Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O tarot é un xogo de cartas xogado en Francia e noutros países francófonos, composto por unha baralla de 78 cartas. A Federación Francesa de Tarot publicou as regras oficiais do xogo. Desde o século XVIII as cartas pasaron a ser usadas para a previsión do futuro e desde finais do século XIX integran a cerna do esoterismo moderno xuntamente coa cábala, a astroloxía e a alquimia.
Manuel José Blanco y Calvo de Encalada, nado en Buenos Aires, Vicerreinado do Río da Prata, o 21 de abril de 1790 e finado en Santiago de Chile o 5 de setembro de 1876, foi un militar, político e diplomático chileno, de orixe galega, que tivo unha destacada participación na guerra de independencia de Chile e o Perú. Foi un dos fundadores da Armada de Chile e o seu primeiro comandante, e máis tarde, ao entrar no campo da política, foi o primeiro en ostentar o título de presidente da República de Chile. Fillo do galego Manuel Lorenzo Blanco Cicerón e da chilena Mercedes Calvo de Encalada y Recabarren, naceu na cidade de Santa María de los Buenos Aires, na aquela altura capital do Virreinado do Río da Prata.
O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.
Día Internacional dos Traballadores
O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial. Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axustizados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álxido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.
Nobody é un filme estadounidense de 2021 dirixido por Ilya Naishuller e escrito por Derek Kolstad. Está protagonizado por Bob Odenkirk, Connie Nielsen, Aleksey Serebryakov, RZA e Christopher Lloyd, e conta a historia dun home de familia, que despois de sufrir un roubo na súa casa volve á súa perigosa vida anterior, converténdose no obxectivo dun señor do crime vingativo. Odenkirk e David Leitch están entre os produtores do filme.
Os Yomiuri Giants (読売ジャイアンツ Yomiuri Jaiantsu) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede no barrio de Bunkyō de Tokyo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1988 é o Tokyo Dome, recinto con capacidade para 46.000 espectadores.
Un hiato é a concorrencia de dúas vogais sucesivas que pertencen a dúas sílabas diferentes, e que polo tanto non forman ditongo. En galego pode haber hiato nos seguintes casos: Dúas vogais abertas (a, e, o) seguidas: aéreo (a-é-re-o), cacao (ca-ca-o), área (á-re-a), fideo (fi-de-o), táboa (tá-bo-a), adoecer (a-do-e-cer). Unha vogal aberta ou media e unha pechada (i, u) tónica.
Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.
Valentino Rossi, nado en Urbino o 16 de febreiro de 1979, é un piloto italiano de motociclismo que gañou nove títulos mundiais en diferentes categorías do Mundial de Motociclismo (125 cc, 250 cc, 500 cc, e MotoGP de 990 e 800 cc). Foi o único motociclista da historia en logralo. É coñecido polos alcumes que se deu a si mesmo en diferentes momentos da su carreira: "The Doctor" (O Doutor), Valentinik e Rossifumi.
Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.
Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec. A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Ottawa, están localizadas en Ontario.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A Selección de fútbol do Perú é o equipo representativo do Perú nas competicións oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Peruana de Fútbol, a cal é membro da Confederación Suramericana de Fútbol. O debut da selección peruana produciuse o 1 de novembro de 1927 ante a selección do Uruguai no Campionato Suramericano daquel ano.
Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes.
Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.
Khmer vermellos (en francés Khmers Rouges, en camboxano ខ្មែរក្រហម, Khmae Krɑ-hɑɑm) é o nome co que foi coñecida a organización guerrilleira camboxana que, tras a Guerra de Vietnam, a saída dos Estados Unidos e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomaron o poder o 17 de abril de 1975 (a «Caída de Phnom Penh»). Os Khmer vermellos fundaron Kampuchea Democrática, un sistema de goberno de características autoritarias que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración maoísta, consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consigna da evacuación das cidades e destrución da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura khmer ancestral baixo a dirección de Pol Pot, o seu principal líder. Ademais dun férreo control militar sobre a poboación civil, sometida en boa parte a un réxime de traballos forzados, desenvolveron extensos métodos de detención, tortura e asasinatos selectivos en masa, baixo a consigna da chamada «procura do inimigo interno».
