Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    María Jamardo

    María Jamardo

    María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.

    151 visitas (↓295 de onte)141,446, 151

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    Melitaea parthenoides

    Melitaea parthenoides

    A Melitaea parthenoides é unha bolboreta da familia Nymphalidae descrita por Keferstein en 1851. Pódese atopar no sur de Europa occidental, máis especificamente na Península ibérica, ao suroeste de Francia e Alemaña, partes dos Alpes italianos, Ligures e Cottianos, e algunhas rexións de Suíza.

    143 visitas (↑143 de onte)90,0, 143

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    Esoterismo occidental

    Esoterismo occidental

    O esoterismo occidental, tamén coñecido como tradición mistérica occidental, é un amplo conxunto de ideas e movementos, feblemente relacionados entre si, que se desenvolveron no seo da sociedade occidental. Estas ideas e correntes están unidas pola súa distinción tanto da relixión abrahámica ortodoxa como do racionalismo da Ilustración. Influíu en diversas formas da filosofía, o misticismo, a relixión, a ciencia, a pseudociencia, a arte, a literatura e a música occidentais, ou contribuíu a elas.

    142 visitas (↑142 de onte)101,0, 142

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    Samaín

    Samaín

    O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.

    131 visitas (↑26 de onte)64,105, 131

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    Yolanda Donis Manterola

    Yolanda Donis Manterola

    Yolanda Donis Manterola, nada en Lasarte-Oria, Guipúscoa, en 1970, é unha escritora vasca. Vive dende hai tempo na zona de Tafalla coa súa familia.

    131 visitas (↑131 de onte)99,0, 131

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    Ambillou

    Ambillou

    Ambillou é unha localidade e comuna francesa, situada no departamento de Indre e Loira e na rexión de Centro-Val de Loira, en Francia.

    122 visitas (↑122 de onte)0,0, 122

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Melitaea diamina

    Melitaea diamina

    A Melitaea diamina é un lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae. Foi descrita por Lang en 1789.

    122 visitas (↑122 de onte)61,0, 122

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    Melitaea didyma

    Melitaea didyma

    A Melitaea didyma é unha especie de insecto lepidóptero da familia Nymphalidae.

    122 visitas (↑122 de onte)62,0, 122

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    Accidente de Angrois

    Accidente de Angrois

    O accidente ferroviario de Angrois de 2013 foi un descarrilamento ferroviario sucedido o 24 de xullo de 2013 no lugar de Angrois, en Santiago de Compostela. Foi o accidente de tren máis grave da historia de Galicia e de España, se ben hai hipóteses que sinalan que o máis grave da historia de España foi o accidente de Torre del Bierzo, que tamén facía ruta dende a meseta ata Galicia. Ademais, tamén foi o primeiro accidente de tren mortal producido nunha liña de alta velocidade en España.

    121 visitas (↓43 de onte)338,164, 121

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    Anglosaxóns

    Anglosaxóns

    Os anglosaxóns, nalgúns contextos chamados simplemente saxóns ou ingleses, foron un grupo cultural que falaba inglés antigo e habitaba gran parte do que hoxe é Inglaterra e o sueste de Escocia na alta Idade Media. Remontaban as súas orixes a colonos xermánicos que no século V chegaron a ser un dos grupos culturais máis importantes de Britania. Considérase que o período anglosaxón en Britania comezou cara ao ano 450 e rematou en 1066, coa conquista normanda.

    116 visitas (↑116 de onte)74,0, 116

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    Breakdance

    Breakdance

    O breakdance, tamén coñecido como breaking, b-boying (cando o bailan homes) ou b-girling (cando o bailan mulleres), é un estilo de baile urbano que forma parte da cultura hip hop, desenvolvido pola mocidade afroamericana e portorriqueña do distrito do Bronx, en Nova York, na década de 1970. Compónse principalmente de catro tipos de movementos —toprock, footwork, power moves e freezes— e adóitase bailar con cancións que conteñen breaks de batería, sobre todo de funk, soul e hip hop. Os seus elementos modernos xurdiron entre a mocidade pobre de Nova York durante os anos 70 e comezos dos 80, ligados ao nacemento do hip hop, cuxos DJs poñían cancións con breaks rítmicos para os bailaríns.

