Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
María Soledad Iparraguirre Guenechea, alias Anboto e Marisol, nada en Eskoriatza, Guipúscoa en 1961, é unha dirixente e membro da banda terrorista ETA, detida preto de Pau (Francia) en 2004 xunto ao seu compañeiro sentimental e cerebro da banda Mikel Antza na casa que ocupaban dende xuño de 1999 en Salies de Béarn.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A inmigración marroquí en España é un tipo de inmigración árabe que responde ao movemento migratorio de cidadáns do Reino de Marrocos cara a España. Malia a estabilidade de Marrocos, está motivada por un desigual desenvolvemento económico, un lento progreso social, o escaso amparo dos dereitos civís e unha alta presión demográfica. A pesar de que os países que tradicionalmente foron destino dos emigrantes marroquís son Francia, Bélxica e os Países Baixos, no caso de España a emigración está impulsada, ademais, pola condición de país fronteirizo con Marrocos.
Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 230.424.
Hendrik Johannes Cruijff, coñecido como Johan Cruyff, nado en Ámsterdam o 25 de abril de 1947 e finado en Barcelona o 24 de marzo de 2016, foi un futbolista e adestrador neerlandés, que xogaba como centrocampista ou dianteiro. Amplamente considerado como un dos mellores futbolistas de todos os tempos, foi o xogador máis significativo do chamado Fútbol Total, desenvolvido polo adestrador Rinus Michels no Ajax e na selección neerlandesa. Gañador de tres Balóns de Ouro nos anos 1971, 1973 e 1974, foi elixido pola IFFHS como o segundo mellor futbolista do século XX, só por detrás de Pelé.
Miley Ray Cyrus, nada como Destiny Hope Cyrus o 23 de novembro de 1992 en Franklin, é unha cantante, actriz, compositora, bailarina, escritora, deseñadora e empresaria estadounidense. Logo de interpretar pequenos papeis na serie de televisión Doc e no filme Big Fish durante a súa nenez, converteuse nunha icona adolescente pola súa actuación na serie de Disney Channel Hannah Montana en 2006. O seu pai Billy Ray Cyrus tamén protagonizou a serie, que foi emitida durante catro tempadas, até o ano 2011.
Jorge Rafael Videla, nado en Mercedes (Provincia de Buenos Aires) o 2 de agosto de 1925 e finado en Marcos Paz o 17 de maio de 2013, foi un militar arxentino que ocupou de facto a presidencia do seu país entre o 1976 e o 1981. Chegou ao poder nun golpe de Estado que derrocou a presidenta María Estela Martínez de Perón, exercendo unha cruel ditadura. O seu mandato estivo marcado por violacións dos dereitos humanos e por un conflito fronteirizo con Chile, que estivo a punto de virar en conflito armado.
Mikel Albisu Iriarte, máis coñecido polo seu alcume Mikel Antza, nado en Donostia en 1961, foi un dos máximos dirixentes da banda terrorista ETA. Foi o dirixente do grupo que máis tempo estivo á fronte da organización, dende que en 1993 se fixo cargo da súa dirección política ata que foi detido en 2004 en Francia xunto a outros membros de ETA, entre eles a súa parella, María Soledad Iparraguirre 'Anboto', na casa que ocupaban dende xuño de 1999 en Salies de Béarn. Antes da súa detención, Antza fora condenado en Francia en tres ocasións en rebeldía (ausente), cada unha delas a cinco anos de cárcere.
O bactoprenol, tamén coñecido como dolicol-11 e (co nome isomericamente máis vago) alcohol isoprenílico C55 (C55-OH), é un lípido que foi identificado por primeira vez en certas especies de Lactobacillus. É un alcohol hidrófobo moi importante para o crecemento da parede celular de peptidoglicano das bacterias grampositivas. Todos os dobres enlaces están en configuración Z excepto os tres ω-terminais, que derivan biosinteticamente do (E,E)-farnesil difosfato.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Os poliprenois son alcohois isoprenoides de cadea longa naturais coa fórmula xeral H-(C5H8)n-OH, onde n é o número de unidades de isopreno. Un prenol con máis de 4 unidades de isopreno é un poliprenol. Os poliprenois exercen unha importante función, actuando como biorreguladores naturais e atópanse en pequenas cantidades en varios tecidos das plantas.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, dende o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2018, 7.800 militantes, e 591 concelleiros e 36 alcaldes en 2023 en diversos concellos de Galiza.
O sistema solar é o conxunto de corpos celestes na galaxia chamada Vía Láctea, que desenvolven os seus movementos en torno ao Sol. Inclúe os planetas como corpos principais, o Sol e outros corpos celestes como asteroides, cometas e satélites. Outro xeito de consideralo é como a zona na que o Sol é a estrela de influencia predominante, se ben este segundo concepto abrangue unha zona de extensión moito maior, na que se supón que existen moitos corpos descoñecidos ata o momento, incluíndo a Nube de Oort, considerada como o berce dos cometas.
Álvaro Folgueiras Campos, nado en Málaga o 1 de abril de 2005, é un xogador universitario de baloncesto de orixe galega, que desempeña a posición de ala‑pivote. Xoga na NCAA, nos Estados Unidos, co equipo de Robert Morris Colonials (da Horizon League) e para a tempada 2025‑26 mudará á Universidade de Iowa (da Big Ten Conference).
