Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    Auriense FG

    Auriense FG

    O Auriense Campus da Auga FG é un equipo de fútbol gaélico formado no ano 2014 na cidade de Ourense. Está asociado á Asociación Galega de Fútbol Gaélico e compite na Liga Galega de Fútbol Gaélico, na Copa Galega de Fútbol Gaélico e no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico. Xunto con Afiadoras FG, equipo que compite na Liga Gallaecia, conforman a asociación Ourense Gaels.

    894 visitas (↑894 de onte), 894

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    Steam

    Steam

    Steam é un servizo de distribución dixital de videoxogos desenvolvido por Valve Corporation. Foi lanzado en setembro de 2003 como unha forma para Valve de achegar actualizacións de xeito automático aos seus xogos, mais acabou ampliándose para incluír xogos que non son de Valve senón de terceiros. Steam ofrece protección contra a pirataría, servidores de emparellamento, transmisións de vídeo e servizos de redes sociais.

    205 visitas (↑205 de onte), 205

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    Auriense Cented Academy

    Auriense Cented Academy

    O Auriense Cented Academy é un club de fútbol da cidade de Ourense, fundado en 2020. Ata 2026 chamouse Cented Academy Football School, nome que recibiu da escola de formación deportiva Cented, fundada en 2014 por Manuel López Cerón. Na tempada 2026-27 compite no grupo II da Preferente Galicia.

    140 visitas (↑140 de onte), 140

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    Partido Comunista dos Traballadores de España

    Partido Comunista dos Traballadores de España

    O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).

    114 visitas (↑114 de onte), 114

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    La bola negra

    La bola negra

    La bola negra é un filme dramático de 2026 dirixido por Javier Calvo e Javier Ambrossi, que escribiron o guión xunto con Alberto Conejero. É unha coprodución de España e Francia inspirada na obra teatral inacabada homónima de Federico García Lorca e en La piedra oscura, de Conejero. O elenco principal está formado por Guitarricadelafuente, Miguel Bernardeau, Carlos González e Milo Quifes, coa participación de Lola Dueñas, Penélope Cruz e Glenn Close.

    113 visitas (↑113 de onte), 113

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    Fátima Iglesias

    Fátima Iglesias

    María Fátima Iglesias Ferreira, nada na Guarda o 22 de agosto de 1971, é unha política galega.

    87 visitas (↑87 de onte), 87

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Ana Peleteiro

    Ana Peleteiro

    Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto. Considerada a atleta galega máis destacada de todos os tempos, foi tres veces campioa de Europa (unha ao aire libre e dúas en pista cuberta) e gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020, así como outros tres bronces nos Campionatos Mundiais de Atletismo en Pista Cuberta. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.

    77 visitas (↑77 de onte), 77

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    Brath (grupo)

    Brath (grupo)

    Brath é un grupo galego de folk fundado en 1980. Os seus inicios están marcados pola vontade de realizar música de raíz, pero cunha perspectiva aberta á fusión, e con especiais influencias do rock progresivo, dunha forma similar á outros grupos do momento como Taranis. Unha das características que marcaron a súa personalidade nos comezos foi a inclusión dun baixo eléctrico e unha batería, elementos pouco frecuentes por aquel entón.

    75 visitas (↑75 de onte), 75

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    Diego González Rivas

    Diego González Rivas

    Diego González Rivas, nado na Coruña en 1974, é un cirurxián galego, considerado un dos mellores do mundo na súa especialidade. É o creador dunha técnica de cirurxía torácica videoasistida minimamente invasiva que opera cunha única incisión.

    74 visitas (↑74 de onte), 74

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    Linguas de Europa

    Linguas de Europa

    A maioría das linguas de Europa pertencen á familia de linguas indoeuropeas. Esta familia está dividida en numerosas pólas, incluíndo a itálica, a xermánica, a báltica, a eslava, a albanesa, a céltica, a armenia e a helénica (grego). As linguas urálicas, que inclúen o húngaro, o finés e o estoniano, tamén teñen unha presenza significativa en Europa.

