Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    La bola negra

    La bola negra

    La bola negra é un filme dramático de 2026 dirixido por Javier Calvo e Javier Ambrossi, que escribiron o guión xunto con Alberto Conejero. É unha coprodución de España e Francia inspirada na obra teatral inacabada homónima de Federico García Lorca e en La piedra oscura, de Conejero. O elenco principal está formado por Guitarricadelafuente, Miguel Bernardeau, Carlos González e Milo Quifes, coa participación de Lola Dueñas, Penélope Cruz e Glenn Close.

    153 visitas (↑16 de onte)113,137, 153

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    Saint-Andéol-de-Fourchades

    Saint-Andéol-de-Fourchades

    Saint-Andéol-de-Fourchades (en occitano: Sant Andiòu de Forchadas) é unha localidade e comuna francesa, situada no departamento de Ardèche e na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes.

    131 visitas (↑131 de onte)0,0, 131

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    María Jamardo

    María Jamardo

    María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.

    121 visitas (↓444 de onte)42,565, 121

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    Ordes, Ordes

    Ordes, Ordes

    Santa María de Ordes é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Ordes. Segundo o IGE en 2013 tiña 7.542 habitantes (3.681 mulleres e 3.681 homes) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 5.966 habitantes.

    120 visitas (↑94 de onte)0,26, 120

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    Mirallos, Vilabol de Suarna, A Fonsagrada

    Mirallos, Vilabol de Suarna, A Fonsagrada

    Mirallos é un lugar da parroquia de Vilabol de Suarna, no concello lugués da Fonsagrada. Segundo o IGE, en 2015 tiña 2 habitantes (1 home e 1 muller).

    108 visitas (↑108 de onte)0,0, 108

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    Miro Villar

    Miro Villar

    Arximiro Bautista Villar González, nado en Cee o 21 de marzo de 1965, é un escritor galego.

    80 visitas (↑35 de onte)0,45, 80

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Orde de Santiago

    Orde de Santiago

    A Orde Militar de Santiago é unha orde relixioso-militar xurdida no século XII no Reino de Galicia e que aínda existe hoxe como título de honra.

    79 visitas (↑56 de onte)0,23, 79

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    Alberto Núñez Feijóo

    Alberto Núñez Feijóo

    Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.

    79 visitas (↑32 de onte)48,47, 79

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    Hábitat mariño

    Hábitat mariño

    Este artigo trata dun tipo especial de ambiente dentro do ecosistema mariño. Para o concepto máis amplo con todas as interaccións e características do ambiente mariño ver Ecosistema mariño. Un hábitat mariño é un hábitat que mantén vida mariña.

    73 visitas (↑31 de onte)41,42, 73

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    Criptomeria

    Criptomeria

    A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).

    72 visitas (↑45 de onte)24,27, 72

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    A.C. Ordes

    A.C. Ordes

    O AC Ordes é un equipo de hóckey a patíns da localidade de Ordes, que na tempada 2026/26 competirá na OK Liga Prata. O AC Ordes é o continuador do antigo Club Patín Ordes (desaparecido no 2003 ao pasar a formar parte do novo club), un club que competira varios anos na segunda categoría do hóckey a patíns español, a Primeira División Estatal, e que conseguira importantes logros en boa parte das súas categorías. En abril de 2011 o AC Ordes conseguiu o ascenso á Primeira División, segunda categoría do hóckey a patíns español logo de superar na fase de ascenso do sector norte a FM Roller Oviedo (12-5), Real Club Josaleta (2-5) e San Antonio (7-3), e deixou practicamente asegurado o ascenso logo da dobre xornada disputada o sábado 29 de abril.

    68 visitas (↑45 de onte)0,23, 68

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    O Mesón do Vento, Ardemil, Ordes

    O Mesón do Vento, Ardemil, Ordes

    O Mesón do Vento é unha vila da parroquia de Ardemil no concello coruñés de Ordes. Segundo o IGE en 2018 tiña 298 habitantes (145 homes e 153 mulleres).

    66 visitas (↑47 de onte)0,19, 66

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    Tonhito de Poi

    Tonhito de Poi

    Antón Axeitos Ares, máis coñecido como Tonhito de Poi, nado en Castiñeiras (Ribeira) o 27 de novembro de 1969, é un artista polifacético galego.

