Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O estilo manuelino, tamén chamado gótico portugués tardío, flamíxero ou flamejante, é un estilo decorativo e escultórico aplicado á arquitectura e ao mobiliario que se desenvolveu no reinado de D. Manuel I e continuou até despois da súa morte, aínda que xa existía dende o reinado do rei Xoán II. Trátase dunha variación portuguesa do gótico tardío, así como da arte luso-mourisca ou arte mudéxar, marcada por unha sistematización dos seus propios grandes motivos iconográficos, simbolizando o poder real. Posteriormente incorporou ornamentación do Renacemento italiano. O termo "manuelino" foi creado por Francisco Adolfo Varnhagen na súa Noticia histórica e descritiva do mosteiro de Belém de 1842.
Ursula Gertrud von der Leyen, nada como Ursula Gertrud Albrecht en Ixelles, Bruxelas, o 8 de outubro de 1958, é unha política alemá, presidenta da Comisión Europea dende 2019. Von der Leyen está afiliada á Unión Demócrata Cristiá (CDU), partido de centro-dereita do cal é unha das vicepresidentas. Foi a primeira muller no cargo de ministra de Defensa de Alemaña, entre 2013 e 2019, despois de liderar os ministerios de Traballo e Asuntos Sociais, entre 2009 e 2013, e de Familia, Terceira Idade, Mulleres e Xuventude, entre 2005 e 2009.
República Democrática do Congo
A República Democrática do Congo (République Démocratique du Congo en francés, Repubilika ya Kongo Demokratika en congo, Jamhuri ya Kidemokrasia ya Kongo en kiswahili, Republiki ya Kɔ́ngɔ Demokratiki en lingala e Ditunga día Kongu wa Mungalaata en tshiluba), tamén coñecida baixo os nomes de Congo Kinshasa e Congo, é un país de África central, coñecido de 1971 a 1997 baixo o nome de Zaire. Foi unha antiga colonia belga: o Congo Belga. A capital é Kinshasa.
Non confundir co río Alvedosa As illas Alvedosas ou Erbedosas son un grupo de dous illotes rochosos situados na desembocadura do río Verdugo, na Enseada de San Simón, no fondo da Ría de Vigo. Pertencen á parroquia de San Martiño de Vilaboa, no concello pontevedrés de Vilaboa. Na actualidade están deshabitadas e son propiedade do Estado español.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Stephen Ray Vaughan, nado o 3 de outubro de 1954 e finado o 27 de agosto de 1990) foi un guitarrista estadounidense, cantante, compositor, e produtor de música. A pesar da súa curta carreira de apenas sete anos, foi un dos guitarristas máis influentes no rexurdimento do blues nos anos 80. Nado e criado en Dallas, Vaughan comezou a tocar a guitarra con sete anos, inspirado polo seu irmán máis vello, Jimmie.
Xamaica (/dʒəˈmeɪkə/; en inglés e oficialmente Jamaica) é un país insular situado no mar Caribe. Cunha extensión de 10 990 km², 240 km de longo e un máximo de 80 km de ancho, é a terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e A Española). Xamaica atópase a 630 km do continente centroamericano, a uns 145 km.
Yogyakarta (Inglés: /ˌjoʊɡjəˈkɑːrtə/; xavanés: ꦔꦪꦺꦴꦒꦾꦏꦂꦠ Ngayogyakarta Modelo:IPA-jv; Modelo:Lang-pey) é a capital da Rexión Especial de Iogyakarta en Indonesia, na parte centro-sur da illa de Xava preto da súa costa meridional, entre as ladeiras do volcán do Monte Merapi ao norte e o océano Índico. Como a única cidade real indonesia aínda gobernada por unha monarquía, Yogyakarta considérase un centro importante para as artes e cultura xavanesas clásicas, como o ballet, o batik téxtil, teatro, literatura, música, poesía, pratería, artes visuais e monicreques wayang. Recoñecido como centro de Educación indonesia, Yogyakarta alberga unha gran poboación estudantil e decenas de escolas e universidades, entre elas a Universidade Gadjah Mada, o maior instituto de educación superior do país e un dos máis prestixiosos.
