Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O accidente de Chernóbil foi un accidente nuclear ocorrido o 26 de abril de 1986 na central nuclear de Chernóbil, situada na República Socialista Soviética de Ucraína (actual Ucraína). Un estoupido e un incendio lanzaron grandes cantidades de contaminación radioactiva á atmosfera, que se estendeu sobre gran parte do oeste de Rusia e Europa. Está considerado o peor accidente nunha central nuclear da historia, e foi o primeiro clasificado como de nivel 7 na escala internacional de eventos nucleares (no 2011 chegou a este nivel o accidente nuclear de Fukushima).
Desenvolvemento dos dentes humanos
O desenvolvemento dos dentes humanos ou odontoxénese humana é o proceso complexo polo cal os dentes se forman a partir de células embrionarias, proliferan e fan erupción na boca humana. Para que os dentes humanos teñan un ambiente oral san, todas as partes do dente deben desenvolverse durante os estadios apropiados do desenvolvemento fetal. Os dentes de leite empezan a formarse entre a sexta e a oitava semana do desenvolvemento prenatal, e os dentes permanentes empezan a formarse na 20ª semana.
Revolución galega de 1846, levantamento de 1846, pronunciamento de 1846 ou sublevación liberal de 1846, son os nomes que recibe a revolta iniciada co pronunciamento do comandante Miguel Solís, o 2 de abril de 1846 en Lugo, contra o goberno conservador do xeneral Narváez. O alzamento aspiraba a obter un rápido triunfo en Galicia que se estendese a seguir polo resto do estado. Porén, nin conseguiu sumar todas as cidades galegas nin foi imitado noutras partes de España.
Modelo ecolóxico de Bronfenbrenner
O modelo ecolóxico de Bronfenbrenner, tamén coñecido como teoría ecolóxica dos sistemas, é unha teoría do desenvolvemento humano proposta polo psicólogo estadounidense Urie Bronfenbrenner. O modelo sostén que o desenvolvemento das persoas debe comprenderse en relación cos contextos nos que viven, coas interaccións que manteñen neles e cos cambios que se producen ao longo do tempo. A proposta foi formulada inicialmente en The Ecology of Human Development (1979), obra na que Bronfenbrenner describiu o desenvolvemento humano como o resultado da relación entre a persoa e unha serie de ambientes organizados en sistemas interdependentes.
Michael Joseph Jackson, nado o 29 de agosto de 1958 en Gary, Indiana, e finado o 25 de xuño de 2009 nos Ánxeles, foi un cantautor, produtor, músico, actor e bailarín estadounidense. Alcumado coma o "Rei do Pop", a súa contribución á música, ó baile, á moda, xunto coa súa publicitada vida persoal, fixeron del unha figura da cultura popular durante catro décadas. O oitavo fillo da familia Jackson, debutou na música profesional a carón dos seus irmáns como membro dos Jackson 5 en 1968, e comezou a súa carreira en solitario en 1971.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
O levantamento militar do día 25 de abril de 1974, denominado Revolución dos Caraveis (en portugués: Revolução dos Cravos), derrubou, nun só día, o réxime político ditatorial que existía en Portugal dende 1926 (coñecido dende 1933 como Estado Novo) e que era o máis lonxevo de Europa, sen grande resistencia das forzas leais ó goberno, que cederon perante o movemento popular, que rapidamente apoiaron ós militares. Este levantamento é coñecido por 25 de Abril ou Revolución dos Caraveis. O levantamento foi conducido polos oficiais intermedios da xerarquía militar (o MFA), na súa maior parte capitáns que tiñan participado na guerra colonial.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Lotus E20 é un coche de carreiras de Fórmula Un deseñado e producido polo equipo Lotus F1 Team baseado en Enstone para a tempada 2012 O E20 será o vixésimo coche de Fórmula Un deseñado en Enstone desde 1992, e leva o nome en homenaxe á contribución da institución e o seu persoal nos seus vinte anos de historia. O coche tamén será o primeiro da fábrica de Enstone en levar o nome de Lotus, xa que o equipo deixou de utilizar o nome de Renault que cambiou polo de Lotus Renault GP ao final de 2011. O equipo seguirá usando motores Renault.