Hideo Kojima (en xaponés 小島秀夫), nado en Setagaya (Tokyo) o 24 de agosto de 1963, é un popular deseñador de videoxogos que en 2009 traballaba na compañía xaponesa Konami. Inicialmente foi o vicepresidente de Konami Computer Entertainmet Japan, exercendo máis tarde o cargo de creador de videoxogos Kojima Productions, cun novo equipo dedicado ao desenvolvemento de videoxogos creativos deixando de lado as decisións económicas e administrativas. Hideo Kojima é o creador e director de varios videoxogos exitosos, incluíndo as series Metal Gear, Snatcher e Policenauts.
Arquieparquía católica armenia de Lviv
A arquieparquía de Lviv dos armenios é unha arquieparquía católica en Ucraína, estabelecida en 1361, que ten xurisdición sobre todos os fieis católicos armenios en Ucraína.
A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja". Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta.
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 11 cidades dos Estados Unidos, 2 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Está considerado un dos mellores xogadores do mundo e ostenta o récord de maior número de goles anotados nunha mesma tempada da Premier League, con 36.
Michael Heidelberger (nado o 29 de abril de 1888, finado o 25 de xuño de 1991) foi un inmunólogo estadounidense, que se adoita considerar o pai da inmunoloxía moderna. El e Oswald Avery demostraron que os polisacáridos dos pneumococos son antíxenos, o que lles serviu para demostrar que os anticorpos son proteínas. Pasou a maior parte da súa carreira inicial na Universidade de Columbia e un tempo comparable anos despois na facultade da Universidade de Nova York.
Economía dos Estados Unidos de América
A economía dos Estados Unidos de América é a máis forte e influente do mundo. O país posúe un produto interior bruto duns 12 billóns de dólares americanos, un número maior que o PIB da Unión Europea, mesmo tendo esta última 160 millóns de habitantes máis. A economía dos Estados Unidos está baseada no capitalismo.
O Gran Premio de México de 2017 (oficialmente coñecido como Gran Premio de Fórmula 1 de México de 2017)foi unha carreira de motor de Fórmula Un que se disputou o 29 de outubro de 2017 no Autódromo Hermanos Rodríguez en Cidade de México. A carreira foi a décimo novena carreira do Gran Premio de México, e a décimo sétima vez que a carreira disputouse como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H
O Grupo H da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Polonia, Senegal, Colombia e Xapón. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
Marco Antonio, en latín Marcus Antonius, foi un militar e político romano da época final da República (Roma, circa 83 a.C. - Alexandría, 30 a.C.). Foi un importante colaborador de Xulio César, como comandante militar e administrador. Tralo asasinato de César, coligouse con Octavio e Lépido para formar o Segundo Triunvirato (43 - 33 a.C.).
Bandeira da República Popular da China
A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño. A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e na China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas".
A Terra (AFI: [ˈtɛ.rɐ] ( )) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén chamada Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar.
Greensboro é unha cidade no estado de Carolina do Norte, nos Estados Unidos. É a terceira maior cidade en canto á poboación en Carolina do Norte e a maior cidade do condado de Guilford e arredores da rexión metropolitana de Piedmont Triad. De acordo co Censo de Estimación dos Estados Unidos do 2011 a poboación de Greensboro é de 273.425 habitantes.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F
O Grupo F da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Alemaña, México, Suecia e Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
Pedro III de Portugal (nome completo: Pedro Clemente Francisco José António de Bragança; 5 de xullo de 1717 - 25 de maio de 1786), Infante de Portugal, Señor do Infante, Gran Prior de Crato, Duque de Bexa, posteriormente Príncipe consorte do Brasil e Rei de Portugal de iure uxoris, foi o cuarto fillo do rei Xoán V e da raíña Dona María Ana D. Pedro era así irmán de Xosé I. O 6 de xuño de 1760 casou coa sobriña e herdeira da coroa Dona María Francisca. Coa subida da muller ao trono en 1777 converteuse en rei consorte de Portugal sendo alcumado "O Capacidónio" pola maneira como se refería a varias persoas, ou "O Sacristão" polo seu fervor relixioso ou aínda "O Edificado" pola súa iniciativa de edificar o Palacio de Queluz. Pedro foi unha figura neutral da política e non participaba das decisións de goberno.
