Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Giovanni Vincenzo Antonio (en relixión Lorenzo) Ganganelli, nado en Santarcangelo dei Romagna, preto de Rimini, o 31 de outubro 1705 e finado en Roma o 22 de setembro 1774, foi un relixioso italiano, elixido papa o 19 de maio de 1769 baixo o nome de Clemente XIV (en latín Clemens XIV, en italiano Clemente XIV).
A radiación sincrotrón (tamén coñecida co termo alemán magnetobremsstrahlung) è a radiación electromagnética emitida cando partículas cargadas relativistas están suxeitas a unha aceleración perpendicular á súa velocidade (a ⊥ v). Prodúcese artificialmente nalgúns tipos de aceleradores de partículas ou de forma natural por electróns rápidos que se moven entre campos magnéticos. A radiación producida desta maneira ten unha polarización característica, e as frecuencias xeradas poden estar comprendidas nunha ampla porción do espectro electromagnético.
Enrique Martín Morales, máis coñecido polo seu nome artístico Ricky Martin, nado en San Juan o 24 de decembro de 1971, é un cantante, compositor, actor e escritor portorriqueño. Iniciou a súa carreira musical a mediados da década de 1980, como vocalista dun grupo xuvenil chamado Menudo. A partir de 1991 estableceuse como solista.
Jeffrey Edward Epstein, nado en Brooklyn o 20 de xaneiro de 1953 e finado o 10 de agosto de 2019, foi un financeiro estadounidense e pedófilo convicto por delitos sexuais. Epstein comezou a súa vida profesional dando clases na Dalton School malia non ter o título universitario necesario. Despois do seu despedimento da escola en 1976, entrou no sector bancario e financeiro, traballando en Bear Stearns en varios roles antes de iniciar a súa propia empresa.
Xosé Antonio Andrade Figueiras
Xosé Antonio Andrade Figueiras, nado en Seavia (Coristanco) en 1957, é un avogado e escritor galego.
María Rosa Rodríguez Ramírez, nada en Quilmes (Arxentina) o 18 de outubro de 1993, é unha filóloga, profesora e concursante de televisión galega nada na Arxentina. É coñecida pola súa participación no concurso Pasapalabra de Antena 3, onde foi a primeira muller en superar os 300 programas en competición. O 5 de febreiro de 2026 pasou a ser unha das poucas mulleres en gañar o concurso.
O Meco é unha figura da cultura tradicional galega, coñecida popularmente pola súa queima durante a celebración do entroido. Na cultura popular, a lenda do Meco remite a un ser eclesiástico, ben pastor, ben seminarista, que abusaba sexualmente das mulleres da contorna baixo o amparo do dereito de pernada, lei medieval que permitía aos terratenentes abusaren dos labradores que traballasen e morasen nos terreos da súa propiedade. A queima do Meco no entroido corresponde ao axustizamento violento por parte das masas, que nun acto de rebeldía aforcaran a este ser ao pé dunha figueira.
A Super Bowl é o partido final anual da National Football League (NFL), principal campionato profesional de fútbol americano do mundo. O partido culmina unha temporada que comeza no final do verán do ano anterior. Habitualmente, máis que o ano no que se disputa o encontro, utilizanse números romanos para identificar e diferenciar cada partido.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Mikel Garikoitz Aspiazu Rubina
Mikel Garikoitz Aspiazu Rubina, nado en Bilbao o 6 de xullo de 1973, máis coñecido como Txeroki, é un membro da banda terrorista ETA, da que asumiu a xefatura militar no 2008 até a súa detención en novembro do mesmo ano.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O Hospital Álvaro Cunqueiro é un hospital pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, inaugurado no ano 2015 e situado na parroquia de Beade, preto da confluencia coas parroquias de Valadares e Matamá, destinado a atender unha área sanitaria de preto de 600.000 persoas, a maior de Galicia. Co seu nome homenaxea o escritor Álvaro Cunqueiro.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, dende o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2018, 7.800 militantes, e 591 concelleiros e 36 alcaldes en 2023 en diversos concellos de Galiza.
