Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A Costa do Outeiro, Almofrei, Cerdedo-Cotobade
A Costa do Outeiro é un lugar da parroquia de Almofrei, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. O Instituto Galego de Estatística non ofrece datos de poboación para esta localidade.
Unión del Pueblo Leonés é un partido político español de carácter leonesista que arela conseguir que León, Zamora e máis Salamanca (provincias correspondentes co antigo Reino de León e integrantes do denominado País Leonés, que constituíu unha rexión de seu trala división territorial de 1833) formen unha comunidade autónoma propia. O xerme naceu coa Unión Leonesista (UNLE), organización política creada no ano 1986 por un grupo de persoas procedentes de movementos leonesistas e de partidos políticos estatais (AP, UCD, PSOE ou o PSP), que crían que a integración da rexión de León na comunidade de Castela e León suporía a fin do Antigo Reino. A unión da UNLE con outros seis grupos leonesistas, en febreiro do 1991, orixinou a nacemento oficial da UPL, so o liderado de José María Rodríguez de Francisco, até entón concelleiro independente no Concello de León.
A Pombeira, Almofrei, Cerdedo-Cotobade
A Pombeira é un lugar da parroquia de Almofrei, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. O Instituto Galego de Estatística non ofrece datos de poboación para esta localidade.
A Vila de Arriba, Sacos, Cerdedo-Cotobade
A Vila de Arriba é un lugar da parroquia de Santa María de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2015 tiña 81 habitantes (33 homes e 48 mulleres), 21 menos ca en 2005. É o lugar máis habitado da parroquia.
A Aldea de Abaixo, Borela, Cerdedo-Cotobade
A Aldea de Abaixo é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 9 habitantes (4 homes e 5 mulleres), catro menos ca en 2006. Neste lugar atópase un cruceiro cun pedestal triangular, o único destas características do concello.
A Vila de Abaixo, Sacos, Cerdedo-Cotobade
A Vila de Abaixo é un lugar da parroquia de Santa María de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2015 tiña 78 habitantes (39 homes e 39 mulleres), 17 menos ca en 2005. Neste lugar atópase o petróglifo de Lombo da Costa e o cruceiro de Vila de Abaixo.
A Atalaia, Viascón, Cerdedo-Cotobade
A Atalaia é un lugar da parroquia de Viascón, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 24 habitantes (14 homes e 10 mulleres), 9 máis ca en 2006. Neste lugar está o petróglifo da Portela da Laxe.
A Asperiña, Carballedo, Cerdedo-Cotobade
A Asperiña é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2007 tiña 23 habitantes (10 homes e 13 mulleres), dous menos ca en 2006.
Abelaíndo, Cerdedo, Cerdedo-Cotobade
Abelaíndo é un lugar situado na parroquia de Cerdedo, no concello de Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra. No ano 2008 tiña 29 habitantes (13 homes e 16 mulleres). O fitónimo Abelaíndo fai referencia á abundancia de abeleiras.
Unha graxa trans é un tipo de graxa insaturada que pode aparecer en alimentos. Pequenas cantidades de graxas trans encóntranse de forma natural en lácteos e outros produtos animais, pero poden encontrarse en grandes cantidades nalgúns alimentos procesados feitos de aceites parcialmente hidroxenados. Como o consumo de graxas trans está asociado cun incremento do risco de doenzas cardiovasculars, as graxas trans artificiais están estritamnte reguladas ou prohibidas en moitos países.
A Anta, Corredoira, Cerdedo-Cotobade
A Anta é un lugar da parroquia de Corredoira, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2015 tiña 11 habitantes (6 homes e 5 mulleres), o que supón un descenso respecto ó 2005, cando tiña 14. Neste lugar atópanse o muíño da Anta (no río Cabaleiros) e o muíño do Batán (río Almofrei).
O Cádavo, Sacos, Cerdedo-Cotobade
O Cádavo é un lugar da parroquia de Santa María de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2015 tiña dez habitantes (tres homes e sete mulleres), tres menos ca en 2005. Neste lugar atópase a capela do Anxo da Garda e a mámoa da Abeleira.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirāt. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
A Bouza do Home, Caroi, Cerdedo-Cotobade
A Bouza do Home é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no ano 2022 tiña 3 habitantes (2 homes e 1 muller).
O Barazal, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade
O Barazal é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 24 habitantes (11 homes e 13 mulleres), o que supón un aumento con respecto a 2010, cando tiña 22 habitantes. O topónimo fai referencia a un monte comunal onde pode cortar ou rozar toda a veciñanza.