    55 visitas (↑55 de onte)0,0, 55

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    Túnel das Maceiras

    Túnel das Maceiras

    O túnel das Maceiras, tamén coñecido como túnel da Madroa ou túnel Vigo-Redondela, é un túnel ferroviario de dous tubos de 8,5 km de lonxitude que conecta As Maceiras, en Redondela, coa nova estación subterránea de Vigo-Urzaiz. É o túnel máis longo do eixe atlántico de alta velocidade (EAAV).

    51 visitas (↑51 de onte)0,0, 51

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    48 visitas (↑7 de onte)33,41, 48

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias Miguéns, nada o 1 de novembro de 1987 en Rianxo, é unha cantante e actriz galega.

    44 visitas (↓20 de onte)34,64, 44

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Ada Colau

    Ada Colau

    Ada Colau Ballano, nada en Barcelona o 3 de marzo de 1974, é unha activista social e política catalá, alcaldesa da cidade de Barcelona dende o 13 de xuño de 2015 ata o 17 de xuño de 2023 Foi unha das fundadoras da Plataforma de Afectados por la Hipoteca en Barcelona no 2009 e a súa portavoz ata 2014. Foi cabeza de lista nas eleccións municipais de 2015 da coalición electoral Barcelona en Comú, formación que conseguiu ser a máis votada na cidade de Barcelona.

    43 visitas (↑43 de onte)0,0, 43

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    43 visitas (↑7 de onte)33,36, 43

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    9Louro

    9Louro

    Martín Louro, nado en Muros en 2004, máis coñecido coma 9Louro, é un cantante galego de pop urbano, trap, música electrónica e raeggeton.

    42 visitas (↓39 de onte)27,81, 42

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    Guitarricadelafuente

    Guitarricadelafuente

    Álvaro Lafuente Calvo, nado en Benicàssim o 27 de agosto de 1997, coñecido coma Guitarricadelafuente, é un cantautor, compositor, músico e actor español.

    40 visitas (↑5 de onte)35,35, 40

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    Moinante

    Moinante

    Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.

    39 visitas (↑39 de onte)0,0, 39

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    Orde militar

    Orde militar

    Unha orde militar (en latín: militaris ordo) é unha sociedade relixiosa cristiá de cabaleiros. As ordes militares orixinais foron os Cabaleiros Templarios, os Cabaleiros Hospitalarios, a Orde de Santiago, a Orde de Calatrava e os Cabaleiros Teutónicos. Xurdiron na Idade Media en asociación coas Cruzadas, tanto en Terra Santa, no Báltico e na Península Ibérica; os seus membros dedicáronse á protección dos peregrinos e á defensa dos estados cruzados.

    37 visitas (↑37 de onte)0,0, 37

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    Mareas vivas

    Mareas vivas

    Mareas vivas é unha serie da Televisión de Galicia, creada por Antón Reixa e producida por Voz Audiovisual e Zopilote, que foi emitida entre 1999 e 2003. Foi o maior éxito da TVG e os personaxes das primeiras tempadas fixéronse moi populares entre a poboación galega. A teleserie fixo historia por empregar unha lingua popular, dialectalmente propia do galego da Costa da Morte.

    36 visitas (↑15 de onte)32,21, 36

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    Eva Marie Saint

    Eva Marie Saint

    Eva Marie Saint, nada en Newark (Nova Jersey) o 4 de xullo de 1924 e finada nos Ánxeles o 6 de outubro de 2026, foi unha actriz estadounidense.

    36 visitas (↑36 de onte)0,0, 36

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    Chuza!

    Chuza!

    Chuza! foi unha rede social de promoción de novas, que funciona maioritariamente nun ámbito galego. Foi creada por Berto Yáñez e comezou a funcionar o 20 de febreiro de 2006 e o 25 de xullo de 2010 foi pechada temporalmente polo seu autor, quen alegou esgotamento.

    36 visitas (↑20 de onte)24,16, 36

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    Partido Comunista dos Traballadores de España

    Partido Comunista dos Traballadores de España

    O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).

    35 visitas (↓24 de onte)114,59, 35

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    Caminando Juntos

    Caminando Juntos

    Caminando Juntos (CJ) é un partido político español fundado pola antiga deputada de Vox Macarena Olona.

