Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Juan Carlos Copa Quiroga, nado na Coruña en 1970, é un ex xogador e adestrador de hóckey a patíns galego, que dende 2017 adestra o Liceo da Coruña. Considerado un dos mellores xogadores que deu a canteira coruñesa, debutou aos 15 anos co Dominicos na División de Honra (actual OK Liga) e con 17 converteuse no primeiro capitán non catalán dunha selección española. Desenvolveu case toda a súa carreira como xogador no Dominicos, co que gañou a Copa do Rei en 1990, e xogou tamén no Liceo.
Google Play (anteriormente Android Market) é unha plataforma de distribución dixital de aplicacións móbiles para os dispositivos con sistema operativo Android, así como unha tenda en liña desenvolvida e operada por Google. Esta plataforma permítelles aos usuarios navegar e descargar aplicacións (desenvolvidas mediante Android SDK), xogos, música, libros, revistas e películas. Tamén se poden adquirir dispositivos móbiles como ordenadores Chromebook, teléfonos intelixentes Nexus, Google Chromecast, entre outros.
Os cannabinoides son varias clases estruturais de compostos que se encontran principalmente na planta Cannabis ou son compostos sintéticos. O cannabinoide máis notable é o fitocannabinoide tetrahidrocannabinol (THC) (delta-9-THC), o principal composto psicoactivo do cánnabis. O cannabidiol (CBD) é un importante constituínte das plantas do cánnabis de climas temperados e un constituínte menor das variedades tropicais.
Harrison Ford, nado en Chicago o 13 de xullo de 1942, é un coñecido actor e produtor de cine estadounidense. Acadou fama mundial polos seus papeis protagonistas como Han Solo na serie de películas Star Wars e como o personaxe de Indiana Jones na serie de películas de Indiana Jones. Ford tamén é coñecido polos seus papeis como Rick Deckard na película neo-noir distópica ciencia ficción Blade Runner (1982) e a súa secuela Blade Runner 2049 (2017); John Book no filme de suspense Testemuña única (1985), polo cal foi nomeado para o Óscar ao mellor actor; e Jack Ryan nas películas de acción Xogo de patriotas (1992) e Clear and Present Danger (1994).
24ª edición dos Premios Mestre Mateo
En setembro do 2025, a Academia Galega do Audiovisual anunciou que a gala da XXIV edición dos Premios Mestre Mateo ía ter lugar en Lugo, no Auditorio Fuxan os Ventos, o 21 de marzo de 2026. Como presentadores da gala, foron encargados a actriz Trisha Fernández e o actor e cómico Federico Pérez e a realizadora Marta Arévalo dirixirá o espectáculo. Nesta edición rexistráronse 186 producións inscritas, unha cifra moi elevada do audiovisual galego que se consolida despois do récord acadado na pasada convocatoria.
Os Premios Mestre Mateo son os galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia. Organizados e supervisados pola Academia Galega do Audiovisual (AGA), os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. A Academia foi orixinalmente concibida como unha entidade profesional que podería asumir a organización dos premios, ademais de ser un xeito de mellorar a imaxe da industria audiovisual galega.
María de los Ángeles de las Heras Ortiz, nada en Madrid o 4 de outubro de 1944 e finada en Torrelodones o 25 de marzo de 2006, foi unha actriz e cantante española, coñecida artisticamente como Rocío Dúrcal. Foi a solista española máis vendedora de discos con máis de 80 millóns ata a actualidade. Foi o máximo expoñente feminino da música ranchera no mundo, sendo bautizada "A Raíña das Rancheras".
Antes de Nós é un filme galego de 2025 dirixido por Ángeles Huerta. É un filme biográfico sobre a vida de Castelao en dúas etapas da súa vida, 1918 e 1929, antes da xeración Nós. Está protagonizado por Xoán Fórneas como Castelao, xunto con Cris Iglesias (como Virxinia Pereira), Nancho Novo, Xoel Fernández, Miquel Insua, Sergio Zearreta, Isabel Vallejo e Adrián Ríos.
O Hockey Club Liceo da Coruña, por motivos de patrocinio Deportivo Liceo, é un club profesional de hóckey a patíns da cidade da Coruña. Foi fundado en 1972 por catro persoas entre as que salienta a figura de Augusto César Lendoiro e na tempada 1979-80 debutou na máxima categoría do hóckey a patíns español, categoría na que compite dende aquela. Trátase dunha icona dentro do hóckey galego e historicamente é o club deportivo máis laureado de Galiza cun total de 44 títulos (22 a nivel estatal, e 22 títulos internacionais).
