Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
República Democrática do Congo
A República Democrática do Congo (République Démocratique du Congo en francés, Repubilika ya Kongo Demokratika en congo, Jamhuri ya Kidemokrasia ya Kongo en kiswahili, Republiki ya Kɔ́ngɔ Demokratiki en lingala e Ditunga día Kongu wa Mungalaata en tshiluba), tamén coñecida baixo os nomes de Congo Kinshasa e Congo, é un país de África central, coñecido de 1971 a 1997 baixo o nome de Zaire. Foi unha antiga colonia belga: o Congo Belga. A capital é Kinshasa.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa: Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas na Editorial Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italiana. Xoga de dianteiro ou mediapunta no Inter de Miami da MLS dos Estados Unidos. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués, que xoga como extremo no Al-Nassr FC, da Liga Profesional Saudita. É o máximo goleador da historia do fútbol e está considerado como un dos mellores futbolistas de todos os tempos. Foi distinguido co premio ao Mellor xogador da Premier League en 2007 e 2008, así como Deportista Portugués do Ano neses mesmos anos.
Mauro José Scaloni, nado en Pujato, Arxentina, o 25 de abril de 1976, é un ex futbolista arxentino que xogaba como centrocampista. A súa carreira discorreu á sombra da do seu irmán máis novo, Lionel Scaloni, formando parte sempre dos mesmos clubs que el, pero xogando nos equipos filiais. Cando Lionel deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Deportivo da Coruña, Mauro fixo o mesmo incorporándose ao Fabril, no que permaneceu durante 9 tempadas sen chegar a xogar ningún partido oficial.
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 10 cidades dos Estados Unidos, 3 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
Skadelos é unha banda de música galega formada no ano 2019 no Carballiño. O seu estilo musical caracterízase pola fusión de ritmos festivos coma o ska, o pop, o rock e o punk, destacando polos seus ritmos e letras alegres e directos potentes. As súas letras, escritas en galego, tratan diferentes temáticas.
Domingo Catoira Mosquera, nado en Évian-les-Bains o 9 de setembro de 1972, é un exfutbolista e dirixente deportivo galego. Como futbolista xogaba de defensa e a súa carreira transcorreu principalmente na Segunda División B, categoría na que disputou un total de 330 partidos repartidos entre o Fabril, o Lugo, o Novelda e o Benidorm. Trala súa retirada traballou nos despachos técnicos do propio Benidorm, o Valencia, o Valladolid e o Espanyol.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O pardal italiano (Passer italiae), é unha ave paseriforme da familia dos pardais do Vello Mundo, Passeridae, que vive en Italia e outras partes da rexión mediterránea. O seu aspecto é intermedio entre o pardal común e o pardal mouro, esta última unha especie do Mediteráneo e Asia central estreitamente relacionada co pardal común. O pardal italiano habita o norte de Italia e rexións veciñas, con exemplares intermedios co pardal común nunha zona de contacto moi estreita nos Alpes, unha lenta gradación na súa aparencia desde os pardais italiano e mouro a través da Italia central e meridional, e hai máis exemplares de aparencia intermedia en Malta, Creta e outras partes do Mediterráneo.
Verónica Boquete Giadáns, coñecida como Vero Boquete, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Como 1907, da Serie A de Italia. Considerada como unha das mellores futbolistas españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a primeira en marcar nunha final.
A derradeira leición do mestre
A derradeira leición do mestre é unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Buenos Aires. O cadro consérvase no Centro Galicia de Buenos Aires.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 232.037.
A Copa do Mundo da FIFA, tamén coñecida como Campionato Mundial de Fútbol ou Mundial de Fútbol, é un torneo internacional de fútbol, organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo ten dúas fases principais, un proceso clasificatorio onde os países compiten agrupados por diferentes confederacións continentais, chegando na edición de 2010 a 204 participantes, e unha fase final nunha sede designada pola organización na que participan 48 seleccións nun período aproximado dun pouco máis dun mes. A primeira edición do Mundial organizouse en 1930 no Uruguai, coa vitoria da selección anfitrioa, e dende entón foi celebrado cada catro anos coa excepción de 1942 e 1946 debido á segunda guerra mundial. A selección do Brasil é a selección que acadou máis títulos mundiais até o momento, con cinco, sendo tamén a única que participou en tódalas edicións.