    35 visitas (↑2 de onte)43,33, 35

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    Lingua galega

    Lingua galega

    O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

    34 visitas (↑11 de onte)33,23, 34

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    Marcial Mouzo

    Marcial Mouzo

    Marcial Mouzo Vidal, máis coñecido como Marcial Mouzo, nado en Camariñas o 20 de abril de 1961, é un xornalista e comunicador galego.

    33 visitas (↑33 de onte)0,0, 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    Anna's Archive

    Anna's Archive

    Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.

    32 visitas (↑1 de onte)17,31, 32

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    Xosé Carlos Valcárcel

    Xosé Carlos Valcárcel

    Xosé Carlos Valcárcel Doval, nado no Pereiro de Aguiar en 1963, é un político galego do PSdeG-PSOE.

    32 visitas (↑32 de onte)0,0, 32

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    Auriense FG

    Auriense FG

    O Auriense Campus da Auga FG é un equipo de fútbol gaélico formado no ano 2014 na cidade de Ourense. Está asociado á Asociación Galega de Fútbol Gaélico e compite na Liga Galega de Fútbol Gaélico, na Copa Galega de Fútbol Gaélico e no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico. Xunto con Afiadoras FG, equipo que compite na Liga Gallaecia, conforman a asociación Ourense Gaels.

    31 visitas (↓124 de onte)894,155, 31

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    Porno duro

    Porno duro

    O porno duro (do inglés: hardcore porn) é un xénero pornográfico no que se mostran escenas de sexo explícito.

    31 visitas (↑31 de onte)0,0, 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    Obsession (filme de 2025)

    Obsession (filme de 2025)

    Obsession é un filme estadounidense de terror de 2025 escrito e dirixido por Curry Barker. Está protagonizado por Michael Johnston e Inde Navarrette, xunto con Cooper Tomlinson, Megan Lawless e Andy Richter. A súa estrea mundial tivo lugar no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2025, dentro da sección Midnight Madness.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    30 visitas (↑3 de onte)27,27, 30

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    Benín

    Benín

    Benín (en francés: Bénin), oficialmente República de Benín (en francés: République du Bénin) e antigamente Dahomey, é un país de África Occidental. Limita ó oeste con Togo, ó leste por Nixeria e ó norte por Burkina Faso e Níxer. A maioría da poboación vive na súa reducida liña costeira no golfo de Benín, parte do golfo de Guinea, na zona máis ó norte do océano Atlántico tropical.

    30 visitas (↑9 de onte)0,21, 30

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    Miguel Bernardeau

    Miguel Bernardeau

    Miguel Ángel Bernardeau Duato, nado en Valencia o 12 de decembro de 1996, é un actor español, principalmente coñecido polo seu papel de Guzmán na serie de Netflix Élite.

    30 visitas (↓36 de onte)17,66, 30

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Apex (filme de 2026)

    Apex (filme de 2026)

    Apex é un filme de suspense e supervivencia de 2026 dirixido por Baltasar Kormákur e escrito por Jeremy Robbins. Está protagonizado por Charlize Theron, Taron Egerton e Eric Bana. Distribuído por Netflix, está ambientado en boa parte nas paisaxes naturais de Australia.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    Pedro Murias

    Pedro Murias

    Pedro Murias Rodríguez, nado na Devesa (Ribadeo) en 1840 e finado na Habana en 1906, foi un indiano e filántropo de orixe galega.

    29 visitas (↑29 de onte)0,0, 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    Gabriel Rufián

    Gabriel Rufián

    Gabriel Rufián Romero, nado en Barcelona o 8 de febreiro de 1982, é un activista social e político catalán vinculado con movementos sociais de esquerdas e independentistas. Presentouse nas eleccións xerais españolas de 2015, 2016, abril de 2019 e novembro de 2019 como cabeza de lista de ERC e foi elixido membro do Congreso dos Deputados español.

    29 visitas (↑6 de onte)36,23, 29

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    Lista de castelos de Portugal

    Lista de castelos de Portugal

    Esta é uma lista dos Castelos de Portugal, lista ordenada por ordem alfabética da unidade territorial administrativa (freguesía ou concello) onde os castelos estão localizados.