Almroth Edward Wright (nado o 10 de agosto de 1861, finado o 30 de abril de 1947) foi un bacteriólogo e inmunólogo inglés. É notable por desenvolver un sistema de inoculación antitifoide, ser un dos primeiros en recoñecer que o uso de antibióticos acabaría creando bacterias resistentes e ser un decidido partidario da medicina preventiva.
Azumanga Daioh (あずまんが大王, Azumanga Daiō) é un manga escrito e ilustrado por Kiyohiko Azuma, o cal foi adaptado como anime no ano 2002. O manga consiste unha serie de historietas yonkoma no Xapón. O anime foi transmitido en segmentos de cinco minutos todos os días da semana, e como unha compilación de vinte e cinco minutos os fins de semana.
Romelu Menama Lukaku, nado en Anveres o 13 de maio de 1993, é un futbolista internacional belga que xoga como dianteiro para o Chelsea FC da Premier League inglesa e para a selección de Bélxica. Comezou a súa carreira no equipo local, o Rupel Bom, sendo tempo despois recrutado e contratado polo Lierse. Debido ao seu xogo foi observado e atraído por numerosos clubs, asinando finalmenete polas categorías inferiores do Anderlecht, histórico club da Jupiler Pro League.
Día Internacional dos Traballadores
O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial. Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axustizados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álxido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.
Os amebozoos ou Amoebozoa son un importante grupo de protozoos ameboides, nos que se inclúen a maioría dos que se moven por medio de fluxos citoplasmáticos internos, que crean expansións da célula chamadas pseudópodos. Os seus pseudópodos son caracteristicamente de extremos redondeados e con forma de dedo, e denomínanse lobópodos. A maioría dos amebozoos son unicelulares, e son comúns nos solos e hábitats acuáticos, onde poden ser de vida libre ou algúns son simbiontes doutros organismos, ou parasitos.
O racismo é a crenza segundo a cal os grupos humanos posúen diferentes trazos de comportamento correspondentes a atributos herdados e poden dividirse en función da superioridade dunha raza sobre as outras. O racismo tamén implica prexuízos, discriminación ou antagonismo dirixido cara a outras persoas porque son dunha raza ou etnia diferente. As variantes modernas do racismo están baseadas moitas veces nas percepcións sociais das diferenzas biolóxicas entre os pobos.
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 11 cidades dos Estados Unidos, 2 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
O burro ( pronunciación ) ou asno (Equus asinus) é un mamífero doméstico da familia dos équidos, de ata metro e medio aproximadamente de altura á cruz, caracterizado polas longas orellas e a cabeza proporcionalmente grande. O pelo das crinas é curto, polo que estas son erectas. Emprégase, ou mellor empregábase, como animal de carga.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.
McLaren Racing Limited (/məˈklærən/) é un equipo británico de carreiras de motor con sede no McLaren Technology Centre en Woking, Surrey, Inglaterra. McLaren é máis coñecido como construtor de Fórmula Un, e o segundo equipo máis antigo en activo e o segundo equipo de Fórmula Un máis exitoso despois da Ferrari, gañou 188 carreiras, 12 Campionatos de Pilotos e 8 Campionatos de Construtores. McLaren tamén competiu nas 500 millas de Indianápolis, e as 24 Horas de Le Mans, tanto como participante como como construtor de chasis, e gañou a Canadian-American Challenge Cup (Can-Am) campionato de carreiras de coches deportivos.
Este artigo trata das amebas do xénero Amoeba, para as células con forma de ameba en xeral ver ameboide. Amoeba (ameba) é un xénero de protozoos sen forma definida formadores de pseudópodos e uninucleados da familia Amoebidae. Actualmente comprende a especie Amoeba proteus (antes chamada Chaos diffluens e Amoeba diffluens) e outras tres especies.
