Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O Auriense Campus da Auga FG é un equipo de fútbol gaélico formado no ano 2014 na cidade de Ourense. Está asociado á Asociación Galega de Fútbol Gaélico e compite na Liga Galega de Fútbol Gaélico, na Copa Galega de Fútbol Gaélico e no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico. Xunto con Afiadoras FG, equipo que compite na Liga Gallaecia, conforman a asociación Ourense Gaels.
La bola negra é un filme dramático de 2026 dirixido por Javier Calvo e Javier Ambrossi, que escribiron o guión xunto con Alberto Conejero. É unha coprodución de España e Francia inspirada na obra teatral inacabada homónima de Federico García Lorca e en La piedra oscura, de Conejero. O elenco principal está formado por Guitarricadelafuente, Miguel Bernardeau, Carlos González e Milo Quifes, coa participación de Lola Dueñas, Penélope Cruz e Glenn Close.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Steam é un servizo de distribución dixital de videoxogos desenvolvido por Valve Corporation. Foi lanzado en setembro de 2003 como unha forma para Valve de achegar actualizacións de xeito automático aos seus xogos, mais acabou ampliándose para incluír xogos que non son de Valve senón de terceiros. Steam ofrece protección contra a pirataría, servidores de emparellamento, transmisións de vídeo e servizos de redes sociais.
Modernismo é o termo co que se designa a unha corrente de renovación artística e literaria desenvolvida a finais do século XIX e principios do XX. Segundo os distintos países, recibiu diversas denominacións: Art Nouveau (en Bélxica e Francia), Sezession (en Austria), Jugendstil (Alemaña), Liberty (Inglaterra) e Floreale (en Italia). En catalán, modernisme ou Estilo modernista.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
José Manuel Miranda González Soto y Altamirano
José Manuel Miranda González Soto y Altamirano, nado en Parada de Amoeiro (Amoeiro) o 26 de marzo de 1817 e finado arredor de 1901, foi un propietario rural, político local e provincial galego, alcalde de Amoeiro en varias ocasións durante o século XIX, deputado provincial de Ourense e destacado membro das elites agrarias da provincia. A súa traxectoria pública estivo ligada inicialmente ao liberalismo moderado e, máis tarde, ao neocatolicismo e ao carlismo, antes da súa integración no sistema político da Restauración borbónica.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
A auga (fórmula química H2O) é unha substancia química inorgánica, transparente, insípida, inodora e case incolora, que é o principal constituínte da hidrosfera terrestre e dos fluídos de todos os organismos vivos coñecidos (no que actúa como disolvente).). É vital para todas as formas de vida coñecidas, aínda que non proporciona alimento, enerxía nin micronutrientes orgánicos. A súa fórmula química, H2O, indica que cada unha das súas moléculas conteñen un átomo de osíxeno e dous de hidróxeno, conectados por enlaces covalentes.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada. Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz. Membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), é considerado o poeta español máis lido de tódolos tempos.
Lista de concellos de Galicia por poboación
En Galiza existen 313 concellos cunha poboación total de 2 689 152 hab. O territorio organízase ao redor de sete núcleos urbanos principais, todos con máis de 60 000 habitantes, e que suman 995 126 hab. Existen outros 49 concellos de máis de 10 000 hab.
The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros no ano 2018. Nada baixo a influencia do grupo Terbutalina, a súa andaina iníciase da man de Xanma e Samuel (Rapante), ambos guitarristas da vila aos que non tardaría en sumarse Matías ao baixo e sintetizadores. Cunha base musical apoiada en ritmos disco e guitarras indies característicos de agrupacións como The Smiths, The Growlers ou mesmo Novedades Carminha, o carácter destes catro mozos radica nunha actitude despreocupada e enérxica.
Gaspar Manuel Méndez Fuentes, máis coñecido como Gaspar Méndez nado en Ponferrada en 1964, é un economista, profesor e escritor galego. Traballou en banca durante dúas décadas e, dende 2017, é profesor de Xeografía e Historia no ensino secundario. É tamén columnista de prensa e autor de obras de investigación histórica e de recompilación da tradición oral.
O Movemento Socialista (MS) (orixinalmente, e en éuscaro: «Mugimendu Sozialista») ou corrente socialista («ildo sozialista») é un movemento político e social con orixe no País Vasco de ideoloxía comunista formado a finais da década de 2010. Está formado por distintas organizacións relacionadas entre si, cada unha cun espazo de acción definido. En Galiza, a organización correspondente do MS é a Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS).
