Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Se tiene que morir mucha gente
Se tiene que morir mucha gente é unha serie de televisión española de comedia do ano 2026. Creada e escrita por Victoria Martín, está baseada na súa propia novela homónima. Está protagonizada por Anna Castillo, Macarena García e Laura Weissmahr.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
Tres metros sobre el cielo é unha película española dirixida por Fernando González Molina e protagonizada por Mario Casas, Álvaro Cervantes, María Valverde e Marina Salas. Baseada na novela homónima publicada polo italiano Federico Moccia, estreouse o 3 de decembro do 2010 e converteuse nunha das películas máis "taquilleiras" do ano en España.
Unified Medical Language System
O Sistema de Linguaxe Médica Unificada (en inglés, Unified Medical Language System, UMLS) é un compendio de moitos vocabularios controlados das ciencias biomédicas, creado en 1986. O UMLS consiste en fontes de coñecemento (bases de datos) e un conxunto de ferramentas de software; o sistema está destinado a ser empregado principalmente por desenvolvedores de sistemas de informática biomédica. Tamén achega a base para o Procesamento de linguaxe natural; achega unha estrutura de mapeado entre estes vocabularios e, polo tanto, permite traducir verbas entre os diferentes sistemas de terminoloxía.
Northrop Grumman Corporation é unha compañía estadounidense adicada á industria aeroespacial e a defensa formada no ano 1994 despois de que Northrop mercase Grumman. A compañía foi o cuarto maior contratista do mundo no ano 2010, e o principal construtor de barcos militares. Northrop Grumman emprega a máis de 70.000 persoas en todo o mundo e foi o número 108 na lista do 2020 Fortune 500 das maiores corporacións estadounidenses.
Apócrino e apócrina son termos que se usan para referirse a un tipo de secreción das glándulas exócrinas na cal as células secretoras acumulan material no seu extremo apical, xeralmente formando masas globulares, e este material seguidamente despréndese da célula, formando vesículas extracelulares. Polo tanto, neste tipo de secreción as células secretoras perden parte do seu citoplasma durante o proceso de secreción. Un exemplo dunha verdadeira glándula apócrina é a glándula mamaria, secretora do leite.
Michelle Clemente Escotet, nada en Caracas o 7 de decembro de 1994, é un exfutbolista venezolana, que xogaba como centrocampista. Foi internacional coas categorías inferiores da selección venezolana. Dende 2023 é membro do Consello de Administración do Deportivo da Coruña, club do que é propietario o seu tío Juan Carlos Escotet por medio de Abanca.
Un sarcófago ou sartego é un recipiente, xeralmente tallado en pedra, destinado a conter un cadáver. No Antigo Exipto, os sarcófagos da realeza albergaban polo menos un cadaleito, xeralmente de madeira, onde se custodiaba a momia do defunto que previamente era sometido a un proceso de embalsamamento.
José Luis Rodríguez Zapatero ( pronunciación ), nado o 4 de agosto de 1960 en Valladolid e criado en León, é un político español, que foi o quinto Presidente do Goberno de España dende a aprobación da Constitución española de 1978. Asumiu o seu cargo despois da vitoria do PSOE nas eleccións ao Congreso dos Deputados do 14 de marzo de 2004, revalidada nos seguintes comicios, celebrados o 9 de marzo de 2008. Deixou o cargo o 21 de decembro de 2011.
O lago Averno ou lago do Averno, é un lago de orixe volcánica xurdido hai 4.000 anos, situado no concello de Pozzuoli, precisamente entre a aldea de Lucrino e o xacemento arqueolóxico de Cumas, na cidade metropolitana de Nápoles, na Campania. Está preto do campo volcánico coñecido como Campos Flegreos(Campi Flegrei), sendo o segundo en tamaño, despois do Fusaro, ten unha forma aproximadamente circular e mide 2 km de circunferencia e ten unha profundidade máxima de 6 metros. Durante o século XIX, foi obxecto de estudo en particular polo fenómeno óptico da Fata Morgana.
O Porto José Banús, máis coñecido como Puerto Banús, é un porto deportivo de gran luxo, situado na urbanización Nueva Andalucía, entre Marbella e San Pedro Alcántara, na provincia de Málaga. Este enclave turístico converteuse, desde que foi inaugurado en maio de 1970, nun dos maiores centros turísticos e de entretemento da Costa do Sol, alcanzando fama e prestixio internacional. Obtivo a Medalla de Ouro ao Mérito Turístico en 1975 e o Gold Mercury International pola súa acción en favor do desenvolvemento á cooperación económica, cultural e social.