    71 visitas (↑71 de onte), 71

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    Lista de xentilicios de concellos galegos

    Lista de xentilicios de concellos galegos

    Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:

    69 visitas (↑69 de onte), 69

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    Mafalda (personaxe)

    Mafalda (personaxe)

    Mafalda é unha personaxe de banda deseñada do debuxante arxentino Quino. O personaxe deu nome a unha serie de historietas que acadou fama internacional. O personaxe apareceu por primeira vez en 1964 en "Gregorio", o suplemento humorístico da revista Leoplán.

    67 visitas (↑67 de onte), 67

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    Pablo Bustinduy

    Pablo Bustinduy

    Pablo Bustinduy Amador, nado en Madrid en 1983, é un politicólogo e político español. Voceiro do Grupo Parlamentario de Unidos Podemos na Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados e deputado de Podemos por Madrid. É, asemade, o coordinador da Secretaría Internacional de Podemos.

    66 visitas (↑66 de onte), 66

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    Pedro Sánchez

    Pedro Sánchez

    Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.

    65 visitas (↑65 de onte), 65

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Cented Academy Football School

    Cented Academy Football School

    58 visitas (↑58 de onte), 58

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    Östasiatiska museet

    Östasiatiska museet

    O Östasiatiska museet ou Museo de Antigüidades do Leste Asiático é un museo público de historia cultural situado en Estocolmo (Suecia) e que data de 1926 ao se establecer, con base nos achados arqueolóxicos reunidos por Johan Gunnar Andersson durante as súas investigacións na China, o Östasiatiska samlingarna por iniciativa do Kinakommittén. O seu primeiro director foi o arqueólogo Johan Gunnar Andersson (1874-1960). En 1963 adoptou o seu nome actual en sueco, o nome oficial en inglés non mudou, e trasladou as súas coleccións a un novo edificio, o Tyghuset.

    57 visitas (↑57 de onte), 57

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Maribel Verdú

    Maribel Verdú

    María Isabel Verdú Rollán, coñecida profesionalmente como Maribel Verdú, nada en Madrid o 2 de outubro de 1970, é unha actriz española. É unha das actrices españolas máis populares e recoñecidas.

    50 visitas (↑50 de onte), 50

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    Alberto Núñez Feijóo

    Alberto Núñez Feijóo

    Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.

    48 visitas (↑48 de onte), 48

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    Isaura Gómez Pérez

    Isaura Gómez Pérez

    Isaura Gómez Pérez, nada en Lisboa en 1905 e finada en Figueiró o 4 de xaneiro de 2004, foi unha escritora e activista galega.

    44 visitas (↑44 de onte), 44

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    Frente Amplio (España)

    Frente Amplio (España)

    Frente Amplio é un proxecto de coalición electoral española de esquerdas impulsado polas formacións Movemento Sumar, Izquierda Unida, Más Madrid e Catalunya en Comú co fin de presentarse conxuntamente ás eleccións xerais do 29 de novembro de 2026. Entre febreiro e setembro de 2026, antes da constitución desta coalición, os seus partidos promotores celebraron varios actos e eventos públicos preparativos baixo o slogan Un Paso al Frente. Logo diso, a inicios de outubro dese ano foi publicado que o nome da nova coalición sería Frente Amplio, anunciándose que o seu acto de presentación oficial será celebrado o 17 de outubro de 2026.

    44 visitas (↑44 de onte), 44

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    Caminando Juntos

    Caminando Juntos

    Caminando Juntos (CJ) é un partido político español fundado pola antiga deputada de Vox Macarena Olona.

    43 visitas (↑43 de onte), 43

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    Carme da Silva

    Carme da Silva

    María Carme da Silva Méndez, nada en Pontevedra o 26 de decembro de 1966, é unha política galega do Bloque Nacionalista Galego.

    43 visitas (↑43 de onte), 43

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    María Jamardo

    María Jamardo

    María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.

    42 visitas (↑42 de onte), 42

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    Embrun, Altos Alpes

    Embrun, Altos Alpes

    Embrun (en occitano: Ambrun) é unha localidade e comuna francesa, situada no departamento dos Altos Alpes e na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul.

    41 visitas (↑41 de onte), 41

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    Hábitat mariño

    Hábitat mariño

    Este artigo trata dun tipo especial de ambiente dentro do ecosistema mariño. Para o concepto máis amplo on todas as interaccións e características do ambiene mariño ver Ecosistema mariño. Un hábitat mariño é un hábitat que soporta vida mariña.