    98 visitas (↑98 de onte)72,0, 98

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    Tskhinvali

    Tskhinvali

    Tskhinvali (en xeorxiano: ცხინვალი, pronunciado /t͡sʰχinʷali/; en oseto: Цхинвал, Tskhinval, ou Чъреба, Chreba; en ruso: Цхинвали) é a capital da disputada República de Osetia do Sur, independente de facto, que a maioría da comunidade internacional considera parte de Shida Kartli, en Xeorxia. A rexión de Tskhinvali era coñecida historicamente polos xeorxianos como Samachablo. Está situada na marxe do río Gran Liakhvi, aproximadamente a 100 km ao noroeste da capital xeorxiana, Tbilisi.

    96 visitas (↑96 de onte)70,0, 96

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    Ethel Vázquez

    Ethel Vázquez

    Ethel María Vázquez Mourelle, nada en Ponteceso en 1972, é unha política galega do PPdeG.

    89 visitas (↓180 de onte)0,269, 89

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    Maite Pérez Larumbe

    Maite Pérez Larumbe

    Maite Pérez Larumbe, nada en Pamplona, Navarra o 11 de abril de 1962, é unha poeta española.

    84 visitas (↑84 de onte)69,0, 84

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    74 visitas (↑25 de onte)26,49, 74

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    Auriense FG

    Auriense FG

    O Auriense Campus da Auga FG é un equipo de fútbol gaélico formado no ano 2014 na cidade de Ourense. Está asociado á Asociación Galega de Fútbol Gaélico e compite na Liga Galega de Fútbol Gaélico, na Copa Galega de Fútbol Gaélico e no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico. Xunto con Afiadoras FG, equipo que compite na Liga Gallaecia, conforman a asociación Ourense Gaels.

    73 visitas (↓344 de onte)2363,417, 73

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Sólido arquimediano

    Sólido arquimediano

    Os sólidos arquimedianos son un grupo de poliedros convexos con caras que son polígonos regulares de dous ou máis tipos. Todos os sólidos de Arquímedes son de vértices uniformes. A maioría deles obtense truncando os sólidos platónicos.

    71 visitas (↑71 de onte)0,0, 71

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    Freira da Madeira

    Freira da Madeira

    A freira da Madeira (Pterodroma madeira) é unha especie de pequena ave mariña do xénero Pterodroma, endémica da illa da Madeira. Esta freira de longas ás ten dorso e ás grises, cunha marca con forma de "W" escuro nas ás, e a parte superior da cola gris. As partes inferiores das ás son de tons negros agás un triángulo branco no bordo frontal preto do corpo, e o ventre é branco con flancos grises.

    68 visitas (↑68 de onte)0,0, 68

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    Fátima Báñez

    Fátima Báñez

    María Fátima Báñez García, nada en San Juan del Puerto (provincia de Huelva) o 6 de xaneiro de 1967 e finada en Los Yébenes (provincia de Toledo) o 28 de outubro de 2026, máis coñecida como Fátima Báñez, foi unha política, economista e xurista española.

    62 visitas (↓163 de onte)592,225, 62

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    Auriense Cented Academy

    Auriense Cented Academy

    O Auriense Cented Academy é un club de fútbol da cidade de Ourense, fundado en 2020. Ata 2026 chamouse Cented Academy Football School, nome que recibiu da escola de formación deportiva Cented, fundada en 2014 por Manuel López Cerón. Na tempada 2026-27 compite no grupo II da Preferente Galicia.

    61 visitas (↓165 de onte)919,226, 61

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    Adela Escribano Carrasco

    Adela Escribano Carrasco

    Adela Escribano Carrasco, nada en 1948 e finada en Morón de la Frontera o 12 de maio de 2015, foi unha profesora e política española do PSOE, que foi alcaldesa de Morón dende 1983 ata 1987. Foi a primeira muller en ocupar ese cargo.

    54 visitas (↑54 de onte)0,0, 54

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    53 visitas (↑11 de onte)42,42, 53

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    Óscar Puente

    Óscar Puente

    Óscar Puente Santiago nado en Valladolid o 15 de novembro de 1968 é un político do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Dende novembro de 2023, é Ministro de Transporte do Goberno de España. Foi alcalde de Valladolid de xuño de 2015 a xuño de 2023.

    51 visitas (↓47 de onte)118,98, 51

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    María Mera

    María Mera

    María Mera Constenla, nada en Boqueixón o 10 de agosto de 1986, é unha actriz galega.

