Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Fernando Julián Esteso Allué, nado en Zaragoza o 16 de febreiro de 1945 e finado en Valencia o 1 de febreiro de 2026, foi un actor, director, guionista, cantante e humorista de cine, teatro e televisión español. A relación de Fernando Esteso co mundo do espectáculo foi bastante cedo, comezando a traballar como pallaso co seu pai cando era só un neno. Trasladouse a Madrid en 1964 aos dezanove anos, onde pouco despois debutou como actor de teatro e en 1972 actuaba co seu propio espectáculo.
José Miguel Conejo Torres, nado en Madrid, o 30 de abril de 1980, máis coñecido como Leiva, é un músico e cantautor español de pop rock. Entre 2001 e 2011 formou parte xunto a Rubén Pozo da banda de pop rock Pereza, coa que gravou 6 discos. Tras a disolución do grupo, iniciou unha carreira en solitario na que leva 4 discos gravados.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Jeffrey Edward Epstein, nado en Brooklyn o 20 de xaneiro de 1953 e finado o 10 de agosto de 2019, foi un financeiro estadounidense e pedófilo convicto por delitos sexuais. Epstein comezou a súa vida profesional dando clases na Dalton School malia non ter o título universitario necesario. Despois do seu despedimento da escola en 1976, entrou no sector bancario e financeiro, traballando en Bear Stearns en varios roles antes de iniciar a súa propia empresa.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Os elefantes son grandes mamíferos da familia Elephantidae e da orde Proboscidea. No presente, recoñécense tres especies: o elefante africano de sabana (Loxodonta africana), o elefante africano de bosque (L. cyclotis) e o elefante asiático (Elephas maximus). Os elefantes distribúense pola África subsahariana, sur de Asia e o sueste asiático.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirāt. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
Os túbulos T (túbulos transversos) son extensións da membrana celular que penetra polo centro das fibras musculares esqueléticas e cardíacas. Os túbulos T, coas súas membranas que conteñen grandes concentracións de canles iónicas, transportadores e bombas, permiten a transmisión rápida do potencial de acción na célula, e tamén exercen unha función importante na regulación da concentración de calcio celular. Por medio deses mecanismos, os túbulos T permiten que as células musculares cardíacas (cardiomiocitos) se contraian máis vigorosamente ao sincronizaren a liberación de calcio do retículo sarcoplásmico na célula.
Beatriz dos Países Baixos (Beatrix Wilhelmina Armgard van Orange-Nassau), nada en Baarn o 31 de xaneiro de 1938, foi a raíña do Reino dos Países Baixos entre o 30 de abril de 1980 e o 30 de abril de 2013, cando abdicou en favor do seu fillo Guillerme Alexandre. Filla da raína Xiana e o príncipe Bernaldo, desde a súa abdicación é Princesa dos Países Baixos, Princesa de Orange-Nassau e Princesa de Lippe-Biesterfeld. En 1940 Beatriz e o resto da familia real marchou ao exilio trala invasión alemá dos Países Baixos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Febreiro na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de febreiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Incluímos tamén as mencións ó entroido, por coincidir -habitualmente- con este mes.
Antes de Nós é un filme galego de 2025 dirixido por Ángeles Huerta. É un filme biográfico sobre a vida de Castelao en dúas etapas da súa vida, 1918 e 1929, antes da xeración Nós. Está protagonizado por Xoán Fórneas como Castelao, xunto con Cris Iglesias (como Virxinia Pereira), Nancho Novo, Xoel Fernández, Miquel Insua, Sergio Zearreta, Isabel Vallejo e Adrián Ríos.
Cabo de Fornos é o nome que recibe o cabo máis meridional da illa de Fornos e do arquipélago de Terra do Lume, na zona austral de Chile, tradicionalmente considerado como o punto máis meridional de América —aínda que, en realidade, este corresponde ao illote Aguia no arquipélago das illas Diego Ramírez. É o máis austral dos tres grandes cabos do hemisferio sur do planeta e marca o límite norte do pasaxe de Drake, que separa a América da Antártica ou Antártida, e une o océano Pacífico co océano Atlántico. Durante moitos anos, o cabo de Fornos foi un dos fitos das rutas comerciais de navegación de embarcacións a vela, a pesar de que as augas en torno ao cabo son particularmente perigosas, debido aos seus fortes ventos e ondada e a presenza de icebergs.