Xogos Olímpicos de Inverno de 2026
Os Xogos Olímpicos de Inverno 2026 (en italiano: Olimpiadi invernali del 2026), oficialmente os XXV Xogos Olímpicos de Inverno e comunmente coñecido como Milano Cortina 2026, é un próximo evento multideportivo internacional que terá lugar do 6 ao 22 de febreiro de 2026 en sitios de Lombardía e o nordés de Italia. A oferta conxunta de Milán e Cortina d'Ampezzo obtivo os Xogos Olímpicos de Inverno 2026 na 134ª Sesión do COI o 24 de xuño de 2019, superando a oferta conxunta feita por Estocolmo e Åre (Suecia); serán os primeiros Xogos Olímpicos que serán oficialmente copatrocinados por dúas cidades, con Milán organizando principalmente eventos sobre xeo, e os eventos restantes celebraranse en grupos arredor de Cortina, e os vales de Valtellina e Fiemme. Marcarán os terceiros Xogos Olímpicos de Inverno, e o cuarto en xeral, que será acollido por Italia; Cortina d'Ampezzo acollera previamente os Xogos Olímpicos de Inverno de 1956.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Esta é unha cronoloxía de Galicia, que comprende importantes eventos, cambios legais e territoriais ademais de acontecementos políticos, sociais e económicos en Galicia e nos seus estados predecesores; tamén eventos acontecidos na península ibérica e eventos internacionais que tiveron relevancia para a Historia de Galicia.
A tradución (do latín traducere: facer pasar dun lugar a outro) é unha actividade que comprende a interpretación do significado dun texto nun idioma, o texto orixe, a un texto equivalente noutro idioma, o texto meta. Tamén o produto desta actividade, o texto meta, denomínase tradución. A disciplina que estuda sistematicamente a teoría, a descrición e a aplicación da tradución e a interpretación denomínase tradutoloxía.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
A música pop (apócope de popular) é un xénero de música popular que tivo a súa orixe a finais dos anos 1950 coma un derivado do rock and roll, en combinación con outros xéneros musicais que estaban de moda nese momento. A música pop, á marxe da instrumentación e tecnoloxía aplicada para a súa creación, conserva a estrutura formal "verso - retrouso - verso", executada dun modo sinxelo, melódico, apegadizo, e normalmente asimilable para o gran público. As súas grandes diferenzas con outros estilos están nas voces melódicas e claras en primeiro plano e percusións lineais e repetidas.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Aragón (en aragonés e castelán: Aragón, en catalán: Aragó) é unha comunidade autónoma con estatuto de «nacionalidade histórica» situada no norte de España, resultante do reino histórico do mesmo nome, que abrangue o tramo central do val do Ebro, os Pireneos centrais e as Serras Ibéricas. Limita ao norte con Francia, ao oeste con Navarra, A Rioxa e Castela e León (provincia de Soria), ao sur con Castela-A Mancha (provincias de Guadalaxara e Cuenca) e a Comunidade Valenciana (provincias de Castelló e Valencia) e ao leste con Cataluña (provincias de Lleida e Tarragona). O Reino de Aragón, canda o Condado de Barcelona, o Reino de Valencia e o Reino de Mallorca, formaron a histórica Coroa de Aragón; e foi un dos reinos que formaron o Reino de España.
A Lenda do Meco recolle unha vella lenda popular na que os veciños do Grove enforcaron a un crego, fartos dos abusos sexuais que protagonizara, e declaráronse culpables colectivamente, todos a un, ante a xustiza. O feito deu lugar ó xentilicio popular que reciben os grovenses como mecos. Aparece documentada por vez primeira da man de frei Martín Sarmiento, que a cita na súa Viaje a Galicia, de 1745, como un sucedido uns oitenta anos antes da súa viaxe.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Youth é un filme de 2015 de comedia e drama escrito e dirixido por Paolo Sorrentino. É o segundo filme do director en lingua inglesa, e está protagonizado por Michael Caine e Harvey Keitel, que interpretan a dous amigos que reflexionan sobre as súas vidas menstres están de vacacións nos Alpes suízos. É a historia da eterna loita entre a idade e a xuventude, o pasado e o futuro, a vida e a morte, o compromiso e a traizón.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Lindsey Vonn, de solteira Lindsey Kildow, nada o 18 de outubro de 1984 en Saint Paul (Minnesota) é unha esquiadora estadounidense, gañadora dunha medalla de ouro olímpica (3 medallas en total), 2 campionatos do Mundo (7 medallas en total), 4 xerais da Copa do Mundo (16 Copas do Mundo en diferentes disciplinas) e 77 vitorias na Copa do Mundo de Esquí Alpino (cun total de 130 podios). É a esquiadora con maior número de vitorias na historia da Copa do Mundo, superando a Annemarie Moser-Pröll que logrou 62. Conseguiu vitorias en todas as disciplinas alpinas.