Psilocybe azurescens é un cogomelo alucinóxeno que contén o compoñentes psilocibina e psilocina. É un dos cogomelos que levan triptamina máis potentes, cunha concentración de ata 1.8% de psilocibina, 0.5% de psilocina e 0.4% baeocistina. Isto convérteo nun dos cogomelos máis fortes do xénero psilocybe.
Morte dun miliciano (coñecida en inglés como Loyalist Soldier, Falling Soldier ou Loyalist Militia) é o título dunha das fotografías máis coñecidas da Guerra Civil Española, foi tomada polo fotoxornalista Robert Capa o 5 de setembro de 1936 na localidade cordobesa de Espejo. O soldado retratado é Federico Borrell García, un miliciano anarquista. Foi publicada por primeira vez no número 447 da revista Vu o 23 de setembro de 1936, nunha reportaxe titulada Comment sont-ils tombés (Cómo caeron), xunto a outra fotografía semellante pero menos coñecida, malia que tivo maior relevancia despois da súa publicación na revista Life o 12 de xullo de 1937, nunha reportaxe titulada Death in Spain: the civil war has taken 500.000 lives in one year (Morte en España: a guerra civil levou 500.000 vidas nun ano).
A Idade de Pedra é o período da Prehistoria que abrangue dende que os seres humanos comezaron a elaborar ferramentas e trebellos de pedra ata o descubrimento e uso dos metais. Tamén se utilizaron a madeira, os ósos e mais outros materiais coma corno, coiro, cordas, ou cestos, mais a pedra (en particular diversas rochas de rotura concoide coma o pedernal, o cuarzo, a cuarcita, ou a obsidiana) foi utilizada para fabricar ferramentas e armas, de corte ou de percusión. Non obstante, esta é unha circunstancia necesaria, pero insuficiente para a definición deste período, xa que tiveron lugar nel fenómenos fundamentais para o que sería o futuro da humanidade: a evolución humana, as grandes adquisicións tecnolóxicas (o lume, as ferramentas ou a vestimenta), a evolución social, os cambios climáticos, a diáspora do ser humano por todo o mundo habitable (ecúmene) dende o seu berce africano, e a revolución económica dende un sistema cazador-colector, ata un sistema parcialmente produtor, entre outras cousas.
Stanisława Walasiewicz, nada en Wierzchownia o 3 de abril de 1911 e finada en Cleveland o 4 de decembro de 1980, tamén coñecida como Stefania Walasiewicz, e Stella Walsh, foi unha atleta polaca-estadounidense, campioa olímpica dos 100 metros. Nada en Polonia e criada nos Estados Unidos, converteuse en cidadá estadounidense en 1947. Trala súa morte, descubriuse que tiña cromosoma Y e era intersexual.
A cabalgada dos malditos (en inglés: A Time for Killing) é un filme estadounidense de 1967 dirixido orixinalmente por Roger Corman pero rematado por Phil Karlson. Rodado en Panavision e Pathécolor, está protagonizado por Glenn Ford, George Hamilton, Inger Stevens e Harrison Ford (acreditado como Harrison J. Ford) no seu primeiro papel acreditado nun filme.
Felación (do latín fellatio), en argot mamada, é unha práctica de sexo oral que consiste en chupar e lamber o pene coa boca, coa lingua e cos beizos. A estimulación oral do escroto tamén se pode denominar felación, ou coloquialmente como teabagging. Se a felación se realiza sobre un mesmo, o acto chámase autofelación.
O Festival RTP da Canção é un concurso feito pola Rádio e Televisão de Portugal dende 1964, co obxectivo de seleccionar unha canción para o Festival de Eurovisión. O festival celebrouse tódolos anos dende 1964, excepto no 2002 e no 2013, anos nos que Portugal non participou no certame de Eurovisión.
Biblioteca Nacional da República Checa
A Biblioteca Nacional da República Checa (checo: Národní knihovna České republiky) é a biblioteca central da República Checa, dirixida polo Ministerio de Cultura dese país. O seu edificio principal localízase no edificio histórico Clementinum, en Praga, onde se garda aproximadamente a metade dos libros da biblioteca, mentres que a outra metade da colección atópase no distrito de Hostivař. É a maior biblioteca do país, cun catálogo duns 6 millóns de documentos e uns 60 000 lectores rexistrados.
O Real Club Deportivo da Coruña (oficialmente: Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D.), coñecido popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32 490 espectadores. Tras oito anos fóra da máxima categoría, o Deportivo xogará a tempada 2026-27 en Primeira División.
