Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Tras catro tempadas na terceira categoría, na tempada 2024/25 regresou á Segunda División.
Se tiene que morir mucha gente
Se tiene que morir mucha gente é unha serie de televisión española de comedia do ano 2026. Creada e escrita por Victoria Martín, está baseada na súa propia novela homónima. Está protagonizada por Anna Castillo, Macarena García e Laura Weissmahr.
Antonio Hidalgo Morilla, nado en Canovelles o 6 de febreiro de 1979, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol español. Actualmente dirixe o Deportivo da Coruña na Segunda División. Xogaba como centrocampista e destacou especialmente nas filas do Tenerife e do Málaga, cos que xogou tanto na Primeira como na Segunda División.
Filomena Dato Muruais, nada en Ourense o 26 de xullo de 1856 e finada en Moruxo, Bergondo, o 26 de febreiro de 1926, foi unha poetisa galega do Rexurdimento (na segunda metade do século XIX). Viviu en Galicia toda a súa vida, participando en numerosos movementos e iniciativas de reivindicación da cultura galega e de liberación da estigmatización da muller. Amais de numerosas composicións en prensa, publicou cinco libros: catro en castelán e un en galego.
A Copa da Costa é unha competición futbolística por eliminatorias de partidos de ida volta. Recibe o nome pola Costa da Morte e nela participan equipos das comarcas da Barcala, Noia, Soneira, Bergantiños, Xallas, Muros e Fisterra. A final de 2017 entre o Dumbría e o Fisterra foi televisada por primeira vez en directo vía streaming pola web da TVG e retransmitida en diferido na TVG2.
David Mella Boullón, nado en Espasande (Teo) o 23 de maio de 2005, é un futbolista galego que xoga como extremo, tanto esquerdo como dereito, no Deportivo da Coruña, da Primeira División. Internacional coas categorías inferiores da selección española, proclamouse campión da Eurocopa sub-19 de 2024 e disputou o Mundial sub-20 de 2025.
O Banquete de Conxo, tamén coñecido como Banquete Democrático de Conxo, tivo lugar o 2 de marzo de 1856 na carballeira do antigo mosteiro do concello de Conxo, integrado dende 1925 no concello de Santiago de Compostela. O banquete foi organizado polos estudantes liberais en homenaxe ao terceiro estado, e constituíu un xesto de irmandade entre a clase traballadora e os estudantes.
Rogelio "Tito" Ramallo Peña, nado na Coruña o 29 de abril de 1969, é un exfutbolista, preparador físico e adestrador de fútbol galego. A súa traxectoria está estreitamente vencellada ao Deportivo da Coruña, e especialmente ao seu filial, o Fabril, no que exerceu varios funcións ao longo de catro décadas diferentes. É o adestrador que máis partidos dirixiu na historia do Fabril, cun total de 445.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa: Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas na Editorial Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Michelle Clemente Escotet, nada en Caracas o 7 de decembro de 1994, é un exfutbolista venezolana, que xogaba como centrocampista. Foi internacional coas categorías inferiores da selección venezolana. Dende 2023 é membro do Consello de Administración do Deportivo da Coruña, club do que é propietario o seu tío Juan Carlos Escotet por medio de Abanca.
Juan Carlos Escotet Rodríguez, nado en Madrid en 1959, é un banqueiro venezolano de orixe española. Fundador de Banesco, a maior entidade bancaria de Venezuela, é tamén o máximo accionista de Abanca, o banco máis grande de Galicia. Dende outubro de 2024 ocupa tamén a presidencia do Deportivo da Coruña, do que é o propietario de facto a través de Abanca.
