Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2026, 72 autores (14 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 64 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Xoán de Cangas e Mendiño (tres trobadores ligados á ría de Vigo) e en 2025 escolléronse sete mulleres en representación das cantareiras (Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar).
A PO-315 (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Bueu e Cangas; atravesa os concellos de Bueu e Cangas. Ten unha lonxitude de 15,03 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-551 en Bueu e finaliza nun cruzamento coa PO-551 en Cangas.
A Lixa é unha cidade portuguesa do concello de Felgueiras, distrito do Porto. Elevada a cidade en 1995, ocupa unha superficie de 12,58 km² e alberga a cerca de 9 000 habitantes (2004) repartidos en catro freguesías, Vila Cova da Lixa, Santão, Borba de Godim e Macieira da Lixa. A cidade da Lixa está situada entre as de Amarante e Felgueiras na chamada "Terra Verde".
A xerminación é o proceso polo cal un organismo crece desde unha semente ou unha espora. O termo aplícase ao brote dunha plántula a partir dunha semente dunha anxiosperma ou ximnosperma, o crecemento dun brote dunha espora, como as esporas de fungos, fentos, bacterias, e o crecemento do tubo polínico desde o gran de pole dunha planta con sementes. Os verbos que se utilizan son xerminar ou xermolar.
A Princesa Leia Organa é unha personaxe de ficción da saga Star Wars interpretada pola actriz Carrie Fisher na triloxía orixinal dos 80, na triloxía de precuelas e na primeira triloxía logo da compra de LucasFilm por parte de Disney. Nada como Leia Skywalker e chamada despois Leia Organa é filla da senadora Padmé Amidala e do Cabaleiro Jedi Anakin Skywalker, é irmá xemelga de Luke Skywalker e esposa de Han Solo. Foi adoptada polo senador Bail Prestor Organa e a súa esposa Breha despois do falecemento da súa nai no parto e a transformación do seu pai en Darth Vader.
As árbores na cultura popular galega
As plantas teñen un significado primordial na cultura galega sendo as árbores e os bosques e as fragas os máximos expoñentes. Castelao dicía : O albre é o símbolo do señorío espritual de Galiza.O albre é un engado dos ollos, pola súa fremosura; é unha ledicia dos ouvidos, porque nel cantan os paxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o vento.O albre pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura.
O mar na cultura popular galega
A seguir recóllese a presenza do mar na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Inclúense tamén conceptos directamente relacionados como barcos, pesca e mariñeiros.
Os sucesos de Montejurra tiveron lugar o 9 de maio de 1976, nos inicios da Transición española, durante os actos políticos que tradicionalmente acompañaban o vía crucis anual que desde 1939 os carlistas levaban a cabo no monte navarro de Montejurra, en memoria dos requetés mortos na guerra civil. No transcurso da romaría, os homes da Comuñón Tradicionalista de Sixto de Borbón Parma, irmán do pretendente carlista Carlos Hugo e enfrontado a el, co apoio do denominado búnker franquista, que aínda controlaba os resortes do Estado, prepararon unha operación violenta contra o Partido Carlista e os seguidores de Carlos Hugo para recuperar os actos para o tradicionalismo e promover a "entronización" de Sixto como líder do carlismo. Nesa operación, coñecida como Operación Reconquista, na que tomaron parte tamén mercenarios neofascistas italianos e arxentinos, algúns partidarios de Sixto de Borbón abriron fogo contra os participantes na romaría.
A Estación de Ourense, tamén coñecida como Ourense-Empalme, é a principal estación de tren de Adif da cidade de Ourense, por diante de Ourense-San Francisco. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. En 2023 rexistrou un tráfico de 2.082.576 pasaxeiros, sendo a terceira estación con maior número de viaxeiros de Galicia por detrás das de Santiago e A Coruña.
Partit Nacionalista del País Valencià
O Partit Nacionalista del País Valencià (PNPV) foi un partido político de España, de ideoloxía nacionalista valenciana, que se formou en 1978, cos sectores de Unió Democràtica del País Valencià que se negaron a integrarse en Unión de Centro Democrático. Desde o punto de vista ideolóxico, o PNPV definíase no Congreso Constituínte do partido, celebrado en decembro de 1979, como «...nacionalista, progresista de esquerda, democrático e comunalista», ademais de interclasista. Francesc Burguera, ademais, declaraba que o partido apoiaba a senyera cuadribarrada ou senyera nua fronte á senyera blava e recoñecía a unidade lingüística con Cataluña, pero que estaba afastado de posturas revolucionarias ou independentistas.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
The Hateful Eight é un filme estadounidense de 2015 do xénero western revisionista escrito e dirixido por Quentin Tarantino. Está protagonizado por Samuel L. Jackson, Kurt Russell, Jennifer Jason Leigh, Walton Goggins, Demián Bichir, Tim Roth, Michael Madsen e Bruce Dern, que interpretan oito descoñecidos que buscan refuxio dunha treboada de neve nunha parada de dilixencias pouco despois da guerra civil estadounidense.