César Carballeira Domínguez, nado na Coruña o 10 de febreiro de 1996 é un xogador galego de hóckey a patíns, que xoga na posición de defensa no Deportivo Liceo, da OK Liga, co que gañou sete títulos. Internacional coa selección española, conquistou con esta o Campionato do Mundo de 2024 e os Campionatos de Europa de 2021 e 2023.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirāt. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Alan Mathison Turing, nado en Maida Vale (Londres) o 23 de xuño de 1912 e finado en Wilmslow o 7 de xuño de 1954, foi un matemático inglés, que traballou en campos como a informática teórica, a criptoanálise ou a intelixencia artificial. Turing tivo unha grande influencia no desenvolvemento da ciencia da computación teórica, proporcionando unha formalización dos conceptos de algoritmo e computación coa chamada máquina de Turing, que pode considerarse o modelo dun ordenador de propósito xeral. Considérase amplamente como o pai da informática teórica e da intelixencia artificial.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.
Pantera foi un grupo musical de heavy metal procedente de Arlington, Texas (Estados Unidos), fundada polos irmáns Abott e que estivo activa dende a súa formación no 1981 ata a disolución do grupo no 2003. O estilo do grupo foi variando cos anos, pasando do hair metal e glam metal de finais dos anos 80 ata o groove metal e thrash metal, na década dos 90, período marcado pola publicación de Cowboys From Hell no 1990 que os catapultou á fama. A banda está considerada como unha das bandas fundamentais para asentar as bases do groove metal e unha das máis influentes formacións de metal da década dos 90..
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
As Madriñas de San Simón, tamén coñecidas coma as Madriñas de Redondela ou as Lavandeiras de San Simón, foi un colectivo de mulleres anónimas, principalmente lavandeiras, coñecidas por asistir, socorrer, coidar e informar, entre 1936 e 1943 aos presos políticos encarcerados na illa de San Simón e no barco-prisión Upo Mendi durante a represión franquista. Durante a existencia do campo de concentración, no que centos de presos de toda a xeografía galega foron sometidos a traballos forzados, torturas e outras represalias, As Madriñas crearon unha rede organizada e clandestina para axudar aos presos da illa. Malia non teren vinculación con eles, as mulleres arriscaban á vida para levarlles menciñas, alimentos, roupa limpa, e incluso mensaxes e cartas de familiares agochadas entre a roupa.
Sirāt é un filme franco-galego de 2025 coescrito e dirixido por Óliver Laxe. O filme estreouse na competición principal do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2025, onde foi nomeado para a Palma de Ouro. Na 83ª edición dos Globos de Ouro foi nomeado ao mellor filme en lingua estranxeira e á mellor banda sonora orixinal (Kangding Ray).Finalmente gañou o Premio do Xurado.
A baía de Botnia (sueco: Bottenviken, finés: Perämeri) está na parte máis ao norte do país, o Golfo de Botnia, que á súa vez forma parte norte do Mar Báltico. A terra que rodea a baía segue subindo despois de que se eliminara o peso dos glaciares da idade de xeo e dentro de 2.000 anos a baía será un gran lago de auga doce. A día de hoxe a baía está alimentada por varios grandes ríos, e non está afectada por mareas, polo que ten pouca salinidade.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Ignacio Rivera Quintana, nado na Coruña o 24 de abril de 1965, é un empresario galego, presidente executivo actual da Corporación Hijos de Rivera, empresa galega con actividade centrada na distribución de bebidas, cuxa marca máis recoñecida é a Estrella Galicia. Pertence á cuarta xeración da familia Rivera, sendo bisneto de José María Rivera Corral, o fundador da empresa Estrella Galicia na Coruña, en 1906.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Chámase Reconquista de Vigo ao alzamento popular que, no contexto da Guerra da Independencia española, ocorreu en Vigo o 28 de marzo de 1809, cando as tropas do exército do Primeiro Imperio Francés de Napoleón Bonaparte saíron da vila. Os vigueses, encabezados polos militares Pablo Morillo e Bernardo González “Cachamuíña” conseguiron expulsar os galos da vila, converténdose na primeira de Europa en facelo. Por estes feitos, o rei Fernando VII outorgou en 1810 o título de cidade “fiel, leal e valorosa”.