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
O aparato reprodutor masculino está formado polos órganos xenitais situados na pelve masculina. No aparato reprodutor fórmanse os gametos masculinos e outras secrecións que forman parte do seme, que o aparato reprodutor masculino depositará no feminino para que se produza a fecundación, e produce algunhas hormonas (principalmente testosterona). Está constituído polos testículos coas súas cubertas, o epidídimo e os condutos que conectan coa uretra, diversas glándulas (próstata, vesículas seminais, glándulas bulbouretrais), e os órganos xenitais externos, que son o pene e o escroto.
A lingua inglesa ou inglés (ˈɪŋɡlɪʃ) é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Wikipedia é unha enciclopedia en liña baseada nun wiki multilingüe e de contido libre editado e mantido por unha comunidade de editores, a cal comezou o 15 de xaneiro de 2001 coa versión en lingua inglesa. Pouco despois, creáronse edicións en linguas diferentes do inglés: as edicións en alemán e o catalán foron creadas o 16 de marzo, a edición en francés o 23 de marzo, e a sueca creouse o 23 de maio.
Jodensavanne (en neerlandés, "sabana xudía") foi unha comunidade de plantacións xudías en Suriname, América do Sur, e foi durante un tempo o centro da vida xudía na colonia. Estableceuse na década de 1600 por xudeus sefardís e volveuse máis desenvolvida e rica despois de que un grupo de xudeus que fuxían da persecución no Brasil se establecese alí na década de 1660. Estaba situada no que hoxe é o Distrito de Pará, a uns 50 km ao sur da capital Paramaribo, no río Surinam.
O dólar Sacagawea é unha moeda dun dólar estadounidense introducida en 2000 e emitida ininterrompidamente ata 2008 co mesmo modelo. A partir de 2009 continuou cuñándose anualmente, mais con reversos diferentes en cada emisión, conmemorativos de diversos aspectos da cultura nativa americana. O seu nome débese á figura do seu anverso, obra de Glenna Goodacre, que representa un busto de Sacagawea (1788-1812), unha muller shoshone coñecida por axudar na expedición de Lewis e Clark na Luisiana.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.
A caza de focas é unha actividade consistente na obtención de recursos a partir de focas, principalmente cachorros de focas arpa (o 95% aproximadamente). Principalmente dáse no Canadá e Groenlandia, onde se estima que en total cada ano se matan uns cincocentos mil exemplares. O método máis habitual para matalas é esmagarlles o cranio cun pico de ferro ou con paus cun gancho nunha extremidade, se ben en ocasións se empregan rifles.
O socialismo é unha corrente filosófica política, social e económica, e unha ideoloxía, que abarca unha gama de sistemas socioeconómicos caracterizados pola propiedade social dos medios de produción, e a autoxestión de empresas por parte dos traballadores. Inclúe teorías políticas e os movementos asociados con tales sistemas. A propiedade social pode ser pública, colectiva ou cooperativa.
Curtis é un concello da comarca de Betanzos, na provincia da Coruña limítrofe coa provincia de Lugo. Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 4048 habitantes (4159 no 2012, 4214 no 2011, 4228 no 2010). O concello ten dous importantes núcleos de poboación separados 12 km: Teixeiro, onde está a casa do concello, e Curtis que tamén é o nome histórico do concello.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2026, 72 autores (14 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 64 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Xoán de Cangas e Mendiño (tres trobadores ligados á ría de Vigo) e en 2025 escolléronse sete mulleres en representación das cantareiras (Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar).
O materialismo é unha doutrina metafísica consistente en afirmar que só existe a materia ou que esta é a realidade básica da que depende todo o que existe. Por materia enténdese calquera substancia que ocupa un espazo e que pode verse e tocarse. En consecuencia, o materialismo nega a existencia de substancias absolutamente independentes da materia, como poden ser as almas, espíritos, deuses etc.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
A masonaría, masonería, francmasonaría ou francmasonería é unha organización que se autodefine como de carácter iniciático, filantrópico e filosófico. Os seus membros e simpatizantes sosteñen que ten como obxectivo a procura da verdade e fomentar o desenvolvemento intelectual e moral do ser humano. Os masóns, tanto homes como mulleres, organízanse en estruturas de base denominadas loxas que, á súa vez, poden estar agrupadas nunha organización de ámbito superior normalmente denominada "Gran Loxa", "Grande Oriente" ou "Gran Priorado".
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
María Estela Martínez de Perón, de solteira María Estela Martínez Cartas, tamén coñecida como Isabel Martínez de Perón, Isabel Perón e Isabelita Perón, nada na Rioxa o 4 de febreiro de 1931, é unha ex-bailarina e expolítica arxentina, presidenta da república entre o 1 de xullo de 1974 e o 24 de marzo de 1976, cando foi derrubada por un golpe de estado. Dende 2000 ten a nacionalidade española.
Manuel Lugrís Freire, nado en Sada o 11 de febreiro de 1863 e finado na Coruña o 15 de febreiro de 1940, foi un poeta, ensaísta e dramaturgo galeguista, un dos principais animadores da política e da cultura galegas de principios do século XX. Fundou o primeiro periódico americano redactado en lingua galega. Foi director ou cofundador da Escola Rexional de Declamación, da Real Academia Galega, do sindicato Solidaridad Gallega, das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista e membro do Seminario de Estudos Galegos. Foi pai de, entre outros, o pintor Urbano Lugrís González.
A Terra (AFI: [ˈtɛ.rɐ] ( )) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén chamada Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.