Luis Espinal Camps, coñecido tamén como Lucho Espinal, nado en San Fruitós de Bages (Barcelona) o 2 de febreiro de 1932 e finado na Paz (Bolivia) o 21 de marzo de 1980, foi un poeta, xornalista, cineasta e relixioso xesuíta catalán nacionalizado boliviano. Cunha relevante actividade no cinema e no medios de comunicación, denunciou a inxustiza social e os abusos de poder e do sistema no mundo. O seu labor profesional estivo sempre orientado a procurar espazos de xustiza, liberdade e igualdade.
A OU-531 (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Xinzo de Limia e Cortegada; atravesa os concellos de Xinzo de Limia, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, A Bola, Celanova, Ramirás, Gomesende e Cortegada. Ten unha lonxitude de 49,35 quilómetros e iníciase en Xinzo de Limia e finaliza nun cruzamento coa OU-801 en Cortegada.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Coturnix japonica, coñecida na bibliografía internacional como paspallás xaponés (coas modificacións propias de cada idioma) para diferencialo das outras especies do xénero, e dalgúns xéneros afíns, é unha especie de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, unha das integran hoxe en día o xénero Coturnix. É unha ave de pequeno tamaño, unha das poucas galiformes que son migratorias, que é moi apreciada gastronomicamente pola súa carne e os seus ovos. Foi domesticada (polas razóns anteditas, e tamén para introducila noutros países como ave de caza).
Coñécese como moeda bizantina a moeda utilizada na parte oriental do Imperio Romano logo da caída de Roma en 476, con base en dous tipos principais: o sólido, de ouro, que pasa a ser chamado nomisma (o grego substitúe o latín como lingua da Administración), e diversas pezas de bronce. A moda de prata, ausente no inicio do Imperio Bizantino por mor da dificultade de fixar a súa paridade co ouro, fixo a súa aparición a finais do imperio. Este sistema monetario, no que o nomisma ou sólido bizantino será substituído polo hyperpyron baixo Aleixo I Comneno, continuou cunha relativa estabilidade ata a caída de Constantinopla, en 1453, coa excepción da derradeira etapa do imperio, cando a desvalorización da moeda de ouro obrigou a substituír a moeda deste metal polas de prata e a crear novos valores de cobre.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Felipe Juan Froilán de Todos los Santos de Marichalar y Borbón, nado en Madrid o 17 de xullo de 1998, é o fillo máis vello da infanta Helena, duquesa de Lugo, e Jaime de Marichalar. Felipe é cuarto na liña de sucesión ao trono español, logo da súa nai e por diante da súa irmá máis nova, Victoria Federica. Foi nomeado Filipe polo seu tío o Príncipe de Asturias, Xoán polo seu bisavó o Conde de Barcelona; Froilán por ser o santo patrón de Lugo (a súa nai é a duquesa de Lugo), e Todos os Santos como é costume entre os Borbóns.
Pel de lobo é unha novela de Xosé Miranda, galardoada co Premio Merlín 2002. Os protagonistas son Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé, que van á procura dun lobo enorme, unha besta que comeu varios nenos, na vila do Incio, e acaban por descubrir a maldición de dúas irmáns feitizadas polo seu pai, as que salvan, impedindo así máis mortes.
Ana María Oramas González-Moro, nada en Santa Cruz de Tenerife o 17 de xullo de 1959, é unha política española que forma parte de Coalición Canaria. É deputada nacional pola provincia de Tenerife desde 2007 e portavoz de Coalición Canaria no grupo mixto. Foi tamén alcaldesa de San Cristóbal de La Laguna desde 1999 até 2008.
O Parque Natural de Montesinho é un espazo natural portugués catalogado como parque natural que acolle ao macizo montañoso de Montesinho e da Coroa no norte do distrito de Bragança, en Trás-os-Montes e Alto Douro. Esta área de conservación ocupa 74.229 ha. do norte dos municipios de Vinhais e Bragança e limita coa Galiza e Zamora..
