Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Ignacio Rivera Quintana, nado na Coruña o 24 de abril de 1965, é un empresario galego, presidente executivo actual da Corporación Hijos de Rivera, empresa galega con actividade centrada na distribución de bebidas, cuxa marca máis recoñecida é a Estrella Galicia. Pertence á cuarta xeración da familia Rivera, sendo bisneto de José María Rivera Corral, o fundador da empresa Estrella Galicia na Coruña, en 1906.
Denomínase infrasón unha onda lonxitudinal que se propaga nun medio material cunha frecuencia inferior a 20 Hz. Se a súa frecuencia é superior a 20.000 Hz, recibe o nome de ultrasón. Ao quedaren os infrasóns e ultrasóns por baixo e por encima respectivamente da resposta en frecuencia do oído humano, fóra polo tanto do espectro audible, non somos capaces de escoitalos.
One Battle After Another é un filme estadounidense de 2025 de comedia negra e suspense escrito, coproducido e dirixido por Paul Thomas Anderson. Baséase vagamente na novela de 1990 Vineland de Thomas Pynchon. Está protagonizado por Leonardo DiCaprio, Sean Penn, Benicio del Toro, Regina Hall, Teyana Taylor e Chase Infiniti (no seu debut cinematográfico).
Michelle Clemente Escotet, nada en Caracas o 7 de decembro de 1994, é un exfutbolista venezolana, que xogaba como centrocampista. Foi internacional coas categorías inferiores da selección venezolana. Dende 2023 é membro do Consello de Administración do Deportivo da Coruña, club do que é propietario o seu tío Juan Carlos Escotet por medio de Abanca.
Cerdedo, Cerdedo, Cerdedo-Cotobade
Cerdedo é unha vila da parroquia de Cerdedo, no concello de Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra. No ano 2008 tiña 421 habitantes (190 homes e 321 mulleres), cun aumento da poboación respecto a 2006. Era a capital do concello de Cerdedo, ao que daba nome.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirāt. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
A Cerdeiriña, Valongo, Cerdedo-Cotobade
A Cerdeiriña é un lugar da parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña cinco habitantes (tres homes e dúas mulleres), o mesmo número que o ano 2005.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
Esta é unha cronoloxía de Galicia, que comprende importantes eventos, cambios legais e territoriais ademais de acontecementos políticos, sociais e económicos en Galicia e nos seus estados predecesores; tamén eventos acontecidos na Península Ibérica e eventos internacionais que tiveron relevancia para a historia de Galicia.
A Chan, Loureiro, Cerdedo-Cotobade
A Chan é un lugar da parroquia de Loureiro, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 19 habitantes (9 homes e 10 mulleres), o que supón a redución da poboación en tres habitantes con respecto a 2005 cando tiña 22 habitantes.
Cavadosa, Cerdedo, Cerdedo-Cotobade
Cavadosa é un lugar situado na parroquia de Cerdedo, no concello de Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra. No ano 2008 tiña 22 habitantes, 11 deles eran homes e 11 eran mulleres; isto supón un aumento no número de efectivos en relación ao ano 2006.
A Casanova, Valongo, Cerdedo-Cotobade
A Casanova é un lugar da parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres), o que supón unha diminución respecto ó ano 2005, cando tiña 9. Neste lugar está o cruceiro da Casanova, e o peto de ánimas da Casanova, traído á súa actual localización por Dolores Suárez desde a Casa de Cregos de Calvos de Ceraxe.
Hijos de Rivera, S.A. é unha empresa galega de alimentación fundada en 1906 con sede na cidade da Coruña. Estrella Galicia é dende 2015, o cuarto grupo cervexeiro de España. Tras cen anos de historia segue co seu proceso de expansión, sendo líderes en Galiza e unha das poucas cervexeiras independentes do Estado xunto con Cervezas Alhambra.
A Casa Grande, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade
A Casa Grande é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.
Ceraxe, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade
Ceraxe é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 29 habitantes (12 homes e 17 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2010, cando tiña 35 habitantes. Neste lugar naceu o pai franciscano Andrés María Solla García.
A cerimonia da 98ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), terá lugar o 15 de marzo de 2026, no Dolby Theatre de Hollywood, Os Ánxeles, nos Estados Unidos. Durante a gala, a AMPAS presentará os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Premios Óscar) en 24 categorías, na honra dos filmes estreados en 2025. A cerimonia será televisada nos Estados Unidos por ABC e transmitida en Hulu.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha graxa trans é un tipo de graxa insaturada que pode aparecer en alimentos. Pequenas cantidades de graxas trans encóntranse de forma natural en lácteos e outros produtos animais, pero poden encontrarse en grandes cantidades nalgúns alimentos procesados feitos de aceites parcialmente hidroxenados. Como o consumo de graxas trans está asociado cun incremento do risco de doenzas cardiovasculars, as graxas trans artificiais están estritamnte reguladas ou prohibidas en moitos países.
