Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O etnocacerismo (ou etnonacionalismo peruano) é unha ideoloxía política peruana caracterizada polo etnonacionalismo que evoca tanto o poderío e a identidade do Imperio Inca ou Tahuantinsuyo, a proxección dun neo-Tahuantinsuyo, a admiración á figura de Andrés Avelino Cáceres, a exaltación da «raza cobriza» e as civilizacións andinas, así como o nacionalismo das Forzas Armadas do Perú durante o goberno de Juan Velasco Alvarado, o antichilenismo e o irredentismo.
Os números de teléfono en España están distribuídos atendendo a criterios xeográficos. O plan de numeración é pechado dende o ano 1998. Anteriormente podíase chamar a un número da mesma provincia sen ter que marcar o prefixo desta e só era necesario facelo para chamar a outras, a móbiles, a números internacionais e outros servizos.
O pico Viñamala (Vignemale en francés e Comachibosa en aragonés) é un monte situado nos Pireneos, entre a provincia de Huesca (España) e o departamento de Altos Pireneos (Francia). Na cara española (val de Bujaruelo) forma parte da zona periférica de Parque nacional de Ordesa e Monte Perdido, mentres que a francesa está dentro do Parque Nacional dos Pireneos. É o pico máis alto do Pireneo francés e do macizo ao que pertence.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
Greensboro é unha cidade no estado de Carolina do Norte, nos Estados Unidos. É a terceira maior cidade en canto á poboación en Carolina do Norte e a maior cidade do condado de Guilford e arredores da rexión metropolitana de Piedmont Triad. De acordo co Censo de Estimación dos Estados Unidos do 2011 a poboación de Greensboro é de 273.425 habitantes.
José Luis Ábalos Meco, nado en Torrent (provincia de Valencia) o 9 de decembro de 1959, é un político español, membro do PSOE, deputado por Valencia deste partido nas IX, X, XI, XII, XIII e XIV lexislaturas. Tamén foi ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (2020-2021) e ministro de Fomento (2018-2020) do Goberno de España.
Lista de episodios de Sakura, cazadora de cartas
Os 70 episodios do anime xaponés Sakura, cazadora de cartas baséanse no manga escrito e ilustrado polo grupo de artistas manga CLAMP. Sakura, cazadora de cartas está dirixiuna Morio Asaka e foi animada e producida por Madhouse. A serie céntrase en Sakura Kinomoto, unha alumna de cuarto de primaria que descobre que posúe poderes máxicos despois de liberar accidentalmente un conxunto de cartas máxicas do libro no que levaban anos seladas. Ela ten a tarefa de recuperar esas cartas para evitar que unha catástrofe descoñecida destrúa o mundo.
Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Chenopodium é un xénero que comprende numerosas especies de plantas anxiospermas herbáceas perennes ou anuais, que aparecen en case todas as partes do mundo, como a quinoa e o fariñento. Clasifícase na familia Amaranthaceae no sistema APG II; en sistemas de clasificación máis antigos, especialmente no moi usado sistema de Cronquist, o xénero e outros emparentados clasifícanse por separado dentro da familia Chenopodiaceae, pero isto deixa o resto das Amaranthaceae como grupo polifilético. Porén, entre as Amaranthaceae, o xénero Chenopodium é o que lle dá o nome á subfamilia Chenopodioideae.
Mauro José Scaloni, nado en Pujato, Arxentina, o 25 de abril de 1976, é un ex futbolista arxentino que xogaba como centrocampista. A súa carreira discorreu á sombra da do seu irmán máis novo, Lionel Scaloni, formando parte sempre dos mesmos clubs que el, pero xogando nos equipos filiais. Cando Lionel deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Deportivo da Coruña, Mauro fixo o mesmo incorporándose ao Fabril, no que permaneceu durante 9 tempadas sen chegar a xogar ningún partido oficial.
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha). A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 11 cidades dos Estados Unidos, 2 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italiana. Xoga de dianteiro ou mediapunta no Inter de Miami da MLS dos Estados Unidos. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.
O urmetazoo (urmetazoa, do prefixo en alemán ur- «orixinal, primitivo, arquetípico» e do grego μετα-ζωα, metazoa, «animal») é o hipotético derradeiro devanceiro común de todos os animais. Quizais o primeiro urmetazoo fora acuático, pero máis aló disto a súa forma é difícil de determinar, xa que se plantearon diferentes hipóteses e a discriminación mediante o método científico entre estas hipóteses é difícil por mor de que as relacións entre os filos animais non se resolveron de todo.
O feminismo interseccional é unha corrente dentro do feminismo, así como un movemento político e social, que postula que o xénero é unha categoría interrelacionada coa etnia, a clase social, a idade e a orientación sexual. Xurdiu durante a Terceira onda do feminismo e busca aplicar a complexidade das relacións sociais e as xerarquías de poder e dominación ao movemento, promovendo así a igualdade entre homes e mulleres a través do estudo de cada caso específico. Asúmese que, ademais do xénero, existen outras discriminacións sobre a base dos privilexios e as posibilidades de axencia e empoderamento das persoas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Cotoriño, Santa Mariña do Monte, Ourense
Cotoriño é un lugar da parroquia de Santa Mariña do Monte, no concello ourensán de Ourense, na comarca de Ourense. Segundo o IGE, en 2022 tiña 9 habitantes (8 homes e 11 mulleres).