    47 visitas (↑47 de onte)0,0, 47

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    Dolores García Giménez

    Dolores García Giménez

    Dolores García Giménez, tamén coñecida como Dolores García Dorgambide, nada en Vilagarcía de Arousa en 1956, é unha política socialista que foi alcaldesa de Vilagarcía de Arousa.

    44 visitas (↑44 de onte)0,0, 44

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    Pedro Luis Vázquez García

    Pedro Luis Vázquez García

    Pedro Luis Vázquez García, nado en Morón de la Frontera o 29 de abril de 1953 e finado o 29 de marzo de 2026, foi un profesor, escritor e político español, que foi alcalde de Morón de la Frontera dende 1988 a 1991.

    44 visitas (↑20 de onte)0,24, 44

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    Jesús Ferreiro

    Jesús Ferreiro

    Jesús Manuel Ferreiro, nado en Melide o 5 de outubro de 1968, é un piloto de rally galego que competiu en diferentes competicións coma o Campionato de Galicia de Rally ou o Campionato de España de Rallys case sempre con vehículos de tracción traseira. Foi campión galego de históricos en tres ocasións (1994, 2000 e 2002) e campión de España, tamén na categoría de históricos en catro ocasións (2007, 2012, 2014 e 2021).

    44 visitas (↑21 de onte)0,23, 44

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    Pedro Sobrado Ucero

    Pedro Sobrado Ucero

    Pedro Sobrado Ucero é un político español do Partido Socialista Obrero Español.

    43 visitas (↑43 de onte)0,0, 43

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    Aśoka

    Aśoka

    Aśoka (en escrita devanágari: अशोक) ou Aśoka Vardhana, nado no 304 a.C. e finado no 232 a.C., foi o terceiro emperador maurya, fillo de Bindusara e neto de Chandragupta Maurya, o fundador da dinastía. Aśoka reinou sobre a maior parte do subcontinente indio, do actual Afganistán ata Bengala e tamén cara ao sur. No oitavo ano do seu reinado, cara ao 260 a.C., conquistou o reino de Kalinga nunha guerra que, segundo os seus propios edictos, causou uns cen mil mortos e cento cincuenta mil deportados.

    42 visitas (↑42 de onte)0,0, 42

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    La bola negra

    La bola negra

    La bola negra é un filme dramático de 2026 dirixido por Javier Calvo e Javier Ambrossi, que escribiron o guión xunto con Alberto Conejero. É unha coprodución de España e Francia inspirada na obra teatral inacabada homónima de Federico García Lorca e en La piedra oscura, de Conejero. O elenco principal está formado por Guitarricadelafuente, Miguel Bernardeau, Carlos González e Milo Quifes, coa participación de Lola Dueñas, Penélope Cruz e Glenn Close.

    41 visitas (↑6 de onte)31,35, 41

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    Julio Nieto López

    Julio Nieto López

    Julio Nieto López, coñecido como Chevol ou Nardo, nado en Almería cara a 1907 e finado na Coruña o 21 de setembro de 1946, foi un militar e guerrilleiro antifranquista andaluz.

    39 visitas (↓194 de onte)0,233, 39

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    Lucio Martínez Pereda

    Lucio Martínez Pereda

    Lucio Martínez Pereda, nado en Vigo en 1962, é un historiador galego.

    38 visitas (↑38 de onte)0,0, 38

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    Victoria Ybarra y Allende

    Victoria Ybarra y Allende

    Victoria Luisa Ybarra y Allende, nada en Getxo, Biscaia, en 1936 e finada en Madrid, o 14 de xullo de 2015, foi unha política española e alcaldesa de Morón de la Frontera dende 1987 ata 1988.

    38 visitas (↑38 de onte)0,0, 38

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    Tabaco (planta)

    Tabaco (planta)

    Este artigo trata sobre a planta, para a manufactura véxase o artigo tabaco. O tabaco (Nicotiana tabacum) é unha planta herbácea anual ou perenne, da familia das solanáceas, oriúnda de América tropical e de cuxas follas se produce a meirande parte do tabaco consumido hoxe no mundo.

