Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Jeffrey Edward Epstein, nado en Brooklyn o 20 de xaneiro de 1953 e finado o 10 de agosto de 2019, foi un financeiro estadounidense e pedófilo convicto por delitos sexuais. Epstein comezou a súa vida profesional dando clases na Dalton School malia non ter o título universitario necesario. Despois do seu despedimento da escola en 1976, entrou no sector bancario e financeiro, traballando en Bear Stearns en varios roles antes de iniciar a súa propia empresa.
Xogos Olímpicos de Inverno de 2026
Os Xogos Olímpicos de Inverno 2026 (en italiano: Olimpiadi invernali del 2026), oficialmente os XXV Xogos Olímpicos de Inverno e comunmente coñecido como Milano Cortina 2026, é un próximo evento multideportivo internacional que terá lugar do 6 ao 22 de febreiro de 2026 en sitios de Lombardía e o nordés de Italia. A oferta conxunta de Milán e Cortina d'Ampezzo obtivo os Xogos Olímpicos de Inverno 2026 na 134ª Sesión do COI o 24 de xuño de 2019, superando a oferta conxunta feita por Estocolmo e Åre (Suecia); serán os primeiros Xogos Olímpicos que serán oficialmente copatrocinados por dúas cidades, con Milán organizando principalmente eventos sobre xeo, e os eventos restantes celebraranse en grupos arredor de Cortina, e os vales de Valtellina e Fiemme. Marcarán os terceiros Xogos Olímpicos de Inverno, e o cuarto en xeral, que será acollido por Italia; Cortina d'Ampezzo acollera previamente os Xogos Olímpicos de Inverno de 1956.
BULEGO é un grupo musical en éuscaro creado no ano 2020 en Azkoitia (Guipúscoa). O grupo traballou ao longo da súa traxectoria un pop luminoso e bailable, combinándoo con elementos de synthpop e música electrónica. A súa proposta artística baséase no compromiso co éuscaro, nas melodías pegadizas e na exaltación dos momentos da vida.
San Vicente de Meá é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mugardos. Segundo o IGE en 2018 tiña 573 habitantes (297 mulleres e 276 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 767 habitantes. Ten unha extensión de 2,07 km² e unha densidade de poboación de 294,69 hab./km².
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Universidade Hebrea de Xerusalén
A Universidade Hebrea de Xerusalén (en hebreo: האוניברסיטה העברית בירושלים, [HaUniversita HaIvrit BeYerushalaim]; árabe: الجامعة العبرية في القدس: [Al-Jāmi`ah al-`Ibriyyah fil-Quds]) é a primeira universidade xudía en Israel, fundada 1925 como unha das institucións do Estado de Israel «en camiño» de establecerse como tal.
Almudena Cid Tostado, nada en Vitoria o 15 de xuño de 1980, é unha ex-ximnasta española que competiu na disciplina de ximnasia rítmica e que participou en catro Olimpíadas (1996-2008), sendo a única ximnasta rítmica no mundo que disputou catro finais olímpicas. Abandonou o deporte profesional o 23 de agosto de 2008.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O mar Mediterráneo é un mar continental que esta conectado co océano Atlántico polo estreito de Xibraltar; rodeado pola conca mediterránea esta case completamente pechado por terra: ao norte baña as terras do sur de Europa e Anatolia, ao sur as do norte de África, o leste as do Levante mediterráneo e ao oeste baña as terras da Península Ibérica. O mar Mediterráneo ocupa unha superficie duns 2.500.000 km2, que representan o 0,7% da superficie oceánica mundial, pero a súa conexión co Atlántico a través do Estreito de Xibraltar-o estreito que conecta o océano Atlántico co mar Mediterráneo e separa a Península Ibérica en Europa de Marrocos en África- só ten 14 km de ancho. A súa lonxitude oeste-leste, desde o estreito de Xibraltar ata o golfo de Alexandreta, na costa sueste de Turquía, é dun 4000 km.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Mao Tse Tung ou Mao Zedong (en chinés tradicional: 毛澤東; en chinés simplificado: 毛泽东; pinyin: Máo Zédōng; Wade-Giles: Mao2 Tse2-tung1), nado o 26 de decembro do 1893 e morto o 9 de setembro de 1976, foi o máximo dirixente do Partido Comunista da China (PCCh) e da República Popular da China. Baixo o seu liderado, o Partido Comunista fíxose co poder na China continental en 1949, cando se proclamou a nova República Popular, trala vitoria na guerra civil contra as forzas da República da China. A vitoria comunista provocou a fuxida de Chiang Kai-shek e os seus seguidores do Kuomintang para Taiwán e converteu a Mao no líder máximo da China ata a súa morte en 1976.
Benavente y Los Valles é unha comarca española que se atopa situada no norte da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León, España. Esta comarca, a pesar do seu gran sentido de identidade, con características xeográficas, económicas, sociais e históricas afíns, non conta co necesario recoñecemento legal para o seu desenvolvemento administrativo, o que levou aos seus concellos para organizarse en mancomunidades como única fórmula legal que lles permite a optimización da xestión dalgúns servizos públicos municipais.
