Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
A erisipela é unha doenza infecciosa aguda da pel, producida por estreptococos, fundamentalmente o Streptococcus pyogenes, que afecta a derma e os vasos linfáticos subxacentes. Caracterízase por unha placa eritematosa de extensión variable, de bordos ben definidos que pode causar dor e proído e manifestacións sintomáticas como febre e linfadenopatías. En xeral, a infección ocorre nas pernas.
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 10 cidades dos Estados Unidos, 3 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa: Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas na Editorial Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
Álvaro Muñiz Mora nado na Coruña o 17 de decembro de 1981, é un piloto de rally que compite no Súper Campionato de España de Rallys. Anteriormente competiu durante anos no Campionato de Galicia de Rallys e no antigo Campionato de España e en 2023 proclamouse campión da Copa de España de Rallys de Asfalto. Álvaro é neto e sobriño de pilotos.
Lista de episodios de Doraemon
Esta é unha lista de episodios de Doraemon, un exitoso anime xaponés que se vén emitindo pola TVG desde os anos 90 ata a actualidade. No Xapón, existen tres series de Doraemon: unha do 1973, outra de 1979 e unha derradeira do 2005. A primeira constou de 26 episodios pero, co paso do tempo, estes perdéronse.
Ian Burgess nado o 6 de xullo de 1930 e finado o 19 de maio de 2012 era un piloto de carreiras británico, nado en Londres. Participou en 20 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, debutou o 19 de xullo de 1958, e numerosas carreiras de Fórmula Un fóra de campionato. Non logrou anotou ningún punto para o campionato.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
O pardal italiano (Passer italiae), é unha ave paseriforme da familia dos pardais do Vello Mundo, Passeridae, que vive en Italia e outras partes da rexión mediterránea. O seu aspecto é intermedio entre o pardal común e o pardal mouro, esta última unha especie do Mediteráneo e Asia central estreitamente relacionada co pardal común. O pardal italiano habita o norte de Italia e rexións veciñas, con exemplares intermedios co pardal común nunha zona de contacto moi estreita nos Alpes, unha lenta gradación na súa aparencia desde os pardais italiano e mouro a través da Italia central e meridional, e hai máis exemplares de aparencia intermedia en Malta, Creta e outras partes do Mediterráneo.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Esferoide achatado coa zona máis plana preto da Terra, cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do sistema solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
Thomas Stanley Holland, nado en Londres o 1 de xuño de 1996, coñecido simplemente como Tom Holland, é un actor, actor de voz e bailarín británico. Comezou a súa carreira no teatro no ano 2008, interpretando a personaxe principal no musical Billy Elliot. Posteriormente, tras graduarse da BRIT School en 2012, debutou no cine coa película Lo imposible (2012), e logrou gran recoñecemento por parte da crítica, tras ter sido nomeado pola National Board of Review como o Actor Revelación dese ano, ademais de ter sido nomeado ós Critics' Choice Awards como Mellor Intérprete Xove.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
Sadio Mané, nado o 10 de abril de 1992 en Sédhiou, é un futbolista senegalés. Xoga de dianteiro ou extremo e o seu actual club é o Bayern de Múnic, da Bundesliga alemá. É internacional coa selección do Senegal, da que é o máximo goleador histórico (33 tantos) e o terceiro futbolista con máis partidos (91).
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
O capitalismo é un sistema económico caracterizado pola propiedade privada dos medios de produción, no que individuos e empresas operan estes activos para xerar beneficio a través de intercambios voluntarios en economías de mercado competitivas, cunha asignación de recursos determinada principalmente pola oferta e a demanda en lugar de por unha autoridade central. As súas características definitorias inclúen dereitos de propiedade privada seguros, o motivo do beneficio como impulsor da innovación e a eficiencia, a competencia que fomenta a mellora, e unha intervención gobernamental limitada para facer cumprir os contratos e previr a coerción. Orixinado na Europa medieval a través da expansión comercial e as prácticas mercantís, o capitalismo cristalizou intelectualmente coa obra A riqueza das nacións (1776) de Adam Smith e practicamente a través da Revolución Industrial, que desencadeou a produción mecanizada, a urbanización e o comercio global.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 232.013.