    41 visitas (↑41 de onte), 41

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    Francisco Bellot Rodríguez

    Francisco Bellot Rodríguez

    Francisco Bellot Rodríguez, nado o 20 de xuño de 1911 en Madrid, e finado o 1 de xullo de 1983 en Santiago de Compostela, foi un botánico e catedrático de Universidade español. Foi o introdutor da socioloxía vexetal en Galicia.

    40 visitas (↑40 de onte), 40

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    Eleccións xerais de España de 2023

    Eleccións xerais de España de 2023

    As eleccións xerais de España de 2023 celebráronse o domingo 23 de xullo de 2023 para elixir as XV Cortes Xerais do Reino de España. Elixíronse os 350 asentos no Congreso dos Deputados, así como 208 dos 265 asentos no Senado. Foron as décimo sextas eleccións xerais democráticas, as quintas con Filipe VI como rei e as primeiras celebradas nun mes de xullo.

    38 visitas (↑38 de onte), 38

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    Benjamin Compaoré

    Benjamin Compaoré

    Benjamin Compaoré, nado o 5 de agosto de 1987 en Bar-le-Duc, é un atleta francés especialista na proba de triplo salto.

    38 visitas (↑38 de onte), 38

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    Marinaleda

    Marinaleda

    Marinaleda é un municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, España. No ano 2009 contaba con 2724 habitantes, 69 máis ca en 2005.

    37 visitas (↑37 de onte), 37

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    Gabriel Rufián

    Gabriel Rufián

    Gabriel Rufián Romero, nado en Barcelona o 8 de febreiro de 1982, é un activista social e político catalán vinculado con movementos sociais de esquerdas e independentistas. Presentouse nas eleccións xerais españolas de 2015, 2016, abril de 2019 e novembro de 2019 como cabeza de lista de ERC e foi elixido membro do Congreso dos Deputados español.

    36 visitas (↑36 de onte), 36

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    36 visitas (↑36 de onte), 36

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    Homiños de Boimorto

    Homiños de Boimorto

    Coñécense como os homiños de Boimorto os doce veciños de Boimorto, once deles asasinados o 20 de agosto de 1936 por partidas falanxistas tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, paseados nos Batáns, Ortoño (Ames) e na Agra da Vila, O Amenal (O Pino), soterrados na foxa común do cemiterio de Ortoño (Ames) e nas foxas comúns do Amenal (O Pino) respectivamente. Conseguiu salvarse só un deles, José Cabanas Vázquez, a quen deron por morto, e regresou á súa casa, onde permaneceu agochado durante quince anos ata o día do seu falecemento.

    35 visitas (↑35 de onte), 35

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    Guitarricadelafuente

    Guitarricadelafuente

    Álvaro Lafuente Calvo, nado en Benicàssim o 27 de agosto de 1997, coñecido coma Guitarricadelafuente, é un cantautor, compositor, músico e actor español.

    35 visitas (↑35 de onte), 35

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    Charles Darwin

    Charles Darwin

    Charles Robert Darwin [tʃɑrlz ˈdɑrwɪn], nado o 12 de febreiro de 1809 e finado o 19 de abril de 1882, foi un naturalista, biólogo e xeólogo inglés que destaca pola súa achega á teoría evolutiva. Observou e postulou que todas as especies de organismos vivos evolucionaron a partir dun único antecesor común. Nunha publicación conxunta con Alfred Russel Wallace, introduciu a teoría de que ese fenómeno de diversificación é o resultado do que denominaron selección natural; un proceso no que a competición por persistir ten a mesma resultante que teñen os cruzamentos selectivos na selección artificial.

    35 visitas (↑35 de onte), 35

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias Miguéns, nada o 1 de novembro de 1987 en Rianxo, é unha cantante e actriz galega.

    34 visitas (↑34 de onte), 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    Antonio García

    Antonio García

    Antonio García Fernández, nado en Puerto Real en 1926, e finado o 31 de decembro de 2022, foi un político e autor español involucrado no Entroido, exercendo como alcalde da vila de Puerto Real de 1998 a 1999. A participación de Antonio García no Entroido remóntase a 1956, cando comezou a traballar baixo a dirección de Pedro Álvarez Hidalgo. En 1959, compuxo a súa primeira música de tango para un coro en Puerto Real.