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O castelo da Rocha Forte é un sitio arqueolóxico en proceso de escavación do castelo medieval máis emblemático da mitra compostelá, que tivo un período de ocupación desde, aproximadamente, o ano 1240 ao 1467, ano no que foi destruído ata os seus alicerces polos irmandiños. Nel tiveron lugar feitos moi sinalados da historia de Compostela.
Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Un lobishome (/loβiˈsɔme̝/), tamén coñecido como licántropo (/liˈkantɾo̝po̝/; do grego antigo "λύκος" (lobo) e "άνθρωπος" (humano)), é un individuo que, segundo as mitoloxías, lendas e folclores, posúe a capacidade de transformarse, parcial ou totalmente e durante as noites de lúa chea, nun lobo ou nunha criatura antropomorfa semellante. Fontes temperás que mencionan esta habilidade ou aflición, coñecida como licantropía, inclúen a Petronio (27–66). Esta transformación pode deberse a varias causas, coma unha imprecación ou ritual voluntario, ou, máis recentemente, pola mordedela ou rabuñada dun lobo ou licántropo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O AC Ordes é un equipo de hóckey a patíns da localidade de Ordes, que na tempada 2026/26 competirá na OK Liga Prata. O AC Ordes é o continuador do antigo Club Patín Ordes (desaparecido no 2003 ao pasar a formar parte do novo club), un club que competira varios anos na segunda categoría do hóckey a patíns español, a Primeira División Estatal, e que conseguira importantes logros en boa parte das súas categorías. En abril de 2011 o AC Ordes conseguiu o ascenso á Primeira División, segunda categoría do hóckey a patíns español logo de superar na fase de ascenso do sector norte a FM Roller Oviedo (12-5), Real Club Josaleta (2-5) e San Antonio (7-3), e deixou practicamente asegurado o ascenso logo da dobre xornada disputada o sábado 29 de abril.
Gabriel Rufián Romero, nado en Barcelona o 8 de febreiro de 1982, é un activista social e político catalán vinculado con movementos sociais de esquerdas e independentistas. Presentouse nas eleccións xerais españolas de 2015, 2016, abril de 2019 e novembro de 2019 como cabeza de lista de ERC e foi elixido membro do Congreso dos Deputados español.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é un partido político de esquerda da comunidade autónoma de Galicia, fundado en 1982 como unha fronte unitaria integrada por diversas organizacións nacionalistas galegas co obxectivo de promover a soberanía e a autodeterminación da nación galega. O partido xurdiu da unión de pequenos grupos nacionalistas durante a transición española á democracia. Nun primeiro momento obtivo resultados electorais modestos, pero foi incrementando progresivamente o seu apoio grazas á súa defensa dos intereses de Galicia fronte ao que consideraba unha explotación económica e unha marxinación cultural por parte do Estado español.
Junts per Catalunya (partido político)
Junts per Catalunya (abreviado Junts ou JxCat) é un partido político de ideoloxía independentista catalá e apostas transversais mediante o enfrontamento unilateral coa España democrática e a internacionalización do conflito catalán. A fundación deste partido foi a iniciativa do expresidente catalán Carles Puigdemont xunto con varios membros da coalición homónima Junts per Catalunya (tanto de CNxR -por exemplo, Jordi Sánchez e Elsa Artadi- como do PDeCAT -Jordi Turull, Josep Rull, Joaquim Forn, entre outros— e exmembros de ERC —Toni Comín, Josep Costa, Eusebi Campdepadrós, entre outros) co fin de reestruturar este espazo baixo un partido político unificado, que aspira a ser a "corrente central do catalanismo" baixo un claro "liderado". O seu proceso congresual comezou en xullo de 2020 (a pesar de ter sido rexistrado no Rexistro de partidos políticos do Ministerio do Interior en xullo de 2018) e non debe confundirse coa coalición Junts per Catalunya.
Eleccións xerais de España de 2023
As eleccións xerais de España de 2023 celebráronse o domingo 23 de xullo de 2023 para elixir as XV Cortes Xerais do Reino de España. Elixíronse os 350 asentos no Congreso dos Deputados, así como 208 dos 265 asentos no Senado. Foron as décimo sextas eleccións xerais democráticas, as quintas con Filipe VI como rei e as primeiras celebradas nun mes de xullo.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
Croacia ( pronunciación ) (en croata: Hrvatska [xř̩ʋaːtskaː] ), oficialmente República de Croacia ( pronunciación ) (en croata: Republika Hrvatska ( pronunciación )), é un país de Europa central, rodeado pola chaira Panónica, os Balcáns e o mar Mediterráneo. A súa capital e cidade máis grande é Zagreb. Comparte fronteiras con Eslovenia e Hungría ao norte, Bosnia e Hercegovina ao sueste e Serbia e Montenegro ao leste.