A vaxina (do latín vagīna, "vaíña") é un conduto fibromuscular elástico, que forma parte dos órganos xenitais internos da muller –xa que logo, parte do aparato reprodutor feminino–. Nas femias dos mamíferos, esténdese desde o vestíbulo vaxinal até o cérvix uterino. A vulva e a vaxina, dúas estruturas anatómicas diferentes que non deben confundirse, son os órganos da copulación nos mamíferos.
Timothy William Burton, nado en Burbank (California) o 25 de agosto de 1958, é un director e produtor de cinema, guionista e artista estadounidense. É coñecido polos seus filmes de fantasía gótica e de terror, como Beetlejuice (1988), Edward Scissorhands (1990), The Nightmare Before Christmas (1993), Ed Wood (1994), Sleepy Hollow (1999), A noiva cadáver (2005), Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street (2007) e Frankenweenie (2012), mais Burton tamén dirixiu filmes de superheroes como Batman (1989) e Batman volve (1992), o filme de ciencia ficción Planet of the Apes (2001), o drama Big Fish (2003), o musical Charlie e a fábrica de chocolate (2005), e os filmes de fantasía Alice in Wonderland (2010) e Miss Peregrine's Home for Peculiar Children (2016). Burton traballou de forma habitual co actor Johnny Depp e co compositor Danny Elfman, quen compuxo a banda sonora de tódolos seus filmes agás tres.
Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Está considerado un dos mellores xogadores do mundo e ostenta o récord de maior número de goles anotados nunha mesma tempada da Premier League, con 36.
Lei de normalización lingüística
A Lei de normalización lingüística ou Lei 3/1983, do 15 de xuño de normalización lingüística (publicada no DOG nº 84, de 14 de xullo de 1983) é un desenvolvemento do estatuto de autonomía de Galiza que ten como obxectivo normalizar a situación do idioma galego tanto na súa situación legal como no seu uso. Carlos Casares Mouriño participou na súa redacción. Como di na súa introdución: Esta lei regula os dereitos lingüísticos dos galegos e o status das linguas oficiais na comunidade autónoma galega (ademais de protexer o galego exterior) Entre as súas disposicións máis importantes figuran: Artigo 1: O galego é a lingua propia de Galicia.
Camilo José Cela Trulock, nado en Iria Flavia o 11 de maio de 1916 e finado en Madrid o 17 de xaneiro de 2002, foi un escritor galego de sona. Escribiu en castelán algunhas das obras canónicas da literatura de posguerra como La colmena, Mazurca para dos muertos ou La familia de Pascual Duarte. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1989.
O Rusty trombone (trombón enferruxado ou trombón sucio) é un acto sexual no que un home queda de pé cos xeonllos e as costas lixeiramente torsionados cos pés separados polo menos ao ancho dos ombreiros para deixar ao descuberto o seu ano. Unha persoa normalmente axeonllase detrás do home e realiza un anilingus mentres pasa unha man por debaixo dos testículos ou arredor do corpo para realizar manualmente movementos rápidos cara a arriba e abaixo do pene, imitando os movementos dun músico de trombón. O acto defínese principalmente pola orientación física da parella, a combinación de anilingus con estimulación sexual manual e a semellanza do esfínter anal cunha boquilla de trombón, non obstante, son posibles outras posicións e variacións.
Padrón (do latín petra, deriva de petronem< petram)[Cómpre referencia], é un concello da provincia da Coruña, que pertence á comarca do Sar. Segundo o INE en 2015 tiña 8.643 habitantes (8.985 no 2010, 9.016 no 2006, 9.035 no 2005, 9.070 no 2004, 9.136 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «padronés» ou «iriense».
