Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
O accidente ferroviario de Angrois de 2013 foi un descarrilamento ferroviario sucedido o 24 de xullo de 2013 no lugar de Angrois, en Santiago de Compostela. Foi o accidente de tren máis grave da historia de Galicia e de España, se ben hai hipóteses que sinalan que o máis grave da historia de España foi o accidente de Torre del Bierzo, que tamén facía ruta dende a meseta ata Galicia. Ademais, tamén foi o primeiro accidente de tren mortal producido nunha liña de alta velocidade en España.
O backgammon é un xogo de mesa para dous xogadores no que cada un move as súas quince fichas entre vinte e catro triángulos alongados chamados puntos, segundo o resultado do lanzamento de dous dados, co obxectivo de ser o primeiro en retirar todas as súas fichas do taboleiro. O antigo xogo de táboas coñecido como táboas reais, rebautizado como chaquete ao volver introducirse desde Francia, é hoxe coñecido polo seu nome inglés. Pertence á familia dos xogos de táboas, unha das liñaxes de xogos de mesa con antecedentes máis antigos: os xogos de percorrido con dados están documentados en Mesopotamia e en Persia desde hai miles de anos.
Dmitry Potemkin, nado en Kazakhstán, o 20 de maio de 1994, coñecido artisticamente como Di Young, é un compositor e produtor musical kazakho de música dance que saltou á fama en 2020 despois de compor a canción «Pixel Pig», que se popularizou a través dos niveis de usuario do videoxogo sueco Geometry Dash.
Almudena Cid Tostado, nada en Vitoria o 15 de xuño de 1980, é unha ex-ximnasta española que competiu na disciplina de ximnasia rítmica e que participou en catro Olimpíadas (1996-2008), sendo a única ximnasta rítmica no mundo que disputou catro finais olímpicas. Abandonou o deporte profesional o 23 de agosto de 2008.
Blanca Nieves Fernández Ochoa, nada en Madrid o 22 de abril de 1963 e finada en Cercedilla en 2019, foi unha deportista española, destacada no esquí alpino. Era irmá do tamén esquiador Francisco Fernández Ochoa (1950-2006). Foi a primeira muller española en conseguir unha medalla olímpica nuns Xogos Olímpicos de Inverno, concretamente a de bronce no slálom nos Xogos Olímpicos de Albertville 1992.
O aparello ou aparato dixestivo é o conxunto de órganos dos animais multicelulares que permite a inxestión de alimento, a súa dixestión para obter enerxía e nutrientes, e excretar os refugallos sobrantes non necesarios. Deste xeito, as funcións principais do aparello dixestivo son a inxestión, dixestión, absorción e defecación. O aparato dixestivo difire substancialmente duns animais a outros.
Erik Bjärngard, nado en Malmö (Suecia) o 4 de xuño de 1993, máis coñecido artisticamente como Bossfight, é un compositor e productor musical de electrónica, bass house, Drumstep e Dubstep. Fíxose coñecido despois de que as súas cancións aparecesen no videoxogo Geometry Dash. Posteriormente, a súa canción «Nock Em» converteuse na banda sonora do segundo nivel de Geometry Dash Subzero.
Os anglosaxóns, nalgúns contextos chamados simplemente saxóns ou ingleses, foron un grupo cultural que falaba inglés antigo e habitaba gran parte do que hoxe é Inglaterra e o sueste de Escocia na alta Idade Media. Remontaban as súas orixes a colonos xermánicos que no século V chegaron a ser un dos grupos culturais máis importantes de Britania. Considérase que o período anglosaxón en Britania comezou cara ao ano 450 e rematou en 1066, coa conquista normanda.
Unha arte marcial é un conxunto de técnicas, filosofías e tradicións de combate cuxo obxectivo é someter ou defenderse mediante a técnica. Cada arte marcial é herdeira dunha determinada tradición e constitúe un todo coherente en que as técnicas son debidamente encadradas por conceptos filosóficos e por rituais tradicionais. Os diferentes estilos e escolas de artes marciais exclúen o emprego de armas de fogo e outro armamento moderno.
Área é a extensión ou superficie comprendida dentro dunha figura (de dúas dimensións), expresada en unidades de medida denominadas superficiais. Para superficies planas o concepto é intuitivo. Calquera superficie plana de lados rectos pode triangularse e pódese calcular a súa área como suma de triángulos.