BULEGO é un grupo musical en éuscaro creado no ano 2020 en Azkoitia (Guipúscoa). O grupo traballou ao longo da súa traxectoria un pop luminoso e bailable, combinándoo con elementos de synthpop e música electrónica. A súa proposta artística baséase no compromiso co éuscaro, nas melodías pegadizas e na exaltación dos momentos da vida.
Flocos.tv foi unha páxina web posta en marcha pola Axencia Audiovisual Galega, baixo o patrocinio de Manolo González e Xurxo González, na que se albergaba unha boa mostra do audiovisual feito en Galicia, tanto por profesionais coma por afeccionados. O seu antecesor, teutubo.tv, presentouse no marco do Festival Play-Doc de Tui. Flocos.tv comezou a funcionar o 12 de decembro de 2008 con vinte e cinco curtametraxes, e chegou a recompilar máis de trescentas producións, entre curtas, mediametraxes e longametraxes.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. Posteriormente, xa na segunda década do século XXI, por mor da crise en Galicia e España, iniciouse unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países de Europa (Alemaña e Inglaterra), formada normalmente por mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Manuel López González (mestre)
Manuel López González, nado en Arroyomolinos (Cáceres) o 17 de novembro de 1909 e finado en Estremadura en 1984, foi un mestre e político español.
A igrexa da Luz é un templo relixioso da Igrexa Unida de Cristo situada no barrio de Ibakari, na cidade xaponesa de Osaca. Foi realizada en 1989 polo arquitecto Tadao Ando (安藤忠雄 Andō Tadao, nado en Osaca o 13 de setembro de 1941), un dos arquitectos xaponeses con máis recoñecemento dentro e fóra do seu país, sendo galardoado co Premio Pritzker no ano 1995.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía.
Aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan
O aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan (IATA: TPE, ICAO: RCTP) é un aeroporto internacional que serve á capital de Taiwán, Taipei, e á zona norte da illa. Situado a uns 40 km ao leste de Taipei, no distrito Dayuan, é o aeroporto máis grande de Taiwán. É un dos cinco do país con voos internacionais regulares, e é de lonxe o máis concorrido deles.
O Entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos. O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
O Día da marmota (en inglés: Groundhog Day, en francés: Jour de la Marmotte, en alemán de Pensilvania: PenGrundsaudaag ou Murmeltiertag) é unha celebración que ten lugar cada 2 de febreiro. Segundo a tradición, se está nubrado cando a marmota sae do seu tobo ese día, significa que a primavera chegará axiña, un pouco antes do equinoccio, se é un día solleiro, a marmota supostamente ve a súa sombra e retírase de novo na súa gorida, o cal quere dicir que o tempo de inverno durará por seis semanas máis. Os costumes modernos inclúen celebracións matinais para observar a marmota emerxer do seu tobo.
A ponte dos Santos, inaugurada o 29 de xullo de 1987, cruza a ría de Ribadeo, unindo Asturias e Galicia pola costa. Inicialmente foi construída para soportar a amplitude dunha estrada normal, pero no 2008 foi inaugurada (1 de outubro de 2008) a ampliación que consistiu en adecuala para un desdobramento de calzada para soportar o paso dunha autovía (A-8). Recibe o nome polas dúas capelas que ten a ría a cada beira, a de San Román nas Figueiras (Castropol) e a de San Miguel en Ribadeo.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Nanto (南砺市, なんとし, Nanto-shi) é un concello da prefectura de Toyama no Xapón. Está situado na rexión de Hokuriku, dentro da rexión de Chūbu e ao noroeste da prefectura, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 668,86 km², a poboación é de 56.050 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 83,8 h/km².