    37 visitas (↑37 de onte)0,0, 37

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    Juan Ignacio Cirac

    Juan Ignacio Cirac

    Juan Ignacio Cirac Sasturain, nado en Manresa o 11 de outubro de 1965, é un físico español recoñecido polas súas investigacións en computación cuántica e óptica cuántica, dentro da teoría cuántica e a física teórica. Dende 2001 é director da división teórica do Instituto Max Planck de Óptica Cuántica en Garching, Alemaña. Físico e académico, Ignacio Cirac foi distinguido coa Medalla Isaac Newton 2026, do Institute of Physics (IOP) do Reino Unido, polas súas contribucións pioneiras ó desenvolvemento da ciencia da información cuántica e o seu liderado científico internacional.

    37 visitas (↑37 de onte)0,0, 37

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    Xosé Carlos Caneiro

    Xosé Carlos Caneiro

    Xosé Carlos Caneiro Pérez, nado en Verín o 17 de xuño de 1963, é un escritor galego.

    36 visitas (↑36 de onte)0,0, 36

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    Erik Sjöstrand

    Erik Sjöstrand

    35 visitas (↑35 de onte)0,0, 35

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Partido Comunista dos Traballadores de España

    Partido Comunista dos Traballadores de España

    O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).

    33 visitas (↓9 de onte)45,42, 33

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    Yosi Domínguez

    Yosi Domínguez

    José Manuel Domínguez, máis coñecido como Yosi, nado en Ourense o 23 de xaneiro de 1948, é un músico galego, cantante e compositor do grupo de rock Los Suaves. Trátase dun dos compositores e vocalistas máis veteranos do panorama peninsular.

    32 visitas (↑32 de onte)0,0, 32

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    Anduriña fulva

    Anduriña fulva

    A anduriña fulva (Petrochelidon fulva) é unha ave da familia dos hirundínidos de tamaño medio de cola bastante cadrada. É nativa de América. Nidifica principalmente en covas e cenotes.

    32 visitas (↓25 de onte)0,57, 32

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    Juan José García Cota

    Juan José García Cota

    Juan José García Cota, nado na Estrada o 16 de xuño de 1966, é un médico galego, especializado en medicina deportiva.

    31 visitas (↑31 de onte)0,0, 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias Miguéns, nada o 1 de novembro de 1987 en Rianxo, é unha cantante e actriz galega.

    31 visitas (↓23 de onte)63,54, 31

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    Gerardo Pardo de Vera

    Gerardo Pardo de Vera

    Gerardo Manuel Pardo de Vera Díaz, nado na Coruña o 18 de outubro de 1942, é un avogado, escritor e político galego.

    30 visitas (↓20 de onte)166,50, 30

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    Arado

    Arado

    O arado (do latín aratrum) é un apeiro usado en agricultura para preparar a terra para sementar ou plantar. Foi un instrumento básico na historia e representou un dos maiores avances da técnica agrícola. O uso primordial do arado é remover as capas superficiais da terra, permitindo a entrada dos nutrientes e que se meteorice.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    Aida Míguez Barciela

    Aida Míguez Barciela

    Aida Míguez Barciela é unha estudosa da filosofía, pensadora e escritora galega.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    Golf

    Golf

    O golf é un deporte de precisión que consiste en introducir unha bóla nos buracos distribuídos ao longo dun campo co menor número de golpes posible. Para cada tipo de golpe emprégase un pau dun conxunto de paus lixeiramente diferentes entre si, xa que a cabeza do pau ten graos distintos, igual que as varas teñen lonxitudes distintas: a menor número de graos, maior lonxitude da vara e, polo tanto, máis distancia. As regras do xogo permiten levar como máximo catorce paus na bolsa.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    Halloween

    Halloween

    Halloween (AFI: /ֽhæləυ'i:n/, do ing. All Hallows' Evening ou Noite de tódolos Santos) é unha festa anual que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do 31 de outubro pero que desde finais do século XX tamén se observa en moitos outros países. A súa orixe é cristiá pero con raíces nas tradicións pagás celtas (véxase Samaín).

    26 visitas (↑26 de onte)0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    Isabel Pardo de Vera

    Isabel Pardo de Vera

    Isabel Pardo de Vera Posada, nada en Lugo en 1975, é unha enxeñeira de camiños, canais e portos galega.

    25 visitas (↑9 de onte)38,16, 25

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    Manuel Hurtado

    Manuel Hurtado

    Manuel Hurtado Sanjurjo, nado en Lugo o 27 de xuño de 1984, é un atleta, adestrador deportivo e político galego.

    25 visitas (↓2 de onte)0,27, 25

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    Benito García Dorgambide

    Benito García Dorgambide

    Benito García Dorgambide, nado en Baión (Vilanova de Arousa) o 28 de maio de 1926 e finado en Santiago de Compostela o 12 de febreiro de 1991, foi un avogado e político galego.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    Aparello dixestivo

    Aparello dixestivo

    O aparello ou aparato dixestivo é o conxunto de órganos dos animais multicelulares que permite a inxestión de alimento, a súa dixestión para obter enerxía e nutrientes, e excretar os refugallos sobrantes non necesarios. Deste xeito, as funcións principais do aparello dixestivo son a inxestión, dixestión, absorción e defecación. O aparato dixestivo difire substancialmente duns animais a outros.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    Posición do misioneiro invertida

    Posición do misioneiro invertida

    A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.

    25 visitas (↑25 de onte)23,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    Roi Casal

    Roi Casal

    Roi Casal Figueira, nado en 1980 en Catoira, é un músico, cantante e compositor galego.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Área

    Área

    Área é a extensión ou superficie comprendida dentro dunha figura (de dúas dimensións), expresada en unidades de medida denominadas superficiais. Para superficies planas o concepto é intuitivo. Calquera superficie plana de lados rectos pode triangularse e pódese calcular a súa área como suma de triángulos.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    Igrexas excavadas na rocha, Lalibela

    Igrexas excavadas na rocha, Lalibela

    24 visitas (↑24 de onte)0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Democracia 21

    Democracia 21

    Democracia 21 (D21) é un partido político liberal español formado en 2026. Nas elecccións xerais de 2026, o partido concorrerá en coalición con Ciudadanos e con Unión de Ciudadanos Independientes (UCIN) nas circunscricións de Madrid e Barcelona.

    24 visitas (↑6 de onte)0,18, 24

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    23 visitas (↑1 de onte)26,22, 23

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    Itxu Díaz

    Itxu Díaz

    Itxu Díaz, nado na Coruña o 13 de xullo de 1981, é un xornalista e escritor satírico galego.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    Rodrigo Lanza

    Rodrigo Lanza

    Rodrigo Andrés Lanza Huidobro, nado en Viña del Mar o 8 de novembro de 1984 é un activista antisistema chileno-italiano. Lanza é coñecido pola súa participación no filme documental Ciutat Morta (2013) que recolle os sucesos do caso 4F, no cal Lanza foi un dos acusados.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    Cabo Razo

    Cabo Razo

    O Cabo Razo foi un barco español afundido a un cuarto de milla da punta do Chazo (Abanqueiro, Boiro) o 5 de agosto de 1958.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    Verónica (filme)

    Verónica (filme)

    Verónica é un filme español de terror española estreado en 2017, dirixido por Paco Plaza. Para a súa realización, o director contou con catro novos debutantes: Sandra Escacena, Bruna González, Claudia Placer e Iván Chavero, ademais da coñecida actriz Ana Torrent. O guión de Paco Plaza e Fernando Navarro está inspirado nunha historia real (o expediente Vallecas), que tivo lugar nos anos 90 en Vallecas, Madrid.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    Carlos Ares

    Carlos Ares

    Carlos Ares, nado en 1997 na Coruña, é un músico, cantautor e produtor galego. A súa música foi definida como pop, folk e alternativa.

    22 visitas (↓12 de onte)38,34, 22

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Paolo (miniserie de televisión)

    Paolo (miniserie de televisión)

    Paolo é unha miniserie de televisión francesa creada e dirixida por Sébastien Marnier, quen escribiu o guión xunto con Juliette Soubrier, adaptando Mimi, a súa primeira novela, publicada en 2011. Coproducida por Mintee Studios e Asacha Media Group para HBO Max, está protagonizada por Jérôme Niel e Yoann Gasiorowski.

    22 visitas (↑5 de onte)0,17, 22

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    Magosto

    Magosto

    A palabra magosto, ademais doutros significados relacionados, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo.