O Estadio Municipal de Riazor é un estadio público destinado principalmente á práctica de fútbol profesional masculino, situado na cidade da Coruña, inaugurado o 28 de outubro de 1944. Nel, xoga como os seus partidos como local o primeiro equipo masculino do Real Club Deportivo da Coruña. Ten capacidade para 32.490 espectadores sentados (logo das reformas de 1982, 1998 e 2018) e un terreo de xogo de 105×68 metros.
Mark Neary Donohue Jr., nado en Haddon Township (Nova Jersey) o 18 de marzo de 1937 e finado en Graz o 19 de agosto de 1975, alcumado "Captain Nice," foi un piloto de automobilismo estadounidense, coñecido pola súa habilidade para preparar o seu propio coche de carreiras, e levalo a vitoria. Donohue é probablemente o máis coñecido como o piloto de 1500 bhp "Can-Am Killer" Porsche 917-30 e como o gañador das 500 Millas de Indianápolis de 1972.
Führer (pronunciación alemá: [ 'fy.ʀɐ ]) é unha palabra alemá que significa "xefe, líder" (Der Führer, o líder, guía ou condutor). En contraposición á crenza popular, non é sinónimo de "ditador" e na actualidade úsase comunmente en Alemaña para referirse a líderes de calquera tipo en calquera área. O seu significado no caso de Adolf Hitler é o de Guía do Pobo Alemán espiritual, política e militarmente.
Mandato británico de Palestina
O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra. Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.
Utah Jazz é un equipo da National Basketball Association (NBA) da cidade de Salt Lake City, Utah. Actualmente compiten na División Noroeste da Conferencia Oeste, xogando os seus partidos como local no EnergySolutions Arena (antigo Delta Center). A franquía dos Jazz foi fundada en 1974 en Nova Orleáns, onde o equipo obtivo o seu actual nome, xa que a capital de Luisiana é coñecida como o berce dese xénero musical.
Dolores Cebrián Fernández de Villegas
Dolores Cebrián Fernández de Villegas, nada en Salamanca o 13 de agosto de 1881 e finada en Madrid o 18 de febreiro de 1973, foi unha profesora española, esposa de Julián Besteiro, e irmá de Amparo, esposa de Luis de Zulueta.
James Eugene "Jim" Carrey, nado o 17 de xaneiro de 1962, é un actor, comediante, cantante e escritor canadense-estadounidense. Recibiu dous Globos de Ouro e tamén foi candidato en catro ocasións. É coñecido polas súas enerxéticas e carismáticas interpretacións, e foi descrito como unha das maiores estrelas de cine de Hollywood.
A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA. A selección española participou en 16 das 22 edicións da Copa do Mundo e é unha das oito seleccións campioas do torneo, grazas ao seu triunfo na edición de 2010 celebrada en Suráfrica. A nivel continental, é a selección con máis títulos da Eurocopa, competición que gañou en catro ocasións (1964, 2008, 2012 e 2024). Os éxitos conseguidos entre o 2008 e o 2012 e o nivel de xogo amosado polo combinado español, levou a que moitos expertos e analistas consideren a selección dese período como un dos mellores equipos da historia do fútbol.
Camilo José Cela Trulock, nado en Iria Flavia o 11 de maio de 1916 e finado en Madrid o 17 de xaneiro de 2002, foi un escritor galego de sona. Escribiu en castelán algunhas das obras canónicas da literatura de posguerra como La colmena, Mazurca para dos muertos ou La familia de Pascual Duarte. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1989.
Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España. Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+.
