Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Rosario Porto Ortega, nada en Santiago de Compostela o 18 de decembro de 1969 e finada en Brieva o 18 de novembro de 2020, foi unha avogada galega non exercente, condenada, canda a seu esposo, Alfonso Basterra, polo asasinato da filla adoptiva de ámbolos dous, Asunta Basterra, en 2013. Rosario remataría suicidándose en prisión.
En bioquímica, a lipoxénese é a conversión de ácidos graxos e glicerol en graxas, ou tamén un proceso metabólico no cal o acetil-CoA se converte en triglicéridos para o seu almacenamento nas graxas. A lipoxénese comprende tanto a síntese de ácidos graxos coma a de triglicéridos, sendo este último o proceso polo cal os ácidos graxos son esterificados no glicerol antes de seren empaquetados en lipoproteínas de moi baixa densidade (VLDL). Os ácidos graxos prodúcense no citoplasma das células ao engadir sucesivamente unidades de dous carbonos procedentes do acetil-CoA. A síntese de triacilglicerol (triglicérido) ocorre na membrana do retículo endoplasmático da célula ao enlazárense tres moléculas de ácido graxo a unha molécula de glicerol.
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
Probas da selección natural proporcionadas pola coloración
As probas da selección natural proporcionadas pola coloración son as probas proporcionadas pola coloración animal como evidencias da ascendencia común dos seres vivos debida á selección natural, achegadas nun período inicial das teorías evolutivas darwinistas nas que había poucas evidencias dispoñibles. Na segunda metade do século XIX descubríronse tres funcións principais da coloración animal e foron utilizadas como evidencias da selección: camuflaxe (coloración protectora); mimetismo, tanto batesiano coma mülleriano, e aposematismo. O libro de Charles Darwin A orixe das especies foi publicado en 1859, e nel argumentábase a partir de evidencias circunstanciais que a selección feita por criadores humanos de anmais podía producir cambios e que como existe unha loita pola existencia, debe existir unha selección natural que cause os cambios de forma natural.
Operación Triunfo 2018, tamén coñecido polas súas siglas OT 2018, é a décima edición do programa de televisión musical Operación Triunfo de La 1 de Televisión Española. O programa, que conta cunha duración provisional de 91 días, foi estreado o 19 de setembro de 2018, sendo líder de audiencia, cultivando un 20,5% de cota de pantalla en prime time. Durante o resto das súas emisións, o programa continuou rexistrando bos datos de audiencia, aínda que, ao longo das semanas, mostrou unha clara tendencia descendente nos seus datos.
Raimundo Amador Fernández, nado o 26 de maio de 1959 en Sevilla, é un cantante, guitarrista e compositor de flamenco andaluz. O seu estilo de música vai enfocado a fusionar o flamenco con outros estilos, como o rock ou o blues. Ten participado en numerosas ocasión en concertos cos tamén guitarristas B.B. King e Kiko Veneno.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Malavision: The Beginning é un videoxogo independente de terror e aventura en primeira persoa, desenvolto e publicado por Warani Studios, lanzado oficialmente o 17 de outubro de 2016 para PC a través da plataforma Steam, e relanzado en 2022 para PlayStation 4 baixo o título The origin: Blind Maid. Trátase dun dos primeiros títulos comerciais da industria emerxente de videoxogos en Paraguai, baseado na lenda de Malavisión.
Nas ciencias sociais, unha ideoloxía é un conxunto normativo de emocións, ideas e crenzas colectivas que son compatibles entre si e están especialmente referidas á conduta social humana. As ideoloxías describen e postulan modos de actuar sobre a realidade colectiva, xa sexa sobre o sistema xeral da sociedade ou nun ou varios dos seus sistemas específicos, como o económico, social, científico-tecnolóxico, político, cultural, moral, relixioso, medioambiental ou outros relacionados co ben común. O historiador español José Luís Rodríguez Jiménez definiu a ideoloxía como «un universo de valores ou conxunto de ideas que reflicten unha concepción do mundo, codificados nun corpo doutrinal, co obxectivo de establecer canles de influencia e de xustificación dos seus intereses [do grupo social ou político que o sostén]:).
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
O Zaire era coñecido como o país africano que agora se coñece como República Democrática do Congo entre o 27 de outubro de 1971 e o 17 de maio de 1997. Recibiu o nome oficial da República do Zaire durante o goberno de Mobutu Sese Seko, quen gobernou o país até o final da primeira guerra do Congo en 1997, cando foi derrocado.
