Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Poio (do latín podium, altura, montículo, fai referencia a un lugar elevado con boas vistas) é un concello da comarca de Pontevedra, na provincia do mesmo nome. Segundo datos do IGE no ano 2015 tiña unha poboación total de 16.842 habitantes (homes: 8.326, mulleres: 8.516). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é poiense.
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
O día da Clase Obreira Galega é unha conmemoración anual non festiva celebrada cada 10 de marzo para lembrar a morte de dous traballadores galegos nun enfrontamento coa policía en Ferrol. A súa orixe está no 10 de marzo de 1972, cando a policía franquista disparou contra unha protesta sindical nos estaleiros de Bazán, en Ferrol, e onde morreron dous traballadores, Amador Rey e Daniel Niebla, e onde resultaron feridos ao redor de medio cento de manifestantes máis. Dende aquel ano, a data é homenaxeada polas diferentes organizacións sindicais de Galiza, reclamando melloras sociais e laborais.
A PO-315 (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Bueu e Cangas; atravesa os concellos de Bueu e Cangas. Ten unha lonxitude de 15,03 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-551 en Bueu e finaliza nun cruzamento coa PO-551 en Cangas.
A Lixa é unha cidade portuguesa do concello de Felgueiras, distrito do Porto. Elevada a cidade en 1995, ocupa unha superficie de 12,58 km² e alberga a cerca de 9 000 habitantes (2004) repartidos en catro freguesías, Vila Cova da Lixa, Santão, Borba de Godim e Macieira da Lixa. A cidade da Lixa está situada entre as de Amarante e Felgueiras na chamada "Terra Verde".
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2026, 72 autores (14 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 64 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Xoán de Cangas e Mendiño (tres trobadores ligados á ría de Vigo) e en 2025 escolléronse sete mulleres en representación das cantareiras (Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar).
O Imperio Español, tamén coñecido como monarquía española, foi un imperio colonial que existiu durante a Idade Moderna. Composto polo conxunto de territorios de España -ou das dinastías reinantes en España- en África, Asia, América, Europa e Oceanía ao longo da historia. Tras o descubrimento de América en 1492, España colonizou grandes extensións de territorio en América, desde o actual suroeste dos Estados Unidos, México, e o Caribe, ata Centroamérica e a maior parte de Suramérica.
Michelle de Paula Firmo Reinaldo Bolsonaro, nada en Ceilandia (Distrito Federal) o 22 de marzo de 1982, foi a primeira dama do Brasil, polo seu matrimonio co presidente Jair Bolsonaro, dende o 1 de xaneiro de 2019 ata o 1 de xaneiro de 2023. Nada en Ceilândia, rexión administrativa do Distrito Federal, completou os seus estudos nun colexio público e traballou como secretaria parlamentaria entre 2004 e 2008 na Cámara dos Deputados, onde coñeceu ao seu futuro marido, Jair Bolsonaro. Membro da Igrexa Bautista Attitude, é defensora de causas sociais relacionadas coas persoas con discapacidade, con visibilidade sobre enfermidades raras, inclusión dixital, concienciación sobre o autismo, inclusión de Libras nas escolas e outros proxectos sociais.
Partit Nacionalista del País Valencià
O Partit Nacionalista del País Valencià (PNPV) foi un partido político de España, de ideoloxía nacionalista valenciana, que se formou en 1978, cos sectores de Unió Democràtica del País Valencià que se negaron a integrarse en Unión de Centro Democrático. Desde o punto de vista ideolóxico, o PNPV definíase no Congreso Constituínte do partido, celebrado en decembro de 1979, como «...nacionalista, progresista de esquerda, democrático e comunalista», ademais de interclasista. Francesc Burguera, ademais, declaraba que o partido apoiaba a senyera cuadribarrada ou senyera nua fronte á senyera blava e recoñecía a unidade lingüística con Cataluña, pero que estaba afastado de posturas revolucionarias ou independentistas.
Refraneiro galego sobre o mes de maio
A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano . A auga de maio inda carga o carro . A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón .
Félix Bolaños García, nado en Madrid o 17 de decembro de 1975 é un político e avogado español. Entre 2018 e 2021 foi secretario xeral da Presidencia do Goberno de España e, en xullo de 2021, foi nomeado ministro da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática do Goberno de España. En novembro de 2023, foi nomeada ministro da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes.