As relacións Colombia-España son as relacións exteriores entre a República de Colombia e o Reino de España. Ambos os países son membros de pleno dereito da ABINIA, a ASALE, a AICO, a BIPM, os CAF, a CEI, a CEPAL, o CERLALC, a COMJIB, a COPANT, a FELABAN, a Fundación EU-LAC, o IICA, a OCDE, a OEI, a OISS, a OIJ, a ONU e a SEGIB. Tamén comparten a súa pertenza ao sistema de Cumes Iberoamericanos.
Jürgen Habermas, nado en Düsseldorf o 18 de xuño de 1929 e finado en Starnberg (Baviera) o 14 de marzo de 2026, foi un pensador e filósofo alemán. Naceu e medrou na Alemaña durante o réxime nazi. Comprender, tralos xuízos de Nuremberg 1945-1946, que "viviramos baixo un sistema criminal" tivo un efecto duradeiro sobre a súa filosofía.
A Fontenova, Almofrei, Cerdedo-Cotobade
A Arrotea é un lugar da parroquia de Almofrei, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 77 habitantes (32 homes e 45 mulleres), 4 menos ca en 2007. Neste lugar hai dous muíños, o de Medeiro de Arriba e o de Medeiro de Abaixo.
Denomínase infrasón unha onda lonxitudinal que se propaga nun medio material cunha frecuencia inferior a 20 Hz. Se a súa frecuencia é superior a 20.000 Hz, recibe o nome de ultrasón. Ao quedaren os infrasóns e ultrasóns por baixo e por encima respectivamente da resposta en frecuencia do oído humano, fóra polo tanto do espectro audible, non somos capaces de escoitalos.
O Camiño Novo, Viascón, Cerdedo-Cotobade
O Camiño Novo é un lugar da parroquia de Viascón, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 17 habitantes (10 homes e 7 mulleres), un máis ca en 2016. Neste lugar está o cruceiro da casa de Ricardo Portela, construído con pezas doutras construcións.
Calvelle, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade
Calvelle é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 40 habitantes (20 homes e 20 mulleres), o que supón un aumento con respecto a 2010, cando tiña 32 habitantes.
Cabanelas, Viascón, Cerdedo-Cotobade
Cabanelas é un lugar da parroquia de Viascón, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 41 habitantes (20 homes e 21 mulleres), sete máis ca en 2006. Neste lugar está a piscina fluvial do río Cabanelas, a carón dun muíño.
A Brea, Borela, Cerdedo-Cotobade
A Brea é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE do 2016 tiña 11 habitantes (5 homes e 6 mulleres), 8 menos que no 2006. O topónimo posiblemente proveña do latín vereda, facendo referencia a un antigo camiño.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Spotlight é un filme dramático estadounidense de 2015, dirixido por Thomas McCarthy e escrito por McCarthy e Josh Singer. O filme gañou dous Oscars, incluíndo mellor guión orixinal e mellor filme de 2015 na 88ª edición dos Oscar celebrada en febreiro do ano 2016. O filme conta a historia de como a unidade de investigación do xornal Boston Globe, chamada "Spotlight" -a máis antiga nos Estados Unidos de América- desenmascarou un escándalo no que a Igrexa Católica de Massachusetts ocultou un incontábel número de abusos sexuais perpetrados por distintos sacerdotes de Boston, e polo que o Globe gañou o Premio Pulitzer ao servizo público de 2003.
En xeografía, unha braña ou brañal é un terreo de pasto caracterizado por unha grande humidade e a presenza de vexetación herbácea e higroturbosa durante todo o ano, localizado habitualmente nos vales ou pés dos montes. As brañas son consideradas o proceso final de colmatación polo que as lagoas, após de seren recheadas polos sedimentos que arrastran os regatos e ríos, sofren un proceso de secado parcial. O estadio intermedio entre a lagoa e a braña denomínase gándara.
O Campo da Ferreira, Valongo, Cerdedo-Cotobade
O Campo da Ferreira é un lugar da parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 contaba cun habitante, unha muller. Isto supón unha diminución respecto o ano 2005, cando tiña 4 habitantes.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Arén, Cerdedo, Cerdedo-Cotobade
Arén é un lugar situado na parroquia de Cerdedo, no concello de Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra. No ano 2008 tiña 26 habitantes, 15 deles eran homes e 11 eran mulleres; isto supón un aumento no número de efectivos en relación ao ano 2006.