    33 visitas (↑33 de onte), 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    33 visitas (↑33 de onte), 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Lingua galega

    Lingua galega

    O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

    33 visitas (↑33 de onte), 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    33 visitas (↑33 de onte), 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    Le Bersac

    Le Bersac

    Le Bersac (en occitano: Lo Bersac) é unha localidade e comuna francesa, situada no departamento dos Altos Alpes e na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul.

    32 visitas (↑32 de onte), 32

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    Xunta de Galicia

    Xunta de Galicia

    A Xunta de Galicia é o órgano colexiado de goberno de Galicia, tal e como aparece definido no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais os conselleiros. As vicepresidencias e os conselleiros noméanse desde a presidencia.

    32 visitas (↑32 de onte), 32

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Mareas vivas

    Mareas vivas

    Mareas vivas é unha serie da Televisión de Galicia, creada por Antón Reixa e producida por Voz Audiovisual e Zopilote, que foi emitida entre 1999 e 2003. Foi o maior éxito da TVG e os personaxes das primeiras tempadas fixéronse moi populares entre a poboación galega. A teleserie fixo historia por empregar unha lingua popular, dialectalmente propia do galego da Costa da Morte.

    32 visitas (↑32 de onte), 32

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    Eloi Caldeiro

    Eloi Caldeiro

    Eloi Caldeiro Díaz, nado en Sarria o 23 de abril de 1955, é un músico, poeta, escritor e director de compañía discográfica galego, pioneiro na fusión da música galega con outros ritmos.

    31 visitas (↑31 de onte), 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    David Sueiro Muiños

    David Sueiro Muiños

    David Sueiro Muíños, nado en Silleda o 10 de agosto de 2010, é un futbolista galego que xoga como defensa no Celta Fortuna, o filial do Celta de Vigo, na Segunda División española de fútbol.

    31 visitas (↑31 de onte), 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    Junts per Catalunya (partido político)

    Junts per Catalunya (partido político)

    Junts per Catalunya (abreviado Junts ou JxCat) é un partido político de ideoloxía independentista catalá e apostas transversais mediante o enfrontamento unilateral coa España democrática e a internacionalización do conflito catalán. A fundación deste partido foi a iniciativa do expresidente catalán Carles Puigdemont xunto con varios membros da coalición homónima Junts per Catalunya (tanto de CNxR -por exemplo, Jordi Sánchez e Elsa Artadi- como do PDeCAT -Jordi Turull, Josep Rull, Joaquim Forn, entre outros— e exmembros de ERC —Toni Comín, Josep Costa, Eusebi Campdepadrós, entre outros) co fin de reestruturar este espazo baixo un partido político unificado, que aspira a ser a "corrente central do catalanismo" baixo un claro "liderado". O seu proceso congresual comezou en xullo de 2020 (a pesar de ter sido rexistrado no Rexistro de partidos políticos do Ministerio do Interior en xullo de 2018) e non debe confundirse coa coalición Junts per Catalunya.

    31 visitas (↑31 de onte), 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    Alexandre de Fisterra

    Alexandre de Fisterra

    Alexandre Campos Ramírez, coñecido como Alexandre de Fisterra, nado en Fisterra o 6 de maio de 1919 e finado en Zamora o 9 de febreiro de 2007, foi un editor, escritor, inventor, republicano e testamenteiro de León Felipe. Foi o inventor do futbolín, versión do fútbol de mesa.

    29 visitas (↑29 de onte), 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    Isra Pérez

    Isra Pérez

    Israel "Isra" Pérez Buján, nado na Coruña o 28 de maio de 2000, é un futbolista galego que xoga como lateral dereito no AD Unión Adarve, da Segunda División RFEF. É irmán xemelgo do tamén futbolista Álex Pérez, xogador do Racing Vilalbés.

    29 visitas (↑29 de onte), 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    Fernando Conde Domínguez

    Fernando Conde Domínguez

    Fernando Conde Domínguez, nado en Vigo o 12 de xullo de 1858 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1945, foi un empresario e político galego, alcalde de Vigo.

    29 visitas (↑29 de onte), 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    Federico García Lorca

    Federico García Lorca

    Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada. Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz. Membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), é considerado o poeta español máis lido de tódolos tempos.