A propiedade privada designa os dereitos legais exclusivos que posúen individuos ou entidades privadas para controlar, utilizar, obter rendementos e transferir a propiedade de recursos, bens e activos, abranguendo tanto elementos tanxibles como terras e edificios como intanxibles como as patentes, en contraposición aos recursos comunais ou de titularidade estatal. Estes dereitos son esixibles fronte a terceiros, incluídos os gobernos, aínda que están suxeitos a limitacións como a fiscalidade e a expropiación forzosa por causa de utilidade pública. Os dereitos de propiedade privada seguros sustentan as economías de mercado ao incentivar o investimento, a innovación e a asignación eficiente de recursos, posto que os propietarios asumen os custos e obteñen os beneficios das súas decisións, fomentando o crecemento económico a través do intercambio voluntario e da acumulación de capital.
O estado do benestar é un sistema de goberno no que o Estado asume a responsabilidade principal sobre o benestar económico e social dos seus cidadáns, mediante a prestación dunha serie de servizos sociais e axudas económicas —como sanidade, educación, seguro de desemprego, pensións e axudas á renda—, financiados xeralmente a través da fiscalidade e das cotizacións á seguridade social. Este modelo xurdiu na súa forma moderna a finais do século XIX cos pioneiros programas de seguro social en Alemaña baixo Otto von Bismarck, e expandiuse de forma significativa en Europa tras a segunda guerra mundial, no contexto dos esforzos de reconstrución e dos compromisos co pleno emprego e a seguridade social. Os estados do benestar varían segundo o tipo de réxime, como os sistemas socialdemócratas xenerosos e universalistas dos países nórdicos, os modelos conservadores centrados no emprego da Europa continental, e os enfoques liberais máis focalizados dos países anglosaxóns, reflectindo cada un deles un equilibrio distinto entre a dependencia do mercado e a intervención estatal.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Zinedine Yazid Zidane, nado o 23 de xuño de 1972 en Marsella, é un exfutbolista francés e actual adestrador de fútbol, de familia orixinaria da Cabilia alxeriana. É considerado por algúns medios o máximo expoñente do fútbol mundial de mediados dos anos 90 e principios do 2000 así como un dos mellores xogadores de fútbol de tódolos tempos. Está incluído na lista dos 125 máis grandes xogadores vivos realizada por Pelé, en asociación coa FIFA. Dita organización distinguiuno como Mellor xogador Mundial en 1998, 2000, 2003.
A igualdade ante a lei, ou igualdade xurídica, é un principio fundamental de xustiza que afirma que todos os individuos, sen distinción de estatus, riqueza, orixe ou outros atributos, están sometidos ás mesmas obrigas legais e teñen dereito a unha aplicación e protección uniformes da lei. Orixinado no pensamento político da Grecia antiga como isonomía —que denotaba a igualdade ante a lei como un trazo distintivo do goberno democrático—, este concepto subliñaba que as leis vinculan por igual a gobernantes e cidadáns, evitando o goberno arbitrario. O principio gañou relevancia na filosofía da Ilustración e no constitucionalismo liberal, influíndo en documentos como a Constitución dos Estados Unidos, a través das súas garantías implícitas mediante as cláusulas de debido proceso e de protección igualitaria, e de forma explícita no artigo 7 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que establece que todos son iguais ante a lei e teñen dereito a igual protección contra a discriminación.
HTTP 404, 404 not found, 404, 404 error, page not found ou file not found é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. O erro tamén pode aparecer cando un servidor non quere revelar se ten a información solicitada.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
O pene é o órgano masculino que intervén na excreción urinaria e en certas prácticas sexuais. O pene en erección, en especial a súa representación, recibe o nome de falo. Intervén na expulsión do esperma e os ouriños e a súa forma e tamaño depende do grao de excitación sexual e doutros factores externos.
