Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
A PO-510 (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Atios (O Porriño) e Oleiros (Salvaterra de Miño); atravesa os concellos do Porriño, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño. Ten unha lonxitude de 15,75 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-550 en Atios (O Porriño) e finaliza nun cruzamento coa PO-400 en Oleiros (Salvaterra de Miño).
Filipe Luís Kasmirski, nado en Jaraguá do Sul (Santa Catarina) o 9 de agosto de 1985, é un adestrador e exfutbolista brasileiro que xogaba como lateral esquerdo. Dende xullo de 2026 adestra o Monaco, da Ligue 1 francesa. Desenvolveu a maior parte da súa carreira como xogador no fútbol europeo, comezando a destacar no Deportivo da Coruña, co que disputou 137 partidos en catro anos.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Pierre-Emerick Emiliano François Aubameyang, nado o 18 de xuño de 1989 en Laval, é un futbolista franco-gabonés que xoga como dianteiro no FC Barcelona. Anteriormente xogou en clubs de varios países europeos, destacando especialmente no Saint-Étienne, no Borussia Dortmund e no Arsenal, club este último do que foi capitán. É internacional dende 2009 coa selección de Gabón, da que é o máximo goleador histórico.
O Movimiento Católico Español (MCE) é un partido franquista fundado en 1981 por José Luis Corral tras deixar Fuerza Nueva, onde era xefe local en Madrid de Fuerza Joven. Tivo nas eleccións xerais de 1982 un total de 996 votos. Convocou numerosas concentracións contra o aborto, organiza misas e homenaxes ós excombatentes da División Azul e dos caídos por España.
Joseph Hill «Joss» Whedon nado o 23 de xuño de 1964 en Nova York, é un director e guionista estadounidense. Traballou en televisión como director, produtor executivo e creador de varias series, sendo coñecido especialmente o seu traballo en Buffy the Vampire Slayer. En banda deseñada o seu traballo máis difundido realizouno dende 2004 en Astonishing X-Men.
O mar de ardora, tamén chamado só ardora ou ardentía, é un fenómeno luminoso no océano no que a superficies de auga mariña brilla de forma translúcida en diferentes tons de azul. O termo é usado desde hai moito tempo en lingua galega. Os mariñeiros informaron de que o océano adoita emite un brillo visible que se pode estender durante millas pola noite.
A Odisea é un poema épico atribuído ao grego Homero. Crese que foi escrito no século VIII a.C. nos asentamentos que Grecia tiña na costa oeste de Asia Menor (actual Turquía asiática). A súa tradución ao galego, editado na década de 1990 polo Consello da Cultura Galega, correu a cargo de Evaristo de Sela.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Os tests de Coombs directo e indirecto ou probas de Coombs, tamén chamados test de antiglobulina (TAG ou AGT), son uns tipos de análises de sangue usados en inmunohematoloxía. O test de Coombs directo detecta anticorpos que están adheridos á superficie dos glóbulos vermellos do sangue. Como estes anticorpos ás veces destrúen os glóbulos vermellos, poden causar anemia e este test pode axudar a aclarar esta condición.
Pepe Domingo Castaño Solar, nado en Lestrobe (Dodro) o 8 de outubro de 1942 e finado en Madrid o 17 de setembro de 2023, foi un cantante e xornalista galego. Durante moitos anos presentou distintos programas deportivos (especialmente de fútbol masculino) en diversas cadeas españolas, como SER (Carrusel deportivo) ou Cope (Tiempo de juego).
Mauro José Scaloni, nado en Pujato, Arxentina, o 25 de abril de 1976, é un ex futbolista arxentino que xogaba como centrocampista. A súa carreira discorreu á sombra da do seu irmán máis novo, Lionel Scaloni, formando parte sempre dos mesmos clubs que el, pero xogando nos equipos filiais. Cando Lionel deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Deportivo da Coruña, Mauro fixo o mesmo incorporándose ao Fabril, no que permaneceu durante 9 tempadas sen chegar a xogar ningún partido oficial.
Rubén Doblas Gundersen, máis coñecido como «El Rubius» ou «Rubius», nado en Mijas o 13 de febreiro de 1990, é un videoprodutor na plataforma YouTube de orixe española. Na actualidade, é o youtuber máis seguido do seu país, a 21° canle máis seguida en lingua española e a 172° máis popular de YouTube a nivel global. A temática principal dos seus vídeos son os videoxogos comentados, tratados dun xeito humorístico.