Bárbaro é un exónimo pexorativo que procede do grego (βάρβαρος) e a súa tradución literal é "o que tatexa". Aínda que os gregos empregaban o termo para referirse a persoas estranxeiras, que non falaban o grego e cuxa lingua estranxeira soaba aos seus oídos como un tatexo incompresible ou onomatopea, tamén existen escritos, como os de Isócrates, que amosan unha apertura deste pobo para concibir aos bárbaros non como "estranxeiros", senón como individuos que carecían de educación, independentemente do seu lugar de nacemento, primitivos ou salvaxes. Os romanos tomaron posteriormente a palabra e o seu significado para o trato cos pobos que invadiron o Imperio Romano.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.
Negu Gorriak (en éuscaro significa Invernos Ruíns) foi un grupo de música crossover fundado en Guipúscoa en 1990. A súa influencia ten sido moi grande no desenvolvememento do rock tanto no País Vasco como no resto do estado. Foron cualificados como unha das bandas de rock «máis importantes dos noventa».
Mandato británico de Palestina
O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra. Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.
Na álxebra abstracta, a teoría de grupos estuda as estruturas alxébricas coñecidas como grupos. O concepto de grupo é fundamental para a álxebra abstracta: outras estruturas alxébricas coñecidas, como os aneis, os corpos e os espazos vectoriais, pódense ver como grupos dotados de operacións e axiomas adicionais. Os grupos alxébricos lineares e os grupos de Lie son dúas ramas importantes da teoría de grupos.
Tomé de Aquino ou Tomás de Aquino, nado en Roccasecca, (Nápoles) en 1225 e finado en Fossanova o 7 de marzo de 1274, foi un presbítero, frade, teólogo, filósofo e xurista católico pertencente á Orde dos Predicadores, é considerado o principal representante do ensino escolástica e unha das maiores figuras da teoloxía sistemática. En materia de metafísica, a súa obra representa unha das fontes máis citadas do século XIII, ademais de ser punto de referencia das escolas do pensamento tomista e neotomista. A Igrexa católica nomeouno Doctor Angelicus, Doctor Communis e considera a súa obra fundamental para os estudos de filosofía e teoloxía.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Carmen García Mateo, nada en Vigo en 1963, é unha enxeñeira galega, catedrática de Teoría do Sinal e Comunicacións na Universidade de Vigo. Pioneira no ámbito da Enxeñaría de Telecomunicación en España, lidera o Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM), estando especializa en tecnoloxías da fala, e intelixencia artificial aplicada á detección por voz de enfermidades neurodexenerativas. Foi vicerreitora de Titulacións e Converxencia Europea (2006–2010) e é unha figura destacada na promoción da igualdade de xénero na ciencia e tecnoloxía.
Refraneiro galego sobre o mes de maio
A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano . A auga de maio inda carga o carro . A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón .
Operación Cóndor, en inglés Operation Condor, é o nome co que é coñecido o plan de intelixencia e coordinación entre os servizos de seguridade das ditaduras militares do Cono Sur de América -Arxentina, Chile, Brasil, Paraguai, Uruguai e Bolivia- e a CIA na década de 1970, que se constituiría nunha organización clandestina internacional para a práctica do terrorismo de Estado e que tivo como resultado o asasinato e desaparición de gran número de opositores ás mencionadas ditaduras.
Greensboro é unha cidade no estado de Carolina do Norte, nos Estados Unidos. É a terceira maior cidade en canto á poboación en Carolina do Norte e a maior cidade do condado de Guilford e arredores da rexión metropolitana de Piedmont Triad. De acordo co Censo de Estimación dos Estados Unidos do 2011 a poboación de Greensboro é de 273.425 habitantes.
Mariliendre (serie de televisión)
Mariliendre é unha serie de televisión por internet española de comedia musical creada por Javier Ferreiro para Atresplayer. Está producida por Suma Content e protagonizada por Blanca Martínez. Estreouse en Atresplayer o 27 de abril de 2025, tralo lanzamento dos seus dous primeiros episodios en cines de toda España baixo a distribución de Beta Fiction Spain.
O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Pepe Domingo Castaño Solar, nado en Lestrobe (Dodro) o 8 de outubro de 1942 e finado en Madrid o 17 de setembro de 2023, foi un cantante e xornalista galego. Durante moitos anos presentou distintos programas deportivos (especialmente de fútbol masculino) en diversas cadeas españolas, como SER (Carrusel deportivo) ou Cope (Tiempo de juego).
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.