    22 visitas (↓1 de onte)0,23, 22

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Sol

    Sol

    O Sol é unha estrela de tamaño medio, en relación ao conxunto da nosa galaxia, a Vía Láctea, arredor da cal gravitan a Terra e mailos outros membros do noso sistema planetario. É unha estrela de tipo espectral G2, constituíndo a fonte primaria de enerxía electromagnética do sistema planetario. A súa masa é de 333 000 veces a da Terra e o seu volume 1 400 000 veces.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    Santa Compaña

    Santa Compaña

    A Santa Compaña ou, mellor, Compaña, é unha procesión de mortos ou de ánimas en pena que percorren de noite os camiños dunha parroquia para anunciar a morte dalgún veciño, disque cun ano de antelación. O mito das procesións de mortos ou de ánimas é propio da literatura e das tradicións culturais da Europa Occidental dende a Idade Media. A zona xeográfica "galega" na que a Santa Compaña influíu máis notoriamente considérase que é o territorio correspondente á antiga Gallaecia: Galicia, norte de Portugal e Asturias.

    21 visitas (↑2 de onte)15,19, 21

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    Julia Roberts

    Julia Roberts

    Julie Roberts, nada como Julie Fiona Roberts en Smyrna (Xeorxia) o 28 de outubro de 1967, é unha actriz estadounidense gañadora dos premios Oscar e Globo de Ouro.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    Sexo anal

    Sexo anal

    O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.

    21 visitas (↑3 de onte)16,18, 21

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    Juan Manuel Casares González

    Juan Manuel Casares González

    Juan Manuel Casares González, nado en León o 26 de setembro de 1965, é un político e directivo empresarial galego de orixe leonesa.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    Javier de Hoyos

    Javier de Hoyos

    Javier de Hoyos Martínez, nado en Santander o 23 de outubro de 1990, é un xornalista, actor e modelo español. É licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade do País Vasco e máster en Xornalismo de Televisión pola Universidade Antonio de Nebrija.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    Santa Mariña, Graba, Silleda

    Santa Mariña, Graba, Silleda

    Santa Mariña é un lugar da parroquia de Graba, no concello pontevedrés de Silleda na comarca de Deza. Segundo o IGE no 2025 tiña 31 habitantes (15 homes e 16 mulleres), oito menos ca en 2010.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    Pantera Rodríguez

    Pantera Rodríguez

    Felipe Rodríguez Piñeiro, nado en Sobradelo (Vilagarcía de Arousa) en 1953 e finado na mesma vila o 1 de xuño de 2000, foi un boxeador galego, chamado Pantera Rodríguez.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Análise matemática

    Análise matemática

    A análise matemática (do grego άναλύειν) tivo a súa orixe na formulación rigorosa do cálculo infinitesimal. É a rama da matemática que trata explicitamente a noción de límite, ben sexa o límite dunha sucesión ou o dunha función. Inclúe tamén as teorías de diferenciación, integración e da medida, o estudo das series e o das funcións analíticas.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    Teresa García-Sabell

    Teresa García-Sabell

    Teresa García-Sabell Tormo, nada en Santiago de Compostela o 11 de marzo de 1942, é unha filóloga e profesora galega. É filla do médico, escritor, político e académico Domingo García-Sabell.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    20 visitas (↓15 de onte)18,35, 20

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    Donald Tusk

    Donald Tusk

    Donald Franciszek Tusk, nado en Gdansk o 22 de abril de 1957, é un político polaco antigo líder da Plataforma Cívica, que foi primeiro ministro de Polonia de 2007 a 2014. Nos tempos da República Popular de Polonia foi o xefe da NZS (Asociación Independente de Estudiantes, en polaco: Niezależne Zrzeszenie Studentów). Logo en Solidariedade.

    20 visitas (↑1 de onte)0,19, 20

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    Moinante

    Moinante

    Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    Cantón de Friburgo

    Cantón de Friburgo

    O cantón de Friburgo (en francés: Fribourg; en alemán: Freiburg; en italiano: Friburgo; en romanche: Friburg), oficialmente Estado de Friburgo (en francés: État de Fribourg; en alemán: Staat Freiburg), é un dos 26 cantóns da confederación Suíza. Limita cos cantóns de Vaud, Berna e Neuchâtel, e a súa capital é a cidade de Friburgo. É un cantón bilingüe, co francés e o alemán como linguas oficiais en igualdade desde 1991, e entrou na Confederación en 1481.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    Lista de accidentes ferroviarios en Galicia

    Lista de accidentes ferroviarios en Galicia

    Desde a chegada do ferrocarril a Galicia foron diversos os accidentes sucedidos, xa fosen por circunstancias meteorolóxicas, por erros humanos, por neglixencias, ou mesmo por suicidio.