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
A guerra das Malvinas ou guerra do Atlántico Sur foi un conflito armado entre a Arxentina e o Reino Unido ocorrido nas illas Malvinas, Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur entre o 2 de abril e o 14 de xuño de 1982 pola soberanía sobre estes arquipélagos austrais ocupados en 1833 e dominados desde entón por Reino Unido. Aínda así, a Arxentina ségueos a reclamar como propios e inclúeos nominalmente dentro da súa provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur. O saldo final da guerra foi a reocupación das Malvinas polo Reino Unido e a morte de 649 arxentinos e 258 británicos .
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Lionel Sebastián Scaloni, nado en Pujato, Santa Fe, o 16 de maio de 1978, é un exfutbolista e adestrador arxentino, que dende 2018 dirixe a selección arxentina. Xogaba como lateral dereito ou centrocampista e desenvolveu a maior parte da súa carreira como futbolista no Deportivo da Coruña, no que militou durante nove tempadas, disputando 301 partidos oficiais. Gañou co equipo galego unha liga de Primeira División, unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España, e é o xogador con máis partidos da historia do club na Liga de Campións (52).
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Eclipse solar do 12 de agosto de 2026
A eclipse solar do 12 de agosto de 2026 será unha eclipse solar total. É a seguinte europea despois das que tiveron lugar o 11 de agosto de 1999 no norte de Francia, o sur de Bélxica, Luxemburgo, o sur de Alemaña, Austria, Hungría, o norte de Iugoslavia e Bulgaria; e o 29 de marzo de 2006 na illa de Kastelórizo en Grecia e o sur da Rusia europea. Esta será visíbel como total no extremo norte da Siberia rusa, no extremo oeste de Islandia, na illa danesa de Groenlandia e na maior parte da metade norte de España, ben como nunha pequena extremidade nordeste de Portugal, no distrito de Braganza.
As chamadas matanzas de Paracuellos foron unha serie de episodios de execucións masivas organizadas durante a batalla de Madrid, no transcurso da guerra civil española, que levaron á morte de algo máis de dous mil prisioneiros considerados opostos ao bando republicano. Os feitos desenvolvéronse en dous lugares próximos á cidade de Madrid: as paraxes do regato de San José, en Paracuellos de Jarama, e no souto de Aldovea, no termo municipal de Torrejón de Ardoz. As execucións realizáronse aproveitando os traslados de presos de diversos cárceres madrileños, coñecidos popularmente como sacas, levados a cabo entre o 7 de novembro e o 4 de decembro de 1936, mentres se enfrontaban as tropas gobernamentais e franquistas polo control da cidade.
Verónica Boquete Giadáns, coñecida como Vero Boquete, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Como 1907, da Serie A de Italia. Considerada como unha das mellores futbolistas españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a primeira en marcar nunha final.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Xacob Agra Carrera, nado no Porriño en 1977, é un piloto galego de motociclismo especializado en enduro e rally raid. Foi un dos pilotos galegos máis destacados da súa xeración, proclamándose campión galego de enduro en varias ocasións, subcampión de España e participante no Rally Dakar de 2006, no que chegou a situarse entre os dez primeiros clasificados nas primeiras etapas.
María Xosé Rodríguez Valcárcel
María Xosé Rodríguez Valcárcel, nada en Lugo en 1968, e finada ibídem o 10 de febreiro de 2019, foi unha mestra, pedagoga, escritora e tradutora galega. Desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional no eido do ensino de persoas adultas e pola elaboración de materiais didácticos para o ensino da lingua galega.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da Península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
Two Door Cinema Club é unha banda de indie rock procedente de Bangor e Donaghadee, en Irlanda do Norte. Formouse no ano 2007 e está composta por Sam Halliday (guitarra e coros), Alex Trimble (voces, guitarra e sintetizadores) e Kevin Baird (baixo e coros). O grupo asinou co selo francés Kitsuné Music, a través do cal editou o seu álbum de estrea, Tourist History, o 1 de marzo do 2010.