    28 visitas (↑28 de onte), 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    Lista de castelos de Portugal

    Lista de castelos de Portugal

    Esta é uma lista dos Castelos de Portugal, lista ordenada por ordem alfabética da unidade territorial administrativa (freguesía ou concello) onde os castelos estão localizados.

    28 visitas (↑28 de onte), 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    Néstor Pardo

    Néstor Pardo

    Néstor Pardo, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1985, é un músico e cantautor galego.

    27 visitas (↑27 de onte), 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    Bloque Nacionalista Galego

    Bloque Nacionalista Galego

    O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é un partido político de esquerda da comunidade autónoma de Galicia, fundado en 1982 como unha fronte unitaria integrada por diversas organizacións nacionalistas galegas co obxectivo de promover a soberanía e a autodeterminación da nación galega. O partido xurdiu da unión de pequenos grupos nacionalistas durante a transición española á democracia. Nun primeiro momento obtivo resultados electorais modestos, pero foi incrementando progresivamente o seu apoio grazas á súa defensa dos intereses de Galicia fronte ao que consideraba unha explotación económica e unha marxinación cultural por parte do Estado español.

    27 visitas (↑27 de onte), 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    Lista de filmes con versión en galego

    Lista de filmes con versión en galego

    A lista de filmes con versión en galego está ordenada alfabeticamente segundo os títulos galegos das obras relacionadas. Para esta orde non se teñen en conta, por defecto, os artigos (morfemas) ao inicio dos títulos en galego. Inclúense longametraxes das que hai versión oficial en galego, ben sexa dobrada, orixinal, ou subtitulada, considerando os seus títulos galegos tal e como se impuxo cada un deles, independentemente de que sexan correctos segundo diferentes criterios ou variantes da lingua galega.

    27 visitas (↑27 de onte), 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    27 visitas (↑27 de onte), 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    9Louro

    9Louro

    Martín Louro, nado en Muros en 2004, máis coñecido coma 9Louro, é un cantante galego de pop urbano, trap, música electrónica e raeggeton.

    27 visitas (↑27 de onte), 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Antonino Salinas

    Antonino Salinas

    Antonino Salinas, nado en Palermo o 19 de novembro de 1841 e finado en Roma o 7 de marzo de 1914, foi un arqueólogo, numismático e profesor universitario italiano.

    26 visitas (↑26 de onte), 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    Antonio Campo Fernández

    Antonio Campo Fernández

    Antonio Campo Fernández, nado en Ponte de Domingos Flórez, é un empresario e político galego do PPdeG.

    25 visitas (↑25 de onte), 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    Borja Verea

    Borja Verea

    Borja Verea Fraiz, nado en Santiago de Compostela en 1980, é un funcionario e político galego do PPdG, presidente do Partido Popular de Santiago de Compostela, voceiro no Concello de Santiago polo PPdG e deputado no Parlamento de Galicia pola circunscrición electoral da Coruña.

    25 visitas (↑25 de onte), 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    Amirat

    Amirat

    Amirat é unha localidade e comuna francesa, situada no departamento dos Alpes Marítimos e na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul.

    24 visitas (↑24 de onte), 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    Criptomeria

    Criptomeria

    A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).

    24 visitas (↑24 de onte), 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    Chuza!

    Chuza!

    Chuza! foi unha rede social de promoción de novas, que funciona maioritariamente nun ámbito galego. Foi creada por Berto Yáñez e comezou a funcionar o 20 de febreiro de 2006 e o 25 de xullo de 2010 foi pechada temporalmente polo seu autor, quen alegou esgotamento.

    24 visitas (↑24 de onte), 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    Dua Lipa

    Dua Lipa

    Dua Lipa, nada en Londres, Inglaterra, o 22 de agosto de 1995, é unha cantante, compositora e modelo británica de orixe albanokosovar. A súa carreira musical iniciouse aos 14 anos, cando comezou a versionar cancións doutros artistas en YouTube. En 2015 asinou coa discográfica Warner Music Group e aos 20 anos lanzou o seu primeiro sinxelo «New Love», seguido polo exitoso «Be the One».