A xerminación é o proceso polo cal un organismo crece desde unha semente ou unha espora. O termo aplícase ao brote dunha plántula a partir dunha semente dunha anxiosperma ou ximnosperma, o crecemento dun brote dunha espora, como as esporas de fungos, fentos, bacterias, e o crecemento do tubo polínico desde o gran de pole dunha planta con sementes. Os verbos que se utilizan son xerminar ou xermolar.
O termo filme de culto refírese a calquera tipo de produción cinematográfica que adquiriu algunha clase de culto popular, xa sexa polo seu formato ou pola súa produción, pero sobre todo pola súa trama ou polo seu significado histórico ou a súa ideoloxía. Os filmes de culto adoitan considerarse polémicos, debido a que inclúen ideas ou temas notablemente controvertidos ou a que, sendo máis convencionais na súa temática, preséntana dun xeito afastado dos convencionalismos estéticos ou narrativos. Cabe sinalar que, co tempo, moitos filmes de culto transcenderon este status, e pasaron de ser admiradas por algunha subcultura ou fandom determinado a ser recoñecidas mesmo como clásicos cinematográficos dun modo universal.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Tres bandidos e un pistoleiro (en inglés: The Spikes Gang) é un filme estadounidense de 1974 dirixido por Richard Fleischer e protagonizado por Lee Marvin. Foi producido por Mirisch Company e baséase na novela The Bank Robber de Giles Tippette. O resto do elenco está composto por Gary Grimes, Charles Martin Smith e Ron Howard.
O Reino Suevo (en latín: Regnum Suevorum), reino dos suevos, Reino Suevo de Galiza (en latín: Gallaecia suevorum regnum) ou Reino de Galiza configurouse como a estrutura política máis antiga das actuais rexións de Galiza e o norte e centro de Portugal, despois da caída do Imperio Romano de Occidente. Foi o primeiro estado medieval da Europa occidental continental: nas Illas Británicas foi anterior en Gales o Reino de Dyfed, logo da fin do dominio romano en Britania. Os suevos eran un pobo xermánico que entraron no noroeste da Península Ibérica en 409 ou 410 nunha vaga migratoria ou guerreira, mais con pouca poboación (entre vinte mil e trinta e cinco mil persoas).
Ghost in the Shell 2: Innocence
Ghost in the Shell 2: Innocence é un filme xaponés dirixido por Mamoru Oshii que se estreou no 2004. Secuela do filme de 1995 Ghost in the Shell. Baséase no manga homónimo de Masamune Shirow.
O mar na cultura popular galega
A seguir recóllese a presenza do mar na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Inclúense tamén conceptos directamente relacionados como barcos, pesca e mariñeiros.
Adèle Haenel, nada o 11 de febreiro de 1989 en Montreuil, é unha actriz francesa. Coñecida popularmente no seu país dende a adolescencia por filmes como Les Diables de Christophe Ruggia e aclamada pola crítica. Foi candidata aos César na categoría de mellor actriz revelación en 2008 e 2012, gañou dous César en 2014 e 2015, o de mellor actriz secundaria en Suzanne e o de mellor actriz por Les Combattants.
No corpus literario do antigo nórdico, o berserker (ou "berserk"; nórdico antigo: berserkir) era un guerreiro que supostamente loitaba con furia en estado de transo. Os berserkers aparecen documentados en numerosas fontes do nórdico antigo, e o seu nome pódese interpretar literalmente como "abrigos de oso", xunto con úlfhéðnar ("abrigos de lobo").
Unha nova ou nova clásica é un evento astronómico que causa a repentina aparición dunha estrela brillante "nova", que non existía con ese brillo previamente, o cal lentamente se esvae ata non poder verse ao cabo dunhas semanas ou de moitos meses, todo o cal é resultado de repentinas e masivas reaccións nucleares na estrela. As novas non deberían confundirse con outros fenómenos astronómicos moito máis enerxéticos como as supernovas, nos cales se destrúen catastroficamente estrelas masivas ou ananas brancas. As causas da súa rechamante aparición varían dependendo das circunstancias das súas estrelas proxenitoras, pero teñen en común ser estrelas binarias próximas, nas que unha delas é unha anana branca, ou ambas son ananas vermellas en proceso de emerxer.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A esmorga é unha novela tremendista escrita por Eduardo Blanco Amor, publicada en Buenos Aires en 1959 e en Galicia en 1970. Foi unha das primeiras novelas galegas de posguerra, e marcou un fito na historia da literatura galega. A súa repercusión nas xeracións posteriores levouna a ocupar un lugar destacado do canon literario.