Denomínase friqui (do inglés freak, que significa monstro, becho raro) á persoa obsesionada cun tema ou afección en concreto, normalmente considerada extravagante, ata o punto de convertelo nunha forma de vida. Normalmente relacionase coa informática, a banda deseñada, o anime xaponés, os filmes e series de ciencia ficción e fantasía, pero o termo pode estenderse a calquera gusto descomedido. Normalmente asóciase a un carácter introvertido ou difícil de relacionarse con persoas alleas á súa afección e a unha indumentaria non convencional.
O ácido fosfórico, tamén chamado ácido ortofosfórico, é un ácido inorgánico ou mineral coa fórmula H3PO4. As moléculas de ácido ortofosfórico poden combinarse consigo mesmas para formar diversos compostos que se denominan tamén de modo xeral ácidos fosfóricos. A nomenclatura da IUPAC para este composto é ácido ortofosfórico.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
En astronomía, astrofísica e cosmoloxía física, unha lente gravitacional, ou lente gravitatoria, formase cando a luz procedente de obxectos distantes e brillantes coma os quásares dobrase arredor dun obxecto masivo (como unha galaxia masiva) situado entremedias do obxecto emisor e o observador da imaxe. As lentes gravitacionais foron previstas pola teoría da relatividade xeral de Einstein. No ano 1919 púidose probar a exactitude da predición.
O licopeno (nome procedente do nome científico do tomate, Lycopersicum) é un composto fitoquímico e pigmento natural carotenoide do grupo dos carotenos de cor vermella brillante, que se encontra nos tomates e nalgunhas outras froitas e verduras de cor avermellada, como as cenorias vermellas, sandías, gacs (Momordica cochinchinensis), e papaias, pero non noutros vexetais tamén vermellos como amorodos, paprika, ou cereixas. Alimentos vexetais que non son vermellos poden conter licopeno, como os feixóns colorados ou o perexil. Aínda que o licopeno é quimicamente un caroteno, non ten actividade de vitamina A, a diferenza doutros carotenos.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
A Copa do Mundo da FIFA 1994 (en inglés: World Cup USA '94) foi a edición número quince do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo, organizado polos Estados Unidos, sendo esta a primeira vez que se celebraba fóra de Europa e Suramérica. Celebrouse entre o 17 de xuño e o 17 de xullo en nove sedes distintas.
As Comarques Centrals (Comarcas Centrais en catalán) ou Catalunya Central é un dos oito ámbitos funcionais territoriais (AFT) definidos no Plan territorial xeral de Cataluña, para un hipotético desenvolvemento da Comunidade Autónoma en vigairías. Atópase no centro de Cataluña, nos cursos alto e medio dos ríos Llobregat e Ter. Inclúe as comarcas de Bages, Berguedà, Moianès, Osona, Solsonès e os concellos de Anoia que o solicitaron.
A pesca é a extracción de organismos acuáticos do medio onde se desenvolveron para diversos fins, tales como a alimentación, a recreación (pesca recreativa ou pesca deportiva), a ornamentación (captura de especies ornamentais) ou a industria, incluíndo a fabricación de comida para o alimento de animais en crianza e a produción de substancias con interese para a saúde -como o "famoso" aceite de fígado de bacallau.
Vallehermoso é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Sitúase na parte occidental da illa canaria de La Gomera estendéndose de norte a sur. Ten unha extensión de 109,32 km² (sendo o municipio máis extenso da illa) e unha poboación de 3.142 habitantes (INE, xaneiro 2007).
William Michael Hanemann, nado en Manchester o 26 de agosto de 1944, é un académico inglés dos campos da economía ambiental e dos recursos. Na actualidade é profesor Julie A. Wrigley na Escola de Sostibilidade e o Departamento de Economía da Universidade Estatal de Arizona. Leva máis de catro décadas casado con Mary Hanemann.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O rabiforcado magnífico, comunmente fragata ou rabiforcado, (Fregata magnificens) é unha ave mariña da familia Fregatidae. Ten unha lonxitude de 89 a 114 cm, polo que é especie máis grande dos fregátidos. Vive en augas tropicais e subtropicais de América, entre o norte de México e Ecuador na costa do Pacífico e entre Florida e o sur do Brasil na costa do Atlántico.
