Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Ignacio Rivera Quintana, nado na Coruña o 24 de abril de 1965, é un empresario galego, presidente executivo actual da Corporación Hijos de Rivera, empresa galega con actividade centrada na distribución de bebidas, cuxa marca máis recoñecida é a Estrella Galicia. Pertence á cuarta xeración da familia Rivera, sendo bisneto de José María Rivera Corral, o fundador da empresa Estrella Galicia na Coruña, en 1906.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
Unha graxa trans é un tipo de graxa insaturada que pode aparecer en alimentos. Pequenas cantidades de graxas trans encóntranse de forma natural en lácteos e outros produtos animais, pero poden encontrarse en grandes cantidades nalgúns alimentos procesados feitos de aceites vexetais parcialmente hidroxenados. Como o consumo de graxas trans está asociado cun incremento do risco de doenzas cardiovasculares, as graxas trans artificiais están estritamente reguladas ou prohibidas en moitos países.
Rosana Arbelo Gopar, nada en Lanzarote, Illas Canarias o 24 de outubro de 1963, máis coñecida como Rosana, é unha cantautora española que se deu a coñecer co seu tema El talismán do seu álbum Lunas rotas. Foi galardoada en varios premios, destacando nas categorías de «Álbum revelación», «Mellor solista feminina» e por «Mellor artista feminina latina», vendendo máis de 10 millóns de copias en todo o mundo.
Michelle Clemente Escotet, nada en Caracas o 7 de decembro de 1994, é un exfutbolista venezolana, que xogaba como centrocampista. Foi internacional coas categorías inferiores da selección venezolana. Dende 2023 é membro do Consello de Administración do Deportivo da Coruña, club do que é propietario o seu tío Juan Carlos Escotet por medio de Abanca.
Ndaté Yalla Mbodj, nada en 1810 na localidade de Waalo e finada en 1860 en Dagana, foi a derradeira raíña de Waalo, un reino situado no nordeste do Senegal. É maiormente coñecida pola famosa resistencia que afrontou perante a colonización francesa. Ademais de ser nai de Sidya Ndaté Yalla Diop, quen tamén se converteu nunha figura da resistencia contra a colonización francesa do Senegal.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Maria Salomea Skłodowska-Curie (ˈmarja salɔˈmɛa skwɔˈdɔfska), máis coñecida como Marie Curie, nada en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e finada en Passy (Francia) o 4 de xullo de 1934, foi unha física e química polonesa nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel, a primeira persoa e a única muller en recibir dous premios Nobel, sendo ata o momento a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas. Foi parte do legado da familia Curie de cinco premios Nobel (dous, ela; un, o seu marido Pierre Curie; un, a súa filla Irène Joliot-Curie; e outro, o seu xenro Frédéric Joliot-Curie).
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Dolores Keane, nada en Sylane (preto de Tuam, Irlanda), o 26 de setembro de 1953 e finada en Caherlistrane, condado de Galway o 16 de marzo de 2026, foi unha cantante irlandesa de folk, música celta e música tradicional irlandesa. Foi cofundadora do grupo De Dannan, antes de comezar a súa carreira en solitario. O seu irmán, Seán Keane, tamén tivo unha exitosa carreira musical.
Ana Torroja Fungairiño, nada en Madrid o 28 de decembro de 1959, é unha cantante española, unha das voces máis coñecidas da música pop do país. Foi a vocalista do grupo Mecano, xunto aos irmáns José María e Nacho Cano, cos que conseguiu un éxito espectacular en España e outros países. Con Mecano vendeu máis de 25 000 000 de discos.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirāt. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Esta é unha cronoloxía de Galicia, que comprende importantes eventos, cambios legais e territoriais ademais de acontecementos políticos, sociais e económicos en Galicia e nos seus estados predecesores; tamén eventos acontecidos na Península Ibérica e eventos internacionais que tiveron relevancia para a historia de Galicia.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 230.253.
O rock progresivo galego (tamén coñecido como prog galego) é unha etiqueta utilizada para describir o rock progresivo e a música experimental relacionada creada na Galiza, feita por bandas ou artistas galegos ou enraizada na cultura e as tradicións musicais galegas, mentres dialoga co movemento internacional do rock progresivo.