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Elvira Fernández Balboa

    Elvira Fernández Balboa

    Elvira Fernández Balboa, chamada Viri, nada en Pontevedra en 1965, é unha empresaria galega, famosa por ser a muller de Mariano Rajoy, expresidente do Goberno de España.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    Aliança Catalana

    Aliança Catalana

    Aliança Catalana (en galego: Alianza Catalá) é un partido independentista catalán de extrema dereita fundado en Ripoll en 2020. Avoga polo proteccionismo das empresas catalás, a separación entre Estado e relixión e a defensa da economía de mercado. O partido tomou posición contra o bilingüismo en Cataluña e tamén contra a inmigración, feito polo que foi considerado islamófobo.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Argumentación

    Argumentación

    A argumentación é unha actividade comunicativa que consiste en producir e intercambiar razóns para apoiar unha afirmación ou para defender ou cuestionar unha posición. Pode desenvolverse oralmente ou por escrito, nun diálogo, nun debate, nun discurso ou nun texto dirixido a un público. Adoita aparecer cando unha afirmación necesita xustificación ou cando existen dúbidas ou desacordos.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    Andrea Pousa

    Andrea Pousa

    Andrea Pousa, nada en Figueiró (Tomiño) en 1990, é unha cantante, compositora, produtora musical e actriz galega.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    Elxokas

    Elxokas

    Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    Pobo galego

    Pobo galego

    Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    Literatura modernista

    Literatura modernista

    A literatura modernista comprende distintas correntes de renovación literaria de finais do século XIX e da primeira metade do século XX. O termo modernismo non designa exactamente o mesmo movemento en todas as tradicións críticas: no ámbito hispánico refírese principalmente á renovación iniciada en Hispanoamérica e difundida despois en España, mentres que nos estudos sobre a literatura europea e angloamericana abrangue diversas formas de experimentación poética e narrativa, especialmente desenvolvidas arredor da primeira guerra mundial. Estas correntes cuestionaron convencións literarias anteriores e buscaron novas formas de expresión. Porén, as súas características e cronoloxías varían segundo a lingua, o país e o xénero literario, polo que non constitúen unha escola cun programa único.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    Tratado de Zamora

    Tratado de Zamora

    O Tratado de Zamora foi un diploma resultante da conferencia de paz entre Afonso Henriques e seu curmán, Afonso VII de León e Castela. Celebrado en Zamora o 5 de outubro de 1143, esta é considerada como a data da independencia de Portugal e o inicio da dinastía afonsina.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    Festas de San Froilán de Lugo

    Festas de San Froilán de Lugo

    As festas de San Froilán teñen lugar en Lugo entre o 4 e o 12 de outubro. Xiran arredor do 5 de outubro, día en que o santoral católico conmemora o día de San Froilán. Foron proclamadas de Interese Turístico Nacional polo Ministerio de Industria e Turismo en 2006.

    22 visitas (↑22 de onte), 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    Galipedia

    Galipedia

    A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 235.739.

    22 visitas (↑22 de onte), 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Carmen Maura

    Carmen Maura

    Carmen García Maura, coñecida por Carmen Maura, nada en Madrid o 15 de setembro de 1945, é unha actriz española.

    22 visitas (↑22 de onte), 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    Juan Manuel Sánchez Gordillo

    Juan Manuel Sánchez Gordillo

    Juan Manuel Sánchez Gordillo, nado en Marinaleda o 5 de febreiro de 1952, é un político, sindicalista e profesor de Historia de Marinaleda, unha vila da provincia de Sevilla. É, dende 1979 alcalde de Marinaleda e, dende 2008 ata 2014 foi deputado por Esquerda Unida no Parlamento de Andalucía.

    22 visitas (↑22 de onte), 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    Carlos Ares

    Carlos Ares

    Carlos Ares, nado en 1997 na Coruña, é un músico, cantautor e produtor galego. A súa música foi definida como pop, folk e alternativa.

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    Pemmican

    Pemmican

    O pemmican é unha receita típica amerindia que está constituída por unha mestura de graxa animal, medula ósea, carne seca e bagas secas da que se obtén unha especie de pan ou pasta que compón un alimento rico en calorías, e que se pode utilizar como compoñente principal en comidas preparadas e tamén é apto para o seu consumo cru. Historicamente, foi unha parte importante da cociña nativa en certas partes de América do Norte e aínda hoxe. A palabra procede da palabra cree ᐱᒦᐦᑳᓐ (pimîhkân) que deriva de ᐱᒥᕀ ( pimî ), "sebo, graxa" .