Os estilos de crianza ou estilos parentais son expresións empregadas na psicoloxía do desenvolvemento, na educación familiar e nas ciencias sociais para describir formas xerais de relación entre nais, pais ou persoas coidadoras e os seus fillos e fillas. O concepto fai referencia ao xeito no que se combinan a autoridade, o afecto, a comunicación, a supervisión e o grao de autonomía concedido no contexto familiar. A clasificación máis coñecida procede dos traballos de Diana Baumrind sobre control parental e desenvolvemento infantil.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Damon Graham Devereux Hill, OBE, nado en Londres o 17 de setembro de 1960, é un expiloto de Fórmula 1 británico e o campión do mundo de 1996. É fillo do dúas veces campión do mundo de Fórmula 1 Graham Hill. Hill chegou ás competicións de motor profesionais relativamente tarde, comezou a competir con motocicletas en 1983 á idade de 23 anos.
Francisco Xabier del Buey Fernández, nado en Santiago de Compostela o 24 de abril de 1970 é un activista social galego, creador artístico e avogado. Aveciñado en Portomouro (Val do Dubra), criouse no barrio de Vite de Santiago. É Director da Fundación Terrum (antes “sen esquencer”) e dos proxectos Terrum.Social (Cluster xurídico) da Universidade da Diversidad UD2 e da Oficina de Dereitos Sociais “Habeas Corpus” da mesma entidade, en cuxos fines estatutarios se contempla a loita contra a discriminación, a exclusión e a recuperación da dignidade e memoria.
Un terzo era unha unidade militar do exército do Imperio Español durante a época da Casa dos Austria. Os terzos foron famosos pola súa resistencia no campo de batalla, formando a elite das unidades militares dispoñíbeis para os reis de España da época. Os terzos foron a peza esencial da hexemonía terrestre, e en ocasións tamén marítima do Imperio.
O Fanjingshan (en chinés simplificado: 梵净山; pinyin: Fànjìngshān) ou monte Fanjing, situado en Tongren, provincia de Guizhou, é o pico máis alto das Montañas Wuling no sueste da China, a unha altitude de 2.570 m. A Reserva Natural Nacional de Fanjingshan estableceuse en 1978 e designada Reserva da Biosfera da UNESCO en 1986. Fanjingshan é unha montaña sagrada no budismo chinés, considerada a bodhimaṇḍa do Buda Maitreya.
A batalla de Cacheiras, ou batalla de Montouto, foi un combate bélico acontecido no 23 de abril de 1846 nas ladeiras do alto de Montouto, en Cacheiras (Teo). Enfrontou o exército insurrecto contra o goberno español, baixo mando do oficial Miguel Solís, e as tropas lideradas polo xeneral José Gutiérrez de la Concha.
Celaeno (Celeno ou 16 Tauri) é unha estrela da constelación de Taurus e membro do cúmulo das Pléiades. Celaeno tamén é coñecida coma a "Pléiade perdida" a través de Teón de Alexandría. Moita xente que observa as pléiades só ve seis estrelas das sete principais estrelas das Pléiades, xa que Celaeno, que ten unha magnitude aparente de +5.45, precisa dun ceo limpo e escuro para ser vista.
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
Geostorm é un filme estadounidense de 2017 dirixido, coescrito e coproducido por Dean Devlin (no seu debut como director). O filme está protagonizado por Gerard Butler, Jim Sturgess, Abbie Cornish, Ed Harris e Andy García. Conta a historia dun deseñador de satélites que tenta salvar o mundo dunha tormenta de proporcións épicas.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Vladimir Vladimirovich Putin (en ruso: Владимир Владимирович Путин), nado en Leningrado o 7 de outubro de 1952, é un político ruso e antigo oficial de intelixencia que é o actual presidente de Rusia, un cargo que ostenta dende o ano 2012, e que xa ocupou entre os anos 1999 e 2008. Tamén foi primeiro ministro dende 1999 até 2000, e de novo entre 2008 e 2012. Putin é o segundo presidente europeo máis lonxevo despois de Aliaksandr Lukašenka da veciña Belarús.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 231.072.
O rispetto é unha forma poética italiana de orixe popular que recibe este nome porque nela o poeta rende homenaxe á muller amada. O rispetto consta dunha cuarteta de hendecasílabos en rima alterna (ABAB), seguida por un ou dos dísticos de hendecasílabos en rima pareada. Os rispetti continuados forman unha serie de composicións unidas entre si polo mesmo tema; os rispetti soltos preséntanse nunha serie mais sen vínculos internos.
