Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A Cidade da Cultura de Galicia (CDC) é un complexo arquitectónico que se atopa no monte Gaiás, na cidade de Santiago de Compostela, pertencente á Xunta de Galicia. As funcións dos edificios son múltiples, dende a Biblioteca e Arquivo de Galicia ou o Museo Centro Gaiás que se adican á difusión, conservación e investigación cultural, a edificios como o CINC ou o CEM, centrados na tecnoloxía e o emprendemento empresarial. Ten tamén unha extensa rede de áreas verdes para practicar deporte e pasar tempo de lecer.
O gato ou gato doméstico (Felis silvestris catus ou Felis catus), chamado familiarmente micho ou mico, é un mamífero doméstico da familia dos felinos, con unllas retráctiles, carnívoro, de pelaxe espesa e suave. Os humanos adoitan valorar estes animais pola súa compañía e pola súa capacidade de cazar pequenos animais coma os ratos. Existen máis de setenta razas de gatos recoñecidas por varios rexistros.
Segundo o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, existen máis de 6000 apelidos galegos, que corresponden aproximadamente co 95% da poboación galega. Ao longo dos Séculos Escuros, moitos apelidos fóronse, ben adaptándose foneticamente ao español: *Feijoo/Feixoo, ben substituíndo polos seus equivalentes casteláns *Iglesias/Igrexas ou Eirexas. Por tanto, apelidos moi abundantes como Otero ou Alonso non proceden, na maior parte dos casos, de xente que viñese de fóra de Galiza, senón de transformacións que sufriron apelidos xenuinamente galegos (Outeiro e Afonso, neste caso).
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Palestine Cola é un refresco de cola comercializado pola marca Safad Food, afincada en Malmö (Suecia). A bebida foi lanzada ó mercado en febreiro de 2024 como alternativa a Coca-Cola e Pepsi, as cales están a ser boicotadas por algunhas persoas no marco do movemento Boicot, Desinvestimentos e Sancións, cuxo seguimento aumentou tralo inicio da Guerra de Gaza. Tras o éxito en Escania e o resto de Suecia, a compañía comezou a exportar ó resto de Europa, EUA, Suráfrica, Sri Lanka, Mauricio e Trinidad e Tobago en outubro de 2025.
Rosario Porto Ortega, nada en Santiago de Compostela o 18 de decembro de 1969 e finada en Brieva o 18 de novembro de 2020, foi unha avogada galega non exercente, condenada, canda a seu esposo, Alfonso Basterra, polo asasinato da filla adoptiva de ámbolos dous, Asunta Basterra, en 2013. Rosario remataría suicidándose en prisión.
A tirosinase é unha oxidase que é o encima limitante da velocidade para controlar a produción de melanina. Intervén principalmente en dúas reaccións da síntese de melanina tamén coñecidas como a vía Raper–Mason. Primeiro, a hidroxilación dun monofenol e despois, a conversión dun o-difenol á correspondente o-quinona.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
O brassicasterol (24-metil colest-5,22-dien-3β-ol) é un esterol de 28 carbonos sintetizado por varias algas unicelulares do fitoplancto e algunhas plantas terrestres, como a colza (Brassica napus) ou Mirabilis jalapa.. Este composto usouse frecuentemente como biomarcador da presenza de material algal (mariño) no medio ambiente, e é un dos ingredientes do aditivo alimentario "esterois de plantas ricas en estigmasterol" (Número E499 no sistema de numeración europeo). Algunhas evidencias suxiren que o brassicasterol procedente da dieta que cruzou a barreira hematoencefálica pode ser tamén un biomarcador adicional relevante na enfermidade de Alzheimer.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Copa do Mundo de 2026 será a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo terá lugar en 10 cidades dos Estados Unidos, 3 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. Será a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Cangas, ou Cangas do Morrazo (á espera da oficialización da forma Cangas de Morrazo), é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo, da que é capital histórica. Segundo o IGE, en 2021 tiña 26.708 habitantes, co que é o municipio máis poboado da comarca. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cangués, aínda que tamén é común na zona a forma cangueiro.
