Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Hentai é unha palabra xaponesa que fóra do Xapón se emprega para referirse á banda deseñada e ós debuxos animados de carácter pornográfico ou sexualmente explícitos, particularmente aqueles de orixe xaponesa, como o anime, manga e os videoxogos, estes últimos coñecidos como eroge ou xogos H. En xaponés hentai é unha palabra kanji composta de 変 (hen que significa "mudanza") e 態 (tai que significa "actitude" ou "aparencia"). Utilízase como abreviación da frase 変態性欲 (hentai seiyoku), "perversión sexual". Utilízase tamén popularmente como un insulto equivalente a pervertido, pero non se aplica á pornografía no Xapón, alí denomínase 18-kin (18禁, literalmente "18-prohibido") e seijin manga (成人漫画 "manga para adultos"), tamén empréganse as letras AV do inglés Adult Video (vídeo para adultos).
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas.
Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas
A Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas é unha asociación ecoloxista galega fundada en 1989 e centrada na conservación da natureza a través da custodia do territorio. Esta asociación protexe e conserva o bosque Ridimoas no concello de Beade, na comarca do Ribeiro. A súa actividade principal é a creación, protección e mantemento do "bosque de Ridimoas", situado no concello de Beade, para manter nel un espazo de protección da flora e da fauna autóctona galega.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
El vampiro pusitaimero, más conocido como masedapusytaimero, es un animal astrolopitecuoso marino que habita en las profundidades del mar negro. Esto es debido a que le gustan las pijas que son bien negras y los cineros de gente famosa como Jorge Calvito Zampabichito. Este tipo de vampiro tiene un cinero bien gordo y grande y cada descendencia tiene 4 piernas, las cuales 2 de ellas se sitúan en el medio de las otras 2.
Factor de transcrición asociado á microftalmia
O factor de transcrición asociado á microftalmia tamén chamado proteína de hélice-bucle-hélice básica de clase E 32 (bHLHe32) é unha proteína que nos humanos está codificada no xene MITF do cromosoma 3. O MITF é un factor de transcrición de cremalleira de leucina de hélice-bucle-hélice básica implicado na regulación da vía específica de liñaxe de moitos tipos de células, como melanocitos, osteoclastos e mastocitos. O termo "específico de liñaxe", cando se refire ao MITF, significa xenes ou caracteres que soamente se atopan en certos tipos de células.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Nikola Tesla (en cirílico serbio: Никола Тесла), nado en Smiljan Imperio Austrohúngaro (hoxe en día Croacia) o 10 de xullo de 1856 e finado en Nova York o 17 de xaneiro de 1943, foi un físico, matemático, inventor, e enxeñeiro eléctrico serbio estadounidense e o promotor máis importante do nacemento da electricidade comercial. Coñécese, sobre todo, polas súas numerosas e revolucionarias invencións no campo do electromagnetismo, desenvolvidas a finais do século XIX e principios do século XX. As patentes de Tesla e o seu traballo teórico formaron as bases dos sistemas modernos de potencia eléctrica por corrente alterna (CA), incluíndo o sistema polifásico de distribución eléctrica hoxe en día chamado sistema trifásico e o motor de corrente alterna, que tanto contribuíron ao nacemento da Segunda revolución industrial. Tesla era etnicamente serbio xa que naceu na vila de Smiljan (hoxe en día en Croacia), no entón Imperio Austrohúngaro (aínda que algúns académicos romaneses afirman que era istroromanés).