    28 visitas (↑8 de onte)28,20, 28

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Mikel Merino

    Mikel Merino

    Mikel Merino Zazón, nado o 22 de xuño de 1996 en Pamplona, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é a Real Sociedad da Liga Santander.

    28 visitas (↓39 de onte)0,67, 28

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    Federico García Lorca

    Federico García Lorca

    Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada. Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz. Membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), é considerado o poeta español máis lido de tódolos tempos.

    28 visitas (↓2 de onte)28,30, 28

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    Enrique Zas

    Enrique Zas

    Co nome de Enrique Zas podemos referirnos a: Enrique Zas Simó, xornalista e escritor galego (1877-1928). Enrique Zas Arregui, físico e profesor galego (n. 1960).

    28 visitas (↓3 de onte)0,31, 28

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    Galipedia

    Galipedia

    A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 236.432.

    27 visitas (↑27 de onte)22,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    Austria nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976

    Austria nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976

    Austria foi representada nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976 por un total de 60 deportistas que competiron en 15 deportes diferentes. O portador da bandeira do país europeo na cerimonia de apertura foi o piragüista Günther Pfaff.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    A Coruña

    A Coruña

    A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

    26 visitas (↑26 de onte)0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    Évry-Courcouronnes

    Évry-Courcouronnes

    Évry-Courcouronnes é un concello de Francia, situado no departamento de Essonne, na rexión de Illa de Francia. É a capital do departamento e do distrito de Évry. O seu código xeográfico oficial é o 91228.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    Distritos de Portugal

    Distritos de Portugal

    Lista dos Distritos de Portugal:

    25 visitas (↑25 de onte)0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    Pablo Bustinduy

    Pablo Bustinduy

    Pablo Bustinduy Amador, nado en Madrid en 1983, é un politicólogo e político español. Voceiro do Grupo Parlamentario de Unidos Podemos na Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados e deputado de Podemos por Madrid. É, asemade, o coordinador da Secretaría Internacional de Podemos.

    24 visitas (0 de onte)66,24, 24

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    Partido Galego

    Partido Galego

    O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que naceu en 2020 coa intención de representar todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    Carlos Ares

    Carlos Ares

    Carlos Ares, nado en 1997 na Coruña, é un músico, cantautor e produtor galego. A súa música foi definida como pop, folk e alternativa.

    23 visitas (↓4 de onte)21,27, 23

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    Ruslan Kukharuk

    Ruslan Kukharuk

    Ruslan Nikolaevich Kukharuk, nado en Urai o 8 de maio de 1979, é un político ruso que é o gobernador do okrug autónomo Khanty-Mansi-Iugra dende 2024.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Unión Soviética nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976

    Unión Soviética nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976

    A Unión Soviética foi representada nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976 por un total de 410 deportistas, que competiron en 22 deportes diferentes. O portador da bandeira soviética na cerimonia de apertura foi o halterófilo Vasili Alexeyev.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    Auriense Cented Academy

    Auriense Cented Academy

    O Auriense Cented Academy é un club de fútbol da cidade de Ourense, fundado en 2020. Ata 2026 chamouse Cented Academy Football School, nome que recibiu da escola de formación deportiva Cented, fundada en 2014 por Manuel López Cerón. Na tempada 2026-27 compite no grupo II da Preferente Galicia.

    22 visitas (↓41 de onte)140,63, 22

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Aliança Catalana

    Aliança Catalana

    Aliança Catalana (en galego: Alianza Catalá) é un partido independentista catalán de extrema dereita fundado en Ripoll en 2020. Avoga polo proteccionismo das empresas catalás, a separación entre Estado e relixión e a defensa da economía de mercado. O partido tomou posición contra o bilingüismo en Cataluña e tamén contra a inmigración, feito polo que foi considerado islamófobo.

    22 visitas (↑22 de onte)23,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    Xunta de Galicia

    Xunta de Galicia

    A Xunta de Galicia é o órgano colexiado de goberno de Galicia, tal e como aparece definido no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais os conselleiros. As vicepresidencias e os conselleiros noméanse desde a presidencia.