    19 visitas (↓13 de onte)40,32, 19

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2026

    Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2026

    O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2026 será a 77ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase en vinte e catro carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    Aitana Sánchez-Gijón

    Aitana Sánchez-Gijón

    Aitana Sánchez-Gijón De Angelis, nada en Roma o 5 de novembro de 1968, é unha actriz española de cine, teatro e televisión. É académica de honra da Academia das Artes Escénicas de España de 2022. En febreiro de 2025 outorgaronlle o Premio Goya de Honra.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    José Benito Suárez Costa

    José Benito Suárez Costa

    José Benito Suárez Costa, nado en Pontevedra o 8 de marzo de 1955, é un capitán da Mariña mercante, enxeñeiro industrial, profesor universitario e político galego. Desde 2009 é presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

    18 visitas (↓20 de onte)20,38, 18

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    Anna's Archive

    Anna's Archive

    Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.

    18 visitas (↑3 de onte)21,15, 18

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Lingua náhuatl

    Lingua náhuatl

    A lingua náhuatl (que deriva de nāwatl; pronunciación náhuatl: [ˈnaːwat͡ɬ] ( )), nāwa, «son claro ou agradable» e tlahtōl-li, «lingua ou linguaxe»), coñecida tamén historicamente como lingua azteca ou lingua mexicana, é unha lingua, ou segundo algunhas definicións, un conxunto de linguas, que pertencen á familia de linguas uto-aztecas e son faladas polo pobo náhuatl. As variedades do náhuatl teñen 1,7 millóns de falantes, a maioría dos cales viven principalmente no centro de México e tamén algunhas poboacións máis pequenas nos Estados Unidos. O náhuatl fálase no centro de México dende cando menos o século VII. Era a lingua dos mexicas, que dominaron o que hoxe é o centro de México durante o período posclásico tardío da historia mesoamericana.

    18 visitas (↑18 de onte)14,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    Patrick Stewart

    Patrick Stewart

    Sir Patrick Stewart, OBE, nado o 13 de xullo de 1940 en Mirfield, Yorkshire, e finado nos Ánxeles o 28 de outubro de 2026, foi un actor británico de cinema e televisión, coñecido principalmente polos seus papeis en obras de teatro de William Shakespeare e especialmente por ser o capitán Jean-Luc Picard da saga de Star Trek: The Next Generation e o Profesor Charles Xavier nos filmes de X-Men.

    18 visitas (↓116 de onte)129,134, 18

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    Narf

    Narf

    Francisco Xavier Pérez Vázquez, nado en Silleda o 24 de abril de 1968 e finado en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 2016, máis coñecido como Narf, nos inicios –como integrante da banda Os Quinindiolas e mais de Nicho Varullo, na compañía teatral Chévere e posteriormente en Psicofónica de Conxo– coñecido unicamente como Fran Pérez, foi un cantante e compositor galego recoñecido pola forte personalidade e orixinalidade da súa obra, que procurou incorporar ás estruturas do rock distintas influencias sonoras. Sobresaíu como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos, compaxinando esta faceta coa de actor en diferentes funcións teatrais. Colaborou con moitos outros artistas e levou a súa música arredor do mundo, amosou o seu compromiso coa cultura galega e sentiu asemade unha fonda afinidade pola música africana.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    Labios (xenitais)

    Labios (xenitais)

    Labios, na anatomía feminina humana, son dobras de pel existentes na vulva. Tras a puberdade, así como a vulva, cúbrense polos pelos pubianos. Existen dous tipos de labios vaxinais: Labios maiores (labia majora) e os Labios menores (labia minora), tamén chamados de ninfas.

    17 visitas (↓2 de onte)0,19, 17

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Carme da Silva

    Carme da Silva

    María Carme da Silva Méndez, nada en Pontevedra o 26 de decembro de 1966, é unha política galega do Bloque Nacionalista Galego.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    Campaña de Biscaia

    Campaña de Biscaia

    A campaña de Biscaia, tamén coñecida como ofensiva de Biscaia, tivo lugar na provincia homónima e parte das provincias de Áraba e Guipúscoa durante toda a primavera de 1937, no contexto da guerra civil española. Durante a mesma producíronse unha serie de combates e batallas co fin de facerse co control da provincia vasca e, máis concretamente, da súa capital, Bilbao. A súa posesión era elemental para ambos bandos, tanto pola súa situación estratéxica na franxa cantábrica, controlada pola República, como polas súa industria pesada e fábricas de armas.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Pobo galego

    Pobo galego

    Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.