Bouzas, Caroi, Cerdedo-Cotobade
Bouzas é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 18 habitantes (8 homes e 10 mulleres), dous máis ca en 2006. Neste lugar está o muíño das Bouzas, no río Almofrei.
A Braña, Carballedo, Cerdedo-Cotobade
A Braña é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 5 habitantes (3 homes e 2 mulleres), un máis ca en 2006. O topónimo fai referencia a que está situado nunha braña, na desembocadura do rego de Chan das Latas no río Almofrei.
Embaixada de España en Colombia
A embaixada do Reino de España na República de Colombia é a máxima representación legal de España en Colombia.
As Cortes de Castela e León (en castelán: Cortes de Castilla y León) son o órgano lexislativo da comunidade autónoma de Castela e León. Os seus membros chámanse procuradores e o seu cometido é o de representar aos cidadáns casteláns e leoneses. Son elixidos por sufraxio universal, libre, directo e secreto.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Benjamín «Bibi» Netanyahu (en hebreo, בִּנְיָמִין «בִּיבִּי» נְתָנְיַהוּ Binyamin Netanyahu ), nado en Tel Aviv o 21 de outubro de 1949, é un político israelí, primeiro ministro de Israel dende o 29 de decembro de 2022. É a persoa que máis tempo exerceu este posto pois, previamente, xa fora primeiro ministro en dúas xeiras (de 1996 a 1999 e de 2009 a 2021). Tamén é membro da Knesset e presidente do partido conservador Likud.
Cabenca, Cerdedo, Cerdedo-Cotobade
Cabenca é un lugar situado na parroquia de Cerdedo, no concello de Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 7 habitantes (3 homes e 4 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2008, cando tiña 15 habitantes.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024
As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 celebráronse o 18 de febreiro de 2024 para elixir os 75 membros da 12ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia. O partido no goberno, o Partido Popular de Galicia de Alfonso Rueda mantivo o seu dominio respecto das eleccións anteriores, aínda que perdeu dous escanos en relación ás eleccións de 2020. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) mantívose no segundo posto e sumou 6 escanos máis dos 19 que xa tiña, o cal o situou no seu mellor resultado histórico.
Jordi Pujol i Soley, nado en Barcelona o 9 de xuño de 1930, é un político catalán, líder de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) entre 1974 e 2003 e presidente da Generalitat dende 1980 ata 2003. É doutor en medicina pola Universidade de Barcelona. Casado con Marta Ferrusola no ano 1956, xuntos teñen 7 fillos.
O Berberote, Carballedo, Cerdedo-Cotobade
O Berberote é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no ano 2023 tiña 13 habitantes (7 homes e 6 mulleres), un menos que no 2006.
Andrea Kimi Antonelli ([anˈdrɛːa ˈkiːmi antoˈnɛlli]), nado en Boloña o 25 de agosto de 2006, tamén coñecido como Kimi Antonelli, é un piloto de carreiras italiano, que pilota na Fórmula 1 para Mercedes. Nado e criado en Boloña, Antonelli é fillo do piloto de carreiras de automóbiles deportivos Marco Antonelli. Despois dunha exitosa carreira no karting, que culminou con vitorias consecutivas no direct-drive Karting European Championship en 2020 e 2021, Antonelli pasou ás fórmulas junior .
Rodrigo Sorogoyen del Amo, nado en Madrid o 16 de setembro de 1981, é un director de cinema, realizador e guionista español, galardoado cos premios Goya 2019 ao mellor director e ao mellor guión orixinal -compartido con Isabel Peña- polo filme El reino (2018) que gañou sete Premios Goya e cinco premios Feroz e premios Goya 2023 ao mellor director e ao mellor guión orixinal -compartido con Isabel Pena- polo filme As bestas. Os seus filmes Stockholm (2013) e Que Dios nos perdone (2016) tiveron tamén un gran recoñecemento por parte da crítica e do público.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Lista de comunidades autónomas españolas por poboación
Lista das comunidades autónomas españolas ordenadas por poboación segundo padrón municipal, a 1 de xaneiro do 2018.
Sirāt é un filme franco-galego de 2025 coescrito e dirixido por Óliver Laxe. O filme estreouse na competición principal do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2025, onde foi nomeado para a Palma de Ouro. Na 83ª edición dos Globos de Ouro foi nomeado ao mellor filme en lingua estranxeira e á mellor banda sonora orixinal (Kangding Ray).Finalmente gañou o Premio do Xurado.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Blanca García Fernández-Albalat
María Blanca García Fernández-Albalat, nada na Coruña en 1959 e finada na mesma cidade o 30 de agosto de 2025, foi unha profesora e arqueóloga galega.