A lousa é unha rocha metamórfica formada pola compactación de arxilas, aparece en cor escura dividida en xistos, moi empregada nos tellados da provincia de Lugo. Está considerado como un dos materiais máis sostibles para as cubertas de edificios debido á súa mínima emisión de CO2 e consome menos auga que unha de cerámica.[Cómpre clarificar] España é o primeiro exportador do mundo desta pedra, obtidas nos xacementos do Bierzo, Valdeorras, Zamora e Badaxoz. Aínda que é Gales o país que máis exporta, competindo con Portugal, Italia, Estados Unidos e Alemaña.
As seis de La Suiza é o nome co que se coñece un caso xudicial en España que involucra seis sindicalistas da Confederación Nacional do Traballo (CNT) condenadas por unha campaña de protesta contra a pastelería La Suiza, en Xixón, en defensa dunha traballadora embarazada que denunciou acoso laboral e sexual.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Rosalía Vila Tobella, nada en Sant Esteve Sesrovires (provincia de Barcelona) o 25 de setembro de 1992, máis coñecida como Rosalía, é unha cantante e actriz española. En 2018, converteuse na española con máis premios Grammy Latinos por un único traballo. A súa canción «Malamente», con raíces flamencas e fusión urbana, obtivo cinco nomeamentos dos cales conseguiu dous galardóns.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O centro histórico de Odesa (en ucraíno: Історичний центр Одеси; romanizado como Istorychnyi tsentr Odesy), Centro Histórico da Cidade de Odesa, ou Centro de Odesa é Patrimonio da Humanidade da UNESCO localizado en Odesa, Ucraína. Incluíuse na lista de lugares de interese da UNESCO en 2023 e, actualmente, está na Lista do Patrimonio da Humanidade en Perigo debido á guerra ruso-ucraína.
Corpo da Nobreza do Antigo Reino de Galicia
O Corpo da Nobreza do Antigo Reino de Galicia (polo seu nome rexistrado en castelán e oficial Cuerpo de la Nobleza del Antigo Reino de Galicia) é unha asociación nobiliaria que agrupa a nobres de orixe galega tanto de Galicia e España, coma do exterior. O seu fin declarado é pular para que se manteñan os costumes, o patrimonio e a historia da nobreza galega. Tamén establecen como unha das súas principais funcións "desenvolver actividades culturais, sociais e benéficas".
Mosteiro de San Martiño Pinario
O mosteiro de San Martiño Pinario é un mosteiro beneditino fundado no século X e que no século XVI, coa reforma promovida polos Reis Católicos, dirixiu e gobernou a totalidade dos mosteiros bieitos masculinos de Galicia. Sitúase na zona vella da cidade de Santiago de Compostela, fronte á fachada da Acibechería da Catedral e ocupa 22.000 m².
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A arte medieval ou historia da arte medieval ocupou unha basta extensión de tempo da historia da arte, uns 1000 anos, así como amplos territorios, como o oeste de Europa e o norte de África. Os historiadores clasifican á arte medieval como un gran período artístico, aínda que dentro deste poderíanse facer varias subdivisións das que son exemplo: arte paleocristiá, arte prerrománica, arte románica, arte gótica, arte bizantina, arte islámica etc. Ademais cada "pobo" ou cultura da Idade Media tivo o seu propio estilo como a arte anglosaxoa ou a arte viquinga.
A batalla de Porto de Bois foi un conflito bélico que tivo lugar na primavera de 1371 en Porto de Bois (O Mato, Palas de Rei), no marco das guerras fernandinas, a guerra sucesoria á Coroa de Castela entre Fernando I de Portugal (bisneto de Sancho IV de Castela) e Henrique II de Castela (fillo ilexítimo de Afonso XI de Castela) tras a morte do rei Pedro I de Castela.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
San Martiño de Caldelas de Tui (á espera da oficialización da forma Caldelas de Miño) (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o IGE de 2013 tiña 840 habitantes (404 mulleres e 436 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón un lixeiro aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 802 habitantes.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 230.595.
Porto do Son (á espera da oficialización da forma O Porto do Son) é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. A capital do concello é a vila homónima, situada na parroquia de Noal. O termo municipal ten unha extensión de 94,58 km² e, segundo o padrón municipal (INE 2015), conta cunha poboación de 9.436 habitantes, o que daba, nesa data unha densidade de 99,77 hab./km².