    17 visitas (0 de onte)17,17, 17

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    Xílgaro europeo

    Xílgaro europeo

    O xílgaro europeo, comunmente xílgaro, barroso, picacardos, pintasilgo ou pintaxilgo (Carduelis carduelis), é un paxaro pequeno da familia dos frinxílidos (Fringillidae).

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    Panteón de Galegos Ilustres

    Panteón de Galegos Ilustres

    O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

    Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

    17 visitas (↑1 de onte)18,16, 17

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    Interestatal 70

    Interestatal 70

    A Interestatal 70 (abreviada I-70) é unha autoestrada interestatal de trazado este-oeste situada nos Estados Unidos cruza os estados de Utah, Colorado, Kansas, Missouri, Illinois, Indiana, Ohio, Virxinia Occidental, Pensilvania e Maryland. A autoestrada inicia no Oeste desde a Interestatal 15 preto de Cove Fort, Utah e finaliza na MD 122 en Baltimore, Maryland. A construción do I-70 en Colorado e Utah considérase unha marabilla da enxeñaría, a ruta pasa polo túnel Eisenhower , Glenwood Canyon , e o San Rafael Swell.

    17 visitas (↓4 de onte)0,21, 17

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    Felación

    Felación

    Felación (do latín fellatio), en argot mamada, é unha práctica de sexo oral que consiste en chupar e lamber o pene coa boca, coa lingua e cos beizos. A estimulación oral do escroto tamén se pode denominar felación, ou coloquialmente como teabagging. Se a felación se realiza sobre un mesmo, o acto chámase autofelación.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    Rakel Winchester

    Rakel Winchester

    Rakel Winchester é o nome dunha banda de música cordobesa liderada por Raquel Riquelme, a quen artisticamente tamén se coñece como Rakel Winchester. Mesturan pop con rock e flamenco. As letras son sempre en clave humorística e de temática sexual.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    Soraya Sáenz de Santamaría

    Soraya Sáenz de Santamaría

    María Soraya Sáenz de Santamaría Antón, nada en Valladolid o 10 de xuño de 1971, é unha política española pertencente ao Partido Popular. Entre 2011 e 2018 foi a vicepresidenta e ministra da Presidencia do Goberno de España, presidido por Mariano Rajoy. Anteriormente ocupara o cargo de secretaria executiva de Política Territorial do Partido Popular e un escano de deputada por Madrid durante a VIII Lexislatura (2004-2008).

    17 visitas (↓2 de onte)0,19, 17

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    Eleccións xerais de España de abril de 2019

    Eleccións xerais de España de abril de 2019

    O domingo 28 de abril de 2019 celebráronse eleccións xerais en España. Foron as décimas cuartas desde a transición á democracia e as terceiras con Filipe VI como Rei. O 4 de marzo, previa deliberación do Consello de Ministros, o rei firmou o decreto de disolución das Cortes e a convocatoria de eleccións baixo referendo do presidente do Goberno, quedando automaticamente disoltas as Cortes ás 00:00 horas do 5 de marzo.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    Danza do abellón

    Danza do abellón

    Co nome de danza do abellón denomínase un antigo rito funerario no que tódolos familiares e asistentes ó velorio dun cadáver, formando roda collidos da man, daban voltas ó redor do cadaleito imitando o zunido dun abellón. Este ritual foi recollido por Alfredo Brañas a raíz dun velorio no que el mesmo participou en Vilanova de Arousa (Pontevedra) e constitúe un dos casos máis particulares das prácticas tradicionais galegas relacionados coa morte. Críase que se algún dos participantes falaba ou interrompía o baile por calquera causa, sería o primeiro dos presentes en morrer.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    Víctor Duplá

    Víctor Duplá

    Víctor Dupla López, máis coñecido como Víctor Duplá, nado en Santander en 1976, é un actor e director de teatro moi vinculado a Galicia, onde leva residindo varios anos.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️

Estes datos son de .