San Patricio, nado co nome de Maewyin Succat en Old Kilpatrick (Dumbarton, Escocia) cara ao 387 e finado en Saul (Condado de Down, Irlanda do Norte) un 17 de marzo cara ao 460 ou cara ao 492, foi un misioneiro cristián, é venerado como santo pola Igrexa católica. Patricio é venerado non só como apóstolo, senón como santo patrón, da Irlanda. É festexado por toda a comunidade católica irlandesa no mundo o 17 de marzo, data da súa morte.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Manuel González Savín, nado nas Xubias (A Coruña) en 1956, é un artista cómico-musical galego, máis coñecido como Cañita Brava. Saltou á fama a comezos da década de 1990, con cancións coma "La pichina", "El fugitivo", "Twist esa chica", "Espikinllú" ou "Los invasores", ademais doutros temas coma "Canción en chino" ou "Canción en ruso", nas que utiliza unha particular mestura de expresións cómicas pretendidamente tomadas de varios idiomas.
Jonh Galliano, nado en Xibraltar o 28 de novembro de 1960, é un dos máis influentes deseñadores de moda contemporáneos. Criado en Londres, foi o deseñador xefe do buque insignia da alta costura francesa, Christian Dior, dende 1997 até 2011, cando foi despedido despois de que saíse nun vídeo facendo comentarios antisemitas.
One Battle After Another é un filme estadounidense de 2025 de comedia negra e suspense escrito, coproducido e dirixido por Paul Thomas Anderson. Baséase vagamente na novela de 1990 Vineland de Thomas Pynchon. Está protagonizado por Leonardo DiCaprio, Sean Penn, Benicio del Toro, Regina Hall, Teyana Taylor e Chase Infiniti (no seu debut cinematográfico).
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
O Día de San Patricio (Lá Fhéile Pádraig) é unha festa que celebra a San Patricio, o máis coñecido dos patróns de Irlanda, xeralmente celébrase o 17 de marzo. É a festa nacional de Irlanda e festivo en Irlanda do Norte. Celébrase popularmente en moitos países sen ser festivo, especialmente por irlandeses de orixe pero tamén por moita xente doutras orixes, tal é o caso do Canadá, Gran Bretaña, Australia, os Estados Unidos, a Arxentina, Nova Zelandia e Galicia.[Cómpre referencia] Xeralmente celébrase todo o que é verde, bébese cervexa irlandesa e cómese comida irlandesa.
Hijos de Rivera, S.A. é unha empresa galega de alimentación fundada en 1906 con sede na cidade da Coruña. Estrella Galicia é dende 2015, o cuarto grupo cervexeiro de España. Tras cen anos de historia segue co seu proceso de expansión, sendo líderes en Galiza e unha das poucas cervexeiras independentes do Estado xunto con Cervezas Alhambra.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Max Planck, nado en Kiel o 23 de abril de 1858 e finado en Gotinga o 4 de outubro de 1947, foi un físico alemán, considerado como o pai da teoría cuántica. Gañou o Premio Nobel de Física de 1918 "polos servizos que prestou ao avance da física co seu descubrimento da enerxía cuántica". Planck realizou numerosas contribucións importantes á física teórica, pero a súa fama débese principalmente ao seu papel como precursor da teoría cuántica e como un dos fundadores da física moderna, o que revolucionou a comprensión dos procesos atómicos e subatómicos.
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
HTTP 404, 404 not found, 404, 404 error, page not found ou file not found é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. O erro tamén pode aparecer cando un servidor non quere revelar se ten a información solicitada.
Benjamín «Bibi» Netanyahu (en hebreo, בִּנְיָמִין «בִּיבִּי» נְתָנְיַהוּ Binyamin Netanyahu ), nado en Tel Aviv o 21 de outubro de 1949, é un político israelí, primeiro ministro de Israel dende o 29 de decembro de 2022. É a persoa que máis tempo exerceu este posto pois, previamente, xa fora primeiro ministro en dúas xeiras (de 1996 a 1999 e de 2009 a 2021). Tamén é membro da Knesset e presidente do partido conservador Likud.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A medicina popular galega comprende o conxunto de crenzas, produtos, técnicas e rituais dirixidos á curación das diferentes enfermidades que poden afectar ás persoas ou ó gando, e que non contan co respaldo da medicina científica ou biomedicina. As persoas que a practican non recibiron formación académica en ningunha facultade de medicina nin doutra rama das ciencias da saude, senón que aprenderon a través de coñecementos herdados de xeración en xeración ou tras servir de aprendices a algún especialista anterior. Como resulta obvio, a medicina popular aplícase polas distintas culturas en tódolos países do mundo, pero no presente artigo desenvolveranse as particularidades características que se desenvolveron en Galicia tal como foron descritas e estudadas polos diferentes etnógrafos.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Suede é un grupo de rock londiniense formado en Londres en 1989, disolto en 2003, e reunido no ano 2010. Nos Estados Unidos son coñecidos como The London Suede, posto que o seu nome orixinal xa estaba rexistrado. A formación coa que se deron a coñecer foi: Brett Anderson (voz), Bernard Butler (guitarra), Matt Osman (baixo) e Simon Gilbert (batería).