PHP era orixinalmente o acrónimo de "Personal Home Pages" ("Páxina web persoal") e posteriormente o acrónimo recursivo de "PHP Hypertext Preprocesor" (Pre-procesador de Hipertexto PHP). PHP é unha linguaxe de programación de computadores interpretada, libre e moi utilizada para xerar contido dinámico na Web. A linguaxe apareceu no ano 1994, como un subconxunto de scripts en Perl creados por Rasmus Lerdof.
O Meco é unha figura da cultura tradicional galega, coñecida popularmente pola súa queima durante a celebración do entroido. Na cultura popular, a lenda do Meco remite a un ser eclesiástico, ben pastor, ben seminarista, que abusaba sexualmente das mulleres da contorna baixo o amparo do dereito de pernada, lei medieval que permitía aos terratenentes abusaren dos labradores que traballasen e morasen nos terreos da súa propiedade. A queima do Meco no entroido corresponde ao axustizamento violento por parte das masas, que nun acto de rebeldía aforcaran a este ser ao pé dunha figueira.
Maria da Graça Foles Amiguinho Barros, tamén coñecida como Graça Foles Amiguinho, Graça Amiguinho e Mary Foles, nada en Santa Eulália (Elvas) o 13 de febreiro de 1946, é unha mestra e escritora portuguesa. Moi ligada á Galiza, promoveu a unión de escritores de Portugal, Galiza, Asturias, Estremadura e Brasil en 9 escolmas, desde 2019.
Fervenza é unha organización estudantil galega nada o 9 de marzo de 2025, nunha Asemblea Nacional Constituínte que contou coa participación de 90 estudantes. A organización defínese como "sindicato estudantil nacionalista de vocación unitaria, autónoma, horizontal, combativa e democrática". Contan con actividade en distintas cidades de Galiza, esencialmente Santiago de Compostela, Vigo ou A Coruña.
O canón Gatling foi a primeira arma de fogo de repetición exitosa, combinando fiabilidade, un alto ritmo de disparo e facilidade de recarga nun só dispositivo. Foi deseñado polo inventor estadounidense Richard J. Gatling en 1861 e patentado o 9 de maio de 1862. Actualmente, Gatling gun normalmente refírese ás armas cun sistema de canón rotativo similar.
Prudente José de Morais e Barros, nado en Itu (estado de São Paulo) en 4 de outubro de 1841 e finado en 3 de decembro de 1902, foi un avogado e político brasileiro, o primeiro presidente civil do Brasil, de 15 de novembro de 1894 ata 15 de novembro de 1898. O seu goberno foi marcado polo fin da Revolución Federalista no Rio Grande do Sur e pola Guerra de Canudos no sertao da Baía. O seu goberno marcou tamén o inicio no Brasil da chamada política do café con leite, que durou de 1894 até 1930 e caracterizouse polo predominio de presidentes orixinarios do estado de São Paulo (entón grande produtor de café) e de Minas Xerais (entón grande produtor de gando leiteiro).
Angkor é un nome asociado á rexión de Camboxa na que se asentou o Imperio Khmer, que tivo o seu apoxeo entre os séculos IX e XV da nosa era. O período de Angkor pode definirse coma o período dende 802, cando o monarca Khmer hinduísta Jayavarman II se autodeclarou "monarca universal" e "rei divino" de Camboxa, ata 1431, cando os invasores tailandeses saquearon a capital Khmer, provocando que a súa poboación tivese que migrar á área meridional de Phnom Penh. As ruínas de Angkor localízanse entre fragas e terras de labranza ao norte do Gran Lago (Tonle Sap) e o sur das Montañas Kulen, preto da actual Siem Reap.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A mielinización ou mielinoxénese é a formación e desenvolvemento das vaíñas de mielina nos nervios do sistema nervioso, normalmente iniciada durante o neurodesenvolvemento prenatal tardío e continuada durante todo o desenvolvemento posnatal. O termo mielinoxénese tamén se usa ás veces para diferenciar os estadios moi iniciais de mielinización no embrión. A mielina fórmana os oligodendrocitos no sistema nervioso central e as células de Schwann no sistema nervioso periférico.
O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella máis coñecida por Cruz Vermella é unha institución humanitaria, internacional e de carácter voluntario, que reúne ao redor de 97 millóns de voluntarios en todo o mundo. Fundouna en Suíza no ano 1863 Jean Henri Dunant, e dende entón traballa en favor dos colectivos máis vulnerables e necesitados. Defende os dereitos humanos, as minorías étnicas e a conservación dos ecosistemas.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 229.603.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Os escíncidos (Scincidae), tamén chamados esgonzos, son unha familia de lagartos da infraorde Scincomorpha dos que hai descritas máis de 1.500 especies, polo que son unha das familias máis diversas de lagartos. En Galicia só viven dúas especies de escíncidos, que son o esgonzo común e o esgonzo ibérico.