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    Mónica García Gómez

    Mónica García Gómez

    Mónica García Gómez, nada en Madrid o 16 de xaneiro de 1974, é unha anestesióloga e política española, deputada da X lexislatura da Asemblea de Madrid dentro do grupo parlamentario de Podemos Comunidade de Madrid e posteriormente deputada da súa XI lexislatura dentro do grupo parlamentario de Más Madrid. Dende o 20 de novembro de 2023 é ministra de Sanidade do Goberno de España.

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    Maughold

    Maughold

    Maughold (f. c. 488) é venerado como o santo patrón da Illa de Man, territorio dependente do Reino Unido.

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    Xosé Ramón Fernández-Oxea

    Xosé Ramón Fernández-Oxea

    Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey, Xan Fouciño e Raimundo Antela, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista.

    20 visitas (↑20 de onte), 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    Jair Bolsonaro

    Jair Bolsonaro

    Jair Messias Bolsonaro, nado en Glicério (São Paulo) o 21 de marzo de 1955, é un exmilitar e político brasileiro, que foi presidente do Brasil entre 2019 e 2022. Anteriormente fora deputado federal entre 1991 e 2019. As súas posicións políticas identifícanse coa extrema dereita e o populismo e en 2025 foi condenado a 27 anos de cárcere polo seu papel no intento de golpe de Estado contra o goberno electo de Lula da Silva en 2022.

    20 visitas (↑20 de onte), 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    Wikipedia

    Wikipedia

    Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.

    20 visitas (↑20 de onte), 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    Ruta da pentosa fosfato

    Ruta da pentosa fosfato

    A ruta da pentosa fosfato ou ruta do fosfato de pentosa, tamén chamada ruta do fosfogliconato ou lanzadeira de fosfatos de pentosas, é unha vía metabólica moi relacionada coa glicólise durante a cal se utiliza a glicosa para xerar a ribosa necesaria para a biosíntese de nucleótidos e ácidos nucleicos, e tamén para obter poder redutor (moléculas con capacidade redutora) en forma de NADPH, que se utilizará como coencima en reaccións encimáticas do anabolismo. Esta ruta ten lugar no citosol na maioría dos organismos, pero nas plantas a maioría das reaccións teñen lugar nos plastos. A ruta serve de ponte entre as rutas anabólicas e catabólicas do metabolismo da glicosa, que está regulado pola insulina.

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    Pornografía

    Pornografía

    A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Lamine Yamal

    Lamine Yamal

    Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    Antón Alonso Ríos

    Antón Alonso Ríos

    Antón Hipólito Alonso Ríos, nado en Camporrapado (Cortegada, Silleda) o 15 de agosto de 1887 e finado en Buenos Aires o 12 de outubro de 1980, foi un mestre, escritor, líder agrarista e político galego que presidiu o Consello de Galiza. Durante os tres anos que durou a Guerra civil fíxose pasar polo “Siñor Afranio de Amaral” e foi mendigo, traballou nas colleitas e foi criado de casa. Conseguiu sobrevivir asemade que foi vendo como os seus amigos e compañeiros foron apresados, torturados e asasinados.

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    Movemento 15-M

    Movemento 15-M

    O Movemento 15-M, tamén chamado movemento dos indignados, é un movemento cidadán formado após a manifestación do 15 de maio de 2011 (convocada por diversos colectivos), onde despois de que 40 persoas decidisen acampar na Porta do Sol esa noite de xeito espontáneo, produciuse unha serie de protestas pacíficas en España co obxectivo de promover unha democracia máis participativa arredada do bipartidismo PSOE - PP e do dominio de bancos e corporacións, así como unha "auténtica división de poderes" e outras medidas coa intención de mellorar o sistema democrático. Aglutinou diversos colectivos cidadáns con diferentes lemas, como o da manifestación do 15 de maio: «Non somos monicreques en mans de políticos e banqueiros» ou «Democracia real XA! Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros ».

