Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Rodrigo Cuevas González, nado en Oviedo en 1985, é un artista multidisciplinar, cantante, compositor, acordeonista, DJ e presentador de televisión asturiano. Na súa música e espectáculos, incorpora bases electrónicas á música tradicional, e viste vestimenta rural mesturada cun estilo cabaré e pin-up.
A flora invasora de Galicia é o conxunto de especies de plantas que foi transportado e introducido polo ser humano en Galicia, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecolóxica e/ou paisaxisticamente. Que unha especie vexetal invasora resulta daniña significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, pondo en perigo a diversidade biolóxica nativa (en diversidade de especies, diversidade dentro das poboacións ou diversidade de ecosistemas).
Aiko el grupo é unha banda española de punk pop e indie pop formada en Santander en 2019. O conxunto está integrado por Teresa Iñesta, Lara Miera e Bárbara López. A súa música combina elementos do riot grrrl, o o‑fi e o pop de guitarras, caracterizándose por cancións breves, letras irónicas e unha estética deliberadamente desenfadada.
Denomínase Tesouro dos Quimbayas a un conxunto de obxectos de ouro e tumbaga que forma parte do enxoval de dúas tumbas desta cultura precolombiana. A súa importancia radica non soamente no número de pezas que integran o conxunto, senón na súa excepcional calidade artística e técnica, o que as converte en auténticas obras mestras da arte precolombiana. Unha quinta parte do tesouro dos quimbayas foi regalado, no século XIX, en 1891, o ano do seu descubrimento, polo daquela presidente colombiano, Carlos Holguín Mallarino á raíña María Cristina de Habsburgo-Lorena.
Os receptores adrenérxicos ou adrenoceptores son unha clase de receptores acoplados á proteína G que son dianas de moitas catecolaminas como a noradrenalina (norepinefrina) e a adrenalina (epinefrina) producida polo corpo, pero tamén moitos medicamentos como os betabloqueantes, agonistas de beta-2 (β2) e agonistas de alfa-2 (α2), que se usan para tratar a hipertensión arterial e a asma, por exemplo. Moitas células humanas teñen este tipo de receptores, e a unión de catecolaminas co receptor xeralmente estimula o sistema nervioso simpático (SNS). O SNS é responsable da resposta de loita-fuxida, a cal se desencadea por experiencias como o exercicio físico ou as situacións que causan medo.
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoprano.
Rebecca é un filme estadounidense de drama psicolóxico dirixido por Alfred Hitchcock que se estreou en 1940. Foi o primeiro proxecto estadounidense de Hitchcock e o seu primeiro filme con contrato co produtor David O. Selznick. O guión é obra de Robert E. Sherwood e Joan Harrison, e é unha adaptación de Philip MacDonald e Michael Hogan, estaban baseados na novela homónima de Daphne du Maurier.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Hentai é unha palabra xaponesa que fóra do Xapón se emprega para referirse á banda deseñada e ós debuxos animados de carácter pornográfico ou sexualmente explícitos, particularmente aqueles de orixe xaponesa, como o anime, manga e os videoxogos, estes últimos coñecidos como eroge ou xogos H. En xaponés hentai é unha palabra kanji composta de 変 (hen que significa "mudanza") e 態 (tai que significa "actitude" ou "aparencia"). Utilízase como abreviación da frase 変態性欲 (hentai seiyoku), "perversión sexual". Utilízase tamén popularmente como un insulto equivalente a pervertido, pero non se aplica á pornografía no Xapón, alí denomínase 18-kin (18禁, literalmente "18-prohibido") e seijin manga (成人漫画 "manga para adultos"), tamén empréganse as letras AV do inglés Adult Video (vídeo para adultos).
Revolución galega de 1846, levantamento de 1846, pronunciamento de 1846 ou sublevación liberal de 1846, son os nomes que recibe a revolta iniciada co pronunciamento do comandante Miguel Solís, o 2 de abril de 1846 en Lugo, contra o goberno conservador do xeneral Narváez. O alzamento aspiraba a obter un rápido triunfo en Galicia que se estendese a seguir polo resto do estado. Porén, nin conseguiu sumar todas as cidades galegas nin foi imitado noutras partes de España.
Lista de comunidades autónomas españolas por poboación
Lista das comunidades autónomas españolas ordenadas por poboación segundo padrón municipal, a 1 de xaneiro do 2018.