Git é un sistema de control de versións (VCS) que traza os cambios en ficheiros e permite a coordinación de traballo en grupos de moitas persoas. Emprégase máis para o desenvolvemento de software, pero úsase para xestionar traballos sobre calquera tipo de ficheiros. É un sistema de control de versións distribuído orientado á ser rápido, manter a integridade dos datos, e soportar modelos de traballo distribuídos e non lineais.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
San Miguel de Pexegueiro (á espera da oficialización da forma Pesegueiro) é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. A parroquia está situada no val do Río Furnia, na parte noroccidental do concello. Limita ao norte con Malvas, ao leste con Randufe e Areas (as tres parte co concello de Tui) e ao sur e oeste co concello de Tomiño.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
A ARN polimerase II ou RNA polimerase II (abreviada como RNAP II, ARN pol II e Pol II) é un encima que se encontra nas células eucarióticas que cataliza a transcrición do ADN para sintetizar os precursores dos ARNm e a maioría dos ARN nucleares pequenos e microARNs. O complexo de 550 kDa de 12 subunidades da RNAP II é o tipo máis estudado de ARN polimerase. Son necesarios numerosos factores de transcrición para que este encima se una ao promotor do xene situado augas arriba e empece a transcrición.
A filosofía (do grego - φιλοσοφία philos / sophia, "amor á sabedoría") é o estudo das cuestións xerais e fundamentais relacionadas coa natureza da existencia humana; do coñecemento; da verdade; valores morais e estéticos; da mente; tanto da lingua como do universo no seu conxunto en suma pódese dicir que é a procura do coñecemento puro sen deixarse corromper por sistemas preestabelecidos. A filosofía responde ó desexo de saber, busca coñecer as causas das cousas, indagando a verdade e os seus problemas. Neste senso é máis crítica que dogmática.
Os nervios son estruturas condutoras de impulsos nerviosos situadas fóra do sistema nervioso central. Están formados por un conxunto de fibras nerviosas ou axóns agrupados, asociadas en fascículos por medio de tecido conxuntivo, cada un deles procedente dunha neurona. Poden ser motores ou sensitivos, mais a maior parte son mixtos e conteñen tanto fibras sensitivas como motoras.
Un monzón é un vento periódico, especialmente no océano Índico e no sur de Asia. A palabra úsase para denominar a estación na que o vento sopra do suroeste na India e territorios adxacentes que se caracteriza con grandes chuvias, especialmente chuvias que están asociadas con este vento. O monzón do suroeste que arranca da costa de Kerala, na India, comeza xeralmente na primeira quincena de xuño.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
Rudolphus "Roy" Antonius Makaay, nado en Wijchen (Güeldres) o 9 de marzo de 1975, é un exfutbolista neerlandés, que xogaba de dianteiro. Considerado un dos mellores atacantes da súa xeración, marcou máis de 300 goles ao longo da súa carreira, destacando especialmente como xogador do Deportivo da Coruña e do Bayern de Múnic. Foi o máximo goleador do club galego na tempada que este gañou o seu único título da liga de Primeira División e tres anos despois proclamouse máximo anotador da propia liga española e de todas as ligas europeas, con 29 tantos, gañando así o Trofeo Pichichi e a Bota de Ouro.
Tripoli (/ˈtrɪpəli/, árabe طَرَابُلُس romanizado Ṭarābulus, ar; Árabe libanés طرابلس (Ṭrāblus), apc-LB, ver abaixo) é a cidade máis grande do norte do Líbano e a segunda cidade máis grande do país. Situada a 81 km ao norte da capital Beirut, é a capital da Gobernación do Norte e o Distrito de Trípoli. Trípoli domina o mar Mediterráneo oriental e é o porto marítimo máis setentrional do Líbano.
Gabriel José de la Concordia García Márquez, máis coñecido como Gabriel García Márquez ( pronunciación ), ( escoitar), nado en Aracataca o 6 de marzo de 1927 e finado en Cidade de México o 17 de abril de 2014, foi un escritor, xornalista, editor e activista político colombiano. Estudou dereito e xornalismo na Universidade Nacional de Colombia e iniciou as súas colaboracións xornalísticas no diario El Espectador. Foi coñecido como Gabo, ou Gabito, polos seus familiares e amigos (hipocorístico guajiro para Gabriel), desde que o seu compañeiro do diario bogotano El Espectador, José Salgar, comezase a chamalo así..