela, nas inmediacións da Porta Faxeira e do lado norte do Parque da Ferradura. Actualmente acolle o IES Rosalía de Castro, e anteriormente foi o instituto feminino.
Luiz Inácio Lula da Silva, nado en Caetés (daquela Vargem Grande, en Pernambuco) o 27 de outubro de 1945, é un político brasileiro. Asumiu a Presidencia da República Federativa do Brasil en 2003 coa maior votación da historia do país (52,4 millóns de votos), quebrando cifras de votación de todos os expresidentes brasileiros. Nesa altura, os seus resultados só queda por baixo, no mundo, dos do xeneral indonesio Susilo Yudhoyono (69,27 millóns de votos), George W. Bush (58,4 millóns de votos), John Kerry (54,8 millóns de votos), os tres nas eleccións realizadas en 2004, e do expresidente estadounidense Ronald Reagan, que tivo, en 1984, 54,4 millóns de votos.
Miguel Antonio de Montes y Piñeyro
Miguel Antonio de Montes y Piñeyro, nado en Vigo en 1715, e finado en Santiago de Compostela en 1781, foi un ilustrador, calígrafo e eclesiástico galego do século XVIII.
Francisco Xavier Pérez Vázquez, nado en Silleda o 24 de abril de 1968 e finado en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 2016, máis coñecido como Narf, nos inicios –como integrante da banda Os Quinindiolas e mais de Nicho Varullo, na compañía teatral Chévere e posteriormente en Psicofónica de Conxo– coñecido unicamente como Fran Pérez, foi un cantante e compositor galego recoñecido pola forte personalidade e orixinalidade da súa obra, que procurou incorporar ás estruturas do rock distintas influencias sonoras. Sobresaíu como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos, compaxinando esta faceta coa de actor en diferentes funcións teatrais. Colaborou con moitos outros artistas e levou a súa música arredor do mundo, amosou o seu compromiso coa cultura galega e sentiu asemade unha fonda afinidade pola música africana.
Un oficial e un cabaleiro (en inglés: An Officer and a Gentleman) é un filme romántico estadounidense de 1982 dirixido por Taylor Hackford. Está protagonizado por Richard Gere, Debra Winger e Louis Gossett, Jr., quen gañou o Oscar ó mellor actor secundario polo seu papel no filme, converténdose no primeiro afroamericano en conseguilo. Conta a historia de Zack Mayo (Gere), un candidato a marine que comeza o seu adestramento na escola de Oficiais de Aviación.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Santiago Abascal Conde, nado en Bilbao o 14 de abril de 1976, é un político español, presidente do partido Vox e deputado das XIII e XIV lexislaturas de España. Anteriormente militou no Partido Popular, dende 1994 até 2013, sendo parlamentario vasco por esta formación entre 2004 e 2009. Foi fundador da Fundación para a Defensa da Nación Española (DENAES), da cal foi presidente varios anos.
Dinís de Portugal, nado o 9 de outubro de 1261 en Lisboa e finado o 7 de xaneiro de 1325 en Santarém, foi rei de Portugal, fillo de Afonso III e da súa segunda esposa, Beatriz de Castela, sendo, por tanto, neto de Afonso X o Sabio. Sucedeu o seu pai no trono de Portugal en 1279. Intitulábase nos diplomas que outorgou durante o seu reinado como Dom Denis, pella graça de Deus, Rei de Purtugal e do Algarue, e así consta no foro (carta de poboamento) concedido a Rebordãos o 18 de maio de 1285, así como noutros documentos.
Miguel Rafael Martos Sánchez, nado en Linares (Xaén) o 5 de maio de 1943, coñecido internacionalmente como Raphael, é un dos cantantes máis relevantes do tardofranquismo e dos comezos democráticos do Estado Español. Malia que cun ritmo menor, a día de hoxe segue en activo e ten grande aceptación nos países de fala hispana.
O phaser ou phase shifter («mudador de fase») é un procesador electrónico de son que filtra un sinal creando unha serie de picos e vales no espectro de frecuencias. A posición dos picos e vales adoita estar modulada por un oscilador de baixa frecuencia interno, de xeito que varían co tempo e crean un efecto de varrido. Os phasers úsanse a miúdo para darlle un efecto «sintetizado» ou electrónico a sons naturais, como a voz humana.
Vaca Films é unha produtora cinematográfica e audiovisual galega con sede na Coruña. Foi fundada en 2003 por Emma Lustres e Borja Pena e está especializada na produción de longametraxes e series de ficción. Entre as súas películas máis destacadas figuran Celda 211 (2009), dirixida por Daniel Monzón e gañadora de oito premios Goya; Cien años de perdón (2016), de Daniel Calparsoro; e Quien a hierro mata (2019), de Paco Plaza.
Cayetana Álvarez de Toledo y Peralta-Ramos, XIII marquesa de Casa Fuerte, nada en Madrid o 15 de outubro de 1974, é unha xornalista, historiadora e política española. Tamén posúe as nacionalidades arxentina e francesa. Militante do Partido Popular, foi deputada no Congreso por Madrid entre 2008 e 2015 e dende 2019 é deputada.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
A sinalización celular ou comunicación celular é unha parte do complexo sistema de comunicación que controla as actividades celulares básicas e coordina as accións celulares. As células comunícanse liberando moléculas, que chegan a receptores doutra célula e producen nela un efecto ou resposta. A capacidade das células de percibiren e responderen correctamente ao seu microambiente está na base do desenvolvemento, reparación de tecidos, inmunidade e homeostase dos tecidos.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é un partido político de esquerda da comunidade autónoma de Galicia, fundado en 1982 como unha fronte unitaria integrada por diversas organizacións nacionalistas galegas co obxectivo de promover a soberanía e a autodeterminación da nación galega. O partido xurdiu da unión de pequenos grupos nacionalistas durante a transición española á democracia. Nun primeiro momento obtivo resultados electorais modestos, pero foi incrementando progresivamente o seu apoio grazas á súa defensa dos intereses de Galicia fronte ao que consideraba unha explotación económica e unha marxinación cultural por parte do Estado español.
Eduardo Sanjurjo de Carricarte
Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O breakdance, tamén coñecido como breaking, b-boying (cando o bailan homes) ou b-girling (cando o bailan mulleres), é un estilo de baile urbano que forma parte da cultura hip hop, desenvolvido pola mocidade afroamericana e portorriqueña do distrito do Bronx, en Nova York, na década de 1970. Compónse principalmente de catro tipos de movementos —toprock, footwork, power moves e freezes— e adóitase bailar con cancións que conteñen breaks de batería, sobre todo de funk, soul e hip hop. Os seus elementos modernos xurdiron entre a mocidade pobre de Nova York durante os anos 70 e comezos dos 80, ligados ao nacemento do hip hop, cuxos DJs poñían cancións con breaks rítmicos para os bailaríns.