Pepe Domingo Castaño Solar, nado en Lestrobe (Dodro) o 8 de outubro de 1942 e finado en Madrid o 17 de setembro de 2023, foi un cantante e xornalista galego. Durante moitos anos presentou distintos programas deportivos (especialmente de fútbol masculino) en diversas cadeas españolas, como SER (Carrusel deportivo) ou Cope (Tiempo de juego).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A lingua das bolboretas é a versión cinematográfica de varios relatos do escritor Manuel Rivas, publicados dentro do libro Que me queres, amor?. José Luis Cuerda levou ó cine no ano 1999 esta historia da infancia nun contorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República Española.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A potencia celular é a capacidade da célula de diferenciarse noutros tipos de células. A potencia dunha célula é maior a cantos máis tipos se pode diferenciar. A potencia tamén se describe como o potencial de activacion xénica nunha célula, o cal xerando un continuum, empeza coa totipotencia para designar unha célula co máximo poder de diferenciación, e segue coa pluripotencia, multipotencia, oligopotencia e, finalmente, unipotencia (orixina un só tipo de célula).
Pedro Álvarez de Soutomaior, alcumado Pedro Madruga, talvez finado en Alba de Tormes en 1486, foi unha das figuras máis salientables do medievo galego, considerado hoxe o prototipo de cabaleiro feudal. De orixe bastarda, foi un home belicoso que chegou ao máis alto rango da liñaxe dos Soutomaior. Temido e admirado, os ecos dos seus feitos promoveron centos de estudos sobre a súa figura e mais o seu tempo.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O Líbano (árabe: لُبْنَان), oficialmente a República do Líbano (árabe: الجمهورية اللبنانية) ou a República Libanesa, é un país de Asia Occidental. Está situado entre Siria ata o norte e o leste e Israel ata o sur, mentres que Chipre se atopa ao oeste, atravesando o mar Mediterráneo. A súa localización na encrucillada da Conca do Mediterráneo e do interior árabe contribuíu á súa rica historia e deu forma á unha identidade cultural de diversidade relixiosa.
A esmorga é unha novela tremendista escrita por Eduardo Blanco Amor, publicada en Buenos Aires en 1959 e en Galicia en 1970. Foi unha das primeiras novelas galegas de posguerra, e marcou un fito na historia da literatura galega. A súa repercusión nas xeracións posteriores levouna a ocupar un lugar destacado do canon literario.
Laxe é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2022 tiña 2.977 habitantes (3.084 en 2018, 3.148 en 2016, 3.313 no 2012, 3.366 no 2011, 3.417 no 2010) dos que 1.543 eran homes e 1.541 eran mulleres. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é laxoso.
Cabo Udra é un cabo e un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a costa leste da ría de Aldán, e que está na ría de Pontevedra. O cabo Udra é o cabo de que limita a ría de Aldán coa de Pontevedra e ademais o que limita o espazo natural protexido polo norte. A punta do Niño do Corvo está ao sur deste cabo e pecha o espazo natural.
Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
En estatística, a distribución mostral ou distribución de mostraxe é a distribución de probabilidade dunha estatística calculada a partir dunha mostra aleatoria. En concreto, corresponde á distribución dos valores que toma unha estatística cando se consideran todas as mostras posibles dun tamaño determinado extraídas dunha mesma poboación estatística. O estudo das distribucións mostrais constitúe un elemento fundamental da inferencia estatística, xa que permite estimar parámetros descoñecidos dunha poboación, calcular intervalos de confianza e realizar contrastes de hipóteses.
Damon Graham Devereux Hill, OBE, nado en Londres o 17 de setembro de 1960, é un expiloto de Fórmula 1 británico e o campión do mundo de 1996. É fillo do dúas veces campión do mundo de Fórmula 1 Graham Hill. Hill chegou ás competicións de motor profesionais relativamente tarde, comezou a competir con motocicletas en 1983 á idade de 23 anos.
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés. Entre outros moitos premios é Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2022) e Premio Nacional das Letras Españolas (2024) do Goberno de España.