Esteban Martín Higinio de Bilbao Eguía, nado en Bilbao o 11 de xaneiro de 1879 e finado en Durango o 23 de setembro de 1970, foi un avogado e político español, católico e de ideoloxía carlista que tivo unha gran presenza institucional durante gran parte do século XX. Durante a Restauración permaneceu dentro do tradicionalismo carlista, sendo varias veces deputado nas Cortes e senador, para se ir afastando progresivamente. Defensor dos foros, tando vascos coma navarros, apoiou a ditadura de Primo de Rivera, coa que foi presidente da Deputación Foral de Biscaia. Na Segunda República, foi deputado carlista en varias eleccións, mais noutras, tratou de boicotelas non presentándose e amosando un feroz antirrepublicanismo que deixou tamén patente en multitude de escritos e de conferencias por toda España.
Merv (Lingua turcomá Merw, persa مرو), tamén chamado Oasis de Merve, foi unha importante cidade iraniana en Asia Central, situada na histórica Ruta da Seda, preto da actual Mary, Turkmenistán. Os asentamentos humanos no lugar de Merv existiron desde o III milenio a.C. ata o século XVIII d. C. Cambiou de mans repetidamente ao longo da historia.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. Posteriormente, xa na segunda década do século XXI, por mor da crise en Galicia e España, iniciouse unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países de Europa (Alemaña e Inglaterra), formada normalmente por mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.
O flúor-18 (18F, tamén chamado radioflúor) é un radioisótopo do flúor que é unha importante fonte de positróns. A súa vida media é de 109,734 minutos, é dicir, menos de dúas horas, e un dos radioisótopos de vida máis curta cun uso fóra da investigación. Decae por emisión de positróns (96,7 % das veces) ou captura de electróns (3,3 % das veces).
Eleccións municipais en Ourense
Estes foron os resultados das eleccións municipais no concello de Ourense dende 1979.
Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey, Xan Fouciño e Raimundo Antela, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 232.513.
Patrimonio da Humanidade en Turkmenistán
Os sitios do Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) son lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural tal como se describe na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, establecida en 1972. O patrimonio cultural está composto por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e sitios (incluídos os sitios arqueolóxicos). O patrimonio natural está composto por elementos naturais (formacións físicas e biolóxicas), formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluídos os hábitats das especies ameazadas de animais e plantas) e sitios naturais que son importantes desde o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
A guerra civil española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista e con trazos propios coñecida como franquismo, debido ó apelido do ditador Francisco Franco Bahamonde. Este decretaría a fin do estado de guerra no ano 1948. O alzamento contra o goberno lexítimo estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo Sacanell e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
"Colección Xabarín" e "Colección Xabaril" redirixen aquí, para o contedor de programas infantís da TVG véxase "Xabarín Club". Xabarín (inicialmente "Xabarín" e posteriormente renomeada como "Xabaril") é unha colección de literatura xuvenil (de aventuras, misterio, ficción científica etc) en lingua galega, de Edicións Xerais de Galicia, que botou a andar no ano 1983. Maiormente son traducións de obras da literatura universal, inda que tamén inclúe obras orixinais en galego.
A Compostela é un documento expedido polo cabido da catedral de Santiago de Compostela que certifica que o peregrino rematou o Camiño de Santiago. Unha vez cumpridos determinados requisitos, entrégase de modo persoal e presencial na Oficina de Acollida ao Peregrino. Está redactada en latín, como correspondía á calquera documento da época e á lingua da Igrexa medieval.
A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.
Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italiana. Xoga de dianteiro ou mediapunta no Inter de Miami da MLS dos Estados Unidos. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
Carolina Iglesias, tamén coñecida como Percebes y Grelos, nada en Oleiros o 8 de agosto de 1993, é unha humorista, guionista e youtubeira feminista galega. En 2021, foi recoñecida co Premio Marcela e Elisa polo seu traballo en prol dos dereitos LGTBI+, sendo a persoa máis nova en recibir este galardón.
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.
O Real Club Deportivo da Coruña (oficialmente: Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. ou Real Club Deportivo de A Coruña, S.A.D.), coñecido popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32 490 espectadores. Tras oito anos fóra da máxima categoría, o Deportivo xogará a tempada 2026/27 en Primeira División.
Nadadora é unha banda de música indie pop galega formada no Grove. Comezou a súa andaina no ano 2003, cando publicaron as súas primeiras maquetas, El cielo de antenas e Octubre. No ano 2004 editaron o seu primeiro EP, Aventuras dentro de cajas, seguido dun segundo no 2005, Todo el frio del mundo, ámbolos dous no selo discográfico Jabalina Música.