The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros no ano 2018. Nada baixo a influencia do grupo Terbutalina, a súa andaina iníciase da man de Xanma e Samuel (Rapante), ambos guitarristas da vila aos que non tardaría en sumarse Matías ao baixo e sintetizadores. Cunha base musical apoiada en ritmos disco e guitarras indies característicos de agrupacións como The Smiths, The Growlers ou mesmo Novedades Carminha, o carácter destes catro mozos radica nunha actitude despreocupada e enérxica.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec. A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Ottawa, están localizadas en Ontario.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H
O Grupo H da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Polonia, Senegal, Colombia e Xapón. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España. Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+.
O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.
Manuel José Blanco y Calvo de Encalada, nado en Buenos Aires, Vicerreinado do Río da Prata, o 21 de abril de 1790 e finado en Santiago de Chile o 5 de setembro de 1876, foi un militar, político e diplomático chileno, de orixe galega, que tivo unha destacada participación na guerra de independencia de Chile e o Perú. Foi un dos fundadores da Armada de Chile e o seu primeiro comandante, e máis tarde, ao entrar no campo da política, foi o primeiro en ostentar o título de presidente da República de Chile. Fillo do galego Manuel Lorenzo Blanco Cicerón e da chilena Mercedes Calvo de Encalada y Recabarren, naceu na cidade de Santa María de los Buenos Aires, na aquela altura capital do Virreinado do Río da Prata.
Carandiru é un filme brasileiro-arxentino de 2003 dirixido por Héctor Babenco. Baséase no libro Estação Carandiru por Drauzio Varella, un médico especialista na SIDA, quen é interpretado no filme por Luiz Carlos Vasconcelos. Carandiru conta algunhas das historias que ocorreron no cárcere de Carandiru, que foi a meirande prisión de América Latina.
Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.
O Gran Premio de México de 2017 (oficialmente coñecido como Gran Premio de Fórmula 1 de México de 2017)foi unha carreira de motor de Fórmula Un que se disputou o 29 de outubro de 2017 no Autódromo Hermanos Rodríguez en Cidade de México. A carreira foi a décimo novena carreira do Gran Premio de México, e a décimo sétima vez que a carreira disputouse como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.
Bandeira da República Popular da China
A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño. A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e na China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas".
Receptor acoplado á proteína G
Os receptores acoplados á proteína G (GPCRs), tamén chamados receptores de dominio de sete transmembrana, receptores 7TM, receptores heptahélice, receptores serpentina, e receptores ligados á proteína G (GPLR), forman unha grande familia de proteínas de receptores de membrana que detectan moléculas procedentes de fóra da célula e activan vías de transdución de sinais internas, que orixinan respostas celulares. Son receptores transmembrana porque abranguen todo o grosor da membrana dun lado a outro, e ademais, son receptores do tipo "sete transmembrana" porque a súa cadea polipeptídica pasa dun lado a outro da membrana sete veces. Os receptores acoplados á proteína G encóntranse só en eucariotas, incluíndo a lévedos, coanoflaxelados, e animais.
Día Internacional dos Traballadores
O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial. Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axustizados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álxido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F
O Grupo F da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Alemaña, México, Suecia e Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
A economía de Galicia áchase fortemente imbricada aos recursos naturais. Galicia destaca polos seus contrastes económicos: mentres a costa oeste, sede dos maiores centros de poboación, e tamén das industrias manufactureiras e de derivados da pesca, é próspera e incrementa a súa poboación (especialmente aquelas comarcas situadas no eixo da autoestrada AP-9), a zona rural das provincias de Ourense e Lugo presenta unha economía na que predomina aínda a compoñente rural, asentada no minifundio, ou pequenas explotacións agrícolas e/ou gandeiras.
Khmer vermellos (en francés Khmers Rouges, en camboxano ខ្មែរក្រហម, Khmae Krɑ-hɑɑm) é o nome co que foi coñecida a organización guerrilleira camboxana que, tras a Guerra de Vietnam, a saída dos Estados Unidos e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomaron o poder o 17 de abril de 1975 (a «Caída de Phnom Penh»). Os Khmer vermellos fundaron Kampuchea Democrática, un sistema de goberno de características autoritarias que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración maoísta, consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consigna da evacuación das cidades e destrución da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura khmer ancestral baixo a dirección de Pol Pot, o seu principal líder. Ademais dun férreo control militar sobre a poboación civil, sometida en boa parte a un réxime de traballos forzados, desenvolveron extensos métodos de detención, tortura e asasinatos selectivos en masa, baixo a consigna da chamada «procura do inimigo interno».