Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Álvaro Folgueiras Campos, nado en Málaga o 1 de abril de 2005, é un xogador universitario de baloncesto de orixe galega, que desempeña a posición de ala‑pivote. Xoga na NCAA, nos Estados Unidos, co equipo de Robert Morris Colonials (da Horizon League) e para a tempada 2025‑26 mudará á Universidade de Iowa (da Big Ten Conference).
A estearoíl-CoA 9-desaturase, tamén chamada estearoíl-CoA desaturase (SCD), Δ-9-desaturase (delta9-desaturase) ou estearoíl-CoA desaturase-1 (SCD-1), é un encima do retículo endoplasmático que cataliza o paso limitante da velocidade da vía de formación de ácidos graxos monoinsaturados (MUFAs), especificamente oleato e palmitoleato a partir de estearoíl-CoA e palmitoíl-CoA. O oleato e o palmitoleato son compoñentes importantes dos fosfolípidos de membrana, dos ésteres do colesterol e do alquil-diacilglicerol. Nos humanos o encima está presente en dúas isoformas, codificadas respectivamente nos xenes SCD1 e SCD5. Este encima é clave no metabolismo dos ácidos graxos.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Maria Salomea Skłodowska-Curie (ˈmarja salɔˈmɛa skwɔˈdɔfska), máis coñecida como Marie Curie, nada en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e finada en Passy (Francia) o 4 de xullo de 1934, foi unha física e química polonesa nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel, a primeira persoa e a única muller en recibir dous premios Nobel, sendo ata o momento a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas. Foi parte do legado da familia Curie de cinco premios Nobel (dous, ela; un, o seu marido Pierre Curie; un, a súa filla Irène Joliot-Curie; e outro, o seu xenro Frédéric Joliot-Curie).
Silvino de Almeida Louro, coñecido deportivamente como Silvino, nado en Setúbal o 5 de marzo de 1959 e finado en Madrid o 19 de marzo de 2026, foi un futbolista portugués que xogaba na posición de gardameta. Silvino tivo unha carreira extensa na Primeira Liga, competición na que sumou 21 tempadas e 408 partidos. Tras a súa retirada como xogador, traballou como adestrador de gardametas en diferentes clubs baixo a dirección de José Mourinho.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
Juan Carlos Copa Quiroga, nado na Coruña en 1970, é un ex xogador e adestrador de hóckey a patíns galego, que dende 2017 adestra o Liceo da Coruña. Considerado un dos mellores xogadores que deu a canteira coruñesa, debutou aos 15 anos co Dominicos na División de Honra (actual OK Liga) e con 17 converteuse no primeiro capitán non catalán dunha selección española. Desenvolveu case toda a súa carreira como xogador no Dominicos, co que gañou a Copa do Rei en 1990, e xogou tamén no Liceo.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 230.397.
Ribonucleoproteína nuclear pequena
As ribonucleoproteínas nucleares pequenas, con frecuencia coñecidas abreviadamente polas súas siglas en inglés snRNP (Small Nuclear Ribonucleoprotein, pronunciada a sigla como "snurp"), son complexos de proteínas, que están unidas a snRNA, e que se combinan co pre-ARNm non modificado e con outras varias proteínas para formar o espliceosoma, un grande complexo molecular de ARN-proteína que realiza o splicing do pre-ARNm. A actuación das snRNP é esencial para a eliminación dos intróns dos pre-ARNm, algo fundamental na modificación postranscricional do ARN, que ocorre só no núcleo da célula eucariota. Os dous compoñentes esenciais das snRNP son proteínas e ARN. O ARN presente nas snRNP coñécese como ARN nuclear pequeno (snRNA), e ten normalmente uns 150 nucleótidos de longo.
Jodensavanne (en neerlandés, "sabana xudía") foi unha comunidade de plantacións xudías en Suriname, América do Sur, e foi durante un tempo o centro da vida xudía na colonia. Estableceuse na década de 1600 por xudeus sefardís e volveuse máis desenvolvida e rica despois de que un grupo de xudeus que fuxían da persecución no Brasil se establecese alí na década de 1660. Estaba situada no que hoxe é o Distrito de Pará, a uns 50 km ao sur da capital Paramaribo, no río Surinam.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O dolmen do Meixoeiro (tamén chamado dolmen de Cela, dolmen de San Cosme, dolmen das Minas, dolmen de San Colmado ou mámoa do Meixoeiro) é un xacemento megalítico situado no concello de Mos. Consiste nun dolmen neolítico de corredor curto. Cunha cámara de 2 metros de diámetro e 1,7 metros de altura.