Os Premios Mestre Mateo son os galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia. Organizados e supervisados pola Academia Galega do Audiovisual (AGA), os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. A Academia foi orixinalmente concibida como unha entidade profesional que podería asumir a organización dos premios, ademais de ser un xeito de mellorar a imaxe da industria audiovisual galega.
O termo escravitude designa a condición social do escravo, un traballador non libre e, polo xeral, non remunerado, que é xuridicamente a propiedade doutra persoa e, en consecuencia, negociábel, como un obxecto. En sentido lato, a escravitude ou escravismo é o sistema socioeconómico fundado sobre o mantemento e a explotación de persoas en ditas condicións. Os escravos están obrigados a obedecer todas as ordes do seu amo desde o momento en que adquiren tal condición (sexa desde o nacemento ou noutro calquera momento da súa vida no que se efectuase o paso ao estado de escravo) ata o cesamento de tal status (por morte ou por ser liberado).
José Luis Vara Olveira, nado en Esteiro (Muros) o 5 de outubro de 1958 e finado na Coruña o 23 de abril de 2009, foi un futbolista e adestrador galego, que xogaba como centrocampista. Capitán e xogador máis emblemático do Deportivo da Coruña na década de 1980, militou nove tempadas no club coruñés, disputando un total de 291 partidos oficiais, nos que marcou 80 goles. Nunca puido xogar co Deportivo na Primeira División, pero fíxoo co Betis, no que militou entre 1987 e 1990.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Tierra de Campos (Terra de Campos) é unha bisbarra natural localizada na Comunidade Autónoma de Castela e León, que se estende polas provincias de Palencia, Valladolid, Zamora e León. A súa orixe está no chamado "Campo de Galiza" (Campus Gallaeciae) do Baixo Imperio Romano, que co tempo recibirá o nome de "Campos Góticos" (Campi Gothici ou Campi Gothorum), tendo a súa capital histórica en Palencia.
Unha abreviatura é a representación escrita dunha ou varias palabras mediante unha ou varias das súas letras, a fin de que a palabra ou as palabras resulten máis curtas no texto. Créanse eliminando algunhas das letras ou sílabas finais ou centrais. Calquera escritor pode crear unha abreviatura para o seu uso particular.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Avram Noam Chomsky, nado en Filadelfia, Pensilvania, o 7 de decembro de 1928 é un lingüista, filósofo e activista estadounidense, reverenciado nos círculos académicos como "o pai da lingüística moderna". Así mesmo tamén é unha das figuras máis recoñecidas no campo da filosofía analítica. Foi profesor emérito de lingüística no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e unha das figuras máis destacadas da lingüística do século XX, grazas aos seus traballos en teoría lingüística e ciencia cognitiva.
Xavier Vence Deza, nado en Álceme (Rodeiro) o 19 de xaneiro de 1961, é un Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, escritor e político galego, portavoz nacional do BNG desde o 17 de marzo de 2013 ao 28 de febreiro de 2016. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
Acción executiva (en inglés: Executive Action) é un filme estadounidense de conspiracións sobre o asasinato de John F. Kennedy, escrito por Dalton Trumbo, Mark Lane, e Donald Freed. Foi dirixido por David Miller, quen xa traballara con Trumbo no filme Lonely Are the Brave (1962). Está protagonizado por Burt Lancaster e Robert Ryan.
Rinoceronte Editora é unha editorial galega creada en 2005 por iniciativa de Moisés Barcia Rodríguez, o tradutor galego da triloxía O Señor dos Aneis, e Penélope Pedreira. Ten a súa sede en Cangas e está especializada na publicación de obras traducidas ao galego. Ademais de Rinoceronte, a empresa tamén conta con outros selos editoriais: Sushi Books (creado en 2013 cun catálogo en galego, castelán, catalán e éuscaro), Morgante Edicións (selo de carácter xeneralista de autores galegos e tamén foráneos), Edicións Barbantesa (proxecto creado en maio de 2010 para acoller as novas voces poéticas galegas), e Esplanadi (selo que recolle obras da literatura finesa).
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Os gadiformes (Gadiformes), ou anacantinos (Anacanthini), son unha orde de peixes osteíctios teleósteos, da superorde dos paracantopterixios (Paracanthopterygii), entre os que se inclúen especies de tanta importancia pesqueira e comercial como as pescadas, os bacallaus, as fanecas ou as pescadas. Apareceron por primeira vez no rexistro fósil no mioceno medio, na metade do terciario.
O Bierzo (en castelán e oficialmente: El Bierzo, en leonés: El Bierzu/Bierciu) é unha comarca do oeste da provincia de León, limítrofe con Galicia, que ocupa unha área de 2.828 km², dividida entre 38 concellos. A súa capital é Ponferrada. É a única comarca recoñecida por lei en Castela e León, creada polas peculiaridades xeográficas, históricas, sociais e económicas que a diferencian do resto da comunidade.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.