Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Agitation Free foi unha banda alemá de krautrock formada en 1967 e composta por Michael "Fame" Günther (baixo), Lutz "Lüül" Ulbrich (guitarra), Lutz Ludwig Kramer (guitarra) e Christopher Franke (batería). Inicialmente chamáronse Agitation, un nome que elixiron ao chou nun dicionario, e posteriormente cambiárono porque xa existía pitra banda que se chamaba igual. Decidíronse por Agitation Free por un cartel que viron antes dun concerto que realizaron a principios de 1970 onde poñía "Agitation Free" (significando o "free" que era un concerto de balde).
As epotilonas son unha clase de posibles medicamentos anticancerosos. Igual que os taxanos, impiden que as células cancerosas se dividan ao interferir coa tubulina, pero nos ensaios iniciais as epotilonas teñen unha mellor eficacia e uns efectos adversos máis leves que os taxanos. As epotilonas identificáronse orixinalmente como metabolitos producidos pola mixobacteria que vive no solo Sorangium cellulosum.
A inmigración a España, que fora moi baixa durante gran parte da historia do país, aumentou considerablemente a comezos do século XXI. Por exemplo, en 1998, os inmigrantes representaban só o 1,6 % da poboación, pero en 2009 esa cifra xa superara o 12 %. Tras un declive durante a crise económica, a inmigración comezou a aumentar de novo despois de 2015, cunha salientable aceleración despois de 2021, coa poboación nada no estranxeiro agora alcanzando o 20,3% da poboación total a partir de xaneiro de 2026. A 1 de xaneiro de 2026, a data máis recente para a que se dispón de datos por países e rexións específicos, a poboación nada no estranxeiro en España representaba o 20,3% da poboación total.
A inmigración saharauí en España (en árabe: الصحراويين في إسبانيا) refírese ao asentamento de cidadáns do Sáhara Occidental no Reino de España. De acordo cunha sentenza do Tribunal Supremo de 2020, os saharauís nados no territorio español do Sáhara Español que non optaron á nacionalidade española conforme ao RD 2258/1976 de 10 de agosto de 1976 sobre opción da nacionalidade española por parte dos naturais do Sáhara, perderon o dereito á nacionalidade española. España non recoñece a República Árabe Saharauí Democrática polo que non hai datos oficiais sobre a emigración dende a RASD. Os residentes do Sáhara Occidental ocupado polo Reino de Marrocos teñen nacionalidade marroquí, e os residentes na zona baixo xurisdición da República Saharauí e en campos de refuxiados de Tindouf, na súa maioría son considerados legalmente apátridas.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Henrique V de Inglaterra foi un rei inglés nado no castelo de Monmouth o 16 de setembro de 1387, como segundo fillo —o primoxénito, Eduardo, morrera ó nacer en 1382— de Henrique, duque de Lancaster —despois Henrique IV— e de María de Bohun. Ó acceder ó trono seu pai, tras depoñer a Ricardo II (1399), converteuse en príncipe de Gales e herdeiro do trono inglés. Henrique V foi nomeado cabaleiro en dúas ocasións.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Teslem Andala Ubbi, nada nos campos de refuxiados de Tindouf, Alxeria, o 30 de maio de 1994, máis coñecida como Tesh Sidi (en árabe: تسلم سيدي), é unha enxeñeira informática e política saharauí, que tras ser activista anticolonialista e pola independencia do pobo saharauí, foi elixida deputada no Congreso, onde é vicepresidenta segunda da comisión de Economía, Comercio e Dixitalización.
A inmigración caboverdiana en España refírese ao asentamento de cidadáns de Cabo Verde en territorio pertencente ao Reino de España. Segundo datos de 2012, estímase que 65 000 persoas de orixe caboverdiana viven en España. A súa presenza, aínda que cuantitativamente reducida en comparanza con outros colectivos, presenta unha forte implantación territorial e unha destacada cohesión social, especialmente en Galicia e en zonas mineiras do noroeste peninsular.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 230.320.
