Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Se tiene que morir mucha gente
Se tiene que morir mucha gente é unha serie de televisión española de comedia do ano 2026. Creada e escrita por Victoria Martín, está baseada na súa propia novela homónima. Está protagonizada por Anna Castillo, Macarena García e Laura Weissmahr.
Michelle Clemente Escotet, nada en Caracas o 7 de decembro de 1994, é un exfutbolista venezolana, que xogaba como centrocampista. Foi internacional coas categorías inferiores da selección venezolana. Dende 2023 é membro do Consello de Administración do Deportivo da Coruña, club do que é propietario o seu tío Juan Carlos Escotet por medio de Abanca.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Tras catro tempadas na terceira categoría, na tempada 2024/25 regresou á Segunda División.
José Luis Rodríguez Zapatero ( pronunciación ), nado o 4 de agosto de 1960 en Valladolid e criado en León, é un político español, que foi o quinto Presidente do Goberno de España dende a aprobación da Constitución española de 1978. Asumiu o seu cargo despois da vitoria do PSOE nas eleccións ao Congreso dos Deputados do 14 de marzo de 2004, revalidada nos seguintes comicios, celebrados o 9 de marzo de 2008. Deixou o cargo o 21 de decembro de 2011.
Juan Carlos Escotet Rodríguez, nado en Madrid en 1959, é un banqueiro venezolano de orixe española. Fundador de Banesco, a maior entidade bancaria de Venezuela, é tamén o máximo accionista de Abanca, o banco máis grande de Galicia. Dende outubro de 2024 ocupa tamén a presidencia do Deportivo da Coruña, do que é o propietario de facto a través de Abanca.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
David Mella Boullón, nado en Espasande (Teo) o 23 de maio de 2005, é un futbolista galego que xoga como extremo, tanto esquerdo como dereito, no Deportivo da Coruña, da Primeira División. Internacional coas categorías inferiores da selección española, proclamouse campión da Eurocopa sub-19 de 2024 e disputou o Mundial sub-20 de 2025.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa: Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas na Editorial Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Antonio Hidalgo Morilla, nado en Canovelles o 6 de febreiro de 1979, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol español. Actualmente dirixe o Deportivo da Coruña na Segunda División. Xogaba como centrocampista e destacou especialmente nas filas do Tenerife e do Málaga, cos que xogou tanto na Primeira como na Segunda División.
A Copa do Mundo de 2026 será a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo terá lugar en 10 cidades dos Estados Unidos, 3 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. Será a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Filomena Dato Muruais, nada en Ourense o 26 de xullo de 1856 e finada en Moruxo, Bergondo, o 26 de febreiro de 1926, foi unha poetisa galega do Rexurdimento (na segunda metade do século XIX). Viviu en Galicia toda a súa vida, participando en numerosos movementos e iniciativas de reivindicación da cultura galega e de liberación da estigmatización da muller. Amais de numerosas composicións en prensa, publicou cinco libros: catro en castelán e un en galego.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
Juan Carlos García Pose, nado en Coristanco no ano 1971, é un político galego do PPdeG e actual alcalde de Coristanco dende o ano 2019, no cal substituíu a Abraham Gerpe cun goberno en minoría. No ano 2023 renovou o seu mandato cunha ampla maioría absoluta, ocupando 10 dos 13 escanos do pleno municipal polo seu partido.
Syms Covington (1816–1861) foi un violinista e grumete no barco HMS Beagle que se converteu en asistente de Charles Darwin e foi asignado como o seu servente persoal en 1833, continuando ao servizo de Darwin despois da viaxe ata 1839. Chamado orixinalmente Simon Covington, naceu en Bedford, Bedfordshire, Inglaterra, fillo máis novo de Simon Covington V e Elizabeth Brown. Despois da viaxe de Covington no Beagle, emigrou a Australia e estableceuse como xefe de correos, casando alí con Eliza Twyford.