O Agente Secreto é un filme de 2025 escrito e dirixido por Kleber Mendonça Filho. Conta a historia de Armando (Wagner Moura), un antigo profesor atrapado na axitación política en medio da ditadura militar brasileira, intentando fuxir da persecución e resistir a un réxime autoritario. O resto do elenco está composto por Carlos Francisco, Tânia Maria, Robério Diógenes, Gabriel Leone, Maria Fernanda Cândido, Alice Carvalho e Udo Kier, no seu derradeiro papel.
One Battle After Another é un filme estadounidense de 2025 de comedia negra e suspense escrito, coproducido e dirixido por Paul Thomas Anderson. Baséase vagamente na novela de 1990 Vineland de Thomas Pynchon. Está protagonizado por Leonardo DiCaprio, Sean Penn, Benicio del Toro, Regina Hall, Teyana Taylor e Chase Infiniti (no seu debut cinematográfico).
O Campodanta, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade
O Campodanta é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 4 habitantes (1 home e 3 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2010, cando tiña 6 habitantes. Neste lugar atópase a foxa funeraria do Campodanta.
Grigori Yakovlevich Perelman (en ruso: Григо́рий Я́ковлевич Перельма́н /pɛrɪlˈmɑːn/), nado en Leningrado, hoxe San Petersburgo, (Unión Soviética) o 13 de xuño de 1966 é un matemático ruso que fixo importantes contribucións na xeometría de Riemann e na topoloxía xeral. En 1994 Perelman demostrou a conxectura de soul. En 2003 demostrou a conxectura da xeometrización de Thurston, o que se confirmou en 2006.
A Bouza, Viascón, Cerdedo-Cotobade
A Bouza é un lugar da parroquia de Viascón, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 50 habitantes de 38 persoas (23 homes e 27 mulleres), 16 máis ca en 2006. Neste lugar está o cruceiro de Figueral, feito en 1976 por Camilo Nogueira Martínez.
Lista de episodios de Dragon Ball
Dragon Ball é un manga e anime, creado por Akira Toriyama. A seguir lístanse os episodios serie animada coas súas datas de emisión no Xapón.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
As Boliñas, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade
As Boliñas é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 30 habitantes (15 homes e 15 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2010, cando tiña 32 habitantes.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 230.231.
Daniil Medvedev, nado o 11 de febreiro de 1996 en Moscova, é un tenista ruso, profesional desde 2014. Revelouse durante o verán de 2019 durante o que disputou seis finais consecutivas, incluída a do Aberto dos Estados Unidos, e gañou o Másters 1000 en Cincinnati, Shanghai e o torneo de San Petersburgo. En 2020 gañou o Másters tras superar os números 1, 2 e 3 da clasificación ATP, o primeiro xogador en acadar esta actuación desde David Nalbandian no Másters 1000 de Madrid en 2007.
L.A. Confidential é un filme estadounidense de suspense dirixido, producido e co-escrito por Curtis Hanson. O guión foi escrito por Hanson e Brian Helgeland e baséase na novela de James Ellroy L.A. Confidential, o terceiro da serie L.A. Quartet. Ó igual que o libro, o filme conta a historia dun grupo de policías en 1953, os asuntos da corrupción e as celebridades de Hollywood.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Este artigo trata sobre a cantante, para a representación artística da Virxe María, véxase Madonna (arte). Madonna Louise Veronica Ciccone, nada en Bay City (Míchigan) o 16 de agosto de 1958, é unha cantante, compositora e produtora estadounidense, máis coñecida simplemente como Madonna. De ascendencia italiana e francocanadense, o seu estilo musical abrangue a música disco, pop, dance e electrónica.
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Os Séculos Escuros son un período de decadencia da lingua e literatura galega que abrangue os séculos XVI, XVII e XVIII. Caracterízase pola ausencia case total de literatura galega e polo estado de prostración e marxinación social da lingua galega a raíz da imposición do castelán. A lingua propia de Galicia entra nun período de decadencia e perde o seu uso nos rexistros oficiais, e dunha maneira paralela prodúcese unha enorme perda do poder político do Reino de Galicia. Porén, a existencia dalgúns documentos como o poema a Diego das Mariñas ou as perdidas Galegadas de Gregorio de Lobariñas Feixoo, escritas en galego entre os séculos XV e XVIII, desafían a percepción decadente e subliñan a resistencia cultural e lingüística en Galicia durante esta época.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.