    22 visitas (0 de onte)32,22, 22

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    Porno suave

    Porno suave

    O porno suave ou porno brando (do inglés: softcore porn) é un xénero pornográfico no que non se mostran actos con penetración nin primeiros planos de xenitais.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    Pedro Rodríguez Ledesma

    Pedro Rodríguez Ledesma

    Pedro Rodríguez Ledesma, máis coñecido como Pedro ou Pedrito, nado en Santa Cruz de Tenerife o 28 de xullo de 1987, é un futbolista canario. Xoga de dianteiro para a SS Lazio da Serie A italiana. É o único xogador da historia do fútbol que conseguiu marcar polo menos un gol nas seis competicións oficiais de clubs durante unha mesma tempada: Liga, Copa do Rei, Supercopa de España, Liga de Campións, Supercopa de Europa e Copa Mundial de Clubs durante o ano 2009.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    Desafiuzamento de Maricarmen Abascal

    Desafiuzamento de Maricarmen Abascal

    O desafiuzamento de Maricarmen Abascal foi o lanzamento xudicial executado o 23 de setembro de 2026 sobre a vivenda de Madrid na que María del Carmen Abascal Martín, de 87 anos, residira desde 1956. O desaloxo, realizado tras catro intentos anteriores e despois dun prolongado litixio sobre a duración dun contrato de renda antiga, xerou unha ampla repercusión política, social e nos medios de comunicación en España e deu lugar a manifestacións en distintas cidades e a unha posterior acampada na Porta do Sol. Maricarmen Abascal faleceu o 7 de outubro de 2026, dúas semanas despois do seu desafiuzamento, mentres permanecía ingresada no Hospital Gregorio Marañón de Madrid.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    Lizzie Borden

    Lizzie Borden

    Lizzie Andrew Borden, nada en Fall River, Massachusetts o 19 de xullo de 1860 e finada no mesmo lugar o 1 de xuño de 1927, coñecida como Lizzie Borden, foi unha muller solteira de Nova Inglaterra e a única sospeitosa dos asasinatos do seu pai e da súa madrasta, que tiveron lugar na súa casa o 4 de agosto de 1892. A crueldade do dobre asasinato, levado a cabo a machadas, así como o posterior xuízo e o feito de que ninguén fose finalmente condenado polas mortes, converteu o caso nunha cause celébre en Norteamérica e segue sendo un episodio cheo de dúbidas no mundo da criminoloxía. Aínda que Lizzie Borden foi absolta dos crimes, si que quedou ela como a autora deles, converténdose nunha figura mítica do folclore estadounidense, que aparece en numerosas pezas de teatro ou ópera, así como en filmes.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    Se Acabó la Fiesta

    Se Acabó la Fiesta

    Se Acabó la Fiesta (SALF) é unha agrupación de electores española fundada pola personalidade das redes sociais Alvise Pérez, antigo militante de Cidadáns e UPyD, así como delegado internacional da á xuvenil dos Liberal Demócratas no Reino Unido. Politicamente, SALF describiuse a si mesma como unha forza política anticorrupción, antisistema e liberal. Varios analistas políticos e medios de comunicación considérana unha agrupación populista de extrema dereita que compite con Vox.

    21 visitas (↑3 de onte)0,18, 21

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Santiago de Compostela

    Santiago de Compostela

    Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE, en 2025 o concello tiña 100.965 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».

    21 visitas (↑4 de onte)0,17, 21

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    Istmo

    Istmo

    Un istmo é un brazo de terra entre linguas de auga que une dúas porcións de terra maiores, como por exemplo unha península a un continente. Entre os exemplos máis coñecidos está o istmo de Panamá, que conecta a América do Norte coa América do Sur e separa o océano Atlántico do océano Pacífico.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Sergio Hidalgo

    Sergio Hidalgo

    Sergio Hidalgo Alonso, nado en Salas en 1988, é un político asturiano que é alcalde de Salas dende 2011.

    20 visitas (↑3 de onte)0,17, 20

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    Lista de voces dos animais

    Lista de voces dos animais

    Esta é unha lista das voces dos animais no idioma galego. A maioría destas palabras poden usarse como verbo ou substantivo, e boa parte delas é de orixe onomatopeica.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    Pornografía

    Pornografía

    A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".