Timothy William Burton, nado en Burbank (California) o 25 de agosto de 1958, é un director e produtor de cinema, guionista e artista estadounidense. É coñecido polos seus filmes de fantasía gótica e de terror, como Beetlejuice (1988), Edward Scissorhands (1990), The Nightmare Before Christmas (1993), Ed Wood (1994), Sleepy Hollow (1999), A noiva cadáver (2005), Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street (2007) e Frankenweenie (2012), mais Burton tamén dirixiu filmes de superheroes como Batman (1989) e Batman volve (1992), o filme de ciencia ficción Planet of the Apes (2001), o drama Big Fish (2003), o musical Charlie e a fábrica de chocolate (2005), e os filmes de fantasía Alice in Wonderland (2010) e Miss Peregrine's Home for Peculiar Children (2016). Burton traballou de forma habitual co actor Johnny Depp e co compositor Danny Elfman, quen compuxo a banda sonora de tódolos seus filmes agás tres.
Vladimiro I de Kíiv, tamén coñecido como Vladimiro I o Grande, así como o Sol Vermello e San Vladimiro, nado como Vladímir Sviatoslavich (en ucraíno: Володимир Святославич; en ruso: Владимир I Святославич, Владимир Красное Солнышко; en eslavo oriental antigo: Володимеръ Святославичь), nado contra 958 e finado no Mosteiro de Bérestovo (Kíiv) en 1015, foi príncipe de Nóvgorod (970) e gran príncipe de Kíiv (980-1015). Foi unha das grandes figuras da Rusia medieval (e de Ucraína), tanto desde un punto de vista político como espiritual.
A comunicación visual é a transmisión de ideas e información en formas que se poden percibir total ou parcialmente coa vista. A comunicación visual adóitase presentar ou expresar en imaxes bidimensionais ou tridimensionais, ou como sucesión de imaxes (animacións, vídeo...), e inclúe: carteis, tipografía, debuxo, deseño gráfico, ilustración, deseño industrial, publicidade, animación, cor, recursos electrónicos. Contempla tamén a idea de que un texto cando vai acompañado dunha mensaxe visual ten un maior poder para informar ou persuadir a unha persoa ou audiencia, ou serve de apoio para a comprensión e divulgación da Ciencia, como a ilustración científica ou a visualización dos datos.
Robin Hood, príncipe dos ladróns
Robin Hood, príncipe dos ladróns (en inglés: Robin Hood: Prince of Thieves) é un filme estadounidense dirixido por Kevin Reynolds que se estreou en 1991.
A guerra de Inverno foi un conflito militar entre a Unión Soviética e Finlandia. Comezou cunha ofensiva soviética o día 30 de novembro de 1939 (dous meses despois do inicio da Segunda guerra mundial e da invasión soviética de Polonia), e rematou o 13 de marzo de 1940 co Tratado de paz de Moscova. A Sociedade de Nacións considerou o ataque ilegal e expulsou a Unión Soviética da Sociedade o 14 de decembro de 1939.
O topónimo Ribas pode referirse a: En Galiza Ribas de Sil, concello da comarca de Quiroga; Ribas de Sil, parroquia de devandito concello; Ribas Altas, parroquia do concello de Monforte de Lemos; Ribas de Miño, parroquia do concello de Lugo; Ribas de Miño, lugar de devandita parroquia; Ribas de Miño, parroquia do concello do Páramo; Ribas de Miño, lugar de devandita parroquia; Ribas Pequenas, parroquia do concello de Bóveda; San Facundo de Ribas de Miño, parroquia do concello de Paradela; San Vitoiro de Ribas de Miño, parroquia do concello do Saviñao; Santo Estevo de Ribas de Miño, parroquia do concello do Saviñao; Santo Estevo de Ribas de Sil, parroquia do concello de Nogueira de Ramuín; Santo Estevo de Ribas de Sil, lugar de devandita parroquia; Sorribas, parroquia do concello de Rois; Sorribas, lugar de devandita parroquia; Ribas, lugar da parroquia de Calvos no concello de Bande; Ribas, lugar da parroquia de Cadoalla no concello