Institute of Electrical and Electronics Engineers
The Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE, Instituto de Enxeñeiros Eléctricos e Electrónicos, tamén lido i e ao cubo) é unha asociación técnico-profesional mundial dedicada á estandarización, entre outras cousas. É a maior asociación internacional sen fins de lucro formada por profesionais das novas tecnoloxías, como enxeñeiros eléctricos, enxeñeiros en electrónica, científicos da computación e enxeñeiros en telecomunicación.
A Princesa Leia Organa é unha personaxe de ficción da saga Star Wars interpretada pola actriz Carrie Fisher na triloxía orixinal dos 80, na triloxía de precuelas e na primeira triloxía logo da compra de LucasFilm por parte de Disney. Nada como Leia Skywalker e chamada despois Leia Organa é filla da senadora Padmé Amidala e do Cabaleiro Jedi Anakin Skywalker, é irmá xemelga de Luke Skywalker e esposa de Han Solo. Foi adoptada polo senador Bail Prestor Organa e a súa esposa Breha despois do falecemento da súa nai no parto e a transformación do seu pai en Darth Vader.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación.
Hernán Cortés Monroy Pizarro Altamirano máis coñecido por Hernán Cortés, quen asinaba as súas cartas como Fernán Cortés, nado en Medellín (Badaxoz) en 1485 e finado en Castilleja de la Cuesta (Sevilla) o 2 de decembro de 1547, foi un conquistador castelán que encabezou a expedición que causou a caída do Imperio Azteca, territorio que actualmente é coñecido como México, en favor da Coroa de Castela, a comezos do século XVI. Cortés foi parte da xeración de colonizadores hispanos que iniciou a primeira fase da colonización castelá das Américas. Naceu na cidade estremeña de Medellín, no seo dunha familia nobre (fidalga), cuxa riqueza foi tema de debate historiográfico. Decidiu buscar fortuna no Novo Mundo viaxando A Española e Cuba, onde por un curto período de tempo foi alcalde da segunda cidade fundada polos españois durante a terceira expedición a terra firme, a cal financiou parcialmente.
Miguel de la Quadra-Salcedo y Gayarre, nado en Madrid o 30 de abril de 1932, e finado ibídem o 20 de maio de 2016, foi un reporteiro, promotor cultural e atleta español, especializado nas probas de lanzamento. Fundou e dirixiu o programa de estudos e aventuras Aventura 92, posteriormente coñecido como Ruta Quetzal. Aínda sendo madrileño de nacemento, el sempre se recoñeceu como vasco-navarro.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 231.416.
Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España. Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+.
Bomílcar (en púnico: 𐤁𐤃𐤌𐤋𐤒𐤓𐤕) foi un comandante cartaxinés na guerra contra Agatocles de Siracusa, que invadiu África no 310 a. C. Na primeira batalla cos invasores, o seu colega Hanón foi asasinado e, segundo Diodoro, Bomílcar permitiu ao inimigo ter éxito no campo coa esperanza de que os seus asustados compatriotas lle permitisen converterse en tirano de Cartago. No 308 a.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Mandato británico de Palestina
O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra. Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.
Marco Popilio Lenas (cónsul 359 a. C.)
Marco Popilio Lenas (en latín, Marcus Popillius M. f. C. n. Laenas), foi un político da gens Popilia da República Romana, elixido cónsul catro veces, nos anos 359, 356, 350 e 348 a.C., con Cneo Manlio Capitolino Imperioso, Marco Fabio Ambusto, Lucio Cornelio Escipión e Marco Valerio Corvo respectivamente.
O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Para outros significados véxase Concentración (homónimos) En química, física e físico-química, a concentración dunha solución ou disolución é a proporción ou relación que hai entre a cantidade de soluto e a cantidade de disolvente, onde o soluto é a substancia que se disolve, o disolvente a substancia que disolve ao soluto, e a solución é o resultado da mestura homoxénea das dúas substancias anteriores. A menor proporción de soluto disolvido no disolvente, menos concentrada está a solución e, a maior proporción, máis concentrada está.
Campo de concentración de Rianxo
O campo de concentración de Rianxo foi un dos campos de concentración do franquismo, que acolleu prisioneiros do bando republicano. Situado en Rianxo, estivo activo entre 1937 e 1939.
O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.
Os Yomiuri Giants (読売ジャイアンツ Yomiuri Jaiantsu) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede no barrio de Bunkyō de Tokyo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1988 é o Tokyo Dome, recinto con capacidade para 46.000 espectadores.
Lista de presidentes do Real Madrid
Esta páxina conten a lista dos presidentes do Real Madrid Club de Fútbol na súa historia, que son: