Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Markdown é unha linguaxe de marcado lixeira creada por John Gruber e Aaron Swartz que permite a creación de texto formateado a partir de texto chan. Trata de conseguir a máxima lexibilidade e facilidade de publicación tanto na súa forma de entrada como de saída, inspirándose en moitas convencións existentes para marcar mensaxes de correo electrónico usando texto chan. Distribúese baixo licenza BSD e distribúese como plugin (ou polo menos está dispoñible) en diferentes sistemas de xestión de contidos (CMS).
Os tiburóns, escualos ou quenllas son os peixes cartilaxinosos elasmobranquios integrantes da superorde dos selaquimorfos (Selachimorpha, do grego σέλαχος sélachos, "tiburón" e μορφή morphé, "forma") ou euselaquios (Euselachii, do grego εύ eú, "ben", e σέλαχος sélachos, "tiburón", isto é, "os tiburóns verdadeiros"). Caracterízanse por seren grandes predadores mariños cun esqueleto cartilaxinoso, múltiples galadas (xeralmente cinco) a ambos os lados ou debaixo da cabeza, dentículos dérmicos cubrindo o corpo e varias ringleiras de dentes substituíbeis na boca. Porén, existen excepcións a estas características, en especial no que se refire a "grande", "mariño" e "predador".
Outeiro Redondo, Almofrei, Cerdedo-Cotobade
Outeiro Redondo é un lugar da parroquia de Almofrei, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. O Instituto Galego de Estatística non ofrece datos de poboación para esta localidade.
As topoisomerases tipo II son topoisomerases que cortan ambas as febras da hélice do ADN simultaneamente para solucionar os enredos e superenrolamentos do ADN. Usan a hidrólise do ATP, a diferenza da tipoisomerase tipo I. Neste proceso, estes encimas cambian o número de enlace (ou índice de ligazón) do ADN circular en ±2. As topoisomerases son encimas ubicuos, atopados en todos os organismos vivos. En animais a topoisomerase II é unha diana da quimioterapia.
Atentados do 11 de marzo de 2004 en Madrid
Os Atentados do 11-M ou Atentados do 11M, coñecidos tamén como 11M, foron unha serie de ataques terroristas en catro trens da rede ferroviaria de Madrid. Foron levados a cabo por unha célula xihadista, segundo a investigación policial e as sentenza da Audiencia Nacional e do Tribunal Supremo. Faleceron 193 persoas e arredor de dúas mil resultaron feridas.
A Fontenova, Almofrei, Cerdedo-Cotobade
A Arrotea é un lugar da parroquia de Almofrei, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 77 habitantes (32 homes e 45 mulleres), 4 menos ca en 2007. Neste lugar hai dous muíños, o de Medeiro de Arriba e o de Medeiro de Abaixo.
Ursula Gertrud von der Leyen, nada como Ursula Gertrud Albrecht en Ixelles, Bruxelas, o 8 de outubro de 1958, é unha política alemá, presidenta da Comisión Europea dende 2019. Von der Leyen está afiliada á Unión Demócrata Cristiá (CDU), partido de centro-dereita do cal é unha das vicepresidentas. Foi a primeira muller no cargo de ministra de Defensa de Alemaña, entre 2013 e 2019, despois de liderar os ministerios de Traballo e Asuntos Sociais, entre 2009 e 2013, e de Familia, Terceira Idade, Mulleres e Xuventude, entre 2005 e 2009.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
As Cachopeiras, Almofrei, Cerdedo-Cotobade
As Cachopeiras é un lugar da parroquia de Almofrei, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 25 habitantes (10 homes e 15 mulleres), 2 menos ca en 2007. O topónimo fai referencia a unha cachopeira, lugar onde hai moitos cachopos, troncos secos.
Nicolás Alvarado Caporale, coñecido como Nico, nado en Buenos Aires o 24 de xullo de 1976, é un adestrador e ex xogador de fútbol e fútbol praia galego. É un dos xogadores máis destacados da historia da selección española de fútbol praia, na que sucedeu a Amarelle como capitán, e coa que disputou sete Campionatos do Mundo. Gañou tres Eurocopas, sendo elixido mellor xogador en dúas delas, e cinco Ligas Europeas, así como o Mundialito de 2013.