Clasificación histórica da Primeira división española de fútbol
A clasificación histórica da Primeira División Española de fútbol está elaborada pola RFEF e baséase nos puntos conseguidos por cada equipo en primeira división, independentemente de se nunha tempada a vitoria outorgaba 2 ou 3 puntos ao vencedor ou do número de puntos en xogo. Debido a isto, os equipos que recentemente realizaron boas campañas a miúdo están en postos máis altos que os que realizaron boas campañas hai máis de dez anos. A clasificación non inclúe datos tales como puntos en divisións inferiores ou en Copa do Rei.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A EuroLeague, tamén comunmente coñecida como Euroliga, é a actual máxima competición de clubs de baloncesto de Europa e está organizada pola Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB) dende o seu nacemento na tempada 2000-2001, substituíndo á extinta Copa de Europa de Baloncesto. Naquel entón, as asociacións de clubs españois, italianos e gregos impulsaron unha ruptura coa Federación Internacional de Baloncesto (FIBA), organizadora da histórica Copa de Europa, para crear unha nova competición no marco da ULEB (que a xestiona mediante a empresa Euroleague S.L.) e, así, tentar obter maiores ingresos económicos. En novembro de 2004 comezou unha nova etapa para a Euroliga pois a ULEB e a FIBA resolveron as súas disputas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Salvador Felipe Jacinto Dalí i Domènech, nado en Figueres o 11 de maio de 1904 e finado na mesma vila o 23 de xaneiro de 1989, foi un pintor, escultor, gravador, escenógrafo e escritor catalán, un dos principais representantes do surrealismo. Aínda que o seu principal medio de expresión foi a pintura, tamén fixo incursións no cinema, a escultura, a xoiería e o teatro, e tamén traballou como deseñador de vestiario e escenógrafo, e escribiu algúns libros, entre os que destaca Diario de un genio (1965). Dalí é coñecido polas súas impactantes e oníricas imaxes surrealistas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Juan Carlos García Pose, nado en Coristanco no ano 1971, é un político galego do PPdeG e actual alcalde de Coristanco dende o ano 2019, no cal substituíu a Abraham Gerpe cun goberno en minoría. No ano 2023 renovou o seu mandato cunha ampla maioría absoluta, ocupando 10 dos 13 escanos do pleno municipal polo seu partido.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 231.568.
Pordenone (Pordenon en friulano e véneto pordenonés) é un comuna de Italia de 51.512 habitantes (2009), capital da provincia homónima de Pordenone, na rexión do Friúl-Venecia Xulia. Ten unha área de 38,23 km² e ten lindes cos concellos de Azzano Decimo, Cordenons, Fiume Veneto, Pasiano di Pordenone, Porcia, Prata di Pordenone, Roveredo in Piano, San Quirino e Zoppola.
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
O LXV Festival de Eurovisión ía celebrarse no Rotterdam Ahoy, en Róterdam, Países Baixos, os días 12, 14 e 16 de maio de 2020, despois de que Duncan Laurence gañase a edición de 2019 coa canción «Arcade». Porén, o certame foi cancelado debido á pandemia de COVID-19. Sería a quinta vez que os Países Baixos organizasen o festival, algo que non sucedía desde o Festival de Eurovisión de 1980.
O Castrodouro, O Castrodouro, Alfoz do Castrodouro
O Castrodouro (até 2026, O Castro de Ouro) é un lugar da parroquia do Castrodouro no concello lugués de Alfoz do Castrodouro na comarca da Mariña Central. Segundo o IGE, en 2019 tiña 19 habitantes (10 homes e 9 mulleres).
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A LXVI edición do Festival da Canción de Eurovisión celebrouse no Pala Alpitour de Turín, Italia, os días 10, 12 e 14 de maio de 2022, logo da vitoria da banda de rock Måneskin na edición de 2021 en Róterdam (Países Baixos), coa canción «Zitti e buoni», que levou o país transalpino a organizar esta edición con 524 puntos. Foi o terceiro certame de Eurovisión celebrado en Italia, despois dos festivais de 1965 e 1991.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Nicholas Oliver Lawson (nado Nicolai Olaus Lossius o 23 de novembro de 1790, finado o 1 de mazo de 1851) foi un mariño noruegués que foi vicegobernador das illas Galápagos para a República de Ecuador. Durante a súa etapa nas illas proporcionou información que contribuíu a que Charles Darwin, na súa visita ás illas, se decatase que as especies podían cambiar, e finalmente a que elaborase a teoría da evolución.
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
Na mitoloxía grega, as Horas (en grego Ὧραι; en latín, Horae) eran fillas de Zeus e Temis e representaban ás estacións do ano. Os seus nomes eran Talo (retoño*), Auxo (crecemento) e Carpo (froita), aínda que tamén foron coñecidas como Irene (paz), Eunomia (orde) e Dice (xustiza). Desenvolvían funcións secundarias dentro da xerarquía dos deuses.
