Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Fernando Julián Esteso Allué, nado en Zaragoza o 16 de febreiro de 1945 e finado en Valencia o 1 de febreiro de 2026, foi un actor, director, guionista, cantante e humorista de cine, teatro e televisión español. A relación de Fernando Esteso co mundo do espectáculo foi bastante cedo, comezando a traballar como pallaso co seu pai cando era só un neno. Trasladouse a Madrid en 1964 aos dezanove anos, onde pouco despois debutou como actor de teatro e en 1972 actuaba co seu propio espectáculo.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Antes de Nós é un filme galego de 2025 dirixido por Ángeles Huerta. É un filme biográfico sobre a vida de Castelao en dúas etapas da súa vida, 1918 e 1929, antes da xeración Nós. Está protagonizado por Xoán Fórneas como Castelao, xunto con Cris Iglesias (como Virxinia Pereira), Nancho Novo, Xoel Fernández, Miquel Insua, Sergio Zearreta, Isabel Vallejo e Adrián Ríos.
O Grand Slam de tenis está constituído polos catro torneos maiores do circuíto internacional organizados pola Federación Internacional de Tenis, sendo os seguintes: Aberto de Australia Torneo de Roland Garros Campionato de Wimbledon Aberto dos Estados Unidos Estes catro torneos dispútanse anualmente ao mellor de 5 sets cada partido en categoría masculina, cun cadro de 128 xogadores, a diferenza dos ATP World Tour Masters 1000 que se disputan ao mellor de 3 sets, cun cadro de 94 ou 56 xogadores e á mellor de 3 sets en categoría feminina (tamén cun cadro de 128 xogadoras), sendo os de maior renome entre xogadores e afeccionados ao deporte ao outorgar os maiores premios en efectivo e o maior número de puntos para a clasificación mundial. Ao triunfar un xogador nalgún destes 4 torneos dise que logrou un título de Grand Slam. A expresión provén do xogo do bridge, que logo se aplicou ao tenis por primeira vez en 1933.
Jeffrey Edward Epstein, nado en Brooklyn o 20 de xaneiro de 1953 e finado o 10 de agosto de 2019, foi un financeiro estadounidense e pedófilo convicto por delitos sexuais. Epstein comezou a súa vida profesional dando clases na Dalton School malia non ter o título universitario necesario. Despois do seu despedimento da escola en 1976, entrou no sector bancario e financeiro, traballando en Bear Stearns en varios roles antes de iniciar a súa propia empresa.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca, Illas Baleares), é un ex-tenista español, considerado un dos mellores da historia do tenis. É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019).
Jannik Sinner, nado o 16 de agosto de 2001 en San Candido,[Cómpre referencia] é un tenista italiano, profesional desde 2018. En novembro de 2020, gañou o torneo de Sofía aos 19 anos e converteuse no primeiro xogador nacido século XXI en gañar un título ATP e o italiano máis novo titulado na era Open . En 2023, gañou o seu primeiro título importante no Masters de Toronto .
A igrexa da Luz é un templo relixioso da Igrexa Unida de Cristo situada no barrio de Ibakari, na cidade xaponesa de Osaca. Foi realizada en 1989 polo arquitecto Tadao Ando (安藤忠雄 Andō Tadao, nado en Osaca o 13 de setembro de 1941), un dos arquitectos xaponeses con máis recoñecemento dentro e fóra do seu país, sendo galardoado co Premio Pritzker no ano 1995.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Vaccinia virus (VACV ou VV), que na reforma taxonómica de 2024 pasou a chamarse Orthopoxvirus vaccinia, é un virus grande e complexo con envoltura pertencente á familia dos poxvirus. Ten un xenoma de ADN liñal bicatenario de aproximadamente 190 kbp de lonxitude, que codifica aproximadamente 250 xenes. As dimensións do virión son duns 360 × 270 × 250 nm, cunha masa aproximada de 5–10 fg.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum, Adams et Reeve, 1850) é unha variedade de ameixa de alto valor comercial e interese pesqueiro, procedente, habitualmente, de parques de cultivo. Outras formas coas que pode aparecer nomeada son: Tapes philippinarum, Tapes semidecussata, Venerupis philippinarum, Venerupis semidecussata, Venerupis japonica, Venus japonica ou Amygdala semidecussata.