Ferenc Puskás (en húngaro Puskás Ferenc), nado en Kispest (Budapest) o 2 de abril de 1927 e finado na mesma cidade o 17 de novembro de 2006, foi un lendario futbolista e despois adestrador húngaro. Está considerado coma un dos mellores xogadores de tódolos tempos e un dos goleadores máis efectivos, anotando 84 goles en 85 encontros internacionais para a selección húngara[Cómpre referencia] e 511 goles en 533 encontros na liga húngara de fútbol e na liga española de fútbol.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Curaçao (/ˈkjʊərəsoʊ, -saʊ, ˌkjʊərəˈsoʊ, -ˈsaʊ/, Holandés: [kyːraːˈsʌu, kuːr-] ( ); papiamento: Kòrsou), oficialmente o País de Curaçao (neerlandés: Land Curaçao; papiamento: Pais Kòrsou), é un país insular nas Antillas Menores no sur do mar Caribe e a rexión do Caribe Holandés, a uns 65 km. ao norte da costa de Venezuela. É un país constituínte do Reino dos Países Baixos.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Presuntos Implicados é un grupo español nado en Yecla (Murcia) e fincado en Valencia, formado a principios da década de 1980. Os seus integrantes durante a súa época máis exitosa foron Sole Giménez, Juan Luis Giménez e Nacho (Ignacio) Mañó. O 15 de xaneiro de 2006, Sole Giménez fai público un comunicado coa súa decisión de abandonar o grupo, que non se fai efectiva ata que terminan unha serie de concertos que tiñan programados.
A zoofilia (do grego zoon, "animal", e philia, "afinidade") ou bestialismo é unha parafilia que consiste na atracción sexual dun humano cara a un animal irracional. As persoas que senten esta afinidade ou atracción sexual son coñecidas como zoófilos. Bestialidade refírese á actividade sexual entre especies entre humanos e animais non humanos.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Igrexa de Cristo Obreiro e Nosa Señora de Lourdes
A Igrexa de Cristo Obreiro e Nosa Señora de Lourdes (español: Iglesia de Cristo Obrero y Nuestra Señora de Lourdes), tamén coñecida simplemente como Igrexa da Estación Atlántida, é unha igrexa parroquial católica romana e Patrimonio da Humanidade de UNESCO na Estación Atlántida, no Uruguai.
A Copa do Mundo da FIFA, tamén coñecida como Campionato Mundial de Fútbol ou Mundial de Fútbol, é un torneo internacional de fútbol, organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo ten dúas fases principais, un proceso clasificatorio onde os países compiten agrupados por diferentes confederacións continentais, chegando na edición de 2010 a 204 participantes, e unha fase final nunha sede designada pola organización na que participan 32 seleccións nun período aproximado dun mes. A primeira edición do Mundial organizouse en 1930 no Uruguai, coa vitoria da selección anfitrioa, e dende entón foi celebrado cada catro anos coa excepción de 1942 e 1946 debido á segunda guerra mundial. A selección do Brasil é a selección que acadou máis títulos mundiais até o momento, con cinco, sendo tamén a única que participou en tódalas edicións.
O Real Club Deportivo da Coruña (oficialmente: Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D.), coñecido popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32 490 espectadores. Tras oito anos fóra da máxima categoría, o Deportivo xogará a tempada 2026-27 en Primeira División.
A Garda Nacional dos Estados Unidos, en inglés United States National Guard, é unha milicia reservista do Exército dos Estados Unidos e da Forza Aérea dos Estados Unidos. Cada Estado dos EUA ten a súa propia Garda Nacional, normalmente baixo o control do goberno dese Estado. Cando é necesario, son mobilizados baixo o control dos Estados Unidos.
