Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Se tiene que morir mucha gente
Se tiene que morir mucha gente é unha serie de televisión española de comedia do ano 2026. Creada e escrita por Victoria Martín, está baseada na súa propia novela homónima. Está protagonizada por Anna Castillo, Macarena García e Laura Weissmahr.
República Socialista Soviética de Uzbekistán
A República Socialista Soviética de Uzbekistán (en uzbeko: Ўзбекистон Совет Социалистик Республикаси, O`zbekiston Sovet Sotsialistik Respublikasi; en ruso: Узбекская Советская Социалистическая Республика, Uzbekskaya Sovetskaya Sotsialisticheskaya Respublika), tamén coñecida como a RSS de Uzbekistán, foi unha das repúblicas que formaban a URSS. En 1991, a RSS de Uzbekistán independizouse e foi renomeado como "República de Uzbekistán."
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa: Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas na Editorial Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Abraham Ortelius, tamén Ortelio, Orthellius, Wortels ou Ortels, (nado o 4 ou 14 de abril de 1527, finado o 28 de xuño de 1598) foi un cartógrafo, xeógrafo e cosmógrafo de Antuerpen nos Países Baixos españois (Flandres). É recoñecido como o creador do primeiro atlas moderno, titulado Theatrum Orbis Terrarum. Xunto con Gemma Frisius e Gerardus Mercator, Ortelius é xeralmente considerado un dos fundadores da escola neerlandesa de cartografía e xeografía.
Alexia Putellas Segura, nada en Mollet del Vallès o 4 de febreiro de 1994, é unha futbolista catalá que xoga como mediocampista, concretamente na posición de interior esquerdo, como capitá na primeira división española de fútbol feminino co Futbol Club Barcelona. É tamén internacional coa Selección Absoluta de España desde o 2013. No 2021 e no 2022 foi premiada co Balón de Ouro á mellor xogadora do mundo, e o 17 de xaneiro de 2022, foi premiada co Premio The Best FIFA de 2021, sendo a segunda futbolista en acadar ambos premios na mesma temporada, trala americana Megan Rapinoe, que o fixo no ano 2019.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Dolores Vilavedra Fernández, nada en Vigo o 4 de agosto de 1963, é profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do consello de redacción da revista Grial, e dirixe a sección de crítica literaria. Coordinou o Diccionario da literatura galega, en catro tomos, que publicou Galaxia.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Falling Skies é unha serie de televisión estadounidense de ciencia ficción creada por Robert Rodat e producido por Steven Spielberg. A serie mergúllanos seis meses despois de que a Terra fose devastada por unha invasión alieníxena. Tom Mason, é un mestre de historia da Universidade de Boston, que se converte no segundo ó mando da 2nd Massachusetts Militia Regiment, o grupo de civís e soldados que loitan por sobrevivir nun Boston postapocalíptico.
Michelle Clemente Escotet, nada en Caracas o 7 de decembro de 1994, é un exfutbolista venezolana, que xogaba como centrocampista. Foi internacional coas categorías inferiores da selección venezolana. Dende 2023 é membro do Consello de Administración do Deportivo da Coruña, club do que é propietario o seu tío Juan Carlos Escotet por medio de Abanca.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O día da Clase Obreira Galega é unha conmemoración anual non festiva celebrada cada 10 de marzo para lembrar a morte de dous traballadores galegos nun enfrontamento coa policía en Ferrol. A súa orixe está no 10 de marzo de 1972, cando a policía franquista disparou contra unha protesta sindical nos estaleiros de Bazán, en Ferrol, e onde morreron dous traballadores, Amador Rey e Daniel Niebla, e onde resultaron feridos ao redor de medio cento de manifestantes máis. Dende aquel ano, a data é homenaxeada polas diferentes organizacións sindicais de Galiza, reclamando melloras sociais e laborais.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
José Luis Rodríguez Zapatero ( pronunciación ), nado o 4 de agosto de 1960 en Valladolid e criado en León, é un político español, que foi o quinto Presidente do Goberno de España dende a aprobación da Constitución española de 1978. Asumiu o seu cargo despois da vitoria do PSOE nas eleccións ao Congreso dos Deputados do 14 de marzo de 2004, revalidada nos seguintes comicios, celebrados o 9 de marzo de 2008. Deixou o cargo o 21 de decembro de 2011.
A N-552 é unha estrada nacional convencional que conecta a N-550 (da que formou parte até 1988), na altura da vila de Redondela, coa cidade de Vigo. Nos seus 9,72 quilómetros de percorrido ten varias conexións coa AP-9, de trazado paralelo desde a ponte de Rande até o barrio de Teis. Trátase dunha estrada cunhas marxes moi urbanizadas, o que supuxo que se construísen diversas rotondas ao longo do seu traxecto para mellorar a súa conectividade ademais da seguridade viaria.
Avelino Viña Vázquez, nado en Montevideo o 12 de abril de 1963, é un exfutbolista uruguaio de orixe galega, que xogaba como porteiro. Fillo de dous emigrantes de Lugo, formouse no Nacional de Montevideo, pero destacou no fútbol español, especialmente no Jaén e no Córdoba. Disputou 336 partidos oficiais en España e retirouse nas filas do Murcia, club no que pasou a traballar máis tarde como adestrador de porteiros.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 231.628.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
Edipo é un personaxe mitolóxico, fillo dos reis de Tebas Laio e Iocasta. Ao nacer, un oráculo revela que matará o seu pai, ante o cal decídese que morra. Un pastor é o encargado de executalo, pero só o abandona no monte, no que é atopado por outro pastor, este de Corinto, o cal o leva ante os reis de Corinto, que o adoptan dada a súa incapacidade para ter fillos.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes. Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
Sanguijuelas del Guadiana é unha banda de música emerxente procedente de Casas de Don Pedro (Badaxoz), na comarca da Siberia Estremeña. O seu estilo, que eles mesmos definen como "rock rústico", combina elementos do rock and roll, o punk, o flamenco e a música electrónica con letras que narran a vida cotiá nas zonas rurais da España baleirada.