A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron no Porto do Trigo, Trece. Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía.
A remuneración mínima, salario mínimo ou soldo mínimo, é a cantidade mínima de diñeiro que se lle paga a un traballador nun determinado país e a través dunha lei establecida oficialmente, para un determinado período laboral (hora, día ou mes), que os empregadores deben pagar aos seus traballadores polos seus labores. Esta regulamentación foi establecida por primeira vez en Australia e Nova Zelandia no século XIX. Os custos e beneficios dos salarios mínimos legais son aínda obxecto de debate. A contía do salario mínimo utilízase para establecer o salario máximo.
Francisco Javier Vales Faílde, nado en Fornas (San Salvador de Camba, Rodeiro) o 7 de decembro de 1872 e finado en Madrid o 30 de marzo de 1923, foi un avogado, sacerdote, conferenciante e escritor galego, auditor do Tribunal da Rota, vinculado á corte do rei Afonso XIII. Foi membro académico de varias institucións. Sobre a causa do seu pasamento hai varias versións, sendo a máis aceptada que se suicidou feríndose cunha navalla de afeitar.
Un amor é un filme español de 2023 de cinema romántico dirixido por Isabel Coixet, a partir dun guión da propia Coixet e de Laura Ferrero. O filme é a adaptación cinematográfica da novela de Sara Mesa, Un amor. A película está protagonizada por Laia Costa, Hovik Keuchkerian, Luis Bermejo, Hugo Silva e Ingrid García Jonsson.
O Entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos. O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A Santa Compaña ou, mellor, Compaña, é unha procesión de mortos ou de ánimas en pena que percorren de noite os camiños dunha parroquia para anunciar a morte dalgún veciño, disque cun ano de antelación. O mito das procesións de mortos ou de ánimas é propio da literatura e das tradicións culturais da Europa Occidental dende a Idade Media. A zona xeográfica "galega" na que a Santa Compaña influíu máis notoriamente considérase que é o territorio correspondente á antiga Gallaecia: Galicia, norte de Portugal e Asturias.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O desastre de Annual foi a grave derrota militar que sufriu o exército español durante a guerra de Marrocos (ou guerra do Rif) o 22 de xullo de 1921, preto da localidade marroquí de Annual, fronte as tropas rifeñas baixo o mando de Abd el-Krim. A denominación de "Desastre de Annual" dáse unicamente en España, xa que no Rif coñécese como "Vitoria de Annual". Esta foi unha das maiores crises que atacaron o reinado de Afonso XIII, e o intento de evitar as responsabilidades foi unha das causas do golpe de estado de Primo de Rivera en 1923 e a posterior ditadura.
Dover foi un grupo español de rock alternativo, fundado en Madrid en 1992. As súas letras estaban escritas principalmente en inglés. O grupo, que se disolveu en 2016, estaba formado polas irmás Cristina (vocalista) e Amparo Llanos (guitarrista principal), o batería Jesús Antúnez e o baixista Samuel Titos.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 229.687.
Este artigo trata sobre o libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, para o artigo sobre a serie Televisión de Galicia véxase Os outros feirantes (serie de televisión). Os outros feirantes é un libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, publicado en 1979 pola Editorial Galaxia, que mostra un conxunto de descricións de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría. É unha nova ración de retratos para coñecer mellor o galego cotián, campesiño, coa súa forma de entender o mundo, as crenzas, os ritos, as supersticións.
Unha ecuación en matemáticas, é unha relación (xeralmente unha igualdade) que contén unha ou máis variables. Resolver a ecuación consiste en determinar os valores que a variable pode tomar para que a igualdade sexa verdadeira. A variable tamén se chama incógnita, e os valores para os que se verifica a igualdade chámanse solucións.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024
As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 celebráronse o 18 de febreiro de 2024 para elixir os 75 membros da 12ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia. O partido no goberno, o Partido Popular de Galicia de Alfonso Rueda mantivo o seu dominio respecto das eleccións anteriores, aínda que perdeu dous escanos en relación ás eleccións de 2020. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) mantívose no segundo posto e sumou 6 escanos máis dos 19 que xa tiña, o cal o situou no seu mellor resultado histórico.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.