A medicina popular galega comprende o conxunto de crenzas, produtos, técnicas e rituais dirixidos á curación das diferentes enfermidades que poden afectar ás persoas ou ó gando, e que non contan co respaldo da medicina científica ou biomedicina. As persoas que a practican non recibiron formación académica en ningunha facultade de medicina nin doutra rama das ciencias da saúde, senón que aprenderon a través de coñecementos herdados de xeración en xeración ou tras servir de aprendices a algún especialista anterior. Como resulta obvio, a medicina popular aplícase desde a máis remota antigüidades polas distintas culturas en tódolos países do mundo, pero no presente artigo desenvolveranse as particularidades que se desenvolveron en Galicia tal como foron descritas e estudadas por diferentes etnógrafos.
Flotilla é un termo que se emprega para designar unha pequena frota de barcos (mercantes ou militares), normalmente entre 2 e 10 buques[Cómpre referencia] ou un grupo de aeronaves. Porén, o uso máis habitual de flotilla adoita referirse a unha división de buques nunha frota, un conxunto de barcos pequenos ou pouco numerosos.
Ignacio Rivera Quintana, nado na Coruña o 24 de abril de 1965, é un empresario galego, presidente executivo actual da Corporación Hijos de Rivera, empresa galega con actividade centrada na distribución de bebidas, cuxa marca máis recoñecida é a Estrella Galicia. Pertence á cuarta xeración da familia Rivera, sendo bisneto de José María Rivera Corral, o fundador da empresa Estrella Galicia na Coruña, en 1906.
A pesca de altura é a que se realiza en augas marítimas afastadas da costa. Aínda que o termo adoita facer referencia a un tipo de pesca industrial, tamén se adoita chamar pesca de altura á pesca deportiva a gran distancia da costa de especies como o atún ou o marlín, e á pesca ao brumeo ou ao corricán.
Eduardo Sanjurjo de Carricarte
Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Walker, ranger de Texas (en inglés, Walker, Texas Ranger) é unha serie de televisión estadounidense constituída por un total de 203 episodios de 45 minutos de duración. A serie foi creada por Christopher Canaan, Greif Leslie, Paul Haggis e Albert S. Ruddy e emitida entre o 21 de abril de 1993 e o 19 de maio de 2001 na CBS. A TVG emitiu a serie na súa versión dobrada ao galego, con varias reposicións.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Aurora Bautista Zúmel, nada en Villanueva de los Infantes (Valladolid) o 15 de outubro de 1925 e finada en Madrid o 27 de agosto de 2012, foi unha actriz española de formación teatral e éxito cinematográfico. O seu primeiro filme, Locura de amor, levouna ao estrelato e a ocupar un lugar destacado no cinema histórico do franquismo. Caracterizada polas súas vehementes interpretacións, tamén realizou incursións notábeis e contidas no cinema de autor en La tía Tula (1964) ou Amanece, que no es poco (1989) e desenvolveu unha carreira teatral sólida e comprometida.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Relacións España-Sáhara Occidental
As relacións España-Sáhara Occidental son as relacións bilaterais que existen entre o Reino de España e a República Árabe Saharauí Democrática (RASD), á que España non recoñece.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia. Presentou varios programas da canle pública galega dende a súa mesma creación, en 1985, facéndose enormemente popular polo seu traballo en Luar, programa que presenta dende 1992.
As relacións Brasil-Xapón son as relacións exteriores entre o Brasil e o Xapón. As relacións diplomáticas estabelecéronse oficialmente o 5 de novembro de 1895 coa sinatura en París do Tratado de Amizade, Comercio e Navegación. As primeiras relacións estiveron dominadas polos problemas de inmigración xaponesa.