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués, que xoga como extremo no Al-Nassr FC, da Liga Profesional Saudita. É o máximo goleador da historia do fútbol e está considerado como un dos mellores futbolistas de todos os tempos. Foi distinguido co premio ao Mellor xogador da Premier League en 2007 e 2008, así como Deportista Portugués do Ano neses mesmos anos.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A dedaleira ou estraloque (Digitalis purpurea) é unha planta herbácea bianual, nativa de Europa da familia das plantaxináceas. Recibe tamén os nomes de abeluria, abrula, baloco, borleta, croque, dixital, estalote, milicroque e sanxoán. Na fala de Estremadura recibe o nome de abiluria e dedais de bruja.
O Real Club Celta de Vigo Fortuna é un equipo de fútbol galego da cidade de Vigo. Foi fundado en 1927 como Turista Sport Club e foi un equipo independente ata 1989 cando se converteu no equipo filial do Celta de Vigo. Na tempada 2025/26 finalizou a liga regular do grupo I da Primeira División RFEF en segunda posición, acadando o ascenso á Segunda División no play off de ascenso, converténdose así no primeiro filial dun club galego en participar na Liga de Fútbol Profesional.
Televinte (T20) é unha televisión local de Chantada que comezou a emitir en 1998, propiedade de Chantada Comunicación S.L. Conta con licenza de TDT na demarcación de Chantada, que inclúe tamén os concellos de Carballedo e Taboada. O principal programa que emite todos os días esta canle son os seus informativos. Televinte destaca polos criterios pedagóxicos e participativos dos seus programas.
Petronella Johanna de Timmerman
Petronella Johanna de Timmerman, nada en Middelburg o 31 de xaneiro de 1723, e finada en Utrecht o 2 de maio de 1786, foi unha poeta e científica neerlandesa. A súa primeira publicación, un poema sobre astronomía, apareceu en 1746, tres anos antes de casar con Abraham Haverkamp. Tras a morte de Abraham en 1758, volveu casar en 1769 con Johann Friedrich Hennert, profesor de matemáticas, astronomía e filosofía.
O fiúncho (do latín serodio fenuculum, diminutivo de fenum 'feo, herba seca') ou fiollo(Foeniculum vulgare) é a única especie do xénero Foeniculum. Nativa da Europa meridional, en especial da costa do mar Mediterráneo, onde medra en estado silvestre, é unha herba perenne e sumamente aromática, cultivada polo seu emprego na cociña. Tamén medra en estado silvestre na costa do Atlántico, especialmente en Galiza, onde tradicionalmente son usadas as sementes para culinaria e medicina popular e os talos para alimento dos animais.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Primeira Linha é unha organización política comunista galega integrada no Movimento de Libertaçom Nacional Galego. Apoia a independencia de Galicia, considerando esta como a actual comunidade autónoma de Galicia máis as Terras do Eo-Navia, o Val do Íbias e as rexións do Bierzo e A Seabre. Formou parte de Nós-Unidade Popular.
Unha estrela (do latín: stella) é un esferoide luminoso que mantén a súa forma debido á súa propia gravidade. A estrela máis próxima á Terra é o Sol. Outras estrelas son visibles a simple vista desde a Terra durante a noite, aparecendo como unha diversidade de puntos luminosos aparentemente fixos no ceo debido á súa inmensa distancia da mesma.
A árnica falsa, tamén denominada flor de San Xoán; Helichrysum fœtidum (L.) Moench, é unha planta da familia Asteraceae orixinaria de Suráfrica. Naturalizada por gran parte da xeografía galega; principalmente nos hábitats costeiros onde vive. En zonas alteradas como cunetas, en ocasións penetrando en medios naturais como dunas ou nas zonas de transición entre cultivos e matogueiras.
A Copa do Mundo da FIFA, tamén coñecida como Campionato Mundial de Fútbol ou Mundial de Fútbol, é un torneo internacional de fútbol, organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo ten dúas fases principais, un proceso clasificatorio onde os países compiten agrupados por diferentes confederacións continentais, chegando na edición de 2010 a 204 participantes, e unha fase final nunha sede designada pola organización na que participan 48 seleccións nun período aproximado dun pouco máis dun mes. A primeira edición do Mundial organizouse en 1930 no Uruguai, coa vitoria da selección anfitrioa, e dende entón foi celebrado cada catro anos coa excepción de 1942 e 1946 debido á segunda guerra mundial. A selección do Brasil é a selección que acadou máis títulos mundiais até o momento, con cinco, sendo tamén a única que participou en tódalas edicións.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.