Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928 e finado na mesma cidade o 12 de febreiro de 2026, foi un ensaísta, membro do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega, catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante galego. Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017.
Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda
María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, nada en Vigo o 21 de agosto de 1961 e finada na mesma cidade o 23 de setembro de 2018, foi unha profesora e investigadora galega, especialista na figura de Rosalía de Castro.
O Entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos. O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Reginald Crundall Punnett (/ˈpʌnɪt/; nado o 20 de xuño de 1875 – finado o 3 de xaneiro de 1967) foi un xenetista británico cofundador, xunto con William Bateson, do Journal of Genetics en 1910. Punnett é probablemente lembrado hoxe principalmente como creador do cadro de Punnett, unha ferramenta aínda usada polos biólogos para predicir a probabilidade dos xenotipos posibles da descendencia dun cruzamento xenético. O seu libro Mendelism (1905) dise ás veces que foi o primeiro libro de texto de xenética, e probablemente foi o primeiro libro de divulgación científica que introduciu a xenética ao público.
Diana é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita tamén é común co portugués, o aragonés, castelán, o catalán, o alemán, o inglés, o italiano e o romanés, A súa orixe é o latín Diana, nome da deusa romana da Lúa e da caza, identificada coa Artemisa grega. Ten a mesma raíz ca o termo latino dius 'celeste, divino; luminoso'.
Jeffrey Edward Epstein, nado en Brooklyn o 20 de xaneiro de 1953 e finado o 10 de agosto de 2019, foi un financeiro estadounidense e pedófilo convicto por delitos sexuais. Epstein comezou a súa vida profesional dando clases na Dalton School malia non ter o título universitario necesario. Despois do seu despedimento da escola en 1976, entrou no sector bancario e financeiro, traballando en Bear Stearns en varios roles antes de iniciar a súa propia empresa.
Professional Women's Hockey League
A Professional Women's Hockey League ou PWHL (en francés Ligue professionnelle de hockey féminin ou LPHF) é unha liga profesional feminina de hóckey sobre xeo do Canadá e os Estados Unidos. A liga foi fundada en 2023 e está integrada por oito equipos, catro de cada un dos países. Os equipos xogan unha liga regular, despois da cal os catro primeiros equipos se cualifican para os play-offs que determinan o equipo campión da Walter Cup.
O Meco é unha figura da cultura tradicional galega, coñecida popularmente pola súa queima durante a celebración do entroido. Na cultura popular, a lenda do Meco remite a un ser eclesiástico, ben pastor, ben seminarista, que abusaba sexualmente das mulleres da contorna baixo o amparo do dereito de pernada, lei medieval que permitía aos terratenentes abusaren dos labradores que traballasen e morasen nos terreos da súa propiedade. A queima do Meco no entroido corresponde ao axustizamento violento por parte das masas, que nun acto de rebeldía aforcaran a este ser ao pé dunha figueira.
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial a ilustración, defensa e promoción da lingua galega. Elabora as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, e decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Coímbra (en portugués Coimbra) é unha cidade portuguesa, capital do Distrito de Coímbra, situada na rexión Centro e subrexión do Baixo Mondego, con preto de 106 800 habitantes. A pouco máis de 200 km de Lisboa e a 100 km do Porto, está bañada polo río Mondego. Foi capital nacional da cultura en 2003.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Federico Fellini, nado en Rimini o 20 de xaneiro de 1920 e finado en Roma o 31 de outubro de 1993, foi un director e guionista de cine italiano. Gañador de catro Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa e dun Óscar honorífico pola súa traxectoria. É un dos directores italianos máis importantes do século XX e un dos cineastas máis ilustres da historia do cine.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Ignacio Rivera Quintana, nado na Coruña o 24 de abril de 1965, é un empresario galego, presidente executivo actual da Corporación Hijos de Rivera, empresa galega con actividade centrada na distribución de bebidas, cuxa marca máis recoñecida é a Estrella Galicia. Pertence á cuarta xeración da familia Rivera, sendo bisneto de José María Rivera Corral, o fundador da empresa Estrella Galicia na Coruña, en 1906.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Robin Holliday (nado o 6 de novembro de 1932 – finado o 9 de abril de 2014) foi un biólogo molecular británico. Holliday describiu un mecanismo de intercambio de febras de ADN que intentaba explicar os episodios de conversión xenética que ocorren durante a meiose en fungos. Este modelo que se propuxo inicialmente en 1964 e coñécese como unión de Holliday.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Mala junta é un filme chileno de 2016 dirixido por Claudia Huaiquimilla e producida por Pablo Greene, Rebeca Gutiérrez Campos e Eduardo Villalobos. Estreouse internacionalmente na 28ª edición do Festival Internacional de Cinema de Palm Springs. Distribuíuse en cinemas comerciais e alternativos de Chile e Francia.
Alfonso Lincoln Ribeiro, nado en Nova York o 21 de setembro de 1971, é un actor, humorista, cantante, bailarín e director de televisión estadounidense de ascendencia trinitense. Acadou sona ao interpretar o papel de Carlton Banks na comedia de situación da NBC O príncipe de Bel-Air, entre 1990 e 1996. Tamén se fixo popular de neno cando participou nun vídeo comercial de Pepsi xunto con Michael Jackson.