de Becerreá; Ribas, lugar da parroquia de Pepín no concello de Castrelo do Val; Ribas, lugar da parroquia de San Pedro de Ancorados no concello da Estrada; Ribas, lugar da parroquia de Loureiro no concello do Irixo; Ribas, lugar da parroquia de Losón no concello de Lalín; Ribas, lugar da parroquia de Moraime no concello de Muxía; Ribas, lugar da parroquia de San Cibrán de Ribarteme no concello das Neves; Ribas, lugar da parroquia de Carracedo no concello da Peroxa; Ribas, lugar da parroquia de Loureiro no concello de Samos; Ribas, lugar da parroquia de Nespereira no concello de Sarria; Ribas, lugar da parroquia de Moalde no concello de Silleda; Ribas, lugar da parroquia de Rosende no concello de Sober; Ribas, lugar da parroquia da Ciadella no concello de Sobrado; Ribas, lugar da parroquia de Oza no concello de Teo; Ribas, lugar da parroquia de Chavín no concello de Viveiro; As Ribas, lugar da parroquia da Ameixeira no concello de Crecente; As Ribas, lugar da parroquia de Cabovilaño no concello da Laracha; As Ribas, lugar da parroquia de San Tomé de Lourenzá no concello de Lourenzá; As Ribas, lugar da parroquia de San Martiño de Corvelle no concello de Pastoriza; As Ribas, lugar da parroquia de Piñeiro no concello de Xermade; Os Ribas, lugar da parroquia de Santa Cruz do Salto no concello de Cabanas; Ribas Altas, lugar da parroquia de Filgueira no concello de Lalín; Ribas de Araúxo, lugar da parroquia de Lobios no concello de Lobios; Ribas de Miño, lugar da parroquia de Cequeliños no concello de Arbo; Ribas de Sil, lugar da parroquia de Pombeiro no concello de Pantón; Ribasoutas, lugar da parroquia de Cerceda no concello de Cerceda; Soborribas, lugar da parroquia de Cuíña no concello de Ortigueira; Sobrerribas, lugar da parroquia de Carcacía no concello de Padrón; Sorribas, lugar da parroquia de Trasmonte, no concello de Ames; Sorribas, lugar da parroquia de Xaviña, no concello de Coristanco; Sorribas, lugar da parroquia de Agar, no concello da Estrada; Sorribas, lugar da parroquia de Santa Cristina de Vea, no concello da Estrada; Suasribas, lugar da parroquia de Vilaformán, no concello de Trabada; Surribas, lugar da parroquia de Adá, no concello de Chantada; Surribas, lugar da parroquia de Froufe, no concello do Irixo; Surribas, lugar da parroquia de San Cosmede de Cusanca, no concello do Irixo; Surribas, lugar da parroquia de Albá, no concello de Palas de Rei.
O Camiño Francés ou Camiño Real é a ruta principal entre as distintas variantes que ofrecen os Camiños de Santiago. Recolle os peregrinos procedentes de Europa e percorre o norte da península desde Roncesvales (Navarra) ou Somport (Huesca) ata Santiago de Compostela. No seu percorrido vai acollendo outras vías que conflúen nesta en diferentes puntos; esta imaxe de diferentes camiños confluíndo nun mesmo destino final quérese ver representada na figura da vieira como símbolo do Camiño.
Mamma Mia! é un filme musical británico-estadounidense-sueco adaptado do musical de Broadway Mamma Mia!, que se basea nas cancións do exitoso grupo pop ABBA, con música adicional composta polo membro de ABBA Benny Andersson. O filme foi dirixido por Phyllida Lloyd e distribuído por Universal Pictures en colaboración con Playtone and Littlestar de Tom Hanks e Rita Wilson.
Quetzalcoatlus /kɛtsəlkoʊˈætləs/ é un xénero de pterosauro que viviu no Cretáceo superior en América do Norte (Maastrichtiano), sendo un dos meirandes animais voadores de tódolos tempos, con até 12 metros de envergadura. Quetzalcoatlus é membro da familia Azhdarchidae, unha familia de pterosauros sen dentes e pescozos ríxidos e longos. O seu nome provén do náhuatl, e fai referencia ao deus serpe emplumado azteca, Quetzalcóatl.