Happy Birthday (filme de 2025)
Happy Birthday (en árabe exipcio: هابي بيرث داي) é un filme dramático exipcio de 2025 coescrito e dirixido por Sarah Goher no seu debut como directora. Está protagonizado por Nelly Karim, Hanan Motawie, Sherif Salama, Aly Sobhy e Doha Ramadan. Conta a historia dunha serventa de 8 anos que fai unha festa de aniversarios para a súa amiga de clase alta.
O Dicionario de dicionarios da lingua galega, ou só Dicionario de dicionarios (DdD), é unha ferramenta lexicográfica dixital que recompila obras lexicográficas da lingua galega dos séculos XIX e XX. Desenvolvido e mantido polo Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela, baixo a coordinación do profesor Antón Santamarina, o DdD foi publicado orixinalmente en CD-ROM, e súa versión web ampliou significativamente o seu contido.
Otec é un filme dramático eslovaco de 2025 dirixido por Tereza Nvotová e coescrita por Nvotová e Dušan Budzak. Está protagonizado por Milan Ondrík e Dominika Morávková, segue a historia dun pai que experimenta a síndrome do bebé esquecido. Estreouse na sección Orizzonti da 82ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 28 de agosto de 2025.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
A inmigración ecuatoriana en España refírese ao asentamento de cidadáns de Ecuador en España. Segundo datos de 2025, o número de persoas de Ecuador residentes en España, incluíndo as persoas con nacionalidade española, suman 468.751. Os ecuatorianos en España son a quinta comunidade da diáspora máis grande de España en 2025, segundo o INE de España.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Gabriel José de la Concordia García Márquez, máis coñecido como Gabriel García Márquez ( pronunciación ), ( escoitar), nado en Aracataca o 6 de marzo de 1927 e finado en Cidade de México o 17 de abril de 2014, foi un escritor, xornalista, editor e activista político colombiano. Estudou dereito e xornalismo na Universidade Nacional de Colombia e iniciou as súas colaboracións xornalísticas no diario El Espectador. Foi coñecido como Gabo, ou Gabito, polos seus familiares e amigos (hipocorístico guajiro para Gabriel), desde que o seu compañeiro do diario bogotano El Espectador, José Salgar, comezase a chamalo así..
Benjamín «Bibi» Netanyahu (en hebreo, בִּנְיָמִין «בִּיבִּי» נְתָנְיַהוּ Binyamin Netanyahu ), nado en Tel Aviv o 21 de outubro de 1949, é un político israelí, primeiro ministro de Israel dende o 29 de decembro de 2022. É a persoa que máis tempo exerceu este posto pois, previamente, xa fora primeiro ministro en dúas xeiras (de 1996 a 1999 e de 2009 a 2021). Tamén é membro da Knesset e presidente do partido conservador Likud.
Juan Carlos Copa Quiroga, nado na Coruña en 1970, é un ex xogador e adestrador de hóckey a patíns galego, que dende 2017 adestra o Liceo da Coruña. Considerado un dos mellores xogadores que deu a canteira coruñesa, debutou aos 15 anos co Dominicos na División de Honra (actual OK Liga) e con 17 converteuse no primeiro capitán non catalán dunha selección española. Desenvolveu case toda a súa carreira como xogador no Dominicos, co que gañou a Copa do Rei en 1990, e xogou tamén no Liceo.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Xavier Valiño García, nado en Cospeito, na Terra Chá o 4 de novembro de 1965, é un escritor, xornalista galego e crítico musical que colabora en distintos medios de comunicación españois cubrindo temas musicais, cinematográficos e de viaxes. No seu papel de investigador e arqueólogo musical publicou diversos libros e participou en distintos congresos e conferencias.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Jeffrey Edward Epstein, nado en Brooklyn o 20 de xaneiro de 1953 e finado o 10 de agosto de 2019, foi un financeiro estadounidense e pedófilo convicto por delitos sexuais. Epstein comezou a súa vida profesional dando clases na Dalton School malia non ter o título universitario necesario. Despois do seu despedimento da escola en 1976, entrou no sector bancario e financeiro, traballando en Bear Stearns en varios roles antes de iniciar a súa propia empresa.