Ameiro Longo é un lugar da parroquia de Sanguiñeda no concello pontevedrés de Mos, na Comarca de Vigo. Tiña unha poboación censada de 344 habitantes no ano 2013 segundo datos do IGE, dos cales 162 eran homes e 182 mulleres, o que representa un descenso en relación ó ano 2010, cando tiña 379 veciños, para alcanzar as mesmas cifras que tiña en 2004, cando eran 348 veciños.
Tratado de Batman foi un documento firmado o 6 de xuño de 1835 por John Batman, un gandeiro, empresario e explorador de Australia, e un grupo de anciáns Wurundjeri para a compra de terras nos arredores de Port Phillip, preto da actual cidade de Melbourne. O documento deuse a coñecer co nome de Tratado de Batman e consíderase significativo xa que representa o primeiro e único acto de negociación das terras entre os colonos europeos e os aborixes australianos, que eran os propietarios orixinais das mesmas. O tratado foi declarado nulo o 26 de agosto de 1835 polo gobernador de Nova Gales do Sur, Richard Bourke, sobre a base de que o pobo Wurundjeri non ten dereito a comerciar coa terra, que foi reclamada como pertencente á Coroa británica.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. Posteriormente, xa na segunda década do século XXI, por mor da crise en Galicia e España, iniciouse unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países de Europa (Alemaña e Inglaterra), formada normalmente por mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.
Manuel López González (Maside)
Manuel López González, nado en Maside cara a 1906, foi un sindicalista e político galego.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
George Gordon Byron, 6º barón de Byron (máis coñecido simplemente como Lord Byron), nado en Londres o 22 de xaneiro de 1788 e finado en Missolonghi o 19 de abril de 1824, foi un poeta inglés e un dos escritores máis versátiles e importantes do Romanticismo e considerado un dos grandes poetas británicos, así como un dos máis lidos e influentes. Entre os traballos máis coñecidos de Byron están os poemas narrativos Don Juan e Childe Harold's Pilgrimage; moitas das súas letras máis curtas en Hebrew Melodies tamén se fixeron populares (exemplo "She Walks in Beauty"). Byron educouse no Trinity College da Universidade de Cambridge.
Bungoōno (豊後大野市, ぶんごおおのし, Bungoōno-shi) é un concello da prefectura de Ōita no Xapón. Está situado ao sur da prefectura e no centro-leste da rexión de Kyūshū, na illa de Kyūshū. A súa superficie é de 603,36 km², a poboación é de 39.635 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 65,7 h/km².
Sirāt é un filme franco-galego de 2025 coescrito e dirixido por Óliver Laxe. O filme estreouse na competición principal do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2025, onde foi nomeado para a Palma de Ouro. Na 83ª edición dos Globos de Ouro foi nomeado ao mellor filme en lingua estranxeira e á mellor banda sonora orixinal (Kangding Ray).Finalmente gañou o Premio do Xurado.
Nanto (南砺市, なんとし, Nanto-shi) é un concello da prefectura de Toyama no Xapón. Está situado na rexión de Hokuriku, dentro da rexión de Chūbu e ao noroeste da prefectura, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 668,86 km², a poboación é de 56.050 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 83,8 h/km².
Denomínase oposición ao franquismo ou antifranquismo (na época, simplemente oposición) o conxunto de movementos políticos e sociais que se opuñan á ditadura de Francisco Franco desde o final da guerra civil española en 1939 até as primeiras eleccións democráticas de 1977, ano e medio despois da súa morte en 1975.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía.
A ergatividade é o feito, para unha lingua, de empregar unha oposición fundamental entre dúas funcións sintácticas, que non son, como nas linguas indoeuropeas, o suxeito por oposición ao complemento directo, senón o suxeito dun verbo transitivo por oposición ao complemento directo dun tal verbo, que se confunde co suxeito dun verbo intransitivo. Nas linguas flexivas con ergatividade, a primeira función está representada polo caso ergativo, a segunda polo absolutivo, xeralmente non marcado, mentres que as outras linguas flexivas (maioritarias no mundo), o suxeito está en nominativo e oponse ao complemento directo en acusativo. Notas : éuscaro: gizon- = « home », otso- = « lobo », badu (transitivo) = « ten », da (intransitivo) = « é » ; -ak é o sufixo de ergativo singular, -a de absolutivo; badu (transitivo) tradúcese « ten », da « é » (intransitivo); latín : homo, « home », está en nominativo, como lup-us, « lobo », -us é unha desinencia de nominativo e -um de acusativo; habet (transitivo) tradúcese « ten », est (intransitivo) « é ».