A República do Congo (en francés: République du Congo; en congo: Repubilika ya Kongo; en lingala: Republiki ya Kongó), tamén chamado Congo-Brazzaville para distinguilo da veciña República Democrática do Congo, é un país africano. Limita ao norte co Camerún e a República Centroafricana, ao leste e sur coa República Democrática do Congo, ao sur coa provincia angolana de Cabinda e ao oeste co océano Atlántico e Gabón. A súa capital é Brazzaville.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
O Escudo da serea, tamén coñecido como Escudo de Castelao, é un emblema patriótico galego deseñado en 1937 polo intelectual e político Alfonso Daniel Rodríguez Castelao durante o seu exilio en Barcelona, no contexto da guerra civil española. Non foi oficializado, pero converteuse nun símbolo emblemático do nacionalismo galego de esquerda e do galeguismo laico e popular.
O Real Club Deportivo da Coruña (oficialmente: Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D.), coñecido popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32 490 espectadores. Tras oito anos fóra da máxima categoría, o Deportivo xogará a tempada 2026-27 en Primeira División.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
José Luis Rodríguez Zapatero ( pronunciación ), nado o 4 de agosto de 1960 en Valladolid e criado en León, é un político español, que foi o quinto Presidente do Goberno de España dende a aprobación da Constitución española de 1978. Asumiu o seu cargo despois da vitoria do PSOE nas eleccións ao Congreso dos Deputados do 14 de marzo de 2004, revalidada nos seguintes comicios, celebrados o 9 de marzo de 2008. Deixou o cargo o 21 de decembro de 2011.
Croacia ( pronunciación ) (en croata: Hrvatska [xř̩ʋaːtskaː] ), oficialmente República de Croacia ( pronunciación ) (en croata: Republika Hrvatska ( pronunciación )), é un país de Europa central, rodeado pola chaira Panónica, os Balcáns e o mar Mediterráneo. A súa capital e cidade máis grande é Zagreb. Comparte fronteiras con Eslovenia e Hungría ao norte, Bosnia e Hercegovina ao sueste e Serbia e Montenegro ao leste.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
O liberalismo clásico, tamén referido como liberalismo laissez-faire, é unha filosofía política que defende a liberdade individual, o goberno limitado, a propiedade privada, os mercados libres e o imperio da lei como elementos esenciais para o florecemento humano. Postula que os gobernos deben protexer os dereitos naturais —vida, liberdade e propiedade— minimizando ao mesmo tempo a interferencia nos intercambios voluntarios e nas escollas persoais. Orixinado na Ilustración, esta ideoloxía bebe dos primeiros principios da razón e da observación empírica, facendo fincapé no consentimento dos gobernados e no escepticismo ante a autoridade arbitraria.
O Imperio Español, tamén coñecido como monarquía española, foi un imperio colonial que existiu durante a Idade Moderna. Composto polo conxunto de territorios de España -ou das dinastías reinantes en España- en África, Asia, América, Europa e Oceanía ao longo da historia. Tras o descubrimento de América en 1492, España colonizou grandes extensións de territorio en América, desde o actual suroeste dos Estados Unidos, México, e o Caribe, ata Centroamérica e a maior parte de Suramérica.
Mikail Kalinin, nado en Verkhnyaya Troitsa, Rusia, o 19 de novembro de 1875 e finado en Moscova o 3 de xuño de 1946, foi un líder bolxevique que liderou a revolta de Moscova. A Unión Soviética renomeou a cidade prusiana de Königsberg (tras acada-lo control de Prusia Oriental durante a segunda guerra mundial) a Kaliningrado na súa honra.
Calcuta, de nome oficial Kolkata (কলকাতা), (ata o 1 de xaneiro, de 2001, oficialmente Calcutta), é a capital do estado indio de Bengala Occidental. O seu nome orixinal era Kolikata (en bengalí: কলিকাতা) que aínda se utiliza na literatura culta. É coñecida como "a cidade da ledicia" e "a cidade dos palacios".