Benín (en francés: Bénin), oficialmente República de Benín (en francés: République du Bénin) e antigamente Dahomey, é un país de África Occidental. Limita ó oeste con Togo, ó leste por Nixeria e ó norte por Burkina Faso e Níxer. A maioría da poboación vive na súa reducida liña costeira no golfo de Benín, parte do golfo de Guinea, na zona máis ó norte do océano Atlántico tropical.
Mareas vivas é unha serie da Televisión de Galicia, creada por Antón Reixa e producida por Voz Audiovisual e Zopilote, que foi emitida entre 1999 e 2003. Foi o maior éxito da TVG e os personaxes das primeiras tempadas fixéronse moi populares entre a poboación galega. A teleserie fixo historia por empregar unha lingua popular, dialectalmente propia do galego da Costa da Morte.
Celestino Iglesias Cores, máis coñecido como Tino Iglesias, nado en Ribadumia o 14 de marzo de 1962, é un piloto galego de automobilismo. Compite habitualmente en varias modalidades e competicións de xeito simultáneo e incluso no mesmo día. É o piloto máis laureado do Campionato de Galicia de Autocross con seis títulos (en 2010, 2011, 2013, 2014, 2015 e 2016) e foi campión de Galicia de slálom en 2010.
Lista de filmes con versión en galego
A lista de filmes con versión en galego está ordenada alfabeticamente segundo os títulos galegos das obras relacionadas. Para esta orde non se teñen en conta, por defecto, os artigos (morfemas) ao inicio dos títulos en galego. Inclúense longametraxes das que hai versión oficial en galego, ben sexa dobrada, orixinal, ou subtitulada, considerando os seus títulos galegos tal e como se impuxo cada un deles, independentemente de que sexan correctos segundo diferentes criterios ou variantes da lingua galega.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
O Mesón do Vento, Ardemil, Ordes
O Mesón do Vento é unha vila da parroquia de Ardemil no concello coruñés de Ordes. Segundo o IGE en 2018 tiña 298 habitantes (145 homes e 153 mulleres).
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas.
O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurado con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981, estaba formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Se Acabó la Fiesta (SALF) é unha agrupación de electores española fundada pola personalidade das redes sociais Alvise Pérez, antigo militante de Cidadáns e UPyD, así como delegado internacional da á xuvenil dos Liberal Demócratas no Reino Unido. Politicamente, SALF describiuse a si mesma como unha forza política anticorrupción, antisistema e liberal. Varios analistas políticos e medios de comunicación considérana unha agrupación populista de extrema dereita que compite con Vox.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un escritor e político galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un arquivo de texto que se envía dende os servidores dun sitio web e que se garda nos dispositivos dos usuarios (móbiles, ordenadores, etc). Almacenan información sobre a actividade dos usuarios cada vez que visitan un sitio web e permiten recuperar a información almacenada ata o momento cada vez que estes acceden aos sitios (os rastros envíanse aos servidores para a súa consulta). Deste xeito, o sitio web ou os seus propietarios poden consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O Bierzo ou O Berzo (en castelán e oficialmente: El Bierzo, en leonés: El Bierzu/Bierciu) é unha comarca do oeste da provincia de León, limítrofe con Galicia, que ocupa unha área de 2.828 km², dividida entre 38 concellos. A súa capital é Ponferrada. É a única comarca recoñecida por lei en Castela e León, creada polas peculiaridades xeográficas, históricas, sociais e económicas que a diferencian do resto da comunidade.
Brath é un grupo galego de folk fundado en 1980. Os seus inicios están marcados pola vontade de realizar música de raíz, pero cunha perspectiva aberta á fusión, e con especiais influencias do rock progresivo, dunha forma similar á outros grupos do momento como Taranis. Unha das características que marcaron a súa personalidade nos comezos foi a inclusión dun baixo eléctrico e unha batería, elementos pouco frecuentes por aquel entón.
A Liga das Nacións da UEFA é unha competición internacional bienal de fútbol disputada polas seleccións nacionais masculinas das asociacións membros da UEFA, a máxima organización do fútbol europeo. A primeira edición comezou en setembro de 2018 e rematou en xuño de 2019 coa fase final celebrada en Portugal, da que saíu campioa a selección anfitrioa.