En xeometría, unha diagonal é un segmento de liña que une dous vértices dun polígono ou poliedro, cando eses vértices non están na mesma aresta . Informalmente, calquera liña inclinada chámase diagonal. A palabra diagonal deriva do grego antigo διαγώνιος diagonios, "de ángulo en ángulo" (de διά- dia-, "a través", "a través" e γωνία gonia, "ángulo", relacionado con gony "xeonllo"); foi usado tanto por Estrabón como por Euclides para referirse a unha liña que une dous vértices dun rombo ou cuboide, e máis tarde adoptouse en latín como diagonus ("liña inclinada").
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Rondallas é unha película española de comedia dramática de 2025, escrita e dirixida por Daniel Sánchez Arévalo. Está protagonizada por Javier Gutiérrez, María Vázquez, Judith Fernández, Tamar Novas, Carlos Blanco, Fer Fraga, Xosé A. Touriñán e Marta Larralde. Estreouse fóra de competición no Festival Internacional de Cine de San Sebastián o 22 de setembro de 2025, e estreouse en cines españois o 1 de xaneiro de 2026 nunhas 150 pantallas, con distribución de Beta Fiction Spain.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O Entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos. O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
A dos cóngridos (Congridae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos angüiliformes que se distribúen polas costas das zonas tropicais, subtropicais e temperadas dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico. Coñecidos polo nome popular de congros, apareceron por primeira vez no rexistro fósil no cretáceo superior. O congros son valiosos e a miúdo grandes peixes comestíbeis, aínda que algunhas especies da familia, de dimensións máis reducidas e que viven en colonias afundiodos na area ou a lama do fondo, do que só sobresae é unha pequena porción da cabeza e a parte anterior do tronco, a maneira das plantas dun xardín (de aí o nome co que se as coñece en inglés, garden eels, é dicir, anguías de xardín).
Paloma San Basilio, nada en Madrid o 22 de novembro de 1950, é unha cantante e actriz española. Trátase dunha das intérpretes máis populares e prestixiosas no ámbito da canción melódica en castelán. A potencia vocal de Paloma San Basilio, e a súa precisión e nitidez no fraseo son as súas características máis destacables.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".
Los Chichos é un grupo de rumba flamenca formado polos irmáns Julio e Emilio González Gabarre e mais polo fillo deste, Emilio González García ("Junior"). Son os máximos expoñentes da rumba española e un dos grupos musicais españois contemporáneos máis importantes cuns vinte millóns de discos vendidos. En 2025 foron Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.
A literatura galego-portuguesa ou literatura galaico-portuguesa, é aquela escrita en galego-portugués entre os séculos XII e XV. Esta inclúe lírica sacra e profana e diferentes tipos de prosa. Foi a primeira lírica dos reinos cristiáns peninsulares, despois da dos reinos musulmáns. A literatura galego-portuguesa deste período deu lugar a máis de 2 000 cancións poéticas, compostas por uns 150 trobadores, e espallouse por todo o norte peninsular, de Galiza a Aragón.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Os Sete Sabios da Fraga de Bambú (chinés tradicional: 竹林七賢; chinés simplificado: 竹林七贤; pinyin: Zhúlín Qī Xián; Wade-Giles: Chu2-lin2 Ch'i1 Hsien2) foron un conxunto de eruditos, escritores e músicos do século III. Malia que a súa existencia é certa, non se sabe con seguridade se realmente formaron un grupo unificado. Varios deles estaban vinculados coa escola daoísta Qintan, do reino de Cao Wei. Apareceron no Shishuo xinyu 世說新語 ("Unha nova versión dos contos do mundo").
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirāt. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
Manuel García García-Pérez (coñecido artisticamente como Manolo García), nado en Barcelona o 19 de agosto de 1955, é un cantante, músico, compositor, empresario, pintor e fotógrafo. Os seus primeiros discos foron con grupos como Los Rápidos e Los Burros, e o éxito comercial chegoulle xunto a Quimi Portet con El último de la fila. Actualmente continúa a súa carreira en solitario.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Febreiro na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de febreiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Incluímos tamén as mencións ó entroido, por coincidir -habitualmente- con este mes.