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Bombai (en hindi: बंबई; en marathi: मुम़बई, Mumbaī nome oficial na India desde 1995; a forma galega tradicional Bombai deriva da forma inglesa Bombay) é a cidade máis grande da India e capital do estado indio de Maharashtra e o centro financeiro de facto da India. Segundo as Nacións Unidas, a partir de 2018, Bombai é a a segunda cidade máis poboada da India despois de Delhi e a oitava cidade máis poboada do mundo cunha poboación de aproximadamente 20 millóns de habitantes. Segundo o censo de poboación do goberno indio de 2011, Mumbai era a cidade máis poboada da India cunha poboación propia dentro da cidade estimada de 12,5 millóns que viven baixo a Corporación Municipal de Brihanmumbai.
San Miguel de Ponte é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE, no ano 2017 tiña 155 habitantes (79 homes e 76 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 32 habitantes en relación ao ano 2000 cando tiña 187 habitantes. O seu nome provén da antiga ponte que servía de paso entre as terras de Trasdeza e as de Deza.
A busca de rendas (en inglés, rent-seeking) refírese ao gasto de recursos por parte de individuos, empresas ou grupos co fin de obter rendas económicas —transferencias improdutivas de riqueza— mediante o lobbying político, a manipulación regulatoria ou outros medios non baseados no mercado, en lugar de crear novo valor a través da produción ou da innovación. O concepto, formalizado polo economista Gordon Tullock en 1967, pon de relevo como tales actividades xeran custos sociais superiores ás propias rendas, xa que os recursos desviados para influír na política gobernamental non aportan ningunha adición neta á riqueza social e producen, no seu lugar, perdas de benestar equiparables ás derivadas dos monopolios ou do roubo. Na teoría da elección pública, a busca de rendas explica a persistencia de políticas ineficientes, como aranceis, subsidios e licenzas exclusivas, nas que os beneficiarios concentrados superan en manobra aos contribuíntes dispersos, dando lugar ao capitalismo de compadres, a un menor crecemento económico e a unha maior desigualdade nas sociedades propensas a este tipo de comportamento.
Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Está considerado un dos mellores xogadores do mundo e ostenta o récord de maior número de goles anotados nunha mesma tempada da Premier League, con 36.
O SoFi Stadium é un recinto deportivo situado na cidade de Inglewood (área metropolitana dos Ánxeles), en California, con capacidade para 70.240 espectadores. Foi inaugurado en setembro do ano 2020, e acolle os encontros da National Football League (NFL) das dúas franquías da cidade, Los Angeles Rams e Los Angeles Chargers. O estadio recibe o seu nome pola empresa Social Finance Inc.
O malaiala ou malabar, tamén chamado malayalam (മലയാളം) é unha lingua falada na India polo pobo malaiala, que habita no estado de Kerala. É unha das 22 linguas oficiais do país, e no 2013 foi designada lingua clásica da India. O malaiala é a lingua oficial de Kerala e dos territorios de Lakshadweep e Puducherry.
Nova Deli (en hindi: नई दिल्ली, Nai Dilli) é desde 1931 a capital da República da India, antes diso a capital era Delhi, e sede dos poderes executivo, lexislativo e xudicial do Goberno da India. Está situada na metrópoles de Delhi e é un dos seus nove distritos. A cidade foi planeada e construída como a cidade capital e foi chamada así cando os gobernantes ingleses mudaron a capital da India británica a esta cidade en 1911 desde Calcuta.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
O Grupo Wagner (en ruso: Группа Вагнера, romanizado como: Gruppa Vagnera), tamén denominado PMC Wagner, ChVK Wagner (ChVK correspóndese coas siglas, en ruso, de Compañía Militar Privada), ou CHVK Vagner (ЧВК Вагнера ChVK Vagnera, Частная Военная Компания Вагнера) é unha organización paramilitar de orixe rusa. Hai quen[quen?] o describen como unha empresa militar privada que actúa en varias rexións do mundo, principalmente no leste de Ucraína e en Siria. Outras fontes catalógano como un escuadrón secreto das Forzas Armadas de Rusia, quen o empregan como brazo de apoio en conflitos nos que Rusia está comprometida ou involucrada.