O que arde é un filme dramático galego de 2019 dirixido por Óliver Laxe e coescrito por Laxe e Santiago Fillol. Está ambientado na Galicia rural e aborda a problemática da desaparición do rural e dos lumes forestais. O elenco está composto por actores non profesionais da zona da serra dos Ancares, e está protagonizado por Amador Arias no papel de Amador Coro, un pirómano que sae do cárcere logo de ser condenado como o responsable dun incendio, e Benedicta Sánchez no papel de Benedicta, a súa nai.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Max Planck, nado en Kiel o 23 de abril de 1858 e finado en Gotinga o 4 de outubro de 1947, foi un físico alemán, considerado como o pai da teoría cuántica. Gañou o Premio Nobel de Física de 1918 "polos servizos que prestou ao avance da física co seu descubrimento da enerxía cuántica". Planck realizou numerosas contribucións importantes á física teórica, pero a súa fama débese principalmente ao seu papel como precursor da teoría cuántica e como un dos fundadores da física moderna, o que revolucionou a comprensión dos procesos atómicos e subatómicos.
Nelson Rolihlahla Mandela, nado en Mvezo o 18 de xullo de 1918 e finado en Xohanesburgo o 5 de decembro de 2013, foi un activista, líder político e filántropo surafricano, presidente do país dende 1994 ata 1999. Foi o primeiro xefe de estado de raza negra do país e o primeiro elixido nunha elección democrática completamente representativa. O seu goberno centrouse na disolución do apartheid procurando combater o racismo institucionalizado e fomentar a reconciliación racial.
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas.
A figueira na cultura popular galega
Un remedio da medicina popular galega contra o mal do torrón (que designa unha enfermidade do bazo non identificada) consiste en levar ó meniño enfermo, de noite, a un prado onde medre unha figueira e poñelo de pé sobra unha planta de chantaxe. Logo córtase un terrón ó redor dos pés e ponse, xa de regreso en casa, sobre o bazo do enfermo. Este curará segundo seca o terrón.
Gordion (frixio: 𐊩𐌏𐌛𐊅𐊄𐌌, romanizado: Gordum; grego antigo Górdion; turco Gordion ou Gordiyon}}; latín Gordium) foi a capital da antiga Frixia. Estaba situado no lugar da moderna Yassıhüyük, a uns 70–80 km ao suroeste de Ankara (capital de Turquía), nas inmediacións do distrito de Polatlı. A localización de Gordion na confluencia dos ríos Sakarya e Porsuk déralle unha localización estratéxica con control sobre terras fértiles.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O fingering refírese ao uso dos dedos ou das mans para estimular sexualmente a vulva (incluíndo o clítoris), a vaxina ou o ano. O uso dos dedos pódese realizar sobre un mesmo (masturbación) ou por ou cunha compañeira sexual. Cando se realiza na vulva ou na vaxina por parte dunha parella sexual, é unha forma de masturbación mutua, e é análoga a unha palla (a estimulación manual do pene).
Cunnilingus ou cunilingua (do latín cunnus: "cuña" ou "vulva", e lingus: "lingua"), é a práctica de sexo oral onde unha persoa (poden ser incluso dúas persoas, á vez) chupa(n), frota(n), lambe(n), ou adenta(n) (con graos variables de intensidade, e tamén poden ensalivar ou cuspir), coa boca, coa lingua, cos beizos, cos dentes ou incluso co nariz ou co queixo ou a barba e os bigotes, os labios da vulva, a entrada da vaxina e o clítoris. O clítoris é a parte sexual máis sensitiva dos xenitais femininos humanos, e a súa estimulación pode provocar excitación sexual ou orgasmo. Cunnilingus pode ser sexualmente excitante para os seus participantes, e pode ser practica polo compañeiro sexual como preliminares para incitar a excitación antes doutras actividades sexuais (como o sexo anal ou vaxinal), ou como un acto erótico e de intimidade física.
O Club Antigos Alumnos Dominicos é un club de hóckey a patíns da cidade da Coruña, que compite na OK Liga Prata, segunda categoría do hóckey español. Con máis de 60 anos de historia é, xunto co H.C. Liceo un dos equipos históricos do hóckey coruñés e galego. Entre os grandes logros do club figura a Copa do Rei de 1990.