O arado (do latín aratrum) é un apeiro usado en agricultura para preparar a terra para sementar ou plantar. Foi un instrumento básico na historia e representou un dos maiores avances da técnica agrícola. O uso primordial do arado é remover as capas superficiais da terra, permitindo a entrada dos nutrientes e que se meteorice.
Aśoka (en escrita devanágari: अशोक) ou Aśoka Vardhana, nado no 304 a.C. e finado no 232 a.C., foi o terceiro emperador maurya, fillo de Bindusara e neto de Chandragupta Maurya, o fundador da dinastía. Aśoka reinou sobre a maior parte do subcontinente indio, do actual Afganistán ata Bengala e tamén cara ao sur. No oitavo ano do seu reinado, cara ao 260 a.C., conquistou o reino de Kalinga nunha guerra que, segundo os seus propios edictos, causou uns cen mil mortos e cento cincuenta mil deportados.
Andrea Kimi Antonelli, tamén coñecido como Kimi Antonelli, nado o 25 de agosto de 2006, é un piloto de carreiras italiano que compite na Fórmula 1 para Mercedes. Antonelli gañou 6 Grandes Premios de Fórmula Un dende o seu debut en 2025. Nado e criado en Boloña, Antonelli é fillo do piloto de carreiras de automóbiles deportivos Marco Antonelli.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A freira da Madeira (Pterodroma madeira) é unha especie de pequena ave mariña do xénero Pterodroma, endémica da illa da Madeira. Esta freira de longas ás ten dorso e ás grises, cunha marca con forma de "W" escuro nas ás, e a parte superior da cola gris. As partes inferiores das ás son de tons negros agás un triángulo branco no bordo frontal preto do corpo, e o ventre é branco con flancos grises.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
A lingua náhuatl (que deriva de nāwatl; pronunciación náhuatl: [ˈnaːwat͡ɬ] ( )), nāwa, «son claro ou agradable» e tlahtōl-li, «lingua ou linguaxe»), coñecida tamén historicamente como lingua azteca ou lingua mexicana, é unha lingua, ou segundo algunhas definicións, un conxunto de linguas, que pertencen á familia de linguas uto-aztecas e son faladas polo pobo náhuatl. As variedades do náhuatl teñen 1,7 millóns de falantes, a maioría dos cales viven principalmente no centro de México e tamén algunhas poboacións máis pequenas nos Estados Unidos. O náhuatl fálase no centro de México dende cando menos o século VII. Era a lingua dos mexicas, que dominaron o que hoxe é o centro de México durante o período posclásico tardío da historia mesoamericana.
Co nome de danza do abellón denomínase un antigo rito funerario no que tódolos familiares e asistentes ó velorio dun cadáver, formando roda collidos da man, daban voltas ó redor do cadaleito imitando o zunido dun abellón. Este ritual foi recollido por Alfredo Brañas a raíz dun velorio no que el mesmo participou en Vilanova de Arousa (Pontevedra) e constitúe un dos casos máis particulares das prácticas tradicionais galegas relacionados coa morte. Críase que se algún dos participantes falaba ou interrompía o baile por calquera causa, sería o primeiro dos presentes en morrer.
O bulbul cafre (Pycnonotus cafer) é unha ave paseriforme da familia dos picnonótidos. É un reprodutor residente no sur de Asia estendéndose ao leste ata Myanmar. Foi introducido en moitas outras partes do mundo e conseguiu establecerse na Arxentina, Tonga e Fixi, así como en partes de Samoa, Estados Unidos e illas Cook.
Marc Márquez Alentà, nado na localidade de Cervera (provincia de Lleida) o 17 de febreiro de 1993, é un piloto catalán de motociclismo. Gañou 9 títulos do Campionato do Mundo de Motociclismo en tres categorías diferentes: 125cc (2010), Moto2 (2012) e MotoGP (2013, 2014, 2016, 2017, 2018, 2019 e 2025). É piloto do equipo Ducati Lenovo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Santa María de Rus é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Carballo, na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2025 tiña 993 habitantes (505 mulleres e 488 homes), distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 1.377 habitantes. Con 28,35 km², é a parroquia máis extensa do concello de Carballo.