«Grândola, Vila Morena» é unha canción composta e cantada por Zeca Afonso, escollida polo Movimento das Forças Armadas (MFA) para ser o segundo sinal para o comezo da Revolución dos caraveis. Zeca Afonso compuxo esta canción en homenaxe á Sociedade Musical Fraternidade Operária Grandolense. A canción refírese á fraternidade entre as persoas de Grândola, no Alentexo, e sería censurada polo réxime Salazarista por ser unha canción asociada ao comunismo.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Ksar El Kebir, tamén transcrito Alcácer-Quibir (a variante máis común en portugués), Alcazarquivir (a variante máis común en castelán), Alcácer-Quivir, al Quasr al-kibr, Alcassar, Kasar al Kebir, Ksar el Kébir, Al-Kasr al-Kbir ou Ksar el-Kebir, en árabe: معركة وادي المخازن ou noutra variante árabe: القصر الكبير ; en bérber: ⵍⵇⵚⵔ ⵍⴽⴱⵉⵔ, é unha cidade marroquina en Quibiroco/ Quibir, situada ao longo do río Loukkos, preto de Larache, na rexión de Tánxer-Tetuán-Al-Hoceima, na provincia de Al-Hoceima ou Alhucemas.
A rede provincial de estradas da Coruña é o conxunto de estradas das que é titular a Deputación de Coruña. Está composta por 2.060,47 km de estradas convencionais e non inclúe ningunha vía da alta capacidade. As estradas e vías das que é titular a deputación transcorren unicamente polo seu territorio e atópanse recollidas no catálogo de estradas aprobado polo pleno da deputación no ano 2021.
Miguel de la Quadra-Salcedo y Gayarre, nado en Madrid o 30 de abril de 1932, e finado ibídem o 20 de maio de 2016, foi un reporteiro, promotor cultural e atleta español, especializado nas probas de lanzamento. Fundou e dirixiu o programa de estudos e aventuras Aventura 92, posteriormente coñecido como Ruta Quetzal. Aínda sendo madrileño de nacemento, el sempre se recoñeceu como vasco-navarro.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Zara Maria Larsson, nada en Estocolmo o 16 de decembro de 1997, é unha cantante e cantautora sueca. Conseguiu sona no seu país após gañar no 2008 o concurso televisivo Talang, a versión sueca de Got Talent. Zara asinou co selo discográfico TEN Music Group no 2010 e lanzou o seu primeiro álbum EP Introducing, en xaneiro de 2013.
Pripyat ou Prípiat[Cómpre referencia] (en ucraíno При́п'ять, ’Prypyat’; en ruso При́пять, ’Pripyat’) é unha cidade pantasma na zona de exclusión ao norte da Ucraína, na rexión de Kíiv, próxima á fronteira con Belarús. Debe o seu nome ao río que atravesa a cidade. Esta cidade é coñecida por sufrir os efectos do accidente nuclear o 26 de abril de 1986, cando se produciu o sobrequecemento e explosión do reactor número 4 da central nuclear de Chernóbil, o cal emitiu 500 veces máis radiación que a bomba atómica que foi lanzada sobre Hiroshima en 1945.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Tras catro tempadas na terceira categoría, na tempada 2024/25 regresou á Segunda División.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Marc Márquez Alentà, nado na localidade de Cervera (provincia de Lleida) o 17 de febreiro de 1993, é un piloto catalán de motociclismo. Gañou 9 títulos do Campionato do Mundo de Motociclismo en tres categorías diferentes: 125cc (2010), Moto2 (2012) e MotoGP (2013, 2014, 2016, 2017, 2018, 2019 e 2025). É piloto do equipo Ducati Lenovo.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Estimulación magnética transcranial
Estimulación magnética transcraneal (TMS) é unha técnica de neuroestimulación non invasiva na que se utiliza un campo magnético cambiante para inducir unha corrente eléctrica nunha área determinada do cerebro mediante indución electromagnética. Un dispositivo chamado estimulador xera impulsos eléctricos que se transmiten a unha bobina magnética colocada sobre o coiro cabeludo. O campo magnético resultante penetra no cranio e induce unha corrente eléctrica secundaria no tecido cerebral subxacente, modulando a actividade neuronal.
O caderno rosa de Lori Lamby é unha obra narrativa en lingua portuguesa da autora brasileira Hilda Hilst, incluída dentro do Ciclo obsceno da autora. As obras que conforman este conxunto son cualificadas a miúdo como “xénero pornográfico” posto que trata de maneira directa e sen tabús a sexualidade. Foi publicada en 1990 por Massao Ohno.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.