    19 visitas (↑19 de onte)19,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    Masturbación coas mamas

    Masturbación coas mamas

    A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    Carmela López Moreno

    Carmela López Moreno

    María del Carmen Carmela López Moreno, nada en Burela en 1982, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

    18 visitas (↓3 de onte)0,21, 18

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    Samaín

    Samaín

    O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    Windsor, Ontario

    Windsor, Ontario

    Windsor é unha cidade da provincia de Ontario, no Canadá, situada na beira sur do río Detroit, fronte á cidade estadounidense de Detroit, no estado de Míchigan. É a cidade máis meridional do Canadá e un dos principais puntos de paso de persoas e mercadorías entre este país e os Estados Unidos. No censo de 2021 tiña 229 660 habitantes.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    Xosé Manuel Beiras

    Xosé Manuel Beiras

    Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, máis coñecido como Xosé Manuel Beiras, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936, é un político e economista galego de ideoloxía nacionalista galega e de esquerdas. Foi membro fundador e líder do Partido Socialista Galego (PSG), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova). Impulsou coalicións electorais con representación parlamentaria como Galeusca, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ou En Marea.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Lista de xentilicios de concellos galegos

    Lista de xentilicios de concellos galegos

    Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:

    18 visitas (↓50 de onte)69,68, 18

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    Benito Kamelas

    Benito Kamelas

    Benito Kamelas é un grupo de música rock orixinario de Benetússer (provincia de Valencia), fundado en 1997. Teñen unha medalla de prata do seu concello de Benetússer. A canción "He decidido" incluíuse na banda sonora da curtametraxe Volver, de José María Rivero.

    18 visitas (↑2 de onte)0,16, 18

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

    Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

    18 visitas (↑18 de onte)17,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    18 visitas (↓19 de onte)36,37, 18

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    Lamine Yamal

    Lamine Yamal

    Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).

    18 visitas (↑18 de onte)19,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    Santiago Auserón

    Santiago Auserón

    Santiago Auserón, nado en Zaragoza o 25 de xullo de 1954, é un cantante aragonés. Coñecido artisticamente como Juan Perro, é ex vocalista de Radio Futura. En decembro de 2022 foi Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Goberno de España.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    Acampadas polo dereito á vivenda en España de 2026

    Acampadas polo dereito á vivenda en España de 2026

    As acampadas polo dereito á vivenda en España de 2026, tamén coñecidas como 26-S, son unha serie de acampadas protesta polo dereito á vivenda emprazadas en varias cidades españolas. Iniciáronse a noite do sábado 26 de setembro de 2026 coa primeira acampada na Porta do Sol en Madrid.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    Serie Flint Hills

    Serie Flint Hills

    A serie Flint Hills é unha serie numérica que é significativa debido a que se descoñece a súa natureza converxente ou diverxente. Outro trazo característico é que a súa diverxencia está relacionado coa medida da irracionalidade do número pi.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    Alberto Barreiro Docampo

    Alberto Barreiro Docampo

    Alberto Barreiro Docampo, nado en Moaña en 1974, é un filólogo, músico, actor, director e dramaturgo galego, máis coñecido como Warren.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    Pura Vázquez

    Pura Vázquez

    Carmen Pura Vázquez Iglesias, nada en Ourense (no barrio do Polvorín) o 31 de marzo de 1918 e finada na mesma cidade o 25 de xullo de 2006, foi unha poeta galega. Representante da poesía de posguerra, apostou por unha saída lírica e existencialista fronte a liñas máis combativas. Poeta en galego e castelán e irmá da escritora Dora Vázquez, tamén se conta entre as escritoras vencelladas á emigración.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    Eleccións municipais de 2023 en Galicia

    Eleccións municipais de 2023 en Galicia

    As eleccións municipais de 2023 celebraráronse o 28 de maio de 2023 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 313 corporacións municipais. Estas eleccións tamén serviron para determinar a representación dos partidos políticos no pleno das catro deputacións provinciais, de acordo cos resultados obtidos en cada partido xudicial.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Gmail

    Gmail

    Gmail, tamén coñecido como Google Mail, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    Manuel Vázquez Outeiriño

    Manuel Vázquez Outeiriño

    Manuel Vázquez Outeiriño, nado en Zarracós (A Merca) o 12 de decembro de 1940 e finado neste mesmo lugar o 14 de agosto de 2023, foi un mestre e político galego.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    Llerena Perozo Porteiro