O fiúncho (do latín serodio fenuculum, diminutivo de fenum 'feo, herba seca') ou fiollo(Foeniculum vulgare) é a única especie do xénero Foeniculum. Nativa da Europa meridional, en especial da costa do mar Mediterráneo, onde medra en estado silvestre, é unha herba perenne e sumamente aromática, cultivada polo seu emprego na cociña. Tamén medra en estado silvestre na costa do Atlántico, especialmente en Galiza, onde tradicionalmente son usadas as sementes para culinaria e medicina popular e os talos para alimento dos animais.
A Mariña é unha comarca natural situada ó correr do litoral de Lugo que abrangue 15 municipios do norte da provincia, oito dos cales, costeiros. Fóra da propia bisbarra tamén é coñecida como Mariña de Lugo ou Mariña lucense. Divídese oficialmente en tres comarcas: A Mariña Occidental, A Mariña Central e A Mariña Oriental.
O escáncer común, ou liscanzo (Anguis fragilis), é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis. Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Mark Neary Donohue Jr., nado en Haddon Township (Nova Jersey) o 18 de marzo de 1937 e finado en Graz o 19 de agosto de 1975, alcumado "Captain Nice," foi un piloto de automobilismo estadounidense, coñecido pola súa habilidade para preparar o seu propio coche de carreiras, e levalo a vitoria. Donohue é probablemente o máis coñecido como o piloto de 1500 bhp "Can-Am Killer" Porsche 917-30 e como o gañador das 500 Millas de Indianápolis de 1972.
Selección de fútbol de Romanía
A selección de fútbol de Romanía é o equipo que representa a Romanía nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federaţia Română de Fotbal (do romanés: Federación Romanesa de Fútbol), pertencente á UEFA. A selección é alcumada habitualmente como "Tricolorii" ou "os tricolores", por mor das cores do seu equipamento. Romanía é un dos catro países, xunto a Bélxica, o Brasil e Francia, que participou no primeiras tres edicións da Copa do Mundo de Fútbol, as únicas disputadas antes da interrupción do fútbol pola segunda guerra mundial.
O capitalismo clientelista, ou capitalismo de compadreo, designa unha orde económica na que a rendibilidade e a supervivencia das empresas dependen fundamentalmente do cultivo de alianzas políticas con funcionarios gobernamentais, en lugar de ofrecer un valor superior aos consumidores a través de mercados competitivos. Esta disposición maniféstase a través de mecanismos como subsidios selectivos, aranceis proteccionistas, barreiras regulatorias erguidas contra os rivais e rescates para as empresas favorecidas, permitindo aos insiders extraer rendas a expensas da eficiencia económica xeral. A diferenza do capitalismo de mercado xenuíno, ou de laissez-faire, que recompensa a innovación e a produtividade, o capitalismo de compadres prospera grazas á intervención estatal que politiza as decisións económicas e fomenta a dependencia da discrecionalidade burocrática.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Mauro José Scaloni, nado en Pujato, Arxentina, o 25 de abril de 1976, é un ex futbolista arxentino que xogaba como centrocampista. A súa carreira discorreu á sombra da do seu irmán máis novo, Lionel Scaloni, formando parte sempre dos mesmos clubs que el, pero xogando nos equipos filiais. Cando Lionel deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Deportivo da Coruña, Mauro fixo o mesmo incorporándose ao Fabril, no que permaneceu durante 9 tempadas sen chegar a xogar ningún partido oficial.
O MetLife Stadium é un recinto deportivo estadounidense situado en East Rutherford, Nova Jersey (Estados Unidos), moi preto da cidade de Nova York. É parte do Complexo Deportivo de Meadowlands e serve como estadio local para dúas franquías da National Football League (NFL): os New York Giants e os New York Jets. O estadio é propiedade da MetLife Stadium Company, unha empresa conxunta entre os Giants e os Jets, os cales construíron en conxunto o recinto utilizando fondos privados nun terreo propiedade da New Jersey Sports and Exposition Authority.