Abraham Ortelius, tamén Ortelio, Orthellius, Wortels ou Ortels, (nado o 4 ou 14 de abril de 1527, finado o 28 de xuño de 1598) foi un cartógrafo, xeógrafo e cosmógrafo de Antuerpen nos Países Baixos españois (Flandres). É recoñecido como o creador do primeiro atlas moderno, titulado Theatrum Orbis Terrarum. Xunto con Gemma Frisius e Gerardus Mercator, Ortelius é xeralmente considerado un dos fundadores da escola neerlandesa de cartografía e xeografía.
Juan Carlos Escotet Rodríguez, nado en Madrid en 1959, é un banqueiro venezolano de orixe española. Fundador de Banesco, a maior entidade bancaria de Venezuela, é tamén o máximo accionista de Abanca, o banco máis grande de Galicia. Dende outubro de 2024 ocupa tamén a presidencia do Deportivo da Coruña, do que é o propietario de facto a través de Abanca.
O Santiago Rugby Club é un equipo de rugby de Santiago de Compostela que compite na Liga Galega de Rugby. O equipo disputa os seus encontros como local no Campo de Rugby da USC. O club é o herdeiro da antiga tradición rugbística que existe na capital galega, e que no seu tempo estivo representada sobre todo polo equipo universitario. Despois de varios anos sen equipo de rugby na cidade, en 2007 fundouse o Gallaecius Rugby Club, que en 2011 trocou o seu nome polo actual Santiago Rugby Club.
A banda da Loba é un grupo de música galega integrado por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. Mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais crean un estilo musical de seu, heteroxéneo e singular. Bailando as rúas é o título do seu primeiro traballo, enteiramente autoproducido e editado no Nadal de 2017.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa: Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas na Editorial Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Roger Crozier Saving Grace Award
O Roger Crozier Saving Grace Award, oficialmente denominado por motivos de patrocinio MBNA/MasterCard Roger Crozier Saving Grace Award, foi un trofeo de hóckey sobre xeo outorgado anualmente pola National Hockey League (NHL) ao porteiro que finalizou a liga regular coa mellor porcentaxe de paradas. Só os porteiros que xogaron 25 partidos ou máis na tempada eran elixibles para o trofeo. A porcentaxe de paradas dun porteiro representa a porcentaxe de tiros a porta que para, e calcúlase dividindo o número de goles polo número total de tiros a porta.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Para o artigo do poeta galego nado en 1952 véxase: Luís González Tosar. Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Xustás (Cospeito) o 13 de outubro de 1971, é un actor e músico galego. É coñecido por actuar en filmes como Cela 211, Te doy mis ojos, Mientras duermes, También la lluvia e Os luns ó sol.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Alexia Putellas Segura, nada en Mollet del Vallès o 4 de febreiro de 1994, é unha futbolista catalá que xoga como mediocampista, concretamente na posición de interior esquerdo, como capitá na primeira división española de fútbol feminino co Futbol Club Barcelona. É tamén internacional coa Selección Absoluta de España desde o 2013. No 2021 e no 2022 foi premiada co Balón de Ouro á mellor xogadora do mundo, e o 17 de xaneiro de 2022, foi premiada co Premio The Best FIFA de 2021, sendo a segunda futbolista en acadar ambos premios na mesma temporada, trala americana Megan Rapinoe, que o fixo no ano 2019.
República Socialista Soviética de Uzbekistán
A República Socialista Soviética de Uzbekistán (en uzbeko: Ўзбекистон Совет Социалистик Республикаси, O`zbekiston Sovet Sotsialistik Respublikasi; en ruso: Узбекская Советская Социалистическая Республика, Uzbekskaya Sovetskaya Sotsialisticheskaya Respublika), tamén coñecida como a RSS de Uzbekistán, foi unha das repúblicas que formaban a URSS. En 1991, a RSS de Uzbekistán independizouse e foi renomeado como "República de Uzbekistán."
Eagle Woman That All Look At (en lakota: Waŋblí Ayútepiwiŋ, tamén coñecida como Matilda Picotte Galpin) nada no ano 1820 e finada o 18 de decembro de 1888, foi unha activista, líder, diplomática, comerciante e intérprete lakota, principalmente coñecida polos seus esforzos de mediación nos conflitos entre os colonos brancos, o goberno dos Estados Unidos de América e os síux. Foi recoñecida tamén como a única muller xefa entre os síux. A intervención diplomática de Eagle Woman tiña como obxectivo acadar a paz.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Institute of Electrical and Electronics Engineers
The Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE, Instituto de Enxeñeiros Eléctricos e Electrónicos, tamén lido i e ao cubo) é unha asociación técnico-profesional mundial dedicada á estandarización, entre outras cousas. É a maior asociación internacional sen fins de lucro formada por profesionais das novas tecnoloxías, como enxeñeiros eléctricos, enxeñeiros en electrónica, científicos da computación e enxeñeiros en telecomunicación.