O Ducado de Milán, tamén chamado Milanesado ou Estado de Milán, foi durante a Idade Media a principal potencia do norte de Italia. O ducado foi creado en 1395 por Gian Galeazzo Visconti, señor de Milán. Cando a dinastía Visconti se extinguiu en 1447, Milán foi declarado unha República, a pesar das pretensións do duque de Orleáns, lexítimo herdeiro.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
O hóckey é un deporte, ou familia de deportes, que consiste no enfrontamento entre dous equipos no cal, os xogadores, valéndose dun stick ou pau de madeira, teñen que levar unha bóla dura ou disco de caucho até a portería contraria para anotar un gol. Existen varias modalidades mais as principais son estas catro: sobre patíns, sobre patíns en liña, sobre herba e sobre xeo.
Asunta Yong Fang Basterra Porto, nada como Fang Yong o 30 de setembro de 2000 e finada o 21 de setembro de 2013, era unha nena galega de orixe chinesa cuxo cadáver apareceu nunha pista forestal do concello de Teo o 22 de setembro de 2013, pouco antes de que cumprise trece anos. O forense determinou que morreu por asfixia e que consumira unha dose alta de Lorazepam o día da súa morte, máis de nove veces a dose máis alta para un adulto. A investigación sobre o seu asasinato coñeceuse como Caso Asunta Basterra, ou simplemente Caso Asunta.
Crise inmobiliaria española de 2022-2025
A crise inmobiliaria española de 2022–2026 é unha crise habitacional de carácter estrutural que afecta o mercado da vivenda, marcada polo encarecemento sostido dos prezos de compravenda e alugueiro, un acusado déficit de oferta residencial e crecentes barreiras de acceso a unha vivenda digna. O fenómeno responde a unha combinación de factores como o aumento da demanda habitacional, a escaseza de chan edificable, a expansión do alugueiro turístico, a especulación inmobiliaria e o reducido parque de vivenda social. Entre 2022 e 2024, o prezo medio da vivenda creceu máis dun 12 % interanual en varios períodos, mentres que o alugueiro acumulou unha subida próxima ao 30 % desde 2022.
Nicholas Patrick Hayden, coñecido como Nicky Hayden, alcumado O Neno de Kentucky, nado o 30 de xullo de 1981 en Owensboro, Kentucky, e finado o 22 de maio de 2017 na localidade italiana de Cesena, foi un piloto norteamericano que participou no campionato do mundo de superbikes (SBK) e anteriormente no de MotoGP, onde foi o campión en 2006. Levaba sembre o dorsal número 69.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
A Estación de Atocha (ou do Mediodía), situada no barrio de Atocha de Madrid, é o maior complexo ferroviario de España. É a primeira estación ferroviaria de España en traxectos nacionais, e a segunda en traxectos internacionais, só superada por Barcelona-Sants. Non constitúe unha estación única, senón que por mor da reforma integral á que foi sometida entre 1985 e 1992 divídese en tres: Madrid-Puerta de Atocha Madrid-Atocha Cercanías Atocha Renfe, estación de metro da liña 1.
O caso Reace é o escándalo que salpicou a empresa Reace (Refinería del Noroeste de Aceites y Grasas, SA) en marzo de 1972 en Guixar (Vigo) após a desaparición de 4 036 052 kg de aceite de oliva, propiedade da Comisaría de Abastecimientos y Transportes (CAT) e valorado en 167 615 172 pesetas. Arredor do caso producíronse diversas mortes en estrañas circunstancias por parte de persoas implicadas no caso. A empresa Reace foi fundada na localidade pontevedresa de Redondela, polo que popularmente o caso se coñece tamén como o caso do aceite de Redondela.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Beauty and the Beast: The Enchanted Christmas
Beauty and the Beast: The Enchanted Christmas é un filme estadounidense-canadense de 1997 producido por Walt Disney Television Animation. É un filme de animación e musical que se estreou directamente en vídeo. É a continuación do filme de 1991 Beauty and the Beast.
Porto do Son (á espera da oficialización da forma O Porto do Son) é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. A capital do concello é a vila homónima, situada na parroquia de Noal. O termo municipal ten unha extensión de 94,58 km² e, segundo o padrón municipal (INE 2015), conta cunha poboación de 9.436 habitantes, o que daba, nesa data unha densidade de 99,77 hab./km².
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
George Wells Beadle, nado en Wahoo, Nebraska, o 22 de outubro de 1903 e finado en Chicago o 9 de xuño de 1989, foi un biólogo norteamericano. Premio Nobel de Fisiloxía e Medicina de 1958 compartido con Edward Lawrie Tatum polo seu descubrimento de que os xenes actúan regulando procesos bioquímicos dentro da célula.
Cangas, ou Cangas do Morrazo (á espera da oficialización da forma Cangas de Morrazo), é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo, da que é capital histórica. Segundo o IGE, en 2021 tiña 26.708 habitantes, co que é o municipio máis poboado da comarca. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cangués, aínda que tamén é común na zona a forma cangueiro.