Mohandas Karamchand Gandhi (en gujarati, મોહનદાસ કરમચંદ ગાંધી, devanágari मोहनदास करमचन्द गांधी), máis coñecido popularmente por Mahatma Gandhi (Mahatma, do sánscrito "grande alma"), nado en Porbandar (Gujarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Deli o 30 de xaneiro de 1948, foi un avogado indio, nacionalista anticolonial e un político ético que empregou a resistencia non violenta para liderar a exitosa campaña pola independencia da India do dominio británico, e máis tarde inspirar movementos polos dereitos civís e pola liberdade en todo o mundo. O nome honorífico de Mahatmā (sánscrito: "alma grande", "venerable"), aplicado por primeira vez a el en 1914 en Suráfrica, úsase agora en todo o mundo. Nado e criado no seo dunha familia hindú da costa de Gujarat, Gandhi formouse en dereito no Inner Amorne de Londres, e foi proclamado avogado aos 22 anos, en xuño de 1891.
María Rosa Rodríguez Ramírez, nada en Quilmes (Arxentina) o 18 de outubro de 1993, é unha filóloga, profesora e concursante de televisión galega nada na Arxentina. É coñecida pola súa participación no concurso Pasapalabra de Antena 3, onde foi a primeira muller en superar os 300 programas en competición. O 5 de febreiro de 2026 pasou a ser unha das poucas mulleres en gañar o concurso.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Os arquivos de Epstein son unha colección de millóns de documentos, imaxes e vídeos que detallan as actividades criminais do financeiro estadounidense e delincuente sexual infantil condenado Jeffrey Epstein, incluído o seu círculo social de figuras públicas, políticos e famosos. Os arquivos son documentos recompilados como proba nos casos criminais contra Epstein e os seus asociados, almacenados como máis de 300 gigabytea de datos, ademais doutros soportes, no sistema de xestión de casos Sentinel do FBI. Inclúen o seu libro de contactos, os rexistros de voo dos seus avións e documentos xudiciais. Moitos dos rexistros e arquivos relacionados con Epstein pertencen á súa herdanza, que actualmente está dirixida polo avogado Darren Indyke e o contable Richard Kahn.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Kim Jong-un (en coreano: 김정은, IPA: [kim dʑʌŋ ɯn]), tamén coñecido como Kim Jong-eun ou Kim Jung-eun, anteriormente Kim Jong-woon ou Kim Jung-woon, nado o 8 de xaneiro de 1983, é o líder supremo de Corea do Norte. É o terceiro e máis novo fillo do seu defunto predecesor, Kim Jong-il e a súa consorte Ko Young-hee. Dende finais de 2010, Jong-un comezou ser visto como futuro herdeiro no liderado da nación e, despois da morte do seu pai, foi anunciado como o "gran sucesor" pola televisión estatal de Corea do Norte.
Felipe González Márquez, nado en Sevilla o 5 de marzo de 1942, é un avogado, profesor universitario e político andaluz, secretario xeral do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) dende 1974 até 1997 e terceiro presidente do Goberno de España dende a reinstauración da democracia, entre 1982 e 1996.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia. Presentou varios programas da canle pública galega dende a súa mesma creación, en 1985, facéndose enormemente popular polo seu traballo en Luar, programa que presenta dende 1992.
Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán. Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2024 tiña 29.031 habitantes, dos cales 14.047 eran varóns e 14.984 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,31 hab./km².
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 229.748.
Xavier Vence Deza, nado en Álceme (Rodeiro) o 19 de xaneiro de 1961, é un Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, escritor e político galego, portavoz nacional do BNG desde o 17 de marzo de 2013 ao 28 de febreiro de 2016. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirāt. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
BULEGO é un grupo musical en éuscaro creado no ano 2020 en Azkoitia (Guipúscoa). O grupo traballou ao longo da súa traxectoria un pop luminoso e bailable, combinándoo con elementos de synthpop e música electrónica. A súa proposta artística baséase no compromiso co éuscaro, nas melodías pegadizas e na exaltación dos momentos da vida.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
A pneumonía (do grego pneumon, 'pulmón', e este de pneuma, 'sopro, respiración'), pulmonía ou pneumonite é unha inflamación dos pulmóns e das vías respiratorias en xeral, que causa efectos secundarios coma febre, mucosidade, tose etc. Consiste na inflamación dos espazos alveolares dos pulmóns. A maioría das veces a pneumonía é infecciosa, pero non sempre é así.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Dawson's Creek é unha serie de televisión estadounidense de drama adolescente que conta a historia e as relacións dun grupo de amigos durante o instituto e o comezo da vida adulta. A serie foi creada por Kevin Williamson e foi estreada por The WB o 20 de xaneiro de 1998 con produción de Columbia TriStar Television. Está protagonizada por James Van Der Beek que interpreta a Dawson Leery, Katie Holmes como a súa mellor amiga Joey Potter e Joshua Jackson como o seu mellor amigo Pacey Witter.
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoprano.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Verónica Boquete Giadáns, coñecida como Vero Boquete, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Como 1907, da Serie A de Italia. Considerada como unha das mellores futbolistas españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a primeira en marcar nunha final.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2012
O campionato Mundial de Fórmula 1 de 2012 foi o campionato anual número 63 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Nel están inscritos para competiren doce equipos. Este ano foi o penúltimo ano en que se utilizarán os motores V8 de 2´4 litros, sendo substituídos en 2014 por un motor de 1´6 litros de 4 cilindros turboalimentado máis ecolóxico e máis eficiente.
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart y Silva, comunmente coñecida como Cayetana de Alba ou Duquesa de Alba, nada no Palacio de Liria (Madrid) o 28 de marzo de 1926 e finada no Palacio de las Dueñas (Sevilla) o 20 de novembro de 2014, foi unha aristócrata española, XVIII duquesa de Alba, xefa da Casa de Alba e connotada figura social. Foi a terceira muller que ostentou o título por dereito propio dentro da familia. Cayetana era descendente directa do Rei Xacobe II de Inglaterra a través do seu fillo ilexítimo James Fitz-James, o cal tivo co seu amante Arabella Churchill.