O Día dos Fieis Defuntos ou Día de Defuntos é o día escollido pola Igrexa Católica para orar polos finados, celébrase o día 2 de novembro. A data escollida relaciónase con festividades pagás europeas coma o Samaín ou o magosto. Dende o século II, algúns cristiáns pregaban polos falecidos, visitando os túmulos dos mártires para rezar polos que morreran.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
A península das casas baleiras
A península das casas baleiras é unha novela do escritor español David Uclés, publicada orixinalmente en castelán en 2024 pola editorial Siruela co título La península de las casas vacías. En 2026 apareceu a edición en galego, traducida por Moisés Barcia e publicada por Rinoceronte Editora. A obra, a terceira novela do autor, conta a guerra civil española desde o realismo máxico, co fío da historia da familia Ardolento, uns olivareiros da vila de Jándula.
La bola negra é un filme dramático de 2026 dirixido por Javier Calvo e Javier Ambrossi, que escribiron o guión xunto con Alberto Conejero. É unha coprodución de España e Francia inspirada na obra teatral inacabada homónima de Federico García Lorca e en La piedra oscura, de Conejero. O elenco principal está formado por Guitarricadelafuente, Miguel Bernardeau, Carlos González e Milo Quifes, coa participación de Lola Dueñas, Penélope Cruz e Glenn Close.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
O Auriense Campus da Auga FG é un equipo de fútbol gaélico formado no ano 2014 na cidade de Ourense. Está asociado á Asociación Galega de Fútbol Gaélico e compite na Liga Galega de Fútbol Gaélico, na Copa Galega de Fútbol Gaélico e no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico. Xunto con Afiadoras FG, equipo que compite na Liga Gallaecia, conforman a asociación Ourense Gaels.
A lei de conservación da enerxía establece que o valor da enerxía dun sistema illado (sen interacción con ningún outro sistema) permanece invariable co tempo. A conservación da enerxía dun sistema está ligada ao feito de que as ecuacións de evolución sexan independentes do instante considerado. En termodinámica, constitúe o primeiro principio da termodinámica.
Jesús Manuel Ferreiro, nado en Melide o 5 de outubro de 1968, é un piloto de rally galego que competiu en diferentes competicións coma o Campionato de Galicia de Rally ou o Campionato de España de Rallys case sempre con vehículos de tracción traseira. Foi campión galego de históricos en tres ocasións (1994, 2000 e 2002) e campión de España, tamén na categoría de históricos en catro ocasións (2007, 2012, 2014 e 2021).
Raphael Dias Belloli, coñecido como Raphinha, nado en Porto Alegre o 14 de decembro de 1996, é un futbolista brasileiro que xoga de dianteiro no Barcelona, club do que é capitán. É internacional coa selección nacional do Brasil. Considerado un dos mellores xogadores do mundo, é coñecido pola súa velocidade, ritmo, e a capacidade para crear xogadas e remates.
Frente Amplio é un proxecto de coalición electoral española de esquerdas impulsado polas formacións Movemento Sumar, Izquierda Unida, Más Madrid e Catalunya en Comú co fin de presentarse conxuntamente ás eleccións xerais do 29 de novembro de 2026. Entre febreiro e setembro de 2026, antes da constitución desta coalición, os seus partidos promotores celebraron varios actos e eventos públicos preparativos baixo o slogan Un Paso al Frente. Logo diso, a inicios de outubro dese ano foi publicado que o nome da nova coalición sería Frente Amplio, anunciándose que o seu acto de presentación oficial será celebrado o 17 de outubro de 2026.
Os 72 científicos da Torre Eiffel
Coñecidos como os 72 sabios inscritos na torre Eiffel (francés: 72 savants inscrits sur la tour Eiffel) ou máis sinxelamente, sabios da torre Eiffel, a os nomes (en realidade, apelidos) que Gustave Eiffel fixo grabar na torre Eiffel no momento da súa construción. Corresponden a científicos, enxeñeiros e industriais franceses que fixeron contribucións significativas nos seus campos entre 1789 e 1889, e que foron e son o orgullo da ciencia e a tecnoloxía francesas do século XIX . Estes nomes aparecen en letras douradas en relevo, a 60 cm de altura, nun panel que rodea o perímetro do primeiro andar.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Rapid Apophis Mission for Space Safety, RAMSES, é unha misión conxunta de ESA e JAXA para o seguimento do asteroide 99942 Apophis. Ten previsto o seu lanzamento en 2028, coa aproximación ó asteroide en abril de 2029, cando pasará pola súa máxima aproximación á Terra, 32 000 km sobre a superficie do planeta. Espérase que a misión aportea novos datos sobre a estrutura, composición e comportamento do asteroide, coñecemento importante pata futuros esforzos de defleción de corpos ante o seu impacto contra o noso planeta.