Un elemento químico, ou soamente elemento, é unha substancia formada por átomos co mesmo número de protóns no núcleo. Este número coñécese como o número atómico do elemento. Por exemplo, todos os átomos con 6 protóns nos seus núcleos son átomos do elemento químico carbono, mentres que todos os elementos con 92 protóns nos seus núcleos son átomos do elemento uranio.
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Proclamación da Segunda República española
A proclamación da Segunda República española consistiu na instauración o 14 de abril de 1931 do novo réxime político republicano que sucedeu a monarquía borbónica de Afonso XIII. Esta ficara «deslexitimada» ao permitir a ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), fracasada no seu intento de volta á «normalidade constitucional» coa dictablanda do xeneral Dámaso Berenguer (1930-1931). A ilusión xerada polo cambio, foi descrita polo poeta Antonio Machado, do seguinte xeito: "Esas horas, meu Deus, todas elas foron tecidas co máis puro liño da esperanza, cando vellos republicanos izaron a bandeira tricolor no concello de Segovia!" España en 1931 constituíu un caso único na historia, pois nunca se producira a caída dunha monarquía por consecuencia inmediata dos resultados dunhas eleccións que non se convocaran con esa finalidade. Tamén o foi porque o cambio de réxime produciuse de forma pacífica, sen ningún tipo de altercado.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A inmigración nicaraguana en España refírese ao asentamento de cidadáns da República de Nicaragua no Reino de España, antiga entidade colonizadora do país centroamericano. Segundo o Instituto Nacional de Estatística de España (INE) o número de persoas con nacionalidade nicaraguana residentes en situación regular é de 60.681 en 2022, aínda que se cre que a cifra real pode ser lixeiramente superior debido á existencia de nicaraguanas que non teñan regularizada a súa situación en España.
Pocahontas II: Journey to a New World
Pocahontas II: Journey to a New World é un filme estadounidense de 1998 dirixido por Tom Ellery e Bradley Raymond. É a secuela de Pocahontas e mentres o primeiro filme abordaba o encontro da protagonista con John Smith e a chegada dos colonos a Jamestown, a secuela céntrase na viaxe de Pocahontas e Inglaterra con John Rolfe para negociar a paz entre as dúas nacións, aínda que a súa morte é omitida no remate da historia.
A cerimonia de entrega da XIV edición dos Premios Goya tivo lugar no Auditorio de Barcelona o 29 de xaneiro de 2000, sendo arestora (2010) a única ocasión en que se celebrou lonxe de Madrid. A gala, dirixida por Rosa Vergés, foi presentada por Antonia San Juan, candidata a un Goya esa mesma noite por Todo sobre mi madre. Mellor película: Todo sobre mi madre.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
O Convento Bracarense, (en latín: Conventus Bracarensis) foi unha entidade administrativa romana da Gallaecia sita no Noroeste de Península Ibérica. O seu nome deriva da súa capitalidade, Bracara Augusta (Braga), a cidade máis importante do convento e que rexía económica e administrativamente todo o territorio. Tiña como lindes o curso do río Douro polo sur -que marcaba a raia coa Lusitania-, polo norte o río Verdugo na parte meridional da actual provincia de Pontevedra, e o río Sil, ambos marcaban o linda norte co conventus lucensis, na cara oriental, o río Navea, afluente do Sil, sería de liña divisoria a respecto do convento asturicense, quedando as actuais comarcas de Trives (esta non completamente), Viana e o Valdeorras dentro dos dominios conventuais de Asturica Augusta.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Igrexa da Vera Cruz do Carballiño
A igrexa da Vera Cruz (coñecida localmente como a "igrexa nova") é un templo católico que se atopa no concello do Carballiño. É unha das últimas obras inacabadas do arquitecto galego Antonio Palacios, finalizada en 1957.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 230.553.
A inmigración hondureña en España é o movemento migratorio de cidadáns da República de Honduras, en América Central, cara ao Reino de España, na península Ibérica (Europa). Sumando 130.119 en 2021 persoas empadroadas (aínda que estimadas en total calcúlase un número maior), constitúe a comunidade máis numerosa de hondureños en Europa e a segunda no mundo, só por detrás da colectividade que reside nos Estados Unidos de América. A inmigración de hondureños en España levouse a cabo dende os comezos da colonización española de América, conquista e colonización daquel reino ao actual territorio que comprende Honduras e gran parte de América, sábese pola historia rexistrada que foron moitos dos hondureños que cruzaron o Océano Atlántico na procura de novas oportunidades.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Vitas sanctorum patrum emeretensium
A Vitas sanctorum patrum emeretensium (Vidas dos santos pais de Mérida) é un texto haxiográfico da Alta Idade Media escrito en lingua latina. Narra as vidas de cinco bispos que gobernaron a sé de Mérida na segunda metade do século VI e primeira metade do VII: Paulo, Fidel, Masona, Inocencio e Renovatio.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.