O Hockey Club Liceo da Coruña, por motivos de patrocinio Deportivo Liceo, é un club profesional de hóckey a patíns da cidade da Coruña. Foi fundado en 1972 por catro persoas entre as que salienta a figura de Augusto César Lendoiro e na tempada 1979-80 debutou na máxima categoría do hóckey a patíns español, categoría na que compite dende aquela. Trátase dunha icona dentro do hóckey galego e historicamente é o club deportivo máis laureado de Galiza cun total de 44 títulos (22 a nivel estatal, e 22 títulos internacionais).
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Os Premios Mestre Mateo son os galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia. Organizados e supervisados pola Academia Galega do Audiovisual (AGA), os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. A Academia foi orixinalmente concibida como unha entidade profesional que podería asumir a organización dos premios, ademais de ser un xeito de mellorar a imaxe da industria audiovisual galega.
A Revolución de Zanzíbar (árabe: ثورة زنجبار) tivo lugar en 1964 e levou ao derrocamento do Sultán de Zanzíbar e o seu goberno principalmente árabe a mans de revolucionarios negros locais. Zanzíbar era un estado etnicamente diverso que constaba dunha serie de illas fronte a costa de Tanganica, ao que o Reino Unido lle concedera a independencia en 1963. Nunha serie de eleccións parlamentarias previas á independencia, a minoría árabe logrou manter o poder que tivera cando Zanzíbar era un territorio de ultramar de Omán.
Sagunto (en valenciano: Sagunt; en castelán: Sagunto, historicamente coñecida como Morvedre) é unha cidade do País Valenciano situada no norte da provincia de Valencia, sendo a máis importante da comarca do Camp de Morvedre. A cidade ten dous núcleos principais: o centro histórico ou Sagunto-Cidade, situado ao pé do castelo e do teatro romano, e o Porto de Sagunto, a 5 quilómetros do centro histórico. O termo municipal ten máis de 62.702 habitantes (INE 2006) repartidos entre estes 5 quilómetros que separan a praia do antigo castelo romano, vivindo a maioría deles (preto de 35.000) no Porto.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Cristovo Colón, nado na República de Xénova c. 1450 ou 1451 e finado en Valladolid o 20 de maio de 1506, foi un navegante, cartógrafo, almirante, vicerrei, explorador e gobernador xeral das Indias durante os séculos XV e XVI ao servizo dos Reis Católicos, famoso polo denominado descubrimento de América para a civilización occidental en 1492, tras emprender unha viaxe a través do océano Atlántico co obxectivo de chegar á India, malia que en troques chegou ás illas do Caribe na América Central conseguindo establecer as rutas marítimas e abrindo o camiño á colonización americana. As terras exploradas por Colón foron inicialmente chamadas Indias Occidentais ou Novo Mundo, até a aparición, en 1507, do mapa de Martin Waldseemüller e Matthias Ringmann do obradoiro cartográfico de Saint-Dié-des-Vosges, cando se pasaron a chamar América, co gallo de que Waldseemüller leu unhas relacións sobre exploracións feitas naquel continente polo navegante italiano Amerigo Vespucci.