O picafollas de Pallas (Phylloscopus proregulus) é unha ave paseriforme que se reproduce en bosques de montaña desde o leste de Siberia ao norte de Mongolia e noroeste da China. Recibe o seu nome en lembranza do zoólogo alemán Peter Simon Pallas, que foi o primeiro en describilo formalmente. Este picafollas é unha ave fortemente migratoria, que pasa o inverno principalmente no sur da China e áreas veciñas do sueste asiático, aínda que nas últimas décadas detéctase en número crecente en Europa en outono.
Charles Robert Darwin [tʃɑrlz ˈdɑrwɪn], nado o 12 de febreiro de 1809 e finado o 19 de abril de 1882, foi un naturalista, biólogo e xeólogo inglés que destaca pola súa achega á teoría evolutiva. Observou e postulou que todas as especies de organismos vivos evolucionaron a partir dun único antecesor común. Nunha publicación conxunta con Alfred Russel Wallace, introduciu a teoría de que ese fenómeno de diversificación é o resultado do que denominaron selección natural; un proceso no que a competición por persistir ten a mesma resultante que teñen os cruzamentos selectivos na selección artificial.
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
O Creampie é unha modalidade do cinema pornográfico na que logo de exacular un home dentro da vaxina ou ano da súa ou do seu compañeiro sexual, retira o pene e obsérvase o escorregamento do seme a través dos mesmos orificios. É un recurso utilizado no cinema pornográfico duro como alternativa á visualización polo espectador da exaculación externa clásica. Nestes casos o momento da exaculación non se pode gravar pola cámera ao producirse internamente, pero en cambio o espectador pode posteriormente ver como o esperma é expulsado lentamente ó exterior a través de contraccións dos músculos vaxinais ou do esfínter anal.
Federico Fernández-Amor Calvet
Federico Fernández-Amor Calvet, nado na Coruña c. 1871 e finado o 5 de setembro de 1933, foi un perito, deportista e mestre de ximnasia galego. Impartiu clases de numerosos deportes no seu propio ximnasio, a Sala Calvet, onde fundou en 1906 o Deportivo da Coruña.
A dos colúmbidos (Columbidae) é unha familia de aves da subclase dos neornites, infraclase dos neognatos, superorde nas neoaves e granorde dos columbimorfos, que comprende todas as especies, viventes e extintas, da monotípica orde das columbiformes, que inclúe as chamadas pombas, o pombo, as rulas, e outras especies afíns. A familia comprende 52 xéneros con 352 especies, das cales 13 están extintas en tempos modernos, entre elas dúas das aves extintas máis coñecidas: o dodo, unha grande ave non voadora insular, e a pomba viaxeira, que chegou a ter unha poboación estimada de 3.000-5.000 millóns de exemplares no século XIX. As pombas distribúense por toda a Terra, agás a Antártida e o Ártico, e con centro de dispersión en América Central. A maior diversidade de especies téñena as ecozonas Indomalaia e de Australasia.
David Durán Arufe, nado en Santa Comba en 1978, é un pianista, profesor e escritor galego, especializado na interpretación de música contemporánea. Membro fundador de Vertixe Sonora, desenvolve a súa actividade como solista e músico de cámara, cunha especial dedicación á estrea e difusión da creación musical actual. O seu traballo foi recoñecido pola crítica especializada, que o sitúa entre os mellores pianistas de España.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é un partido político de esquerda da comunidade autónoma de Galicia, fundado en 1982 como unha fronte unitaria integrada por diversas organizacións nacionalistas galegas co obxectivo de promover a soberanía e a autodeterminación da nación galega. O partido xurdiu da unión de pequenos grupos nacionalistas durante a transición española á democracia. Nun primeiro momento obtivo resultados electorais modestos, pero foi incrementando progresivamente o seu apoio grazas á súa defensa dos intereses de Galicia fronte ao que consideraba unha explotación económica e unha marxinación cultural por parte do Estado español.
Sweet Home Alabama é un filme estadounidense de comedia romántica de 2002 dirixido por Andy Tennant. Escrito por C. Jay Cox, está protagonizado por Reese Witherspoon, Josh Lucas e Patrick Dempsey. O elenco secundario inclúe a Fred Ward, Mary Kay Place, Jean Smart, Candice Bergen, Ethan Embry e Melanie Lynskey.