At The Drive-In é unha banda de post-hardcore formada en El Paso, Texas, e que estivo activa entre os anos 1993 e 2001. Os seus membros foron: Cedric Bixler (voz, percusión e sintetizadores), Omar Rodríguez-López (guitarra e voz) Jim Ward (guitarra, voz, teclados e percusión), Paul Hinojos (baixo) e Tony Hajjar (batería). A comezos do ano 2012 a banda anunciou unha reunión para realizar varios concertos.
Atios é un lugar da parroquia de Valdoviño no concello coruñés de Valdoviño na comarca de Ferrol. Tiña 30 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 16 homes e 14 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2000 cando tiña 24 habitantes. Atios foi unha parroquia do concello de Valdoviño baixo a advocación de san Mamede.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A lingua inglesa ou inglés (ˈɪŋɡlɪʃ) é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Pordenone (Pordenon en friulano e véneto pordenonés) é un comuna de Italia de 51.512 habitantes (2009), capital da provincia homónima de Pordenone, na rexión do Friúl-Venecia Xulia. Ten unha área de 38,23 km² e ten lindes cos concellos de Azzano Decimo, Cordenons, Fiume Veneto, Pasiano di Pordenone, Porcia, Prata di Pordenone, Roveredo in Piano, San Quirino e Zoppola.
A National Hockey League ou Ligue nationale de hockey en francés (en galego Liga Nacional de Hóckey), comunmente abreviado como NHL en inglés ou LNH en francés é unha organización deportiva composta de equipos de hóckey sobre xeo do Canadá e os Estados Unidos. É a liga de hockey sobre xeo profesional máis importante do mundo, e unha das grandes ligas deportivas dos Estados Unidos e o Canadá. A liga está formada por 32 equipos: 25 nos Estados Unidos e 7 no Canadá.
Claude Perrault (pronucniado en francés [klod pɛʁo]; nado o 25 de setembro de 1613 – finado o 9 de outubro de 1688) foi un médico francés e arquitecto amador, máis coñecido pola súa partiipación no deseño da fachada leste do Louvre en París. Tamén deseñou o Observatorio de París e foi un anatomista e autor que escribiu tratdos de arquitectura, física e historia natural. O seu irmán Charles Perrault é lembrado como o autor que reescribiu o vello conto de Cincenta entre outros contos.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
Screaming Trees foi unha banda estadounidense de grunge formada en 1985 polos amigos Mark Lanegan, Mark Pickerel, Van Conner e Gary Lee Conner (estes últimos irmáns), en Ellensburg, unha pequena cidade a 300 Km de Seattle. Pickerel foi substituído polo batería Barrett Martin cando a banda tico o seu período máis exitoso. Aínda que estivo moi asociada ao grunge, o son da banda incorporaba elementos hard rock e psicodélicos.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Red Hot Chili Peppers é un grupo musical de rock baseado no estado estadounidense de California, fundado no ano 1983. O seu principal estilo é un rock cun toque funk, pero incorpora tamén elementos doutros xéneros como o punk rock e o rock psicodélico. No presente a banda está formada polos membros fundadores do grupo, Anthony Kiedis e Flea, xunto co batería Chad Smith e o guitarrista John Frusciante.
A Copa da Costa é unha competición futbolística por eliminatorias de partidos de ida volta. Recibe o nome pola Costa da Morte e nela participan equipos das comarcas da Barcala, Noia, Soneira, Bergantiños, Xallas, Muros e Fisterra. A final de 2017 entre o Dumbría e o Fisterra foi televisada por primeira vez en directo vía streaming pola web da TVG e retransmitida en diferido na TVG2.
Galería de imaxes do mosteiro de San Xoán de Caaveiro
O mosteiro de San Xoán de Caaveiro é un mosteiro medieval situado na parroquia da Capela, no concello coruñés da Capela, na comarca do Eume. Áchase no corazón das Fragas do Eume, á beira do río Eume.