A figueira na cultura popular galega
A figueira é unha árbore con ampla presenza no campo galego, dado que non é en absoluto esixente coas características do chan onde medra, polo que non precisa de coidados. Aprovéitase polos seus froitos (figos e bréveras) pero a madeira é de mala calidade e pouco apreciada. Na literatura oral (refráns, cantigas, contos e adiviñas) está moi presente, e tamén deixou ampla pegada na toponimia de Galicia.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirāt. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
A mitoloxía galega é o conxunto de mitos máis ou menos relacionados (ou mesmo sen conexións entre si): relatos que forman parte da cultura tradicional do pobo galego. Poden vir a través de discursos, narracións ou expresións culturais de orixe sagrada e que posteriormente foron secularizados, ou ben ser de orixe pagá que posteriormente foron sacralizados. En todo caso, os relatos mitolóxicos están tratados como discursos relativos a esta cultura, a unha época concreta ou indeterminada ou a unha serie de crenzas de carácter imaxinario.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
24ª edición dos Premios Mestre Mateo
En setembro do 2025, a Academia Galega do Audiovisual anunciou que a gala da XXIV edición dos Premios Mestre Mateo ía ter lugar en Lugo, no Auditorio Fuxan os Ventos, o 21 de marzo de 2026. Como presentadores da gala, foron encargados a actriz Trisha Fernández e o actor e cómico Federico Pérez e a realizadora Marta Arévalo dirixirá o espectáculo. Nesta edición rexistráronse 186 producións inscritas, unha cifra moi elevada do audiovisual galego que se consolida despois do récord acadado na pasada convocatoria.
Belén Esteban Menéndez, nada en Madrid o 9 de novembro de 1973, é unha colaboradora de varios programas de televisión e un personaxe dos medios de España. O seu salto aos medios de comunicación produciuse trala ruptura da súa relación sentimental co toureiro Jesulín de Ubrique, do que ten unha filla, Andrea. As disputas públicas co toureiro e a súa familia a mantiveron constantentemente no candeeiro: exclusivas en revistas do corazón e programas de televisión, romances con sona nos medios e portadas en revistas fundamentaron dende entón a súa presenza nos medios de comunicación.
María Soledad Iparraguirre Guenechea, alias Anboto e Marisol, nada en Eskoriatza, Guipúscoa en 1961, é unha dirixente e membro da banda terrorista ETA, detida preto de Pau (Francia) en 2004 xunto ao seu compañeiro sentimental e cerebro da banda Mikel Antza na casa que ocupaban dende xuño de 1999 en Salies de Béarn.
Antes de Nós é un filme galego de 2025 dirixido por Ángeles Huerta. É un filme biográfico sobre a vida de Castelao en dúas etapas da súa vida, 1918 e 1929, antes da xeración Nós. Está protagonizado por Xoán Fórneas como Castelao, xunto con Cris Iglesias (como Virxinia Pereira), Nancho Novo, Xoel Fernández, Miquel Insua, Sergio Zearreta, Isabel Vallejo e Adrián Ríos.
O termo vida (en latín: vita) é unha característica que distingue entidades físicas que teñen procesos biolóxicos, como procesos de sinalización celular e autosuficiencia, das que non a teñen, xa sexa porque tales funcións cesaron (morto), ou porque nunca tiveron tales funcións e clasifícanse como inanimadas. Existen diversas formas de vida, como plantas, animais, fungos, protistas, arqueas e bacterias. Actualmente non hai consenso sobre a definición de vida.
O Líbano (árabe: لُبْنَان), oficialmente a República do Líbano (árabe: الجمهورية اللبنانية) ou a República Libanesa, é un país de Asia Occidental. Está situado entre Siria ata o norte e o leste e Israel ata o sur, mentres que Chipre se atopa ao oeste, atravesando o mar Mediterráneo. A súa localización na encrucillada da Conca do Mediterráneo e do interior árabe contribuíu á súa rica historia e deu forma á unha identidade cultural de diversidade relixiosa.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Pascual Madoz Ibáñez, nado en Pamplona o 17 de maio de 1806 e finado en Xénova o 13 de decembro de 1870, foi un político español de tendencia liberal. Tivo diversos cargos como gobernador de Barcelona, ministro de Facenda, deputado e presidente da Xunta Provisional Revolucionaria durante a revolución de 1868. É moi coñecido pola súa obra Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar tamén coñecido como Dicionario Madoz.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Pilar Rahola i Martínez, nada en Barcelona o 21 de outubro de 1958, é unha política e xornalista catalá de ideoloxía independentista catalá, e profundamente sionista, defendendo en numerosas ocasións o proxecto colonial israelí na Palestina ocupada, ata o punto de que en 2010 o Fondo Nacional Xudeu bautizou como Pilar Rahola un bosque artificial plantado sobre terras palestinas roubadas
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas.