Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928 e finado na mesma cidade o 12 de febreiro de 2026, foi un ensaísta, membro do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega, catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante galego. Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017. Usou os pseudónimos Yusuf de Ventosela, María das Falas e Pedro Petouto.
Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda
María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, nada en Vigo o 21 de agosto de 1961 e finada na mesma cidade o 23 de setembro de 2018, foi unha profesora e investigadora galega, especialista na figura de Rosalía de Castro.
María Rosa Rodríguez Ramírez, nada en Quilmes (Arxentina) o 18 de outubro de 1993, é unha filóloga, profesora e concursante de televisión galega nada na Arxentina. É coñecida pola súa participación no concurso Pasapalabra de Antena 3, onde foi a primeira muller en superar os 300 programas en competición. O 5 de febreiro de 2026 pasou a ser unha das poucas mulleres en gañar o concurso.
O complexo MRN (equivalente ao complexo MRX en lévedos) é un complexo proteico que consta das proteínas Mre11, Rad50 e Nbs1 (tamén chamada nibrina en humanos e denominada Xrs2 en lévedos). En eucariotas, o complexo MRN/X exerce unha importante función na procesamento inicial das roturas de dobre febra do ADN antes da súa reparación por recombinación homóloga ou unión de extremos non homólogos. O complexo MRN únese avidamente a roturas de dobre febra tanto in vitro coma in vivo e pode servir para manter ligados os extemos rotos antes de que se reparen por unión de extremos non homólogos ou para iniciar a resección de extremo de ADN previa á reparación por recombinación homóloga.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Santo Adrán de Cobres é unha parroquia do concello pontevedrés de Vilaboa. Segundo o IGE, en 2022 tiña 1.455 habitantes (732 homes e 723 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación. O peirao de Santo Adrán de Cobres é a base dunha importante frota mexilloeira que opera nas bateas da Ría de Vigo.
O Entroido ou carnaval galego é o entroido celebrado en diferentes lugares de Galiza nos días previos á coresma, caracterizadao por unha gran diversidade de rituais e máscaras tradicionais. A festa non se limita a un único día, senón que se organiza nun ciclo que pode durar varias semanas, incluíndo datas clave como os xoves de compadres e comadres, os domingos fareleiro, oleiro e corredoiro, e culminando no martes de Entroido e o mércores de cinsa co enterro da sardiña. As máscaras son uns dos elementos máis representativos, destacando dous grandes grupos: as ourensás, como os peliqueiros de Laza, cigarróns de Verín ou pantallas de Xinzo, e as da zona atlántica, como os xenerais da Ulla ou as damas e galáns de Vilaboa.
O Meco é unha figura da cultura tradicional galega, coñecida popularmente pola súa queima durante a celebración do entroido. Na cultura popular, a lenda do Meco remite a un ser eclesiástico, ben pastor, ben seminarista, que abusaba sexualmente das mulleres da contorna baixo o amparo do dereito de pernada, lei medieval que permitía aos terratenentes abusaren dos labradores que traballasen e morasen nos terreos da súa propiedade. A queima do Meco no entroido corresponde ao axustizamento violento por parte das masas, que nun acto de rebeldía aforcaran a este ser ao pé dunha figueira.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Jeffrey Edward Epstein, nado en Brooklyn o 20 de xaneiro de 1953 e finado o 10 de agosto de 2019, foi un financeiro estadounidense e pedófilo convicto por delitos sexuais. Epstein comezou a súa vida profesional dando clases na Dalton School malia non ter o título universitario necesario. Despois do seu despedimento da escola en 1976, entrou no sector bancario e financeiro, traballando en Bear Stearns en varios roles antes de iniciar a súa propia empresa.
Santiago de Xustás é unha parroquia do concello lugués de Cospeito na comarca da Terra Chá. Tiña 265 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 139 homes e 126 mulleres distribuídos en 10 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 21 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 286 habitantes (148 homes e 138 mulleres) e 59 menos que en 2000.
O entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á coresma, e que está composto principalmente polo Domingo de Entroido, o Luns de Entroido e o Martes de Entroido ou Mardi Gras. O entroido adoita incluír celebracións públicas, incluíndo eventos como desfiles, festas nas rúas e outros entretementos, combinando elementos circenses. Os participantes adoitan entregarse a un consumo excesivo de alcohol, carne e outros alimentos que se renunciarán durante a próxima coresma.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
O curling é un deporte de precisión similar ós birlos ingleses ou á petanca, que se practica nunha pista de xeo, loitando entre si dous equipos de catro participantes cada un. O obxectivo é lanzar 8 pedras de granito cun peso de 20 kg sobre a deslizante superficie a través dun corredor de 45,5 metros de lonxitude e 4,32 metros de anchura. E unha vez realizados todos os lanzamentos, puntúase en función da proximidade destas pedras á diana marcada ao final do corredor.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoprano.
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas.
O Entroido de Samede é unha celebración popular e tradicional do entroido que se desenvolve na aldea de Samede da parroquia de San Xulián de Vigo, no concello coruñés de Paderne, na bisbarra de Betanzos. Esquecido durante décadas, foi recuperado recentemente, converténdose nunha das referencias do entroido tradicional galego na provincia da Coruña.
Venus é o segundo planeta do sistema solar en orde de proximidade ao Sol e o terceiro en canto a tamaño en orde ascendente despois de Mercurio e Marte e ten algunhas características peculiares. Do mesmo xeito que Mercurio, carece de satélites naturais. A súa órbita é unha elipse cunha excentricidade de menos do 1 %, formando a órbita máis circular de todos os planetas; apenas supera a de Neptuno.
José María González González "Pucha"
José María González González, coñecido como Pucha, nado en Amoeiro o 6 de agosto de 1884 e finado no mesmo concello o 25 de marzo de 1970, foi un carpinteiro e político galego.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Xogos Olímpicos de Inverno de 2026
Os Xogos Olímpicos de Inverno 2026 (en italiano: Olimpiadi invernali del 2026), oficialmente os XXV Xogos Olímpicos de Inverno e comunmente coñecido como Milano Cortina 2026, é un próximo evento multideportivo internacional que terá lugar do 6 ao 22 de febreiro de 2026 en sitios de Lombardía e o nordés de Italia. A oferta conxunta de Milán e Cortina d'Ampezzo obtivo os Xogos Olímpicos de Inverno 2026 na 134ª Sesión do COI o 24 de xuño de 2019, superando a oferta conxunta feita por Estocolmo e Åre (Suecia); serán os primeiros Xogos Olímpicos que serán oficialmente copatrocinados por dúas cidades, con Milán organizando principalmente eventos sobre xeo, e os eventos restantes celebraranse en grupos arredor de Cortina, e os vales de Valtellina e Fiemme. Marcarán os terceiros Xogos Olímpicos de Inverno, e o cuarto en xeral, que será acollido por Italia; Cortina d'Ampezzo acollera previamente os Xogos Olímpicos de Inverno de 1956.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Álvar Núñez Cabeza de Vaca, nado en Xerez da Fronteira entre 1488 e 1490 e finado en Sevilla entre 1557 e 1558, foi un descubridor e conquistador español. Explorou a costa sur de Norteamérica desde a actual Florida pasando por Alabama, Mississippi e Luisiana, e explorou Texas, Novo México, Arizona e no norte de México ata chegar ao Golfo de California, territorios que pasaron a anexionarse a Imperio Español dentro do Vicerreinado de Nova España. O rei Carlos I de España outorgoulle o título de adiantado e o nomeou capitán xeneral e gobernador do Río da Prata, Paranáguazu e os seus anexos.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
Julio Alfredo Jaramillo Laurido, nado en Guayaquil, Ecuador, o 1 de outubro de 1935 e finado na mesma cidade o 9 de febreiro de 1978, foi un sobranceiro intérprete musical latinoamericano, con especial relevancia dentro do xénero denominado bolero. Estímase que gravou ao redor de 3.500 pezas musicais ao longo da súa vasta carreira.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
A derradeira leición do mestre
A derradeira leición do mestre é unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Buenos Aires. O cadro consérvase no Centro Galicia de Buenos Aires e está baseado na estampa nº 6 do seu álbum Galicia mártir. Trátase dunha homenaxe ó seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, que foi fusilado na Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936.
Santa María a Real de Oseira é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 252 habitantes (139 homes e 113 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2011, cando tiña 389 habitantes.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego. Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
Stranger Things é unha serie de televisión estadounidense do xénero sobrenatural, ciencia ficción e terror creada polos Irmáns Duffer. Foi escrita e dirixida por Matt e Ross Duffer e o seu produtor executivo é Shawn Levy. A primeira tempada, estreada en xullo de 2016, está protagonizada por Winona Ryder, David Harbour, Finn Wolfhard, Millie Bobby Brown, Gaten Matarazzo, Caleb McLaughlin, Natalia Dyer, Charlie Heaton, Cara Buono e Matthew Modine, xunto con Noah Schnapp e Joe Keery nos papeis secundarios.
O socialismo é unha corrente filosófica política, social e económica, e unha ideoloxía, que abarca unha gama de sistemas socioeconómicos caracterizados pola propiedade social dos medios de produción, e a autoxestión de empresas por parte dos traballadores. Inclúe teorías políticas e os movementos asociados con tales sistemas. A propiedade social pode ser pública, colectiva ou cooperativa.
Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey, Xan Fouciño e Raimundo Antela, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista.
Coímbra (en portugués Coimbra) é unha cidade portuguesa, capital do Distrito de Coímbra, situada na rexión Centro e subrexión do Baixo Mondego, con preto de 106 800 habitantes. A pouco máis de 200 km de Lisboa e a 100 km do Porto, está bañada polo río Mondego. Foi capital nacional da cultura en 2003.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.