    Llerena Perozo Porteiro

    María Llerena Perozo Porteiro, nada en Vigo o 13 de xaneiro de 1974, é unha escritora galega.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive

    Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive

    O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo terrorista galego operativo en Galicia entre 1986 e 1991 cuxo obxectivo era a independencia de Galicia e a instauración dun réxime socialista. Foi fundado por membros de Galiza Ceive-OLN e do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN). O EGPGC estivo operativo entre 1986 e 1991, tempo durante o cal levaron a cabo arredor de 90 atentados, a maioría dos cales contra torres de alta tensión de Unión Fenosa en zonas deshabitadas.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Alexelcapo

    Alexelcapo

    Alejandro Fernández Miret, nado en Palma o 6 de outubro de 1987, máis coñecido como Alexelcapo ou EvilAFM, é un youtubeiro e streamer español.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    Habib Burguiba

    Habib Burguiba

    Habib Bourguiba, en árabe: الحبيب بورقيبة, Ḥabīb Būrqība, nado en Monastir o 3 de agosto de 1903 e finado en Monastir o 6 de abril de 2000, tamén transcrito como Habib Burguiba, foi un avogado, político e dirixente nacionalista tunisiano, unha das principais figuras do movemento que conduciu á independencia de Tunisia de Francia en 1956 e primeiro presidente da República de Tunisia, cargo que exerceu entre o 25 de xullo de 1957 e o 7 de novembro de 1987. Formado en dereito e ciencia política en París, regresou a Tunisia en 1927 e participou desde comezos da década de 1930 no movemento nacionalista contrario ao protectorado francés. En 1934 foi un dos fundadores do Neo-Destour, organización da que se converteu progresivamente no principal dirixente.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Xosé Neira Vilas

    Xosé Neira Vilas

    Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    José Antonio Vázquez Taín

    José Antonio Vázquez Taín

    Jose Antonio Vázquez Taín, nado en Zarracós (A Merca) en 1968, é un xuíz galego, un dos máis populares, recibindo alcumes coma "o Garzón galego" ou "o Robin Hood de Vilagarcía".

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    Concellos de Galicia

    Concellos de Galicia

    En Galicia hai 313 concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    Isabel Díaz Ayuso

    Isabel Díaz Ayuso

    Isabel Díaz Ayuso, nada en Madrid o 17 de outubro de 1978, é unha política española do Partido Popular, presidenta da Comunidade de Madrid dende agosto de 2019.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    Roberto Vaquero

    Roberto Vaquero

    Roberto Vaquero Arribas, nado en Madrid, o 21 de maio de 1986, é un youtuber e político español, presidente do Frente Obrero desde xuño de 2022 e secretario xeral do Partido Marxista-Leninista (Reconstrución Comunista) desde outubro de 2021.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    The Rapants

    The Rapants

    The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros no ano 2018. Nada baixo a influencia do grupo Terbutalina, a súa andaina iníciase da man de Xanma e Samuel (Rapante), ambos guitarristas da vila aos que non tardaría en sumarse Matías ao baixo e sintetizadores. Cunha base musical apoiada en ritmos disco e guitarras indies característicos de agrupacións como The Smiths, The Growlers ou mesmo Novedades Carminha, o carácter destes catro mozos radica nunha actitude despreocupada e enérxica.

    16 visitas (↓11 de onte)0,27, 16

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    Jorge Casanova

    Jorge Casanova

    Jorge Casanova Moya, nado en Olite no 1 de xaneiro de 2002, é un matemático español. Foi medallista de prata na Olimpíada Matemática Española de 2020.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    Áreas lingüísticas do galego

    Áreas lingüísticas do galego

    Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.

    15 visitas (↓9 de onte)0,24, 15

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    Chevy Chase

    Chevy Chase

    Cornelius Crane "Chevy" Chase, nado o 8 de outubro de 1943 en Manhattan, Nova York, é un humorista, escritor e actor estadounidense.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    España

    España

    España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.

    15 visitas (↓3 de onte)0,18, 15

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    Wikipedia

    Wikipedia

    Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.

    15 visitas (↓5 de onte)20,20, 15

    2+ días na lista

    🔍 🗞️

Estes datos son de .