Esta é unha cronoloxía de Galicia, que comprende importantes eventos, cambios legais e territoriais ademais de acontecementos políticos, sociais e económicos en Galicia e nos seus estados predecesores; tamén eventos acontecidos na Península Ibérica e eventos internacionais que tiveron relevancia para a historia de Galicia.
Rosalía Vila Tobella, nada en Sant Esteve Sesrovires (provincia de Barcelona) o 25 de setembro de 1992, máis coñecida como Rosalía, é unha cantante e actriz española. En 2018, converteuse na española con máis premios Grammy Latinos por un único traballo. A súa canción «Malamente», con raíces flamencas e fusión urbana, obtivo cinco nomeamentos dos cales conseguiu dous galardóns.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Santiago de Xustás é unha parroquia do concello lugués de Cospeito na comarca da Terra Chá. Tiña 265 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 139 homes e 126 mulleres distribuídos en 10 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 21 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 286 habitantes (148 homes e 138 mulleres) e 59 menos que en 2000.
O río da Prata, en castelán Río de la Plata, é un río do Cono Sur de América do Sur, formado pola xunción dos ríos Paraná e Uruguai. Pode ser dividido en dous sectores: o sector interior composto polos tramos superior e medio, que posúe pouca profundidade e está ausente de intrusión salina, e o sector exterior comprendido entre Montevideo, Punta del Este, e a baía de Samborombón, tramo de maior profundidade, e cunha importante influencia mariña, sendo un estuario do océano Atlántico. Ten unha forma triangular de 290 km de lonxitude, servindo de fronteira en toda a súa traxectoria entre a República Arxentina e a República Oriental do Uruguai.
Un foro ou foro de discusión de Internet é unha ferramenta de comunicación asíncrona en grupo, coñecida tamén como conferencia electrónica. O funcionamento é moi semellante ao das listaxes de distribución ou de correo electrónico, mais neste caso, para participar ou ler as mensaxes emitidas polo resto do grupo fai falta que o usuario estea conectado ao servidor que xestiona o foro. As mensaxes non se transfiren directamente ao computador do usuario, como sucede co correo electrónico, senón que o usuario traballa directamente na aplicación do foro, accedendo mediante unha chave de aceso.
Luar é un programa da Televisión de Galicia. Trátase dun dos grandes éxitos da TVG, sendo líder de audiencia na súa franxa horaria e cunha especial relevancia na audiencia entre os galegos emigrados a través de Galicia TV. Mantense no aire desde o 30 de setembro de 1992, presentado dende os seus inicios por Xosé Ramón Gayoso. É o segundo programa máis lonxevo da Televisión de Galicia, só por detrás do En xogo.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Ataque estadounidense-israelí contra Irán de 2026
O ataque estadounidense-israelí contra Irán de 2026 comezou o 28 de febreiro cunha operación militar conxunta estadounidense-israelí dirixida a obxectivos militares, civís, cargos políticos e líderes de mando en Irán. A operación israelí recibiu o nome de Ruxido do León (en hebreo: שאגת האריה), mentres que a operación estadounidense foi denominada Operation Epic Fury («Operación Furia Épica») polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos. En resposta ao ataque, Irán lanzou a Operación Verdadeira promesa 4 (en farsi, Va'de-ye Sadeq), que consistiu nunha onda de operacións de represalia no Oriente Medio.
O ataque a Pearl Harbor foi unha ofensiva militar sorpresa efectuada pola Armada Imperial Xaponesa contra a base naval dos Estados Unidos en Pearl Harbor, Oahu, Hawai, na mañá do 7 de decembro de 1941. O ataque foi executado contra a frota do Pacífico da mariña dos Estados Unidos de América e as súas forzas de defensa, o corpo aéreo do exército, e a forza aérea da Mariña. O ataque damnificou ou destruíu 11 navíos de guerra, 188 avións, e matou 2.403 militares estadounidenses e 68 civís.
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.