A Arrotea, Almofrei, Cerdedo-Cotobade
A Arrotea é un lugar da parroquia de Almofrei, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE do 2010 tiña 35 habitantes (19 homes e 16 mulleres), os mesmos ca en 2007. Neste lugar hai unha ponte do século XVI sobre o río Almofrei, dun van de 7,7 metros de luz.
As Sete Marabillas de Portugal foron elixidas nunha votación popular que comezou o 7 de decembro de 2006 e que tivo unha duración de sete meses, feita vía Internet, teléfono ou mensaxes de texto. Esta selección fíxose co apoio do Ministerio da Cultura de Portugal. A escolla partiu dos 794 monumentos nacionais clasificados polo IPPAR, que foron reducidos primeiro a 77 monumentos e logo a 21 por un comité de especialistas, que tiveron en conta unha serie de criterios técnicos e culturais.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
A Pombeira, Almofrei, Cerdedo-Cotobade
A Pombeira é un lugar da parroquia de Almofrei, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. O Instituto Galego de Estatística non ofrece datos de poboación para esta localidade.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O test t de Student ou test t é un test de hipótese que emprega conceptos estatísticos para rexeitar ou non unha hipótese nula cando a estatística de test ( t {\displaystyle t\;} ) segue unha distribución t de Student. Esa premisa emprégase normalmente cando a estatística de test, na realidade, segue unha distribución normal, mais a varianza da poboación σ {\displaystyle \sigma } 2 é descoñecida. Nese caso, emprégase a varianza da mostra s {\displaystyle s\;} 2 e, con ese axuste, a estatística de proba pasa a seguir unha distribución t de Student.
Principado teocrático de Montenegro
O Principado teocrático de Montenegro ou Principado-Bispado de Montenegro (en montenegrino e en serbio Владикат Црна Гора, Vladikat Crna Gora) foi un Estado teocrático que comprendía o estado montenegrino que existiu desde 1516 a 1851. Xurdido do bispo de Cetinje (bispos ortodoxos serbios, máis tarde metropolitanos) cando renunciou á soberanía otomá e transformou o bispado de Cetinje a un protectorado ruso de facto, gobernando polos píncipes-bispos (Vladika). A súa historia comeza con Danilo Šćepčević (Daniel Šćepčević), un bispo de Cetinje ao que se uniron varios clans de Montenegro na loita contra o Imperio Otomán, que ocupara a maior parte do sueste de Europa.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Oicatá é un concello colombiano que se atopa na provincia do Centro do departamento de Boyacá. O territorio do concello atópase sobre o altiplano Cundiboyacence, a 6 km ó nordés (liña de vista e 12 km en automóbil) da cidade de Tunja, capital do departamento. Conta cunha área total de 59 Km2, atópase entre os pisos térmicos frío seco e páramo cuxa temperatura rolda entre 10 e 14 °C, a precipitación preséntase entre 600 e 1.000 mm anuais.
A Costa do Outeiro, Almofrei, Cerdedo-Cotobade
A Costa do Outeiro é un lugar da parroquia de Almofrei, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. O Instituto Galego de Estatística non ofrece datos de poboación para esta localidade.
Colomán de Galicia (en húngaro: Kálmán; en ucraíno: Коломан), nado en 1208 e finado en 1241, foi o gobernante de Galicia, príncipe dende 1214, rei dende 1215 ou 1216 até 1221, e o duque de Eslavonia dende 1226 até a súa morte. Foi o segundo fillo de André II de Hungría e Xertrude de Merania. O seu pai e Leszek I o Branco, duque de Polonia, concluíron un acordo sobre o matrimonio de Colomán e a filla de Leszek, Salomé, e a división de Galicia, asignando as súas rexións occidentais a Leszek e as terras restantes a Colomán.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 230.166.