O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil da TVG que comezou a emitirse o 18 de abril de 1994. O protagonista do programa é o personaxe animado do "Xabarín", un xabaril antropomorfo deseñado por Miguelanxo Prado e ao cal dá voz Juanillo Esteban. O "Xabarín" realiza a función de presentador do programa, o cal inclúe un club de socios, a emisión de series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia, como Xabarín News ou Os vixilantes do Camiño, a primeira serie animada de produción galega que emitiu o Xabarín Club.
Javier Ángel Encinas Bardem, máis coñecido simplemente como Javier Bardem, nado en Las Palmas de Gran Canaria o 1 de marzo de 1969, é un dos actores españois de cinema máis internacionais. No ano 2000 converteuse no primeiro actor español nomeado a un Oscar polo seu papel en Antes que anochezca e en 2008 no primeiro en gañalo na categoría de mellor actor secundario por Non é un país para vellos.
Xesús Rodríguez López (tamén Jesús Rodríguez López), nado en Lugo o 28 de xullo de 1859 e finado o 24 de marzo de 1917, foi un médico e escritor en galego e castelán. Escritor de temas variados, pois ademais de obra literaria estrita —novela, teatro e poesía—, acometeu tamén o ensaio, foi un dos corenta membros numerarios fundadores da Real Academia Galega. De entre as súas obras destacan: A cruz de salgueiro (Lugo, 1899) novela; O Chufón (Lugo, 1915) comedia en dous actos e Ligeros apuntes sobre las supersticiones de Galicia (Lugo, 1895), esta última corrixida e aumentada nunha segunda edición de título Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares (Madrid, 1910), moi reeditada posteriormente.
Timothée Hal Chalamet, nado o 27 de decembro de 1995, é un actor franco-estadounidense. É coñecido polas súas actuacións como Finn Walden na serie de Showtime Homeland (2012), Danny Vance no filme dramático Men, Women & Children (2014), Tom Cooper no filme de ciencia ficción Interstellar (2014), Elio Perlman no filme de drama romántico Call Me by Your Name (2017) e Kyle Scheible no filme Lady Bird (2017).
A música irlandesa é un termo co que se coñece a un conxunto de xéneros e tracidións musicais que tiveron ou teñen presenza na illa de Irlanda. A música orixinaria de Irlanda é a que se coñece como música tradicional irlandesa, que se mantivo con grande vitalidade e continuidade histórica a pesar das forzas da globalización cultural.
Ernesto Chao Pino, nado en Ribadavia o 12 de novembro de 1943 e finado en Santiago de Compostela o 6 de agosto de 2018, foi un actor galego. Cunha dilatada traxectoria teatral de case medio século, traballou tamén no cine e na televisión, acadando unha enorme fama en Galicia co seu papel de Miro Pereira na serie da Televisión de Galicia Pratos combinados. Gran figura do teatro galego, traballou en ducias de obras e foi fundador e presidente de numerosas entidades dramáticas como a Agrupación Cultural Abrente, o Centro Dramático Galego, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, a Academia Galega do Audiovisual, Escena Galega ou a compañía Lagarta lagarta, que fundou xunto a súa muller, a tamén actriz Rosa Álvarez.
Francisco Javier González Pérez
Francisco Javier González Pérez, máis coñecido como Fran, nado en Carreira (Ribeira) o 14 de xullo de 1969, é un exfutbolista galego. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española. Histórico xogador e capitán do Deportivo da Coruña, desenvolveu toda a súa carreira deportiva no club coruñés, co que disputou 700 partidos oficiais, sendo o xogador con máis encontros na historia do club.
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
Pablo Ruiz Picasso, nado en Málaga o 25 de outubro de 1881 e finado en Mougins, Francia, o 8 de abril de 1973, foi un pintor español máis coñecido polo nome artístico de Pablo Picasso, xa que asinaba co segundo apelido. Foi un dos máis recoñecidos artistas do século XX, coñecido sobre todo porque fundou o cubismo xunto con Georges Braque. Na súa dilatada carreira, evolucionou por diferentes estilos e experimentou con outras disciplinas como a cerámica, a escultura con bronce, o collage, e mesmo fixo poesía.