Concello de Villa Guerrero, Estado de México
Villa Guerrero é un concello ao sur do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades de Zinacantepec, Toluca, Calimaya, Tenango del Valle, Tenancingo, Zumpahuacán, Ixtapan de la Sal e Coatepec Harinas. Ademais, na zona norte comparte territorio coa reserva federal do Nevado de Toluca.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Media Distancia Renfe é un servizo de transporte de pasaxeiros por ferrocarril fornecido por Renfe Operadora. Cobre distancias medias, comprendidas entre as de Longa Distancia e as de Proximidades. Desde o ano 2006 está baixo a responsabilidade da Dirección Xeral Servizos de Proximidade e Media Distancia, herdeira da extinta Unidade de Negocio de Media Distancia, anteriormente denominada Rexionais, nome polo cal aínda se lle coñece popularmente.
A legua é unha antiga unidade de lonxitude que expresa a distancia que unha persoa, a pé, ou en cabalgadura, poden andar durante unha hora; é dicir, é unha medida itineraria (do latín, iter: camiño, período de marcha). Dado que unha persoa percorre normalmente a pé unha gama de distancias, a legua mantense nesa gama, pero segundo o tipo de terreo predominante en cada país ou segundo a conveniencia estatal, a palabra legua abarca distancias que van dos 4 aos 7 km, sendo as máis frecuentes as leguas que se atopan na media de tales extremos.
Juan Carlos Escotet Rodríguez, nado en Madrid en 1959, é un banqueiro venezolano de orixe española. Fundador de Banesco, a maior entidade bancaria de Venezuela, é tamén o máximo accionista de Abanca, o banco máis grande de Galicia. Dende outubro de 2024 ocupa tamén a presidencia do Deportivo da Coruña, do que é o propietario de facto a través de Abanca.
A osteoporose (do grego antigo οστούν πόρος 'óso poroso') é unha doenza ósea caracterizada por baixa rexeneración e/ou rápida dexeneración ósea, xerando ósos pouco densos e febles por diminución do tecido que os forma, tanto das proteínas que constitúen o miolo ou estrutura como dos sales minerais de calcio que conteñen. É dúas veces máis común nas mulleres ca nos homes e máis común despois dos 50 anos. A doenza progresa amodo e raramente presenta síntomas antes que acontezan fracturas espontáneas ou por trauma físico.
Unha serie web (do inglés, web series), serie de internet ou serie en liña é unha produción audiovisual creada para ser distribuída a través de internet e forma parte do novo medio chamado televisión web. Utilizan guións e están estruturadas en tempadas divididas en episodios, os que poden recibir o nome de Webisodios. Poden ser distribuídas de forma gratuíta a través de webs de vídeo como YouTube ou Vimeo, mediante plataformas de Video on Demand (VoD) como Netflix, Prime Video, ou servizos OTT como RTVE Play ou AGalega.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
O Real Club Deportivo da Coruña (oficialmente: Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D.), coñecido popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32 490 espectadores. Tras oito anos fóra da máxima categoría, o Deportivo xogará a tempada 2026-27 en Primeira División.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Leipzig ( son ; IPA: [ˈlaɪpt͡siç]) é unha Kreisfreie Stadt (cidade independente) no noroeste de Saxonia (Alemaña) na confluencia dos ríos Pleiße, Weiße Elster e Parthe e ten 297.60 km². Os seus 520.838 habitantes fana a cidade máis poboada de Saxonia. A corporación municipal está composta por 19 concelleiros do SPD, 19 do PDS, 19 do CDU, 7 dos Verdes, 3 do FDP, 1 do DSU, 1 do FORUM e 1 outros.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Banquete de Conxo, tamén coñecido como Banquete Democrático de Conxo, tivo lugar o 2 de marzo de 1856 na carballeira do antigo mosteiro do concello de Conxo, integrado dende 1925 no concello de Santiago de Compostela. O banquete foi organizado polos estudantes liberais en homenaxe ao terceiro estado, e constituíu un xesto de irmandade entre a clase traballadora e os estudantes.
HTTP 404, 404 not found, 404, 404 error, page not found ou file not found é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. O erro tamén pode aparecer cando un servidor non quere revelar se ten a información solicitada.
Megadeth é unha banda norteamericana de heavy metal liderada polo seu guitarrista e fundador Dave Mustaine. Os seus traballos conseguiron entrar varias veces no top 10 do Billboard, vendendo un total de 20 millóns de copias na súa historia. Xurdida no 1983 trala expulsión de Mustaine de Metallica debido ao seu mal comportamento e á súa adicción ás drogas, a banda publicou doce discos de estudio, tres EP e dous álbums en vivo.
San Román de Pasarelos é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Oroso. Segundo o IGE de 2018 tiña 42 habitantes (22 mulleres e 20 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 77 habitantes. Pasarelos limita polo nordeste coa parroquia de Aiazo (concello de Frades), ao sur coa parroquia dos Ánxeles, e ao oeste co lugar da Garabanxa, da parroquia de Calvente.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Leaves of Grass (en galego: Follas de herba) é unha escolma de poesía do vate estadounidense Walt Whitman. Tras autopublicar a primeira edición en 1855, Whitman investiu a meirande parte da súa vida profesional en escribir, revisar e expandir a colección, até o seu pasamento en 1892. Dependendo da definición de "edición", existiron entre seis e nove edicións diferentes do libro.