Victoria Pérez Díaz, coñecida artisticamente como Victoria Vera, nada en Madrid o 19 de febreiro de 1956, é unha actriz española. Comezou a súa carreira nos anos finais da ditadura franquista, sendo considerada a Musa da Transición Española. Rodou con estrelas como Anthony Quinn, Omar Sharif e o cantante Alice Cooper, e durante os anos 1980 protagonizou algunhas das películas máis significativas do cine español como Asignatura aprobada (finalista no Óscar á mellor película estranxeira en 1988) e Testigo Azul, de P. Rodríguez, que participou no Festival de Cine de Berlín.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A filosofía (do grego - φιλοσοφία philos / sophia, "amor á sabedoría") é o estudo das cuestións xerais e fundamentais relacionadas coa natureza da existencia humana; do coñecemento; da verdade; valores morais e estéticos; da mente; tanto da lingua como do universo no seu conxunto en suma pódese dicir que é a procura do coñecemento puro sen deixarse corromper por sistemas preestabelecidos. A filosofía responde ó desexo de saber, busca coñecer as causas das cousas, indagando a verdade e os seus problemas. Neste senso é máis crítica que dogmática.
As rochas volcánicas son as rochas ígneas efusivas de orixe volcánica, formadas na erupción do magma na superficie da terra, ou no fondo do mar. Son parecidas ás rochas plutónicas, e a súa diferenza erradica na estrutura. Usualmente son de estrutura ou textura afanítica, riolítica ou fluidal (constituída por pequenos cristais), ou porosa.
Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas.
In sæcula sæculorum é unha locución latina que significa literalmente “polos séculos dos séculos” e fai referencia á eternidade. É unha frase bíblica tomada da Vulgata, tradución latina do Novo Testamento dende o hebreo, e traducida dende o grego “εἰς τοὺς αἰῶνας τῶν αἰώνων”. Esta tradución non é totalmente literal, xa que o tempo sinalado non é a eternidade, senón varios aiōnes , termo grego que se refire á esperanza de vida media dos seres humanos, ou ben á dunha xeración.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
A clara de ovo, branco do ovo ou albume é a parte transparente da célula de ovo, que circunda a xema e está formada predominantemente por auga e pola proteína albumina. Coa calor, a albumina sofre desnaturalización e coagula. A clara de ovo posúe un núcleo triploide que moitas veces acumula reservas nutritivas, utilizadas polo embrión durante o seu desenvolvemento.
O día da Clase Obreira Galega é unha conmemoración anual non festiva celebrada cada 10 de marzo para lembrar a morte de dous traballadores galegos nun enfrontamento coa policía en Ferrol. A súa orixe está no 10 de marzo de 1972, cando a policía franquista disparou contra unha protesta sindical nos estaleiros de Bazán, en Ferrol, e onde morreron dous traballadores, Amador Rey e Daniel Niebla, e onde resultaron feridos ao redor de medio cento de manifestantes máis. Dende aquel ano, a data é homenaxeada polas diferentes organizacións sindicais de Galiza, reclamando melloras sociais e laborais.
Jeffrey Edward Epstein, nado en Brooklyn o 20 de xaneiro de 1953 e finado o 10 de agosto de 2019, foi un financeiro estadounidense e pedófilo convicto por delitos sexuais. Epstein comezou a súa vida profesional dando clases na Dalton School malia non ter o título universitario necesario. Despois do seu despedimento da escola en 1976, entrou no sector bancario e financeiro, traballando en Bear Stearns en varios roles antes de iniciar a súa propia empresa.
Société française de numismatique
A Société française de numismatique (en galego: "Sociedade Francesa de Numismática") é unha entidade asociativa francesa centrada no ámbito da numismática, establecida en París en 1865. En 2018 foi elixida presidenta da sociedade a investigadora numismática e profesora universitaria Catherine Grandjean, directora da revista Revue Numismatique desde 2014.
A Grosa, Almofrei, Cerdedo-Cotobade
A Grosa é un lugar da parroquia de Almofrei, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 64 habitantes (33 homes e 31 mulleres), 2 menos ca en 2007.