O voo 52 de Avianca era un voo regular entre Bogotá e Nova York con escala en Medellín. O 25 de xaneiro de 1990 o Boeing 707 que operaba a ruta quedou sen combustible na aproximación ao aeroporto John F. Kennedy e esnafrouse contra unha ladeira na pequena vila de Cove Neck, Nova York, na ribeira norte de Long Island. 8 dos 9 tripulantes e 65 dos 149 pasaxeiros morreron.
Chernobyl é unha miniserie de televisión de drama histórico creada e escrita por Craig Mazin e dirixida por Johan Renck para HBO. A serie céntrase no desastre nuclear de Chernóbil que ocorreu en abril de 1986 e os esforzos de limpeza sen precedentes que o seguiron. Producida por HBO en asociación con Sky UK, conta cun elenco liderado por Jared Harris, Stellan Skarsgård e Emily Watson. A serie emitiuse en cinco partes nos Estados Unidos de América o 6 de maio de 2019 e foi aclamada pola crítica.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
A derradeira leición do mestre
A derradeira leición do mestre é unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Buenos Aires. O cadro consérvase no Centro Galicia de Buenos Aires.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O dólar de 1804 é unha moeda de prata dese valor facial cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, da que se coñecen soamente quince exemplares. Malia o seu nome, e aínda que a data de 1804 aparece nos exergos dos seus anversos, ningún deses exemplares foi cuñado no devandito ano, senón na década de 1830 ou, mesmo, máis tarde.
O whisky (en gaélico uisce beatha ou uisge-beatha, auga de vida) é unha bebida alcohólica obtida a partir dunha mestura de augardente de malte de cebada con alcohois elaborados por destilación doutros cereais fermentados, como trigo, centeo ou millo. O resultado é unha augardente de alta graduación, de 40º ou máis graos. O whisky é un licor estritamente regulado en todo o mundo con moitas clases e tipos.
Unha escola filosófica é unha maneira de pensar ou de proceder en relación á filosofía. As escolas filosóficas moitas veces xorden a partir das ensinanzas dun mestre e en oposición a unha escola rival. Outros nomes para aproximadamente a mesma idea son: escola de pensamento, corrente de pensamento, corrente filosófica, doutrina filosófica e movemento filosófico.
Xochimilco (AFI: [sotʃimilko]; náhuatl clásico: Xōchimīlco, listen ) é unha das 16 delegacións da Cidade de México e atópase ao sur xeográfico deste mesmo. O seu territorio conta cunha área duns 122 quilómetros cadrados, sendo o terceiro maior do distrito. Xochimilco ten fama grazas á súa extensa rede de canles sobre os restos do antigo lago Xochimilco.
Un gran turismo (GT) é un automóbil de luxo de alto rendemento, deseñado para conducir grandes distancias. O formato máis común é un cupé de dúas portas ben con dous asentos ou cunha disposición 2 + 2. O nome deriva do termo Italiano gran turismo, unha homenaxe á tradición do grand tour, que se utiliza para representar os automóbiles considerados como grandes turismos, capaces de facer longas viaxes a alta velocidade con comodidade e estilo.
Isaac Moreno Gallo, nado en Burgos o 27 de agosto de 1958, é un enxeñeiro, historiador e comunicador español. É enxeñeiro técnico de Obras Públicas e graduado en Xeografía e Historia, traballou para o Ministerio de Fomento de España, e realizou diversos proxectos de identificación e estudo de infraestruturas romanas, en especial vías romanas e infraestruturas hidráulicas. Tamén traballou para diversas administracións públicas a título de especialista en enxeñaría romana e ten realizado investigacións sobre técnica antiga, instrumentos topográficos antigos e outras facetas relacionadas coa enxeñaría.