Sanguijuelas del Guadiana é unha banda de música emerxente procedente de Casas de Don Pedro (Badaxoz), na comarca da Siberia Estremeña. O seu estilo, que eles mesmos definen como "rock rústico", combina elementos do rock and roll, o punk, o flamenco e a música electrónica con letras que narran a vida cotiá nas zonas rurais da España baleirada.
A Copa do Mundo de 2026 será a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo terá lugar en 10 cidades dos Estados Unidos, 3 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. Será a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
General Dynamics F-16 Fighting Falcon
O F-16 Fighting Falcon é un caza lixeiro monomotor de combate multipropósito, desenvolvido pola firma estadounidense General Dynamics para a USAF. Acada velocidades de Mach 2 e está deseñado para levar ata 9.726 kg de armamento. Orixinalmente deseñado como avión de combate lixeiro diúrno, foi evolucionando ata converterse nun extraordinario cazabombardeiro todo tempo. As súas excelentes cualidades fixeron que, ademais dos Estados Unidos, 23 países o mercasen, converténdoo no programa de aviación militar máis exitoso de occidente, con ao redor de 4.500 avións construídos.
Pordenone (Pordenon en friulano e véneto pordenonés) é un comuna de Italia de 51.512 habitantes (2009), capital da provincia homónima de Pordenone, na rexión do Friúl-Venecia Xulia. Ten unha área de 38,23 km² e ten lindes cos concellos de Azzano Decimo, Cordenons, Fiume Veneto, Pasiano di Pordenone, Porcia, Prata di Pordenone, Roveredo in Piano, San Quirino e Zoppola.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 231.587.
Johann Gottlob Theaenus Schneider
Johann Gottlob Theaenus Schneider (nado o 18 de xaneiro de 1750 – finado o 12 de xaneiro de 1822) foi un naturalista e estudoso dos clásicos grecolatinos do Imperio Alemán.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Roberto Ignacio Vidal Bolaño, nado en Vista Alegre (Santiago de Compostela) o 31 de xullo de 1950 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor, director e actor de teatro galego, pioneiro da dramaturxia profesional en Galicia. Foi un dos líderes do Grupo Antroido, a primeira compañía teatral galega profesional, e con ela realizou unha gran cantidade de funcións, desenvolvendo diferentes tarefas como director, escritor, actor e iluminador, ademais de moitas outras. Escribiu preto de 30 obras de teatro e recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo, o premio Abrente, o premio Álvaro Cunqueiro, o Rafael Dieste, o Eixo Atlántico e o Tirso de Molina, entre outros.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
Santiago de Xustás é unha parroquia do concello lugués de Cospeito na comarca da Terra Chá. Tiña 265 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 139 homes e 126 mulleres distribuídos en 10 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 21 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 286 habitantes (148 homes e 138 mulleres) e 59 menos que en 2000.
Antonio Hidalgo Morilla, nado en Canovelles o 6 de febreiro de 1979, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol español. Actualmente dirixe o Deportivo da Coruña na Segunda División. Xogaba como centrocampista e destacou especialmente nas filas do Tenerife e do Málaga, cos que xogou tanto na Primeira como na Segunda División.
World Wrestling Entertainment, comunmente coñecida como WWE, é a promoción de loita libre máis grande do mundo. Actualmente é unha compañía pública na bolsa de valores, na que a gran maioría das accións votantes (70%) pertencen ó presidente Vince McMahon, a súa muller e Principal Oficial Executivo Linda McMahon, ao seu fillo e vicepresidente de Información Global, Shane McMahon, e a súa filla e vicepresidente de Obras Creativas, Stephanie McMahon-Levesque. As oficinas da WWE atópanse en Stamford, Connecticut, Estados Unidos.
A lingua inglesa ou inglés (ˈɪŋɡlɪʃ) é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Maria Lynn Schneider, nada en Windom (Minnesota) o 27 de novembro de 1960 é unha compositora, arreglista e directora de orquestra de jazz estadounidense. Está considerada unha das figuras máis importantes do jazz contemporáneo e foi fundamental na revitalización da música de big band no século XXI. Á fronte da súa orquestra de dezaoito músicos, desenvolveu un estilo propio que mistura o jazz, a música clásica e as tradición musicais de diferentes culturas, nun xénero que ela denomina «jazz de cámara». Ao longo da súa carreira acumulou sete premios Grammy, catorce nominacións, e foi finalista do Premio Pulitzer de Música en 2021.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).