Sirāt é un filme franco-galego de 2025 coescrito e dirixido por Óliver Laxe. O filme estreouse na competición principal do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2025, onde foi nomeado para a Palma de Ouro. Na 83ª edición dos Globos de Ouro foi nomeado ao mellor filme en lingua estranxeira e á mellor banda sonora orixinal (Kangding Ray).Finalmente gañou o Premio do Xurado.
A Casola, Caroi, Cerdedo-Cotobade
A Casola é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.
Os Premios da Academia, informalmente coñecidos como Premios Óscar, son os galardóns anuais á excelencia das producións cinematográficas. Organizado e supervisado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. O AMPAS foi orixinalmente concibido pola Metro-Goldwyn-Mayer como unha organización profesional honorífica para axudar a mellorar a imaxe da industria cinematográfica e mediar nas disputas laborais.
O rock progresivo galego (tamén coñecido como prog galego) é unha etiqueta utilizada para describir o rock progresivo e a música experimental relacionada creada na Galiza, feita por bandas ou artistas galegos ou enraizada na cultura e as tradicións musicais galegas, mentres dialoga co movemento internacional do rock progresivo.
Unión del Pueblo Leonés é un partido político español de carácter leonesista que arela conseguir que León, Zamora e máis Salamanca (provincias correspondentes co antigo Reino de León e integrantes do denominado País Leonés, que constituíu unha rexión de seu trala división territorial de 1833) formen unha comunidade autónoma propia. O xerme naceu coa Unión Leonesista (UNLE), organización política creada no ano 1986 por un grupo de persoas procedentes de movementos leonesistas e de partidos políticos estatais (AP, UCD, PSOE ou o PSP), que crían que a integración da rexión de León na comunidade de Castela e León suporía a fin do Antigo Reino. A unión da UNLE con outros seis grupos leonesistas, en febreiro do 1991, orixinou a nacemento oficial da UPL, so o liderado de José María Rodríguez de Francisco, até entón concelleiro independente no Concello de León.
O Castro, Viascón, Cerdedo-Cotobade
O Castro é un lugar da parroquia de Viascón, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 41 habitantes (19 homes e 22 mulleres), tres máis ca en 2016.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Timothée Hal Chalamet, nado o 27 de decembro de 1995, é un actor franco-estadounidense. É coñecido polas súas actuacións como Finn Walden na serie de Showtime Homeland (2012), Danny Vance no filme dramático Men, Women & Children (2014), Tom Cooper no filme de ciencia ficción Interstellar (2014), Elio Perlman no filme de drama romántico Call Me by Your Name (2017) e Kyle Scheible no filme Lady Bird (2017).
A Cavada, Borela, Cerdedo-Cotobade
A Cavada é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE do 2016 tiña 12 habitantes (7 homes e 5 mulleres), o mesmo número que no 2006. O topónimo fai referencia a unha cavada ou foxo existente no lugar.
A Cima de Vila, Caroi, Cerdedo-Cotobade
A Cima de Vila é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no ano 2022 tiña 12 habitantes (6 homes e 6 mulleres).
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 230.241.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
O accidente de Montrove foi o accidente de aviación máis grave da historia de Galicia. Produciuse ao esnafrarse entre unha densa néboa un SE 210 Caravelle da aeroliña comercial Aviaco nas proximidades do aeroporto de Alvedro, o 13 de agosto de 1973. O accidente produciuse debido a un erro humano debido a querer aterrar pese a densa néboa, no canto de proceder ao aeródromo alternativo que figuraba no plano de voo.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Weapons é un filme estadounidense de terror de 2025 dirixido, escrito e producido por Zach Cregger. Está protagonizado por Josh Brolin, Julia Garner, Alden Ehrenreich, Austin Abrams, Cary Christopher, Toby Huss, Benedict Wong e Amy Madigan. A súa trama segue o caso de dezasete nenos da mesma aula que foxen misteriosamente a mesma noite á mesma hora.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O Casal, Corredoira, Cerdedo-Cotobade
O Casal é un lugar da parroquia de Corredoira, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 20 habitantes (9 homes e 11 mulleres), o que supón un descenso respecto ó 2005, cando tiña 28. Neste lugar atópanse o muíño dos Malatos, no regueiro dos Malatos, e o cruceiro da Portela.
Biblioteca Galega de Clásicos Universais
A Biblioteca Galega de Clásicos Universais é unha colección de corenta libros de clásicos da literatura universal traducidos á lingua galega, dirixida por Tucho Calvo, distribuída en Galicia polo xornal La Voz de Galicia durante os anos 2005 e 2006, polo prezo dun euro cada exemplar.