A Universidade de León é unha universidade española de carácter público, con campus en León e Ponferrada. Foi fundada en 1979 como escisión da Universidade de Oviedo, a partir das diversas Escolas e Facultades que, dependentes daquela, existían desde había máis ou menos tempo en León. Con todo, as orixes da universidade remóntanse a 1843, cando se crea a Escola Normal de Mestres, e 1852 coa fundación da escola subalterna de Veterinaria, sentando as bases da futura universidade leonesa.
O Banquete de Conxo, tamén coñecido como Banquete Democrático de Conxo, tivo lugar o 2 de marzo de 1856 na carballeira do antigo mosteiro do concello de Conxo, integrado dende 1925 no concello de Santiago de Compostela. O banquete foi organizado polos estudantes liberais en homenaxe ao terceiro estado, e constituíu un xesto de irmandade entre a clase traballadora e os estudantes.
Carolina Casanova Rodríguez, máis coñecida como Carolina Casanova de Cepeda ou simplemente como «La Cepeda», nada o 10 de xaneiro de 1847 no ferrolán barrio de Esteiro e finada en Madrid o 8 de febreiro de 1910, foi unha soprano galega, considerada como unha das mellores sopranos da segunda metade do século XIX. Foi unha das primeiras sopranos españolas en acadar renome en Europa. Ao longo da súa carreira Carolina Casanova actuou nalgúns dos teatros de ópera máis prestixiosos do mundo, como o Teatro alla Scala de Milán, o Teatro San Carlo de Nápoles, ou a Royal Opera House de Londres, tendo realizado estreas mundiais como a de Il mercadante di Venezia de Ciro Pinsuti. Logo de deixar a súa carreira concertística exerceu como profesora na Escola Nacional de Música e Declamación (actualmente denominado Real Conservatorio Superior de Música de Madrid), onde formaría a futuras personalidades importantes do mundo da ópera española.
Campionato de España de Rallys
O Campionato de España de Rallys foi a máxima competición nacional de rally sobre asfalto dende 1956 ata 2020. Estaba organizado pola Real Federación Española de Automobilismo.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Mónica Naranjo Carrasco, coñecida artisticamente como Mónica Naranjo, nada en Figueres (Xirona) o 23 de maio de 1974, é unha cantante, compositora e produtora española de música pop xeralmente. Vendeu case nove millóns de discos, principalmente en España e América. Está recoñecida como unha das voces máis potentes da música popular a nivel mundial.
El Gran Bufón foi un semanario ilustrado humorístico español editado en Madrid que se fundou en decembro de 1912, en total apareceron 18 números. Con importante participación de Exoristo Salmerón, Tito, entre os colaboradores estiveron José Francés, Ricardo Marín, Eugenio López Aydillo, Ramón Fernández Mato. Castelao colaborou nos números 17 e 18 do ano 1913.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
Rage Against the Machine (escrito moitas veces como RAtM) é unha banda de rap metal e funk metal formada nos Ánxeles no ano 1991. Estivo formada durante toda a súa traxectoria por: Zack de la Rocha (voz), Tom Morello (guitarra), Tim Commerford (baixo) e Brad Wilk (batería). En abril de 2007, coincidindo coa disolución de Audioslave, anunciaron o seu regreso no festival de música de Coachella en California.
O conservadorismo é unha filosofía política e social que defende o mantemento das institucións sociais tradicionais no contexto da cultura e da civilización. En filosofía política, denomínase conservadorismo en sentido amplo ao conxunto de doutrinas e movementos políticos que favorecen o uso do poder político ou a forza do Estado para conservar ou restaurar tradicións —crenzas ou costumes— dun pobo ou nación, que poden ser de tipo relixiosas, culturais ou políticas. Nestes casos o termo conservadorismo é entendido como un tradicionalismo en política ou manter intacto unha orde política presente ou como reaccionarismo ou restauración dunha orde política perdida.
HTTP 404, 404 not found, 404, 404 error, page not found ou file not found é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. O erro tamén pode aparecer cando un servidor non quere revelar se ten a información solicitada.