Roberto Ignacio Vidal Bolaño, nado en Vista Alegre (Santiago de Compostela) o 31 de xullo de 1950 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor, director e actor de teatro galego, pioneiro da dramaturxia profesional en Galicia. Foi un dos líderes do Grupo Antroido, a primeira compañía teatral galega profesional, e con ela realizou unha gran cantidade de funcións, desenvolvendo diferentes tarefas como director, escritor, actor e iluminador, ademais de moitas outras. Escribiu preto de 30 obras de teatro e recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo, o premio Abrente, o premio Álvaro Cunqueiro, o Rafael Dieste, o Eixo Atlántico e o Tirso de Molina, entre outros.
Os cerambícidos (Cerambycidae) son escaravellos que constitúen unha familia cosmopolita de coleópteros, caracterizados polas súas antenas extremadamente longas (parecen "cornos"), que a miúdo son tan longas ou máis que todo o corpo do animal. Porén, hai tamén varios membros da familia nos que as antenas son bastante curtas (por exemplo, Neandra brunnea) e esas especies son difíciles de distinguir dos escaravellos da familia dos crisomélidos. É unha familia grande, cunhas 26.000 especies descritas, algo máis da metade do hemisferio oriental.
Ladislau III (en húngaro: III. László, en croata: Ladislav III., en eslovaco: Ladislav III.; nado circa 1200 e finado o 7 de maio de 1205, foi rei de Hungría e Croacia entre 1204 e 1205. Era o único fillo do rei Emerico. Ladislau foi coroado rei por ordes do seu pai enfermo, que quería asegurar a sucesión do seu fillo máis novo.
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, máis coñecido como Xosé Manuel Beiras, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936, é un político e economista galego de ideoloxía nacionalista galega e de esquerdas. Foi membro fundador e líder do Partido Socialista Galego (PSG), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova). Impulsou coalicións electorais con representación parlamentaria como Galeusca, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ou En Marea.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
María Dolores de Cospedal García, nada en Madrid o 13 de decembro de 1965, é unha xurista e política española, secretaria xeral do Partido Popular e presidenta do Partido Popular de Castela-A Mancha. Foi presidenta da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha entre 2011 e 2015, e ministra de Defensa entre 2016 e 2018.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
Os mapuches son un grupo indíxena americano que habitan no sur-centro de Chile e no suroeste da Arxentina. Constitúen un grupo étnico composto por varios grupos que comparten unha estrutura social, relixiosa e económica comúns, así como un patrimonio lingüístico común. A súa influencia estendíase entre o río Aconcagua e o arquipélago de Chiloé, e máis tarde cara ao leste da Pampa arxentina.
Monster Rancher (serie de televisión)
Monster Rancher, coñecido no Xapón como Monster Farm (モンスターファーム, Monsutā Fāmu) é unha serie anime xaponesa baseada na franquía de videoxogos Monster Rancher de Tecmo. Orixinalmente emitiuse en CBC no Xapón durante dúas tempadas de abril de 1999 a setembro de 2000. En América do Norte, a serie foi licenciada por primeira vez por BKN, Inc.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas
A Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas é unha asociación ecoloxista galega fundada en 1989 e centrada na conservación da natureza a través da custodia do territorio. Esta asociación protexe e conserva o bosque Ridimoas no concello de Beade, na comarca do Ribeiro.
The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros no ano 2018. Nada baixo a influencia do grupo Terbutalina, a súa andaina iníciase da man de Xanma e Samuel (Rapante), ambos guitarristas da vila aos que non tardaría en sumarse Matías ao baixo e sintetizadores. Cunha base musical apoiada en ritmos disco e guitarras indies característicos de agrupacións como The Smiths, The Growlers ou mesmo Novedades Carminha, o carácter destes catro mozos radica nunha actitude despreocupada e enérxica.
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O receptor da melanocortina 1 (MC1R), tamén coñecido como receptor da hormona estimulante dos melanocitos (MSHR), receptor de péptidos activadores da melanina ou receptor da melanotropina, é un receptor acoplado á proteína G que e une ás hormona peptídicas da glándula pituitaria melanocortinas, entre a que etán a hormona adrenocorticotrópica (ACTH) e diferente formas da hormona estimulante dos melanocitos (MSH). Está acoplada á Gαs e regula á alza os niveis de AMP cíclico (AMPc) ao activar a adenilil ciclase en células que expresan este receptor. Exprésase normalmente na pel e os melanocitos, e en menor grao na materia gris periacueductal, astrocitos e leucocitos.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
La buena hija é unha película dramática de 2025 dirixida por Júlia de Paz Solvas, a partir dun guión coescrito con Núria Dunjó, que explora cómo a violencia machista e vicaria marca a varias xeracións. Está protagonizada por Kiara Arancibia xunto a Janet Novás, Julián Villagrán e Petra Martínez. É unha coprodución hispano-belga.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O Peugeot Partner é un modelo multiusos de Peugeot, que se vende nalgúns mercados só na versión furgoneta. Unha característica única deste pequeno vehículo é a súa anchura e a apertura da porta traseira, que permiten a entrada directa de palés de carga dende carretillas elevadoras, facilitando a loxística do transporte. No Brasil, a versión de pasaxeiros do Peugeot Partner vendeuse de 2010 a 2018.