María Victoria Bilbao-Goyoaga Álvarez, máis coñecida como Mariví Bilbao, nada en Bilbao o 22 de xaneiro de 1930 e finada na mesma cidade o 3 de abril de 2013, foi unha actriz vasca, especialmente famosa polos seus papeis de Marisa Benito en Aquí no hay quien viva e Izaskun Sagastume en La que se avecina.
A medicina popular galega comprende o conxunto de crenzas, produtos, técnicas e rituais dirixidos á curación das diferentes enfermidades que poden afectar ás persoas ou ó gando, e que non contan co respaldo da medicina científica ou biomedicina. As persoas que a practican non recibiron formación académica en ningunha facultade de medicina nin doutra rama das ciencias da saude, senón que aprenderon a través de coñecementos herdados de xeración en xeración ou tras servir de aprendices a algún especialista anterior. Como resulta obvio, a medicina popular aplícase polas distintas culturas en tódolos países do mundo, pero no presente artigo desenvolveranse as particularidades características que se desenvolveron en Galicia tal como foron descritas e estudadas polos diferentes etnógrafos.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Chielas, Valongo, Cerdedo-Cotobade
Chielas é un lugar da parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 17 habitantes (9 homes e 8 mulleres), o que supón unha leve diminución con respecto ó ano 2005, cando tiña 18.
Juan Carlos Escotet Rodríguez, nado en Madrid en 1959, é un banqueiro venezolano de orixe española. Fundador de Banesco, a maior entidade bancaria de Venezuela, é tamén o máximo accionista de Abanca, o banco máis grande de Galicia. Dende outubro de 2024 ocupa tamén a presidencia do Deportivo da Coruña, do que é o propietario de facto a través de Abanca.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Castro do Medio, Castro, Cerdedo-Cotobade
Castro do Medio é un lugar da parroquia de Castro, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 30 habitantes (16 homes e 14 mulleres).
O condado de Güeldres, coñecido desde finais do século XIII como Ducado de Güeldres (en neerlandés: Hertogdom Gelre), foi unha xurisdición feudal do Sacro Imperio Romano Xermánico e unha das Dezasete Provincias. O seu territorio atópase agora en gran parte nos Países Baixos e en parte de Alemaña. As principais cidades eran Roermond, Zutphen, Nijmegen e Tiel.
Ligne claire (do francés "liña clara", pronounced: [liɲ klɛʁ]; en neerlandés: klare lijn) é un estilo de debuxo creado e iniciado polo Hergé, creador de As aventuras de Tintín. Usa liñas claras e fortes ás veces de ancho variado e sen trama, mentres que o contraste tamén se minimiza. As sombras proxectadas adoitan iluminarse e o estilo adoita presentar cores fortes e unha combinación de personaxes de tipo cartoon sobre un fondo realista.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
My Little Pony: Friendship Is Magic
My Little Pony: Friendship Is Magic (literalmente, en galego: O Meu Pequeno Poni: A Amizade é Máxica) é un debuxo animado americano-canadense producido por Hasbro Studios e Studio B Productions (posteriormente DHX Media). A serie foi emitido en 10 de outubro de 2010, na canle The Hub (posteriormente Hub Network e actual Discovery Family) nos Estados Unidos. En España foi emitido por Boomerang, Boing e actual Disney Channel.
O Dicionario de dicionarios da lingua galega, ou só Dicionario de dicionarios (DdD), é unha ferramenta lexicográfica dixital que recompila obras lexicográficas da lingua galega dos séculos XIX e XX. Desenvolvido e mantido polo Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela, baixo a coordinación do profesor Antón Santamarina, o DdD foi publicado orixinalmente en CD-ROM, e súa versión web ampliou significativamente o seu contido.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024
As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 celebráronse o 18 de febreiro de 2024 para elixir os 75 membros da 12ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia. O partido no goberno, o Partido Popular de Galicia de Alfonso Rueda mantivo o seu dominio respecto das eleccións anteriores, aínda que perdeu dous escanos en relación ás eleccións de 2020. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) mantívose no segundo posto e sumou 6 escanos máis dos 19 que xa tiña, o cal o situou no seu mellor resultado histórico.
Priyanka Chopra (en hindi devánagari: प्रियंका चोपड़ा), nada en Jamshedpur, Jharkhand o 18 de xullo de 1982, é unha actriz e cantante india e gañadora do concurso internacional de beleza Miss Mundo no ano 2000. Antes do inicio da súa carreira de actuación traballou como modelo. Gañou fama e notoriedade despois de gañar o título de Miss Mundo no 2000.