A sardiña na cultura popular galega
A seguir recóllese a pegada que deixou a sardiña na cultura popular galega, na fraseoloxía e na tradición oral galega (refráns, cantigas e adiviñas). Din os mariñeiros que os bancos de sardiña aparecen ó mencer e, sobre todo, ó solpor e de noite, á luzada, e que durante o día a sardiña descende e permanece acamada no fondo do mar, repousando semienterradas de cabeza no limo .
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Os Agriños, Almofrei, Cerdedo-Cotobade
Os Agriños é un lugar da parroquia de Almofrei, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. O Instituto Galego de Estatística non ofrece datos de poboación para esta localidade.
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica. Nas súas pezas saliéntanse temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller.
José Miguel Figueira Domínguez, nado na Picota (Mazaricos) o 16 de abril de 1974, é un exfutbolista e adestrador de fútbol galego, que dende novembro de 2024 dirixe o Deportivo da Coruña Xuvenil na División de Honra. Xogaba principalmente como centrocampista e tivo unha longa carreira como futbolista, vestindo a camiseta dunha decena de equipos en cinco categorías diferentes, dende a Primeira Autonómica de Galicia ata a Segunda División española.
Segundo o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, existen máis de 6000 apelidos galegos, que corresponden aproximadamente co 95% da poboación galega. Ao longo dos Séculos Escuros, moitos apelidos fóronse, ben adaptándose foneticamente ao español: *Feijoo/Feixoo, ben substituíndo polos seus equivalentes casteláns *Iglesias/Igrexas ou Eirexas. Por tanto, apelidos moi abundantes como Otero ou Alonso non proceden, na maior parte dos casos, de xente que viñese de fóra de Galiza, senón de transformacións que sufriron apelidos xenuinamente galegos (Outeiro e Afonso, neste caso).
Os peixes na cultura popular galega
A seguir recóllese a pegada que deixaron os peixes e a actividade da pesca na cultura popular galega, na fraseoloxía e na tradición oral galega (refráns, cantigas e adiviñas). Nun país como Galicia, con 1500 km de costa e numerosos cursos fluviais, non pode estrañar a abondosa presenza de todo tipo de peixes na literatura popular pola súa transcendencia na alimentación, na economía e na estrutura social.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Xavier Vence Deza, nado en Álceme (Rodeiro) o 19 de xaneiro de 1961, é un Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, escritor e político galego, portavoz nacional do BNG desde o 17 de marzo de 2013 ao 28 de febreiro de 2016. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
O politeísmo (do grego πολύς "moito" e θεός "deus") consiste en crer e/ou adorar moitos deuses e divindades. Segundo a Oxford Reference (en), non é doado contar os deuses, e polo tanto non sempre é obvio se unha relixión aparentemente politeísta, como as relixións populares chinesas, o é realmente, ou se os diferentes obxectos de adoración aparentemente deben considerarse como manifestacións dunha divindade singular. Politeísmo é toda aquela doutrina relixiosa que cre na existencia de múltiples deuses ou divindades organizadas nunha xerarquía ou panteón máis ou menos independentes.
Paula Medín López, "Alevín", nada en Cambre o 17 de xuño de 1984, é unha fisioterapeuta e xogadora de rugby galega, olímpica no Río 2016. Dianteira pertencente ao CRAT da Coruña e internacional coa Selección feminina de España de Rugby a 15 e Rugby a 7, foi campioa de Europa en 2010 en Estrasburgo, e participou nos Xogos Olímpicos do Río de Xaneiro do ano 2016.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Benjamín «Bibi» Netanyahu (en hebreo, בִּנְיָמִין «בִּיבִּי» נְתָנְיַהוּ Binyamin Netanyahu ), nado en Tel Aviv o 21 de outubro de 1949, é un político israelí, primeiro ministro de Israel dende o 29 de decembro de 2022. É a persoa que máis tempo exerceu este posto pois, previamente, xa fora primeiro ministro en dúas xeiras (de 1996 a 1999 e de 2009 a 2021). Tamén é membro da Knesset e presidente do partido conservador Likud.