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O socialismo é unha corrente filosófica política, social e económica, e unha ideoloxía, que abarca unha gama de sistemas socioeconómicos caracterizados pola propiedade social dos medios de produción, e a autoxestión de empresas por parte dos traballadores. Inclúe teorías políticas e os movementos asociados con tales sistemas. A propiedade social pode ser pública, colectiva ou cooperativa.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Os angüiliformes (Anguilliformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde dos elopomorfos (Elopomorpha), caracterizados por teren o corpo de forma alongada que semella o dunha serpe, e que reúne especies tanto mariñas como de río. Aparecen por primeira vez no rexistro fósil durante o Cretáceo medio. O nome da orde procede do latín anguilla, que significa anguía (e que é o nome do xénero tipo, Anguilla) e o sufixo do latín científico -iformes, "en forma de"; é dicir, literalmente, "os [peixes] que teñen forma de anguía".
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego. Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
A batalla do Estandarte, ás veces chamada a batalla de Northallerton, tivo lugar o 22 de agosto de 1138 en Cowton Moor, preto de Northallerton, en Yorkshire, Inglaterra. As forzas inglesas baixo o mando de Guillerme de Aumale repeleron un exército escocés liderado polo rei David I de Escocia. O rei Estevo I de Inglaterra, loitando contra os baróns rebeldes no sur, enviara unha pequena forza (na súa maioría mercenarios), pero o exército inglés estaba composto principalmente por milicias locais e séquitos baroniais de Yorkshire e das Midlands do Norte.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Reserva da biosfera Terras do Miño
A reserva da biosfera Terras do Miño foi declarada reserva da biosfera en 2002 pola UNESCO. É a segunda máis grande da Península Ibérica e a máis grande de Galicia, ocupando o 39 % da provincia de Lugo, cunha superficie de 363.668,9 ha. Abarca 26 municipios da conca alta do río Miño, pertencentes, á súa vez, a sete comarcas: Ourol (A Mariña Occidental), Alfoz, O Valadouro e Mondoñedo (Mariña Central), Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba e Xermade (Terra Chá), Meira, Pol e Riotorto (Meira), Castroverde, Friol, Guntín, Lugo, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade (Lugo), Baralla (Os Ancares), Láncara e O Páramo (Sarria).
O Grand Slam de tenis está constituído polos catro torneos maiores do circuíto internacional organizados pola Federación Internacional de Tenis, sendo os seguintes: Aberto de Australia Torneo de Roland Garros Campionato de Wimbledon Aberto dos Estados Unidos Estes catro torneos dispútanse anualmente ao mellor de 5 sets cada partido en categoría masculina, cun cadro de 128 xogadores, a diferenza dos ATP World Tour Masters 1000 que se disputan ao mellor de 3 sets, cun cadro de 94 ou 56 xogadores e á mellor de 3 sets en categoría feminina (tamén cun cadro de 128 xogadoras), sendo os de maior renome entre xogadores e afeccionados ao deporte ao outorgar os maiores premios en efectivo e o maior número de puntos para a clasificación mundial. Ao triunfar un xogador nalgún destes 4 torneos dise que logrou un título de Grand Slam. A expresión provén do xogo do bridge, que logo se aplicou ao tenis por primeira vez en 1933.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Rondallas é unha película española de comedia dramática de 2025, escrita e dirixida por Daniel Sánchez Arévalo. Está protagonizada por Javier Gutiérrez, María Vázquez, Judith Fernández, Tamar Novas, Carlos Blanco, Fer Fraga, Xosé A. Touriñán e Marta Larralde. Estreouse fóra de competición no Festival Internacional de Cine de San Sebastián o 22 de setembro de 2025, e estreouse en cines españois o 1 de xaneiro de 2026 nunhas 150 pantallas, con distribución de Beta Fiction Spain.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 229.550.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, dende o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2018, 7.800 militantes, e 591 concelleiros e 36 alcaldes en 2023 en diversos concellos de Galiza.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
O Patrimonio da Humanidade da UNESCO santuarios e templos de Nikkō abrangue 103 edificios ou estruturas e a contorna natural que os rodea. Está situado en Nikkō, Prefectura de Tochigi, no Xapón. Os edificios pertencen a dous santuario xintoísta (Santuario Futarasan e Tōshō-gū) e un templo budista (Rinnō-ji).
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.