Winnie-the-Pooh, é un personaxe de ficción (un osiño amarelo) creado por A.A. Milne. A primeira colección de contos apareceu no 1926 titulada simplemente Winnie-the-Pooh e seguiu con The House at Pooh Corner (1928). Milne tamén fixo algúns poemas sobre este personaxe incluídos na obra When We Were Very Young (Cando eramos moi novos) (1924) e en Now We Are Six (Agora somos seis) (1927).
Costa do Marfil (en francés: Côte d'Ivoire, [kot divwaʁ] (AFI), escoitar), oficialmente República de Costa do Marfil (en francés: République de Côte d'Ivoire), é un país africano. Limita ao norte con Malí e Burkina Faso, ao leste con Ghana, ao sur co océano Atlántico e ao oeste con Liberia e Guinea. A súa capital é Yamousoukro.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
A Super Bowl é o partido final anual da National Football League (NFL), principal campionato profesional de fútbol americano do mundo. O partido culmina unha temporada que comeza no final do verán do ano anterior. Habitualmente, máis que o ano no que se disputa o encontro, utilizanse números romanos para identificar e diferenciar cada partido.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Hades (/ˈades/; en grego antigo: ᾍδης, romanizado: Hā́idēs [háːi̯dεːs], máis tarde [háːdεːs]), na mitoloxía e relixión da Grecia antiga, é o deus dos finados e rei do inframundo, do cal o seu nome se tornou sinónimo. A palabra facía referencia en Homero só ao deus; sendo o xenitivo ᾍιδού Haidou un elisión para designar localización: ‘[a casa/dominio] de Hades’. Finalmente tamén o nominativo chegou a designar a morada dos mortos.
El Hormiguero é un programa de televisión español con espectadores en directo que se centra na comedia, a ciencia e a actualidade. Comezouse a emitir en setembro do 2006 nas tardes do domingo; na actualidade emítese de luns a xoves á noite e os sábados (programa resumo dos mellores momentos). Está presentado e dirixido por Pablo Motos e emítese en Antena 3 (anteriormente en Cuatro), unha canle de televisión española.
A selección de fútbol de Chile é o equipo representativo do Chile nas competicións internacionais oficiais de fútbol. É unha das seleccións nacionais máis antigas de Suramérica xunto coa Arxentina, disputando o seu primeiro partido o 27 de maio de 1910. A súa organización está a cargo da Federación de Fútbol de Chile, cuxa fundación data do 19 de xuño de 1895 (131 anos).
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Un pilus (que en latín significa pelo, en plural pili), xeralmente considerado sinónimo de fimbria, é un apéndice similar en forma de pelo que se encontra na superficie de moitas bacterias. Aínda que os termos pilus e fimbria (do latín "filamento", "fibra") se utilizan xeralmente como sinónimos, algúns investigadores reservan o termo pilus para os apéndices requiridos para a conxugación bacteriana. Todos os pili están compostos esencialmente polas proteínas oligoméricas pilinas.
O termo exaptación (que é unha substitución do termo con máis carga teleolóxica "preadaptación") describe un cambio na función dun trazo xenético durante a evolución, é dicir, un trazo puido evolucionar inicialmente porque servía para facer unha determinada función e era adaptativo nas condicións reinantes naquel momento, pero despois (xeralmente pasados millóns de anos) pode utilizarse e perfeccionarse para realizar outra función distinta e seguir evolucionando. As exaptacións son comúns tanto en características anatómicas coma de comportamento. As plumas das aves son un clásico exemplo: inicialmente evolucionaron para a regulación da temperatura dando abrigo, pero despois foron adaptadas para o voo.
O traxe galego é a vestimenta tradicional que o pobo galego usaba para as súas actividades ata ben entrado o século XX. Aínda que existen diferenzas entre os traxes usados para traballar e os traxes para días de festa, os usados no interior de Galicia respecto ós da costa, as evolucións ao longo do tempo e as normais diferenzas entre as clases socioeconómicas, existen certos patróns comúns que os unifican e caracterizan e que permiten certos contrastes e igualacións cos territorios veciños de Asturias ou a provincia de León.