Melania Knauss-Trump, nada en Novo Mesto o 26 de abril de 1970, é unha exmodelo estadounidense de orixe eslovena, coñecida sobre todo por ser a terceira dona do 45º presidente dos Estados Unidos, Donald Trump. Sucedeu a Michelle Obama como a Primeira dama dos Estados Unidos de América, pasando á historia como a segunda nada fóra do país, tras Louisa Adams (dona do 6º presidente, John Quincy Adams, 1825-1829). Nada no seo dunha familia eslovena na vila de Sevnica, preto de Radeče, co nome de Melanija Knavs, comezou a súa carreira na modelaxe aos 16 anos ao tempo que cursou a carreira de arquitectura.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Un algoritmo é un conxunto ordenado e finito de operacións sinxelas que conducen á resolución dun problema, como por exemplo a formulación programática paso a paso para producir unha serie de resultados nun programa en informática. Máis especificamente, en matemáticas, constitúe o conxunto de procesos (e símbolos que os representan) para efectuar un cálculo. Partindo dun estado inicial e unha entrada determinada, a aplicación dos pasos sucesivos dun algoritmo conduce a un estado final que proporciona unha solución ao problema exposto.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
José Ortega y Gasset, nado en Madrid o 9 de maio de 1883 e finado na mesma cidade o 18 de outubro de 1955, foi un filósofo español considerado o principal expoñente da teoría do perspectivismo e do raciovitalismo, situado no movemento do Novecentismo. Tamén actuou como activista político e como xornalista.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego. Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
La buena hija é unha película dramática de 2025 dirixida por Júlia de Paz Solvas, a partir dun guión coescrito con Núria Dunjó, que explora cómo a violencia machista e vicaria marca a varias xeracións. Está protagonizada por Kiara Arancibia xunto a Janet Novás, Julián Villagrán e Petra Martínez. É unha coprodución hispano-belga.
Charles Robert Darwin [tʃɑrlz ˈdɑrwɪn], nado o 12 de febreiro de 1809 e finado o 19 de abril de 1882, foi un naturalista, biólogo e xeólogo inglés que destaca pola súa achega á teoría evolutiva. Observou e postulou que todas as especies de organismos vivos evolucionaron a partir dun único antecesor común. Nunha publicación conxunta con Alfred Russel Wallace, introduciu a teoría de que ese fenómeno de diversificación é o resultado do que denominaron selección natural; un proceso no que a competición por persistir ten a mesma resultante que teñen os cruzamentos selectivos na selección artificial.
A Revolución de Zanzíbar (árabe: ثورة زنجبار) tivo lugar en 1964 e levou ao derrocamento do Sultán de Zanzíbar e o seu goberno principalmente árabe a mans de revolucionarios negros locais. Zanzíbar era un estado etnicamente diverso que constaba dunha serie de illas fronte a costa de Tanganica, ao que o Reino Unido lle concedera a independencia en 1963. Nunha serie de eleccións parlamentarias previas á independencia, a minoría árabe logrou manter o poder que tivera cando Zanzíbar era un territorio de ultramar de Omán.
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros no ano 2018. Nada baixo a influencia do grupo Terbutalina, a súa andaina iníciase da man de Xanma e Samuel (Rapante), ambos guitarristas da vila aos que non tardaría en sumarse Matías ao baixo e sintetizadores. Cunha base musical apoiada en ritmos disco e guitarras indies característicos de agrupacións como The Smiths, The Growlers ou mesmo Novedades Carminha, o carácter destes catro mozos radica nunha actitude despreocupada e enérxica.
Dune (titulado en pantalla Dune: Part One) é un filme de ciencia ficción de 2021 dirixido por Denis Villeneuve e escrito por Eric Roth, Jon Spaihts e o propio Villeneuve. É unha coprodución internacional dos Estados Unidos, o Reino Unido, o Canadá e Hungría e constitúe a primeira entrega de dous filmes baseados nunha nova versión revisada fiel á novela homónima de 1965 de Frank Herbert. Está protagonizada por Timothée Chalamet, Rebeca Ferguson, Oscar Isaac, Josh Brolin, Stellan Skarsgård, Dave Bautista, Stephen McKinley Henderson, Zendaya, David Dastmalchian, Chang Chen, Sharon Duncan-Brewster, Charlotte Rampling.