O Castrodouro, Alfoz do Castrodouro
San Salvador do Castrodouro (até 2026, O Castro de Ouro (San Salvador)) é unha parroquia do concello de Alfoz do Castrodouro. Segundo o IGE en 2014 tiña 60 habitantes (27 homes e 33 mulleres), 21 menos ca en 2004. Ten unha superficie de 2,6 km², cunha densidade media de 31,2 hab./km² en 2004.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
O Olympiacos B.C. (en grego Κ.Α.Ε. Ολυμπιακός), tamén coñecido como Olympiacos ou Olympiacos do Pireo, é un equipo de baloncesto grego con base no Pireo, que xoga as competicións da A1 Ethniki, máxima categoría do baloncesto grego, e a Euroliga. Foi fundado en 1931, e é un dos equipos con máis tradición da Europa. É propiedade dos multimillonarios irmáns Panagiotis e Giorgos Angelopoulos.
Campionato de España de Rallys
O Campionato de España de Rallys foi a máxima competición nacional de rally sobre asfalto dende 1956 ata 2020. Estaba organizado pola Real Federación Española de Automobilismo.
A Costoira, O Castrodouro, Alfoz do Castrodouro
A Costoira (até 2026, Costoira) é un lugar da parroquia do Castrodouro no concello lugués de Alfoz do Castrodouro na comarca da Mariña Central. Segundo o IGE, en 2011 tiña 9 habitantes (3 homes e 6 mulleres).
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
Esta páxina trata da festa de Pentecoste. Para a illa pertencente a Vanuatu véxase Illa de Pentecoste Pentecoste (do grego pentekosté (heméra) "o quincuaxésimo día") describe a festa do quincuaxésimo día logo da Pascua (Domingo de Resurrección) e que pon termo ao tempo pascual. Durante a Pentecoste celébrase o descenso do Espírito Santo e o inicio da actividade da Igrexa, por iso tamén se lle coñece como a celebración do Espírito Santo.
A Copa do Mundo de 2026 será a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo terá lugar en 10 cidades dos Estados Unidos, 3 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. Será a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
Campionato de Galicia de Rally
O Campionato de Galicia de Rally é unha competición de rally sobre asfalto que organiza cada ano a Federación Galega de Automobilismo en Galicia, dende 1979. O campionato disputase en rallys de asfalto. O primeiro gañador foi Celestino Pardo a bordo dun Seat 124 e o último foi Víctor Senra cun Citroën C3 WRC. O piloto que máis veces gañou o certame foi o propio Víctor Senra, con nove títulos, seguido de Germán Castrillón con seis e Carlos Piñeiro e Manuel Senra con cinco cada un.
José Luis Rodríguez Zapatero ( pronunciación ), nado o 4 de agosto de 1960 en Valladolid e criado en León, é un político español, que foi o quinto Presidente do Goberno de España dende a aprobación da Constitución española de 1978. Asumiu o seu cargo despois da vitoria do PSOE nas eleccións ao Congreso dos Deputados do 14 de marzo de 2004, revalidada nos seguintes comicios, celebrados o 9 de marzo de 2008. Deixou o cargo o 21 de decembro de 2011.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Syms Covington (1816–1861) foi un violinista e grumete no barco HMS Beagle que se converteu en asistente de Charles Darwin e foi asignado como o seu servente persoal en 1833, continuando ao servizo de Darwin despois da viaxe ata 1839. Chamado orixinalmente Simon Covington, naceu en Bedford, Bedfordshire, Inglaterra, fillo máis novo de Simon Covington V e Elizabeth Brown. Despois da viaxe de Covington no Beagle, emigrou a Australia e estableceuse como xefe de correos, casando alí con Eliza Twyford.
Manuel Arca Castro, nado en Santiago de Compostela en 1996, é un tradutor galego que desenvolve o seu labor profesional principalmente no ámbito audiovisual e, en menor medida, no mundo editorial, en tarefas de asesoría lingüística e corrección para empresas como Obradoiro Edicións, NovoVinilo Edicións ou a Editorial Hugin e Munin. Tamén traballa como actor de dobraxe e, dende finais de 2024, é docente de lingua galega na Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Mantén un blog no que aborda temas de lingüística, tradución e dobraxe.