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    Mariano Rajoy

    Mariano Rajoy

    Mariano Rajoy Brey, nado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1955, é un político galego, presidente do Goberno de España desde 2011 ata 2018, durante as X e a XII lexislaturas e presidente do Goberno en funcións durante a breve XI lexislatura de España. Rajoy serviu como ministro nos gobernos de José María Aznar en diversas carteiras entre 1996 e 2003, e como vicepresidente do Executivo de 2000 a 2003. Entre 2003 e 2004, cando foi elixido presidente do Partido Popular, desempeñou o cargo de secretario xeral da formación.

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Concellos do departamento dos Alpes Marítimos

    Concellos do departamento dos Alpes Marítimos

    A seguinte é unha lista das 163 comunas do departamento dos Alpes Marítimos, en Provenza-Alpes-Costa Azul, en Francia.

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia

    Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia

    A Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro formada por profesionais do ámbito educativo que traballan a diversidade sexual, de xénero e familiar, a coeducación e a educación sexual nas aulas. Ten sede en Vigo, na provincia de Pontevedra.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Esquerra Republicana de Catalunya

    Esquerra Republicana de Catalunya

    Esquerra Republicana de Catalunya (en galego: Esquerda Republicana de Cataluña), ou ERC, é un partido político catalán fundado en 1931, de ideoloxía progresista, republicana e independentista. Foi o partido de relevantes políticos cataláns como Francesc Macià, Lluís Companys ou Josep Tarradellas. Desenvolveu un importante papel na política catalá e española durante a Segunda República, durante a loita antifranquista e a Transición á democracia.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    Ramón Cabanillas

    Ramón Cabanillas

    Ramón Cabanillas Enríquez, tamén chamado O Poeta da Raza, nado en Fefiñáns (Cambados) o 3 de xuño de 1876 e finado en Cambados o 9 de novembro de 1959, foi un escritor galego. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1976, coincidindo co centenario do seu nacemento.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

    Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    Fauna invasora de Galicia

    Fauna invasora de Galicia

    A fauna invasora de Galicia é o conxunto de especies animais que foron transportadas e introducidas polo ser humano en Galicia, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecoloxicamente. Que unha especie animal invasora resulta daniña significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, poñendo en perigo a diversidade biolóxica nativa (en diversidade de especies, diversidade dentro das poboacións ou diversidade de ecosistemas).

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    Anna's Archive

    Anna's Archive

    Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    Iván Rivas

    Iván Rivas

    Iván Rivas Rico, nado na Pontenova en 1976, é un arquitecto e político galego do BNG.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    Flora invasora de Galicia

    Flora invasora de Galicia

    A flora invasora de Galicia é o conxunto de especies de plantas que foi transportado e introducido polo ser humano en Galicia, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecolóxica e/ou paisaxisticamente. Que unha especie vexetal invasora resulta daniña significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, pondo en perigo a diversidade biolóxica nativa (en diversidade de especies, diversidade dentro das poboacións ou diversidade de ecosistemas).

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    Miguel Bernardeau

    Miguel Bernardeau

    Miguel Ángel Bernardeau Duato, nado en Valencia o 12 de decembro de 1996, é un actor español, principalmente coñecido polo seu papel de Guzmán na serie de Netflix Élite.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    A filla do ladrón de bicicletas

    A filla do ladrón de bicicletas

    A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    Aciñeira

    Aciñeira

    A aciñeira (Quercus ilex) é unha árbore cupulífera do xénero dos carballos, monoica e perennifolia. A aciñeira ten unha lonxevidade de 200 a 500 anos.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    Neveiras de Galicia

    Neveiras de Galicia

    As neveiras, tamén chamadas neveiros, naveiras ou casas da neve, foron construcións de pedra, na súa maioría circulares e escavadas no terreo, nas que se almacenaba a neve recollida nas serras galegas para conservala durante meses, convertida en xeo compactado, e destinala ao consumo do verán. A súa explotación estivo ligada sobre todo a mosteiros cistercienses, cabidos catedralicios e outras institucións, e o xeo subministrábase a cidades como Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense e Pontevedra para conservar alimentos, refrescar bebidas e usos medicinais. Xunto ás neveiras propiamente ditas existían as pozas, depósitos moito máis sinxelos nos que se amoreaba con rapidez a neve recentemente caída antes de trasladala ao almacén definitivo, e algunhas construcións auxiliares, como casetas de abrigo ou a casa da persoa encargada do labor.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️

Estes datos son de .