O Wat Phra Kaew (en lingua tailandesa: วัดพระแก้ว), tamén coñecido como Templo do Buda de Esmeralda e oficialmente como Wat Phra Si Rattana Satsadaram (วัดพระศรีรัตนศาสดาราม), é un templo budista situado dentro do recinto do Gran Palacio de Bangkok, no centro histórico de Bangkok. Está considerado o templo budista máis sagrado de Tailandia e alberga o Buda de Esmeralda, venerado tradicionalmente como imaxe protectora do reino. O complexo forma parte do núcleo monumental de Rattanakosin, a cidade histórica fundada por Rama I cando trasladou a capital a Bangkok en 1782.
O Apollo 13 foi a sétima misión tripulada do Proxecto Apollo dos Estados Unidos de América. Non puido cumprir o seu obxectivo, que era realizar unha aluaxe na rexión de Fra Mauro, debido ás enormes complicacións causadas pola explosión dun tanque de osíxeno cando a nave espacial viaxaba cara á Lúa. Esta aventura espacial foi levada ao cine en 1995 coa película Apollo 13.
O Guernica é un cadro pintado por Pablo Picasso en 1937, cuxo título alude ó bombardeo de Gernika ocorrido o 26 de abril do mesmo ano, no transcurso da guerra civil española. Foi pintado por encargo do Goberno da Segunda República Española para ser exposto no pavillón español durante a Exposición Internacional de París de 1937, xunto ás obras doutros afamados artistas españois, co propósito de chamar a atención internacional cara á causa republicana en plena guerra civil. Rematada a guerra e instaurada a ditadura de Franco, Picasso decidiu que o cadro permanecese en depósito no Museo de Arte Moderna de Nova York, aínda que expresou a súa vontade de que regresase a España cando se reinstaurase a democracia.
Lestrobe é un lugar da parroquia de Dodro no concello coruñés de Dodro, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 641 habitantes (312 homes e 329 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 665 habitantes. No pazo da Hermida, declarado Ben de Interese Cultural, asinouse o 26 de marzo de 1930 o pacto de Lestrobe.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Jaan Einasto, nado en Tartu o 23 de febreiro de 1929, é un astrofísico estoniano que ten como campos de traballo a materia escura, a dinámica das galaxias e a estrutura e evolución do universo. O seu apelido é un anagrama da palabra "Estonia" e foi escollida polo seu pai na década de 1930, para substituír as forma xermánica do nome.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Pablo Ruiz Picasso, nado en Málaga o 25 de outubro de 1881 e finado en Mougins, Francia, o 8 de abril de 1973, foi un pintor español máis coñecido polo nome artístico de Pablo Picasso, xa que asinaba co segundo apelido. Foi un dos máis recoñecidos artistas do século XX, coñecido sobre todo porque fundou o cubismo xunto con Georges Braque. Na súa dilatada carreira, evolucionou por diferentes estilos e experimentou con outras disciplinas como a cerámica, a escultura con bronce, o collage, e mesmo fixo poesía.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
José Luis Bárcenas Gutiérrez, nado en Huelva o 22 de agosto de 1957, é un político do Partido Popular, partido no que desempeñou o cargo de tesoureiro por designación directa do seu presidente, Mariano Rajoy. En 2009 foi imputado pola súa implicación no caso Gürtel, a trama de corrupción vinculada ao Partido Popular que foi instruída no seu inicio polo xuíz Baltasar Garzón. A causa contra Bárcenas foi arquivada polo xuíz Antonio Pedreira, que ditou o sobresemento provisorio das actuacións nun auto do 29 de xullo de 2011, mais foi reaberta pola Audiencia Nacional de España en marzo de 2012.
Segundo o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, existen máis de 6000 apelidos galegos, que corresponden aproximadamente co 95% da poboación galega. Ao longo dos Séculos Escuros, moitos apelidos fóronse, ben adaptándose foneticamente ao español: *Feijoo/Feixoo, ben substituíndo polos seus equivalentes casteláns *Iglesias/Igrexas ou Eirexas. Por tanto, apelidos moi abundantes como Otero ou Alonso non proceden, na maior parte dos casos, de xente que viñese de fóra de Galiza, senón de transformacións que sufriron apelidos xenuinamente galegos (Outeiro e Afonso, neste caso).